Esta Urbanización foi programada e
dirixida por “Inmobiliaria Domiño S.A.” . O Plan Parcial fora
confeccionado polo Arquitecto Jesús Javier Frádua Romero en abril de
1979, baseado no Plan Xeral de Ordenación Urbana aprobado pola
Corporación municipal o 14/11/1978.
Arístides Moreira Portela, como
Apoderado da “Inmobiliaria Domiño S.A.” presenta un escrito
no Concello,
con data 2/08/1979 (RE nº 1104 6/08/1979), onde indica que a
compañía era dona dos terreos chamados: “Granja” ,“Campo del
Pasaje”, “ A Garita” ou “Huerta de la Fábrica”, con una
extensión de 26.739 m/2, solicitando certificación literal que
acredite a titularidade dos terrenos, entregando unha certificación
do Rexistrador da Propiedade datada o 17/08/1978. Foron agrupadas
nunha sola finca.
--------------------------------
O Plan Parcial Río Miño foi
estudiado en sesión do 31/08/1979, fora presentado no Concello da
Guarda como “Plan Parcial Río Miño”. Plan no que o
Servicio Provincial de Urbanismo atopaba que os responsables do
Concello deixaran sen cumprir varios aspectos, así, o 5/03/1980 (RS
nº 279) a C.P. Urbanismo
indica ao Alcalde que,
“Examinado el expediente promovido por “Domiño S.A.”,
[…] “teniendo en cuenta el acuerdo municipal adoptado en sesión
plenaria del 31/08/1979, no se concreta cual sea la decisión
municipal respecto a los requisitos establecidos en los apartados
c.d. y e del artº 45 del Rglamento de Planeamiento vigente, que
motivó la advertencia de manifiesta ilegalidad, formulada por el
Secretario de la Corporación. Esta Comisión en base al artº 132 (b)
del referido Regl., acuerda suspender la aprobación definitiva…”
O Concello cumplimenta as cesións
reglamentarias e outras eivas levando de novo a sesión plenaria do
22/03/1980, onde se aceptan as cesións previstas no Plan Parcial,
remiten de novo os documentos ao Servicio Provincial de Urbanismo o
que en sesión do 27/03/1980 (R.S. nº 527 17/04/80) aproba
definitivamente o “Plan Parcial Río Miño”. BOP nº 174 de
29/07/1980.
Os Planos da 1ª Fase foron Visados
polo Colexio de Arquitectos o 21/07/1981, incluía as Parcelas nº
5-6-7-8 e 10. Figura como Xerente Basilio Moreira a 21/05/1980. A
construcción desta 1ª Fase sae a “información pública” no BOP
nº 198 do 27/08/80.

Parte Sur da Urbanización Río Miño
cunha parte da zona axardiñada. Fotografía de José A. Uris.
------------------------
Esta 2ª Fase leva o Visado do
Colexio de Arq. a 2/03/1983, sendo os Arquitectos Fernando Higueras
Díaz e José Luís Castillo Ucela, ocupa as Parcelas 3-4 e 9.
A 3ª Fase leva o Visado do Colexio
de Arq. Con data 30/12/1986. Figura como Arquitecto José Ruiz
Castillo Uceda, ocupando as parcelas 1 e 2. O coste que figura nos
Proxectos 2ª e 3ª Fase ascendía a 72.891.000 ptas.

Parte do terrenos onde se levou a
cabo a “Urbanización Río Miño”, chamada “A Garita” ou
“Finca dos Torexos”. Fotografía de José A. Uris 1975
---------------------------------
Neste Plan Parcial a parcela nº 9 de
1.810 m/2 está destiñada a “Equipamentos Sociais” con 1.810
m/2, a nº 1º de 2.649 m/2 para “Xardins ou espacios libres”,
mais 9.014 m/2 de viais, xardins e zoas de recreo. Total 13.473 m/2
de cesión obligatoria que ata hoxe os distintos alcaldes nun
executaron, posiblemente por ser demasiado oneroso o mantimento de
tales espacios para o Concello, co handicap de que neses terrenos de
“cesión obligatoria” hai un campo de mini-fútbol, pista de
tenis e piscina que habería que costear o seu mantemento e
contratación de personal para a seguridade da piscina, o que
multiplicaría máis os gastos de mantemento por parte do Municipio.
Un 19 de decembro de 2006 un
representante da “Comunidad de Propietarios de la Urbanización
Río Miño” dirixíu por escrito unha oferta ao Alcalde José Luís
Alonso Riego, ca proposición de ceder soamente 11.000 m/2 (menos as
infraestructuras deportivas e o derrube do muro exterior que da
fronte o río ), comprometéndose a asumir os gastos de mantemento e
reparación das cesions. A febreiro do 2010 non se sabe nada deste
asunto.

Panorámica da parte Sur da
Urbanización Río Miño. Abaixo a esquerda zona deportiva. Fotografía
de José A. Uris
---------------------------------

Outro mariñeiro guardés amigo de
Basilio, xa falecido era Antonio Verde Lomba “O Mico”.
Fotografía de Basilio Moreira Carrero
Basilio sabía de mil e unha
anécdotas dos mariñeiros e esta que refiro de Antonio “Mico”, é
unha delas . El é outros veciños da Guarda tiveron un incidente
en agosto de 1940, con soldados de guarnición na Campo de
Concentración do Pasaxe de Camposancos, nun baile o aire libre,
pelexa na que saíron a relucir navallas e alguna balloneta.
Suspendeuse o Baile e todos detidos e para o “Depósito Municipal”
os paisanos, e os soldados para as celdas do Campo de Concentración.
No día seguinte foron defendidos
pola propia Corporación municipal, pois fora evidente e notorio que
os soldados, protexidos polos xefes, facíanse os “valentes”.
Neste caso o “Mico” tivo para varios deles, incluído un
sarxento a quen lle “atizou” un navallazo ca “navalla de
alestar”... contaba fai anos a Basilio…
Daquela era Alcalde de Barrio
Francisco Carrero o que tomou as medidas pertinentes como se vai ver
no seguinte escrito.
Nos anos corenta os Alcaldes de
Barrio eran representantes do Alcalde con verdadeiro “poder
delegado, a todolos efectos”. Eran elexidos polo Alcalde,
co asentimento da Corporación, entre aqueles veciños do barrio que
estiveran ligados, de xeito incondicional, co réxime franquista.
Debían emitir informes por escrito de tódolas circunstancias
acontecidas no barrio relacionadas cas personas ou cousas

Escrito do Alcalde de Barrio de
Camposancos, Francisco Carrero ao Sr. Alcalde sobre os sucesos
acontecidos o 2/06/1940 cos soldados de guarnición en Camposancos.
[…] en la tarde de ayer como a las
ocho, hallándose celebrando un baile público al aire libre,
debidamente autorizado, con motivo de las fiestas parroquiales,
denominada “Del Señor” se promovió un fuerte alboroto con el
consiguiente escándalo que comenzó en una taberna, y continuó en la
calle, entre paisanos y soldados de los que se hallan prestando
servicio de vigilancia en la prisión de Camposancos, llegando a
sacar los machetes y golpeando con ellos a varios paisanos,
suspendiéndose el baile, inmediatamente por orden del que suscribe,
al fin de evitarsele mal mayor. La Guardia 3/06/1940.
Quince días despois o Xulgado
Militar tomaba cartas no asunto, así no día 5/06/1940.
Juzgado Militar Eventual
de Tuy. Oficio al Sr.
Alcalde de La Guardia:
“Ruego a V.S., me remita a la
urgencia posible, informes de conducta pública y social relativa a
los paisanos vecinos de ese municipio, Antonio Verde Lomba,
Indalecio Rodríguez Gómez y Manuel Guisantes Portela, así como
ideología política y religiosa de los mismos, para constancia en
la causa que contra los referidos instruye con motivo de la reyerta
el día dos del actual en Camposancos, en la que agredieron a unos
militares”.
Dios guarde a V.S., muchos años.Tuy
15/06/1940.El Teniente Juez Eventual.Fdo: Generoso Novo.
O resultado final foron uns cantos
días de arresto e unha multa, pero os soldados non volveron a abusar
de ninguén… en Camposancos nin en ningún outro lugar.

Botadura dun barco nos anos sesenta.
Con boina Joaquin Castro Oliveira, de costas con traxe gris o
encargado e xenro Basilio Alfonso. Fotografía cedida por Julia
Alfonso Castro
------------------------------------

Ricardo Videira Barcia “Richard”
na entrada do “Laboratorio”, despois de desbrozar un mato.
Nesta casa estivo agochado Nemesio Alvarez Lorenzo que sería “paseado”
en agosto de 1936. Hoxe no “Laboratorio” os amigos de Richard
podemos beber unha Estrella, comer uns chourizos, uns grolos de
mencía, oír música, falar de política ou do “sexo dos anxos”…
Fotografía de José A.Uris, setembro de 2009.
José A. Uris.
_______________________