Basilio Moreira
Carrero
Por José A. Uris Guisantes
seguinte

Basilio no Centro San Xerome Emiliani en
1998, na visita que fixeron ó Centro os xogadores do Real Club Celta de
Vigo, Bruno Caires e Michel Salgado. No medio dos xogadores está Juan Mª
Rodríguez, alumno do Centro. Fotografía cedida por Basilio Moreira,
forofo do Celta.
Bruno Ricardo Mendonça Caires nado en
Lisboa o 2/04/1976, foi traspasado do Benfica ao R.C. Celta de Vigo na
tempada 1997/98 por 375 millóns de ptas. Michel Salgado Fernández, nado
nas Neves (Pontevedra) o 22/10/1975, comezou a xogar nos xuvenís do R.C.
Celta de Vigo, pasou á primeira plantilla na tempada 1994/95, e logo a
xogar no UD Salamanca. Volve ao Celta na tempada 1997/98, en 1999 foi
traspasado ao Real Madrid por 12 millóns de euros. Finalmente deixa o
Madrid o 4/08/2009 para fichar polo Club inglés Balckburn Rovers
Football Club por dúas tempadas.
------------------------
Tardei uns días en preparar este pequeño
traballo como homenaxe ao meu amigo Basilio Moreira Carrero, falecido o
18 de xaneiro na Clínica Universidade de Navarra, sendo soterrado ao día
seguinte no Cemiterio de Camposancos.
Fillo de Agustín Moreira Portela e
Blanca Carrero Veiga, naturais de Camposancos, pobo co que estaban
relacionados dende comezo do século XX. A familia Moreira é sumamente
coñocida na Guarda é en moitos lugares de Galicia e España.

Basilio Moreira Carrero con seu amigo
Aquilino Vázquez Villa “Quinito” como él lle chamaba. Eiquí nunha
visita feita a Aquilino en Mougás na Casa do ex alcalde de Oia, Alvaro
Miniño Rodríguez, en 2008. Basilio estivo ao lado de Aquilino ata que
faleceu fai uns meses. Fotografía propiedade de Basilio
-------------------------

Basilio con Aquilino en Mougás, no mes
de maio de 2009, cando “Quinito” cumplía 100 anos (5/05/1909).
Fotografía propiedade de Basilio. Contábame Basilio que Aquilino “por
encima de todo, “Kilito” fue y sigue siendo una buena persona (aínda non
falecera Aquilino).
---------------------------------

Estado actual do antiguo Comercio da
familia Vázquez Villa no Pasaxe de Camposancos. Fotografía de José A.
Uris 2009
-------------------------
A primeira vez que tratei con Basilio
foi aló por 1960/62 a raíz de que viña pola Botica de A. Vázquez
Palacios, coa súa esposa, María Gracia Graciá Guillem. Cada vez que se
achegaban á Guarda, normalmente nos sábados, sempre tiñamos unha pequena
conversa dos acontecementos sociais da Vila guardesa. Radicados en
Madrid e algún tempo na Coruña, foron pais de Agustín, Blanca,
Cristóbal, María Luísa (finada fai poucos anos) e María (“Marieta”)
Moreira Graciá.
Integrado nas distintas empresas creadas
pola firma comercial “Moreira y Cia S.L.”, cunha ampla traxectoria na
construcción de edificios, ventas de materiais para a construcción,
arranxo de vías publicas no Concello de A Guarda etc. etc. Unha das
grandes obras foi a construcción da Urbanización Río Miño, pola “Inmobiliaria
do Miño”. Antes construíran o Edificio Ribeira e outros na Alameda,
etc.
Basilio conforme ía atopando máis e máis
atrancos cos gobernantes municipais do seu partido (tiña carné de A.P.),
foi comenzando a tratar de máis preto co Grupo Municipal Socialista (no
que eu estaba integrado), porque alguén lle contara (sempre aparece un
“salvapatrias”) que nós eramos “os malos do pobo”, o íamos
a “asar” a denuncias, e outros calificativos que non vale a pena
dicir. Non foi así, non comiamos a ninguén e anos máis tarde esas mesmas
persoas??..., con nome e apelidos…, foron os que nos acusaron de “vendidos
políticos”….
Pero amigos lectores a historia local do
noso pobo, do noso Grupo, dos inxuriadores, dos documentos de Plenos,
etc, demostraron que non foi así. Esa historia local deses anos pasados
xa está escrita para todos, as de uns, e as dos outros, para ben ou para
mal. Os que se esconden con aquilo de “eu non sei de política, non
quero saber de política” e logo resulta que son os que máis están
metidos… os que traman dende a sombra…

Unidade de Actuación nº 3.Estudio de
Detalle Campo de Fútbol-“Estadio do Trega”. Superficie
relacionada co Estudio de Detalle, 18.858 m/2. No PXOU de A Guarda
aprobado en 1993 cos votos do Partido Popular que presidía Dna
Purificación Álvarez Álvarez, figuraba como PERI nº 5 (Plan Especial de
Reforma Interior), clasificados como solo urbano. Esta foi a asinatura
pendente de Basilio Moreira que non verá rematada unha obra coa que
soñaba…
-------------------------
A nivei persoal comigo, despois de
tódalas experiencias vividas, quedou unha amistade sinxela, e este que
escribe, xunto aos demais compañeiros/as, volvemos dende aquela a seguir
traballando e vivindo do salario ou da pensión. Outros, sí que é
verdade que creceron coma a espuma… ou pasaron ao “queixón do
esquecemento”… é así lles vai !!.
En 1980 o presidente da Entidade Local
Menor de Camposancos Francisco Rodríguez García “Miño”, dende a
súa posición oficial como presidente, opúxose frontalmente contra a “Inmobiliaria
Domiño S.A.” que era a que estaba desenrolando a urbanización no
Pasaxe. A Licencia de construcción fora dada pola Comisión do Servicio
Provincial de Urbanismo o 27 de marzo de 1980 que aprobaba o “Plan
Parcial Río Miño”.
A Entidade Local Menor e o seu
presidente interpuxeron un Recurso de Alzada contra tal acordo o 12 de
maio de 1980. E con data 27 de agosto de 1980 a Consellería de
Ordenación do Territorio- Servicio Provincial de Urbanismo de
Pontevedra, desestimou tal Recurso e as obras remataron.
Eu personalmente gañei un grande amigo e
un colaborador desinteresado nos asuntos sociais, negádose a recibir
calquera homenaxe de gratitude ou prebendas. Aplicou sempre o refrán de
“fai ben e non mires a quen”, ata o final. Ducias de colectivos e
familias souberon e saben do labor calado de Basilio, sen ver de que
pelaxe era, ou eran, o beneficiado ou beneficiados. Pero ademais de
facer o ben, seguía interesándose polas persoas, polas familias, ainda
que pasaran meses, unha chamada de teléfono ou unha palmada nas costas…
sempre interesándose¡¡.
Dende o ano 2000, data da Moción de
Censura contra o goberno presidido por José Manuel Domínguez Freitas,
por parte de I.U.<>E.U. e o Partido Popular que tomaron as rendas do
Concello, a Asociación Cultural Pedra Furada<> Comisión de Festas do
Monte, podía usar do espazo físico do antigo Estadio do Trega, coa
condición de que se dera unha cantidade (250.000 ptas) dos cartos
recadados ao Centro San Xerome Emiliani da Guarda, porque
ata nestes auntos, Basilio era un hábil negociador. E dende aquela a
Asociación “Pedra Furada”, para facer uso do Estadio, segue
entregando cada ano cartos dos guardeses, procedentes da recadación
popular, cun montante de 1.500 euros por ano ao Centro San Xerome.
e.JPG)
Anagrama da Asociación Cultural Pedra
Furada que vén desenrolando as Festas do Monte dende o ano 2000
-----------------
Para min foi unha triste nova cando me
enterei, por amigos comúns, que estaba sendo medicado na Clínica Universidade
de Navarra, o teléfono estaba apagado, o correo electrónico tampouco
respondía…, pero a través do xerente de Moreira, Carlos Coimbra e da súa
filla Blanca, puiden mandarlle os meus desexos de curación, de
solidariedade e amistade, oíndo por derradeira vez a súa voz dende a
cama, “gracias Uris, amigo, un gran abrazo”…, e todo acabou… con
ese abrazo telefónico… cun abrazo era como sempre se despedía por
teléfono, normalmente unha ou dúas veces á semana, sempre interesado
pola saúde dos demais e as obras sociais, e como no por un mesmo.

Basilio Moreira Carrero nunha foto do
verán de 2009, no seu domicilio da Pasaxe de Camposancos.
-------------
Basilio era unha persoa interesada pola
nosa historia, polo orixe das familias, sobre de todo pola de
Camposancos, a súa familia e os seus veciños. Cada vez que nas miñas
investigacións de arquivos diversos atopaba algo interesante,
relacionado coa súa familia ou con Camposancos, pasáballe a información
que recibía con gran satisfacción como se dun neno se tratase… “ya
tengo una carpeta especial para estos importantes asuntos… me ecargaré
de hacerlos llegar a la familia…!
Cando se rodou o “Memorial de
Camposancos”, foi unha das persoas que relataron as súas vivencias
persoais aos Directores José Ballesta de Diego e M. Anxo
Fernández. Asistiu ao estreno e mercou bastantes DVD, para repartir
entre a familia e amigos de fóra da Guarda. Ao longo destes anos
enriqueceu a súa bagaxe de relacións humanas con familias e persoas
afectadas pola “guerra incivil”.
Debido aos seus “contactos”
conseguíu na Coruña<>Ferrol a Sentencia do Consello de Guerra (Causa
nº 994/1936), contra o seu avó Basilio Carrero Lorenzo (Presidente
da Entidade Local Menor de Camposancos); Honorio Brasilino
Alvarez Sobrino (Alcalde da Guarda; Juliano Diez Alvarez
(Carteiro e Sindicalista); Camilo Carrero Lorenzo (Concelleiro
e Presidente do Sindicato Socialista Agrario de Camposancos);
Francisco Lloret Gándara (dono do Hostal<>Restaurante “El
Argentino” e Vixiante de Arbitrios); Adelaido Barreiro Sueiro
do Rosal (xornaleiro na Guarda); José Manuel Vicente Portela
“O Mero” (empregado na Guarda); Joaquín Rodríguez
Rodríguez (Celador); Avelino Barbosa Pérez (xornaleiro);
Segundo Fernández Alonso do Rosal (músico da Banda de Tabagón);
José Benito Rodríguez Rodríguez (empregado); Ermelindo
Martínez Martínez “Martinelli” de Camposancos (Marmorista);
Jesús Domínguez Pacheco (Mariñeiro) e Isaac Besa
González Moure (Chófer).
A súa
esposa, Mª Gracia Graciá Guillem, era unha persoa moi sensible no
tocante a problemas sociais, por certo era moi guapa, sabía escoitar e
tiña toda a pacencia do mundo. A comezos dos noventa cando naceu a
Asociación Érguete Baixo Miño, sempre preguntaba como ían os
traballos. Unha vez falecida en 1995, Basilio seguíu interesándose polo
meu labor en Érguete. Era socio e benefactor desta Asociación, que neste
ano 2010 fará 20 anos da súa fundación oficial, ainda que eu levo
traballando a nivei persoal con persoas con conductas aditivas dende
1985.
Por certo a “petición
de mano”
tivo lugar un 24 de agosto de 1959, en Madrid, cando Agustín Moreira
Portela e A súa esposa Blanca Carrero Veiga, solicitaron a “man”
de Mª Gracia Graciá aos seus pais co obxectivo de casar no outono dese
ano. Os irmáns de Mª Gracia eran, Joaquín Luísa e José Antonio.
O sogro de Basilio, Cristóbal Graciá Martínez, finou un 22/10/1988 en
Madrid. En setembro de 1954 era Gobernador Civil e Xefe Provincial do
Movimento na Coruña. Foi recibido o día 15/09/54 no Pazo de Meirás polo
Xeneralísimo Franco. O 30/03/1960, o Consello Provincial do Movimento,
aprobou o acordo da Deputación provincial nomeando “Fillo
Adoptivo”
da Coruña a Cristóbal Graciá Martínez. Basilio e Mª Gracia, casan un 12
de outubro de 1959 na igrexa do Espíritu Santo en Madrid, celebrando o
oficio relixioso Monseñor Gabilondo Romero.
Exerceu de padriño o pai da noiva D.
Cristóbal Graciá Martínez, que nese mes era Subsecretario de Traballo,
e de madriña a nai do noivo Blanca Carrero Veiga. Como representante
xudicial para dar fe o Notario da Coruña, D. Manuel Otero Peón.
Testemuñas da noiva foronJoaquín
Guillén Quillez; José Estévez Martínez; Joaquín e José Graciá Guillem,
tíos da noiva e o Almirante e Conselleiro do Reino, Francisco
Bastarreche Díaz de Bulnes.
Froito do matrimonio foron os seus
fillos: Blanca; Luísa; Marieta; Agustín e Cristóbal Carrero Graciá.
Mª Gracia Graciá Guillem faleceu en
Camposancos un 25 de setembro de 1995. Os seus funerais foron celebrados
en Madrid o día 7 de outubro, na igrexa do Espíritu Santo, a
mesma onde casaran en 1959.

A Insúa, Camposancos e o Esteiro do
Miño. Diapositiva cedida por Basilio Moreira

Alejandro Martínez Rodríguez, mariñeiro
amigo de Basilio, xa falecido. Pai dun excelente xogador do Club
Deportivo Guardés, Brasilino Martínez “Chelino”, afillado de
Brasilino Alvarez Sobrino, ex alcalde da Guarda que fusilaron un
9/12/1936. Basilio escoitaba sempre atentamente as “aventuras”
de Alejandro. Fotografía de Basilio Moreira Carrero.
---------------------------
Lembro que Basilio,
foi un grande aficcionado ao fútbol, sabía toda a historia dos distintos
equipos guardeses e de Camposancos, creo que era unha das grandes
ilusións da súa vida ser xogador de fútbol, pero o traballo mandaba e
debeu seguir ca saga dos Moreira traballando nas distintas empresas da
firma Moreira y Cia. Cando fixou a súa residencia en Camposancos
acudía a Balaídos para ver xogar ao R.C. Celta. Foi nos anos sesenta,
Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol.
Está relacionado co Sporting de cando el
era Directivo da Federación Galega de Futbol. Por exemplo, cando tivo
lugar a Final da “Copa Cormarcal” no Estadio do Trega, un 3 de
agosto de 1969. “Sporting Guardés” (2) – “Deportivo Coruxo”
(2), o Campión foi o Sporting Guardés.

Manuel José Fernández Gómez “Machote”
recibindo as felicitacións e Trofeo, por ser o equipo máis goleador do
Torneo. Entregado polo representante da Federación Galega de Fútbol,
Basilio Moreira Carrero. De gafas, o presidente do Sporting,
Rufino Silva Martínez. Era un 3 agosto de 1969. Fotografía de Manuel
Fernández Gómez
-----------------------------
Nese campionato deberon xogar a
prórroga, gañando o Sporting a Copa por 1 tanto a 0. O gol da victoria
foi marcado por “Menora”, victoria moi merecida porque ao
Sporting o árbitro lle expulsara ao xogador “Peitiños”. Para
celebrar o éxito deportivo o conxunto musical local “Los Bambinos”,
fixeron unha actuación pública gratuíta na Alameda.
Era Alcalde José Luís García Pérez e
presidente da Comisión das Festas do Monte, Eduardo Martín Rey.

Basilio Moreira Carrero fai entrega da
Copa de Campión de Liga a Luís Alberto Franco Lomba “Berto”
o 3 de agosto de 1969. Podemos ver moitas caras coñocidas
------------------------------------
Ao remate do encontro foi entregado a
Luís Alberto Franco Lomba “Berto” o Trofeo de Campión de Liga
polo Delegado da Federación Galega de Fútbol, Basilio Moreira
Carrero. Florencio Gutiérrez Melero, recibíu o Trofeo como máximo
goleador do equipo, é Manuel José Fernández Gómez “Machote”, o
Trofeo ao equipo mais goleador e menos goleado desta Liga.
Estaba sumamente interesado polo Futbol
Xuvenil, como unha maneira de que os máis novos tiveran interese por
algo e se foran formando entre eles, como xogadores e logo como
personas.
Foi membro do “Comité Nacional de
Fútbol Juvenil y Aficionado”. Nos días 8 e 9 de febreiro de 1974,
asistiu en Madrid, como tal representante, á “V Convención Nacional
de Fútbol Juvenil y Aficionado”. Presidía a Convención Pablo Porta
Bussón, en calidade de Vicepresidente da “Federación Española de
Fútbol” .
--------------------------------

Á
esquerda antigo Colexio dos PP. Xesuítas. Á dereita capela de “Nuestra
Señora de Gracia”
-------------------
A Capela que está dentro da
“Urbanización Río Miño” leva o nome de Nuestra Señora de Gracia,
como lembranza á memoria da súa difunta esposa María Gracia.
Basilio facilitoume información sobre a
antigua Fábrica Serradoiro dos Candeira na Pasaxe, das concesións
administrativas das “docas” de carga e descarga, e para facilitar
o meu traballo nos arquivos me donou unha impresora, así sen máis.
Tiña moitos amigos en todo o espectro
social de Galicia, Vigo, A Coruña, Madrid, etc. Unha das ideas que non
poido ver realizadas en vida foi a Urbanización do antigo Estadio do
Trega, “torpedeado” por uns, criticado por outros, e silenciado
por outros tantos, pero el sempre o tomou deportivamente.
Aínda que estaba xubilado, Basilio
mantiña contactos cas empresas, directivos, clientes etc. etc., tiña un
despacho na empresa de A Guarda, mantendo aínda algúns cargos
honoríficos nas empresas, alguns cargos xa os deixara. Lembro a
presidencia de “Pavimentos Villagarcía S.A.” (fabricación de
terrazos e a súa comercialización). Presidente do “Grupo de Empresas
La Guardia S.A.” . Presidente de “Inmobiliaria Riveira S.A.”
Presidente do Consello de Administración de “Inmobiliaria Domiño
S.A.” Presidente do Consello de Administración de “Moreira S.A.”
con sede en Vigo.
Seguía mantendo unha grande amistade ca
familia Noya Domínguez que xa viña do seu pai e tíos, dende antes da
guerra incivil, e logo cando estes protexeron e axudaron nas graves
vicisitudes polas que pasaron durante uns anos.
Referiume varias veces como casara Óscar
Noya Domínguez por “poderes” dende Caracas, onde traballaba, ca
moza Chelo González Vázquez, natural de Sáa de Carballeda (Rivadavia) e
veciña de Vigo. Coñocéránse en 1949 na primeira viaxe que Óscar fixera a
Galicia en 1949.

Chelo González Vázquez. Caracas, 1987
--------------------
Lembraba Basilio que a voda tivo lugar o
12 de agosto de 1950 no Rosal, saíndo a noiva da Casa de Miranxe,
propiedade do tío Rafael Iglesias, casa onde estivera agochado Juan Noya
Gil uns meses, tratando de salvar a vida e ca complicidade de toda a
familia Iglesias, quen tamén xogaban a vida ou prisión.
Pois ben, os padriños de voda debían ser
Agustín Moreira e a súa esposa Blanca Carrero, pero á hora da voda xa
tiña pasado e Agustín Moreira non daba chegado á cita (non había
teléfonos móbiles), polo que o seu fillo Basilio, con 18 anos, debe
facer de padriño de voda, xunto a súa nai, anécdota que lle quedou
gravada para sempre. Ao banquete xa deu chegado Agustín e celebraron o
evento na casa de Miranxe, sendo vitoreado o noivo “postizo” no
lugar do que quedaba en Caracas. Para Basilio foi a primera voda da súa
vida, pero sen noiva, nin noite nupcial, como Chelo, pícara como é, lle
lembraba sempre.
Asistiron o ágape a meirande parte
daquelas persoas que tiveran agochado a Juan Noya. Presidiron, xunto aos
noivos, Agustín Moreira, Blanca Carrero e o tío Rafael
Iglesias, anfitrión da casa. Juan Noya e a súa esposa
Dolores “Lola” Domínguez Pacheco; o avogado e amigo D.
Ramón Salgado (que defendera a Juan Noya no Consello de Guerra),
Isaura Gómez Pérez de Figueiró (que tamén tivera a Juan Noya
agochado) o igoal que os irmáns Rosendo e Carmiña Daval,
máis Pepe da Portela. Outro amigo da infancia de Juan Noya,
Primitivo Franco, Daniel Calzado Poceiro (fora Alcalde
republicano de Tomiño) e a súa dona. Citaba Basilio, que aos postres se
lembraron a outros grandes amigos da familia, xa falecidos daquela,
tales como Generoso Lagarejos Rivas (Alcalde republicano de O
Rosal), Daniel Lorenzo e Casiano de Marzán.

A noiva Chelo González Vázquez e o “noivo
en funcións” Basilio Moreira Carrero pola corredoira da Casa de
Miranxe ( O Rosal),o 12 de agosto de 1950. O orixinal da fotografía
é moi pequeño polo que o ampliar queda un pouco borrosa. Cedida por
Basilio
---------------------------
Remato a miña referencia a este
excelente amigo que se foi, con un poema de Amado Nervo en castelan que
se titula, PAZ,
“Muy cerca de mi ocaso, yo te
bendigo, vida,
porque nunca me diste ni esperanza fallida,
ni trabajos injustos, ni pena inmerecida;
porque veo al final de mi rudo camino
que yo fui el arquitecto de mi propio destino;
que si extraje la miel o la hiel de las cosas,
fue porque en ellas puse hiel o mieles sabrosas:
cuando planté rosales, coseché siempre rosas.
...Cierto, a mis lozanías va a seguir el invierno:
¡mas tú no me dijiste que mayo fuese eterno!
Hallé sin duda largas noches de mis penas;
mas no me prometiste tú sólo noches buenas;
y en cambio tuve algunas santamente serenas...
Amé, fui amado, el sol acarició mi faz.
¡Vida, nada me debes! ¡Vida, estamos en paz!.
--------------------------------------------------------------------
E sigo, Óscar Noya
Domínguez, finou en Caracas un 20 de abril de 1987. Era o primoxénito de
Juan Noya e Dolores Domínguez, rapaz que tivo que facer fronte á
situación familiar en 1938. Seu pai agochado polos montes e fragas do
Baixo Miño, súa nai e súa avoa materna, primeiro presas en Tui, e logo
no punto de mira da Falanxe e militares; seu tío paterno Manuel Noya “paseado”
en San Xián, seus tíos maternos, Angel e Antonio Domínguez Pacheco “paseados”
na Sangriña (o fondo da entrada ao Instituto de BUP). O outro tío,
Manolo “Taxota”, obrigado a ir ó fronte de guerra, pasouse ao
bando republicano, detido en Cartaxena, sufriu prisión, logo ingresado
en Batallóns Displinarios, mentres súa muller e nai sofrían prisión en
Tui.

Oscar Noya Domínguez e a súa esposa
Chelo González Vázquez en 1987, uns meses antes de que falecera este
amigo de Basilio
------------------------------------
Foi Agustín Moreira Portela o que en
1938, colleu ó rapaz e lle deu traballo na empresa de construcción que
montara seis anos antes, e un pequeno almacén de construcción. Máis
tarde montaría unha prensa para fabricación de terrazos ou baldosas.
Agustín tivo problemas seguidos como
patrón de Óscar ca Garda Civil, Falanxe, e Policía, por non concebir que
o fillo dun republicano perseguido poidera atopar traballo na mesma
Vila, por iso Agustín optou por enviar ao rapaz a traballar en Tui e
logo a Vigo. O rapaz de 15 anos, xa en Vigo, foi interrogado pola
policía, onde lle dixeron que andivese con coidado pois estaba sendo
obxeto de vixilancia pola Falanxe. Mentres súa nai Lola atopa traballo
como cociñeira no Hotel del Tecla na rúa José Antonio. Neste
hotel estaban aloxados os membros do Tribunal Militar que levaba a cabo
os Consellos de Guerra na Pasaxe

Juan Noya, súa esposa Lola, e Juan
Antonio Moreira coa súa esposa nunha Romaría popular nos anos cincuenta.
--------------------
Remata para seu pai o calvario de estar
agochado durante anos, ben aconsellado entrégase á policía, acompañado
polo avogado, amigo e compadre D. Ramón Salgado. Xulgado en Consello de
Guerra no Palacio de Xustiza de Vigo, foi sentenciado a vinte anos de
prisión. En xaneiro de 1941, Óscar, a familia, e seu pai (cando saíu de
prisión vixilada), pasan a vivir en Vigo na Praza de Compostela onde
segue na empresa Moreira, e Lola monta unha pequena Pensión para o
resto dos empregados da empresa, mentres Juan Noya traballa de empregado
no bufete de D. Ramón Salgado que tiña unha compañía de Seguros.
E en 1945 montan en Vigo Gráficas Numen,
Lola seguía atentendo aos sete empregados de Moreira e ademais á súa
familia. A todo isto Agustín Moreira recibe o consello de que era
perigoso para os seus empregados estar pensionados ca familia Noya, pero
Agustín, como sempre fixera, nin caso…

No Pico de San Francisco que se ve por
riba da néboa, foron esparexidas as cinzas de Rosalía Paz Noya González.
Fotografía propiedade de José A. Uris.
----------------------------------------
Pois ben, a filla de Óscar, Paz Rosalía
Noya González, cando estaba preparando a Tese de Licenciatura en
Letras en Caracas, presentou como un traballo o folleto de tres
páxinas co título “Catro poetas galegos na emigración venezolana:
Xosé Velo; Pura Vázquez, Celso Emilio Ferreiro e Francisco Sesto Novás”.
Nos tres últimos anos de Paz Noya,
tivemos unha amistade de “correo electrónico” dende A Guarda a
París, neses correos intercambiamos novas, pensamentos, e lembranzas
históricas e actuais sobre A Guarda.
A profesora Paz Rosalía, unha valente
muller, que sofríu a perda dos riles e durante anos e anos, pasara
dialise case que diaria, ata que en Nadal de 2007 apareceu o miragre dun
ril. Trasplantada de urxencia, o seu organismo que loitara tanto, non
foi quen de superar as complicacions, e finou en febreiro do 2008.
As cinzas foron espalladas nos aires do
Trega que ela tanto amaba, onde quería, no miradoiro de San Francisco,
de cara ao mar, co Miño á esquerda… fría maña dun domingo de febreiro,
elí Xesús Alonso Montero, amigo da familia, onde na súa casa, estivera
vivindo Paz Rosalía Noya González cando estudaba en Santiago, Xesús fixo
unha emotiva semblanza sobre os Noya e Rosalía e de seguido a gaita de
Tino Baz puxo as notas sentimentais nese aire do Trega, con frío
do inverno e forte vento do Nordés que traía no aire o sabor do mar
de Ribel.

Lola Domínguez Pacheco con seus netos (fillos
de Óscar) Óscar (médico e investigador instalado en Venezuela) e Rosalía
Paz Noia González (finada en París), máis Juan Noia Gil, en Venezuela na
Graduación destes netos, creo que en 1979/80. Fotografía cedida por
Chelo González Vázquez.
--------------------------------------------------------------
Lembro hoxe a Paz Rosalía Noya González,
porque no traballo presentado en Caracas en 1979, para a súa Tese
Doctoral, incorporou un poema de Xosé Velo Mosquera (dicía ela que
totalmente esquecido na Galicia nai), que pode moi ben ser adicado a
Basilio Moreira Carrero e como homenaxe, soamente vou poñer un anaquiño…
…..,
Ser
como Cristo, quen quiser,
corpo e sanguem
nunca mais derramado,
redimido correndo polos canles das veas
sin feridas e sin guerras.
Ser para a esperanza, ser
até a morte natural, sí,
ou aqueloutra continxente
que poderá chegarnos
na belida aventura
que vai levando o homem
até as estrelas.
Ser simplemente humán
sí,
nin besta, nin anxo
-nin metade monxe
metade soldado-.
Centauro incomprensibel
en que abortou España.
Ser irmán e ser amigo,
estar sempre
contigo
convosco
próximos aquí
e acolá,
na lonxanía
até o infindo solidarios.
Entón a Historia tamén sería
o xeito mellor da testemunha
de quefacer do Homem
que xa inventou a humanidade…
------------------------
Como estou seguindo
a vea da memoria vou facer unha breve escolma dos Moreira, porque
Basilio sempre os levaba no pensamento e na palabra…

Familia Moreira Portela en 1930.
Fotografía familiar facilitada por Basilio Moreira Carrero
Sentados, de esquerda a dereita, María
Portela, Lorenzo Portela, pai de María: Antonio José Moreira, e ao seu
carón o neno José Conde (parente lonxano da familia a quen toparon polo
camiño e invitaron a saír na fotografía). De pé, Concepción Moreira
Portela “Concha” (casada con “Sanamaro” de Camposancos); Serafín,
Agustín e Arístides Moreira Portela. Na fotografía falta Juan Antonio,
que tivera a gripe e non quería saír coa faciana con secuelas da febre
-----------------------------
Antonio José Moreira Álvarez
e María Portela Portela, casaron un 2 de febreiro de 1903 na
parroquia de Camposancos. Oficiou a cerimonia o Presbítero Anastasio
Martínez Costas. Antonio José Moreira tiña 19 anos, de profesión
canteiro, natural de Crestelo (Portugal, veciño de Camposancos; seus
pais eran Francisco José e María. María Portela tiña 21 anos, natural de
Camposancos, con domicilio no barrio do Outeiro, filla de Lorenzo
e Claudina.

Escudo da Vila de Paredes Coura. Comarca
de Valença. Esta Vila ten 9571 habitantes con 21 freguesías, entre elas
“Cristelo”, hoxe chamado así pero antes era “Crestelo”,
tópónimo que en latin siñifica “castrum” (castro), lugar onde
había un acampamento romano. A freguesía de “Crestelo<>Cristelo”
ten 352 habitantes
-------------------------------------
O patriarca dos Moreira, Antonio
José Moreira (figura sempre nos escritos, Antonio Moreira),
nacera no lugar de Crestelos, feligresía de Paredes de Coura
(Portugal). Era mestre constructor e canteiro, facendo varias viviendas
na Guarda, entre elas o chalé da familia Candeira.
Un dos fillos, Serafin Moreira Portela,
foi fundador do Colexio San Francisco de Vigo e socio de seu irmán
Agustín, fundadores da empresa Moreira & Cia. Agustín
independizárase da empresa de seu pai en 1930, asociándose a José Riego
“tío Pepe”, na empresa R.Y.M. ( “Riego y Moreira”), máis
tarde sería Arístides o socio e posteriormente sería responsable da
empresa de construcción Moreira y Cia S.L. na Guarda, duante moitos
anos.
A partir de 1940 Agustín e Serafín
Moreira asociáronse a José Luís Rodríguez Sousa fundando a Empresa de
ventas de materiais de construcción de todo tipo, con exclusivas
nacionais e cunha rama dedicada á construcción de edificios e obras
municipais “Moreira y Cia S.L.”.

A dereita, Mariano Domínguez, e a seu
carón, Carmindo Gómez Cortés, dous amigos de Antonio José Moreira
Alvarez

Un equipo de fútbol de Camposancos,
entre eles está Juan Antonio Moreira
------------------------

Folleto de propaganda da Fábrica R.Y.M.
(“Riego y Moreira”) de Mosaicos no ano 1931
seguinte
_________________________