Basilio Moreira Carrero

Por José A. Uris Guisantes

anterior           seguinte

 

 

Buque “Codesal” botado en outubro de 1963, foi construído nos Asteleiros de Joaquin Castro Oliveira por encargo de Moreira & Cia. Tanto o “Alberdi” como o Codesal estaban dedicados ao transporte de cemento en sacos dende Bilbao e Barcelona. Tamén lembro o buque de madeira “Serrucho” que traía cemento en sacos ata A Pasaxe e logo os empregados descargaban os sacos ó “lombo”. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero

-----------------------------------

 

 

“Cala Valldemosa”, buque de 1000 TRB, de casco de ferro, mercado pola firma Moreira & Cia en 1981, en sociedade co Consignatario Joaquín López Avente de Corcubión, a “Naviera Mallorquina”. Foi dedicado ao transporte de cemento e pedra de mármore. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero

 

----------------------------

 

 

Cala Valldemosa” mercado por “Moreira & Cia” a “Naviera Mallorquina”. Construído nos “Astilleros Palma S.A.” de Mallorca, era irmán de “Cala Ras” e “Cala Antene”, tiñan 54 m de eslora e cargaban 1.024 Tm. Foron construídos en 1960/61

 

----------------------------------------

 

Por certo vénme á memoria que o consignatario Antonio López Abente, en 1961 era ao mesmo tempo Autoridade Marítima da Zona,  tendo que facer fronte aos acontecementos do posible vertido de 28.000 Tm feitas polo petroleiro “Andros Fortune”, matriculado en Montreal (Canada), un 27 de febreiro de 1961. Chocou contra o buque de bandeira liberiana “Point Lacre”. No momento da embestida faleceron 5 tripulantes que estaban na sala de máquinas. En total o Andros levaba 23 tripulantes que foron recollidos polo buque da Armada en Ferrol “Ariete”. Antonio López Abente ordenou que fondease en Punta Lagosteira, onde ca axuda do remolcador alemán de altura “Atlantic”  trasvasaron a maioría do petróleo a outro buque.

 

------------------------------

 

Lembro nos anos cincuenta ó “Serrucho” e “Chacartegui”  de onde se descargaban centos e centos de sacos de cemento procedentes do Norte de España. Viña en sacos e os empregados e obreiros debían descargar a “lombo” eses sacos. O 8 de maio de 1953 o “Chacartegui” de 250 Tm embarrancou nun baixo entre Luano e Candás (Xixón), salvándose os tripulantes. A carga era, 190 Tm de cemento en sacos.

 

Exemplo de cómo era un saco que debían descargar os obreros ó lombo naqueles anos. Este é mais moderno que os de antes. www.solostocks.com

---------------------------------

 

O 16 de abril de 1969, tiveron unha reunión as empresas de fabricación de cemento co obxeto de constituir un Consorcio, onde estiveran todos, era a “Sociedad Cementos del Cantábrico S.A.” en Xixón, o presidente sería D. Pedro Masaveu. As empresas cementeiras eran: Tudela Veguin S.A.; Cementos Rezola S.A.; Cementos del Noroeste S.A. e Cementos Portland de Lemona S.A.

 

 

Algúns Moreiras por Madrid. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero

 

------------------

 

A todo isto Moreira y Cia S.L. segue traballando na Guarda:

 

Leo que, un 30 xullo 1955. Edmundo Fraga  Ferreiro, Tte de Navío del Cuerpo General de la Armada, Ayudante Militar de Marina de Tuy, Comandante y Jefe del Detall de la lancha torpedera “Cabo Fradera”. Certifica:

 

“Que las obras de construcción del nuevo edificio del Destacamento para alojamiento de las fuerzas de la lancha cañonera destinada en Camposancos  han sido adjudicadas a la empresa “ Moreira y Cia SL.”

 

Sesión plenaria celebrada o 23/07/1956, presidia polo Sr. Alcalde D. Ermelindo Portela Gómez.

 

Reparación del matadero.- Después se sometió a la aprobación municipal el presupuesto de gastos a que alcanzan las obras a realizar en el Matadero de esta Villa, que ascienden a 3.425 pesetas y que por su carácter de urgencia se acuerda llevar a cabo a la mayor brevedad encomendándoselas a la empresa “Moreira y Compañía S.L.” de esta localidad, llevándose a cabo por administración y satisfaciéndose  las cuentas que se presenten con cargo a la consignación que consta en el actual presupuesto para estas atenciones.

 

 

 

 

 

 

Sesión plenaria celebrada o 3/12/1956, presidida polo Sr. Alcalde D. Ermelindo Portela Gómez.

 

Obras de la Plaza de Abastos. Después se enteró la Corporación de que con fecha 22 del pasado se ha llevado a cabo la subasta de las obras de ampliación y reforma de la Plaza de Abastos de esta Villa, habiendosele otorgado provisionalmente a la empresa Moreira y Compañía S.L. de esta localidad en la cantidad  de 462.400 pesetas, por ser la proposición mas ventajosa de las presentadas, sin que  contra dicho acto se hubiera formulado reclamación alguna, verbal ni por escrito; y en su vista el Ayuntamiento por unanimidad acuerda declarar válida la licitación y adjudicar definitivamente la subasta de las obras de que se trata a la aludida empresa, en la cantidad por que se obliga a ejecutarlas, conforme  a los pliegos de condiciones a los que habrá de sujetarse. Que sea respetada la fachada actual con el presupuesto reformado en 1955 de 462.559,07 ptas.

 

Inauguración das obras de remodelación da Praza de Abastos. Obras feitas pola empresa “Moreira y Cia S.L.”., era o ano de 1958, estaba de Alcalde D. Ermelindo Portela Gómez. Nalgúns documentos aparece “Moreira y Cia S.A.”

----------------------

 

Nestes anos cincuenta seguía como encargado das obras de Moreira y Cia S.L. Arístides Moreira Portela que vivía en Camposancos, polo que se desprazaba en bicicleta e nestes anos nunha motocicleta “Iresa” P0-9226 de 1,6 Hp.

 

Este era un modelo semellante a motocicleta na que se despalzaba Arístides. Segundo me puiden enterar facía demasiado ruído esta moto de Arístides dando “o canto, aos obreiros”, como aviso da súa chegada á obra. A fábrica destas motocicletas estaba en Madrid.www.lamaneta.net

 

---------------------------------------

 

Unha voda que celebran os Moreira, da que non teño datos. Fotografía cedida por Basilio Moreira

 

-----------------------------

 

 

Unha excursión co Club de futbol local “Deportivo Guardés” ou “Barquiño”. Parte da familia de José Ricardo Riego en 1956. Podemos ver ao fondo a Lucía Martínez Veloso esposa de Manuel Diaz González “Ligero”, a José Riego Lomba, súa nai, a Alfonso Martínez Peniza  etc.

 

-------------------------

 

Panorámica da estrada de Camposancos polo barrio do Couto. Na actualidade nestas pedras está construído o chalé do Dentista Ignacio Rodríguez “Nacho”. Ao fondo, áa dereita, casa de Arístides Moreira Portela. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero. Esta estrada tiña o nome de “Carretera de Camspoancos a Barra del Miño”. Fotografía cedida por Basilio Moreira Carrero

 

-----------------------------------

Dous Moreira paseado por Madrid arredor de 1955/56, non lembro os nomes que me deu Basilio. Fotografía cedida por Basilio Moreira.

-----------------------------

 

anterior           seguinte