PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CASINO DE CAMPOSANCOS

DCONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

*

 

NOVEMBRO

 

Venres, 30 de novembro de 2007   

Nuevo organigrama de Alternativa Tomiñesa tras celebrarse la Asamblea General

    El pasado miércoles, 28 de noviembre, a las nueve de la noche se celebró una Asamblea General de Alternativa Tomiñesa, en la que se ha aprobado por unanimidad la nueva Organización de esta formación política cuya organización queda constituida por los siguientes órganos: Comité de Dirección, Comité Ejecutivo y Comité de Derechos y Garantias

    El Comité de Dirección lo forman: Presidente: José Antonio Souto Pérez; Vicepresidente 1º: José Javier Andrade Rodríguez; Vicepresidente 2º: José Ramón Domínguez Alonso; Secretaria: Matilde Cristina Corbacho Pereira; Portavoz: Jaime Pichel Diz; Tesorero: José Manuel Bugallo Carreiro; Presidente Comité Derechos y Garantías: Gustavo Bouzada Dámaso; Vocales: José Domínguez Iglesias, Fernando Otero Vilarino, Jesús Franco Millán, Aurelio Cal Álvarez, Ramón González Fernández, José Luis Rodríguez Martínez, Juan Alvarez Diego y Briano Marcos Lago Amorín.

    El Comité Ejecutivo lo forman todos los  cargos y personas igual que el Comité de Dirección.

    La lista de vocales se completa con el resto de candidatos presentados a las elecciones municipales de 2007 de la lista de A.L.T. y los socios fundadores.

    El Comité de Derechos y Garantías quedó constituido de la siguiente manera: Presidente: Gustavo Bouzada Dámaso; Secretaria: Mónica Carrera Pereira; Vocales: Aurelio Cal Álvarez, Manuel Pérez Riveiro y José Luis Rodríguez Martínez.

 

Xoves, 29 de novembro de 2007   

Os alumnos de Primaria do colexio de Barrantes que forman o coro "Notas de Papel" participarán no Festival de Villancicos de Caixanova

    O coro infantil “Notas de Papel” participará por vez primeira no 42 Festival de Villancicos de Caixanova. Todos os seus membros pertencen ao Centro de Educación Infantil e Primaria de Barrantes (Tomiño) así como a súa directora, Rosa González, profesora de música do mesmo Centro. "Notas de Papel" nace pola necesidade de educar a sensibilidade musical a través do traballo en grupo con nenos de idades comprendidas entre seis e os doce anos e ten como obxectivo inmediato levar as súas voces máis alá do ámbito escolar comezando pola actuación do próximo 2 de decembro ás 19.00hh no teatro do Centro Cultural Caixanova.

 

Viveiristas do Baixo Miño coñecen a experiencia do sector en Italia

 

    O delegado provincial de Medio rural en Pontevedra, Gonzalo Constenla, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e viveiristas do Baixo Miño visitaron onte distintas empresas do sector das plantas ornamentais en Vannucci  Piante en Quarrata, Italia, para coñecer os sistemas de produción de arbustos e árbores de gran tamaño.

    O obxectivo da visita foi coñecer esta zona moi importante a nivel viveirista en Europa e as súas técnicas e métodos de comercialización, así como as distintas empresas para aprender desta experiencia.

    As viveiristas que están a participar nesta viaxe formativa, xa que a meirande parte son mulleres, foron seleccionadas por Medio Rural ao través da Técnica de Extensión Agraria da zona, aplicando uns criterios baremados entre os que figuran o feito de ser pequenos viveiristas.

    Sandra González, alcaldesa de Tomiño, afirmaba na sintonía da Radio Municipal de Tui que no Baixo Miño hai que pór en valor o viveirismo xa que está demostrado que se pode vivir do campo.

    Sandra González explicaba que o que están a ver é moi sorprendente e buscan aprender da experiencia destes produtores.

    Falaba tamén na RMT María Jose Pinto, unha viveirista de Tomiño, que sinalaba que están tomando boa nota de todo o que están a ver.  Sinalaba que ver as posibilidades que hai anímalles a continuar por ese camiño. Explicaba que na comarca o sector síntese apoiado, aínda que sempre queda algo por facer.

    Pola súa parte o delegado de Medio Rural, Gonzalo Constela, sinalaba que esta viaxe é o final dunha acción formativa que se impartiu aos viveiristas, que así poden coñecer in situ as prácticas deste lugar de referencia para abrir novos horizontes.

 

A Consellería de Cultura financia equipamento para o Auditorio de Goián

Segundo informa Jesús Castiñeira, concelleiro de Cultura, Educación e Participación Veciñal, o concello de Tomiño vén de asinar un convenio de cooperación cultural coa Consellería de Cultura e Deporte, pola que esta aporta sesenta mil euros como contribución  á realización do equipamento do auditorio de Goián.

Según, Jesús Castiñeira, trátase de dotar dunha maior funcionalidade ás actuais instalacións e ao mesmo tempo acadar os requisitos necesarios para conseguir a súa integración na Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia (RGTA).

Con esta colaboración adquirirase unha caixa negra, iluminación, proxectores, pantallas, melloras sonoras e diverso mobiliario.

O convenio foi asinado, recentemente, en Santiago de Compostela pola alcaldesa, Sandra González, e a Conselleira, Anxela Bugallo, trala petición formulada polo responsable de Cultura ante as deficiencias atopadas á hora de acollerse as programacións autonómicas e de dar cabida a determinadas actuacións.

Sandra González valora positivamente a sensibilidade mostrada pola Consellería de Cultura, especialmente pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, a través do seu responsable, Xosé Luis Bará,  “que enseguida soubo captar o interese social da proposta”.

O proxecto executaráse de inmediato e tamén, dentro do ano 2007 se pretende aprobar no Pleno da Corporación Municipal a  solicitude de integración na RGTA que, como se indicaba,  permitirá a Tomiño ser beneficiario de numerosas  xiras e  actuacións.

 

 

Mércores, 28 de novembro de 2007   

O luns preséntase o Banco de Terras en Tomiño

    O próximo luns, ás oito da tarde, presentarase no Auditorio de Goián o Banco de Terras de Galicia, BANTEGAL.

    O acto correrá a cargo do Director Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, Xosé Carballido, do Delegado de Medio Rural en Pontevedra, Gonzalo Constenla, e da alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

 

Produtores de plantas do Baixo Miño fan hoxe unha visita a Italia

    O delegado provincial en Pontevedra, Gonzalo Constenla, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, xunto cun grupo de  produtores de plantas ornamentais da comarca do Baixo Miño realizan unha visita a Vannucci  Piante en Quarrata, Italia, para coñecer os sistemas de produción de arbustos e árbores de gran tamaño. Posteriormente visitarán Vivai Giorgio Tesi en Bottegone.

 

Martes, 27 de novembro de 2007   

Dúas ex -alumnas do IES de Tomiño, gañadoras dun premio de excelencia académica.

    Dúas ex -alumnas do Instituto de Tomiño, Berta Alonso Martínez e Lorena González Castro, foron merecedoras do premio de excelencia académica para o alumnado que inicia estudos universitarios no sistema universitario de Galicia no presente curso académico..

    Os premios foron outorgados pola Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo seu brillante expedente académico no  Bacharelato. A concesión vén publicada no DOG do 22 de outubro (orde do 10 de outubro de 2007).

    O acto de entrega de credenciais destes premios  terá lugar o vindeiro día 3 de decembro na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Os diplomas oficiais serán entregados pola conselleira de Educación e Ordenación Universitaria.

 

Venres, 23 de novembro de 2007   

O P.P. solicita  o cese  do pedáneo da parroquia da Figueiró por agresión a un empregado municipal

    O grupo municipal do Partido Popular de Tomiño denuncia as agresións físicas sufridas o pasado 29 de xuño por un empregado municipal no transcurso da xornada laboral por parte do pedáneo da parroquia de Figueiró –nomeado no seu día pola alcaldesa, Sandra Gonzáles do BNG- e que motivaron a interposición dunha denuncia ante as dependencias da Garda Civil en Tomiño por parte da vítima da agresión.

    Según consta en dita denuncia e relatan os populares, o empregado, xunto con outro compañeiro de traballo atopábanse en Soutelo, carretera de Goián a Figueiró realizando labores de limpeza cunha máquina desbrozadora do Concello. Este empregado estaba dando paso aos coches cando, nun momento dado, estando de espaldas a carretera o conductor dun vehículo colleuno polo pelo e  arrastrouno uns 50 metros antes de que, previo forcexeo, o soltase e continuara co traxecto en sentido a Figueiró, ocasionándolle diversas lesións como así consta no parte médico que acompaña a dita denuncia.

    Uns feitos, continúa o comunicado asinado por César Pérez Ares, lamentables e inaceptables, que a día de hoxe, e despois de transcorridos varios meses non provocaron ningunha reacción por parte da alcaldía, que parece querer ignorar o asunto dando  “a calada por resposta”, como evidencia o feito de que dito pedáneo continúe no seu cargo.

    A vista da gravidade dos feitos que afectaron á integridade física dun empregado municipal -dentro da súa xornada laboral- por parte dun representante da alcaldía, e ante a pasividade e inhibición manifesta por parte da alcaldesa do BNG, Sandra González,  que tiña a obriga moral de adoptar unha decisión clara e contundente de rexeitamento a este tipo de actos, o Grupo Municipal do PP solicitou o cese do pedáneo da parroquia de Figueiró.

 

Venres, 23 de novembro de 2007   

25 de novembro: “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”

            O Grupo Municipal do Partido Popular de Tomiño con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebrará o 25 de novembro, quere renovar o seu firme compromiso na loita contra a violencia de xénero e reafirmar, unha vez máis, a solidariedade incondicional desta formación coas vítimas desta violencia.

A  Violencia de Xénero, di o comunicado asinado por César Pérez Ares, é un problema de todos e cada un dos galegos e galegas, polo que debemos tomar plena conciencia deste drama. Cada vez que unha muller é maltratada ou é asasinada, fracasa toda a sociedade. Debemos ser contundentes na loita contra a violencia de xénero, xa que é unha vulneración inadmisible dos dereitos fundamentais da muller.

Dentro do ámbito autonómico, engaden os populares no comunicado, contamos a nivel normativo coa Lei Galega para a Igualdade de Mulleres e Homes na Comunidade Autónoma de Galicia 7/2004, así como a Lei Galega para a Prevención e o Tratamento Integral contra a Violencia de Xénero de recente aprobación.

            A violencia de xénero nunca ten xustificación, correspóndelle a toda a sociedade e aos poderes públicos, facer o posible para afondar na súa erradicación.

Nos últimos anos, en Galicia, fíxose un importante esforzo coa creación de Centros de Información á Muller, cuxos obxectivos son o asesoramento ás mulleres maltratadas e o apoio psicolóxico.

Non obstante, é necesario reforzar os servizos necesarios de asesoramento xurídico e cobertura legal que as faga sentirse seguras á hora de denunciar ao seu agresor.

Os xulgados galegos recibiron no primeiro semestre do ano unha media de 13 denuncias por malos tratos o día, un total de 2.376 casos, cun  incremento do 13% do segundo trimestre respecto ó primeiro, segundo as estatísticas do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial. O 87% das denuncias foron presentadas polas propias vítimas, mentres que o 13% restante  son casos nos que as demandas de maltrato chegan a través da policía, dos partes de lesións que chegan dos hospitais ou do entorno da vítima.

            Segundo datos do  Instituto da Muller a 30 de setembro do 2007, no que respecta a Galicia, están vixentes un total de 2.248 ordes de protección.

As unidades xudiciais especializadas na Violencia de Xénero permiten dar unha resposta eficaz e de calidade, ademais de evitar a descoordinación entre asuntos penais e civís, e entre as propias administracións. Non resolven a terrible lacra social da violencia contra as mulleres pero constitúen un importante paso ante un problema que require do compromiso de todos.

A Comunidade Galega, actualmente se encontra discriminada en canto a dotación de xulgados específicos, xa que dos 83 que existen en todo o Estado, tan só estamos dotados de dous, un na Coruña e outro en Vigo.

Por todo isto o Partido Popular de Tomiño manifesta o seu compromiso firme na loita contra a Violencia de Xénero e solicita perante o pleno que se tome o seguinte acordo:

O Pleno do Concello de Tomiño insta a Xunta de Galicia a que:

“Dote dun fondo de emerxencia ao concello de Tomiño, a fin de que sirva para atender os casos de mulleres en situación de violencia de xénero que necesiten de recursos económicos con urxencia”, “Cree un centro de acollida e pisos ponte para as vítimas de violencia de xénero e das persoas ao seu cargo na comarca do Baixo Miño, como resposta inmediata ante situacións de agresión”, “Estimule a Coordinación e apoio entre as distintas institucións, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello”; “Elabore un Plan Integral de Sensibilización, Prevención e Tratamento da Violencia de Xénero que teña en conta ós concellos a tódolos niveis”, e “Solicite do Estado o incremento do número de xulgados de violencia sobre a muller en Galicia”.

 

Convocatoria do SLG aos productores de kiwi afectados polas xeadas

            O Sindicato Labrego Galego convoca para hoxe, ás 16.00h, no Centro Sociocultural de Areas (Tui), unha reunión cos productores de kiwi afectados polas xeadas de días atrás.

            No comunicado enviado polo mencionado sindicato fan referencia ás xeadas habidas entre o 16 e o 17 de novembro na comarca do Baixo Miño, que afectaron de forma importante ás plantacións de kiwi. 

            O obxectivo da xuntanza é facer unha valoración real dos danos e intentar buscar posibles solucións que poidan solventar as perdas de renda provocadas por esta situación.

 

Presentado o Obradoiro de Autoestima en Tomiño

    O departamento de Iguadade do Concello de Tomiño presentou esta semana na Casa da Cultura un obradoiro de autoestima organizado polo Servizo Galego de Igualdade destinado ás mulleres tomiñesas.

    O taller contou coa aceptación do público ao cubrirse as prazas ofertadas. Durante tres horas intercambiaronse experiencias persoais e xogos.

    A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, expresou a intención de pór a funcionar para o ano distintos obradoiros e cursiños destinados ás mulleres de Tomiño.

 

Hoxe festa brasileira no Centro Goianés

    O Centro Goianés acolle hoxe, venres, a partir das once da noite unha festa brasileira. Contarán coa actuación do cantante Renato Spencer e do grupo Café Caxaça. Poderase degustar caipirinha

 

Turismo comprometese a recuperar a fortaleza de San Lourenzo de Goián

    O Director Xeral de Turismo, Rubén Lois, comprometeuse hai uns días a executar un plan de recuperación da fortaleza de San Lourenzo e realizar melloras do seu entorno que inclúan unha mellor promoción turística”. Este plan será realizado en colaboración co concello de Tomiño

    O Director Xeral de Turismo xunto á Delegada de innovación e industria acompañados pola alcaldesa e os concelleiros de Promoción Económica, e de Urbanismo, fixeron unha visita á fortaleza de San Lourenzo, en Goián. Rubén Lois resaltou “a necesidade de pór en valor o forte como enclave de interese turístico estratéxico de Tomiño e da comarca do Baixo Miño”.

    Previamente á visita o Director Xeral e a Delegada Provincial de Innovación foron recibidos no Concello pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o concelleiro de Promoción Económica, Xaquín Villadangos, e o concelleiro de Urbanismo, Uxío Benítez. Posteriormente mantiveron unha reunión cos empresarios de Turismo Rural de Tomiño onde se acordou por parte da Consellería de Innovación e Industria levar a cabo iniciativas destinadas ao fomento deste sector.

 

O contacontos Benito Guerreiro visita a  Cervecería  Casa Parroquial

     Hoxe venres, ás 23.00h, o contacontos Benito Guerreiro actuará en Tomiño, concretamente na  Cervecería  Casa Parroquial.

   Será unha das últimas  actuacións deste contandor de historias neste ano en que non parou de dar voltas, xa que voltas foi as que deu entre o 17 de maio e o 25 de jullo percorrendo en bicicleta  todos os concellos de Galicia. Unha aventura en solitario que foi relatando día a día na web www.avoltascoscontos.com.

    Foron un total de 71 etapas, 6.000 km pedaleando, 321 concellos visitados, máis de 100 contos contados, 3.000 fotografías e incontables anécdotas vividas.

    Foi a súa particular “gira” para darse a coñecer como contador de historias. Unha xira que fixo sen ningún tipo de axuda técnica; se a bici se averiaba tiña que reparala el mesmo ou cargar (40 kg xa  que contaba con casi  todo o necesario para ser autosuficiente: roupa, tenda de campaña, ferramenta, botiquín, camping gas, cazo para cociñar...) con ela como poidese para chegar ata o primeiro taller.

    Como cartos tampouco levaba moitos tivo que buscarse a vida e cando o presupuesto non daba para durmir nunha pensión, o que tocaba era durmir no medio do monte, nalgún albergue...

    Nalgunha ocasión a sorte acompañoulle  e   conseguiu comer e durmir a cambio dos seus contos, iso é o que se chama “vivir do conto”.

     Despois de finalizar a súa particular aventura realizou varias actuacións en diferentes concellos de Galicia: Padrón, Melide, Mondoñedo, Portomarín, e todos os venres pola mañá intervén en directo no programa matutino de Radio Tui a iso das 11 da mañán.

    Os contos que hoxe presentará ao público seguen a liña de amosar a súa particular forma de ver a vida invitando a risa e a reflexión.

 

Xoves, 22 de novembro de 2007   

Celebración de Santa Cecilia en Goián

    A Agrupación Musical de Goián vai celebrar este sábado a festividade da súa patroa Santa Cecilia.

    Comezarán ás seis da tarde cunha misa na Igrexa Parroquial acompañada pola propia agrupaciónda musical. Posteriormente, ás oito da tarde, e no Auditorio de Goián, a Agrupación Musical de Goián ofrecerá un concerto dirixido por César Núñez Pérez.

 

Mércores, 21 de novembro de 2007   

Danos e roubo por 36 mil euros na Igrexa parroquial de Forcadela

    Os danos ocasionados na Igrexa Parroquial de Forcadela e o material subtraído nun roubo na noite do domingo ao luns suman máis de 36 mil euros segundo o cálculo feito polo párroco José Luis Portela.

    Nun roubo anterior rexistrado hai 22 anos levara daquela ao párroco a tomar unha serie de precaucións coa colocación de cerroxos de seguridade nas portas o que fixo máis difícil o acceso na porta lateral e tamén na principal, polo que os autores do roubo abriron un boquete na porta á altura da cerradura, aproveitando que nese lugar a madeira era máis fina,  e por aí sacaron a palanca e os pasadores que daban seguridade á porta. Xa no interior os ladróns destrozaron os petos e levaron o que había no seu interior que no eran moitos cartos segundo contaba na RMT o cura da parroquia .

    Os ladróns accederon tamén ao sagrario de onde substraeron un copón de prata bañado en ouro, e o cáliz a xogo que estaba no altar, e foran doados polo propio párroco co gallo das súas vodas de prata coma sacerdote. Na sancristía desfixeron o programador das campas, levaron tres amplificadores, un dvd, un reprodutor de vídeo e outro de cassette, así coma dous micrófonos.

    José Luis Portela apuntaba coma posibles autores deste roubo en Forcadela a unha banda organizada que está actuando en distintas igrexas da Diócese e que roubaron xa en Sobrada, en Santa María e San Salvador de Tebra, en Taborda, no monte Trega, arrasando con todo nesta última capela.

    O párroco de Forcadela explicaba que tanto nesta parroquia coma en Estás e Figueiró tomou medidas de seguridade colocando chapas de 4mm de ferro por fóra das portas e un pasante, e cerroxos de seguridade para evitar que se puidesen forzar. Visto o acontecido en Forcadela aquí colocaráse tamén esta chapa de ferro.

    Explicaba José Luis Portela coma é difícil dar cos autores destes feitos e as veces nin os propios veciños senten ningún ruído. Non foi así en Santa María Tebra xa que eran tanto o balbordo que facían os ladróns que un veciño decatouse do que acontecía e deu aviso á Garda Civil.

 

Martes, 20 de novembro de 2007   

César Pérez Ares fala de ignorancia do goberno local tomiñés na xestión da depuradora de Goián

O voceiro do grupo municipal do Partido Popular, César Pérez Ares, considera inconcebible e inexplicable que a actual alcaldesa de Tomiño, Sandra González (BNG), e o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Vergara (PSOE), non se enterasen de que a estación depuradora de Goián,-non de Figueiró- E.D.A.R., a día de hoxe, non é de titularidade municipal senón que corresponde a súa titularidade e xestión á empresa pública  “Augas de Galicia”, dependente da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

O E.D.A.R., explica Pérez Ares, entrou en funcionamento no 2003, sendo realizada esta obra pola empresa “ISOLUX  WAT” por un importe de 3,5 millóns de euros, adxudicándolle a obra o ente “Augas de Galicia”.

Esta Empresa acometeu tamén os colectores primarios de Goián, Figueiró e Tomiño, para a súa conexión coa nova rede á depuradora, así como a subministración de enerxía eléctrica á mesma. O primeiro ano de funcionamento a devandita empresa realizou ao seu cargo o mantemento da instalación e da rede de sumidoiros. No ano 2004 a entidade “Augas de Galicia” adxudicou á empresa “Demain, S.L.” a xestión da depuradora, por un periodo de 10 anos.

Esto foi froito da xestión do anterior goberno do P.P. e  permitiu que o Concello aforrase  450.000 euros anuais (75 millóns de pts.), que doutra maneira terían que pagar os veciñós/as usuarios da devandita depuradora. Deste xeito logrouse un considerable aforro ó Concello e ós veciños, sendo Tomiño un dos tres concellos da provincia de Pontevedra que obtiveron este privilexio.

Santiago Vergara, continúa o comunicado asinado por César Pérez Ares, debería preocuparse de que o goberno da Xunta inclúa obras de saneamento en Tomiño, xa que ata o de agora nos últimos tres anos o goberno bipartito soamentes realizou obras xa adxudicadas polo anterior goberno do P.P.: colector primario Forcadela – Amorín e 1ª fase de saneamento en Estás. O resto das obras de saneamento na parroquia de Forcadela foron realizadas con fondos propios do concello así como outras obras en Goián, Tomiño centro, Sobrada e Sta. Mª de Tebra, acadando un número importante de usuarios que chegan neste momento a 1.206 tendo previsto acadar nos próximos anos os 1.600 usuarios, según o estudo da empresa “AQUALIA”, concesionaria da rede de abastecemento e sumidoiros e encargada do seu mantemento.

Santiago Vergara, insiste o portavoz popular, debería informarse para esixir responsabilidades a quen lle corresponda e defender os intereses municipais antes de emitir unhas acusacións que o único que evidencia é un descoñecemento sobre o cometido que lle compete, pois o anterior equipo de goberno non tivo constancia de que a Confederación Hidrográfica do Norte reclamara ao concello ningún canon, xa que a presentación  de  solicitude de verquido debe ser requerida ben á empresa que ostenta a titularidade da depuradora, á encargada da súa  xestión ou ben á empresa concesionaria da rede de saneamento e abastecemento de Tomiño; e, en todo caso, estas trasladalo ao Concello.

 

Luns, 19 de novembro de 2007   

 

A célula deseñada polas alumnas do IES  de Tomiño que acadou o primeiro premio exposta en Naturnova

                                                                                      Fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

   

    As alumnas Blanca Ruzo Dorna, Sheila Vila Martínez e Judit Ramos Eiras, do IES de Tomiño, mereceron o primeiro premio do  certame “Deseña e constrúe unha célula”, na categoría de Educación Secundaria dentro da Semana da Ciencia 2007 organizada polo Decanato da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. O traballo realizado, xunto cos presentados nas diferentes categorías, estivo exposto na sala Naturnova do Centro Social Caixanova, en Vigo, esta fin de semana.

 

Sábado, 17 de novembro de 2007   

Alumnas do IES de Tomiño premiadas pola Facultade de Bioloxía de Vigo

Segundo informa Carlos Villanueva, xefe do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES de Tomiño, tres alumnas deste centro acadaron o primeiro premio do certame “Deseña e constrúe unha célula”, na categoría de Educación Secundaria dentro da Semana da Ciencia 2007 organizada polo Decanato da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

O traballo realizado polas alumnas Blanca Ruzo Dorna, Sheila Vila Martínez e Judit Ramos Eiras estará exposto esta fin de semana xunto cos outros traballos presentados nas diferentes categorías na sala Naturnova do Centro Social Caixanova, en Vigo.

            O premio está dotado con 600 euros e os traballlos premiados pasarán a ser propiedade da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo
 
A concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal inicia hoxe o programa “Divírtete no Nadal”

Este sábado iniciase o amplio programa posto en marcha pola Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal, en colaboración ca Asociación de Empresarios e Comerciantes de Tomiño (ADETO), Estrelas da Noite, o Grupo Virxen do Alivio e Veciños de Amorín, e que rematará coa tradicional Cabalgata de Reis o próximo 5 de xaneiro.

Esta fin de semana

    Hoxe, sábado, ás 19.00hno Auditorio de Goián: demostración de baile latino a cargo da Escola Profesional de danza Baiona Dance School e da Escola Profesional de Danza de Vila Nova de Cerveira.

    Mañá, domingo, ás 18.00h tamén no Auditorio de Goián: concerto da Agrupación Musical do Rosal.

Amplia programación

A programación, que se desenvolverá nos cascos urbáns de Goián e Tomiño, consta de dúas partes: unha pensada para as familias, con exhibicións de Baile, Concertos de Música, Maxia, Títeres e Teatro; e outra para os máis cativos que inclúe obradoiros (elaboración de gorros e adornos do nadal, globoflexia, maquillaxe, redacción de cartas para os reis magos);  xogos (sogatira, paracaídas, rá, diábolo, carreira de sacos); animación de rúa (papa noel, zancos, duendes do Nadal, carteiros reais, paxes, reis magos) e espectáculos varios (bonecos de neve, LLila e Paspallás, Rei Midas, etc).

A esta programación engádese o Encontro de Corais, organizado pola Coral Polifónica de Tomiño que o próximo 23 de decembro reunirá, na Casa da Cultura, ademáis da organizadora, a Coral de Atios e a de San Andrés de Comesaña.

O Concelleiro responsable, Jesús Castiñeira, destaca a variedade da oferta que se plantexa e a calidade das actuacións que visitan o concello, así menciona a  da Banda Sinfónica de Santa María da Feira, de 90 compoñentes, formada, básicamente, por violíns, violonchelos, violas e arpas, tendo acadados importantes éxitos tanto en Portugal como en España.

Por outra banda, tamén menciona a actuación de Camerana Viguesa, dirixida por Armando Toledo, que ofrecerá, o 29 de decembro, un Concerto coa interpretación de obras clásicas típicas destas datas.

 

Venres, 16 de novembro de 2007   

Pérez Ares di que “A desidia do concello de Tomiño deixa sen iluminación desde hai 4 días a principal avenida de Goián, na que se rexistrou un accidente grave

O PPdeG trasladará ao Parlamento a “desidia” do concello de Tomiño e da Consellería de Política Territorial por ter consentido que a principal travesía de Goián, a Avenida de Brasil, leve catro días sen alumeado nocturno, co conseguinte incremento dos risco de accidente para peóns e condutores.

A decisión de trasladar o caso ao Parlamento xurde, di César Pérez Ares, logo de que onte a mañá (arredor das 07,00 horas e noite pecha) se rexistrase nesa vía un atropelo, á altura do paso de peóns situado a carón do cemiterio, no que unha persoa resultou con feridas de gravidade.

César Pérez Ares, deputado do Grupo Popular, considera que tanto o concello de Tomiño, que pese ás reclamacións veciñais rexistradas nos últimos días non adoptou medida algunha para corrixir o apagón, como a Consellería de Política Territorial, titular desa vía, incorreron nunha “clara neglixencia”.

Que a xunta abra  unha investigación

O deputado tomiñés polo Partido Popular, pedirá explicacións sobre o sucedido e reclamará que, con independencia do atestado de Tráfico, a Xunta abra un expediente informativo –que sexa remitido despois á Cámara- para investigar as causas do accidente rexistrado e tratar de determinar se a falta de iluminación nesa vía urbana tivo algunha relación co atropelo.

 “Nesta época sen choivas nin tronadas, é obvio que non se pode atribuír este apagón prolongado a un fenómeno meteorolóxico. O sucedido ten unha única causa, a desidia da administracións local”, conclúe Pérez Ares.

 

Citas en Tomiño para a fin de semana

    Esta fin de semana comeza programación do Nadal Cultural que organiza a Concellería de Cultura de Tomiño.

    A primeira cita ten lugar mañá sábado ás sete da tarde no Auditorio de Goián cun espectáculo de danza.

    Actuará a Escola Profesional de baile “Baiona Dance School”  que conta con grandes premios a nivel nacional e diversos recoñecementos artísticos, e a Escola de Danza de Vila Nova de Cerveira dirixida por Liana Fortuna Rigon.

    O domingo no Auditorio de Goián ás seis da tarde ofrecerá un concerto a Agrupación Musical do Rosal.

    Outra cita de lecer está esta noite en Estás, no Centro Social, onde a partir das 21.30h celebran unha chocolatada organizada polo propio Centro Social.

 

Xoves, 15 de novembro de 2007   

Obradoiro de Autoestima en Tomiño

    O Concello de Tomiño organiza para o próximo martes, día 20, pola tarde un Obradoiro de Autoestima dirixido a mulleres. Terá lugar na Casa de Cultura de 18 a 21h.

    As mulleres que desexen participar deben inscribirse no Departamento de Igualdade do Concello de Tomiño até o próximo luns.

 

Exposición pública das ordenanzas de recollida de cans e de residuos

            O BOP do 14 de novembro publica un edito da alcaldía de Tomiño referido ao acordo adoptado polo Pleno da Corporación segundo o cal se aproban, inicialmente, a Ordenanza de custodia e recollida de cans e a Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria.

            Estas ordenanzas sométense a exposición pública polo plazo de trinta días a partires da publicación do correspondente edicto no BOP (14/11(2007), procedéndose asimesmo á súa publicacion nun periodico de tirada provincial e no taboleiro de edictos do concello.

De non presentarse reclamacions no citado prazo as ordenanzas entenderase aprobadas definitivamente publicándose o texto no BOP para a súa entrada en vigor

 

Mércores, 14 de novembro de 2007   

O sábado iníciase a programación do Nadal Cultural en Tomiño

A Concellalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal informa que o vindeiro sábado, 17 de novembro ás 19.00h, terá lugar no Auditorio de Goián o primeiro acto pertencente á programación do Nadal Cultural.

A Escola Profesional de Baile “Baiona Dance School” xunto coa escola de danza de Vila Nova de Cerveira ofrecerán unha demostración de distintos xéneros de baile.

A Escola Profesional de Baile “Baiona Dance School” está situada en Sabarís e conseguiu, na súa corta andadura, grandes premios a nivel nacional e diversos recoñecementos artísticos das súas mozas bailarinas.

Esta escola está apadriñada por Aurora Pons (medalla de ouro de Belas Artes e catedrática de Ballet Clásico así como de Danza Española) e por José Antonio Rivero (director do Conservatorio Profesional de Danza de Sevilla).

Por outra banda,  a Escola de Danza de Vila Nova de Cerveira cuxa directora é Liana Fortuna Rigon, funciona dende hai tres anos impartindo clases de ballet clásico, hip hop e danza para adultos.

Esta escola forma parte da Asociación de Danza do Eixe Atlántico (ADEIXA), conta con outra escola en Valença e apoia e organiza, xunto coa Cámara de Vila Nova de Cerveira, o DANCERVEIRA (Festival internacional de danza de Vila Nova de Cerveira) que na pasada edición reuniu a 800 bailaríns, sendo o maior evento de danza do norte de España e de Portugal.

 

 

A Concellalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal presenta a programación do “Nadal Cultural”

    A Concellalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal presenta a programación do “Nadal Cultural” con numerosos actos para tódolos públicos e cunha programación especial denominada “Divírtete no Nadal” adicada aos máis cativos que se desenvolverá durante as vacacións dos nenos e nenas.

PROGRAMACIÓN “NADAL CULTURAL”

Novembro

    Sábado 17 ás 19.00h, no auditorio de Goián,  demostración de baile latino a cargo da Escola Profesional de danza Baiona Dance School e da Escola Profesional de Danza de Vila Nova de Cerveira.

    Domingo 18 ás 18.00h, no Auditorio de Goián, concerto da Agrupación Musical do Rosal.

Decembro

    Venres 7 ás 19.30 h, no auditorio de Goián, concerto de Sta. Cecilia  a cargo da Agrupación Musical do Rosal.

    Sábado 8 ás 19.00 h, no auditorio de Goián, Circuíto de Maxia do IGAEM. 

    Sábado 15 ás 18.30 h, no auditorio de Goián, Títeres Falcatrúa.

    Venres 21 ás 21.00 h, no auditorio de Goián, concerto ofrecido pola Banda Sinfónica de jovens de Sta. María da Feira ( Portugal ).

    Domingo 23 ás 18.00 h, na Casa da Cultura de Tomiño, Concerto de Nadal a cargo da Coral Polifónica de Tomiño coas corais invitadas de Atios e San Andrés de Comesaña.

    Venres 28 ás 20.00 h, no auditorio de Goián, concerto de Alberto Mvundi e representación teatral a cargo da compañía de teatro San Xerome.

    Sábado 29 ás 19.30 h, no auditorio de Goián, presentación do libro “Rosas en la Arena” de Oliva Mª Pereira González, de seguido concerto de Nadal a cargo da Camerata Viguesa.

PROGRAMACIÓN INFANTIL “DIVÍRTETE NO NADAL”

Decembro

    Venres 21 de 17 a 19 h, na Praza do Seixo, realización dos obradoiros gorros de Papá Noel e adornos para a árbore.

    Sábado 22 de 17 a 19 h, na Praza do Seixo, xogos de zancos e sogatira.

    Domingo 23 de 17 a 18.30 h, no centro de Tomiño, animación de rúa cun Papá Noel xigante e unha Mamá Noel patinadora.

    Luns 24 de 17 a 17.45 h en Goián e de 17.45  a 18.30 h no centro de Tomiño animación de rúa cun Papá Noel e duendes do nadal.

    Mércores 26 ás 18 h, na Casa da Cultura, espectáculo “Llila e paspallás”.

    Xoves 27 de 17 a 19 h,  na Praza do Seixo, obradoiros de globoflexia e maquillaxe.

    Venres 28 de 17 a 19 h, na Praza do Seixo, realización dos xogos de paracaídas e rá.

    Sábado 29 de 17 a 17.45 h en Goián e de 17.45 a 18.30 no centro de Tomiño, animación de rúa con un boneco de neve itinerante e bolas de neve patinadoras.

    Domingo 30 de 17 a 18.30 h, no centro de Tomiño, animación de rúa cuns duendes de nadal e carteiros reais.

    Luns 31 de 17 a 19 h, na Praza do Seixo,  realización dos obradoiros de elaboración da carta e da coroa dos Reis Magos

Xaneiro

    Martes 1 de 17  19 h, na Praza do Seixo, realización  dos xogos diábolo e carreira de sacos.

    Mércores 2 ás 18 h, na Casa da Cultura, espectáculo de maxia “Rei Midas”.

    Xoves 3 de 17 a 18.30 h, no centro de Tomiño, animación de rúa cos carteiros e os paxes reais. 

    Venres 4 de 17 a 17.45 h en Goián e de 17.45 a 18.30 h no centro de Tomiño, animación de rúa cos Reis Magos e os seus paxes.

    Sábado 5 a partir das 17 h, gran Cabalgata de Reis polas rúas de Tomiño rematando na Praza do Seixo.

 

Martes, 13 de novembro de 2007   

Acto polo 25 Aniversario do BNG o próximo venres en Tomiño

O Bloque Nacionalista Galego (B.N.G.) celebrará o vindeiro venres, día 16 ás 21.00 horas, na Casa da Cultura de Tomiño, un acto público polo 25 Aniversario da constitución desta organización política.

No mesmo, ademais das intervencións políticas a cargo do deputado no Parlamento Galego, Bieito Lobeira, da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e do Responsábel Comarcal do BNG no Baixo Miño, Alberte Alonso, proxectarase un video no que se fai un repaso en imaxes pola historia da organización frontista e actuará o cantautor guardés, Tino Baz.

Ademais de conmemorar os 25 anos da organización, os nacionalistas danlle a este acto carácter preelectoral, e servirá como inicio da precampaña electoral na comarca de cara ás Eleccións Xerais do vindeiro ano. Así, farán referencia a importancia de que o BNG acade un maior peso no Congreso dos Deputados co fin de ser determinantes na gobernabilidade do Estado, pois, segundo o BNG, “non se divisa un escenario de maiorías absolutas, polo que o nacionalismo galego vai ser necesario para a gobernabilidade do estado”.

 

Sábado, 10 de novembro de 2007   

Magosto e concursos en Tebra amenizados por música tradicional

A Asociación Cultural “O Val Do Cereixo” organiza para hoxe un magosto que dará comezo ás oito da noite na Casa Social de Santa María de Tebra. Haberá castañas, pan de millo, sardiñas, viño e refrescos de balde. Ademais celebrarase un concurso de repostería e outro de cata de viño da casa, nunha tarde amenizada por “Brisas de Tomiño” e o grupo de música tradicional galega “Zurrútalos”.

 

El tripartito convoca sesión extraordinaria y urgente para aumentar las tasas de sumideros y agua

Alternativa Tomiñesa, que recuerda que el pasado 7 de noviembre BNG, CdT y PSOE, aprobaron una subida de tasas del 20%, justificándose en la ruptura de equilibrio económico-financiero, manifestó, en primer lugar, su desacuerdo con el carácter urgente de la sesión que quieren entender que se debe, por un lado, a que la medida es antipopular y no interesaba dar bombo y avisar a todos los tomiñeses para un pleno a celebrar un  viernes a las ocho, como es habitual, haciéndose en miércoles a las 12 del mediodía para que no haya afluencia de público. Por otro lado, entienden que de este modo no se le da tiempo a la oposición para documentarse y poder preparar un tema tan delicado como este.

En segundo lugar, dicen desde AT, habría que exigir a la empresa que cumpla con las inversiones que tiene pendientes de realizar, de esta manera el número de abonados aumenta y ya no se estaría hablando de ruptura de equilibrio económico-financiero.

Para “Alternativa” una subida del 20% en las tasas va a suponer sin duda un desequilibrio económico, dicen, pero en los bolsillos de los tomiñeses, que no tienen  subidas salariales del 140%, porcentaje en el que aumentaron los salarios en el actual gobierno tripartito. La subida que tiene los tomiñeses es, como mucho, la que corresponde al IPC.

El segundo pleno que se celebró a continuación, fue más de lo mismo. Sacan dinero de Asociaciones de Vecinos y Comunidades de Montes que no son afines a este gobierno tripartito,  para pasarlo a gastos corrientes, pero, añaden desde Alternativa Tomiñesa,  a los suyos (se entiende que los agines al fobierno local) ni los tocan.

Todo esto se aprobó, tal y como se lo habían adelanto a la prensa, antes de celebrarse los plenos, por lo que AT considera que deberían esperar, por lo menos, a que se celebrasen (los Plenos) para publicar la aprobación de los mismos. Esto es una demostración más de la prepotencia del actual gobierno tripartito.

Llegados a este punto AT recuerda a la alcaldesa la frase que, dicen, tanto le gusta repetir: “Usted es la alcaldesa de todos nosotros y no sólo de los que la han votado, que recordamos es un 15% de la población” .

 

Venres, 9 de novembro de 2007   

A Directora de Comercio visita hoxe Tomiño

    A directora xeral de Comercio da Consellaría de Innovación e Industria, Ana Rúa, realizará ás nove e media desta mañá unha visita ao Concello de Tomiño. Despois de ser recibida pola corporación municipal, visitará o mercado municipal e fará un percorrido polo Centro Comercial Aberto da localidade.

 

Currás, Figueiró e Santa Mª d eTebra festexan a San Martiño

    En Currás festexan mañá a San Martiño. Ás 12 terán misa cantada pola Coral Polifónica de Tomiño. Pola tarde ás 17.30h haberá Teatro para nenos e logo un bingo.  A verbena da noite será amenizada por Principal e D’Tacón.  

    Tamén en Figueiró  teñen festas na honra a San Martiño que comezan esta noite con verbena amenizada polo grupo Nevada. E dende ás 21h haberá castañas e viño do país, gratis

    Mañá ás nove da mañá entrará no recinto de festas o grupo de gaitas “Os Petóns” da Guarda. Ás 12h celebrarase Misa solemne con sermón e procesión. Pola noite amenizan a verbena Nueva Palma e Océano.

    E tamén haberá magosto en Santa María de Tebra organizado pola Asociación Cultural “Val do Cereixo”. A cita será o sábado ás oito da tarde e terán castañas, pan de millo, viño, refrescos, sadiñas... todo de balde. Actuarán os grupos Brisas de Tomiño, e Zurratolos.

 

(Nota prensa PP)

O goberno tripartito de Tomiño aproba unha subida nas taxas de sumidoiros e abastecemento de auga nun 20% para os anos 2008 e 2009

O pasado 7 de novembro, tiveron lugar no Concello de Tomiño dous Plenos extraordinarios; un deles con carácter de urxencia.

No primeiro deles, o tripartito aprobou unha subida nas taxas de sumidoiros e abastecemento de auga nun 20% para os anos 2008 e 2009.

Para o Grupo municipal Popular non está xustificado este incremento, toda vez, que a empresa adxudicataria do abastecemento tiña o compromiso  de realizar unhas inversións de preto de 100.000 euros neste ano 2007, segundo consta na documentación referida a esta concesionaria; pero que a alcaldesa (BNG) e o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Vergara (PSOE) ignoraban como así quedou de manifesto na celebración do Pleno onde mostraron un descoñecemento total e absoluto do compromiso de recoñecemento das obras de inversión proposta pola Empresa como así consta na documentación que obra en poder da alcaldía.

Sen embargo, a empresa concesionaria, intelixentemente e buscando o seu interese económico presenta un informe de ruptura de equilibrio económico-financiero na contratación que é aceptada polo tripartito (BNG, CdT, PSOE), o cal leva consigo a subida do 20% das taxas nos vindeiros anos 2008 e 2009.

É de destacar que o Grupo municipal Popular, cando gobernaba, opúxose a este medida mentres non se realizaran milloras nas actuacións para posta en servicio da rede xeral de abastecemento no concello que é básico e fundamental para que os veciños/as do casco urbán de Tomiño teñan opción de engancharse a dita rede. Nembargantes, a alcaldesa, en lugar de defender os intereses dos cidadáns parece máis interesada en defender os intereses empresariais da Concesionaria.

No 2º Pleno, a rexidora fixo entrega dun expediente de modificación de créditos –que motivou un “reparo xurídico” por parte de Intervención por non axustarse á Lei- onde se suprimen varias subvencións nominativas a Comunidades de Montes e Entidades Veciñais para este ano 2007 baixo o pretexto de atender obrigas xeradas de gasto e servicios correntes.

Destaca, este Grupo municipal que por parte da Alcaldía non se fixo mención  ó capítulo de gastos de persoal e o aumento de case un 140% nos soldos dos concelleiros con dedicación exclusiva o que vén a mermar de maneira considerable algunha das partidas de gastos ordinarios.

 

Por outra banda, o Partido Popular de Tomiño amosa a súa satisfacción por lograr que se mantiveran as subvencións á Comunidade de Augas de Piñeiro e á Comunidade de Montes de Taborda, así como o compromiso de que as partidas afora suprimidas ás Comunidades de Montes de Barrantes, S. Salvador e Comunidades de Usuarios de Outeiro se incorporen ó presuposto do ano 2008.

 

 

Xoves, 8 de novembro de 2007   

ADETO regala catro pagas extras e prepara a Campaña de Nadal

    Belén Alonso, Presidenta de ADETO, manifestouse optimista na Radio Municipal de Tui con respecto á situación tanto do comercio de Tomiño coma da propia Asociación, xa que a contratación dunha persoa para a oficina  está a darlles o pulo que necesitaban. A iso súmase o incremento no número de asociados que están rexistrando, o que lles dá folgos para continuar o seu traballo e aplicar a máxima de “a unión fai a forza”.

    Onte mesmo en ADETO iniciaban un curso de escaparatismo no que cubriron todas as prazas. Belén Alonso amosábase moi satisfeita por esta resposta.

    Agora están xa traballando na campaña de Nadal, sobre a que están abertos a que os comercios asociados lles aporten ideas.

    En tanto teñen en marcha unha campaña titulada “Para o que queiras” na que sortearán catro pagas extras o próximo día 5.

    A isto súmase a colocación dun directorio na Praza do Seixo onde aparecen todos os establecementos asociados de ADETO.

    Lamentaba Belén Alonso  os destrozos que están a sufrir os carteis e placas de moitos comercios que están a ser estragadas, e que prexudican gravemente aos comerciantes.  Anunciaba que se a situación continúa a directiva da Asociación tomará medidas legais, xa que teñen aos autores localizados.

    Por último Belén Alonso avanzaba que a medio prazo posiblemente por motivos persoais terá que deixar a presidencia de ADETO, polo que facía xa un chamamento a posibles candidatos para pórse ao fronte da Asociación.

 

Mércores, 7 de novembro de 2007  

ADETO imparte un curso de paquetería e escaparatismo

    Onte á  tarde a Asociación de Comerciantes de Tomiño, ADETO, presentou un curso de Paquetería e Escaparatismo que vai impartir en colaboración coa Cámara de Comercio de Tui e ao abeiro do programa Mercurio.

    O curso comezou onte e vaise prolongar ata o próximo día 27. Dende ADETO amosan a súa satisfacción pola gran acollida que tivo o curso.

 

Visita da delegada de Presidencia e da directora xeral de Administración Local

       A Delegada de Presidencia,  Mª Carmen Larriba, e a Directora Xeral de Administración Local, Begoña Rodríguez Rumbo, visitaron e entrevistáronse cunha representación do goberno tripartito do Concello de Tomiño formado, entre outros, pola alcaldesa, Sandra González, Pablo Baquero e Santiago Vergara. No acto tratouse a posibilidade de introducir melloras na  Casa Consistorial e anexos con cargo a partidas orzamentarias da Xunta de Galicia no ano 2008.

Por outro lado, visitaron as instalacións municipais e tanto a delegada de Presidencia como a directora xeral de Administración Local manifestaron a vontade de colaborar na mellora dos edificios consistoriais.

 

Martes, 6 de novembro de 2007  

O Concello de Tomiño vese na obriga de realizar unha modificación de crédito para asumir os gastos correntes.

Tamén levará a pleno unha modificación das taxas por abastecemento e saneamento de auga onde se contemplan os prezos deste servizo para os exercicios 2008, 2009 e 2010.

O Grupo de Goberno de Tomiño, conformado por BNG, CdT e PSOE, aprobará no pleno extraordinario convocado para o mércores 7 de setembro unha modificación de créditos. Esta modificación transferirá 335.957,96 € do capítulo 6 e 7 do orzamento (consistentes en partidas orzamentarias xa caducadas e que non se pode facer uso delas), ao capítulo 2 de gastos correntes.

O motivo da realización desta modificación de créditos é que non hai crédito dispoñible para atender as obrigas de gastos ordinarios e servizos correntes, xa que o anterior goberno gastou toda a partida de investimentos e fixo gastos sen consignación orzamentaria por ser ano electoral.

 Para o concelleiro encargado da área de Facenda, Uxio Benítez, “é imprescindíbel e urxente para a xestión ordinaria municipal dotarnos de consignación orzamentaria para asumir os gastos correntes”.

Uxio Benítez di, “é  incríbel o uso electoral e partidista que fixo dos fondos públicos o anterior equipo de goberno do PP, posto que gastou por completo a partida de inversións, realizou gastos sen consignación orzamentaria e fixo un uso desmedido e desproporcionado dos gastos correntes de tal xeito que a estas alturas non teñamos nen para pagar a luz”

            Respecto á modificación de taxas de abastecemento e saneamento o concelleiro de Medio Ambiente  manifestou que “aínda que a definición deste goberno é mellorar a xestión e non subir os impostos neste caso a modificación de taxas faise inevitable dada a situación de desequilibrio económico da concesión, motivada entre outras causas polo incremento do prezo da auga que pasou de 0,19 euros/m3  no 2005 a 0,22 euros/m3  neste ano. “

            Para Santiago Vergara, hai outras causas mais difíciles de cuantificar, pero que teñen unha clara influencia na situación actual, especialmente a falta de xestión do anterior goberno que xa era coñecedor da situación a través do escrito que a empresa concesionaria lles remitiu en novembro de 2006. “Limitáronse a dar a calada por resposta, tanto á proposta de modificación de taxas como a unha serie de propostas para mellorar o servizo. Agora temos que tomar as medidas necesarias para garantir a viabilidade e calidade do servizo.”

            Desde o goberno municipal destacan a transparencia do proceso, xa que “os veciños van saber con anticipación canto pagaran polo servizo ata o ano 2010. A partir dese ano o incremento será unicamente o equivalente o incremento do IPC”.

            Esta modificación vai supoñer que a partir do 1 de xaneiro de 2008 os veciños pagarán 0.8 euros mensuais  máis polo servizo e quedan garantidas as inversións por parte da concesionaria en melloras do servizo.

 

Venres, 2 de novembro de 2007  

Estás inaugura unha exposición sobre o 75 aniversario da II República española

    Este domingo, ás seis da tarde será inaugurada no Centro Social de Estás unha Exposición titulada “75º aniversario da II República Española”. A mostra está organizada polo Centro Social en colaboración co Ateneo Republicano de Galicia.

    A exposición permanecerá aberta ata o 18 de novembro e poderá visitarse de 16 a 20.30h

 

Citas na fin de semana en Tomiño

    A Casa de Cultura de Tomiño acolle mañá, ás seis e media da tarde, a proxección do documental “A casa da miña avoa” no marco da programación “Cinema de Noite”.

    Esta é unha iniciativa subvencionada pola Consellería de Cultura e Deporte, co obxectivo de promover e difundir o medio audiovisual a través da proxección de películas en concellos que non dispoñan de sala de exhibición comercial.  En Tomiño a organización corresponde á Concellería de Cultura.

    “A casa da miña avoa” é un documental apto para tódolos públicos, que conta a historia  de Marina, unha meniña de seis anos impulsiva e irreverente, que ten unha peculiar relación con Marita, a súa avoa.

    Por outra parte mañá sábado e o domingo, celébrase no Pavillón Polideportivo de Goián unha exposición e mercadiño de motos antigas. O horario de apertura mañá sábado será de 15.30 a 20h, e o domingo ao longo de todo o día de 10 a 14 h e de 16 a 19h.

    A organización corresponde á Asociación de amigos das motos antigas e de colección, e contan co patrocinio do Concello de Tomiño.

 

Xoves, 1 de novembro de 2007  

Exposición sobre a República e Chocolatada citas en novembro no Centro Social de Estás

            Dúas actividades programa para os próximos días o Centro Social de Estás. A primeira delas terá lugar este domingo, 4 de novembro, coa inauguración, ás seis da tarde, da exposición “75º Aniversario da II República Española”, que se poderá visitar ata o 18 de novembro, entre as 16.00 e as 20.30h no Centro Social.

            Para o día 16 de novembro hai unha cita co saboroso chocolate. Ás 21.30 horas terá lugar no Centro Social de Estás, unha “Chocolatada”.

 

Pérez Ares acusa de irresponsable ao goberno local por non presentar alegacións ao Parque Eólico “Albariño I” e critica o Consello Municipal de Cultura

O Grupo municipal popular de Tomiño, a través do seu voceiro, César Pérez Ares, considera reprobable a actitude da alcaldesa do BNG, Sandra González, ante a Moción presentada por este Grupo respecto ó Parque Eólico “ALBARIÑO I”.

A Alcaldesa non  considerou oportuno incluír na orde do día do Pleno do pasado 26  de outubro a devandita moción para o seu debate.

Este parque eólico afecta ás parroquias de Barrantes e Pinzás. A Comunidade de Montes de Barrantes  presentou varias alegacións xa que o Proxecto resulta incompleto, impreciso e non recolle con exactitude as servidumes de paso, nin as afectacións, nin o impacto paisaxístico e patrimonial que se produciría.

Sen embargo, dende o concello,  malia estar a exposición pública (DOG 1-8-2007) o Estudo Ambiental do devandito Proxecto, non se fixo alegación algunha por parte da Concellería de Urbanismo e Patrimonio (Departamento responsable da Catalogación do Solo e de velar pola Conservación dos Elementos Arqueolóxicos), aínda que si se fixo noutros concellos.

Para os populares, esta falta de actuación supón “unha grave irresponsabilidade” por parte da alcaldesa  e do seu equipo de goberno na defensa dos intereses dos veciños afectados e do propio interese municipal.

Mentres que en Baiona todos os grupos políticos apostaron por unha moción conxunta para rexeitar o devandito parque eólico; en Tomiño non puido darse por unha inhibición manifesta por parte do goberno local, pese a boa disposición do Partido Popular para que así acontecese.

Consello Municipal da Cultura

Por outra banda, o voceiro do grupo municipal do PP, define o Consello Municipal da Cultura como un órgano netamente político, creado polo BNG, para “intervir e limitar” ao conceleiro Jesús Castiñeira (CdT) no seu labor como responsable da Concellería de Cultura.  Ao mesmo tempo, é “sectario” xa que non permite a incorporación doutras forzas políticas do concello (PP, AT, PSOE).

O BNG, continúa o escrito de César Pérez, a través da  alcaldesa e do concelleiro de Urbanismo pasan a controlar solapadamente a Concellería de Cultura, e dentro de moi pouco, asistiremos a creación do Consello Municipal de Deportes, e así o CdT pasará de ser “chave” no Goberno tripartito a “mera comparsa” do BNG e do PSOE.

  

Proxección do documental o sábado: “A casa da miña avoa”

         A Concellalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal informa que o este próximo sábado, 3 de novembro ás 18.30 h, terá lugar na Casa da Cultura de Tomiño a proxección do documental “A casa da miña avoa”, pertencente á programación Cinema de Noite. Este programa está organizado e subvencionado pola Consellería de Cultura e Deporte, co obxectivo de promover e difundir o medio audiovisual a través da proxección de películas en concellos que non dispoñan de sala de exhibición comercial. 

          “A casa da miña avoa” é un documental apto para todos os públicos, que conta a historia  de Marina, unha meniña de seis anos impulsiva e irreverente, que ten unha peculiar relación con Marita, a súa anciá avoa. A rancia educación á que a señora somete á pequena provoca que esta se rebele contra ela e contra calquera que lle queira ditar maneiras. Ao longo de varios anos constrúese a vida dunha familia coas súas emocións e conflitos.

 

A Plataforma en Defensa do río Furnia  felicítase pola disponiblidade da alcaldesa de Tomiño e do alcalde de Tui por un proxecto conxunto de saneamento do Furnia

    A Plataforma en Defensa do río Furnia vén de emitir un comunicado no que se felicita pola “dispoñibilidade” da alcadesa de Tomiño e do alcalde de Tui  para dar solución ao saneamento do río Furnia “manténdoo libre de contaminación”. Deste xeito sinala o colectivo dáse cumprimento ao  acordo unánime das dúas corporacións municipais. 

    A Plataforma apoia estas iniciativas ao entender que un proxecto conxunto entre os concellos de Tui e Tomiño que contemple unha rede de saneamento nas seis parroquias afectadas: Malvas, Pexegueiro, Piñeiro, Sobrada, Currás e Amorín, que manteña as condicións actuais do río Furnia é unha solución  que daría resposta á demanda dos veciños.

    Dende a Plataforma ofrecen a súa colaboración para que estes contactos acaben nun proxecto de saneamento integral do río Furnia.