Sábado, 28 de novembro de 2009 Informa Ignacio Saa BALONMANO AT. GUARDES 1ª Nacional Femenina 1er. Gran Derby de la temporada. Sábado 28 a las 20.00 en el Pabellón Municipal de Porriño, se enfrentan el BM.Porriño (2º Clasificado con 12 puntos) y el Mecalia At. Guardés (4º con 10 puntos). Se espera, tal y como sucede siempre en estos derbis, un encuentro muy igualado y emocionante, que suele resolverse en los ultimos minutos y por diferencias mínimas. Emocion y nervios a raudales.
1ª Autonómica Masculina. Otro dificil compromiso para el Pizzicata At. Guardés que visita al BM.Artabro de la Coruña, que mientras los guardeses son terceros con 12 puntos, el Artabro es quinto con 8. El Domingo 29 a las 12.00.
Juvenil Femenina En A Sangriña, Sábado 28 a las 16.30, Pizzicata At. Guardés- BM.Rasoeiro de O Grove, 1er. Clasificado.
Cadete Femenina Domingo a las 12.15 en A Sangriña At. Guardés- Calfoncal Lavadores
Infantil Femenino Domingo 29 a las 11.00. At. Guardés- Calfoncal Lavadores
Partidos que disputará o Sporting Guardés esta fin de semana Informa: Víctor Lomba
Venres, 27 de novembro de 2009 Obradoiro de Musicoterapia organizado polo Centro de Información á Muller O Centro de Información á Muller, dependente do concello da Guarda, organizar un Obradoiro de musicoterapia que se levará a cabo en dúas sesións, os días 10 e 17 de decembro, de 16.30 a 20.30 horas. Trátase dunha actividade gratuíta na que se desenvolverán traballos con sons do ambiente co obxectivo de escoitar, pensar e prestar atención; realizaranse experimentos acústicos con distintos materiais, fabricación caseira de instrumentos, faranse xogos rítmicos con diferentes partes do corpo, haberá bailes e danzas e un achegamento ás músicas do mudo así como exercicios para aprender a respirar. Quen desexe obter máis información ou inscribirse neste obradoiro pode dirixirse ao Centro de Información á Muller (CIM) da Guarda ou chamar ao teléfono 986 61 46 48. Nesta convocatoria colabora na Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Igualdade e o Ministerio de Igualdade entre outras institucións.
Venres, 27 de novembro de 2009 As formación políticas da Guarda manifestan a solidariedade e apoio aos afectados polas 21 licenzas de construcción Na reunión manteida na tarde de onte entre os portavoces de todos os grupos con representación municipal do concello da Guarda e os veciños afectados polo asunto das 21 licenzas, as formacións de PSdeG-PSOE, PP, BNG e TEGA-IV, representadas respectivamente por José M. Domínguez Freitas, Fátima Iglesias Ferreira, Xan Lois Lomba Alonso e Celso Rodríguez Fariñas, acordaron manifestar a solidariedade e apoio aos afectados e pór a disposición dos mesmo os servizos xurídicos do concello para o que estimen oportuno en relación a este asunto. Os representantes dos grupos politicos reafirmáronse no “convecemento de que cumplimos escrupulosamente coa lei na concesión de licenzas” e engaden que o próximo luns, día 30, manterán en Santiago unha reunión co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a que tamén acudirá unha representación dos afectados para plantexar a problemática existente.
Venres, 27 de novembro de 2009 Hoxe será homenaxeado o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro falecido inesperadamente en 2008 Hoxe será homenaxeado, no Salón dos Espellos do colexio do PP. Somascos, onde impartiu ensino, o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, unha das voces destacadas da poesía actual. No acto, que comezará ás 20.00 horas, daranse cita personalidades das letras ou compañeiros de maxisterio que coñeceron ao escritor, falecido inesperadamente cando participaba como xurado no certame das Letras Galegas de 2008 convocado anualmente pola Agrupación Cultural Guardesa. Falarán neste acto que comezará cun recital poético, Joaquín Miguel Villa Álvarez, José Gregorio Ferreiro Fente, Luís González Tosar e Xesús Alonso Montero. Pechará a homenaxe o cantautor guardés Tino Baz. Esta homenaxe está organizado por Info Imaxe e conta coa colaboración de Acigu, Centro Pen-Galicia, Colexio PP. Somascos, Asociación de Mulleres Camiña con Nós e a Anpa do colexio PP. Somascos.
Xoves, 26 de novembro de 2009 Concurso Internacional de Pesca organizado pola Agrupación “O Buxeiro” A Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non Profesionais “O Buxeiro”, da Guarda, convoca o “Concurso de Pesca Internacional que se celebrará o próximo 29 de novembro e no que poderán participar todos aqueles afeccionados en posesión da Licencia de Pesca Marítima Recreativa en vigor, sendo imprescindible para formalizar a inscrición a cal poderá realizarse na Cafetería Bar “El Pescador”, da Guarda, e en náutica Capitán Nemo, de Panxón, aboando 5 euros os socios e 15 euros os non asociados; sendo de balde para os menores de 14 anos. O día do concurso os participantes presentaranse ás oito da mañá na explanada do porto da Guarda para recoller a bolsa na que se entregarán as capturas, comezando a proba ás 8.30 horas podendo situarse os pescadores no tramo de costa limitado ao Norte polo dique de abrigo do porto deportivo de Baiona e ao sur, na desembocadura do Miño, en Punta dos Picos. Ás 13.00 horas finalizará a proba, e as 13.30 deberán estar entregadas as capturas no posto de pesaxe situado no Restaurante Barbela, de Camposancos (A Guarda). Serán premiados os tres primeiros clasificados de acordo co baremo establecido polas capturas que se presenten. Haberá tamén tres primeiros premios para os menores de catorce anos e un Premio especial a peza de maior tamaño. Ademais entregaranse outros premios aos participantes.
Los propietarios, que se consideran víctimas de las casas con sentencia de derribo piden el apoyo de los políticos que se reunirán hoy a las cinco de la tarde Los propietarios afectados por la concesión de licencias en las zonas de interés paisajístico se reunieron ayer, por espacio de dos horas, con el alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, con un objetivo: incvolucrar en esta lucha en la que se sienten víctimas, la implicación de todas las fuerzas con representación municipal. “Queremos saber si están con nosotros ya que todos los grupos están implicados en la concesión de licencias”, manifestaron y solicitaron al alcalde una convocatoria que reúna a afectados y representantes políticos de forma inmediata, recordando que a partir del día 1 de diciembre (aunque sin especificar una fecha concreta), deben comenzar los derribos aquellos propietarios que ya fueron notificados. Tras esta reunión, se tratará de conseguir otra con Política Territorial. “Somos víctimas de un desaguisado. Si hay políticos honrados y honestos que se quieran reunir a nosotros y defender a las víctimas del daño causado por un error, negligencia, interpretación, queremos saber quiénes son para que nos defiendan”, dice uno de los afectados y aclara otro que “para que reconozcan su error y se pongan de nuestra parte” y añaden un tercero que “el ayuntamiento nos metió en el follón y será el ayuntamiento quien nos tendrá que sacar”. Extienden la responsabilidad a todas las corporaciones que firmaron la concesión de licencias y recuerdan, en otro momento, que cuando se producen las primeras denuncias nadie se las notifica, hurtándoles la posibilidad de defender su postura desde el primer día por lo que advierten que “esto puede ser más grave de lo que algunos piensan, incluso puede haber cárcel”, dicen escondiendo sobre el papel algunas bazas que tendrán que jugar si llega el caso. Recuerdan, por ejemplo, como a algún propietario cuando reciben la orden de paralización de obra, en el año 2001, tiene su casa lista para habitar En su desesperación por una actuación de la que no son responsables insisten repetidamente “en algún lugar, en el Parlamento Gallego; en la Consellería de Territorio, ¿no habrá un político que reconozca que se ha hecho una injusticia? Yo confío en que habrá un político honesto y, por eso, pedimos el apoyo de los cuatro grupos políticos”. Además de reclamar que el coste de esta situación, los daños que se les produce, tiene que asumirlos alguien piden un trato de justicia igual para todos “¿por qué tenemos que derribar primero nosotros? Y mencionan los casos de Vigo que sobre los que pesan órdenes de derribo “no nos oponemos al derribo, pero cuando lo hagan en Vigo, después que tiren las nuestras. Que sean justos con todos. Pedimos justicia y que el alcalde se mueva como lo está haciendo el de Vigo”. Los afectados hacen un llamamiento a los medios de comunicación “que no nos titulen de propietarios de ‘casas ilegales’ como si fuésemos delincuentes; construimos con licencia”, y vuelven a considerar su condición de víctimas y la búsqueda de una solución dialogada “estamos tratando de arreglar esta situación de buena fe; buscamos el camino del diálogo”.
Xoves, 26 de novembro de 2009 Detido un veciño da Guarda por circular a 142km/h nun límite de 50km/h O pasado sábado, 21 de novembro, unha patrulla do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra procedeu á imputación de D.R.M., de 28 anos de idade e veciño da Guarda, como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria ao conducir un vehículo a motor superando os límites de velocidade establecidos. Os feitos sucederon ás 19'30 horas do sábado, cando o imputado circulaba pola estrada PO-552 (Vigo-Tui), no Km. 70'500, sendo interceptado nun control de velocidade a 142 Km/h, nunha zona limitada a 50 Km/h. Procédese á instrución das correspondentes dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución número Un de Tui, onde se celebrou un Xuízo Rápido.
Xoves, 26 de novembro de 2009 Sesión de Pleno da Corporación na que se volverá a tratar sobre a rúa de Inguieiros A Corporación da Guarda celebrará o vindeiro martes, 1 de decembro, Sesión Ordinaria de Pleno, con hora de comezo marcada para as 20.15, e sete puntos na Orde do Día: 1. Aprobación das Actas correspondentes ás sesións ordinaria do 25 de setembro, e extraordinaria, do 9 de outubro; 2. Dar conta de Decretos e Ordes de pago; 3. Proposta da Alcaldía da aprobación provisional da modificación puntual nº 3 do PXOU da Guarda; 4. Proposta da Alcaldía de aprobación provisional da modificación puntual nº 4 do PXOU da Guarda; 5. Proposta da Alcaldía da aprobación do proxecto de urbanización da rúa Inguieiros e aprobación da relación de bens e dereitos afectados pola expropiación e remisión á Xunta de Galicia para a declaración de urxente ocupación; 6. Mocións. Catro presentadas polo BNG: “medidas para mellorar o financiamento dos concellos”; “o completo desenvolvemento da Lei 11/2007 para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero”; “o novo hospital de Vigo” e “a implantación dun sistema de radioloxía”. Unha de IV: “Aplicación do regulamento de disciplina urbanística por vía de urxencia aos restos da vivenda da rúa Muro, nº 4”. Outras dúas do BNG: “Mantemento das oficinas I+B” e “As caixas de aforro galegas”. Unha moción do PSdeG-PSOE: “Situación da violencia de xénero en Galicia”. Rematará o Pleno co punto 7. Rogos e preguntas.
Martes, 24 de novembro de 2009 A Guarda presentou unha oferta novedosa coa implicación da hostalería para a próxima ponte da Constitución Coa presenza de tres, dos cinco hostaleiros que participan na convocatoria da Ponte da Constitución, onte presentouse no concello da Guarda unha oferta novedosa para promocionar esta localidade como referencia na próxima ponte da Constitución (5 ao 8 de decembro). Compareceron ante os medios de comunicación o alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez. Ambos destacaron esta iniciativa que ten como obxectivo apoiar ao sector da hostalería que ofrecerá descontos do 20 por cento no aloxamento, co almorzo incluído. Explicaron, ademais, que o concello publicitará esta oportunidade trasladando a oferta a estacións de buses e ferrocarril, e farase chegar soporte publicitario ao norte de Galicia e a Portugal. O concello, colaborará, ademais de con a difusión publicitaria desta iniciativa, pondo a disposición dos visitantes rutas guiadas ao Monte Santa Trega, que se desenvolverán ás 11, 12, 13 e 16 horas, e ao centro urbano e Museo do Mar, que partirán da Praza do Reló, ás 10.30, 12 e 16.30. No Monte Santa Trega a ruta partirá desde o poboado galaico-romano para alcanzar o cume visitando o Museo Arqueolóxico, cunha duración aproximada dunha hora. A Ruta do centro urbano pasará pola Igrexa parroquial, as casas indianas, a muralla medieval da Guarda, o convento das benedictinas, o porto e finalizará no Museo do Mar. A esta iniciativa do concello adheríronse o Hotel Celta, o Hostal del Mar, o Hotel Elimar, o Hotel Bruselas e a casa de Turismo Rural Leira Braulia.
Martes, 24 de novembro de 2009 Os nenos e nenas que queiran ser paxes na Cabalgata de Reis poderán inscribirse desde o 1 de decembro O concello da Guarda abrirá, en decembro, a convocatoria de solicitude de paxes para todos os nenos e nenas que queiran participar na Cabalga de Reis do 5 de xaneiro de 2010. Todos aqueles que o desexen deberán acudir, acompañados por unha persoa responsable (pai, nai ou titor), ao Departamento de Cultura do concello a partir do 1 de decembro.
Martes, 24 de novembro de 2009 Os Megatoxos visitan, a través do seu autor, o IES A Sangriña A Concellería de Xuventude do concello da Guarda informa que mañá, mércores, ás 11.05 horas, a través da Editorial A Nosa Terra, terá lugar no IES A Sangriña a visita do escritor Anxo Fariña autor da colección de libros Os Megatoxos, un referente na nova literatura infantil-xuvenil. Esta visita vén precedida pola entrega a cada alumno de 1º e 2º da ESO deste centro dun libro do autor para conseguir deste xeito máis interrelación lector-autor. A actividade constará dunha conversa apoiada polas ilustracións, na que o autor compartirá as súas experiencias sobre a creación da obra. A actividade está organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través da campaña de normalización lingüística “Bocaberta” e colabora o Concello da Guarda.
A Rede presenta o seu programa para decembro na Guarda A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello da Guarda, anuncia a continuidade das actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías no mes de decembro, impartidas no CDSI da Guarda, sito no Centro Cultural. Os obradoiros que se van desenvolver pasan pola “Alfabetización dixital: Informática e Internet”, que permitirá aos usuarios manexar un computador e acceder a Internet así como utilizar algúns dos recursos básicos dispoñíbeis. Desenvolverase en dúas quendas: de martes a xoves, do 1 ao 17 de decembro, de 16 a 17.30 horas, e de luns a venres, do 14 ao 22 de decembro, de 10.45 a 12.15 horas; “Creación dunha conta correo electrónico” que capacitará ao usuario para crear e xestionar a súa propia conta de correo electrónico. Desenvolverase de martes a venres, do 1 ao 11 de decembro, de 10.45 a 12.15 horas; “Solicitude de cita médica en Internet”, que permitirá solicitar ou anular citas médicas co SERGAS sen necesidade de desprazarse. Desenvolverase en dúas quendas: o luns, 21 de decembro, de 16 a 18 horas e o mércores, día 23, de 10.45 a 12.15 horas. Por outra banda está prevista a realización da charla “Comunícate en Internet ” para o día 22, ás 16 horas no CDSI da Guarda. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Dinamización da Guarda, sito en Rúa Rosalía de Castro 14, chamar ao teléfono 986.611.850 ou mandar un correo electrónico ao enderezo rubencarlos.aguarda@dinamiza.fundacioncalidade.org.
Luns 23 de novembro de 2009 Informa Ignacio Saa Balonmano Atlético Guardés 1ª División Nacional Femenina El Kukullaga baja al Mecalia de la nube En un partido donde el margen para el fallo era mínimo, fallamos más que nunca y sobre todo en los momentos clave. El Kukullaga, un equipo peleón, con un juego duro, y en ocasiones agresivo, mantuvo la igualdad durante todo un encuentro en el que primaron las defensas, y mientras las guardesas con más ocasiones, veían como se malograban una tras otra, unas por mala suerte, otras por precipitación y también hay que reconocerlo, por la gran actuación de la portería vasca. A 10 minutos del final, el guardés logra irse de dos tantos y cuando tenía la oportunidad de ampliar la diferencia a tres, la portera vasca detiene un lanzamiento en un contraataque y un penalti, y en un par de errores en la entrega se propician sendos contraataques que igualan el marcador, para a continuación, el Kukullaga, manejando mejor los tiempos y aprovechando la eficacia de la pivot, logra ponerse por delante y terminar el encuentro con un 23-25, que le dan los dos puntos y la tercera posición de la tabla en detrimento del Mecalia. Nos queda una semana para aprender de los fallos cometidos, ya que el próximo sábado otro gran reto, nos enfrentamos al BM Porriño en su feudo. Esperamos que algunas jugadoras recuperen el tono que venía siendo habitual en ellas, ya que ultimamente su rendimiento está por debajo de su nivel acostumbrado. Clasificación
1ª División Autonómica Masculina La Pizzicata At. Guardés 33- B.M. Deza 28 Un BM.Deza lleno de veteranos dominó toda la primera parte a un Guardés que no encontraba su sitio en el campo y fue siempre a remolque, logrando llegar al descanso con un empate a 16 tantos. La segunda parte cambió de signo, fue el Guardés el que estuvo más entonado, llevándose los dos puntos que le permiten recuperar la tercera plaza y poder aspirar a jugar la liguilla de los buenos. Clasificación tras Jornada numero 10
Las Juveniles perdieron en Ourense frente al Pabellón por 25-23, mientras que las infantiles en Pontevedra arrollaron al Teucro Pescamar con un 7-28.
Luns, 23 de novembro de 2009 Iniciativa turística conxunta de hoteis e concello para a Ponte da Constitución A Guarda, a través da Concellalía de Turismo que preside Montserrat Magallanes, presentará hoxe, ás 10 da mañá, unha promoción hoteleira para a vindeira Ponte da Constitución (5 ao 8 de decembro) na que se ofrecerán descontos do 20 por cento nos aloxamentos da localidade adheridos a esta iniciativa que ofrecen habitación dobre e almorzo. Organizaranse visitas guiadas ao Casco urbano, Museo do Mar e Monte Santa Trega. Os establecementos que participarán nesta iniciativa son o Hotel Residencial Bruselas, Hostal del Mar, Hotel Celta, Hotel Elimar e Turismo Rural Leira Braulia.
Sábado, 21 de novembro de 2009 Cruz Roja continúa el proyecto “Moviéndonos por el río” con la eliminación de plantas invasoras y el transplante de otras autóctonas Cruz Roja continúa con las actividades del Proyecto “moviéndonos por el Río”, cuyo objetivo principal es contribuir a la conservación y recuperación del río Miño a través de la concienciación y la educación ambiental de los ciudadanos. Para la puesta en marcha de este proyecto, financiado por el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, se han creado equipos de voluntarios que realizarán acciones formativas, así como diagnósticos y evaluaciones del Miño, que favorezcan y contribuyan a la conservación del río. Acciones de intervención El próximo martes día 24, en los márgenes del río Miño, concretamente en la zona de playas, tendrán lugar acciones de intervención directa sobre el margen del río. Para ello, los voluntarios del proyecto “Moviéndonos por el río” y los alumnos del colegio “San Xerome Emiliani” procederán a la retirada y limpieza de las plantas invasoras (foráneas) y el transplante de plantas autóctonas en peligro de extinción, todo ello con la colaboración y supervisión de los técnicos de la asociación ecologista Anabam. Animamos a todos aquellos ciudadanos del Baixo Miño a dedicar parte de su tiempo libre al medio ambiente y a estas acciones de mejora de nuestro espacio natural. Nuestro compromiso Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes, promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española ( 2007).
Sábado, 21 de novembro de 2009 O goberno local traslada á Xunta de Galicia, por inacción, as consecuencias que se poidan derivar da demolición das vivendas de Katanga e Loucenzas O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, acompañado polos concelleiros Montserrat Magallanes Álvarez, Paulino Rodríguez e Javier Crespo, ademais de por parte dos afectados pola orde de demolición das súas vivendas, nunha suposta zona de Protección Paisaxística (Katanga e Loucenzas), que deberán comezar a súa demolición a partir do 1º de decembro, compareceu en rolda de prensa para manifestarse en relación con este tema que afecta a 21 licenzas, nas que se inclúen catro casas habitadas e algunhas construídas en máis dun 70 por cento. O rexedor local comezou afirmando que cando se decatou, o xoves, da orde de desaloxo que recibiron algúns propietarios, asinada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística “foi o día máis duro desde que estou na Alcaldía”, pero tamén asegurou que “os veciños non son responsables de nada, porque teñen licenza”, e o responsable só pode ser un: a Xunta, pero ademais “debo evitar a quebra técnica do Concello, se tivese que facer fronte ao pago das indemnizacións”.
E explicou as súas
palabras comezando por recordar a orixe deste conflito que, insistiu,
afecta ás licenzas concedidas ao amparo do vixente PXOU do ano 1993,
cuxa Ordenanza 14, denominada Solo non Urbanizabla de Interese
Paisaxística, permite a edificación no espazo así catalogado polo que,
atendendo aos informes dos técnicos, concedéronse no seu día as licenzas.
Non ten este chan a cualificación de Protección Paisaxística, que afecta
a outros lugares que se recollen na Ordenanza 16 do mesmo PXOU, e no que
non é posible construír. Domínguez Freitas, que tamén asegurou que os propietarios son os menos culpables desta situación, trasladou a responsabilidade á Xunta, contra a que anunciou que o concello presentará unha demanda “solicitando que se determine a súa responsabilidade e que sexa despois ela quen resarza dos posibles danos causados aos veciños”, que poderían superar os sete millóns de euros. Entende o rexedor que os alcaldes que concederon antes que el as licenzas, e el mesmo que tamén as deu, en ningún momento fixérono á marxe do PXOU. E leu ao respecto uns parágrafos nos que un dos prexudicados, que acudiu ao Xulgado en busca do resarcimiento, pedía responsabilidades ao Concello, exonerando o Tribunal á institución local pois “as autoridades competentes en materia de urbanismo no caso presente, actuaron en exercicio das súas potestades discrecionais, respectando os aspectos regulados e manténdose nunhas marxes de apreciación non só razoados senón razoables, ata o punto de que é a través dunha interpretación que realiza o TSX de Galicia na súa sentenza de 19/10/06 na cal anula a licenza no seu día concedida”, para engadir que “o expediente administrativo que o concello demandado remitiu á Consellería de Obras Públicas, a acta da Xunta de Goberno na cal se acordou conceder as licenzas, e o propio actor solicitou da citada Consellería autorización para o peche da finca, que lle foi aprobada pola citada Consellería, sen esquecer que cando se modificou o PXOU do concello da Guarda por este remitiuse á Consellería de Política Territorial e Obras Públicas da Xunta o proxecto de modificación, sen que pola Consellería se modificase a ordenanza número 14, a cal foi obxecto de interpretación na sentenza do TSX de Galicia, na cal se anulou a licenza”. Entende o alcalde que a sentenza “exonera de responsabilidade ao Concello porque non hai antixuricidade no otorgamiento da liciencia e pon de manifesto a responsabilidade da Xunta por inacción, porque nada fixo cando lle tocaba”. Domínguez Freitas recordou que a Xunta tivo dous momentos para invalidar a Ordenanza 14, que permitía outorgar as licenzas que deron “tres corporacións distintas, tres alcaldes distintos” con secretarias distintas e arquitectos distintos , pero non actuou, polo que a licenzas concedéronse atendendo “aos informes favorables de secretaría e urbanismo” e de non habelas outorgado, tendo informes favorables, sería prevaricación. A denuncia dun particular motiva, no ano 2001, que a Xunta cambie de criterio, pero ata ese momento non anulou, de ser ilegais, a concesión de licenzas que a Comisión de Goberno aprobaba e remitía ao ente autonómico. A propia Xunta leva este asunto aos Xulgados e, nos Contenciosos de Pontevedra hai disparidade de criterios: hai quen apoia á Xunta e quen é favorable ao concello, é dicir, quen entende que as licenzas están ben outorgadas. Cando este asunto chega ao Tribunal Superior de Xustiza, conclúe que “non hai chan de interese paisaxístico; que só hai chan de protección paisaxística”, que é como dicir que as licenzas están mal concedidas, e non hai posibilidade de acudir ao Tribunal Supreno. Domínguez Freitas asegurou que “nos dous últimos anos o goberno está traballando nun novo PXOM” remitido en marzo á Xunta de Galicia, pero que oito meses despois non foi aínda informado. Neste documento se “achegaban posibles solucións cualificando o chan no que están situadas estas casas como construíble”, pero trala última orde recibida para a demolición das vivendas, para o goberno local “poida que a solución chegue tarde”. O alcalde anunciou tamén que o concello presentou un recurso, aínda sen contestar, contra a resolución do Contencioso nº 2 de Pontevedra “que é o mesmo tribunal que avala a orde de desaloxo da Axencia da Legalidade” e que ademais “entende (ese Tribunal) que pode demoler sen licenza municipal”, en contra do parecer do goberno para quen “todas es derrubes, tamén os que fai a Axencia, teñen que ter licenza municipal. A Lei é para todos” Os afectados Os afectados considéranse vítimas dunha situación que non buscaron. Coinciden co alcalde en que construíron de acordo coa licenza concedida. Pero agora vénse privados da súa casa, de ter que facer fronte á demolición cos seus propios cartos, e de quedar sen casa e sen diñeiro. Algún chega a afirmar que “se o problema non é dous veciños, isto é Somalia”. Outro laméntase de investir os seus aforros e hai quen se sente “con ganas de marchar de España”; “Pides unha licenza e resulta que todo é falso”, quéixanse. “De quen nos fiámos?”, “a onde imos a próxima vez?”. O concello move ficha e maquinaria, por unha banda, conscientes de ter a razón na concesión das licenzas. Os veciños, a través dos seus avogados, non paran por atopar unha resposta que solucione algo que lles fai “aparecer como delincuentes, cando actuamos de acordo coa licenza que nos outorgaron?.
Sábado, 21 de novembro de 2009 Informa Ignacio Saa Partidos del At. Guardés este fin de semana 1ªDivisión Nacional Femenina. Sábado 21 a las 18.00 horas, el Mecalia At. Guardés se enfrenta al Kukullaga Etxebarria de Bilbao. El Kukullaga es un rival dificil, veterano en la categoría, con fuerza y esta temporada va situado en cuarto lugar de la clasificación, justo detrás del Mecalia y con sólo un punto menos. Ingredientes para presenciar un buen encuentro no faltan. Esperemos de las nuestras una buena tarde y puedan sumar los dos puntos en juego. 1ªDivisión Autonómica Masculina Sábado 21 a las 20.00 horas “La Pizzicata At. Guardés” recibe al B.M. Deza de Lalín, rival a priori asequible si, como parece, los guardeses recuperaron el ritmo. Juvenil Femenina. Sábado 21 a las 16.30 horas, en el pabellón de Los Remedios de la capital Ourensana, el Pizzicata At. Guardés se enfrenta al B.M. Pabellón. Cadete Femenina El día 25 a las 20.30 horas, en el Multiusos de Pontevedra el At. Guardés se enfrenta al Teucro Canon. Infantil Femenina El día 21 a las 10.00 horas en el Multiusos de Pontevedra el At. Guardés se enfrenta al Teucro Pescamar.
Partidos do Sporting Guardés para esta fin de semana Informa: Víctor Lomba
Venres, 20 de novembro de 2009 Informa: Víctor Lomba Partido de rivalidad en A Sangriña Sporting Guardés-U.D. Ribera. Partido de rivalidad deportiva el que se jugará, en el Estadio Municipal de A Sangriña, el domingo, día 22, a las 16.15 horas. Este enfrentamiento deportivo anima a la directiva del Guardés a hacer un llamamiento a los aficionados para que acudan a la Sangriña a animar al Sporting. La tensión para este partido es ya se hizo palpable toda esta semana debido a que hace años que los dos equipos no se enfrentaban en un partido oficial. Además, se suma el "morbo" de que el Guardés es el primero en la clasificación y el Ribera es el tercero.... en fin, un gran derbi. Los precios serán los de costumbre, con entrada gratuita para los socios del Club.
Venres, 20 de novembro de 2009 Os técnicos que sinalizarán o Camiño de Santiago na Guarda percorreron onte este itinerario para marcalo oficialmente Técnicos da empresa que realizará a sinalización do Camiño Portugués. ao seu paso pola Guarda, percorreron onte o itinerario xacobeo que pasa por este municipio para situar, sobre planimetría, a localización dos moxóns, plaquetas cerámicas e cunchas de bronce no percorrido guardés que ten unha lonxitude de algo máis de nove quilómetros. Rosalía Verde, Antón Ferreira e Javier Crespo acompañaron aos técnicos neste itinerario que, se as previsións se cumpren, xa estará oficialmente marcado o próximo mes de febreiro, aínda que esta data dependerá da axilidade da empresa que faga o marcado e da data de adxudicación dos traballos. Nos lugares habitados de Camposancos e na saída da Guarda, por onde transcorre o Camiño, alternarán cunchas e moxóns, dependendo das posibilidades da contorna, mentres que no centro urbano, que correspondería co casco histórico guardés, encastraranse cunchas de bronce no chan. Na Guarda, o Camiño, que posiblemente terá un centro de información de peregrinos na Estación do Ferri, este itinerario iníciase na Pasaxe, para pasar por lugares singulares como o colexio dos Xesuítas, berce das universidades de Deusto e Comillas e no que se promoveron importantes estudos da cultura galega, como a botánica, os arácnidos, a astronomía ou a prehistoria, por citar algúns, pero cunha historia tamén triste, como o ter sido campo de concentración tras a Guerra Civil, que chegou a albergar a cinco mil prisioneiros. Outras referencias de interese son o Cruceiro de Saa, a Fonte do Aloque, a Praza de San Marcos, onde se situou o hospital de peregrinos; a igrexa parroquial con imaxinería que descobre a devoción ao Apóstolo, cunha talla do Santiago peregrino e unha táboa pintada cunha escena da batalla de Clavijo, a rúa San Bernardo, relacionado cos bernardos, monxes do cenobio de Oia, e a capela da Virxe da Guía. Outros centros que enriquecerán o tránsito por este Camiño poden ser o Calvario, do século XVII; as praias de Fedorento e Area Grande, as cetarias, que se utilizaron como viveiros de marisco, e a Cruz das Loucenzas, coa súa propia lenda nun miradoiro excepcional sobre o mar e desde o que se observa unha panorámica do porto co monte Santa Trega como pano de Fondo. O concello da Guarda, que sinalizou con frechas amarelas todo o percorrido, que xa é posible camiñalo sen posibilidade de desviarse do Camiño, xa considerou a data do 19 de decembro como unha xornada especial para invitar aos guardeses a realizar, nunha visita guiada, este percorrido e descubrilo a cantos estean interesados en participar nesta andaina.
Xoves, 19 de novembro de 2009 As obras que se realizan nas rúas Diego Antono e Galicia ascende a 860.000 euros financiadas integramente por Augas de Galicia Unha das prioridades que se marcou o actual equipo de Goberno da Guarda, foi a actuación nas rúas Diego Antonio e Rúa Galicia para mellorar as redes de saneamento e abastecemento das mesmas, pero, tamén, para proceder á separación das augas residuais das pluviais que suporá diminuír a carga que recibe a Depuradora da Guarda. Así o explicou Miguel Español Otero, concelleiro de Vías e Obras quen abundaba neste aspecto ao sinalar o sobrecuste que supón enviar as augas de chuvia á EDAR. Por outra banda, nestas rúas. Diego Antonio e Galicia, aínda se conservaban tramos onde as tubarías eran de uralita, o que indica a súa antigüidade, conlevando roturas importantes que afectaban incluso ao pavimento. Pero tamén as beirarrúas presentaban un estado deficiente e reclamaban xa a súa reposición. Lembra Miguel Español que cando o actual grupo de goberno, liderado por José Manuel Domínguez Freitas accedeu ao goberno local, unha das primeiras medidas que adoptaron, aproveitando a visita do entón conselleiro de Medio Ambiente, Pachi López, foi arrincarlle o compromiso desta actuación, encargándose a redacción dun proxecto que, desde o cruce da Rocha, na Rúa Diego Antonio González, se prolonga ata as proximidades de Altamar, na Rúa Galicia. Entre as novidades que vai aportar esta actuación, está a substitución do pavimentado das beirarrúas que irán en lousa granítica, desde o cruce coa Rúa Brasil. Farase a reposición de todos os servizos: alumeado público, separación de pluviais e fecais, e abastecemento de auga elimando as conduccións de uralita. Lembra Español Otero que as xestións levadas a cabo polo equipo de goberno socialista, logrou a financiación do cen por cento desta obra financiada integramente por Augas de Galicia, dependente da Consellaría de Medio Ambiente, cuxas obras se adxudicaron sendo conselleiro o socialista Pachi López, de modo que o concello non tivo que reservar ningunha cantidade para esta actuación, cuxo custe se eleva a case 860.000 euros. As obras que se executan en Diego Antonio González-Rúa Galicia, teñen unha previsión de finalización para antes de rematar o ano, segundo confirmou á empresa ao concelleiro de Vías e Obras, facéndoas coincidir co remate das obras que tamén se levan a cabo na Alameda da Guarda, sempre que as condicións climatolóxicas non impidan un normal desenvolvemento das mesmas. Esto posibilitaría o inicio dunha nova actuación, con cargo á Consellaría de Industria, e a participación do concello da Guarda, como é a continuidade das obras da Rúa Galicia, que corresponden a unha segunda fase, entre o Banco Pastor e a Rúa Pacífico, con idénticas características que as obras que agora se realizan na principal arteria da Guarda, e que teñen que comezar a executarse en xaneiro próximo.
Mércores, 18 de novembro de 2009 Un tríptico cun exquisito deseño divulga os contidos do Museo do Mar da Guarda O Museo do Mar da Guarda, instalado na Atalaia, conta cun soporte publicitario, deseñado por Miguel Amenedo, no que se destacan os contidos que se poden ver neste espazo, xunto cos horarios de visita, os sábados, domingos e festivos, de once da mañá a dúas da tarde, e de catro a sete da tarde. Sobre fondo negro, e fotografía a cor, en brillo, destacando sobre o fondo, recóllese un resume dos contidos que o visitante vai encontrar no Museo do Mar, nomeadamente etnográficos e malacolóxicos, así como unha breve historia desta edificación e a orixe do Museo do Mar guardés. Ademais unha serie de fotografías en distintos tamaños reflicten a fisonomía da Atalaia e os espazos e algúns elementos que configuran o edificio. Localización e unha vista da Guarda desde o Monte Santa Trega completan os contidos deste soporte publicitario que leva xa algún tempo na rúa.
Martes, 17 de novembro de 2009 Comezaron as obras de mellora da Praza de San Marcos O concello da Guarda comezou, con cargo a fondos propios, as obras de mellora da Praza de San Marcos, que dá acceso ao Xulgado de Paz e ao Centro de Información á Muller (CIM). Segundo explicou o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español Otero, o prazo de execución é dun mes, e o investimento acada algo máis dos 23.000 euros. O proxecto da actuación, que realiza a empresa local Ramón González, foi redactado polo aparellador municipal, Hermelindo Martínez. Lembra Español Otero que esta era unha actuación demandada, incluso, polos grupos políticos municipais para mellorar este espazo que, nos últimos anos, chegou a converterse nun aparcadoiro dificultando, en ocasións, o acceso ás dependencias e servizos antes mencionados, pero tamén posuía un pavimento moi deteriorado. A demora no inicio desta obra, que figura no Orzamento Municipal de 2009, vén motivada porque, polo entorno no que se atopa, precisaba contar coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio. Precisamente esta circunstancia impediu que se poidan a soterrar os contedores como se pensaba, xa que facelo suporía ter que realizar, previamente, un estudo e controis arqueolóxicos que encarecerían a obra. A Plaza de San Marcos irá en dous niveis, delimitando as entradas ao Xulgado e ao Centro de Información á Muller e facilitando o acceso das persoas con dificultade de mobilidade. Irá dotada de xardineiras no mesmo lugar que agora existen, incluiranse dous bancos, iluminación e, a maiores, pois non se contemplaba no proxecto inicial, procederase ao repicado dun muro que linda coa Torre do Reló para dar un sentido máis homoxéneo á Praza.
Martes, 17 de novembro de 2009 Informa: Víctor Lomba Resultados del Spórting Guardés en sus respectivas competiciones SENIORS 2ª AUTONOMICA: SARDOMA 0 - SP. GUARDES 0 Muy difícil el partido en el día del domingo el campo de As Relfas para conseguir la victoria.El guardés sale al campo tocando el balón desde el primer minuto, pero se encuentra con un adversario muy duro en defensa cortando las jugadas con duras faltas, que el árbitro no siempre pita ni sanciona. Fruto de este buen juego, llega una de las jugadas más claras del partido, ya que Nico, en jugada personal, logra entrar en el área y cruzar un tiro, que el portero logra tocar y el balón se va al larguero. A los pocos minutos se produce una mano en el área local que el árbitro no ve. En el minuto 40 de juego, el jugador 10 del Sárdoma (tenía ya una amarilla) hace una durísima entrada a Isidro, y, debido a la lentitud del árbitro para sancionar, se forma una tangana que el colegiado resuelve con una doble expulsión, al 10 del Sárdoma y a Miguel Angel del guardés por un empujón. En la segunda mitad el Sárdoma mostró un mejor juego que en la primera, y tuvieron dos ocasiones claras; la primera hace una gran parada Tafarel, y la segunda se va por muy poco. Ya en el minuto 90, Elder tiene la ocasión del partido en un mano a mano con el portero, pero éste consigue pararla con el cuerpo. En resumen, un punto más para el equipo en un partido complicado, con buenas sensaciones de juego. El próximo domingo, el gran derbi en A Sangriña: SP.GUARDES - RIBERA. JUVENIL LIGA GALLEGA: SP. GUARDES 2 - COMESAÑA 0 Por fin llega un buen resultado para los juveniles de la gallega, en un partido muy centrado y serio en el cual se mostraron momentos de muy buen juego. Esperemos que consigan una buena racha de victorias. JUVENIL 2ª AUTONOMICA : U.D- MOS 2 - SP. GUARDES 2 Fue un partido muy irregular de los juveniles "B", en el que comenzaron perdiendo por 1-0, pero que consiguieron darle la vuelta al marcador y ponerse 1-2. Hacia el final nos empatan, y en el descuento el guardés casi logra la victoria en una ocasión de Eder. CADETES LIGA GALLEGA: CALASANCIO 1 - SP. GUARDES 9
Tres puntos importantes han
traído los cadetes desde este largo desplazamiento hasta Lugo. Buen resultado,
pese a comenzar perdiendo por uno a cero. Esperemos que este resultado dé, si
cabe, más confianza al equipo. Mala suerte la que han tenido los infantiles, ya que no merecieron la derrota. Los cuatro goles del Juvenil fueron en jugadas a balón parado.
Resultados balonmano At.Guardés Informa Ignacio Saa
1ª División Nacional Femenina El Mecalia se trae un valioso punto de Tenerife. A pesar de haber cuajado un gran encuentro, el Mecalia At. Guardés sólo pudo conseguir un empate ante el BM.Tejina en su cancha de Tenerife. Quizás la ausencia por lesión, en la jornada anterior de la capitana Andrea, y el jugar en contra también de un arbitraje, cuando menos cuestionable, restó ese puntito de fe y eficacia necesario para superar a las canarias en los minutos finales. De todas formas, un buen resultado que tiene que servir para mantener aspiraciones y recibir la próxima semana a un dificilísimo Kukullaga de Etxebarria (Bilbao). Esto es lo que dice del Mecalia la prensa canaria: ”El Balonmano Tejina consiguió un punto ante un gran Atl. Guardés que fue superior en todo momento al equipo local. Las gallegas demostraron ser candidatas a la fase de ascenso, desplegando su juego con contraataques y penetraciones. Destacar a la jugadora del equipo local Rocío Guerrero, que completó un gran encuentro.” Resultado Final: B.M.Tejina 22- Mecalia At. Guardés 22
1ªDivisión Autonómica Masculina. El “Pizzicata At. Guardés” se reencuentra con la victoria en Ferrol. El domingo se enfrentó en jornada matinal, el “Pizzicata At. Guardés” al “Tirso de Molina Mosteiro de Poio”. El At.Guardés, que viajó con los efectivos justos, recuperó la confianza en sí mismo y no tuvo dificultades para deshacerse de un Tirso de Molina que no acaba de encontrarse y sigue de farolillo rojo en la tabla con solamente dos puntos, fruto de sendos empates. Resultado final: Tirso de Molina 28 – La Pizzicata At.Guardés 33
División de Honor Juvenil Femenina “La Pizzicata At.Guardés 24- Marnova Seis do Nadal de Coia 16
Martes, 17 de novembro de 2009 O Centro Cultural acolle o día 19 “Os Dildos” a partir das 20.30 horas “Os Dildos. Making off” é unha conferencia espectáculo que inclúe os elementos habituais dunha conferencia: discurso, power point, bibliografía, coloquio, xunto cos propios do espectáculo: música en directo, proxecións, teatro. Ao mesmo tempo é unha demostración de como se fixo o Proxecto Testosterona. A conferencia versará sobre a construcción e de-construcción do xénero, a partir da experiencia das actrices durante os ensaios da obra e os obradoiros feitos co mulleres de todas as idades e procedencias. O concerto de punk.roxk a cargo dunha nova banda chamada “Os Dildos” formada por Tito, un guitarrista curtido en todo tipo de disputas e conflitos, e Fran, batería atípico que escribe coa mesma contundencia coa que bate na caixa. E unha peza breve de teatro que amosa o proceso de desconstrcución da masculinade. A música rock, o transformismo, os textos do Manifesto Scum de Valerie Solanas ou as performances de Yoko Ono son as ferramentas utilizadas para crear e desenmascarar roles, actitudes e comportamentos tipicamente masculinos. “Os Dildos” son un fragmento significativo do espectáculo “Testosterona”, que no precisa iluminación espectacular nin escenarios demasiado grandes. Pero “Os Dildos” tamén son un novo formato que pode completar e complementar desde unha perspectiva lúdica e participativa os contidos de calquera xornada, seminario ou congreso sobre temas relacionados coa muller, a identidade ou o xénero. Este acto está organizada polo Centro de Información á Muller do Concello da Guarda e subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade.
Luns, 16 de novembro de 2009 El 16 de noviembre se presentarán en la sede de ACIGU los planes “Re-brote” y “Re-solve” El lunes 16 de noviembre, a partir de las 20.30 horas, Joaquín Varela de Limia, director del Instituto Galego de Promoción Económica - IGAPE, y Carmen Mª García Braga, presidenta de la Asociación de Empresarios de A Guarda - ACIGU CCA, presentarán en la sede social de la asociación, la jornada informativa para tratar los planes “Re-brote” y “Re-solve”, que tienen como objetivo, que las empresas puedan acceder a circulante y liquidez para mantener la actividad y el empleo con la garantía de la Xunta de Galicia. Carmen Mª García Braga, tras su asistencia el pasado martes 13 de octubre en la Confederación de Empresarios de Pontevedra a la sesión informativa, en la cual Javier Guerra, conselleiro de Economía e Industria, y Joaquín Varela de Limia, director del IGAPE, presentaron dichos programas, consideró de vital importancia para los industriales y empresarios de A Guarda, que esta información llegue de primera mano a través de los técnicos y especialistas del IGAPE, para lo que se realiza esta convocatoria en la sede de ACIGU en A Guarda, a la que convoca a todos los empresarios y comerciantes que deseen asistir.
Luns, 16 de novembro de 2009 A Guarda participa nas obras do Plan de Choque no Territorio da Delegación Territorial de Pontevedra A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou sete obras do Plan de Choque no eido da delegación territorial de Pontevedra por un montante total de 1.355.451,84 euros. As sete obras adxudicadas atópanse situadas nos concellos da Guarda, Ponte Caldelas, Cuntis, Lalín e Crecente e todas elas estarán en execución e rematadas no presente ano. As actuacións céntranse en medidas de conservación e rehabilitación de firmes, limpeza de maleza en cunetas e noiros, melloras de sinalización e balizamento, plans de seguridade vial e arranxos de drenaxes. En concreto, a Consellería investirá 130.500,74 euros no reforzo do firme de máis dun kilómetro na PO-352 (A Guarda-Camposancos). As obras foron adxudicadas a Construcciones, Obras y Viales S.A. Esta mesma empresa tamén será a encargada de realizar obras similares na PO-355 por un montante de 173.497,38 euros. Precisamente, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou estas obras hai uns días acompañado polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Evaristo Juncal.
Luns, 16 de novembro de 2009 10.000 visitas para a páxina do Club de Remo Robaleira
Desde este club consideran que o obxectivo da páxina, que era o de difundir, informar e comunicarse cos socios e afeccioados de Robaleira, cumpriuse dabondo, polo que manifestan a ledicia deste logro que os anima a continuar aportando documentos, fotos e videos para o disfrute de todos. Desde o Club de Remo Robaleira agradecen a todas aquelas persoas que colaboran nesta iniciativa, desde a creación da páxina ata o patrocinio do clube, e aos socios, como piar fundamental, a súa aportación para conseguilo.
Sábado, 14 de novembro de 2009 Hoxe sorteo de 3.000 euros na campaña “As compras na túa vila teñen premio” O auditorio ao aire libre de San Benito, no barrio mariñeiro da Guarda, xa acolle a carpa que centrará, hoxe, o sorteo da campaña “As compras na túa vila teñen premio”, que desde o pasado 2 de novembro promove nesta localidade a Federación Galega de Comercio coa colaboración da Federación Provincial de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Caixa Galicia, co obxectivo de apoiar as compras premiando a confianza depositada polos clientes nos profesionais do comercio da Guarda. A este acto acudirán a presidenta de ACIGU, Carmen García Braga, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, a directora xeral de Comercio, Nava Castro, o deputado, Jesús Mª Fernández Portela, o presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Antonio Reguera Repiso, o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez, e Gabriel Gómez, coordinador de Negocio da zona sur de Pontevedra de Caixa Galicia, entidade co-patrocinadora deste evento. Esta iniciativa distribuirá 3.000 euros en premios que serán sorteadaos a partir das 19.00 horas, debendo os agraciados estar presentes para optar a algúns dos dous premios que por importe de 300 euros e outros 24 cartóns regalo de 100 euros, se sortearán. A Guarda foi unha das oito localidades de Galicia que formaron parte deste proxecto piloto, de apoio ao comercio galego que o próximo ano se estenderá a un maior número de municipios. Ademais da Guarda,a campaña “As compras na túa vila teñen premio”, xa pasou por Sarria, Betanzos e O Barco. Agora mesmo realízase en Monforte, o luns comeza en Noia, e as seguintes citas serán en Verín e Salvaterra, que pechará a campaña piloto realizada en 2009. Programa No programa que hoxe terá lugar na Guarda, contémplase, ás 11.30 horas, animación de rúa, con pasarrúas, zancudos e malabaristas. Ás 12.30 horas, o espectáculo de pallasos con “Llilla e Fifo”. Ás 16.30 horas, volverán os pasarrúas, zancudos e malabaristas. Ás 17.30 horas, espectáculo de maxia cómica co “Rei Midas”. Ás 18.30 horas, actuación musical a cargo de Lucía Pérez. E pechará a campaña o sorteo de premios na carpa instalada na Praza de San Benito.
Sábado, 14 de novembro de 2009 Informa: Ignacio Saa Partidos del Atlético guardés este fin de semana 1ª División Nacional Femenina. Sábado 14 a las 20.30 en el pabellón IES Antonio Gonzalez de Tenerife: B.M.Tejina- Mecalia At. Guardés Dificil compromiso ante un equipo que se hace muy dificil en su cancha, máxime con colegiados también canarios.
1ªDivisión Autonómica Masculina Domingo 15 a las 11.30 en el Pabellón Tirso de Molina de Ferrol Tirso de Molina Mosteiro de Poio- La Pizzicata At. Guardés Horario con mala uva, si pensamos que es domingo por la mañana y hay que desplazarse hasta Ferrol. El Tirso de Molina es el último clasificado con 0 puntos, ocasión para los guardeses de resteñar heridas y reencontrarse con la victoria tras cuatro derrotas consecutivas.
División de Honor Juvenil Femenina Sábado 14 a las 17.00 en A Sangriña La Pizzicata At. Guardés- Marnova Seis do Nadal de Coia
División de Honor Infantil Femenina Domingo a las 11.30 At. Guardés- BM Moaña
Venres, 13 de novembro de 2009 Informa: Víctor Lomba
Sólo los juveniles del Guardés juegan en casa y habrá un autobús gratuito para los aficionados a Monforte de Lemos El Sporting Guardés, salvo en la categoría de Juveniles de Liga Gallega que juega en A Sangriña contra el Comesaña, desplaza a todos sus equipos fuera de la localidad. En la categoría cadetes de la gallega, los nuestros juegan en Monforte de Lemos (Lugo) el domingo por la mañana, y para quienes deseen acompañarlos habrá un autobús gratuito con salida a las 8.30 horas desde la parada de utobueses. Las citas de esta fin de semana son:
Xoves, 12 de novembro de 2009 A Comisión Comarcal da Muller do BNG no Baixo Miño celebra o seu primeiro acto na Guarda mañá, venres Mañá, día 13, ás 20.30 horas, no Centro Cultural de A Guarda terá lugar o primeiro dos actos que a Comisión Comarcal da Muller no Baixo Miño, vai celebrar en toda a comarca con motivo do 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Co lema “Contra a violencia de xénero: máis sensibilización, máis medios, máis recursos”, a Comisión pretende concienciar á poboación de que aínda que se teñen feito grandes avances na antiga lexislatura en Galiza coa aprobación dunha Lei específica para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero (Lei 11/2007) e coa apertura dos recursos sociais a todas as mulleres con independencia de que conten cunha orde de protección ou non, aínda queda moito por facer para erradicar a violencia, a discriminación e a subordinación das mulleres e para acadar unha sociedade igualitaria. O acto será presentado por Hortensia García Díaz, responsable Local de Muller do BNG da Guarda, quen estará acompañada pola responsable Comarcal da Muller do BNG, Carme Verde Diego, e por Carmen Mª Baz Alonso, responsable da Muller de Galiza Nova. O acto consistirá na interpretación dunha peza teatral en relación a violencia de xénero e continuará cunha charla sobre xénero que impartirá Iolanda Veloso, concelleira de Igualdade no Concello de Vigo. A Comisión Comarcal da Muller no Baixo Miño invita a todas aquelas persoas, homes e mulleres, as que lle preocupe a violencia de xénero a que participen desta actividade, nomeadamente fai un chamamento ás diferentes asociacións de mulleres do Baixo Miño, as mulleres que traballan en contacto con outras mulleres nos centros de saúde, nos centros sociais, nos servicios sociais, en definitiva a todas as mulleres que de xeito directo ou indirecto teñan contacto cos problemas que provoca a violencia de xénero.
Xoves, 12 de novembro de 2009 Davila demanda ao Ministerio de Medio Ambiente que revise as obras na praia de Lamiña pola súa agresividade co entorno e pide o cumprimento das normas medioambientais A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que demanda ao Ministerio de Medio Ambiente que controle a actuación que está a desenvolver na praia de Lamiña en Camposancos (no concello de A Guarda) debido ao impacto no entorno. Explica a deputada do BNG que nesta praia se iniciaron os traballos de instalación de tuberías de grandes dimensións para acondicionar a área como lugar de depósito dos áridos extraídos da dragaxe do Miño. Unha actuación agresiva nun espazo protexido Denuncia a parlamentar nacionalista que “se está a utilizar maquinaria pesada para a explanación da zona, e tamén se usa cemento e formigón para poder fixar as tuberías”. Davila lembra que “estamos a falar dun espazo incluido na Rede Natura 2000 e declarado Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA). De aí que formule ao Ministerio de Medio Ambiente unha serie de cuestións: “Que criterios se seguiron á hora de elexir este entorno como lugar para a instalación de tuberías para depósito dos áridos provenientes da dragaxe do Miño? Por que se escolleu esta zona cando está incluida na Rede Natura 2000 e declarada Zona de Especial Protección de Aves (Zepa)?”. A deputada do BNG pon de manifesto a “agresividade desta actuación que terá un impacto negativo no entorno”. Pide ao Ministerio que revise as obras a fin de evitar danos no entorno e pregunta se se están a cumprir as normativas en materia medioambiental.
Xoves, 12 de novembro de 2009 O delegado territorial en Pontevedra visitou as obras de mellora das estradas PO-355 e PO-352 no concello da Guarda O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado do xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Evaristo Juncal, visitou onte as obras de mellora das estradas PO-355 e PO-352 no concello de A Guarda. O proxecto de mellora, desenvolvido a través de tres actuacións, incluíu traballos de fresado da capa de rodadura e reforzo do firme en todo o ancho que teñen estos viais. “O obxectivo das mesmas é mellorar a seguridade viaria nesta estrada”, explicou o delegado territorial tras comprobar o avance dos traballos que están a piques de rematar, “xa que esperamos poidan estar listas no prazo dunha semana, aunque todo dependerá da evolución da climatoloxía”. Os traballos na PO-355, estrada que enlaza A Guarda coa Pasaxe, teñen un orzamento de 173.814,59 euros mentras que as duas actuacións na PO-352, vial que enlaza co anterior ata Camposancos, están cifradas en 130.924,30 e 54.813,26 euros cada unha delas. Estas reformas e mellora do firme encóntranse inmersas no plan de choque da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e teñen coma obxectivo actuacións estratéxicas na conservación de estradas. Entre as múltiples actuacións en materia de conservación que inclúe este plan atópase a licitación de rehabilitación de firmes a efectos dunha xestión máis eficiente.
Mércores, 11 de novembro de 2009 María José canta mañá en Vigo A cantautora guardesa María José Baz participará mañá, xoves, 12 de novembro, na Casa Galega da Cultura, en Vigo, ás 19.00 horas con ocasión do XXXV Aniversario do pintor Diego de Giraldez-Ralismo Nas. María José Baz interpretará un poema da poetisa Estrella Velasco que ten por título “Olvido” musicado pola cantautora guardesa
Mércores, 11 de novembro de 2009 Avelaíña celebra hoy el magosto con sus usuarios del Baixo Miño y el Val Miñor Avelaíña, Asociación de Axuda a Personas con Enfermidade Mntal, celebrará hoy, miércoles, un nagosto al que acudirán los usuarios de este colectivo en el Baixo Miño y Val Miñor, los familiares de las personas afectadas por la enfermedad mental, personal y colaboradores del centro de rehabilitación ubicado en la calle Coruto Vello de a Guarda. Rafael Álvarez, gerente de la Asociación Avelaíña, explicó que se trata de un encuentro íntimo con el cual se espera estrechar las relaciones entre todos aquellos que están vinculados a la asociación de ayuda a personas con enfermedad mental. “Se trata no sólo de dar continuidad a una fiesta gastronómica tradicional de Galicia, sino también romper un poco con la rutina diaria de nuestros usuarios. Es una forma de reforzarnos como colectivo y de fortalecernos en el apoyo mutuo”, comentó Álvarez. El programa festivo comenzará a las 4 de la tarde en los jardines del centro de rehabilitación. Durante la celebración se prevé la proyección de imágenes referidas a las excursiones, labores diarias y otras actividades en las cuales hayan tomado parte los usuarios de Avelaíña que reciben atención por parte de este colectivo. Por supuesto, no faltarán los postres preparados por los familiares de los usuarios, así como la tradicional hoguera para asar castañas.
Mércores, 11 de novembro de 2009 Seminario de motivación emprendedora impartido polo Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia no IES No IES A Sangriña estase levando a cabo, durante este mes de novembro, un Seminario de motivación emprendedora impartido polo Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia co obxectivo de mostrar á mocidade que non é un mito a figura do emprendedor e que calquera persoa, con ganas e esforzo, pode desenvolver un proxecto empresarial. Están destinados ao ciclos medios existentes no centro (xestión administrativa, infórmatica e mecánica), ao PCPI e o ciclo superior de Administración e Finanzas. Dita actividade que comezou o día 5, continúa hoxe e tamén os días 23 e 24. O Seminario está organizado polo Departamento de FOL.
Martes, 10 de novembro de 2009 Xoán Martínez Tamuxe pechou o ciclo de conferencias que con motivo do Bicentenario da Guerra da Independencia se celebrou na Guarda O ciclo de conferencias programadas polo concello da Guarda para conmemorar o Bicentenario da Guerra da Independencia, clausurouse o pasado venres, día 6, no Centro Cultural coa presenza do historiador rosaleiro, Xoán Martínez Tamuxe, quen se referiu ao conflito centrándoo na comarca do Baixo Miño, apoiando as súas palabras cunha proxección fográfica dos actos que se realizaron en Arbo, concretamente no Ponte de Mourentán, cando o xeneral Soult se enfrontou aos veciños, encabezados polo abade do Couto, que impedían o seu paso. Presentado por Fernando Bartolome Benito, quen repasou de forma moi breve o que foron as conferencias que precederon á de clausura, Xoán Martínez Tamuxe fundamentou a súa intervención nos estudos do investigador e cóengo Juan Domínguez Fontela, autor, en 1918, de “La Gardia ante la invasión francesa”. De investigación propia, Martínez Tamuxe refiriuse, ao iniciar a conferencia, a uns documentos nos cales, siguindo palabras do orador, lese que “no ano 1811, o alcalde da Guarda autoriza aos franceses a cortar douscentos piñeiros no Alto de Tabagón, na Portela, na bouza coñecida como Bouza do Rei, para facer unhas andamiaxes nun dos portos do río”. Mencionou tamén, Tamuxe, outros documentos de carácter estatísticos, que reflicten o estado de armas, o número de fusís, de tambores, de cornetas, “en definitiva, un resumo de canto instrumental e autoridades hai na Guarda nesa data”. Noutro documento, asinado polo alcalde, o abade e un mordomo, cítase a relación de xoias de prata, doadas polos veciños, como axuda para os gastos do exército. Ao falar das homenaxes que se puidesen celebrar na comarca, con ocasión do I Centenario da Guerra da Independencia, Xoán Martínez sinalou que non deberon de terse celebrado esas datas na comarca, ao non haber testemuño documental que o verifique; pero si se celebrou dita conmemoración en Vila Nova de Cerveira, como o recorda un monumento alí existente. A última parte da súa disertación, xa respondendo a preguntas do público, Xoán Martínez Tamuxe referiuse a algúns acontecementos nos que se mestura a historia coa lenda.
Martes, 10 de novembro de 2009 Informa: Ignacio Saa Balonmano.- resultados del At.Guardes 1ªDivisión Nacional Femenina. El Mecalia At. Guardés se impuso con rotundidad al Escuela de Hostelería Aiala de Zarautz por un 28-20. Resultado que puede dar lugar a pensar en que el rival fue fácil, pero nada mas lejos de la realidad. Las guipuzcoanas, con un balonmano muy rápido y agresivo mantuvieron en jaque a las guardesas durante casi todo el encuentro. Ya mediada la primera parte el Mecalia lograba distanciarse de cuatro en el marcador, pero una cierta relajación en defensa y un par de confusas decisiones arbitrales propiciaron que las vascas se metieran de nuevo en el encuentro y lograran el empate, yéndose al descanso con un 13-13. Ya en la segunda parte volvieron las guardesas a distanciarse, pero una defensa abierta de las visitantes creaba mas problemas de los previstos a la delantera local, que aún así y gracias a la rapidez de Andrea lograba llegar al final con una brecha de ocho tantos. Una vez mas, el poderío físico de las guardesas fue decisivo en la resolución del encuentro que nos deja para lamentar la lesión de Andrea, que esperemos esté recuperada y pueda jugar el próximo sábado en Tenerife ante el BM.Tejina.
1ªDivisión Autonómica Masculina. Doble jornada para el Pizzicata At.Guardés, el sábado contra el Teucro Reale Seguros en donde un Guardés que nos recordó viejos tiempos de individualismo desorden y precipitación, contra todo pronóstico fue arrollado por un joven Teucro. Los pontevedreses tras lograr un parcial inicial de 7-0, mandaron siempre en el marcador y colocaron sobre el atolondrado equipo guardés una losa que fue incapaz de superar. Aunque en momentos lograron acercarse los locales hasta tres goles, les pudo la ansiedad y error tras error y fallo tras fallo, llegaron al final con un “La Pizzicata At.Guardés” 20- “Teucro Reale Seguros” 28. El domingo se jugaron los 45 minutos restantes del encuentro suspendido hace dos semanas con el Viña Costerira Ribeiro. El partido resultó muy disputado en un constante toma y daca en el marcador, aunque los guardeses no lograban ponerse por delante a pesar de gozar de ocasiones para ello, pero la precipitación unas veces, la obcecación de reiterar hasta la saciedad jugadas ineficaces y la veteranía, en todos los aspectos, de los rivales lo impidieron. Ya en los cinco minutos finales del encuentro, en una fase de juego lúcido y de aciertos de cara a la portería, logró el At. Guardés una ventaja de dos goles (22-20) que nos hicieron pensar que finalmente la victoria se decantaría a nuestro favor, pero inexplicablemente, con el marcador favorable, vuelven las precipitaciones,las pérdidas de balón, el no bajar a defender el subsiguiente contraataque , circunstancia que aprovechan los del Ribeiro para hacer un parcial de 4-0 que llevarían al marcador definitivo. “La Pizzicata At. Guardés” 22- “Viña Costeira Ribeiro” 24 Excelente actuación la que cuajó el portero local Xosé.
División de Honra Juvenil Femenina. S.A.R. De Redondela 22- La Pizzicata At. Guardés 23. La portera guardeasa Raquel detiene un lanzamiento desde el punto de siete metros con el tiempo cumplido evitando el empate.
División de Honra Cadete Femenina. Ac.Octavio 25- At. Guardés 37
División de Honra Infantil Femenina S.D.Carballal 17- At. Guardés 27
Luns, 9 de novembro de 2009 Informa: Víctor Lomba Buenos resultados para el Sporting Guardés al ganar cuatro de los cinco equipos que jugaron este último fin de semana SENIORS 2ª AUTONOMICA: SP. GUARDES 4 - NIEVES 1 Buen partido del Sp. Guardés de cara a sus aspiraciones de ascenso de categoría. El equipo local ha mostrado un buen juego, y fruto de ello llegarían los goles: dos de Isidro y otros dos de Mariano de penalty. El gol visitante llegaría en el descuento también de penalty. El árbitro ha impedido un juego más vistoso, cortando mucho las jugadas, sin aplicar ventajas y con más de una docena de tarjetas amarillas y una roja a Fidel, en un partido en el que casi no ha habido faltas. El guardés sigue líder en solitario, seguido a cuatro puntos del equipo revelación, el Caldelas y ya a siete por el C.D.Nieto. La próxima jornada visita el campo del Sárdoma, quinto clasificado, en un partido que será a priori muy difícil. Esperemos traer algún punto a casa. JUVENIL LIGA GALLEGA: CHANTADA 2 - SP. GUARDES 1
Partido difícil en Chantada, jugado con mucho frío y a una hora demasiado tarde;
pese a todo, comenzamos el partido bien, ya que conseguimos adelantarnos al
comienzo y llegar al descanso con el resultado de 0-1. Pero nada más comenzarla
segunda mitad, nos empatan y ya en el tramo final, cuando se daba por bueno el
empate, en una jugada consiguen meternos el segundo.
Fue un partido muy irregular de los cadetes, en el que en algunos momentos
mostraron un buen fútbol y en otros todo lo contrario, pero miramos el lado
positivo del partido, ya que los tres puntos se quedaron en casa. Buen resultado el obtenido por los infantiles del guardés en el "derbi". Los dos equipos contaban con numerosas bajas por enfermedad y lesión.
Luns, 9 de novembro de 2009 A Guarda está a acometer un importante número de obras que buscan a mellora das rúas e optimizar os servizos O Concello da Guarda acometerá nos próximos meses as urbanizacións das rúas Mariano Ordoñez, Ramón Sobrino e Segunda fase da rúa Cal. Tamén se levará a cabo o asfaltado das rúas: Ourense, Transversal Bouzó, Rocha, subida ó Torroso e primeiro transversal San Roque. Estas actuacións serán con cargo o Plan de inversións da Deputación Provincial 2009-2011 que contan cun orzamento de 859.000 € coa seguinte distribución de anualidades. Ano 2009, 439.691,86 euros; ano 2010. 223.530,50 euros, e ano 2011, 196.510,34 € Dende a Concellería de Vías e Obras recordan que neste momento, e froito da xestión realizada ante distintos organismos para lograr subvencións, estanse a executar outra serie de obras de semellantes características en distintos puntos do municipio como son o Saneamento en Costa dos Soldados, Saneamento e Abastecemento en Forno do Duque, Primeira fase Rúa Oliva e mellora de saneamento, abastecemento e reposición de beirarrúas nas rúas Diego A. González e Galicia. Tamén en breve se iniciará a segunda fase da Rúa Galicia con cargo á Consellería de Industria e o Concello da Guarda. Con cargo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vanse acometer varios asfaltados comprometidos con anterioridade como son, asfaltado das rúas Manuel Álvarez, un tramo de Circunvalación, Rosalía de Castro e Paseo de Portugal. Así mesmo e froito dun convenio entre o Ministerio de Medio Rural e a Consellería de Medio Rural, vaise proceder ó ancheamento e pavimentación do camiño de Laxes-Buxán. Estas obras van encamiñadas a mellora das nosas rúas dotándoas de servizos e reposición de pavimentos e veñen a sumarse as xa executadas nos dous últimos anos. Dende a Concellería de Vías e Obras reafirman o compromiso de ir acometendo este tipo de actuacións na meirande parte das rúas que o precisan posto que, engade o titular do departamento, Miguel Español, a pesares do traballo realizado nestes dous anos, aínda queda moito por facer.
Sábado, 7 de novembro de 2009 O PP da Guarda denuncia que as obras que o Ministerio de Medio Ambiente realiza na praia da Lamiña “danan seriamente” este espazo, incluído na Rede Natura 2000 O PP da Guarda, ao coñecer a actuación que se estaba a producir na praia da Lamiña e ante o escurantismo e a falta de información achegada polos organismos competentes, e en especial ante o cómplice silencio do goberno do Sr. Freitas, puxo en coñecemento e requiriu o apoio dos deputados do Partido Popular no Congreso dos Deputados co fin de que mediasen e interpelasen ao Goberno a garantir a total seguridade e protección medioambiental e socioeconómica dunha zona tan importante e delicada da comarca do Baixo Miño. Aínda que entendemos que o dragado do río é necesario para a navegabilidade do transbordador, as medidas que hai que tomar xunto coa elección do lugar débense facer con moita precaución. Ante esta petición, a voceira do PP nesta localidade, Fátima Iglesias, salientou a resposta do e das deputadas pontevedresas no Congreso, mostrando un enorme interese e preocupación por unha zona que todos coñecen ben, e nos próximos días teñen previsto realizar unha visita á zona co fin de observar en primera persona a actuación alí levada a cabo. Congreso Os deputados do PP pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, Jesús Pérez Arca e María Ramallo, presentaron varias preguntas na Cámara Baixa, nas que se interesaron pola situación da praia da Lamiña en Camposancos, no concello pontevedrés da Guarda. O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño está levando a cabo o acondicionamento dos terrenos para un depósito de áridos nesta praia e, dado que o espazo onde se realiza a actuación está incluido na Rede Natura 2000 e declarado como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), os deputados e deputadas pontevedresas do PP queren saber que medidas se adoptaron para a defensa da protección ambiental desta praia. Ana Pastor, Jesús Pérez Arca e María Ramallo recordan que se está procedendo a explanar o lugar a través da utilización de maquinaria pesada, cemento e formigón para fixar as tubaxes que atravesan a zona, que, ademais, son de considerables dimensións, polo que queren que o Goberno confirme que ditas actuaciones non van afectar a actividade pesqueira da zona e que medidas se están adoptando para isto. Os deputados e deputadas pontevedresas do PP queren que o executivo de Zapatero confirme se existe algún proxecto para a obra do depósito de áridos e que informes e/ou permisos se solicitaron.
Sábado, 7 de novembro de 2009 Informa: Ignacio Saa Balonmano Atlético Guardés 1ª DIVISIÓN NAVCIONAL FEMENINA El Mecalia At.Guardés recibe al Zarautz, patrocinado por Arguiñano Sábado día 7 a las 18.30, en A Sangriña el Mecalia At. Guardés recibe a un ya viejo conocido E.Hosteleria Aiala de Zarautz, que esta temporada está jugando a un nivel muy superior a lo que lo venía haciendo en las anteriores. Compromiso difícil el de las guardesas que van a tener que emplearse a fondo y cometer pocos errores para doblegar a las guipuzcuanas. Los aficionados tenemos la oportunidad de disfrutar un encuentro que de seguro, va a ser muy disputado.
1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA MASCULINA Sábado 7 a las 20.15, “La Pizzicata At.Guardés” se enfrenta en A Sangriña al “Teucro Reale Seguros”, en un encuentro donde esperamos que los locales se vuelvan a encontrar con la victoria después de dos jornadas con resultados adversos. Los guardeses ya vencieron al Teucro a domicilio en el primer partido de la competición, por lo que esperamos que si cuajan un buen encuentro como lo vienen haciendo esta temporada, se lleven los dos puntos. Pedir disculpas por el error cometido al dar el resultado del encuentro Xabañus- At. Guardés que fue de 33-26 y no 33-16. El domingo 8 a las 18.00, horario muy inusual, se juega también en A Sangriña el tiempo restante del encuentro suspendido en el minuto 15 de la 1ª parte (5-5) contra el Viña Costeira Ribeiro. Esperemos que la pista esté practicable, tanto sábado como el Domingo, pues la climatología no pinta nada bien.
JUVENIL FEMENINA. “La Pizzicata At. Guardés” viaja a Redondela para enfrentarse nuevamente al S.A.R. El sábado a las 16.30 CADETE FEMENINA. El At. Guardés se desplaza a Vigo para jugar en Balaídos (2) contra el Ac.Octavio, el sábado a las 10.00. INFANTIL FEMENINO. El domingo a las 12.00 en Vigo se enfrentan al Carballal en su pabellón.
Venres, 6 de novembro de 2009 Informa: Víctor Lomba Partidos del Sporting Guardés para el fin de semana Cuatro partidos están programados para este fin de semana en competiciones en las que participa el Sp. Guardés Como se puede ver en la tabla, se juegan en casa cuatro de los cinco partidos; dos de ellos, Juveniles "B" e Infantiles con dos duelos de "derbi", pues jugarán contra el Oiense y el Ribera, respectivamente.
Venres, 6 de novembro de 2009 Ábaco reúnese con técnicos de Mercasa no 6º Encontro Nacional de Mercados Municipais Minoristas celebrado en Madrid A Asociación de Comerciantes e Empresarios do Baixo Miño ‘Ábaco’, xunto ao comerciante da praza de abastos da Guarda Saúl Treinta e o alcalde da localidade, Xosé Manuel Domínguez Freitas, vén de participar no 6ª Encontro Nacional de Mercados Municipais Minoristas, organizado por Mercasa e celebrado en Madrid os días 2 e 3 de novembro. A finalidade deste congreso, no que paralelamente se levou a cabo unha reunión co xefe da Área de Mercados Minoristas de MERCASA, Roberto Alonso, era coñecer as últimas novidades relacionadas coas prazas de abastos para estudar a maneira máis axeitada de executar a remodelación do mercado municipal da Guarda. Baixo o lema “Comercio vivo. Espacios de vida”, especialistas en prazas de abastos de diversas zonas de España explicaron o presente e o futuro dos mercados municipais. ‘Ábaco’ participa e impulsa, de maneira conxunta co concello, a reforma da praza de abastos da Guarda co fin de mellorar as instalacións e favorecer e darlle un pulo á venda de produtos frescos.
Venres, 6 de novembro de 2009 Pontevedra coñecerá hoxe a curtametraxe “Dies dei” do guardés Nani Matos Hoxe, venres, ás 21.00 horas, estrénase no Teatro Principal de Pontevedra a curtametraxe “Dies dei”, do director guardés Naini Matos quen asistirá á estrena acompañado por membros de equipo técnico e actores. Esta curta ‘prima’ de Nani Matos, cuxo contido emocionou na súa presentación na Guarda, onde se presentou o 30 de maio, e localudade na que tamén foi rodado, conta unha historia intimista, de sentimentos afectivos entre unha parella de persoas maiores. Un drama que transpira problemas sociais como é a situación dos nosos maiores: soidade, enfermidades, pero tamén moito amor; un amor capaz de eternizarse. Mela Casal e Xan Cejudo, como protagonistas; Susana Dans, Camila Bossa e Luis Iglesia (estes dous últimos, protagonistas da serie galega Matalobos), formaron o elenco de actores que fixeron posible o proxecto de Nani Matos. A curtametraxe, rodada en formato HDV, contou cunha axuda da Consellería de Cultura e Deporte no ano 2008 e coa colaboración do Concello da Guarda e a Asociación Cultural Morraceira, estreitamente vencellada ao audiovisual. A curta “Dies dei” xa foi seleccionada en distintos festivais, como o Festival de Cine Galego e Portugués Filminho, o Festival de Cine Solidario de Guadalajara FESCIGU e o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, de Santiago de Compostela.
Xoves, 5 de novembro de 2009 O BNG denuncia o estado da cuberta da piscina municipal da Guarda O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, denuncia o mal estado da cuberta da piscina municipal e lembra que no pasado pleno, celebrado o 31 de xullo, solicitou ao grupo de goberno que arranxase as deficiencias que existen xa que se producen filtracións. A resposta do concelleiro de Servizos e Tráfico, Paulino Rodríguez González, foi a de acusar á empresa concesionaria de deixadez no mantemento, tamén asegurou que se ían peritar as deficiencias e que se tomarían as medidas necesarias. Tres meses despois, o grupo de goberno non ten tomado ningunha medida dado que coa chegada das primeiras choivas, seguen existindo as filtracións na cuberta da piscina municipal e xa, engade Xan Lois Lomba, non se tratan de simples goteiras se non que se poden apreciar auténticos chorros de auga que caen na grada de espectadores. Os nacionalistas advirten que de persistir o problema e non tomar medidas podería acabar afectando á estrutura do inmóbel debido ao continuo filtrado da auga. Lomba Alonso, que considera desinterese e desidia do Goberno municipal non ter arranxado esta situacións, presentou un escrito no concello denunciando o estado da piscina e lembrando ao grupo de goberno que tivo tempo máis que suficiente para poder arranxar as deficiencias existentes, que a responsabilidade última de manter as dependencias municipais en óptimas condicións sempre é do Concello, na persoa do concelleiro delegado e, en última instancia, do Alcalde.
Xoves, 5 de novembro de 2009 O concello da Guarda organiza o Obradoiro para coidadores primarios titulado “¿Para quen son as flores?” O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda, está a organizar un Obradoiro para coidadores primarios titulado “¿Para quen son as flores?” Obxectivos Trátase de crear un espazo terapéutico para expresar e compartir emocións dos participantes. Atopar un tempo de desconexión e descanso para os coidadores de persoas dependentes no que poidan reencontrarse consigo mesmos, os seus desexos e os seus gustos, expresando sempre as súas necesidades. Lograr un grupo de apoio para as súas dubidas, e en ocasións o seu sentimento de cansancio e incompresión. Traballar e xerar un sentimento de valoración e recoñecemento ao traballo que están a facer, e os sentimentos as veces contradictorios que este lles xera. Búsqueda pois, de recursos e apoios para a creación de respiros no coidador, poñendo en práctica aquilo que vaia xurdindo na dinámica grupal para elaborar un modelo de coidado que incluia o propio coidador como parte fundamental de todo o proceso. Destinatarios Vai dirixido a persoas do Concello da Guarda que sexan nestes intres coidadores primarios dalgunha persoa dependente. Ou calquer familiar que se este enfrontando de manera directa ou indirecta á enfermidade dalgún ser querido. Comenzo do obradoiro As sesións serán os venres de 18.00 a19.30 horas na aula do Centro de Información á Muller. A data de comenzo será ó 20 de novembro. Inscrición Ata o 18 de novembro de 2009
Xoves, 5 de novembro de 2009 Mañá remata o ciclo organizado co gallo do Bicentenario da Guerra da Independencia O venres día 6, as 20.30 horas no Centro Cultural, remata o ciclo de conferencias que se desenvolveu no Concello da Guarda con motivo do Bicentenario da Guerra da Independencia (1809-2009). Xoan Martínez Tamuxe, investigador local, será o encargado de divulgar este período histórico tan mitificado como pouco coñecido. Será presentado por José María Pelaez.
Mércores, 4 de novembro de 2009 Cruz Roja comenzará el próximo sábado el curso de “Moviéndonos por el río” Cruz Roja en A Guarda, con la colaboración de la Asociación Ecologista Anabam, pone en marcha el Proyecto “Moviéndonos por el Río”, cuyo objetivo principal es contribuir a la conservación y recuperación del río Miño a través de la concienciación y la educación ambiental de los ciudadanos. Para la puesta en marcha de este proyecto, financiado por el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, se crearán equipos de voluntarios que realizarán acciones formativas, así como diagnósticos y evaluaciones del Miño, que favorezcan y contribuyan a la conservación del río. Acciones de formación e intervención Durante la campaña, que se extenderá entre los meses de noviembre y diciembre, se realizarán acciones formativas y de intervención directa sobre el río. En la primeras jornadas, técnicos de la asociación ecologista Anabam y de Cruz Roja explicarán las peculiaridades de nuestras riberas, así como las amenazas que sufren las especies autóctonas de la zona. Durante las siguientes jornadas, el equipo de voluntarios procederá, entre otras cosas, a reconocer las características de la fauna y flora de la zona, a la limpieza de los márgenes del río (tanto de especies foráneas como de residuos que puedan existir), transplantar las plantas autóctonas en peligro de extinción y a realizar mediciones de la calidad del agua. Información sobre el proyecto El sábado día 7 dará comienzo la actividad formativa, que constará de un curso de 16 horas de las cuales 8 horas serán de actividad teórica y las restantes prácticas. Los voluntarios que deseen seguir con la actividad voluntaria, podrán continuar en las diferentes salidas que están programadas. Nuestro compromiso Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes: promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española ( 2007).
Luns, 3 de novembro de 2009 Informa: Andrés Senra Mecalia At. Novás - Canario Catering Chapela el sábado, a las 19.00h El 07/11/09, sábado, 19:00 Muchos tendrán esta fecha anotada en la agenda como algo más que un partido, como una final, cosa que sólo hace añadir más presión a los jugadores, que ya de por sí tienen bastante. Está claro que en los últimos años este choque ha sucedido al Novás - Lalín como encuentro más esperado, ya que suelen ser los dos equipos que están arriba, hay calentamiento por parte de las aficiones. El bagaje, de momento, está saldado a nuestro favor, ya que exceptuando la derrota en su feudo de la pasada campaña se cuentan los derbis por victorias, a pesar de su excelente plantilla que este año han fortalecido más si cabe, fichando poco pero bien, con Chema Cid, jugador con una amplia trayectoria en D.H.B., y Yago Cuadrado, uno de los mejores pivotes del grupo, unido al incombustible Kustov (pobres de nosotros como esté entonado...), el gran Miguel Herranz, Nico, Bicho.. y demás, por eso que en este tipo de duelos es cuando la afición juega un factor más decisivo que nunca, tiene que volver a ser el número 8 y llevar en volandas al equipo. Ellos cuentan con la baja del rumano Iulian Decu, y nosotros con la de Ramón, dos jugadores importantisimos en ambos equipos, pero que no impedirán disfrutar de una gran tarde de balonmano. Las claves para que no se escapen los dos puntos tienen que empezar por, como dije, la afición, después que Kustov no entre en juego, dejar que lancen Casal y Adolfo que, si bien anotan muchos goles, también suelen tirar bastante, y que la defensa esté muy metida en el encuentro. En ataque hay que tratar de no depender de la inspiración de Rafa o David, sino jugar en equipo buscando el lanzamiento más cómodo, y con esto tendremos bastante terreno ganado. Ahora más que nunca, ¡Aúpa Novás!
Martes, 3 de novembro de 2009 Seminarios de formación en Informática San Benito promovidos conjuntamente con Ábaco Informática San Benito, y la asociación Ábaco, promoverán nuevos cursos formativos y seminarios que comenzarán a impartirsre en los próximos días. Mañana, día 4, prolongándose también el día 5, se impartirá el seminario “Gestión de quejas y reclamaciones”; los días 9 y 10, “Comercio electrónico”, el 11 y el 12, “Publicidad eficaz en el comercio"; el 16 y el 17, “Implantación de un sistema de calidad”, y los días 18 y 19, “Organización en el punto de venta”. Estos cursos, que tienen plazas limitadas, se impartirán entre las 20.45 y 22.45 horas, siendo de carácter gratuíto. Para más información las personas interesadas pueden acudir a Informática San Benito, en la Plaza de San Benito, de A Guarda, o llamar al teléfono 986 60 89 20
Martes, 3 de novembro de 2009 O Centro de Dinamización da Guarda achégase aos 600 usuarios e foi visitada en outubro en 400 ocasións A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en outubro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías na Guarda. No mes que vén de rematar impartiu 5 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formaron 35 persoas durante 40 horas. Cabe tamén destacar a iniciativa “Estamos conectados coa integración e a información”, desenvolvida entre a RDSI da Guarda e o Centro San Xerome Emiliani, co fin de achegar as Novas Tecnoloxías e a integración aos alumnos do mencionado centro en idade escolar. Durante todo o mes dous grupos de escolares asistiron unha vez á semana ao centro para usar as súas instalacións e achegarse á Sociedade da Información. Asemade, 37 persoas inscribíronse como novos usuarios da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que se ofertan nas horas de aula aberta, que foi utilizada en 366 ocasións. En canto aos números xerais da Rede, desde que botou andar no concello da Guarda en xaneiro de 2007, son 594 os usuarios que xa dispoñen do carné da RDSI (Rede de Dinamización da Sociedade da Información). Neste tempo leváronse a cabo 84 obradoiros formándose a 541 participantes. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as actividades que s eofertan na Rede de Dinamización da Sociedade da Información, as persoas interesadas poden acudir ao Centro de Dinamización da Guarda, que se atopa no Centro Cultural, ou chamar ao teléfono 986.611.850, e mesmo mandar un correo electrónico ao enderezo rubencarlos.aguarda@dinamiza.fundacioncalidade.org.
Martes, 3 de novembro de 2009 O investimento das obras de mellora da rede de saneamento e abastecemento na rúa Oliva acadan os 60.000 euros A Rúa Oliva atópase co firme levantado por mor das obras de mellora que se realizan na mesma e que supoñen a renovación da rede de sumidoiros e de abastecemento de augas, ademais da reposición do firme. Así o explicaba o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español Otero, quen avanzaba que estas melloras se realizan con cargo ao PAM (Plan de Acción Municipal), da Deputación de Pontevedra, e a participación municipal, cun investimento de 60.000 euros. O estado no que se atopaba a rede de sumidoiros que sufría un importante deterioro, provocaba filtracións que ocasionaban danos, incluso, a particulares. Do mesmo xeito, a rede de abastecemento presentaba, por mor dos anos, perdas que era preciso evitar. Pero ademais, engade Español Otero, se aproveita a apertura da rúa para dotala de preinstalación de alumeado público e acometida de pluviais, das que carecía, e carece, a rúa Oliva. Por esta última razón, non será aínda posible a evacuación das augas de chuvia por esta rede, pero conseguirase este servizo a medida que se executen obras na rúa Oliva aproveitándose entón para continuar co sistema de evacuación de pluviais.
Luns, 3 de novembro de 2009 Informa: Víctor Lomba Resultados de los partidos del Sp. Guardés de este pasado fin de semana SENIORS 2ª AUTONOMICA: CORUXO B 0 - SP. GUARDES 1 Muy difícil y trabajada la victoria hoy contra el Coruxo, que ha jugado un buen partido, pero no ha contado con ocasiones claras de gol, y se ha encontardo con Taffarel, que ha atajado todos los balones altos que han colgado al área. El gol llegaría a la media hora, tras aprovecharse Mahoni de un rechace del portero. En la segunda parte el guardés ha sabido mantener el resultado. El Sp. Guardés permanece líder en solitario de la categoría a cuatro puntos del Caldelas, que empató en casa con el Nieto.
JUVENIL LIGA GALLEGA: SP. GUARDES 3 - A.J. LEREZ 2 Han sufrido mucho los juveniles A del guardés en este partido, tras comenzar perdiendo por 0-2, pero han sabido remontar y que los tres puntos, muy necesarios, se quedasen en casa.
JUVENIL 2ª AUTONOMICA: PONTELLAS 7 -SP. GUARDES 4 Desde la directiva queremos notificar que este partido va a ser reclamado a la Federación de Fútbol ya que ellos tenían dos expulsados que han alineado y un tercero estaba jugando sin ficha federativa en vigor. En cuanto tengamos la resolución de la Federación lo haremos saber.
CADETE LIGA GALLEGA: C.D. LEREZ 2 - SP. GUARDES 3 Importantísima victoria la conseguida en Pontevedra de cara a la permanencia en la Liga Gallega de nuestro equipo cadete. Con este resultado los cadetes se sitúan en medio de la tabla.
INFANTILES 2ª AUTONOMICA: SALCEDA 0 - SP. GUARDES 1 Tres puntos más los que consiguen los infantiles, lo que les permite mantenerse en la segunda posición de la tabla, a tres puntos del Val Miñor. El próximo domingo a las 11 en A Sangriña reciben al Ribera.
Luns, 2 de novembro de 2009 Informa: Ignacio Saa EL MECALIA AT. GUARDÉS, VENCE SIN GRAN DIFICULTAD EN GIJÓN Una igualada 1ª parte, en la que al Mecalia le costó despegarse en el marcador, llegando al descanso con solamente un 10-12, dio paso a una continuación en donde las guardesas pusieron de manifiesto su superioridad técnica y su mejor física al imprimir un ritmo que las asturianas no pudieron aguantar, y fueron abriendo brecha de manera que al final del encuentro el marcador señalaba una diferencia de 8 goles.
CONST. SANBERNARDO BM.LA CALZADA 19- MECALIA AT.GUARDES 27 En A Sangriña, el encuentro correspondiente a la División de Honra Xuvenil femenina el “PIZZICATA AT.GUARDES” vence comodamente al S.A.R. Por un 21-11.
Por la mañana en Porriño, las categorías base obtuvieron una de cal y otra de arena. Las cadetes perdieron: B.M.Porriño 35 At.Guardés 26 y las Infantiles Ganaron con un 16-18.
1ª División Autonómica Masculina. Varapalo para el Pizzicata At. Guardés en Lalín ante el Xabañus. Partido que se juega a las 12.30 del domingo, un horario incómodo para los que tienen que viajar unas dos horas. El resultado al descanso 20-11 y 33-16 al final del encuentro.
Luns, 2 de novembro de 2009 Obras de saneamento en Granxa Nova e Forno do Duque (Camposancos) Desde a Concellería de Vías e Obras, que dirixe Miguel Español Otero, estanse a levar a cabo unha serie de obras de mellora que afectan a distintas rúas da Guarda nas que, xunto coa reposición de firme, procédese a substitución de tubaxes absoletos que provocaban distintas avarías e deficiencias tanto no servicio de abastecemento como no de sumidoiros. Dentro das obras que nestes momentos se executan, ou que están a piques de rematar, figuran os saneamentos do Forno do Duque, que carecía de rede de sumidoiros e abastecemento de auga, e da Granxa Nova, que non tiñan rede de saneamento, e que, explica Miguel Español Otero, foi unha demanda que plantexaron os veciños desas zonas cando os socialistas asumiron o Goberno local, polo que xa no ano 2008 se comezou a redactar o proxecto para presentar á Consellaría de Medio Ambiente, cuxo titular era daquela o socialista Pachi Vázquez, cun investimento de 191.000 euros, sen custe ningún para o concello, froito, subliña Españo Otero, da xestión do goberno local, presidido por Domínguez Freitas. Nestes momentos as obras realizadas no Forno do Duque están practicamente rematadas, e as que se levan a cabo en Granxa Nova, están executándose. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|