Xoves, 29 de maio de 2008
Segundo se le no BOP de 15 de maio, o concello da Guarda publica a Oferta de
Emprego Público para 2008, con obxecto de cubrir ata sete prazas por oposición
libre e tres de promoción interna.
No apartado de Funcionario de Carreira convócanse as seguintes vacantes: unha
praza de Técnico de xestión, por oposición libre; unha praza de Policía Local,
por oposición libre, e dúas prazas de persoal de oficios mediante
concurso-oposición (promoción interna).
No apartado de Persoal laboral, cubriranse catro vacantes de peón de
limpeza viaria, por oposición libre, esixíndose para concursar estar en
posesión, como mínimo, do Certificado de escolaridade; unha praza, de promoción
interna por concurso-oposición, para cubrir o posto de Oficial, esixíndose como
titulación mínima ter Graduado escolar, e unha praza de axudante de oficios
varios, mediante concurso-oposición libre, debendo estar os candidatos en
posesión do título de Graduado escolar.
Martes, 27 de maio de 2008
Satisfacción do goberno local polo estado en que quedou a Alameda trala
celebración do mercadiño do sábado
O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, manifestou,
en nome do goberno municipal e o de toda a cidadanía, “a enorme satisfacción que
produciu o feito de que o mercadiño da Alameda do pasado sábado se levase a cabo
con total normalidade e que o aspecto do recinto e das rúas próximas, cando se
levantaron os postos de venta, fose óptimo en canto a limpeza e ornato”.
O alcalde agradeceu que o compromiso adquirido polos
representantes dos vendedores na reunión que mantiveron o xoves, día 22, se
cumprise na súa totalidade. “Que a Alameda presentase o estado dun día normal”,
engadiu o mandatario guardés, “significa que, cun mínimo esforzo por parte de
todos de depositar plásticos e papeis nos contedores, non é nada difícil
conseguir a limpeza e ornato que desexamos”.
Domínguez Freitas insistiu en pedir a todos os vendedores “que o
esforzo do sábado teña continuidade para sempre. Tamén é bo para eles que o
recinto se atope limpo, que sexa atractivo. Por outro lado, a preocupación que
tiñan veciños e veciñas de que non houbese mercadiño non só non se produciu,
senón que tivo a consecuencia positiva antes descrita”.
O alcalde adianta que esta mesma semana vaise producir unha unha
nova reunión na que se seguiran abordando outros aspectos do mercadiño para
seguir mellorando o servizo que presta á cidadanía.
Venres, 23 de maio de 2008
Selección dunha Bolsa de practicas de turismo,
durante 6 meses, para a promoción turística do concello da Guarda
O concello da Guarda convoca proceso para a selección dunha
bolsa de practicas de turismo, durante 6 meses, para a promoción turística do
concello da Guarda, destinada a Diplomados/as ou titulados/as Turismo, ou FP II
rama turismo, e no seu defecto, estudante de turismo. Todos os interesados
poderán recoller as bases e solicitude no Rexistro Xeral do Concello da Guarda
ata o 2 de xuño de 2008 en horario de 9,.00 a 14.00 horas de luns a venres e de
10.00 a 13.00 horas os sábados.
(Ver BASES COMPLETAS)
Xoves, 22 de maio de 2008
Continúan as actividades culturais de celebración
das Letras Galegas no IES A Sangriña

O día 23 de maio a partir das 15.30h, iniciarase a tradicional
Carreira das Letras, que organiza o IES A Sangriña. Este ano chega á edición
XVI. Esta carreira, ademais de ser un acontecemento deportivo, serve de homenaxe
á persoa a quen se dedica o Día das Letras Galegas, Xosé María Álvarez Blázquez.
A inscrición acada, este neste momento máis de un milleiro de
persoas, de idades que van desde os tres aos sesenta e tantos anos.
Aínda que é o IES A Sangriña quen asume o complexo traballo de
organización, esta institución educativa conta coa colaboración de diversas
empresas e entidades da comarca que fan posible levar adiante a carreira.
Teatro
Tamén o día 23, ás nove da noite, no salón de actos do IES A
Sangriña vaise representar a comedia ‘Vaia enamoramento’, escenificada polo
grupo “Fincando o Lombo” de Camposancos. A entrada é libre.
Mércores, 21 de maio de 2008
Charla
informativa no IES da Sangriña para pais e titores de alumnos de 2º de
Bacharelato
O Instituto da Sangriña convoca aos pais
ou titores dos alumnos de 2º de Bacharelato, á charla informativa que se vai
impartir o xoves, día 22, ás 20.00 horas, no Salón de Actos para falar sobre as
posibles saídas a estudos superiores, prazos, residencias e outros datos de
interese para o alumnado.
A orde do día enviada aos pais recolle,
como primeiro punto, a presentación dos distintos itinerarios a seguir ao
rematar o 2º curso de Bacharelato. A continuación ofrecerase información sobre o
acceso ao Sistema Universitario de Galicia e Ciclos Superiores. Finalizará este
encontro cos pais falando de Bolsas, residencias, prazos e solicitudes.
Luns, 19 de maio de 2008
O BNG acusa de ineficacia ao
goberno guardés coa suspensión do mercadiño dos
sábados
Ante a suspensión, até novo aviso, do
mercadiño dos sábados anunciada polo alcalde, José
Manuel Domínguez Freitas, o BNG interpreta esta
medida como unha desconsideración aos cidadáns que acoden semanalmente.
Para o BNG a suspensión do mercado dos
sábados na Alameda é unha medida desproporcionada e desacertada, dando unha
imaxe de ineficacia, insiste o concelleiro nacionalista, Xan Lois Lomba
Alonso, da actuación do goberno guardés. A formación nacionalista lémbralle
ao alcalde que a función dun gobernante é a de solucionar problemas e non
provocar máis. Á obriga do goberno municipal co alcalde á cabeza, din o
mencionado edil, é buscarlle unha solución , xa sexa negociada, regulando a
actividade ou doutras medidas que se consideren oportunas, pero nunca pola
suspensión desta actividade comercial.
O mercado dos sábados, en opinión do
portavoz do BNG, ten un efecto chamada en boa parte da comarca convertendo
ao concello da Guarda nun grande centro comercial
cada sábado. Este mercado é un xerador de dinámicas comerciais das que se
benefician ambulantes, o pequeno comercio guardés e, por suposto, todos os
consumidores, sendo unha actividade comercial de suma importancia para esta
localidade.
O BNG vai pór en coñecemento da Alcaldía
o seu desacordo con esta medida e pedirá a inmediata restitución do mesmo,
así como a procura de solucións polos problemas xerados pola falta de
limpeza desta actividade comercial.
Sábado, 17 de maio de 2008
O concello da Guarda traslada os actos da
Feira do Libro que se ía celebrar o domingo para o 1 de xuño
As prediccións meteorolóxicas para o vindeiro domingo obrigaron,
ao concello da Guarda, a suspender a Feira do Libro que co gallo do Día das
Letras Galegas se ía celebrar o 18 de maio, trasladándose esta cita para o 1 de
xuño no mesmo lugar, a Rúa do Porto, con hora de comezo ás once da mañá.
Por outra banda, é tralo pasamento do
profesor e poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, que recibiu onte sepultura en terras
ourensás, a Agrupación Cultural Guardesa pospuxo a entrega de premios aos
escolares que concursaron nas modalidades de redacción e debuxo para unha data
aínda por determinar, suspendéndose, en sinal de dó, os actos previstos por este
colectivo para o día de hoxe.
Venres, 16 de maio de 2008
Hoxe ten lugar na Guarda a xornada sobre
Xestión de fondos públicos nas entidades locais
A directora xeral de Administración Local, Begoña Rodríguez
Rumbo, e a delegada provincial da Consellería de Presidencia en Pontevedra, Mª
Carmen Larriba García, inaugurarán hoxe, ás 09.50h no Centro Cultural, a xornada
sobre Xestión de fondos públicos nas entidades locais, organizadas pola
Dirección Xeral de Administración Local e a Escola Galega de Administración
Pública.
Ás 12.45 h o director xeral de Calidade e Avaliación de
Políticas Públicas, Juan Gómez Romero, impartirá unha conferencia sobre A lei
de transparencia e as súas incidencias na relacións Xunta/Entidades Locais
no marco da xornada sobre Xestión de fondos públicos nas entidades locais.
Xoves, 15 de maio de 2008
NNXX ante el atentado de
Eta
Novas Xeracións de A Guarda expresar su más enérgico rechazo al
atentado ocurrido el día de ayer en el País Vasco a manos de los violentos.
“Tenemos que lamentar una vez más”, dicen en un comunicado, “la
muerte de un demócrata inocente y por ello manifestamos nuestro pesar por este
asesinato sin motivo”.
“Los jóvenes del Partido Popular estamos comprometidos con la
lucha a través de la palabra y la razón, y es así cómo seguiremos defendiendo
los ideales de paz y democracia. Una lucha continua y sin tregua contra los
intolerantes y antidemócratas, contra aquellos que quieren imponer su criterio
por encima de cualquier otro, empleando métodos tan fascistas y deplorables como
la violencia.
Por todo ello condenamos este
atentado y permaneceremos unidos para defender la libertad que los terroristas
nos quieren arrebatar”
Mércores, 14 de maio de 2008
José Mª Seijas acudirá hoxe á sede de ACIGU á
presentación do estudo sobre a situación do comercio local
O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas,
acudirá hoxe, ás 13.30 horas, á sede da Asociación de Empresarios da Guarda (ACIGU),
á presentación dos resultados do estudo que analiza a situación do comercio
local, así como o significado do distintivo de calidade do comercio galego.
Seijas López estará acompañado por Carmen García Braga, presidenta de ACIGU, e
Antonio Reguera, presidente da Federación de Comercio de Pontevedra.
Sábado, 10 de maio de 2008
Cena de las Antiguas Alumnas HH. Carmelitas
Promoción 1963-1964
Las antiguas alumnas del Colegio
de las HH. Carmelitas, de la promoción 1963-1964, están organizando una cena de
confraternidad, por lo que solicitan que quienes cursaron estudios en el colegio
en ese año se animen a participar.
Para ello dejan unos teléfonos de contacto: 986 61
19 41, de Marcolina Ferreira Martínez, y el 986 61 12 85 de Ángeles Martínez
Alonso.
Volven
entrar na Ermida de Santa Trega destrozando as portas
Persoas descoñecidas volveron entrar, na
noite do xoves ao venres, na ermida de Santa Trega, sendo a segunda vez que se
produce un feito semellante. Para pasar ao interior, destrozaron as portas
lateral e principal. Agás os estragos realizados, non parece que levasen nada de
valor, e as imaxes tampouco mereceron o interese de quen perpetraron estes
feitos que buscaban, posiblemente, só diñeiro.
Venres, 9 de maio de 2008
Hoxe proxéctase no Centro Cultural “O lapis do
carpinteiro”
Hoxe, as 21.30 horas,
proxectarase no Centro Cultural “O lapis do carpinteiro”, que conta a historia
de Daniel da Barca e Marisa, baseada na novela homónima de Manolo Rivas, baixo a
dirección de Antón Reixa.
Sípnose
Daniel da Barca é un médico e
intelectual socialista. A súa moza, Marisa, é filla dun home de negocios cercano
aos fascistas que se opón á súa relación. Cando comeza a Guerra Civil, Daniel é
detido polo garda Herbal e trasladado á cadea. Os presos, sempre vixiados polo
sombrío Herbal, tratan de superar a angustia de encerro utilizando a
imaxinación. Mentres, o pai de Marisa intenta que a filla case cun militar, pero
ela négase a renunciar a Daniel e loita por liberalo.
(Para ver o trailer clicar
AQUÍ)
O deputado do Partido Popular pola comarca do Baixo Miño, César
Pérez Ares, apoia as demandas dos pescadores guardeses
O parlamentario do Partido Popular, César Pérez Ares, asistiu xunto co Grupo
municipal desta formación do Concello da Guarda á manifestación convocada polos
empresarios do sector da pesca celebrada o pasado mércores, ante a Consellería
de Pesca.
Con esta asistencia, din os populares, quérese
poñer de manifesto o apoio desta formación política ás demandas dos armadores
para minimizar a grave crise que tanto está afectando a este sector e que pon en
grave perigo a supervivencia das súas empresas e a economía de moitas familias
que de forma directa ou indirecta delas dependen.
Problemas cada vez máis graves que non admiten demora e que derivarán, din desde
o PP, na “morte” do sector pesqueiro si na maior brevedade non se toman medidas
contundentes e concretas basadas na concesión de axudas económicas e en evitar a
entrada de importacións ilegais que tanto dano fan a este sector ó supoñer unha
gran competencia desleal.
Xoves, 8 de maio de 2008
O concello
involúcrase por vez primeira na celebración do “Día das Letras Galegas”
O concello da Guarda programou, por vez
primeira, distintos actos para conmemorar o Día das Letras Galegas nesta
localidade.
Ademais de colaborar, como o vén facendo
cada ano, coa Agrupación Cultural Guardesa nos actos que desenvolve este
colectivo centrados nun desfile e actuacións de distintos grupos no auditorio de
San Bieito, o 17 de maio, e a homenaxe a un personaxe local que se teña
distinguido pola súa contribución á cultura, que se desenvolverá o 30 de maio no
que se destacará a figura de José A. Uris Guisantes, o concello programou para o
domingo, día 18, entre as 11.00 e as 20.00h, a “Feira do Libro: Letras Galegas
2008”, que se vai celebrar na Rúa do Porto con obradoiros, animación de rúa,
xogos populares e merenda de chocolate con rosca. Ás 18.00h, espectáculo de
títeres, escenificando “O Libro da Selva”. No caso de Choiva a feira aprazarase
para o 1 de xuño.
Martes, 6 de maio de 2008