PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

Igrexa das Mercedes

A Gándara

Texto: José A. Uris Guisantes

Fotos: Antón Ferreira

Como é sabido o Presbítero don Severino Álvarez Otero (era tío de don Martín Álvarez Álvarez que sería abade da parroquia de San Lourenzo de Salcidos moitos anos e que faleceu en 1954), erixiu unha capela en terreos da súa propiedade na honra da Virxe das Mercedes no barrio de A Gándara onde el nacera.

O labor apostólico foi desenrolado por don Severino na República Arxentina e en Cuba, contando co apoio dunha familia con moitos cartos logrou acadar recursos suficientes para poder mercar terreos e edifica-la capela na Gándara.

Tamén é sabido que a capela foi comezada no ano 1917 e inaugurada un 24 de setembro de 1918 (xusto o día da Virxe das Mercedes).

D. Severino contou coa asistencia ao acto das autoridades eclesiásticas locais (agás o seu sobriño don Martín Álvarez Álvarez e resto da familia por problemas de herdades ou de cartos) e da Diócese, xunto as autoridades locais presididas polo Alcalde don Agustín Sobrino Vicente.

Bendiciu  a nova capela o bispo don Manuel Lago González, sendo amenizada a cerimonia e procesión pola banda de Música de San Juan de Tabagón. Don Severino finou un 21 de febreiro do ano 1921.

Exposto isto – e moito máis que xa se sabe – vou facer público un documento interesante sobre don Severino Álvarez Otero relacionado cos restos dos seus pais.

Un mes e uns cantos días antes da inauguración da capela das Mercedes, concretamente o 3 de agosto de 1918 don Severino presenta no Concello de A Guarda unha solicitude en papei do Estado (11ª clase) que historicamente é interesante:

 

Resumindo. Di que un 3 de xaneiro de 1880 falecera “su querida e inolvidable madre Doña Josefa Rita Otero Signo y en 20 de marzo de 1895 su querido y recordado padre D. Juan Manuel Álvarez Álvarez”...

que habían sido inhumados en el panteón particular que el exponente posee en el atrio (antes cementerio) de la parroquial de Salcidos”...

...“actualmente poseído, no sólo del fervor religioso que es innato, como sacerdote, sino del entrañable afecto, que conservó siempre al lugar en que vió la primera luz, y en acción de gracias al Todopoderoso... para regresar al país natal, después de sufrir tantas penalidades en diversas regiones del continente americano, ha mandado construir á sus expensas para memoria eterna, una CAPILLA dedicada á nuestro culto bajo la advocación de Nuestra Señora de las Mercedes...”

...”capilla en la cual mandó construir asimismo unha hornacina en condiciones higiénicas y de seguridad, para trasladar á ella las veneradas cenizas de sus inolvidables padres...”

Sinatura de D. Severino ao final do escrito de referencia.

  

A importancia e “peso” socio – político – eclesiástico de D. Severino era tal que no día 5 de agosto (dous días despois) a Xunta de Sanidade do Concello da Guarda presidida polo Sr. alcalde reúnese e toma a Dilixencia de:

 “Informar que no había inconveniente en autorizar el traslado que se solicita...”. Certifica o Sr. Secretario da Corporación don Enrique María Sesto.

Polo tanto os restos dunhas persoas traballadoras e humildes están nun lugar aos que soamente tiñan acceso os altos cargos relixiosos e a nobreza....

Fontes: "A Guarda, Rosal y Oya de Angel", de A. L. Troncoso.

"Parroquia de San Lorenzo de Salcidos: Aproximación Histórica" de Xoán Martínez Tamuxe 2001.

Arquivo particular e Arquivo Municipal da Guarda.

José A. Uris Guisantes