Basilio Moreira Carrero

Por José A. Uris Guisantes

anterior          seguinte

 

Agustín Moreira, como xa dixen, foi quen axudou á familia de Juan Noya Gil, dando traballo e acobillo en Vigo, por iso tiveron unha amistade que durou ata o seu pasamento, e continuou con Basilio e outros familiares.   

-----------------

 

 

Os Pais de Basilio, Blanca Carrero e Agustín Moreira paseado pola cidade da Coruña en 1959

 

-------------------------------

 

Á dereita Agustín Moreira e a súa esposa nunha festa, con gaitas e “peliqueiro”

 

----------

  

Agustín casou con Blanca Carrero Veiga, filla de Basilio Carrero Lorenzo, encargado do Consorcio Serrerías del Miño S.A., e vocal en 1920/25 da Entidade Local Menor de Camposancos, e a partir do 26 de decembre de 1931, elexido Presidente da Entidade. Un dos vocais era o irmán de Agustin, Juan Antonio Moreira Portela.

 

Basilio dende a Entidade Local Menor, dirixe escrito razoado ao Ministro de Instrucción Pública, co fin de crear unha Escola de Formación Profesional no Colexio de los PP. Jesuítas que fora incautado polo goberno republicano, proposta que non foi adiante motivado a que xurdíu de pronto a rebelión militar.

 

Ese escrito fora aprobado en sesión plenaria do 28/03/1932, presidida polo 1º Tte. Alcalde D. Agustín González Sobrino por ausencia do titular. […] “Que en el edificio que fue Colegio de P.P. Jesuítas, del Pasaje, se cree una Escuela del Trabajo, aunque sea con carácter (particular) provisional, para resarcir a esta Comarca de las pérdidas que se han producido la marcha de los frailes, que se dedicaban a la enseñanza de mas de  290 alumnos”.

 

Trataron ademais de: Mesas Escolares.- Se lee un oficio del Sr. Delegado de Hacienda de Pontevedra en que trasncribe otro del Patronato de Incautación de Bienes de Comunidades Religiosas, en el que dice se tendrá presente en su día la petición que el Ayuntamiento hiciera de dicho material para las Escuelas de nueva creación en este término.

 

Material de Enseñanza.- Se acuerda elevar instancia al Patronato de Incautación de Bienes de Religiosos, suplicando se concedan las mesas que hay en el antiguo Colegio de PP. Jesuítas de Camposancos para las Escuelas de nueva creación.

 

Pero o 27 de xullo de 1936, chegan as tropas e falanxistas sublevados contra a República, deteñen a meirande parte dos dirixentes republicanos, outros van ser paseados os poucos días, etc,etc… e no 22 de novembro de 1936, foron xulgados en Consello de Guerra Sumarísimo no Palacio de Xustiza de  Vigo, rúa do Príncipe, incursos na Causa nº 994/36:

 

Honorio Brasilino Álvarez Sobrino + (Fusilado en Tui o 9/12/36)

Juliano Díez Álvarez + (Fusilado en Tui o 9/12/36)

Francisco Lloret Gándara + (Fusilado en Tui o 9/12/36)

Avelino Barbosa Pérez  (prisión)

Manuel Vicente Portela + (Fusilado en Tui o 9/12/36)

Basilio Carrero Lorenzo + (finado na prisión da Illa de San Simón (Cesantes-Redondela), sogro de Agustín Moreira Portela)

Jesús Domínguez Pacheco (prisión)

Joaquin Rodríguez Rodríguez (prisión)

Camilio Carrero Lorenzo + (Fusilado en Tui o 9/12/36)

Adelaido Barredo Sueiro + (Fusilado en Tui o 9/12/36)

Isaac González Moure (prisión)

Ermelindo Martínez Martínez (prisión)

José Benito Rodríguez  (prisión)

Segundo Fernández Alonso (prisión).

 

Todos eles acusados del delito de rebelión militar, “celebrada la vista en el Palacio de Justicia de Vigo, hecho el Resumen por el Instructor, practicada prueba y oídas la acusación Fiscal y las Defensas”.

 

E son chamados 108 camposinos/as e guardeses/as, para declarar, por Oficio do Xulgado de Instrucción de Tui, o  mesmo día 22 de novembro as 4 da tarde. Día no que comezaba o Consello de Guerra, no Palacio de Xustiza de Vigo. Como se pode un decatar  e así o confirmaron a maioría das testemuñas “apenas poideron abrir a boca porque todo estaba atado e ben atado polos militares que estaban no tribunal”. Dúas horas máis tarde rematara a parodia…

 

Entre as 108 testemuñas tamén lle tocou “abrir e pechar a boca” a Agustín e a seu irmán Juan Antonio Moreira Portela. 

 

 

Basilio Carrero Lorenzo. Sogro de Agustín Moreira é avó de Basilio. Presidente da Entidad Local Menor de Camposancos. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero.

-----------------------------

 

O 7/06/1939, falece de  pena e enfermidade (nefritis aguda) no Penal do Centro de Reclusión do Lazareto da illa de San Simón (Redondela). Republicano e boa persona foi xulgado en Consejo de Guerra Sumarísimo, pese a [...] no tener malos antecedentes sociales, aunque profesa ideas solcialistas...”, sentenciado a 20 anos de “Reclusión Mayor”.

 

Con Basilio Carrero no Lazareto da Illa de San Simón, estaba de capelán o xesuíta Padre Petronilo Nieto,  [...] “capellán, jesuíta grande, fuerte, bruto, jesuíta de arado, que todos los domingos desde el púlpito, después de misa, en la capilla del Lazareto de San Simón predicaba que había que matar a todos los rojos....”

 

Cita sobre o Padre Petronilo Nieto de Angel Fernández del Río “Angelito” natural de Cangas e barbeiro de profesión con 33 anos de idade, [....] “¡Agárrense y siéntense en el suelo!”, “¡Asesinos!”, “¡Hijos de sin padre!”. Este Padre Nieto xa non volveu a Illa dende o día 28 de outubro de 1938.

 

Tamén chegou a coñecer a Monseñor Emilio Álvarez “O Reisiño”, personaxe importantísimo do falanxismo vigués, moi coñecido daquela cómo Xefe da Falanxe, cura que decidía sobre a vida e a morte.....

 

Segundo escribíu, Gerardo González Martín en La Voz de Galicia do 10/04/1988:

 

[....] “Monseñor Emilio Álvarez “O Reisiño” fue Camarero Secreto Supernumerario[1] del papa Benedicto XV, Prelado Doméstico del Papa Pío XII. El Régimen Salvador de España no sintió ninguna repugnancia ni incompatibilidad con tales personajes, sino que antes los encumbra y defiende, cubriéndolos con su manto protector de todas las impunidades. Este sacerdote Monseñor, pequeño, enjuto, de rápidos movimientos, era de una crueldad feroz.... hombre sin ningún escrúpulo moral....

 

 

 

    

Parte do documento asinado por Agustín Moreira Portela para poder soterrar o cadáver de seu sogro no Cemiterio de Camposancos. Era párroco, Serafín Sueiro Sueiro.

------------------------------------

Basilio Carrero, nado en Camposancos no lugar de “A Granxa” en 1883, era fillo de Adelaida Carrero Lorenzo e de pai descoñecido, era curmán de Roque Camilo Carrero Lorenzo, fillo de María Carrero Lorenzo e de pai descoñecido, nado en Camposancos un 16 de agosto de 1884. Ambolos dous sempre foron intímos amigos e republicanos de pro, endexamais fixeron dano a ninguén. É mais, Camilo Carrero era dirixente socialista é ao mesmo tempo tamén un home profundamente relixioso, os cregos e predicadores que acudían a Camposancos, sempre tiñan un convite na Casa das Torres.  

 

Retrato de Camilo Carrero Lorenzo, pintado en Vigo e que tiña no seu despacho na República Dominicana. Retrato cedido por o seu neto Victor Manuel Lugo Carrero, psicólogo e Director de Recursos Humanos dunha Institución Pública da R. Dominicana.

-----------------------------------------------

 

Basilio Carrero Lorenzo, casa na parroquia de Camposancos un 5 de febreiro de 1910 a idade de 27 anos, con Manuela Veiga Carrero de 22 anos, filla de Juan e Arminda, naturais de Camposancos. A cerimonia foi presidida polo párroco Serafín Sueiro Sueiro (un dos que tiveran que ira a declarar no Consello de Guerra contra Basilio e os outros).    

-----------------

Fotografía de Basilio Moreira Carrero nos momentos en que ía atracar na Illa de San Simón a lancha que transportaba aos invitados ao homenaxe aos republicanos que estiveron presos. Era o 16 de abril de 2006

----------------------------------

 Lembrando o lugar onde estivera preso seu avó, Basilio Moreira Carrero, acode como invitado da organización “2006, Ano da Memoria” á illa de San Simón onde se desenvolven unha serie de actos, como lembranza de todas aquelas persoas que sufriron prisión ou perderan a vida. Incluso regaloume o libro que nese mesmo día foi presentado, titulado “Memorias de Manolo Barros” un dos supervivintes da prisión na illa do Lazareto de San Simón, tirando un sin número de fotografías, unha das grandes afeccións de Basilio. 

 

 

Agustín Moreira, Blanca Carrero, Juan Noya, súa esposa Lola Domínguez, e outros amigos na Romaría do Trega a comezos dos anos cincuenta.

---------------------- 

 

Juan Antonio Moreira Portela. Foi presidente da Sociedade “Los Amigos” de Camposancos de 1939 a 1967. Fotografía cedida por José Antonio Rodríguez, presidente da Sociedade “Los Amigos” de Camposancos

 

---------------------------

 

5 xuño de 1926. Casan, Juan Antonio Moreira Portela, de 25 anos, fillo de Antonio José Moreira Alvarez e María Portela Portela, con Basilia Matos Portela (Antes figuraba no Rexistro Civil como Basilia Matos Matos), de 17 anos, filla de Basilio Matos e Manuel Portela.

 

Como xa dixen, Agustín funda en 1942 a empresa “Moreira & Cia S.L.” co seu irmán Serafín e José Luís Rodríguez Sousa, fillo do empresario local Florindo Rodríguez Alvarez “da Eléctrica”. Abren na rúa Reconquista nº 1 de Vigo (fronte a Correos) o primeiro  almacén. Súmase Juan Antonio Moreira quen traballou en Vigo ata a súa xubilación.

 

 

Juan Antonio Moreira Portela e súa esposa Basilia Matos Portela paseando pola rúa/Príncipe de Vigo con dúas fillas. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero

  

----------------------------------

 

Serafín Moreira Portela un dos tres socios de “Moreira y Cia S.L.” foi unha persona moi sensible polas desgracias axenas, o igoal que seu difunto sobriño Basilio. Serafín tivo un neno con problemas polo que necesitaba andar continuamente rmytr médicos, e así foi como se enterou do labor que en Vigo estaban facendo con nenos discapacitados, sen que as autoridades sanitarias habilitasen lugares onde foran ben atendidos, formados e queridos. Así xorde en Vigo  o “Centro de Educación Especial San Francisco<> Asociación Gallega, San Francisco (AGASFRA)”.

 

Esta entidade particular naceu un 14 de outubro de 1967 en Vigo, impulsada por uns cantos pais con nenos con Síndrome de Down e dirixidos polo padre capuchino Carlos Antonio Ortíz Ramos. En 1976 xorde o Centro Ocupacional San Francisco, para adultos con discapacidade intelectual.

 

 

Serafín Moreira Portela con seu fillo Carlitos Moreira Vicente, nado en 1958 co Síndrome de Down. Carlitos foi querido, amparado e mimado como soamente saben facelo aqueles que aman… de verdade… A través de seu sobriño Basilio, coñecín, paso a paso, a vida social de Serafín Moreira e hoxe estou en codicións de poder dicir que era un “home bo e xeneroso”. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero

 

Estaba casado con María Vicente González. En decembro de 1979 o seu fillo Manuel Moreira Vicente casa en Madrid con Mirian García Herrero Carbonell. Foron testemuñas da boda polo noivo, seu pai, seus irmáns José Luís e Victor, seus curmáns, Basilio e José Luís Moreira Carrero, así como Enrique Liébanas Martínez.

 

En 1949 a empresa “Moreira y Cia S.L.” sita na Guarda tiñan feito ducias de traballos para o concello guardés. Como exemplo curioso engado isto:

 

26 agosto 1949. Sesión plenaria, presidida por el Alcalde D. Ermelindo Portela Gómez.

 

Terminación de una Acera.- Se dio cuenta de que habrán sido ultimadas y aprobadas previa la inspección reglamentaria e informe favorable de la dirección técnica, las obras de construcción de la acera de la calle Concepción Arenal en la parte inmediata al Convento de Madres Benedictinas, las cuales fueron adjudicadas  en subasta a los contratistas Moreira y Cia S.L. de esta Villa el día 17 de Mayo último, abonándose su importe total de 10.413 pesetas, según certificado comprensivo de las mismas, expedido por el Aparejador Municipal, encargado de aquella dirección técnica, librándose con cargo a la consignación destinada al efecto, dándose por enterada y conforme la municipalidad.

 

Pavimentado de un trozo de terreno.- Ultimadas las obras de la acera que se refiere el acuerdo anterior, estima el Ayuntamiento de gran necesidad el adecentamiento y higenización del trozo existente a continuación de la misma acera, cuya parcela no presta servicio alguno, sirviendo de escombrera y estancamiento de aguas residuales con peligro notorio para la salud pública, sometido el asunto a la deliberación municipal con vista del presupuesto de costo de pavimentado en 75 m2 de extensión a que alcanza el terreno objeto de saneamiento, que se calcula en 1.500 pesetas. La Corporación por unanimidad resuelve facultar a la Comisión Permanente para que disponga la dirección de las obras de referencia por administración y bajo la vigilancia de la misma.

 

Na sesión do 6 de maio de 1950 a Corporación aproba:

 

Abastecimiento de Agua a Sobrelavilla.- Se dio lectura al acuerdo adoptado por la Comisión Municipal Permanente en sesión de 14 de Abril próximo pasado, relativo a la instalación de una fuente pública en el barrio de Sobre la Villa, por no disponer  de agua potable los numerosos habitantes de aquel barrio, aprovechándose  la sobrante de la de los Casás, elevándola por medio de un grupo motobomba a un depósito que se construirá sobre el lavadero a la altura suficiente, para salvar desniveles del terreno y encañándola convenientemente hasta el punto céntrico donde habrá de instalarse la aludida fuente en el barrio indicado, con cuyo objeto se ha recibido el oportuno proyecto y presupuesto el coste de las obras de referencia, cuya redacción le encomendada al arquitecto D. Juan Argenti Navajas, vecino de Pontevedra, por la Junta Provincial de Ayuda a Municipio, del que resulta que el importe total de las obras a ejecutar asciende a 45.618 pesetas, y que la subvención concedida por la citada Junta provincial se elevó a 31.518 pesetas, tendrá que ser abonada por cuenta del Ayuntamiento la diferencia, o sea 14.100 pesetas, acuerdo aprobado por la Comisión Municipal Permanente, en virtud de la urgencia que se imprime por la referida Junta para terminación de estas obras, condicionando su aportación a que tendrán que estar terminadas en plazos perentorios, prescindiendo de los trámites de subasta, por lo que encargó de llevarlas a cabo a la empresa constructora de esta Villa, Moreira y Compañía S.L., disponiendo también que se habilitase el crédito necesario para el pago de la parte que corresponde a la municipalidad; y el Ayuntamiento Pleno después de breve deliberación por unanimidad acuerda, aprobar en todas sus partes el adoptado por la Comisión Municipal Permanente, de que se dio cuenta haciéndolo suyo por considerarlo beneficioso para aquel vecindario que tan necesitado se encuentra de estos servicios.

 

Arístides Moreira Portela. Foi presidente da Sociedad “Los Amigos” de Camposancos en 1942/47/48/56/57. Fotografía cedida por José Antonio Rodríguez presidente da Sociadad “Los Amigos” de Camposancos

  

-----------------------

 

Ayuda a Municipio, del que resulta que el importe total de las obras a ejecutar asciende a 45.618 pesetas, y que la subvención concedida por la citada Junta provincial se elevó a 31.518 pesetas, tendrá que ser abonada por cuenta del Ayuntamiento la diferencia, o sea 14.100 pesetas, acuerdo aprobado por la Comisión Municipal Permanente, en virtud de la urgencia que se imprime por la referida Junta para terminación de estas obras, condicionando su aportación a que tendrán que estar terminadas en plazos perentorios, prescindiendo de los trámites de subasta, por lo que encargó de llevarlas a cabo a la empresa constructora de esta Villa, Moreira y Compañía S.L., disponiendo también que se habilitase el crédito necesario para el pago de la parte que corresponde a la municipalidad; y el Ayuntamiento Pleno después de breve deliberación por unanimidad acuerda, aprobar en todas sus partes el adoptado por la Comisión Municipal Permanente, de que se dio cuenta haciéndolo suyo por considerarlo beneficioso para aquel vecindario que tan necesitado se encuentra de estos servicios.

 

No ano 1950 a empresa abre outro gran almacén na cidade de A Coruña “Moreira & Cia S.A.”, na rúa/ Vicenti nº27, onde se incorpora Basilio. Cinco anos máis tarde abren outro en Ourense. En 1958, os tres socios (Agustín, Serafín e José Luís) dan o gran salto á capital de España, construíndo na c/ Embajadores nº 135 un edificio con seis prantas e un enorme baixo onde instalan a todo confort un dos mellores almacéns de venta e distribución de todo tipo de materiais para a construcción, cun escaparate de 30 metros.

 

Agustín Moreira Portela foi presidente da Sociedade “Los Amigos” de Camposancos en 1937/38. Fotografía cedida por José Antonio Rodríguez Presidente da Sociedad “Los Amigos” de Camposancos

 

----------------

 

Esta nova empresa leva o nome de “Suministros La Guardia S.A.”, cuios actuais dirixentes seguen honrando o nome da nosa Vila. Na actualidade ten outros catro establecementos onde venden artigos de fontanería e calefacción tipo autoservicios co nome de “Multimat”

 

Mentres seus irmáns Agustín, Serafín e Juan Antonio estaban por Vigo, A Coruña, Ourense e Madrid, Arístides quedou perfectamente instalado na Guarda e Bisbarra ao fronte da empresa de construcción “Moreira y Cia S.L.”, con amplo curriculum en canto a construccións e obras municipais. Máis tarde os Moreira crearían varias Inmobiliarias  como “Ribeira S.A.”, “Domiño” etc.

 

O 14 de febreiro de 1964, Agustín Moreira Portela e José Luís Rodríguez Sousa solicitan a construcción de 32 vivendas de “Renta Limitada” [2]e baixos comerciais. O Proxecto fora confeccionado polo Arquitecto Fernando Marcabal, baixo a dirección de Javier González Santoro, Aparellador José Arbós Cusco e José Cervera Segalá que tamén era o do propio Concello. Motivo fundamental para abrir unha nova rúa (do Rollo) entre as de Concepción Arenal e José Antonio.

 

Antes en sesión plenaria do 29/07/1963 fora aprobado o Plego de Condicións das obras para urbanización dunha nova rúa co nome de calle del Rollo con un Pesuposto de 198.839,95 ptas. 

 

O 10/06/1966, o Alcalde D. José Luís García Pérez, o Enxeñeiro de Camiños D. Eloy Fernández Valdés Rodríguez e Arístides Moreira Carrero (en representación de “Moreira y Cia”), en calidade de contratista das obras, asiñan un escrito para apertura e urbanización da c/ Del Rollo, topónimo da fonte.

 

O 29/07/1966 as condicions da nova rúa mofifícanse para que a sección da rúa sexa de 8 m e as beirarúas de 1 m. Na liquidación final da obra asinada polo Alcalde o directo D. Eloy Fdez Valdés e a empresa constructora “Moreira y Cia”, respresentada por Arístides Moreia, acordan aboar a conta a cantidade de 112.000 ptas a Agustín Moreira, xerente da empresa constructora, descontando 1.587 ptas de impostos. O resto ata as 319.330,81 xa fora pagado.

 

Na sesión plenaria celebrada o 26/06/1970 lese un oficio do Goberno Civil notificando a aprobación do Director Xeral de Administración Local o acordo da Corporación guardesa para que a nova rúa do Rollo leve o nome de rúa/ “Juan Domínguez Fontela”

 

Esta apertura osixenaría a zona e ademais propiciou que se comunicasen a rúa José Antonio (hoxe rúa Galicia) con Concepción Arenal.

 

O “As de Copas” na entrada a fonte-lavadoiro de “El Rollo” ou “Fonte da Vila”. Este monumento desapareceu cando se abríu a rúa e ninguén sabe onde está, polos menos as pedras, para volvelo a reconstruír. Na parte frontal do lavadoiro había unha placa de mármore que dicía “Memoria” A las virtuosas hijas del Trabajo- 1891”. Esta placa está no Centro Cultural. Fotografía de Dosio Sesto en www.galiciasuroeste.info

 

-------------------------------------------

 

Antigua cafetería Oasis en 1970, despois da apertura da rúa/ Juan Domínguez Fontela. Á esquerda comezo do gran edificio construído por Moreira y Cia. Fotografía de Dosio Sesto en www.galiciasuroeste.info

 

-------------------------------------

      

Primeiros pasos da apertura da rúa do Rollo, en 1963, logo rúa/ Juan Dominguez Fontela en 1970. Á esquerda sería construído o gran edificio de 32 viviendas con baixos de Moreira. A fonte foi trasladada a un terreno interior entrando dende a rúa/ Concepción Arenal, a fonte-lavadoiro non está en funcionamento dende hai uns 20 anos. Fotografía de Dosio Sesto en www.galiciasuroeste.info

 

-----------------------------------

Por Oficio do 16/07/1965 o alcalde José L. García Pérez comunica á Deputación  onde foron destiñadas as 160.000 ptas[3]axuda económica para “la apertura y urbanización de la calle que enlazará la de C. Arenal con la de José Antonio, a la que el Ayto destina 112.000 ptas”.

 

 

Ao fondo, á dereita, casa de Arístides Moreira Portela e  “Calle del Rollo” recén aberta en 1963.Na finca que está detrás da casa foi construída a nova “Fuente del Rollo” ou “Fonte da Vila”, con lavadoiros para poder lavar de pé. Os poucos anos a auga desta fonte estaba contaminada por bacterias “fecalis”. Ca chegada das lavadoras automáticas esta fonte-lavadoiro pasou á historia. Fotografía de Dosio Sesto publicada en www.galiciasuroeste.info

--------------------------------

 

Dende o 31/12/1964 a 2/12/1965 a Guarda tiña os seguintes habitantes:

 

Parroquia de A Guarda: 4.538 de dereito e 4.265 de feito.

Parroquia de Salcidos: 2.935 e 2.778.

Parroquia de Camposancos: 1.023 e 941, respectivamente.

Total Habitantes de Dereito: 8.496.

Total de Feito: 7.984.

 

O 9 de xullo de 1971, Arístides Moreira era o encargado de obras da “Inmobiliaria La Guardia S.L.”

 

No ano 2003 o  almacén de Vigo foi trasladado para outras instalacións máis grandes na Avda da Florida nº 62 onde segue. Actualmente teñen un almacén máis na rúa/ Camposancos nº 48 (Vigo).

 

Outros establecementos da firma “Saneamientos Moreira & Cia” está en Vilagarcía rúa/ Pontevedra nº 31. En Tui, Pontevedra capital, Lugo e Verin, Coruña,Ourense, A Guarda e Alcalá de Henares.

 

 

 Buque “Alberdi” que sería botado o 4 de maio de 1958 para dedicalo ao transporte de cemento e outras mercadurías. Foi construído nos Asteleiros de Joaquin Castro Oliveira. Non teño mais datos sobre o asunto e non sei se pode ser este Alberdi o buque que naufragou a causa dunha vía de auga, o 5 de febreiro de 1974 a 4 millas do Cabo Formentor (Mallorca), salvándose os 8 tripulantes grazas a dous buques arxelinos. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero.

 

-------------------------------------------

 

 

Rosa Barcia e seu esposo Joaquin Castro Oliveira un dos grandes mestres carpinteiros de ribeira. Traballou no asteleiro dos Candeira para logo independizarse e fundar “Astilleros Joaquin Castro S.A.”. A familia Moreira tiña unha especial atención co tío Xaquin Castro. Fotografía cedida por Julia Alfonso Castro

  

-------------------

 

Antonio José Moreira e seus fillos Serafín e Juan Antonio por Madrid. Fotografía cedida por Basilio Moreira

 

---------------------------------------------

 

 

Botadura do “Alberdi” en 1958. A señora é a esposa do Comandante do Cabo Fradera de Tui, detrás Serafín Moreira Portela e o párroco Antonio García Lago. Fotografía cedida por Basilio Moreira

 

--------------------------

 

 

Botadura do “Alberdi” en 1958. A madriña o seu esposo, o párroco e Serafin Moreira

 

----------------------------------

 

 

Buque de carga “Codesal” construído nos asteleiros Joaquin Castro Oliveira e botado en outubro de 1963. Aquí está fondeado no porto de Barcelona. Fotografía de Basilio Moreira Carrero

 

______________________________

[1] Membros do séquito papal.

[2] Leyes do 15/07/1954 3 do 2/03/1963. “O Estado facilitaba ao promotor un anticipo que podía ser do 50% do presuposto protexible, sen intereses e reintegrable nun plazo de 50 anos. Tamén podía obter un préstamo complementario que sumado ó anterior cubrira o 80% do presuposto reintegrable.

[3] Concedidas en xullo de 1963.

 

anterior          seguinte