Basilio Moreira Carrero

Por José A. Uris Guisantes

anterior         seguinte

  

A primeira empresa que D. Serafin Moreira Portela montou en Madrid foi “Suministros La Guardia”

 

Na fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero están: Agustín González Barcia “Pontevedra”, irmán de Socorro da Pasaxe: Isaac, irmán de Chita a peluquera, Serafín Lomba, Severino Galiñanes casado con Pilar, filla do Sanamaro de Camposancos; José Portela, casado con Nela Moreira Carrero, sogro do médico Joaquín Lemos Zunzunegui e Serafín Moreira Portela, coa súa esposa.

 

 

Blanca Carrero Veiga e Agustín Moreira Portela, finado en 1967 a idade de 63 anos

 

------------------------------

 

9 de febreiro de 1929. Casan, Agustín Moreira Portela, de 25 anos, albanel, fillo de Antonio José Moreira e María Portela Portela, con Blanca Carrero Veiga, de 17 anos, filla de Basilio Carrero e Manuela Veiga. Testemuñas: Cándido Martínez e Lauerano Galdó, veciños de Camposancos.

 

Era Xuíz de Paz: Adolfo Rivas Baz. Secretario: Emilio Areal Crespo. Delegado do Xuíz na igrexa de Camposancos: Victoriano Pérez Alonso. Párroco: Serafín Sueiro Sueiro.

 

Froito do matrimonio naceron: Basilio (casado con Mª Gracia Graciá Guillem); Manuela (casada con José Portela Portela); Amparo (casada con Juan Contreras Beorlegui) e José Luís (casado con Julia Alfaro García).

 

Antonio Moreira e seu fillo Arístides o 2 de novembro de 1964 deberon pagar 100 ptas cada un por “infracción del Reglamento de Armas y Explosivos”. Ao parecer non pasaran a revisión das escopetas da súa propiedade.

 

Agustín Moreira Portela, faleceu en Madrid o 24 de marzo de 1967, era presidente do Consello de Administración e xerente da empresa “Suministros La Guardia S.A.” con sede en Madrid e xerente de “Moreira y Cia S.L.”; a súa esposa, Blanca Carrero Veiga, finou un 10 de setembro de 1981 en Madrid.

 

Durante a guerra incivil deu traballo a moitos guardeses, e foi obrigado polo Tribunal Militar que xulgaba aos presos do Campo de Concentración a que obreiros da súa empresa cavasen as fosas comúns para soterrar aos fusilados e mortos por enfermidades. Pero ademais debeu pagar do seu peto os cartos que custaron as caixas “de pobre” dos fusilados en 1938. Tardou tres anos en poder cobrar, mentres que a Funeraria.

 

Un Moreira tamén foi acusado de “deserción”, cuestión que non era así, porque por motivos de traballo nesas datas non se atopaba na Guarda, pero os militares daquela…

                                … era, un 24 de  xuño de 1938. Juzgado Especial de Marina de La Guardia. ¡Arriba España!. ¡ II Año Triunfal !. Oficio al Sr. Alcalde de La Guardia:

 

“En providencia dictada con esta fecha en Causa que me hallo instruyendo contra varios inscriptos de este trozo por el delito de deserción en tiempo de guerra, he acordado dirigirme a V.S. por si se digna disponer dar las órdenes oportunas a los Agentes de su Autoridad para que se proceda a la busca y captura de los inscriptos que al respaldo se reseñan, rogándole caso de ser habidos los ponga a mi disposición y en caso contrario se me dé cuenta de las gestiones practicadas para su constancia en la citada Causa. Dios guarde a V.S. muchos años. La Guardia 24 de junio de 1938. II Año Triunfal. El Juez Instructor. Fdo: Cayetano Pumariño. Reseña:

-Emilio Alvárez Rodríguez, hijo de Antonio y Manuela, de 28 años de edad, natural y vecino de La Guardia, profesión mecánico.

-Serafín Moreira Portela, hijo de Antonio y María, de 28 años de edad, natural y vecino de Camposancos (La Guardia), profesión albañil.

 

E Serafin Moreira deu aparecido, porque simplemente estaba traballando en Valencia…con D. Eloy Cruz  Domínguez Veiga.

 

 

O Alcalde de Manises envía o negociado nº 73 ao Alcalde de A Guarda Mariano Jiménez Hueto

 

---------------------------------------------------------

 

Os primeiros 31 fusilados na Fosa Común de Sestás  o 2 de xullo de 1938, foron soterrados por obreiros de Agustín Moreira, obligado por decisión do Tribunal Militar chegado de Xixón que operaba no Campo de Concentración da Pasaxe. Naturalmente o que buscou a Moreira foi o alcalde

  

--------------------

 

O Xuíz Militar do “Juzgado Militar Eventual” da VIII Rexión Militar, ordena ao Alcalde, Mariano Jiménez Hueto “que tiene el honor”,etc, etc.

 

--------------------------

 

 

Nesta leira foi onde os obreiros de Agustín Moreira cavaron obrigatoriamente a Fosa Común en dúas tandas. O 2 e ó 20 de xullo/1938

 

---------------------------

 

****

O Comandante do Campo de Concentración de Presos na Pasaxe de Camposancos, comunica ao Alcalde da Guarda que van ser executados 18 “condenados a la última pena”. Os obreiros de Agustín Moreira Portela van ser os que caven as fosas e o propio Agustín quen pague do seu peto as caixas,  salarios, Seguridade Social etc. Era o 19 de xullo de 1938.

 

---------------

 

 

 

O 23 de agosto o Alcalde de A Guarda Mariano Jiménez Hueto dirixe Oficio ao Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar, reclamando os cartos de Agustín Moreira, pero en 1940 ainda non cobrara…

 

--------------------

 

Xa pasaran dous anos e Agustín Moreira non cobrara unha peseta polas caixas, cruces, mesas, estanterías etc. sen contar o salario dos obreros.

 

8 xullo 1940. Octava Región Militar – Gobierno Militar de La Coruña – Sub – Inspección. Sección C. Negociado 3º. Nº 1. Oficio Al Sr. Alcalde de La Guardia:

 

“Para conocimiento de D. Agustin Moreira Portela, vecino de esa Ciudad y destagista de obras, en resolución a una instancia presentada a mi Autoridad por dicho Sr. manifestando a V.S., que a fin de hacer efectivo el importe de las facturas, a que la instancia hace referencia, deberá elevar una instancia a la Intendencia Regional en la forma que determina la Orden general de la Región del día 3 de Mayo último, acompañando las facturas que correspondan a las cajas y cruces para muertos, y en cuanto al importe de las mesas, estanterías y otros, procederá remitirlas a este Centro y haciendo constar la fecha en que fueron suministrados los materiales y ordenados los trabajos realizados para la resolución que proceda.Dios guarde a V.S., muchos años”.La Coruña 8 de Julio de 1940.El Gobernador Militar. De Orden de Su Excelencia. El Teniente Coronel. Fdo. Sisenando Martínez Yunta.

 

-----------------------------

Eiquí era onde estaba habilitado o Tribunal Militar Eventual da VIII Rexión Militar no antigo Colexio dos PP. Xesuítas na Pasaxe de Camposancos. Estado Actual do escenario do Salón de Actos do antigo Colexio, Campo de Concentración e Prisión Habilitada de Camposancos. Fotografía de José Mª González Alonso en 2005

-------------------------------------------------

 

Agustín Moreira foi quen colleu  a Maria Lorenzo “ María do Rufino” cando os falanxistas detiveron a seu fillo Nemesio Álvarez Lorenzo, agochado no cabanón da casa pola noite, e polo día no bosque, sendo “paseado”. Agustín deixou a bicicleta tirada e colleu a tía María levando a súa casa para a tratar de axudar, porque según lle dixo “se vas detrás do teu fillo poden matarte a ti tamén”.

 

Casa paterna de Nemesio Álvarez Lorenzo, fillo de María Lorenzo “María do Rufino”, onde se agochou aos poucos días da rebelión militar contra a República. De profesión ebanista, foi dirixente local da “Federación Obrera de La Guardia y su Distrito”. Máis tarde esta casa pasaría a ser propiedade de Manuel Videira “Sicasio” e súa esposa María Barcia (filla de Juan Barcia “O Xaco”). Hoxe é propiedade de Ricardo Videira Barcia. Na parte traseira está o cabanón onde se agachou Nemesio e tamén na parte traseira comeza o “bosque” onde se agochaba polo día. Fotografía de José A. Uris novembro 2008

---------------------------------------

 

Cabanón onde estaba agochado pola noite Nemesió Álvarez Lorenzo, no barrio do Couto (Camposancos). Anos máis tarde a casa e cabanón pasaron a propiedade de Manuel Videira “Sicasio” e súa esposa María Barcia. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

 

-------------------------

 

Outro aspecto do cabanón de María Lorenzo “María do Rufino”, salvo a pintura tal cual estaba en 1936, cando os falanxistas o tiraron fora e o “pasearon” sen xuício nin nada semellante. Agustín Moreira axudou e amparou a María. Nemesio fora denunciado por un veciño que lle prometera a nai… que non lle ía pasar nada… Hoxe esta casa é propiedade de Ricardo Videira Barcia “Richard Campos”. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

-----------------------

 

Por esta escaleira,  no interior da adega do cabanón, podía accederse á parte superior, onde había unha grande cheminea (hoxe como se vé ten unha placa de cemento) lugar no que se agochaba Nemesio, pola noite, dormindo de pé, pois como era ebanista preparara un sistema para poder estar sentado<>de pé. Fotografía de José A. Uris.

-------------------------------

O chamado “bosque” na parte traseira da casa de María do Rufino, con saída  a zona do Codesal, lugar onde se agochaba Nemesio Álvarez Lorenzo polo día. Fotografía de José A. Uris en abril de 2009.

-------------------------

 

 

Outra panorámica do “bosque” que está preto da casa, hoxe, de Ricardo Videira Barcia. Fotografía de José A. Uris

-------------------------

  

Por este “bosque” da parte baixa estivo agochado unhas dúas semanas Nemesio Álvarez, ata que foi preso por membros da Falanxe e logo “pasearon” no monte “Cerquido”, quedando tirado o seu corpo cribado a balazos na vía pública. Fotografía de José A. Uris en abril 2009

--------------------------------------------

 

 

Carnet de Empresario da Construcción e Contratista de obtigado ingreso no “Sindicato de Empresarios Nacional Sindicalista de España”  en 1937

----------------------------------

 

 (Continúa mañá)

José antonio Uris Guisantes

_____________________________________

[1] Membros do séquito papal.

anterior         seguinte