Índice

www.galiciasuroeste.info

 

 

Narciso Alfonso Rebollar – Belarmina Mª Vicente Fernández

Por José A. Uris Guisantes

seguinte

Belarmina María Vicente Fernández, cariñosamente Mina e Narciso Alfonso Rebollar. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

-----------------------------------------

Narciso Alfonso Rebollar, nace o 21 de marzo de 1918 no barrio de Salgueiró en Camposancos, fillo de Gabriel e Margarita, foron seus irmáns, José; Daniel; Ángel; Agustín;  Antonio;  Basilisa, Celia e Rita Alfonso Rebollar.

Cursa as primeiras letras nunha escoliña particular onde daba clases o rapaz Jaime Álvarez Lima o taxista, e logo a Escuela Nacional de Camposancos de don Daniel Escalante Menéndez

Aprende o oficio de albanel pasando a traballar na empresa RYM (Riego y Moreira) que tiñan Arístides Moreira Portela e José Ricardo Riego, cando se separan  Arístides pasa a empresa Moreira y Cía que dirixía seu irmán Agustín e José Ricardo Riego montou outra empresa por súa conta.

Mais tarde Narciso traballaría con Salvador López González Sabariz. Tamén traballou uns anos de albanel en Valladolid e Guadalajara,  outros familiares e amigos traballarían en León, Palanecia e Zamora, desenrolando os Plans de Desarrollo Rural ca construcción de pobos enteitos, galiñeiros, fábricas etc.etc. Narciso xubilouse en 1992 con 64 anos.

Folleto de propaganda da empresa RYM

-----------------------------

Narciso Alfonso Rebollar no Servicio Militar Obligatorio Mili en Tetuán (Marrocos) en maio de 1940.

---------------------------

Narciso Alfonso Rebollar casou ca moza de  Ribadavila,  Berlarmina María Vicente Fernández un 22 de novembro de 1945 na parroquia de San Lourenzo de Salcidos, debido a que neses anos ela traballaba de doméstica na casa de Pura González  Costal de Carlón, casada con Francisco Sobrino Rodríguez, popularmente O Divorciado.

Froito do matrimonio foron  os fillos, Mª del Carmen; José Narciso e María Monserrat Alfonso Vicente.

María del Carmen nacería o 1 de xaneiro de 1948, José Narciso o 12 de xullo de 1954 e María Montserrat o 29 de outubro de 1966.

Belarmina, Narciso e súa filla María del Carmen Alfonso Vicente. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

---------------------------------------

Belarmina Mª  Vicente Fernández Mina o día da voda con Narciso Alfonso Rebollar  que foi no 22 de novembro de 1945, o pouco de chegar da Mili onde estivo preto de cinco anos. Fotografía cedida pola familia.

------------------------------

Belarmina era filla de Luzdivina Fernández Vicente Piñeira, de Ribadavila e de Manuel Vicente Sobrino de Ribadavila, canteiro de profesión. Foron seus irmáns, Manuel; Juan; Julio; Jaime e Carmen Vicente Fernández[1]. Seu pai falecería en 1961 aos 70 anos.

Luzdivina era filla de José Fernández Piñeiro[2] de Vilanova de Cerveira (Portugal) e de María Belarmina Vicente Fernández da Guarda.

 

Voda de Luzdivina Fernández Vicente con Manuel Vicente Sobrino

----------------------------

 

José Fernández Piñeiro era mestre canteiro, traballando bastantes anos como capataz na reconstrución do Forte -Castelo de Santa Cruz, dende 1920 a 1929,  os canteiros foron contratados por el mesmo nas feligresías de Vilanova de Cerveira (Vilanova de Cerveira, Santiago de Sopo e Gondarem sobre de todo).

Mais tarde pasaría a ser capataz da empresa de construción en cantería e panteóns nos cemiterios de Salcidos e da Guarda na empresa de meu avó Secundino Guisantes Rodríguez[3], para pasar a ser sepultureiro da parroquia da Guarda no cemiterio de Sestas.

Fotografía de  Belarmina Mina (como era coñecida entre familiares e veciños),  antes de casar con Narciso, sendo noivos, o 28 de agosto de 1940. Cedida pola familia.

----------------------

O tío Piñeiro, como era chamado popularmente, viviu de preto os primeiros asasinatos de republicanos (9 de agosto de 1936) que tivo que recoller tirados no barreiro de A Sangriña, para seguir con outros mais que tivo que enterrar en fosas comúns (cavadas dentro do cemiterio con capacidade para 6/10 corpos).

A consecuencia dos sustos levados de noite cando a Escuadra del Amanecer de Falange Española o ía buscar para que trasladara no carriño de man os corpos dos axustizados por eles, e algunhas das veces contemplar como aínda lles disparaban aos mortos por temor de que estiveran vivos… como dixen, […] al bueno de Piñeiro, todos esos sustos le costaron la vida meses más tarde (cita de Juan Noya Gil no libro da súa autoría).

Refire súa filla Berlarmina que de pequeniña súa nai lle contaba que moitas veces tiña o pavor de haber podido soterrar naquelas fosas comúns algunha vítima que puidera estar aínda viva…

Unha vez falecido José Fernández súa esposa María Berlarmina Vicente Fernández, popularmente tía María, comezou  atender os nenos mais pequenos do barrio en Solanas, recollidos na sala da vivenda, tipo escoliña, coñecida como a Escola da tía María. Podería dicirse que era o que hoxe se di gardería, acudían nenos/nenas do barrio e das zoas de Oliva e Solanas. Por alí pasaron ducias de nenos e nenas daquela época. 

Foron súas irmáns e irmán,  Isaura, Baldonera,  e Manuel Fernández Vicente xa falecidos. 

Me conta Belarmina que un dos cruceiros, entre outros, que preparou seu pai foi o de Sete Camiños e logo xunto a seu sogro José Fernández moitos panteóns nos cemiterios da Guarda e Salcidos,

Sigo con Narciso que dentro de pouco cumprirá 96 anos (febreiro 2014) e lembra que sempre xogou o fútbol con varios de seus irmáns no G.D. Miño de Camposancos (Gimnástica Deportiva Miño).

O 15 de outubro de 1924 fúndase en Camposancos a Sociedad Gimnástica Deportiva Miño, impulsada por Celso Candeira Pérez co fin de […] fomentar la entusiasta aficción a los deportes, siendo con preferencia la del foot-ball….

A primeira directiva foi presidida por don Evaristo Llorens Ferrando (que era administrador general da empresa Hnos París Morlá sita na Armona ou Almona[4]. A empresa estaba dedicada a compra venta de madeiras en xeral, contando con serradoiro de madeira onde producían tablilla para confeccionar caixas así como tablóns, travesas etc. Seus donos foron os irmáns París Morlá de Denia (Alacante), empresa na que chegaron a traballar ducias de camposinos/as.

Un dos primeiros conxuntos do G.D. Miño no campo do Codesal, sobre 1929.

Enriba de esquerda a dereita, José Alfonso Rebollar Pepiño;  Angel Alfonso Rebollar Zurdo; Elidio Silva Lorenzo Elidio; Amaro; Juanito; Daniel Alfonso Rebollar Daniel e Ricardo. Abaixo: Agustín Tin; Salvador; Freitas e Isaac Álvarez González Isá.

Copa Deportivo Guardés 1932

As Bases foran publicadas no Heraldo Guardés o 17 de setembro 1932, presentándose os seguintes equipos infantís e xogadores:

G.D.Miño: José Medina; Miguel Carrero; Francisco Carrero; Juan González; Eduardo Alfonso; Eduardo Álvarez González Ado; Rafael Alfonso; Juan Barcia; Alberto Amorin; Domingo Carrero; Bautista Neiva; Domingo Vázquez; Valentin Cividanes; Antolín Álvarez; Angel Alfonso Rebollar Zurdo; Ramón Regueiro; Constantino Sousa; Narciso Alfonso Rebollar Narciso; José Carrero; Daniel Alfonso Rebollar Daniel.

Literario: Indalecio Pérez; Severiano Fernández; Antonio Rodríguez; Laureano Trigo Álvarez; Luís Verde; Generoso Coedo Martínez; Fausto Portela; Manuel Martínez; Manuel Alonso Mon; Angel Carrera Álvarez Chito; Julio Giráldez; Guillermo Silva; Jesús Domínguez Pacheco, Leonido Álvarez y Rogelio Vicente,

Plus Ultra: Silvano Rodríguez Chalala; Manuel Cadilla Alonso Cubano; Manuel Lorenzo Cividanes Manolo; Rafael Pajares Peña; Avelino Silva; Edelmiro Lomba; David López; Francisco Rolán; Herminio Domínguez; Laureano Fernández; Joaquín Silva; Antonio Rodríguez; José Peniza; Rafael Martínez Peniza; Arlindo González; José Sierra; Jesús Baz y Luís Baz.

Los Delegados y la Comisión aprueban el calendario que sigue:

Primera Vuelta: 25 de Septiembre: Plus Ultra contra G.D. Miño; 02 de Octubre: Literario contra Plus Ultra; 09 Octubre: G.D. Miño contra Literario.

Segunda Vuelta:16 de Octubre: G.D. Miño contra Plus Ultra; 23 de Octubre: Plus Ultra contra Literario; 30 Octubre: Literario contra G.D. Miño.

 

De acuerdo con lo señalado en las Bases, el primer partido se celebrará el domingo día 25 de septiembre a las 10 de la mañana, designando para arbitrarlo a David Silva Lorenzo. La Guardia, 21 de Septiembre de 1932. Fdo. Laureano Galdó; Juan Noya y A. Martínez.

Reunión celebrada el 11 de Octubre de 1932. Reunidos en la Junta los Sres. de la Comisión con la asistencia de los Sres Delegados de los equipos Deportivo Muro, Literario y G.D. Miño.

Se aprueban de las Bases del campeonato anterior y los artº 1,2,3,4,7 y 8, por los cuales se regirá el nuevo Torneo titulado Campeonato de La Guardia, modificando los otros en la forma siguiente:

Artº 5.- Podrán tomar parte en este Campeonato todos los equipos de los Municipios del Rosal y La Guardia, cuyos jugadores no sean titulares del Deportivo Guardés. Para cuyo efecto se presentará una lista de los dichos jugadores en la Junta de Aprobación.

Artº 6.- Los equipos concurrentes nombrarán dos Delegados para presentar la lista de los jugadores, aprobar las de los demás equipos y de árbitros y presenciar el sorteo cuyo acto se verificará en el Bar Deportivo[5] el día 14 de Octubre a las 7 de la tarde.

Artº9.- Esta Comisión de acuerdo con los representantes de los equipos fijará las fechas y designará los árbitros que a cada partido corresponda así mismo, queda facultada para solucionar cualquier asunto no previsto en estas Bases.

También se acordó que no tendrán entrada al campo más que los 12 jugadores respectivos, percibiendo cada equipo el 25% de la entrada, teniendo por tanto derecho a intervención en Taquilla los representantes de los equipos contendientes.Una vez empezado el encuentro no podrá cambiarse ningún jugador, exceptúase de este caso el portero el cual puede hacerlo justificarlo alguna lesión.

Y no habiendo más asuntos que tratar se levanta la sesión. Firmando los tres presentes.

Por el Deportivo Muro: Elisio Rolán Montenegro; Por el G.D. Miño: Daniel Alfonso Rebollar; Por el Literario: Lorenzo Alonso. Por la Comisión: Juan Noya Gil y Eduardo Pantaleón Saúl.

Na Tempada 1951/52 o GD Miño participa no Campionato Comarcal  Baixo Miño –Val Miñor. Deu comezo o 30 de decembro de 1951 e rematou o 22 de maio de 1952. Campo oficial Estadio del Tecla. O Erizana de Baiona foi o campión.

Equipos        J          G         E         P         F         C         Puntos

Erizana          22       16       5          1          84       28       37

Tui RC                       22       15       4          3          63       33       36

D.Gondomar 22       16       15       81       66       53       33

D.Guardés    22       12       3          7          66       53       29

UD Ribera     22       8          4          10       46       61       22

GD Miño        22       8          5          9          51       50       21

Valle Miñor   22       7          4          11       39       55       18

Goián FC      22       7          3          12       41       50       17

San Lorenzo 22       6          7          9          40       48       17

CD Valladares22     8          5          9          44       59       15

Caldelas FC 22       3          3          16       38       78       11

Español         22       1          6          15       25       63       3

O GD Miño xogou cos seguintes xogadores: Carlos Martínez;  Daniel Alfonso Rebollar Daniel; Darse Morais Martínez Darse; Guerrero; Isaac Álvarez González Isá; Magdalena; Narciso Alfonso Rebollar Narciso, José Alfonso Rebollar Pepiño; Constante Carrero Tante; Soliño e  Angel Alfonso Rebollar Zurdo;

En  canto o Club GD Miño,  na Tempada 1952/53 seus xogadores xa estaban federados en Vigo. O Deportivo Guardés segue na Serie A.  Mentres que o GD Miño; San Lorenzo; Ribera; Racing de Tui e Goian, disputaban o Campeonato de Zonas del Bajo Miño-Val Miñor.

Polo GD Miño xogaban: Delfín Lorenzo Cividanes; Esteban Doiro; Angel Alfonso Rebollar Zurdo; Chiño Matos; Darse Morais Martínez Darse; José Alfonso Rebollar Pepiño; Enrique Silva Peniza Quique; Narciso Alfonso Rebollar Narciso; Agustín Riego Lomba Conejin; Carrero; Manuel Díaz González Ligero e Aguinaldo Álvarez Portela Aguinaldiño.

No Campionato de Zonas de 1953 xogaron o GD Miño con camiseta branca e pantalón azul con estes xogadores: Esteban Doiro; Delfin Lorenzo Cividanes Delfín; José Alfonso Rebollar Pepiño; Darse Morais Martínez Darse; Chiño Matos; Aguinaldo Álvarez Portela; Manuel Díaz González Ligero; Angel Alfonso Rebollar Zurdo; Narciso Alfonso Rebollar Narciso; José Carrero Pepe; Agustín Riego Lomba Conejin; Emilio Lorenzo Cividanes Taboleta; Carlos e Mora.

Conxunto do G.D. Miño no Campeonato de Zonas de 1953 no Estadio del Tecla.

Enriba a esquerda.Camilo Balado, directivo; Delfín Lorenzo Cividanes Delfín; Esteban Doiro Rodríguez; Angel Alfonso Rebollar Zurdo; Chiño Matos; Darse Morais Martínez Darse; José Alfonso Rebollar Pepiño e Enrique Silva Peniza Quique.

Abaixo: Narciso Alfosno Rebollar Narciso; Agustín Riego Lomba Conejín; José Carrero Pepe; Manuel Díaz González Ligero e Aguinaldo Álvarez Portela Aguinaldo. 

Clasificación:

Clas.   Club                           J          G         E         P         CF      GC      PT

1º Erizana                             20       17       0          6          74       27       34

2º Rácing Tui                       20       12       2          6          48       38       26

3º Tomiño FC                     20       10       4          6          46       35       24

4º Gondomar FC                 20       9          5          6          42       35       23

5º Goián FC                         20       9          3          8          43       39       21

6º San Lorenzo                    20       8          3          9          35       43       19

7º UD Ribera                      20       8          2          10       37       35       18

8º Val Miñor                         20       8          1          11       40       52       17

9º Dunas                               20       4          6          10       28       52       14

10º GD Miño                        20       3          7          10       23       38       13

11º Figueiró FC                   20       3          5          12       20       42       11

Campión Erizana de Baiona.      

Narciso xogador e ademais amante do fútbol non se contivo diante dun arbitraxe desastroso e o nivel de bilirrubina subiu de ton e a Garda Civil o denunciou por actitud incorrecta y contraria a la moral, polo que o gobernador Elías Palao Martialay lle impuxo unha multa de 50 ptas. Daquela  a moral cristiana a levaban a raja tabla, mandaba mais o párroco que o propio alcalde.

---------------------

 

Un dos conxuntos do Club Revira de Camposancos nas Festas do Monte en agosto de 1956. O 4 de decembro de 1927 xogan no Estadio Troncoso un conxunto do Revira de Camposancos (0) contra un conxunto do Deportivo Guardés (8).

------------------------

O Club Revira fundouse en 1927, estaba composto por xogadores camposinos, anos mais tarde por xogadores veteranos e menos veteranos, os que se xuntaban para xogar contra outro veteranos ca Vila con motivo das Festas do Monte, ademais co obxectivo de recadar cartos para as Festas.

Lembrar que a Directiva do G.D. Miño foi a primeira en organizar un campionato en beneficio das Festas do Monte. Un dos equipos da Vila, tamén formado para competir nas Festas do Monte foi Hu-La-La. Normalmente contra o Revira de Camposancos e mais tarde con outros conxuntos formados por xogadores dos distintos barrios da Guarda en plan humorístico.

Nesta fotografía dun conxunto do Revira podemos ver: abaixo a esquerda, agochados, Narciso Alfonso Rebollar Narciso, Manuel Díaz González Ligero, Enrique Rodríguez García Ripio; Riera; Angel Alfonso Rebollar Zurdo; Daniel Alfonso Rebollar Daniel; Fausto D´Aldea González Fausto; Rafael Martínez Peniza Raja ou Biquiña, José Alfonso Rebollar Pepiño e Eduardo Álvarez González Ado, entre outros.

 

Conxunto do equipo de veteranos Hu-La-La en agosto de 1956 que xogou contra o Revira de Camposancos.

Enriba a esquerda: Manuel Alonso Rodríguez Cabildo; Jorge Sobrino; Generoso Coedo Álvarez; José Rodríguez Fernández O Xogo; Telesforo Barbi Valdemoro Barbi; Elías Alonso Lorenzo Gofio;  Isaac Benito Rodríguez Obdulio.

Abaixo: Eliso Berridy del Valle Berridy; Enrique Fernández Cadilla; Mariano Martínez Portela e  Eugenio González Xeno.

Outro conxunto do Hu-La-La da Guarda en agosto de 1957, os que xogaron en beneficio das Festas do Monte.

De camisa branca o rapaz Mariano Martínez Vicente falecido na flor da xuventude; Enriba a esquerda Ramón Fernández Cadilla Moncho; Enrique Rodríguez García Ripio; Telesforo Barbi Valdemoro (Farmacéutico); Isaac Benito Rodríguez Obdulio de porteiro; Leonido Álvarez Español  Leonido e Manuel Alonso Rodríguez Cabildo.

Abaixo: Eliso Berridy del Valle; Enrique Fernández Cadilla; Antonio de la Esperanza y Martínez Radío (Notario) Eugenio González Xeno; Generoso Coedo Álvarez Coedo e Mariano Martínez Portela. Fotografía cedida por Carlos Martínez Troncoso.

---------------------------

A Mili a fixo no Regimiento de Murcia Nº 42. Foi destinado a Tetúan en 1940 e logo a Tui ,cumprindo en total catro anos de servizo militar o volver a ser mobilizado debido a segunda guerra mundial.

Ano de 1958. A dereita Belarmina María Mina Vicente Fernández, seu fillo José Narciso é o neno maior. O automóbil é un Biscuter de dous tempos.

-------------------

Voda de Mª del Carmen Alfonso Vicente con Manuel Sobrino Rodríguez do Rosal, celebrada na parroquia da Guarda o 17 de febreiro de 1968. Do matrimonio naceron, Mario Manuel e Alberto Sobrino Alfonso.  Manuel falecería relativamente novo e seu fillo Alberto faleceu de mozo nun accidente automobilístico.Fotografía cedida pola familia.

-------------------------

Bautizo de Mª Montserrat Alfonso Vicente en 1966. Foron os padriños José Luís García Pérez, militar xubilado, neses anos alcalde da Guarda e súa filla  Mª Purificación García Rey, a que ten a Montse no colo. O cura era don Antonio da familia Conde de San Miguel o que anos mais tarde colgaría os hábitos para casar. Fotografía cedida pola familia.

--------------------------------------  

A esquerda Baldomera, Belarmina, Luzdivina e unha sobriña que veo a visitalas en 1965 con seus fillos. A familia actual ignora seus nomes. Fotografía cedida pola familia.

-----------------------

Festa da Virxe da Saúde en Tabagón o 2 de febreiro de 1968. Enriba a dereita Luzdivina Fernández Vicente Piñeira, sogra de Narciso, súa irmán Baldomera Fernández Vicente; Narciso Alfonso Rebollar; unha parella de mozos e Manuel Vicente Sobrino, sogro de Narciso. Fotografía cedida pola familia.

-------------------------------

A filla de Narciso e Mila, Montserrat Alfonso Vicente. Fotografía cedida pola familia

-------------------------

 

(continúa mañá)

José A. Uris Guisantes

_______________

[1] A 2014, viven, Belarmina, Juan e Carmen.

[2]  Orixinalmente José Fernandes Pinheiro.

[3] Levaba os apelidos de súa nai Cándida Guisantes Rodríguez por ser fillo de solteira.

[4] Topónimo de orixe árabe que siñifica almacén de peixe.

[5] Propiedade de Juan Noya Gil e súa esposa Dolores Domínguez Pacheco.