PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

MEMORIA HISTÓRICA

Monumento ó Mariñeiro

Memoria Histórica 

Estadio Troncoso

Club San Bernardo

Plaza de Abastos

Gumersindo Salinas

por José Antonio Uris Guisantes

MONUMENTO Ó MARIÑEIRO

  

Con data 23 de xaneiro de 1991 o aparellador municipal asinaba unha Liquidación de recheo para o emprazamento do Monumento ó Mariñeiro como segue:

1.442 m/3 de recheo de pedra grande, incluído transporte de canteira e colocación con pala retroescavadora, 2.318.145 pesetas.

10 m/3 de formación de muros de formigón armado para depósito de augas do monumento, 200.000 pesetas. Por horas de compresor e explosivos, 130.900 pesetas.

Por man de obra empregada en estende-lo formigón en masa nunha cantidade de 317 m/3, 253.000 pesetas.

16 horas de pala escavadora, camión para preparación do firme e retirada de area para transportala a obra lindeira, 139.072 pesetas.

Total: 3.041.717 pesetas.

13 % de Gastos Xerais de empresa, fiscais, honorarios técnicos etc., 395.423 pesetas.

6% de Beneficio Industrial: 182.503 pesetas. Total Integro: 4.054.000 ptas

            Este mesmo aparellador fai outra Certificación-Liquidación con data 15 de marzo de 1991 obras do Monumento ó Marinero desagregadas no seguinte:

15 Días de catro camións e dúas máquinas escavadoras en carga e transporte de pedra para recheo da base e escollera, 2.58.000 pesetas.

1 Alxibe para estación de bombeo de formigón armado, 435.000 pesetas.

3 Días  de compresor e explosivos en canteira de pedra para recheo, 119.000 pesetas.

200 m/3 de formigón en masa vertido por torgadas en base de escollera, 2.200.000 pesetas.

1  Unidade de construcción de escollera, totalmente rematada, 516.000 pesetas.

120 m/3 en soleira de formigón en masa de 20 cm. de espesor, 1.800.000 pesetas.

Suma de Execución material: 7.650.000 pesetas.

6% de Beneficio Industrial: 459.000 pesetas.

12% de I.V.A.: 973.080 pesetas.

Total íntegro 9.082.080 pesetas.

 

Ou sexa que sen contar o que valeu o monumento se investiron cartos públicos por valor de:

                                       13.136.080 pesetas. Dos anos 90..........

 

                    A Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas concedeu para este monumento en 1989 unha cantidade de 1.954.520 pesetas e uns meses mais tarde 1.792.890 pesetas, e en 1.991 a cantidade de 2.351.619 ptas. Total: 6.099.029 pesetas.

As outras 7.087.051 pesetas mais o valor do conxunto escultórico aínda hoxe non se sabe canto se pagou por elo, posiblemente fose a uns quince millóns de pesetas.

 

 

A MEMORIA HISTÓRICA DE A GUARDA

José A. Uris Guisantes

 

                      Nestas semanas os cidadáns están a expectativa sobre o que vai pasar no goberno municipal de A Guarda, e repasando datos atopei un “panfleto” ou “octavilla” lanzado polas rúas en maio de 1.891 [fai 112 anos] respecto dunha Eleccións Municipais na Vila de A Guarda.

                       A Restauración Española 1875-1923 comprende o regreso o trono do Rei Alfonso XII, Rexencia da súa dona Dona Mª Cristina e reinado de Alfonso XIII. Foi un sistema politico creado dende o poder no que soamente se permitía a alternancia dos dos partidos Conservado e Liberal. Representantes deste poder piramidal eran os Ministros, Deputacións é sobre de todo os Alcaldes que se encargaban de montar unhas redes de fidelidades personales nos pobos [hoxe en algúns pobos de Galicia ainda existe], sendo coñocida esta práctica por “caciquismo” [a famosa estructura de poder ].

                       Os mais opostos ao “caciquismo” foron os republicanos, é dentro destes os “agraristas”. Na Guarda a bandeira da loita contra o caciquismo era abandeirada polo Director do semanario guardés Heraldo Guardés, D. José Darse Sobrino, sendo un dos caciques mais históricos D. Agustin Sobrino Vicente (1853-1930) cómo se pode ler o longo das páxinas de Heraldo.

                       D. Agustin ocupou a Alcaldía de A Guarda en 1890-1896, 1902-1905 e 1912 a 1923 [remata ca chegada da Dictadura do xeneral Primo de Rivera e un novo Alcalde D. Manuel Álvarez Vicente] polo tanto era o alcalde no ano que comentamos este “panfleto” contra os “caciques”. O poder continuóu na persoa doutros Alcaldes fieles a D. Agustin, saga coñocida cómo a dos “ganchellos”. 

                                            

                       Coincidiron estas eleccións que hoxe comentamos, ca rexencia de Dona María Cristina de Habsburgo-Lorena (1858-1929), segunda muller do Rei D. Alfonso XII [finado o 25/11/1885] e polo tanto nai do futuro Rei D. Alfonso XIII.

                      

                     No Pacto de El Pardo os dous Partidos maioritarios [Partido Conservador, dirixido por D. Antonio Cánovas del Castillo é Partido Liberal, dirixido por D. Práxedes Mateo Sagasta] foron alternándose no poder politico como así o habían acordado.

 

                    Estando no poder os liberales con Sagasta o frente do goberno, instituiron o sufraxio universal masculino, a libertade de asociación, pensamento reunión e expresión.

 

                      A libertade de asociación fixo que se crearan moitas Sociedades Agrarias, partidos politicos etc.etc. entre eles na Guarda en 1891 aparece un Partido Republicano Coalicionista que se presenta ás Eleccións Municipais de 1.891 [¡hai 112 anos!].

                      

                      Seu Comité non estivo conforme coas votacións lanzando polas rúas este [texto íntegro]  panfleto que coincide en moitos aspectos con situacións “especiais” as que nestes anos estamos sufrindo. 

 

¡ADELANTE AMIGOS!

-------------

 

                  No importa que en las elecciones del domingo anterior se haya denegado a la oposición un puesto en el Ayuntamiento. Algún día lo ganaremos, y entonces llegarán a nuestro conocimiento las razones por que no se quiere intervención en los asuntos municipales.

                 A nosotros se nos debe la lucha electoral en este pueblo, donde no la ha habido hace muchos años, y de ella todos estamos satisfechos porque respondieron a nuestro llamamiento ciento cincuenta y cuatro  partidarios, que votaron con entusiasmo la candidatura republicana, y a los cuales no habría vencido la multitud puesta a las órdenes del caciquismo, si no se hubiese recurrido a innobles persecuciones, a vergonzosas amenazas, a ridículas denuncias criminales y a falsas interpretaciones de Ley.

                 Los que dirigen la política de La Guardia, en vez de dejar en su candidatura un lugar libre para la minoría, que es lo que debieron haber hecho, no ya por el bien parecer, sino para evitar los desfavorables rumores que corren acerca de la Administración, combinaron la candidatura de manera que sus paniaguados votasen los cuatro concejales que había  que elegir.                   

                 Esto demuestra claramente que se teme la intervención; de lo contrario, la mayoría hubiera votado solamente tres concejales, dejando uno a la minoría.

                 ¿Que cosas ocultas hay en el Ayuntamiento que no puedan hacerse públicas? ¿Por qué se ha impedido que la oposición esté representada en la Corporación Municipal? ¿Por qué hay tanto empeño en que no se intervenga la administración? ¿Por qué se han traído, a costa de grandes gastos, electores ausentes el día de la elección? ¿Por qué se ha impedido que se ausentaran otros, haciéndose iguales gastos? ¿Será verdad lo que se dice?...

 

                 Nosotros, que sólo aspiramos al triunfo de nuestra causa, que es la causa del bien, pues ya dijimos que nuestra mira es la más estricta moralidad administrativa, fuimos á la elección llevados de nuestro buen deseo, sin tener en cuenta las iras de nuestros enemigos, iras que se encontrarán siempre con nuestro desprecio.

                 Para nosotros no hay obstáculos, y por grandes que sean los que se amontonen en nuestro camino, seguiremos, cada vez con más firmeza y decisión, la campaña emprendida en defensa de la moralidad, campaña en la cual hemos alcanzado ya un triunfo, como puede verse por los siguientes datos:

               Tiene esta sección 498 electores, y tomaron parte en la elección 403, de los cuales votaron la candidatura republicana 135, y la del caciquismo 268, suma en la cual figuran, excediendo de la tercera parte, guardias municipales, serenos, faroleros, empleados de consumos, guardas rurales, sacristanes, monaguillos, empleados públicos y todos los demás electores que llevan consigo el poder y el clero; por todo lo cual el triunfo es de los 135 que votaron libre y espontáneamente nuestra candidatura.

               Y ya que de triunfo hablamos, debemos decir que, por defectos de la Ley, serán concejales de este Ayuntamiento tres candidatos de la mayoría que obtuvieron solamente 129 votos, y no pueden serlo tres nuestros que alcanzaron 154.

               No hay, pues, que desanimarse. Por el contrario, debemos continuar, cada día con más brío, la lucha comenzada, de la cual saldrá la luz que ha de confundir á los que no buscan más que oscuridad y sombra para la Administración.

             ¡Guerra al caciquismo!           ¡Abajo el monopolio!                   ¡Viva la oposición!

                                           

                                                                         El Comité Republicano Coalicionista.

La Guardia, 17 de Mayo 1891 

.

ESTADIO TRONCOSO 1.927 - ESTADIO DEL TECLA 1.951 - no século XXI UNIDADE DE ACTUACIÓN URBANÍSTICA.

 

                      Nesta fotografía escaneada dun folleto editado con motivo da inauguración do Estadio do Trega a madriña do Deportivo Guardés en agosto de 1.951 [en plenas Festas do TREGA]. Esta madriña era Carmen Gloria Álvarez Vázquez filla do Alcalde D. Honorio Brasilino Alvarez Sobrino e de Dona Carmen Vázquez Palacios "Carmucha" [sobriña do arquitecto porriñés D. Antonio Palacios Ramilo], Dona Carmucha foi unha das grandes impulsoras do TRAXE GALEGO na Guarda, recibindo no seu día unha homenaxe da Comisión de Festas do Monte.

 

                       Na primeira inauguración [Estadio Troncoso en honra de D. César Troncoso] fora a madriña a Sta, Consuelo Candeira [membro da saga CANDEIRA que tanto fixeron a nivei económico e empresarial pola GUARDA e a quenes nunca se lles deu o merecemento que gañaron varias xeneracións, dende eiquí unha lembranza para estes guardeses de pro], quen desgraciadamente finou nos anos cincoenta do século pasado en accidente de aviación cando comezaban a funcionar os famosos "puentes" entre Barcelona e Madrid.

 

                       Nestes momentos o único que se conserva en bastante bo estado e a fachada de pedra do Estadio do Trega feita en granito e co escudo de A GUARDA construido en "gres das Cachadas", pero como podedes ver co "barquiño" a esquerda da atalaia é non a dereita cómo é debido....

Uris Guisantes/Agosto/03 

CLUB SAN BERNARDO

por José Antonio Uris Guisantes

Esta fotografía data do ano 1.959 cando o Club San Bernardo gaña o Iº Trofeo Virgen de La Guía no Estadio do Tecla, varios xogadores pasaron ao Sporting Guardés de recente formación [o Sporting naceu un dous de marzo de 1.958].

O Club San Bernardo F.C. fora fundado polos irmáns Manuel e Alfonso Lorenzo Costas que vivían na Praza de San Bernardo [popularmente "praza dos porcos" debido a que nos mercados dos martes é sábados acudían os feirantes con porcos para vender aos paisanos/as], logo estes irmáns emigraron á República Dominicana.

 

Seguíu co Club San Bernardo, Antonio Pereira "Toniño" [ fillo do tío Casimiro dono da panadería sita na rúa Calvario - preto da Asociación ANABAM -  e formaban parte do club a meirande parte dos rapaces de Ribadavila [A Guía, Calvario, San Bernardo, Porto Rico, Sta. Tecla e algún do barrio da Mariña].

 

O campo de adestramento era a Praza de A Guía e a Area Grande. As primerias copas [eran feitas ca válvula de cobre-metal das bombas de inflar rodas de Isaac Costas, as que se lles poñía un pé roscado] eran disputadas por equipos formados polos mesmos xogadores do barrio. 

Plaza de Abastos

Fotografía cedida pola familia de D. Manuel Martínez Español varios anos concelleiro na Corporación Municipal de A Guarda. Nesta fotografía, trátase da inauguración das reformas feitas no Mercado Municipal de Abastos en 1.958, era Alcalde D. Ermelindo Portela Gómez.

Podemos apreciar tamén ó párroco de Santa María de A Guarda, D. Francisco Sáa Aldir. Mentres se reparaba a Praza de Abastos foron habilitadas unhas instalacións provisionais no solar de Chan do Conde [onde hoxe está o edificio El Pescador], lugar público que era usado polos rapaces para xogar e facer “partidos” de pelota.

O solar era de propiedade municipal sendo cedido ó I.S.M. [Instituto Social de Marina] ca condición de que se instalaran as dúas aulas das Escolas de Orientación Marítimo Pesquera [ata que pasaron ó Pescador estaban instaladas nas chabolas da Avda. Fernández Albor], e no caso de que algún día desapareceran ou se extinguiran o solar  pasaría a propiedade do Municipio [o estar edificado sería unha parte do edificio], cuestión que non se levou a cabo na Sesión Plenaria correspondente sendo Alcalde D. Raúl González Puebla, pois a Confraría de Pescadores Santa Tecla se quedou co baixo, segunda e terceira planta, mentres que o I.S.M. se quedou a primeira planta onde estivo funcionando a Clínica da Seguridade Social, hoxe cedido a Asociación Érguete Baixo Miño. O Concello de A Guarda quedou sen solar e sen piso...”cousas veredes amigo Sancho, dicía Don Quixote”.

José A. Uris Guisantes. 

.

Lembrando a D. Gumersindo Salinas Jiménez

Como estamos nun novo Milenio e de ben nacidos é lembrarse daquelas persoas que polo motivo que fose tiveron unha certa popularidade na Comarca, recordamos aquí a D. Gumersindo Salinas Jiménez "guía extraoficial do Trega" no ano 1965 co Sr. Gobernador Civil, presidente da Deputación de Pontevedra, Alcalde de A Guarda D. José Luís García Pérez e D. Antonio Rodríguez Rolán, naquel ano Presidente da Sociedade Pro Monte e ó mesmo tempo Presidente da Comisión de Festas do Monte dese ano.Tamén asistíu cómo Vicepresidente de Honra da Comisión de Festas dese ano 1965 o Sr. Alcalde de O Rosal, D. Manuel Suárez Marquier

 

                  Era o día da inauguración oficial da reconstrucción dunha casa castreña no Trega. Habían acudido ao Castro de BRITEIROS (Portugal) o Sr. Salinas, D. Angel Luís Troncoso e D. Jesús Juan Garcés co obxeto de documentarse ben antes de pasar a reconstrucción da casa castreña.

 

                  Neste mesmo ano tivo lugar a Iª Exposición Filatélica de La Guardia [dende o día 1 ó día 6 de agosto], organizada polo Grupo Filatélico Guardés no salón do Casino de A Guarda. Temas expostos: España y Colonias - Países Extranjeros- Temática- Marcofilia e Infantiles."entrada gratuíta".

 

                  Xogaron no Estadio del Tecla o Club Sporting Guardés [reforzado] contra GIL VICENTE de Barcelos (Portugal) de 2ª División.. Disputaron o Trofeo VITORIA doado pola Cª de Seguros "Assicurazioni Generali" representado`por D. Eliseo Berridy del Valle e por Almacenes y Construcciones "Martínez-Cividanes”.

Nota de La Comisión: Podrán entrar como invitadas al Partido Internacional de Fútbol, todas las que vistan el Traje Regional y tomen parte en el desfile.

                                                    "Y hasta el próximo año amigos" [dicía no libriño o Sr. Salinas]   

 

                  D. Gumersindo Salinas Jiménez [1897-1977] nacera en Ojaruco-Habana-CUBA, foi Cruz Vermella ao Mérito Militar no desembarco de Alhucemas en 1922 (Marrocos), fundador en África do xornal La Opinión, colaborador e correspondente de Faro de Vigo, O Caminhense (Caminha-Portugal), Nuestra Lucha [xornal local guardés], colaborador literario no Libro Programa das Festas do Monte, escribía algunhas das veces co pseudónimo ARD-el-RIAN Omar.

 

                  Editou Cumbres de Santa Tecla en 1969, colaborou co Grupo Aranzadi e durante trinta anos foi "Guía popular y romántico trovador del Monte de Santa Tecla".

 

                  A Agrupación Cultural Guardesa adicoulle o Día das Letras Galegas "in memorian" no ano 1994.

 

José A. Uris Guisantes

31 de decembro de 2003.