Índice

www.galiciasuroeste.info

 

 

Marcial Lorenzo Fernández

O Rosal

 

Por José A. Uris Guisantes

 

Fotografía de Marcial Lorenzo feita na localidade de Rosario (República Arxentina)

 

Marcial Lorenzo Fernández era fillo do tío Dionisio Lorenzo, popularmente tío Dionicio e de Casilda Fernández, os demais irmáns foron, Juan, Angel, Enrique, Marcelino, Consuelo, Dolores e Estrella.

Marcial casou con Mercedes Lorenzo Rivero, nacendo do matrimonio os seguintes fillos, Estela, Marcelino, Enrique, Edelmiro (Delmiro), Daniel, Hortensia, Marcial e Eleuterio Lorenzo Lorenzo.

 

Parte da familia Lorenzo Lorenzo. A esquerda súa esposa Mercedes embarazada do cuarto fillo, Edelmiro, no colo Enrique, sentado, Marcelino, Estela e Marcial Lorenzo Lorenzo. A fotografía a sacaron no estudio de Mariano Jiménez Hueto. Eleuterio (fillo mais novo) descoñece o ano.

 

 

Aspecto actual da casa paterna dos Lorenzo Lorenzo, hoxe propiedade dun familiar directo. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

 

Seu pai tiña unha serra movida  pola auga no lugar do Nixo (Viso dos Eidos), no regato de Porto de Carros, para serrar madeiras.Un muiño  para moer pedras de azufre co fin de server para sulfatar as viñas contra o mildeu. As pedras de azufre (chamado na zoa enxufre) era mercado no Pasaxe de Camposancos. Tamen acodían a moer as pedras de azufre vecinos da fegresía.

 

Exemplo dunha pedra de azufre

 

Este azufre viña en pedra, transportado en barcos ata O Pasaxe, e logo cocido a altas temperaturas nos fornos de cal.

 

Exemplo do ataque de mildeu na viña

 

Regato no lugar de Porto de Carros  en Viso dos Eidos (O Rosal) de onde collía auga para mover a serra. Fotografía de José A. Uris Guisantes

 

A dereita curso do regato de Porto de Carros.Fotografía de José A. Uris Guisantes

 

Cheminea da empresa Candeira Hnos no Pasaxe de Camposancos onde se calcinaban pedras calcarias e de azufre a altas temperaturas

 

Marcial tiña unha empresa de construción e cando a Liga de Amigos do Rosal mercou unha casa para domicilio social foi súa empresa a que reformou o edificio para ser a  sede social no ano 1942. Antes esta sociedade estivera na casa do Gayado desde 1918 ata ese 1942.

Nos anos en que non tiña traballo como mestre canteiro viaxou a Repùblica Arxentina onde se establece una cidade portuaria de Rosario na provincia de Santa Fe. Elí traballou na construción en tres etapas diferentes nos anos cuarenta, en estadías de tres a catro anos, voltando ao Rosal.

Comezou a producir aceite de oliva, primeiro prantou oliveiras no lugar do domicilio familiar (subida polo Cruceiro Gordo en Visodoseidos-Martín). Tales olivas foran enviadas por Serafín Martínez Álvarez O Bigotes desde Sevilla. Serafín era natural de Fornelos, sendo o dono da fábrica de pastas alimenticias (fideus, macarrons,etc) co nome de Fábrica de Pastas San Bernardo, na rúa Huestes nº 1 de Sevilla.

 

Tarxeta da Fábrica de Pastas Alimenticias San Bernardo cedida por José Álvarez Buraco.

 

Uns anos mais tarde (1940/41), Marcial construíu  na casa familiar en Viso dos Eidos un muiño de moer  olivas, movido por un cabalo que daba voltas arredor, levando a cabo a moenda durante dous anos, nos que deu fin ó experimento. Primeiro levaba a cabo a moenda das olivas, no remate quedaba unha masa  que  despois era posta en pratos feitos de esparto e prensada para unha vez rematada a función o aceite resultante era depurado. 

 

Actualmente a roda do muiño está soterrada  nun muro da parede exterior da casa familiar. Polo tanto poido afirmar que foi a primeira persoa en levar a cabo unha pequeña produción de aceite de oliva no Rosal.

Parte da roda do muiño que tiña Marcial Lorenzo nun muro da casa paterna. Fotografía de José A. Uris Guisantes

 

Detalle do muro ca roda de pedra. Fotografía de José A. Uris Guisantes

 

Antiguo cabanon onde estaba a serra de madeiras movida por auga. Fotografía de José A. Uris Guisantes

 

Era dono de seis vacas que levaba pastar o monte, atendidas polo fillo Daniel. Tiña a ilusión de poder montar unha granxa de vacas na Valga (Oia).

 

 

Unha zoa da Valga. Fotografía de Agustín Ferreira Lorenzo, presidente de ANABAM

 

Máis tarde reúne os fillos mais vellos para ver se acordaban montar a granxa, ou pasar a preparar paos para a fabricación de zamancas. Gañou a fabricación de paos  no antigo serradoiro do tío Dionicio, mercaduría que era vendida aos zoqueiros.

Mais tarde pasarían a fabricar cepillos para fregar, a materia prima era “piazar”  que  segundo Eleuterio era importada do Brasil. Tamen se empregaron as fibras de sorgo. Mais tarde foron os fillos Marcelino e Enrique quenes seguiron durante un tempo fabricando paos para os zoqueiros.

Lugar onde estaba  a serra de auga, a preparación de pezas de madeira para vender aos zoqueiros  e a fabricación de cepillos para fregar o solos de madeira, que sustituirían as carqueixas recollidas no monte do Niño do Corvo.

 

Pero a faceta mais importante de Marcial era a profesión de mestre canteiro, dispoñía de fragua, onde aguzaban as ferramentas. O montar a empresa de construción  foi incorporando aos fillos e outros obreiros. Traballou como mestre con obreiros para os irmáns Suárez Marquier  que facían obras para a Deputación e Concello, así como novas estradas rurais e reparación das mesmas, taxeas, picar e formar pedras, etc.

Dono de carro e dúas parellas de bois que soamente traballaban para a empresa e para labrar as leiras da familia co arado de ferro vitoria (Ajuria SA de Vitoria). A pedra para picar e pulir que usaba nas obras de construción a traía cortada dunha canteira sita no monte que estaba por riba do lugar de Ollo Marín (A Lomna-O Rosal), facendo obras por todo Rosal, San Xián e Mavia, entre outros lugares.

Arado de ferro

 

As fillas, Estela, Hortensia e nai Mercedes eran quenes coidaban da casa, das hortas e de dar de comer a unha familia numerosa, dispoñendo de cabalo para as labores menos pesadas dunha casa de labranza, pois tiñan leiras de regadío e secano, viñas, prantaban gran cantidade de millo, patacas, verduras, erba, galiñas, bois, cabalo, facían a matanza de dous ou tres porcos por ano.

Cada oito días cocían no forno da casa de sete a oito cotos de pan de millo. Dispoñían de lagar para facer viño. O tinto era para consumo da casa e o branco o vendían para Vigo en pipas. Lembra Eleuterio, meu informador, que Enrique da Taberna O Roxo no Barrio da Marina da Guarda lles mercaba algunhas pipas de viño branco, composto caseque na totalidade de uvas da crase marqués.

A nai, Mercedes, ademais de coidar dos fillos e do fogar, tamen facía de parteira polo Rosal.

Eleuterio Lorenzo Lorenzo o fillo mais novo que nos referíu súas lembranzas sobre a familia. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

E iso vén sendo unha parte da vida dun home, dunha familia, de rosaleiros humildes que traballaron dabondo para sair adiante.

 

José A. Uris Guisantes