www.galiciasuroeste.info

NOVEMBRO

 

Mércores, 30 de novembro de 2011

Hoxe rematan os Xogos Galaico Durienses en Tui

Dende onte á tarde están a disputarse en Tui os Xogos Galaico Durienses nos que participan seis universidades: as de Porto, Minho, Tras os montes e Alto Douro por Portugal, e as de Vigo, Santiago e A Coruña por parte galega. Contan co apoio da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, e dos concellos de Tui e Valença do Minho. Trátase da vixésimo quinta edición desta competición.

Nestes xogos participan alumnos, docentes e funcionarios destas seis universidades que compiten en dous deportes: baloncesto e fútbol sala. Os partidos de baloncesto serán no vello pavillón e os de fútbol sala serán no novo pavillón de deportes de Tui.

Os encontros comezaron ás tres desta tarde e continúan esta mañá a partir das dez da mañá, e a partir das 12 xogaranse as finais no novo pavillón de deportes de Tui. Ás doce será a de baloncesto e á unha a de fútbol sala.

Xa á unha e media está prevista a entrega de premios destes Xogos. O acto contará coa presenza do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, e o seu homólogo do Goberno portugués, Alexandre Mestre, o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Mendes; o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez;  o reitor da Universidade de Tras Os Móntes e Alto Douro, Carlos Alberto Sequeira; o reitor da Universidade do Minho, António Cunha; o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Matogueira, o reitor de Santiago de Compostela, Juan J. Casares; o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja; o reitor da Universidade de Porto, José Carlos Diogo; e a directora da GNP-AECT, Elvira Vieira.

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal aposta así polo deporte interuniversitario como vínculo de unión e cooperación  entre Galicia e o Norte de Portugal.

 

O venres inaugurase a exposición “Olladas persoais” do José Luís Luque Puértolas

Este venres, ás 20.30h, terá lugar na Sala de Exposicións Municipal a inauguración da exposición fotográfica “Olladas persoais” de José Luís Luque Puértolas.

José Luís Luque Puértolas fotógrafo de formación autodidacta, nacido en Figueres (Xirona), desde idade temperá iníciase na fotografía analóxica onde aprende a ?saber mirar?. Desde hai uns anos penétrase na era dixital tomando parte en concursos de forma regular.

Nesta a súa primeira exposición móstranos algúns dos seus máis representativos traballos, fuxindo dunha temática central, e inclinándose cara á creatividade á hora de realizar os procesados, converténdose nun alquimista de efectos, creando atmosferas irreais, ou imaxes de alta definición, segundo requírano os mesmos.

As súas fotografías de alto rango dinámico son posteriormente traballadas con filtros por zonas, realzando ou difuminando o que conveña, logrando extraer da imaxe a chamada textura fractal oculta, creando así inusuais efectos de luz.

Investigando nos últimos anos distintas técnicas de procesado e aplicando aqueles medios que lle permiten crear o imaxinado, converte a fotografía nun dobre divertimento, o primeiro no instante de facer a toma, coidando a composición, control de luz, e demais premisas; e posteriormente no seu procesado elaborando o que será a imaxe resultante.

 

Martes, 29 de novembro de 2011

O BNG de Tui lamenta a falta de compromiso do PP contra a violencia de xénero

O BNG presentou no pleno de 24 de novembro varias mocións de entre as cales figuraba unha contra a violencia de xénero.

Na moción presentada o BNG lembrou que se ten avanzado moito en Galicia na elaboración de lexislación que defende ás vítimas de violencia de xénero como a aprobación da Lei 11/2007, pero que é imprescindible desenvolvela para facer efectivas as súas propostas e poder loitar, de xeito real, contra este lacra social. A moción do BNG reclamaba  poñer en marcha o Observatorio Galego da Violencia de Xénero e o Centro de Recuperación Integral, así como programas de formación específica para aqueles profesionais que atendan ás vítimas de violencia e o acceso destas á atención psicolóxica no ámbito sanitario público. Todas estas cuestións xa están aprobadas na Lei 11/2007, pero o goberno do PP de Núñez Feijoo, en vez de desenvolvelas, leva anos reducindo as asignacións orzamentarias respecto da igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

O domingo, a poucas horas de celebrarse o Día Internacional contra a violencia de xénero,  nunha actitude de absoluta “impasibilidade”, din os nacionalistas, o equipo de goberno do PP do Concello de Tui non tivo ningún tipo de reparo en “negar a urxencia” desta moción e impedir que se debatesen os seus termos pola Corporación, rexeitándoa de entrada.

O BNG de Tui lamenta profundamente a falta de sensibilidade e de compromiso do equipo de goberno do Partido Popular coa problemática da violencia de xénero.

 

A Biblioteca Municipal de Tui incrementa o seu fondo local con novas publicacións

A Biblioteca Pública Municipal de Tui vén de incrementar o seu fondo local con novas adquisicións de obras diversas que consolidan esta sección da nosa biblioteca como unha ferramenta imprescindible para o coñecemento da nosa localidade.

Por unha banda, foron adquiridas diversas obras de caracter histórico como é o caso das seguintes:

-“Memorie Storiche dell’Australia” do Bispo Rosendo Salvado, de 1857; trátase da primeira edición destas memorias que foi realizada en italiano

-“Manual de Estudios Bíblicos” de Manuel Lago Gonzalez editado en Alemania no ano 1911

-Discurso de ingreso na Real Academía de Ciencias Morais e Políticas pronunciado por Augusto González Besada titulado “Deberes de la ciudadania olvidados o mal cumplidos por las generaciones actuales” editado en Madrid en 1913

-“Tui en la Baja Edad Media” de Pascual Galindo Romero editado en 1923.

Nesta mesma liña de traballo, a Biblioteca tudense tense enriquecido coa reproducción de diversas publicacións periódicas locais, como son o “Boletín do Centro de Iniciativas y Turismo de Tui”, editado entre 1960 e 1968, a revista “Tuy, del Instituto Laboral San Pelayo” editada entre 1957 e os tres números de “Tude” a revista do Instituto tudense editada nos anos 1935 e 1936.

Na actualidade o fondo local de Biblioteca Pública Municipal tudense conta con máis de trescentas publicacións de variada temática referidas á nosa cidade e o seu municipio. Deste xeito, a Biblioteca municipal leva adiante unha das súas funcións, como é reunir as publicacións referidas ao seu ámbito xeográfico, converténdose nun centro de acceso á información de caracter local aos servizo dos estudosos e dos cidadáns en xeral.

Para a concelleira de Cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, este traballo da Biblioteca Municipal contribúe á potenciación deste servizo municipal como un referente para a nosa cidade, pois xunto ao traballo diario de promover o acceso á cultura e á información, consolida o seu caracter de servizo público incrementando constantemente este fondo local, aberto á consulta dos usuarios da Biblioteca Municipal tudense.

 

Inaugurado o monumento na honra a Don Faustino Rey Romero

Dende o pasado venres á noite loce xa nos xardíns de media Lúa o monumento na honra a Don Faustino Rey Romero obra do escultor tudense Rosendo. Os alcaldes de Tui e de Rianxo foron os encargados de descubrir a bandeira galega que tapaba o monumento, no que se pode ver xa a caricatura do homenaxeado, uns merlos e unha dedicatoria. A continuación escoitouse o himno galego que puxo fin ao acto de homenaxe organizado por Levada Libre.

Previamente na Igrexa de Santo Domingo celebrouse un acto poético musical, que encheu o templo, en homenaxe a Rey Romero que foi o gran protagonista. A súa poesía soou na igrexa na voz de amigos, alumnos do instituto, profesores, a e música foi interpretada por distintas agrupacións como Voces Ceibes de Paramos, a Escola de Corda do Conservatorio de Tui ou o trío de harmónicas “Son do Mar” Miguel de Santiago.

Levada Libre lembrou a súa reivindicación de dedicarlle a Rey Romero un 17 de maio, e deu lectura incluso a un correo electrónico ficticio do homenaxeado que agradou aos presentes.

Interviña tamén neste acto o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, quen falando de Faustino Rey Romero, dicía que foi un católico ortodoxo libre, que optou pola democracia. Engadía que foi un gran lector e un gran poeta cargado de sentido filosófico. Remataba sinalando que foi un home comprometido  e lembraba que foi o seu amigo.

 

Festa do Xabarín en Paramos o domingo

Este domingo celébrase en Paramos a Festa do Xabarín. A partir das dúas da tarde poderase degustar unha ración de xabarín, acompañada de viño, sobremesa e café por un prezo de 12 euros. Os interesados poden inscribirse no 690 756 092. Contarán coa actuación da  Banda de Gaitas de Paramos

 

XV Mostra Colectiva de Nadal en Trisquel e Medulio

Este sábado, ás oito e media da tarde, será inaugurada a XV Mostra Colectiva de Nadal na Galería de arte Trisquel e Medulio de Tui.  O acto inaugural contará cun miniconcerto de música de zanfoña a cargo do dúo Bicarelo integrado por Alfonso Cheda e María Xosé López.

A exposición poderá visitarse ata o 15 de xaneiro en horario de 17 a 21h de luns a venres, e os sábados de 11 a 14h.

   

Novo libro da historiadora tudense Silvia González

A historiadora tudense Silvia González Soutelo vén de publicar un novo libro titulado “El valor de agua en el mundo antiguo”. Foi editado pola Fundación Barrié dentro da colección “Galicia Histórica”.

O libro aborda un tema tan amplo e complexo coma é a arqueoloxía da auga, plantexando unha visión xeral e sinxela das principais infraestruturas vinculadas ao control, uso e aproveitamento da auga nos asentamentos de época romana. Pretende reivindicar o potencial arqueolóxico  do territorio galego e apreciar así as singularidades existentes nos seus xacementos.

O libro está dividido en dous bloques temáticos. No primeiro fai unha breve revisión das principais infraestruturas hidráulicas vinculadas a auga común e os elementos asociados ao seu tratamento en época romana. Na segunda parte estuda un significativo número de asentamento romanos en Galicia, xunto á caracterización do uso das augas mineromedicinais no  mundo antigo, a partir do estudo exhaustivo dos excepcionais exemplos de balnearios romarnos localizados no contexto galego.

O libro está prologado por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. Na actualidade Silvia González Soutelo imparte docencia na Universidade Autónoma de Barcelona.

 

Programa “O Cine nas Aulas” para os colexios e IES de Tui

O Departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, puxo en marcha o programa “O cine nas aulas”. No mesmo participan os IES e os CEIP’s de  Guillarei, Caldelas, Rebordáns, Nº1, Nº2, Pazos de Reis,e Maristas Sta María. Algún centro visionarán a película no propio colexio e outros farano no Teatro Municipal.

A metodoloxía do curso é que o profesor traballe o tema da prevención a partir das películas. Todo o material complementario que se lle facilitará, servirá como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía, xa que consideran que o cine pode resultar un recurso de primeira magnitude para implementar todo iso e pode facilitar, ademais, a profundización noutros ámbitos transversais que resulten de interese de cada docente.

Os alumnos de Primaria traballarán a película  “El Patito Feo y Yo”. Mentres que o alumnado de 2º da ESO, visionarán dúas películas durante o curso escolar, a primeira foi “Cobardes” o pasado día 22 no Teatro da Área Panorámica

O  programa conta con guias metodolóxicas para o profesorado e tamén Cadernos Didácticos para o alumnado/a, estas guías foron confeccionadas polo Departamento de Drogodependencias e Outras Condutas Aditivas do Concello de Tui. 

 

Sábado, 26 de novembro de 2011

Veintidós personas finalizan con éxito el curso sobre Creación y desarrollo de la empresa organizado por la Cámara de Comercio de Tui

Un total de veintidós personas finalizaron con éxito el programa “Creación y Consolidación de Empresas” organizado por la Cámara de Comercio de Tui, que tenía como objetivo ayudar a los emprendedores  de la demarcación y del entorno a que comprobasen la viabilidad de sus proyectos y a los empresarios a que rentabilizasen al máximo sus negocios.

En palabras del presidente de la Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso, “en la situación económica en la que nos encontramos, estos programas se convierten en una  oportunidad única para nuestros empresarios y futuros emprendedores de poder mejorar la gestión de sus negocios y  comprobar el éxito de  futuros proyectos. Esperamos que los conocimientos adquiridos durante el curso permitan a los emprendedores encontrar una oportunidad de mercado o mejorar la gestión de las empresas ya en marcha”.

El programa, que dio comienzo el pasado mes de septiembre y tuvo una duración de 10 semanas, fue gratuito para todos los participantes gracias al convenio de colaboración con la Consellería de Traballo, la Fundación Incyde y las Cámaras de Comercio de Galicia y estuvo cofinanciado por  el Fondo Social Europeo.

Durante el transcurso del programa se combinó la formación y consultoría presencial con formación online. La consultoría se centró en tutorías individualizadas con el director de proyectos que fue el responsable de asesorar a cada emprendedor para que pudiese llevar a cabo su proyecto de empresa. Algunos de los módulos contaron con sesiones conjuntas en las que participaron todos los alumnos.

Los proyectos presentados por los alumnos fueron muy diversos y uno de los temas destacados fue el relacionado con el turismo. Una vez que finalizó el curso, cada alumno dispone de un documento de su proyecto de empresa que está integrado por todas las aportaciones de los consultores que han intervenido en las clases y que le servirá para optar a financiación y subvenciones.

Desde su puesta en marcha en el año 2000, los programas de Creación y Consolidación de Empresas son concebidos como una herramienta para luchar contra la falta de empleo y centran sus principales líneas de trabajo en la viabilidad de la idea empresarial, la adquisición de los conocimientos necesarios para poner en marcha el negocio y la marcha de nuevas líneas de actividad dentro de las empresas, entre otros.

 

Hoxe comeza o obradoiro de agricultura ecolóxica organizado pola aula da UNED de Tui con máis de 50 participantes

Hoxe, sábado día 26 de novembro comeza ás 10:00 horas o taller de agricultura ecolóxica que organiza a Aula UNED de Tui cun acto de apertura que contará coa asistencia do Alcalde do Concello de Tui D. Moisés Rodríguez Pérez, a concelleira de educación, Vanesa Rodríguez Pereira e a coordinadora da Aula da Uned de Tui, Margarita Pino Juste.

Son máis de 50 os alumnos matriculados neste “Taller de agricultura ecolóxica”, con predominio de mulleres, e que forma parte das actividades de extensión universitaria que desenvolver a Aula da Uned de Tui, completando así a súa oferta de formación.

Logo deste acto de inauguración, comezará o traballo deste obradoiro dedicando a xornada a coñecer as distintas técnicas de poda e enxerto aplicadas á vide, así como o chan máis adecuado para a plantación de cada variedade ou as épocas de realización de cada traballo entre outras. Por iso o curso celebrarase nas Adegas Remesal S.A. da man do seu propietario D. José Álvarez Rei. Estas adegas que comezaron o seu funcionamento en 1987 (ano en que comeza a reconversión de pequenos minifundios do Val Remesal no que sería o viñedo actual) están localizadas a só tres qm da sede da aula UNED de Tui.

Ao ser Tui un Concello cunha ampla tradición vitivinícola, e contar con algunhas adegas integradas no Consello Regulador Denominación de Orixe Rías Baixas, ofrécese dunha maneira práctica a posibilidade de formarse no coidado da vide.

O día 16 de decembro continuarase coa actividade xa na sede da Aula da Uned, no antigo convento de San Domingos, onde o enxeñeiro agrónomo Sergio Quiroga, da empresa Ecocelta, demostrará as vantaxes do uso de abonos orgánicos e o proceso de fabricación dos mesmos. De feito, este mozo emprendedor ten posto en marcha unha empresa que se dedica desde o ano 2003 á fabricación de abonos orgánicos e substratos para xardinería a través da lombricultura. Algúns dos seus innovadores servizos son: xestión ambiental, educación ambiental, aplicación de abonos e asesoramento integral e loxística neste ámbito.

E por último, o día 17 de decembro a bióloga e profesora da aula Uned de Tui, Concepción Rodríguez Álvarez, falaranos das estratexias e métodos para o control de pragas e enfermidades en agricultura ecolóxica, ademais ensinarase a recoñecer as principais especies de artrópodos beneficiosos para a agricultura ecolóxica.

Ademais ese mesmo día,como peche das actividades, realizarase nas adegas Remesal un cursiño de cata co fin de ofrecer os coñecementos necesarios a todas aquelas persoas participantes neste “taller” achegalos ao coñecemento do mundo dos viños, como parte da formación deste obradoiro.

 

Mañá domingo homenaxe aos Mártires de Sobredo

Mañá domingo, coma cada último domingo de novembro celébrase a homenaxe aos Mártires de Sobredo. Comezará ás 10.30h coa concentración na Carballeira de San Xosé en Sobredo, seguido do desprazamento ata o monumento. Ás 11.30h terá lugar a presentación do acto por Xosé Alfredo Pereira Martínez e intervención do profesor Miguel Barros Puente seguido da ofrenda floral no monumento símbolo do movemento veciñal. A clausura correrá a cargo do grupo de gaitas “Folieiros”. Organiza a homenaxe a coordinadora veciñal “Mártires de Sobredo” e Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común

 

Ciclo de  cine social

O grupo Scouts Alhoia continua hoxe sábado co ciclo de cine social que comezou a principios de novembro. A cita será ás 20.30h no antigo convento de Santo Domingo coa proxección da película “Juno” para tratar a sexualidade, familia e toma de decisións. A entrada é gratuíta.

 

Asemblea da Comisión do Cemiterio de Santa Mª da Guía

A comisión do Cemiterio de Santa Mª da Guía de Randufe celebra este domingo asemblea xeral. Será ás 10.30h na Casa Cultural de Randufe.

 

Resumo do pleno da corporación municipal de Tui

Tres horas e media durou o pleno que o xoves celebrou a corporación municipal de Tui.

O pleno comezou coa aprobación das actas anteriores. Os concelleiros de AtT, PSOE, BNG e CXXI explican que eles non se abstiveron tal e coma figura no acta, senón que abandonaron o pleno aínda que permaneceron entre o  público no salón de sesións.

No punto segundo da orde do día foi aprobado por 12 votos a favor e 5 en contra a modificación do regulamento da actividade de fomento do Concello de Tui recollendo que as entidades deberán xustificar ante o concello como mínimo o importe íntegro da subvención e non o dobre tal e coma se facía ata o de agora así o explicaba o concelleiro de Facenda, Marcelino Cendón. Engadía que esta foi unha demanda que fixeron varios clubs deportivos, e lles parece razoable.

Dende CXXI Carlos Vázquez Padín foi crítico con esta reforzmaa ao considerar que isto permitirá conceder subvencións de xeito discrecional, e desincentiva o esforzo de asociacións e clubs para buscar outras formas de financiamento. Dende o BNG Laureano Alonso repasou o importe das subvencións concedidas a distintos clubs e asociacións, e dicía que no seu parecer os clubs deportivos por exemplo non teñen ningún problema para xustificar o dobre da subvención concedida. Criticaba por contra que con este cambio “se está tratando de axudar aos que non poden dun xeito normal recibir unha subvención e evitar os reparos da intervención municipal”.  Polo Partido Socialista, Enrique Cabaleiro, avanzaba que ían rexeitar o punto por estar en contra da modificación que se propón porque consideran que introduce un elemento discriminatorio daquelas asociación que fan actividade regrada e de utilidade social en contraposición con aquelas outras que dicía teñen fins máis “espurios”.  Por último María Fernández de Att explicou o seu voto a favor porque aínda que se corre o risco de algunha “dubidosa“ asociación se beneficie disto, entenden que se estaba aprobando o regulamento das subvencións e non as subvencións en sí. Pechou a quenda de intervencións o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, manifestando que seguirán axudando a asociacións e clubs deportivos e indicaba que queren que “exista transparencia”.

No punto terceiro acordouse modificar o apartado d do artigo 14 das Bases Xerais Tipo Reguladoras da concesión  de subvencións do concello de Tui e dos seus organismos autónomos recollendo tamén que as facturas terán que ter o importe mínimo do importe da subvención concedida, para adaptar o regulamento ao acordo tomado no punto segundo. Ao remate deste punto Miguel Capón, voceiro de AtT, abandonou momentaneamente o pleno logo de que alcalde lle retirase a palabra ao dicirlle que non “tiña autoridade moral para reprender ao voceiro nacionalista por cualificar de inxenuo ao concelleiro de Facenda”, cando no anterior pleno, tal e coma figura na acta que se aprobou, o rexedor cualificou ao voceiro de AtT de “mala persoa”.

Xa no punto cuarto aprobouse por quince votos a favor e dúas abstencións a concesión da Medalla de Ouro da Cidade de Tui  ás congregacións relixiosas das fillas da Caridade de San Vicente de Paúl, ás irmás franciscanas hospitaleiras da Inmaculada Concepción, e as relixiosas de Santa Dorotea tras cumprir cen anos de presenza na cidade e recoñecemento a labor que neste tempo teñen realizado na cidade.

            Carlos Vázquez Padín de CXXI aplaudiu a concesión destas medallas, e agardou que no futuro o PP se lembre de persoas ou institucións non tan afíns politicamente. Laureano Alonso do BNG lembraba que xa en comisión defendía a concesión desta medalla a estas congregacións do mesmo xeito que se fixera anteriormente coas Clarisas e os Maristas. Por outra banda amosouse molesto porque o BNG presentara propostas para o recoñecemento doutras persoas, coma o primeiro alcalde republicano Vicente Santiago ou o dr Lois, sen  que ata o momento se realizase, porque consideran que a sociedade civil tamén merece  estes recoñecementos. Jose Luís Maciñeiras do PSOE argumentou o voto a favor destas mencións porque estas congregacións o teñen merecido historicamente, pero sinalaba ao igual que o resto da oposición que hoxe en diante hai que pensar tamén na sociedade civil. Telmo González avanzou o voto a favor de Alternativa e indicou que se poderían levar a comisión o caso do dr Lois e outros que tamén merecen estes recoñecementos.

Xa na quenda de mocións  foi lida unha presentada por Stop deshaucios Baixo Miño demandando  instar ao goberno central á aprobar a dación en pago. Instar ao goberno municipal a eximir das taxas municipais a aquelas persoas que sufran algún proceso de desahucio, e que se realoxo a estas persoas gratuitamente ou por un mínimo importe a estas persoas nas vivendas de Caldelas, que o concello medie ante os bancos para que oferten en aluger a vivenda embargada ou outra, e reservar un 10% do parque municipal de vivenda para crear unha bolsa de vivenda para realoxar aos afectados, que se priorice nos Servizos Socias a elaboración dun itinerario social e laboral complementario para as familias afectadas que permita o acceso aos servizos públicos educativo, sanitarios e sociais ao tempo que faciliten a reincorporación ao mercado laboral, e que se reciba aos representantes de Stop Desahucio  Baixo Miño para afrontar un desahucio inmediato no municipio.

Tras a aprobación da urxencia o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, explicaba que onte á mañá mantiveron unha reunión con Stop Desahucios e coa afectada, indicando que lograron aprazar o desahucio ata o 12 de xaneiro,  e ofreceu toda a colaboración do concello de Tui ao través dos Servizos Sociais.   Popuñar aprobar instar ao goberno á dación en pago. O resto dos puntos indicaba que haberá que tratalos con máis detalle en comisión.

Dende o PSOE, Enrique Cabaleiro solicitaba que en mocións coma esta o idóneo sexa tratala previamente na Xunta de Portavoces para levar ao pleno unha opinión formada e consensuada.

Carlos Vázquez Padín  indicaba que no seu parecer as entidades financeiras tería que dar as dúas opcións “dación en pago” e “irresponsabilidade ilimitada”.

Carme Verde do BNG solicitaba que se aprobe a moción sobre “dación en pago” que presentaron xa hai ano e medio. Sobre o punto segundo, de exención de taxas a persoas en desahucio, dicía que non terían problema en aprobalo, e insistiu en volver a falar de por en aluguer a baixo custe as vivendas de Caldelas, que dicía é un xeito de axudar a estas persoas. José Luis Maciñeiras do PSOE indicaba que consideran que se debe apoiar a moción na totalidade, porque é preciso un compromiso moi serio da comunidade, e o  pleno se ten que comprometer con todas as persoas de Tui que o van pasar mal ou moi mal. Dende AtT Miguel Capón  amosouse a favor da dación en pago en particulares, pero opinaba que tanto as taxas como a cesión gratuíta das vivendas de Caldelas ten que se levado a comisión.

Moisés Rodríguez, explicaba que non deu tempo a convocar aos voceiros porque onte á mañá se reuniu cos voceiros de Stop Desahucios, indicaba que a dación de pago porque é unha declaración de intención, mentres que os outros é preciso levalos a comisión.

Aprobouse o punto primeiro por unanimidade e o resto serán levados a comisión.

Neste punto foron presentadas tamén outras mocións de urxencia.

Dende CXXI presentaron dúas mocións. A primeira tiña por obxecto garantir que o sinal da TDT reúna os mínimos requisitos de calidaide, e instar ao goberno central a conceder novo múltiples para recibir as canles da TDT portuguesa. Na segunda solicitábase un plan de iluminación para reducir o custe enerxético e que todas as parroquias sexan iluminadas por igual. Non prosperou a urxencia de ningunha delas.

Mentres dende o BNG presentaron unha primeira moción sobre o 25 de novembro sobre políticas de prevención e tratamento das políticas de violencia de xénero polo que piden a creación do observatorio galego sobre a violencia de xénero, que se impulse e se poña en marcha o centro de recuperación integral que contempla a lei, e se faga unha planificación de campañas periódicas sobre a sensibilización contra a violencia de xénero, que se realice a formación de profesionais implicados no tratamento das vítimas, e se garanta o dereito a atención psicolóxica no ámbito sanitario público ás vítimas, e que o concello desa traslado do acordo á Xunta de Galicia.

Nunha segunda moción o BNG solicitaba que todas as propostas destinar a homenaxear a persoas ou institucións, incluído o pregoeiro/a das Festas de San Telmo, sexan debatidas na comisión oportuna, e que estas propostas non sexan de periodicidade anual senón que respondan á real relevancia da homenaxe que sexan puntuais e comedidas en aras de manter a austeridade.  E solicitan unha homenaxe ao primeiro alcalde democrático de Tui de acordo co que decida a pertinente comisión.

O PSOE presentou seis mocións. As cinco primeiras non prosperaron na urxencia. A primeira sobre a participación cidadá propuña un regulamento creación de comisión especial de suxestións e reclamacións que teña por obxecto fundamentar a regulación dos medios, formas e procedementos, para defensa dos veciños ante a administración municipal, e que teña potestade para perseguir de oficio ou por petición de parte o esclarecemento de actos e resolución da administración pública municipal.  A segunda propuña instar ao ministerio de fomento a tomar as medidas precisas para solucionar o problema de contaminación acústica que afecta aos veciños do entorno da autovía A55. A terceira moción propuña que non se concedan novas licencias de apertura de locais de ocio, baixo a figura de discoteca-pub ou café bar concerto, no conxunto histórico de Tui, ata que se produza aprobación definitiva do PECH.  Na quinta solicitaban que se inicien por vía de urxencia os trámites oportunos para expropiar un muro e parte dun solar na rúa Martínez que permita construír o ancho de beirarrúas legal recollido no PXOM e que dea máis seguridade a peóns e vehículos.

Si prosperou a urxencia da sexta moción onde solicitaban a creación dun regulamento normativo para as escolas deportivas e que se leven a cabo as medidas necesarias para restablecer a escola deportiva de fútbol, e se inicien as xestión para solicitar o ano que ven as escolas deportivas para as que Tui conte con instalacións. Porén non prosperou a moción en sí tras o debate.

Por último Miguel Capón de AtT presentaba unha  moción solicitando que as entidades que soliciten subvencións amais da xustificación da factura que  presuposto do orzamento e a liquidación do orzamento do exercicio anterior.

 

O Restaurante Silabario  recibiu unha Estrella Michelín

O Restaurante Silabario de Tui recibiu unha Estrella Michelín, tres anos despois da súa apertura. Este importante recoñecemento gastronómico vén avalar a aposta feita polo seu chef Alberto González.  A boa nova deuse a coñecer onte á noite tras a gala celebrada en Barcelona.

Alberto Alonso, comentaba onte na Radio Municipal de Tui, que están moi ledos pola concesión deste premio, indicando que “é unha bombona de oxíxeno”  e a “reafirmación do traballo ben feito” . Esta Estrella Michelín explicaba que non supón unha responsabilidade engadida xa que “tes unha responsabilidade diaria cos clientes” si é dicía “o recoñecemento ao traballo ben feito”. Tiña palabras de agradecemento para o seu equipo que se implicou dende o primeiro momento neste proxectos, e tamén para o seu mestre, Pepe Solla “que me ensinou todo o que sé”. Noraboa ao Restaurante Silabario por esta Estrella Michelín.

 

Venres, 25 de novembro de 2011

Máis de cen parellas participan no III Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo este domingo

O novo pavillón de deportes de Tui acolle este domingo o III Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo. Vaise disputar entre á unha e media e ás oito da tarde coa participación de máis de cen parellas tanto de España coma de Portugal. Está organizado de xeito conxunto pola Escola de Baile Pasos e polo Concello de Tui.

A presentación desta actividade deportiva tivo lugar esta mañá por parte do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o director da Escola de Baile Pasos, Miguel Abreu.

Este III Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo será puntuable para o ranking nacional. Os participantes teñen entre 3 e 60 anos, atopándose entre as parellas participantes a mellor de España, Patricia Martínez e Adrián Esperón, e a mellor de Portugal, as dúas participaron recentemente no Campionato do Mundo en Moscova.  Haberá un total de 9 xuíces para  a competición internacional, e cinco para a nacional entre as que se atopa Joana Subirana do programa “Mira quien baila” da TVE, sendo a primeira vez que exercerá de xuíz en Galicia.

Na presentación desta mañá Miguel Abreu salientaba que “Tui é o sitio perfecto para esta competición tanto por instalacións como pola súa proximidade a Portugal”, onde explicaba que o baile deportivo está tamén en auxe.  Amosouse moi satisfeito coa participación lograda, máis de cen parellas, que supera a da edición do ano pasado, e máis tendo en conta que a nivel nacional baixou o número de parellas en competición.  Tamén explicou que o baile deportivo é unha disciplina que require moito esforzo físico e adestramento.

Con respecto á competición en sí explicaba que comezará polas categorías máis baixas, de xente que leva pouco tempo bailando, ata chegar a internacional.

O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, agradeceu o entusiasmo e as gañas de Miguel Abreu para celebrar este evento deportivo na cidade. Agarda que sexa todo un éxito e que amais dos participantes moita outra xente se achegue á Tui para disfrutar desta competición.

Por último o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, deu conta do efecto multiplicador que ten este evento, que amais dos participantes achegará ata Tui a moita outra xente, o que dicía, redundará en beneficio do comercio local. Ao tempo, e con respecto á presenza de parellas portuguesas, indicaba que este é un paso nas actividades transfronteirizas que se fan no municipio.

As entradas para esta actividade teñen un custe de 6€, sendo gratuítas para menores de 12 anos.

(Véxase horario AQUÍ)

 

Curso de carretillero da UGT para inmigrantes en Vigo

A Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Tui informa que dende o Centro de Información e Asesoramento Socio Laboral para Inmigrantes da U.C. UGT Vigo, estase a organizar un curso de Carretilleiro, destinado a persoas en situación regular.

O curso terá unha duración de 30 horas e impartirase do 12 ó 20 de decembro de 2011, de 17:00 a 20:00 horas.

Para máis información e a inscrición poderán dirixirse ó Centro de Información e Asesoramento Socio Laboral para Inmigrantes. UGT Vigo na Avenida de García Barbón nº67 1ª planta, Vigo. Telefono 986 44 34 28.

 

Hoxe ás 21.30h no Teatro Municipal danza contemporánea con Sine Die

Ás nove e media desta noite a compañía Sine Die de Paula Cobián Escola de Danza sobe ao escenario do Teatro Municipal de Tui para pór en escena “Shoah”, que en hebreo significa holocausto. Precisamente o holocauto xudeu é o punto de partida desta montaxe de danza contemporánea coa que se pretende advertir ao espectador o que pode desatar o fanatismo e a intolerancia.

Sine Die creouse este ano 2011 para completar a formación en danza dos alumnos e alumnas de Paula Cobián Escola de Danza, introducíndonos no mundo da danza escénica. “Shoah” é o seu primeiro espectáculo, que foi estreado o pasado mes de marzo cunha moi boa acollida por parte do público.

Paula Cobián é a autora e directora de “Shoah”, mentres que Briano Lago deseñou a escenografía. O elenco está formado por Celia Álvarez, Olalla Álvarez, Yulia Fernández, Lily Flecher, Sandra Iglesias, Antía Moroño, Andrea Solleiro, e Paula Pérez, coa colaboración de Briano Lago.

As entradas para esta representación están á venda ata á unha deste mediodía na web www.culturatui.info ou esta tarde a partir das oito no despacho de billetes, ao prezo de 3€ e 2€.

 

Entrega de premios do concurso Relación home/muller 100% positiva

Ás seis desta tarde terá lugar no Parador de Turismo, San Telmo de Tui, a inauguración da exposición do cuarto concurso fotográfico: Relación home-muller 100% positivo, convocado pola Concellería da Muller e Servizos Sociais do Concello de Tui co gallo da celebración do día 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero.

Participan no concurso un total de nove persoas con 21 fotografías. Entre todas elas o xurado formado por Cristina Pazo González, Garda Civil de Tui, José Ángel Font Moldes, Director da Radio Municipal de Tui, e Cristina Rodríguez Álvarez profesora no IES San Paio de Tui, licenciada en Bellas Artes, elixiu xa as gañadoras.

Lembramos que os premios establecidos son primeiro premio de 300 € e  estancia dunha fin de semana para dúas persoas en calquera Parador de Turismo de España. O segundo premio é unha estancia dunha fin de semana para dúas persoas no Paradoe de Turismo San Telmo de Tui. E o terceiro consiste nunha comida para dúas persoas no Parador de Turismo San Telmo de Tui.

 

Homenaxe a D. Faustino Rey Romero

Esta tarde celébrase o acto central da homenaxe a Don Faustino Rey Romero organizada por Levada Libre.

A primeira cita desta tarde é ás 19.30h na Igrexa de Santo Domingo, onde se celebrará un acto cultural no que intervirán Xosé Luís Méndez Ferrín, Presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos, secretario da RAG, o escritor tudense Ángel Vázquez de la Cruz, Anxo Anguera, profesor de filoloxía galega da Universidade de Vigo, Xesús Santos, poeta de Rianxo amigo de Rey Romero, e a mestra Clara Torres. Tamén recitarán poemas do homenaxedo os alumnos do IES San Paio e do Francisco Sánchez. A parte musical correrá a cargo da Orquestra de Corda do Conservatorio de Tui, Voces Ceibes de Paramos, o grupo folclórico de Baldráns, e o trío de harmónicas “Son do Mar” de Miguel de Santiago.

A continuación nos xardíns de Media Lúa será inaugurado o monumento na honra a Don Faustino Rey Romero obra do escultor tudense Rosendo. No mesmo aparecen unha caricatura do homenaxeado, uns merlos e un poema, e a seguinte dedicatoria “Tui, a D. Faustino Rey Romero (1921-1971), poeta, membro da Real Academia Galega, tudense de adopción e galego universal, porque amamos a nosa lingua e a súa obra poética. 25-11-2011”.

 

Xoves, 24 de novembro de 2011

Un bosque autóctono entre Tui e Valença simbolizará a cooperación de Galicia e o Norte de Portugal

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e o director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón presentaron onte o proxecto do Bosque Autóctono da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal, promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia- Norte de Portugal GNP-AECT.

Jesús Gamallo resaltou na súa intervención que este proxecto de crear un bosque autóctono a ambas beiras do Miño é un símbolo da cooperación entre Valença e Tui, que deben traballar para que os seus cidadáns a entendan coma unha soa cidade. Gamallo destacou o feito de que a creación do bosque autóctono e a propia creación da Eurocidade son un exemplo da Eurorrexión do Coñecemento e a Proximidade pola que apostou  o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tras asumir a presidencia da Comunidade de Traballo en xaneiro deste ano.

Ase mesmo, o director de Relacións Exteriores, destacou que a creación da Eurocidade Valença- Tui é a mellor maneira de integrar aos habitantes de ámbolos dous pobos, e resaltou que a creación deste Bosque Autóctono é un exemplo paradigmático de creación de espazos públicos compartidos,  da política eurorrexional próxima aos seus cidadáns.

Bosque autóctono

Na mesma liña, o director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural lembrou neste acto que o bosque autóctono da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal destaca especialmente (en relación con outras formacións forestais) na súa tripla contribución ecolóxica, económica e social. Unha achega que -engadiu- “constitúe o principio reitor que rexe a ordenación forestal desde o século XIX e que segue vixente hoxe en día no que se ven denominar xestión forestal sostible”. Citou como exemplos disto ás fragas, bosques de ribeira ou soutos, que definiu coma “ecosistemas multifuncionais e complexos, que xogan un papel fundamental para a fauna, proporcionando hábitat, refuxio e alimento”.

Tendo en conta todos estes valores, o responsable de Conservación da Natureza advertiu que a Xunta considera prioritario ao bosque autóctono nas súas políticas de fomento forestal e de conservación.

Así, coas axudas galegas ao fomento da silvicultura en bosques no medio rural contribúese a aplicar medidas silvícolas nas frondosas autóctonas. Engadiu que, dende o punto de vista da conservación e protección, téñense incluído as formacións boscosas máis singulares na Rede Natura 2.000 como Lugares de Interese Comunitario. E citou, como exemplos concretos entre outros moitos espazos, as Fragas do Eume, os Ancares- Courel ou os sobreirais do Arnego.

Eurocidade Valença- Tui

A creación deste bosque autóctono é o primeiro proxecto levado a cabo pola Eurocidade Valença- Tui, sendo un exemplo de cooperación transfronteiriza, no que estarán un total de 250 árbores de catro especies características de Galicia e Portugal, repartidas en dúas áreas situadas a ambas orillas do río Miño, e ocupando unha superficie aproximada de 1.400 metros cadrados, próximas á Ponte Vella.

Na presentación do proxecto estiveron un centenar de nenos de Valença e Tui, con idades comprendidas entre os 4 e o 6 años, que colaboraron na plantación dalgúns dos árbores.

Á presentación do Bosque Autóctono asistiron a directora da GNP-AECT, Elvira Vieira, o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Mendes; o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez; o director rexional das Florestas do Norte, Rogério Rodrigues; a vicepresidenta da Comisión de Coordinación da Rexión Norte de Portugal, Ana Teresa Lehmann, entre outros.

 

Sine Die presenta “Shoah”

A danza volve este venres ao Teatro Municipal de Tui da man da compañía Sine Die de Paula Cobián Escola de Danza. A partir das 21.30h porán en escena un espectáculo de danza contemporánea titulado “Shoah”.

“Shoah”, é unha reivindicación das liberdades humanas, a liberdade de ser, pensar e crer, e sobre todo de respectar o ser, pensar e crer dos outros.Tomando como punto de partida a barbarie do holocausto xudeu, preténdese advertir ao espectador o que pode desatar o fanatismo e a intolerancia.

Sine Die creouse este ano 2011 para completar a formación en danza dos alumnos e alumnas de Paula Cobián Escola de Danza, introducíndonos no mundo da danza escénica. “Shoah” é o seu primeiro espectáculo, que foi estreado o pasado mes de marzo cunha moi boa acollida por parte do público.

Paula Cobián é a autora e directora de “Shoah”, mentres que Briano Lago deseñou a escenografía. O elenco está formado por Celia Álvarez, Olalla Álvarez, Yulia Fernández, Lily Flecher, Sandra Iglesias, Antía Moroño, Andrea Solleiros, e Paula Pérez, coa colaboración de Briano Lago.

As entradas para esta representación está xa á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h e o venres dende ás 20h no despacho de billetes, ao prezo de 3€ e 2€.

 

Cita previa para oficina de prestacións a partir do 1 de decembro

A Oficina de Emprego de Tui informa que a partir do próximo 1 de decembro a oficina de prestacións atenderá exclusivamente con cita previa.  Esta cita pode obterse telefonicamente no 901 01 02 10 en horario de tarde de 4 a 9. O operador preguntará os datos persoais, o código postal e as razóns polas que debe acudir á oficina.

Tamén se pode solicitar a cita por internet as 24 horas do día en www.sepe.es/citaprevia  indicando o DNI e o código postal do domicilio. Logo hai que elixir unha das dúas opcións que ofrece: información/tramitación para realizar solicitudes, ou xestións varias para pedir información, documentación, certificados...

O obxectivo deste servizo de cita previa é ofrecer un mellor servizo para a xestión relativa a prestacións e subsidios por desemprego.

 

Mércores, 23 de novembro de 2011

Rastro en Tui

A  Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración co Concello recorda que esta próxima fin de semana vaise celebrar o Rastro no Paseo da Corredoira. Tanto o sábado como o domingo, esta cita de oportunidades terá como horario desde as 10 horas ata as 22 horas.

Todas as persoas interesadas en participar poden facelo contactando con ACITUI no teléfono 986 60 75 56 e a través do correo eléctronico  acitui@acitui.com .

 

Dimisión de integrantes de CXXI

Seis membros de Converxencia XXI, entre eles a nº2 e o nº3 da candidatura veñen de declarar extinguido o vínculo que os unía a este partido a todos os efectos. As razóns que levan a toma desta decisión  son “diverxencias procedimental, de criterio e de miras”. Pese a este desenlace indican que os integrantes da candidatura manteñen o compromiso político contraído co municipio.

As persoas que deixan Converxencia XXI son Mª Eugenia Rey Castillo, militante, secretaria local e nº2 da candidatura, Jose Antonio Quiroga, nº3 da candidatura, Cristina Fálquez González, nº9 da candidatura, e as militantes Mª Teresa Rey Castillo, Doringa Alonso  Montes, Ángela Estévez González.

 

Entrega de premios do concurso Relación home/muller 100% positiva

Este venres ás seis da tarde terá lugar no Parador de Turismo, San Telmo de Tui, a inauguración da exposición do cuarto concurso fotográfico: Relación home-muller 100% positivo, convocado pola Concellería da Muller e Servicios Sociais do Concello de Tui co gallo da celebración do día 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero.

Con esta convocatoria dende Servizos Sociais  queren facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dun xeito positivo a relación de parella, amizade e a convivencia no traballo; é dicir, en todos os ámbitos da vida.

Lembramos que os premios establecidos son primeiro premio de 300 € e  estancia dunha fin de semana para dúas persoas en calquera Parador de Turismo de España. O segundo premio é unha estancia dunha fin de semana para dúas persoas no Parados de Turismo San Telmo de Tui. E o terceiro consiste nunha comida para dúas persoas no Parador de Turismo San Telmo de Tui.

O xurado que elixirá entre as 21 fotografías presentadas por nove autores está formado por Cristina Pazo González, Garda Civil de Tui, José Ángel Font Moldes, Director da Radio Municipal de Tui, e Cristina Rodríguez Álvarez profesora no IES San Paio de Tui, licenciada en Bellas Artes.

Por outra parte os Servizos Sociais de Tui están levando a cabo Talleres de prevención contra a violencia de xénero. Van dirixidos ao alumnado de 3º e 4º da E.S.O. do IES San Paio e do Francisco Sánchez, así coma do colexio Irmáns Maristas de Tui. Nestes talleres e charlas están traballando coas técnicas dos Servizos Sociais a prevención da violencia de xénero, mediante talleres e charlas informativas.

Amais os Servizos Sociais de Tui, en colaboración co CIM da Guarda, o CIM do Porriño e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, traballan ao longo de todo o ano con mulleres vítimas de violencia de xénero. Agora co gallo do 25 de novembro aproveitan para lembrar a todas as mulleres do concello de Tui que necesiten información ou axuda relacionada coa violencia de xénero, que poden acudir as oficinas dos Servizos Sociais en busca de asesoramento.

 

O 30 deste mes remata o prazo para participar no Certame Poesía na Escola

A Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño que preside Emilia Rosende, lembra que o 30 deste mes remata o prazo para entregar os traballos que desexen participar no Certame de Poesía na Escola.

A entrega dos premios deste Certame terá lugar o sábado  17 de decembro, unha data que Emilia Rosende aproveitará para presentar o seu novo libro “Poesía para nenos”.

 

Tui homenaxea a Faustino Rey Romero

A cidade de Tui desenvolverá nos vindeiros día unha homenaxe ao crego e poeta Faustino Rey Romero. Onte foi presentado este programa pola concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, xunto ao representante do colectivo Levada Libre, Javier González Vázquez.

Para Javier González este acto era unha vella débeda da cidade de Tui cara D. Faustino e amais preténdese reforzar a solicitude xa presentada polo colectivo Levada Libre diante da Real Academia Galega para que se lle dedique un “Día das Letras Galegas” a este crego e poeta. Pola súa banda, Vanesa Rodríguez Pereira sinalou o acerto desta iniciativa cultural que promove o coñecemento entre os tudenses deste escritor tan relacionado con Tui e que reforza a actividade cultural da nosa cidade; engadiu que o Concello está aberto á colaboración coas iniciativas de interese que realizan colectivos e asociacións, como neste caso con Levada Libre.

O programa

    Mércores día 23 de novembro de 2011 – 19,30 h.

        Sala: Félix Rodriguez da Área Panorámica.

        Conferencia – Coloquio sobre a vida e obra poética e literaria de D. Faustino Rey Romero, a cargo do filósofo e estudioso da súa obra, o rianxeiro, o profesor D. Xosé Ricardo Losada, e Victoria Álvarez Fernábdez, de Amorín, que falará de anécdotas da súa estadía nesta parroquia.

    Venres día 25 de novembro de 2011 . 19,30 h.

        Primeira parte.

            Na igrexa de San Domingos:

            Un acto cultural, no que intervirán alumnos dos dous institutos da cidade e personalidades da cultura galega, declamando os seus poemas, intercalando música a cargo de alumnos do conservatorio tudense e cancións e bailes, interpretados polo grupo de “Voces ceibes” e o grupo folclórico de baile de Paramos e Baldráns. E a participación do músico e compositor Miguel de Santiago co seu trío de harmónicas “Son do mar”

        Segunda parte: E xa despois do acto primeiro nos xardíns da Media Lúa, preto de Sócrates, descubrimento do monumento conmemorativo.

Faustino Rey Romero

Naceu en Santa María de Isorna (Rianxo), e estudiou para cura no seminario de Tui. Ordenouse en 1948, e foi párroco en dúas freguesias do Baixo Miño, concretamente Amorin e Curras, e coadxutor na parroquia tudense de A Guía – Randufe, residindo na cidade de Tui moitos anos, onde era moi aprecido. Licenciouse en Teoloxia en Salamanca.

No 1966 a trasladarse a Buenos Aires, onde exerceu na parroquía de Balbanera, e onde morreu, de accidente segundo as nosas noticias non comprobadas no ano 1971

Publicou a “Teoría general de la existencia” e tamén en castelán, entre outros: “Florilegio poético” (1949) e “El ángel descielado” (1961). En galego, deu ó prelo “Doas de vidro” (1951), “Catro sonetos ó destino dunha rosa” (1952), “Escolanía de merlos” (1959), e “Poema das materias sagras” (1960).

A poesía de Rey Romero ten unha especial tenrura franciscanista. Na “Escolania de merlos” constrúe uns sonetos de gran perfección e domina o hendecasilabo como moi poucos poetas da nosa lingua o fixeron. Do “Poema das materias sagras” di Méndez Ferrín: "...semella próximo á poesía católica de Paul Claudel e presenta unha excelente tersura formal e unha ousadía, por veces grande, na creación de imaxes e relacións culturais".

Foi membro da Real Academia Galega.

 

A Escola Superior Galaecia presenta en Tui a exposición “Arquitectura religiosa para o século XXI”

Onte a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolleu a presentación aos medios de comunicación da exposición, organizada pola Escola Superior Galaecia de Vilanova de Cerveira, que baixo o título “Arquitectura religiosa para  século XXI” recolle unha escolma das propostas presentadas á segunda edición do “Concurso de arquitectura religiosa” organizado por TUREL (Turismo Religioso) e que ofrece proposta para a construcción dun santuario.

Neste acto participaron o director da Escola Superior Galaecia, Rui Correia, a concelleira de cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Perez, e a xerente de Acitui, Angela Estévez Gonzalez.

O obxectivo desta iniciativa é fomentar, entre estudantes de arquitectura, a revitalización e valorización da construcción de edificios e espazos sagrados e tomar consciencia das potencialidades que estes locais teñen para cativar as persoas. Aspectos relevantes nas propostas presentadas: o concepto arquitectónico; a creatividade demostrada nos traballos presentados; a cultura arquitectónica e capacidade técnica demostrada nos traballos participantes; a exelencia técnica e financeira da solución proposta.

As propostas de Arquitectura, de Design e de Artes Plásticas nesta exposición, son o resultado da participación dos estudantes da ESG, no Concurso Público Internacional sobre Arquitectura Religiosa – “Arquitectura em Lugares Sagrados", de TUREL, destinado a estudantes de Arquitectura. Esta participación da ESG, cos seus estudantes do 3º ano do Mestrado Integrado en Arquitectura e Urbanismo, mereceu o 1º Prémio e Menção Honrosa.

Esta mostra de propostas arquitectónicas chega gracias á colaboración da Asociación de Comerciantes e Industrias de Tui (Acitui) e a Concellería de Cultura do Concello tudense. Para a súa responsable, Vanesa Rodríguez Pereira, con esta mostra a Sala Municipal de Exposicións do Concello continúa ampliando a súa oferta expositiva que abrangue agora estes proxectos arquitectónicos, pois a pretensión municipal é ofertar aos cidadáns tudenses un amplo abano de propostas de caracter artístico e cultural ao longo do ano, para que así xunto ás mostras de pintura ou fotografía poidamos ollar en Tui outro tipo de propostas de interese cultural como é o caso desta mostra de “Arquitectura Religiosa para o século XXI”.

 

Martes, 22 de novembro de 2011

La GNP-AECT promueve la creación del bosque autóctono de la eurorregión Galicia-Norte de Portugal

El próximo miércoles 23 de noviembre, a las 9.30 h. -hora de Portugal-, y en el edificio de la antigua aduana de Valença, tendrá lugar el acto de presentación del Bosque Autóctono de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal, un proyecto promovido por la Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) en colaboración con los ayuntamientos de Tui y Valença.

Contará con la presencia del presidente de la Cámara Municipal de Valença, Jorge Mendes; el alcalde de Tui, Moisés Rodríguez; el director de Relacións Exteriores e coa UE de la Xunta de Galicia, Jesús Gamallo; el vicepresidente de la Autoridade Florestal Nacional de Portugal, Manuel Gabriel; la vicepresidenta de la Comisión de Coordinación de la Región Norte de Portugal, Ana Teresa Lehmann; y el director general de Conservación da Natureza de la Xunta de Galicia, Ricardo García-Borregón.

Tras la presentación, más de 100 niños de Valença y Tui, con edades comprendidas entre los 4 y los 6 años,  plantarán especies autóctonas de Galicia y Portugal en dos áreas de ambas orillas próximas al puente viejo y que han sido reservadas específicamente para albergar este bosque (ver mapa).

Durante el desarrollo del acto en la aduana de Valença se facilitará a los medios de comunicación más información sobre las características del Bosque Autóctono de la Eurorregión.

 

Hoxe preséntanse o programa de actividades que recordará a figura de Faustino Rey Romero e unha exposición sobre a arquitectura

Hoxe celebrarase unha rolda de prensa, ás once horas, na Aula CeMIT de Tui (antigo Telecentro – Edificio Área Panorámica, rua Colón, 2), na que comparecerán Vanesa Rodríguez Pereira, concelleira de Cultura, e Javier Rodríguez Vázquez, en representación do colectivo Levada Libre, para presentar o programa de actividades que se desenvolverá os días 23 e 25 de novembro en homenaxe a Faustino Rey Romero, en Tui.

Unha hora máis tarde, coa presenza do alcalde, Moisés Rodríguez, do presidente da Asociación de Comerciantes de Tui e do director da Escola Superior Gallaecia, terá lugar a presentación da exposición “Arquitectura religiosa para o Século XX. Trabalhos seleccionados para a 2ª ediçao do concurso de arquitectura religiosa” , que se poderá visitar na Sala Municipal de Exposicións do concello de Tui, na Área Panorámica.

 

Pleno da corporación Municipal de Tui este xoves

A corporación municipal de Tui celebra este xoves ás 20h pleno de carácter ordinario correspondente ao presente mes de novembro.  Na orde do día figuran cinco puntos.

O primeiro é a aprobación das actas das sesións anteriores. Continuará coa modificación do regulamento da actividade de fomento do Concello de Tui e dos seus organismos autónomos.

O punto terceiro refírese á modificación do artigo 14, apartado d, das bases xerais tipo reguladoras da concesión de subvencións do concello de Tui e dos seus órganos autónomos.

No punto cuarto a corporación vaise pronunciar sobre a concesión dunha mención honorífica ás congregacións relixiosas das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl, e as irmás Franciscanas Hospitaleiras da Inmaculada Concepción e Relixiosas de Santa Dorotea.

O pleno rematará co control aos órganos de goberno, no que se inclúen as disposicións de interese, dar conta da resolucións da alcaldía, e dos informes de intervención-tesourería, mocións e a quenda de rogos e preguntas.

 

A Asociación Arcebispo Lago recorreu parcialmente o auto xudicial que reabre o caso Patazumba

A Asociación Arcebispo Lago, acusación particular no caso Patazumba, vén de recorrer parcialmente o auto xudicial que reabre o caso Patazumba.

Este colectivo entende que nos autos xudiciais hai indicios suficientes para soster a imputación dos delitos contra a ordenación do territorio, prevaricación e tráfico de influencia. Por este motivo recorre en apelación o auto xudicial que retoma o caso e solicita á Audiencia Provincial que manteña vivas estas imputacións así coma a de delito contra o patrimonio histórico.

 

O alcalde de Tui di que é esaxerado pedir a dimisión do Concelleiro de Deportes

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, manifestaba na RMT que lle parece esaxerado pedir a demisión do concelleiro de deportes, como fixo o PSOE, porque o único que fai neste tema é decidir de que deportes se solicita escola deportiva. Engadía que non se pode empañar o labor do concelleiro por este tema. Por outra parte tamén indicaba que non se pode facer política con este asuntos, e gababa o labor que realizan no Tyde.

 

Presentación do Campionato de Baile Deportivo en Tui

Este xoves 24, ás 11.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato de Baile Deportivo que se celebrará en Tui o domingo 27.

Nesta rolda de prensa estarán presentes o alcalde do Concello de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o director da Escola de Baile Pasos, Miguel Abreu, e dous Campións de España de Baile Deportivo, Patricia Martínez e Adrián Esperón.

 

Rastro de ACITUI esta fin de semana

A  Asociación de Comerciantes e Industrias de Tui ,ACITUI, en colaboración co Concello de Tui, informa de que todos os cuartos fins de semana de cada mes celébrase un Rastro no Paseo da Corredoira, tendo lugar este fin de semana o V Rastro de Tui, o 26 e 27 de outubro a partir das 10:00 horas ata as 22:00horas.

Todas as persoas interesadas en participar poden facelo contactando con ACITUI no teléfono 986 60 75 56 e a través do correo electrónico  acitui@acitui.com .

 

Luns, 21 de novembro de 2011

O PSdeG-PSOE pide a demisión do conceleiro de Deportes polo tema do Fútbol que impartía a Escola Deportiva

O Grupo Municipal Socialista de Tui a través do seu portavoz Municipal Enrique Cabaleiro esixe a dimisión do Concelleiro de Deportes Nicolás Montes pola que consideran unha desafortunada xestión no caso das Escolas Deportivas Provinciais de Fútbol que financia a Deputación Provincial de Pontevedra, tralo seu anuncio de que se rompía o acordo coa Deputación para impartir dita actividade no Concello de Tui, rogando así mesmo, que de xeito inmediato se volte a prestar a citada actividade no Concello de Tui.

A decisión tomada dende a Concellaría de Deportes de Tui resulta difícil de entender, tendo en conta ademais que a posta en marcha desta actividade non está xestionada, nin tan siquera financiada polo Concello de Tui, senón que dita actividade deportiva pertence a un programa da Deputación, que segundo esta é gratuita,  en acordo cos Concellos e as federacións deportivas de cada unha das modalidades.

Ainda que o traballo ven feito da Deputación, os actuais gobernantes, e pese a facer no seu día a presentación diante dos pais e nais e  da prensa de maneira pública e notoria das distintas modalidades deportivas que ofertaba a Deputación de Pontevdra, a menos dun mes da súa posta en marcha, unha das tres actividades ofertadas xa non son capaces de levalas a cabo, para disgusto e menoscabo da poboación que se ve afectada.

Dende o  Partido Socialista quérese deixar claro que non existe ningún acordo escrito por parte do Concello para que o Clube DeportivoTyde preste de maneira gratuita a actividade deportiva de fútbol que financia e organiza a Deputación Provincial de Pontevedra. Dentro do Concello non existe ningunha partida orzamentaria contabilizada por parte da tesourería, nin recollida polo  interventor para tales fins. O  que si é certo, e que o Concello ao aceptar a realización das actividades, compromete a que a Deputación destine una cuantía determinada do seu orzamento de deportes para sufragar os gastos, e que ata o de agora se descoñece a canto ascende dito importe e como se leva a cabo a súa xestión.

O Grupo Municipal Socialista vai a esixir que se leve a cabo unha regulación exhaustiva de como se prestan as distintas  actividades deportivas, establecendo as bases con seriedade e rigor que permitan exercer un control sobre o funcionamento das actividades deportivas, tanto as que se xestionan dende o  Concello, como as que proceden doutros entes públicos, se presten estas por medios propios ou se esternalicen en entidades privadas. Se esto se fixese dende o principio a polémica suscitada entorno a este tema non se produciría e se evitarían menoscabos, tanto para os usuarios da actividade como para a entidade deportiva que presta o servizo, un club, o Tyde, ao que moitos lle dedican de forma altruísta e voluntaria parte do seu tempo e que está a realizar un formidable labor na promoción do deporte, neste caso o fútbol, entre os máis mozos.

Así mesmo somos a tamén partidarios que na regulación que se leve a cabo se teña en conta para a inscripción en ditas actividades, a preferencia que poidan ter os nenos, atendendo a criterios de nivel de renta, minusvalías y outras, que nos permitan discernir en caso de que a demanda de prazas supere a oferta pública e que evidentemente,  se amplíe a oferta por parte da Deputación a todas aquelas modalidades para as que dispoñamos as instalacións deportivas no noso concello, independientemente do apoio que se poida prestar a entidades deportivas de carácter privado.

Os socialistas creemos que o deporte ademáis de contribuir a  saude das  futuras xeracións, constitue unha parte fundamental da sua formación como individuos de xeito positiva ante a sociedade, e polo tanto é necesario que alcance a todos os sectores da poboación, máis si cabe neste caso caso, no que previamente existe financiación allea ás arcas municipas da que disfrutan outros concellos próximos a Tui.

 

Sábado, 19  de novembro de 2011

A estimación do recurso sobre o “Caso Patazumba” non supón imputación algunha para o alcalde de Tui, nin para o seu antecesor e funcionarios municipais

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, diante das informacións publicadas no día de onte nalgúns medios de comunicación no que falsamente se afirma que este alcalde foi imputado nunha nova entrega do coñecido como “caso Patazumba” vese na obriga de manifestar para pleno e veraz coñecemento da opinión pública:

            1. O xuíz ditou un Auto no caso Patazumba que “desestima en boa medida, pero non toda” a reforma interposta pola acusación particular Arcebispo Lago contra o Auto de arquivo, pero nel non se efectúa ningunha imputación, nin do actual alcalde de Tui nin do seu antecesor por ningún delito.

2.  Nese Auto non se imputa nin ao actual alcalde de Tui nin ao seu antecesor un delito contra o patrimonio histórico.

3. No citado Auto ponse de manifesto, sen xénero de dúbidas, que todas as actuacións realizadas por parte do anterior alcalde de Tui, como polos seus concelleiros e os funcionarios municipais que estaban a ser obxecto de investigación, “desde o prisma administrativo áchanse amparadas en Dereito e, en consecuencia, penalmente tamén”.

4.  Esta mesma resolución considera que “resulta incompatible a persecución penal dunhas accións que a xurisdición contencioso-administrativa, con carácter firme bendixo”, amparándose na Sentenza da Sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 9 de outubro de 2008 que (como afirma o Auto do Xulgado e en contra do que manifesta a asociación Arcebispo Lago, que exerce a acusación particular nesa causa), declarou conforme a dereito a actuación urbanística, tanto en relación aos estudos de detalle das unidades de execución 1,2,3 e 5, como “aos cambios operados nos sistemas de actuación, de compensación a concerto”, como “na modificación das alturas ou número de plantas máximas permitidas”.

O alcalde de Tui resérvase o dereito a interpor as accións legais oportunas ante este tipo de falsidades.

 

O concello rexeita as acusación do voceiro do PSOE e as obras de humanizacion favorecen a actividade comercial e a vida nas rúas

O grupo municipal do PSG-PSOE ten criticado nunha nota de prensa a inmediata execución das obras de humanización das rúas Martínez Padín e Colón que acomete o Concello ao abeiro do Plan Ágora da Consellería de Economía e Industria pois entenden que non “significan unha dinamización do comercio local”.

O goberno municipal, tudense quere informar á opinión pública ao respecto logo desta nota que evidencia o seu descoñecemento deste asunto. Trátase das obras de “humanización e mellora da accesibilidade ao centro comercial aberto nas rúas Colón e Martínez Padín” recentemente adxudicadas pola Xunta Local de Goberno cun importe de 179.600,00€ e que posibilitaran mellorar substancialmente estas dúas céntricas rúas da nosa cidade. O Concello de Tui quere agradecer á Consellería de Economía e Industria o seu apoio e a súa achega imprescindible para acometer esta intervención que testemuña o seu importante compromiso coa nosa cidade.

Diante destas irresponsables manifestacións por unha banda, compre reseñar que esta obra é froito dunha subvención concedida pola devandita Consellería ao abeiro da solicitude presentada hai xa varios meses por este Concello e que da continuidade a outras obras similares acometidas en anos anteriores. A súa non execución implicaría á perdida da subvención, non mellorar a accesibilidade e capacidade de atracción destas rúas e non promover o emprego local, pois esta obra incide tamén na contratación de operarios por parte da empresa adxudicataria.

En segundo lugar, as obras de humanización da rúa Colón e Martínez Padín veñen a completar o proxecto, que no noso concello leva xa varios anos en execución, de creación dun centro comercial aberto no que estas obras de mellora das beirarrúas, accesos, etc. constitúen un factor fundamental ao posibilitar a accesibilidade aos comercios e servizos existentes neses ámbitos ao tempo que melloran a calidade de vida urbana o que implica un incremento da capacidade de atracción destas zonas.

Rexeitar estas obras sen ofrecer unha alternativa concreta exclusivamente en base a enumeración de principios xerais é un exercicio de demagoxia inaceptable que unicamente lograría perder estes investimentos. O Concello de Tui con estas obras pretende pois mellorar a accesibilidade e as condicións urbanas de dúas importantes rúas do centro da nosa cidade onde se atopan numerosos comercios. En anteriores anos foron acometidas obras en rúas como Paseo da Corredoira, Augusto G. Besada, Rosa Bahamonde, Foxo, Lugo, Compostela, Betanzos, Ourense, etc. Resultando pois imprescindible completar esta mellora urbana coa humanización destas dúas rúas Martínez Padín e Colón, xa que os veciños, usuarios e comerciantes de ambos viais demandaban tamén estas obras de mellora.

Todos os tudenses e visitantes poden comprobar como estas obras de humanización que vén promovendo o Concello nos últimos anos teñen contribuído eficazmente a promoción do comercio local, como se pode testemuñar en rúas como Rosa Bahamonde, Ourense, etc. que dende a realización destas obras posúen una actividade comercial moito máis ampla.

Finalmente, este Concello mantén permanentemente aberto o diálogo coa Asociación de Comerciantes de Tui e cos outros sectores e colectivos vinculados ao comercio local como queda en evidencia nas numerosas actividades de colaboración mutua que se realizan.

Para o goberno municipal, segundo a concelleira de comercio Raquel Lorenzo Pimentel, o comercio é un dos principais eixes da vida económica e social de Tui e dende o Concello se traballa para a súa potenciación e promoción como quedou patentizado, por exemplo, na recente creación da Mesa Local de Comercio como órgano para a participación de todos os sectores implicados neste ámbito, tanto públicos como privados e onde se poden abordar novos proxectos para a promoción do comercio local.

 

O alcalde recibiu aos profesores de Canarias, Andalucía e Asturias que realizan un intercambio, ao abeiro do proxecto ARCE, co CRA Mestra Clara Torres de Tui

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, acompañado do xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, da concelleira de Educación de Tui, Vanesa Rodríguez, e dos edís José Angel Villaverde e Nicolás Lorenzo Montes, recibiu onte, venres, a un grupo de nove profesores que participan no proxecto ARCE xunto co CRA de Tui.

Estes profesores proveñen de Canarias, Andalucía e Asturias e pertencen tanto a Colexios Rurais Agrupados, coma a Colexios de Infantil e Primaria. Durante dous anos traballan nun proxecto de “Visibilización do patrimonio cultural e natural” en cada unha destas localidades pondo en común os resultados.

Na recepción celebrada no Concello a concelleira de Educación amosou o seu agradecemento de que, ao través do CRA Mestra Clara Torres, Tui participe neste proxectos que entrelaza a cultura de distintos lugares. Indicaba que este tamén é un xeito de promocionar a cidade, e que os nenos que participan no mesmo no futuro serán tamén turistas que quererán volver a estes enclaves.

A directora do CRA, Teresa Domínguez, indicaba que é un privilexio poder participar nestes proxecto que supón paso máis no proceso de vida do colexio, xa que primeiro abriron as portas á familia, logo á sociedade tudense e agora fano a outras comunidades autónomas para constituír comunidades de aprendizaxe. Este, dicía, é o principio dunha travesía que estaba certa que vai ser fermosa e lles vai permitir aprender xuntos.

Teresa Domínguez amosaba o seu agradecemento ao Centro de Iniciativas Turísticas do Baixo Miño, á Confraría do Bo Xantar e ao Remesal pola súa dedicación e entrega con esta visita dos profesores do proxecto, así coma ao Concello de Tui.

O xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, referíase en primeiro lugar ao CRA Mestra Clara Torres, do que dicía que está avalado polos seus éxitos, o seu traballo, dedicación e esforzo continuo. Por outra parte indicaba que dende a xefatura territorial neste momento tratan de avalar este tipo de proxectos, como o ARCE entre distintas comunidades autónomas. Dicía que é moi interesante pedagoxicamente porque permite a convivencia entre centros educativos de distintas comunidades autónoma sen ámbitos distintos, dende  apropia experiencia e dende o traballo en equipo así coma  en distintos ámbitos.

Por último o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, apuntaba que no campo da educación se poden facer moitos campos. E explicaba que Tui é unha cidade moi rica en patrimonio, pero tamén unha cidade de acollida coma demostran os máis de 800 inmigrantes e emigrantes que viven aquí.E tamén se refería a condición fronteiriza da cidade, e ao premio Entreculturas recibido recentemente. Todo isto explicaba que se traduce tamén as aulas onde conviven perfectamente nenos de distintas nacionalidades.  En referencia ao CRA Mestra Clara Torres apuntaba que detrás do mesmo hai “un equipo de persoas que traballar para isto saia adiante”  e indicaba que tratarán de non defraudar as expectativas que teñen creadas.

 

Concerto de Jorgebomberotrío na Viñoteca de García

A Viñoteca de García acolle este domingo, á unha da tarde, un concerto de Jorgebomberotrío. Esta agrupación está formada por Jorge G. Portal (piano e composición), Óscar Rodríguez (contrabaixo) e Roi Adrio (batería).

 

Hoxe ciclo de Cine Social do grupo Scouts Alhoia

Hoxe ás 20.30h proxéctase no antigo convento de Santo Domingo a película  “María llena eres de Gracia” dentro do ciclo de cine social organizado polo grupo Scouts Alhoia de Tui . Posteriormente haberá un debate guiado sobre tráfico de drogas, a pobreza e o  emprego.

 

II Mostra Teatral Miguel Troncoso

Hoxe comeza a II Mostra Teatral Miguel Troncoso  organizada pola Asociación Cultural Xuntanza de Randufe . A partir das dez da noite, na Casa Cultural de Randufe, o grupo de teatro “Aloia” de Pazos de Reis porá en escena a obra “A avoa volve casar”.

 

Playbacks e maxia no Outono Cultural de Areas

Este domingo prosegue o Outono Culturla organizado pola Asociación Cultural “Seixos Albos” de Areas. O programa de actos comeza ás 11h coa celebración dunha Misa no Centro Cultural acompañada pola coral Polifónica “A Merced” de Chaín. Xa pola tarde, ás cinco, actuará o grupo de playbacks de Atios, e ás seis e media o mago “Baco” de Mos.

 

Venres, 18 de novembro de 2011

O Concello deu por rematado o acordo co Tyde sobre a xestión da Escola Deportiva Municipal pero en ningún caso houbo fraude ou mala xestión dos cartos públicos

O Concello de Tui deu por rematado o acordo co Tyde F.C. sobre a xestión da Escola Deportiva Municipal de fútbol. Esta Escola Deportiva, ao igual que as de patinaxe e balonmán son financiadas pola Deputación a través de convenios coas diversas Federacións deportivas que son as que asumen o pagamento aos monitores. O Concello de Tui pola súa parte faise cargo unicamente da cesión das instalacións deportivas e a selección dos deportes entran nesta modalidade financiada polo organismo provincial.

Os motivos que levaron a toma desta decisión son un desacordo co Tyde FC, como entidade responsable da xestión da Escola, logo dunha denuncia realizada diante do Concello pola que se tivo coñecemento que se incumprían as cláusulas do acordo establecido entre Concello e Tyde. Esta decisión foi posta en coñecemento da Deputación Provincial de Pontevedra. O feito de que esta ruptura do acordo se produza unha vez comezado xa o curso imposibilita que poida pórse en marcha outra Escola Deportiva de fútbol.

A Concellería de Deportes, cuxo responsable leva no seu posto dende finais do pasado mes de xuño, asumiu a continuidade destas Escolas Deportivas que a Deputación de Pontevedra ofertaba na cidade nas modalidades de balonmán, patinaxe e fútbol.

Dende o Concello quérese desmentir rotundamente que a denuncia do BNG “dun uso fraudulento do diñeiro por parte do Concello” xa que en ningún momento o Concello asume a xestión económica destas axudas ou convenios. O Concello de Tui, a través do seu concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, Montes, pide desculpas aos rapaces afectados –que supoñen menos do 1% dos participantes nesa Escola deportiva- e garante unha ampla oferta de actividades deportivas para os nenos tudenses a través das outras escolas municipais e das actividades que promove.

Para Nicolás Lorenzo resulta curiosa a denuncia formulada polo BNG tendo en conta que o seu voceiro é tamén membro da Xunta Directiva do Tyde FC e por tanto coñecedor directo desta problemática. Realmente o “fraudulento, falso ou tendencioso” é a manipulación que dun problema concreto realiza ao BNG con esta falsa denuncia.

A Concellería de Deportes comezou xa a traballar para que no vindeiro curso os nenos e mozos de Tui poidan contar cunha axeitada oferta de actividades e escolas deportivas que incremente a oferta actual na que participan un total de 400 nenos e nenas de Tui.

 

A Asociación Social e Cultural Arcebispo Lago, estuda se acepta o Auto ditado polo xulgado respecto da finca Patazumba

            En data 8 novembro 2011 o xulgado de Tui dictou Auto no que acorda estimar parcialmente o recurso interposto en setembro 2010 pola Asociación Social e Cultural Arcebispo Lago, revocar o sobreseimento do procedemento coñecido como caso Patazumba contra Antonio F. Fernández Rocha, Moisés Rodríguez Pérez e outros e continualo nos termos expostos no Auto, e se conceden cinco días ao Ministerio Fiscal e ás partes para interpoñer recursos de apelación sen efectos suspensivos.

Así pois, din desde a Asociación Social e Cultural Arcebispo Lago, o proceso Patazumba continúa polos seus trámites propios.

No seu Auto o xuíz mantén as imputas de delito contra o Patrimonio Histórico (art. 321 CP), id. de prevaricación xenérica e/ou específica  (arts. 404 e 320 CP), e retira os de cohecho (art.. 419 CP) e tráfico de influencias (art. 428 CP).

A Asociación Arcebispo Lago estudia se aceptar este Auto en todolos seus termos ou recorrer algún deles.

 

Asamblea do Club Balonmán Tui

O Club Balonmán Tui vai celebrar asemblea hoxe venres ás 20.30h en primeira convocatoria, e ás 21h en segunda.

A esta asemblea están chamados a participar todos os socios e simpatizantes do Clube, na mesma darase conta da xestión económica da temporada 2010-2011 e as previsións da nova temporada 2011-2012 .

 

Ciclo de Cine Social do grupo Scouts Alhoia

O grupo Scouts Alhoia de Tui organiza un ciclo de cine social que se está desenvolvendo dende hai uns días. O mesmo consiste no visionado dunha película e un foro debate guiado. O ciclo está aberto a toda a poboación e busca reflexionar sobre as problemáticas sociais máis destacadas de hoxe en día.

Teñen proxectado xa dúas películas “Oriente es oriente” e “The Company Man”. A próxima cita é mañá sábado, ás 20.30h, no antigo convento de Santo Domingo. A película a proxectar é “María llena eres de Gracia” e o tema a tratar será o tráfico de drogas, a pobreza e o  emprego.

A seguinte cita é o sábado 26 de novembro cando a película elixida será “Juno” e o tema a tratar sexualidade, familia e toma de decisións.

A entrada para as proxeccións é gratuíta.

 

“Levada Libre” solicitou un Día das Letras Galegas para Faustino Rey Romero

O colectivo cidadá “Levada libre” de Tui, facéndose eco do sentimento popular que ten a figura do  escritor-poeta, Faustino Rey Romero, non só pola súa obra poetica, senon tamén pola súa defensa da nosa lingua, nos tempos escuros que lle tocou vivir, e por todo o que representa a súa obra na nosa cultura, solicitou á Academia Galega, que dedique un  Día das Letras Galegas, á figura de Faustino Rey Romero, rianxeiro, tudense de adopción e galego universal.

Destacando o perfil de Rey Romero

Para reforzar a petición feita, ·”Levada Libre” organiza unha homenaxe, co levantamento dun monumento a esta figura, a cuxo acto asistirán personalidades da cultura, como o presidente  e secretario da Real Academia, e outras autoridades; amigos de  Faustino, e familiares.

Homenaxe de Tui a Faustino Rey Romero

A iniciativa do Colectivo Levada Libre, e contando coa colaboración do concello de Tui, que o fai posible, a homenaxe xustifícase, din desde o colectivo organizador en cinco apuntamentos: “era unha boa persoa, e só ás bosas persoas se lle fai  homenaxes; era un dos nosos, porque amaba profundamente o noso idioma e porque era un defensor das liberdades e das causas xustas; pola súa obra poética, pola que, en 1950, foi nomeado Membro da Real Academia Galega, e no 1964 foi o primeiro galardoado co Pedrón de Ouro, publicando en Tui, na Tipografía Regional, en 1951, o seu primeiro libro de poesías en galego: Doas de Vidro, ao ano seguinte publica Catro Sonetos ó Destino Dunha Rosa, e en 1959 a Escolanía de Merlos.”

            A última razón para renderlle homenaxe a faustino Rey Romero é porque “aínda que levaba a Rianxo na alma, a Tui  tíñao  no corazón. Contaba co respespeto e o amor da inmensa maioría do pobo sinxelo e aquí deixou un recordo imborrable”.

Por eso mesmo, din desde Levada Libre, Tui debíalle unha homenaxe á súa persoa, e o día 25, venres, ás 19:30 horas, inaugurarase un monumento á súa memoria, nos xardins da Media Lúa.

 

“Do soto ao tellado: 9 miradas ao espazo e entorno social de Tui”

Hoxe, venres, ás 20,30 horas, abre ao público a exposición “Do soto ao tellado: 9 miradas ao espazo e ao entorno social de Tui” que realiza unha arriscada “reforma” do espazo expositivo da zona Anexa da Sala Municipal de Exposicións, cunha nova visión deste ámbito. A exposición está estruturada en torno a dous temas: a natureza e a cidade de Tui, vistas dende unha novidosa perspectiva.

Nesta mostra participan tres artistas galegos, Xosé Rivada, cunha ampla experiencia no mundo da arte, xunto a Andrea Costas e Olalla Framiñán, alumnas do 4º Grado de Belas Artes que se estrean neste evento.

Nesta exposición atoparemos unha mostra de diferentes pinturas sobre plásticos negros; a luz dos focos incidindo sobre os plás­ticos creará diferentes reflexos variando a estrutura das obras segundo a perspectiva do propio espectador. A disposición de toda a sala pretende emular unha dinámica construtiva, como a que se leva a cabo dende que a natureza está presente na vida do home, ata que este a manipula, paso a paso, construín­do así unha cidade. En relación con esta idea nace o nome da mostra,“Do Soto ao Tellado”, partindo dende unha base natural, a natureza, ata acadar a parte resgardada do

tellado, a cidade.

Toda a sala se configura como obra de arte, xogando co pro­pio soporte da mostra, que poderá apreciarse no seu máximo auxe o día da inauguración acompañada pola música de Karolis Biveinis e a súa obra “Voicing”.

Para a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, esta exposición enriquece a programación da Sala Municipal de Exposicións dada o carácter novidoso da súa proposta artística. Ao tempo evidencia o compromiso deste concellería coa promoción dos novos valores que no ámbito das artes plásticas xorden na nosa cidade como é neste caso, con Andrea Costa, que cursando o último ano de Belas Artes enceta con esta mostra a súa traxectoria artística.

Xosé Rivada

Artista nacido na Ribeira Sacra, Ourense, no ano 1953. É un artista plástico, que ten como referencia toda a súa obra e toda unha vida de experien­cias, certames, esculturas públicas, exposicións individuais e colectivas, no ámbito nacional e internacional con obra en coleccións públicas e privadas en España, Portugal, Francia e EEUU.

É o fundador e creador da “Revista e colectivo de artistas Toxo Verde”, director da “Sala de ex­posicións Kafi”, membro activo de “ACEA”, fundador da escola de “Hojalatería artística”... Obtivo diplomas, como por exemplo o diploma de honra da “Exposición de arte de Courcoury” Francia, placas honoríficas, mencións en distintos certames, etc.

Andrea Costa

Artista nacida en Tui, Pontevedra, no ano 1989. Estudou o Bacharelato de Ciencias Sociais, no IES de San Paio de Tui.

Nestes momentos está cursando o último curso do Grao de Belas Artes en Pontevedra. Expuxo anteriormente en varios lugares de Tui, como a “Frabricadetui” ou a cafetería “Gran Manzana”. Completou a súa formación con varios cursos de pintura e manualidades, curso de moldes e un curso de fotografía documental.

Olalla Framiñán

Artista nacida en Silleda, Pontevedra, no ano 1990. Estudou o Bacharelato de arte en Santiago, no IES de Sar.

Actualmente, ao igual que a súa compañeira, remata o Grao de Belas Artes en Pontevedra. Comeza pouco a pouco a integrarse dentro do mundo das artes coa súa primeira exposición colectiva. Ten varios cursos de pintura, e un curso de moldes.

Karolis Biveinis

Pianista e compositor nacido en Lituania no ano 1982.

Ao acabar a Escola Nacional das Artes de M.K Ciurlionis en Vilnius, Lituania, trasládase a Galicia, obtendo en 2002 o grao superior de piano, con matrícula de honor, no conservatorio superior de música de Vigo. Dende 2007 estuda o grao superior de composición neste mesmo centro, finalizando os estudos superiores de harmonía, contrapunto e análise.

Varias das súas obras atópanse no catálogo dos selos “Periferia sheet music” (Barcelona) e “Dos Acordes” (Baiona), así mesmo foron gravadas por Radio galega, grabación- estudio “Mans” (A Coruña), “Elite musical” (Vigo),...

Dende 2000 exerce o labor pedagóxico nos conservatorios municipais e dende 2009 é membro da Asociación Galega de Compositores.

 “VOICING”

É unha composición electroacústica para voz feminina, realizada en dúas fases: a gravación de mostras (samples) e a secuencia. É unha composición minimalista baseada no principio da repetición patronal. A peza conta con tres partes que exploran distintas posibilidades sonoras de voz humana: susurro, fala e canto: A primeira basease na forma musical chamada “canon”, a segunda- na dislocación de tres patróns pregravados da mesma frase (o central permanece inmóbil, o primeiro retrátase durante o transcurso da obra e o terceiro adiántase), e a terceira- na repetición, engadindo e suprimindo fragmentos, duns dezaseis patróns diferentes.

 

Xoves, 17 de novembro de 2011

II Mostra Teatral Miguel Troncoso

A Asociación Cultural Xuntanza de Randufe organiza a II Mostra Teatral Miguel Troncoso que se vai celebrar dende este sábado, 19 de novembro, ata o domingo 4 de decembro. Terá lugar na Casa Cultural de Randufe.

A Mostra comeza este sábado ás dez da noite co grupo de teatro “Aloia” de Pazos de Reis que porá en escena a obra “A avoa volve casar”. Xa o sábado 26 ás 22h o grupo Mesturanza do Centro Cultural Seixos Albos de Areas representa “Ás voltas co C.I.”. E pecha esta mostra o domingo 4 de decembro ás 18h o grupo de teatro Chirlomirlo de Randufe coa obra “A voda do Esganarello”.

 

Club Remo Tui en Lisboa

Na fin de semana celebrouse a 1ª Regata Internacional Master no Barreiro, preto de Lisboa onde participou o Club Remo Tui. O club de veteranos tudenses logrou tres segundos postos en 4+, 8+, 2+, e un quinto en 1x.

 

A Virxe da Expectación, peza do mes da Asociación Amigos da Catedral

A Asociación de Amigos da Catedral de Tui está levando a cabo ao longo deste mes unha actividade de difusión del rico patrimonio conservado no templo catedralicio denominada "A peza do mes". Consiste na exposición nun lugar destacado  dun obxecto artístico ofrecendo un texto que analiza e estuda esta peza.

A peza deste mes é a Virxe da Expectación da que na Catedral de Tui  se conservan varias imaxes e retablos dedicados a ela. Está por unha parte a Virgen da O, do Pórtico Catedralicio, realizada en pedra caliza. Por outra está a  imaxe da Virxe que actualmente preside o retablo da Expectación.

 

Festival da ANPA do San Xerome no Teatro Municipal de Tui

A ANPA Joaquina Otero do centro San Xerome Emiliani organiza un festival este sábado no Teatro Municipal de Tui a partir das sete e media da tarde.  No mesmo van actuar Paula Cobián Escola de Danza presenta “Alicia no país das Marabillas” e “Bach” e a compañía de teatro “Xeratrium” que presentará “Saturday Night”.

A entrada custa un euro e poranse á venda a partir das 18h no despacho de billetes.

 

Concerto benéfico da Coral Casablanca

A Coral Casablanca de Vigo vai ofrecer este sábado un concerto ás oito da tarde no Salón Regio do Círculo Mercantil de Vigo titulado “Quéreme...ben”.  Este concerto faise en beneficio dos fillos de Cristina González Sacau, que faleceu o pasado 11 de outubro en Vigo, vítima de violencia de xénero. Deixa dous nenos mellizos de oito anos.

A entrada para o concerto ten un prezo de 20 €, e establécese unha fila cero para aqueles que queiran contribuír a esta causa pero que non podan acudir ao concerto. Nese caso poden ingresar os cartos na conta de Nova Galicia Banco no 2080 0040 65 0040021130.

 

O BNG denuncia que o concello  de Tui fixo un uso fraudulento de diñeiro entregado pola Deputación para as Escolas Deportivas

Recordan desde o BNG, que no mes de outubro o concelleiro do PP, Nicolás Montes, anunciaba  a posta en marcha de Escolas Deportivas de balonmán, patinaxe e fútbol, financiadas con diñeiro da Deputación de Pontevedra, tamén gobernada polo Partido Popular, anunciando que serían gratuítas para os rapaces tudenses.

Realizadas as correspondentes inscricións nestas actividades diferentes pais e nais atopáronse coa desagradable sorpresa de que nalgunhas delas se lles esixía “pagar a maiores” cantidades de diñeiro aos Clubs privados que se ían a facer cargo de executar estas actividades en concepto “obrigatorio” de facerse socios privados do correspondente Club.

Desconcertados, seguen a explicar desde o "Bloque", os pais consultaron ao Concello, responsable da actividade, quen lles comunicou que o asunto tiña que tratarse dun “malentendido” e que eles certificaban que esta actividade tiña que ser gratuíta, sen ningún pago a cargo dos pais, dado que xa estaba aboada pola Deputación.

Pero a verdade é que, a día de hoxe, o concello de Tui se retracta por escrito do anteriormente dito e deixa aos rapaces sen a posibilidade de acudir a fútbol, onde se lles prohibiu participar alegando ter concertado outras condicións co Concello de Tui, e aos seus pais déixanse na mais absoluta indefensión.

Ante esta, calificada polos nacionalistas, como insólita e escandalosa, situación o BNG denuncia que é inadmisible que o Concello de Tui ofreza información falsa ou tendenciosa aos seus cidadáns; é tamén inaceptable que o equipo de goberno de Partido Popular permita, consinta ou acepte, que o diñeiro entregado pola Deputación de Pontevedra a través dunha subvención pública, isto é, con cartos dos impostos de todos, non sexa usado para o que foi concedido: as actividades das Escolas deportivas. Consideran os nacionalistas irresponsable que o Partido Popular do Concello de Tui e o Partido Popular da Deputación “desculpen” esta situación e non a afronten solucións ante a súa neglixente actuación, probablemente porque están en campaña electoral e non queren quedar mal con ninguén nin perder votos.

O BNG esixe ao Equipo de Goberno do Partido Popular de Tui que ofreza unha alternativa aos rapaces xa inscritos na Escola deportiva de fútbol para iniciar esta actividade ofrecida e publicitada gratuitamente por parte do Concello, xa que os cidadáns non poden ser víctimas dos acordos ou desacordos entre o Concello e entidades privadas, sobre todo despois de que os afectados teñan denunciado publicamente esta fraudulenta situación e teñan pedido amparo ao Concello.

Finalmente o BNG preguntará na Deputación de Pontevedra a través do seu Deputado, por este asunto co obxecto de descubrir a onde foi a parar esta subvención ou, habida conta de que non se está ofrecendo, se lle foi devolta á Deputación.

 

Talía Teatro presenta “Pelos na lingua”

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá, venres, ás 21.30 horas, a representación da comedia “Pelos na lingua” da man de Talía Teatro. A obra recomendada para público xuvenil e adulto está dirixida por Avelino González e interpretada por María Ordóñez, Toño Casais e Artur Trillo.

Unha comedia, que dalgún xeito, podería considerarse a segunda parte de Bicos con lingua. Pero non se trata dunha segunda parte como unha continuación da liña argumental, senón que se está a traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que desta vez tratando de darlle un enfoque distinto. Na creación deste espectáculo traballaron distintos autores e autoras galegas. O resultado é unha obra estruturada en sketches que fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega.

 “Pelos na lingua” é un espectáculo áxil, dinámico e fresco. Segundo explica a compañía vai dirixido a todo o mundo aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non o galego, aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo, ... a todos e todas.

As entradas para esta representación está xa á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 13 horas e o venres dende ás 20 horas no despacho de billetes, ao prezo de 5 euros e 3 euros.

 

Mércores, 16 de novembro de 2011

Manuel Garrido Mellor Promesa masculina sub-23 da RFEP

Manuel Garrido Barbosa foi galardoado cun dos premios nacionais de piragüismo que outorga a Real Federación Española de Piragüismo. En concreto foi elixido como Mellor Promesa masculina Sub-23 pola Medalla de ouro no Campionato do Mundo de Maratón de Singapur, en C-1 e pola Medalla de prata no Campionato de Europa de Maratón de Saint Jean de Losne, en C-1.

A entrega do premio terá lugar o próximo 3 de decembro en Aranxuez (Madrid),no transcurso da XXIX Gala Nacional de Piragüismo da Real Federación Española de Piragüismo.

 

Los socialistas dan su opinión sobre las obras de humanizacion de las calles Colón y Padín

La Agrupación Socialista de Tui a través de su portavoz Enrique Cabaleiro quiere dar su opinión sobre  las obras de humanización de las Calles Colón y Padín adjudicadas a la empresa Altrasan, financiadas en su mayor parte por fondos provenientes del Plan Ágora, también denominado Re-comercia 2010-2013. Los socialistas de Tui creen que es necesario poner en conocimiento de los vecinos en qué consiste dicho plan, qué actividades pueden ser financiadas, cuál es la procedencia de la partida económica y cómo está siendo gestionada.

Para el PSdeG-PSOE la adecuación y mejora de equipamientos comerciales municipales constituye el elemento clave para el desarrollo del comercio, y así se considera en los programas que figuran en el Plan Ágora, (Re-comercia 2010-2013), cuya finalidad es contribuir a construir un sector comercial gallego más dinámico. Respecto a este desarrollo comercial, las actuaciones desarrolladas por los ayuntamientos resultan imprescindibles, así se recoge en el Plan, que persigue entre otras finalidades, fomentar la cooperación y coordinación entre los diferentes agentes, tanto públicos como privados, implicados en el sector de venta al por menor.

Así mismo consideran que es imprescindible, para que la utilización de los recursos sea plenamente eficiente, la coordinación entre la Consellería de Economía e Industria, que posee competencias en materia de comercio interior respecto a la planificación y desarrollo de las estructuras comerciales, y las corporaciones locales para posibilitar medidas y actuaciones que sirvan para mejorar los espacios comerciales urbanos, la reconversión y modernización de los mercados municipales, la modernización de la estructura comercial en municipios tipificados de rurales, así como la adecuación de los espacios de comercio no sedentario (mercados ambulantes).

Todas estas actuaciones se financiarán con partidas presupuestarias provenientes del Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).

Quieren dejar claro que desde el PSOE de Tui , no se oponen a la humanización de las calles Colón y Padín en sí, pero sí a cómo se están ejecutando,  ya que no creen que tal y como están planteadas las obras en el proyecto, puedan significar una dinamización del comercio local, incluso la ejecución de algunas de las obras no se ajusta a la normativa del PXOM, principalmente en lo que respecta al ancho de las aceras. Están convencidos que dichos recursos tal y cómo se han invertido no revierten en beneficio del pequeño comercio, porque no están pensadas para la creación de una posible zona de expansión comercial, que la haga atractiva y cómoda para los viandantes.

Teniendo en cuenta las características socio-económicas de la ciudad, entienden que el pequeño comercio actualmente, y a lo largo de la historia, ha sido fundamental para el crecimiento y desarrollo de la misma. Atendiendo a la situación de grave crisis que estamos sufriendo, que los recursos son escasos, y por tanto deben ser bien empleados, sobre todo los provenientes de partidas europeas, desde el PSOE tudense consideran que desde las políticas de inversión pública es imprescindible acometer mejoras que doten al comercio de una situación claramente ventajosa, sobre todo, porque Tui es una ciudad fronteriza, que en estos momentos y por múltiples razones, está en clara desventaja con respecto a la vecina ciudad de Valença.

La postura respecto al uso de dichos fondos, piensan los socialistas, debería haber sido consensuada con los representantes del pequeño comercio en Tui, y que ellos fueran participes del proyecto de inversión de los fondos del Plan Ágora, ya que  nadie mejor que los propios comerciantes para exponer cuáles son sus carencias y necesidades, y que dichas obras no se limitaran a la construcción de aceras y mejoras en el alumbrado.

 

Martes, 15 de novembro de 2011

Hoxe remata o prazo do Certame Fotográfico Relación Home/Muller 100% positivo

Hoxe remata o prazo de entrega dos traballos que desexen participar no Certame Fotográfico Relación Home /Muller 100% positivo organizado polos Servizos Sociais de Tui.

            Cada participante poderá enviar un máximo de 3 obras, en color ou en branco e negro en papel, cun tamaño mínimo de 20cmx15cm e un tamaño máximo de A3 (42cmx29.70cm).

            Os traballos presentaranse nun sobre pechado, especificando no seu exterior: “Concurso fotográfico: Relación home/Muller 100% positivo, 3ª edición” que poderá ser entregado directamente na oficina ou ser enviado por correo ao Concello de Tui. Os traballos presentaranse nun sobre, máximo 3 fotografías (recordade titular cada fotografía), e xunto a este sobre presentarase outro sobre pechado cos datos do autor/a: Nome e apelidos, enderezo, nº de teléfono e fotocopia do DNI.

Os premios establecidos son:

Primeiro premio de 300 €, e unha estancia dunha fin de semana gratuíta para dúas persoas en calquera Parador de Turismo de España.

Segundo premio  unha estancia dunha fin de semana para dúas persoas no Parador de Turismo San Telmo de Tui.

Terceiro premio un xantar para dúas persoas no Parador de Turismo San Telmo de Tui.

 

Serán da Asociación do Traxe Tradicional de Tui

A Xunta directiva da Asociación Cultural e Xuvenil do Traxe Tradicional de Tui, organiza o Iº Serán Cidade de Tui, que se celebrará o sábado día 26 de novembro, ás 21h nas instalacións da antiga fábrica de boinas, fronte ao CEIP nº 1 de Tui.

Este Iº Serán Cidade de Tui conta co patrocinio do Concello de Tui e a colaboración de distintas casas comerciais.

No mesmo amais de música tradicional, os asistentes poderán degustar, chourizos, gulas o allo, chocolate, viño, rosquillas e para rematar queimada. Poderán levarse tamén algún dos agasallos doados polas casas comercias colaboradoras que se sortearán ao longo da noite.

As asociacións e grupos que queiran participar, poden contactar cos teléfonos 622 123 660 e 986 604 191 para acadar máis información ou inscribirse.

  

Homenaxe a Faustino Rey Romero organizado por Levada Libre

O colectivo Levada Libre vai brindar unha homenaxe a Faustino Rey Romero  cunha serie de actividades que culminarán próximo venres 25 deste mes. Do programa previsto e da figura de Faustino Rey Romero falaban Javier Rodríguez e Patricia Ricón no programa “Día  a día”.

Javier Rodríguez facía unha pequena semblanza deste personaxe indicando que era un cura que falaba galego, o que daquela non é de gusto do bispo da diocese, e tamén das primeiras obras que publicou.

Por outra parte daba conta da ligazón de Faustino Rey Romero a Tui dende que se ordenou en 1948 ata que en 1966 emigrou a Bos Aires onde faleceu aos 50 anos.

Este ano cúmprense por tanto os 90 anos do seu nacemento e os 40 do seu pasamento.

Dende Levada Libre organizan estes actos agora na súa honra porque consideran que Tui lle debe esta homenaxe.

O programa previsto para esta homenaxe comezan mañá mesmo coa celebración dunha xornada dedicada á poesía de Fautino Rey Romero nos centros escolares, e amais os alumnos dos distintos colexios pasarán nos próximos días pola Radio Municipal de Tui para pór voz á poesía de Rey Romero. Así o contaba Patricia Ricón.

O colectivo Levada Libre volverá a reivindicar, coma xa fixo en xaneiro, que a Real Academia Galega lle dedique un día a Faustino Rey Romero.

Xa o día 25, nos xardíns da Media Lúa, vaise inaugurar un momento a Faustino Rey Romero obra do escultor tudense Rosendo. Previamente haberá un acto cultural na Igrexa de Santo Domingo que contará entre outros con distintas personalidades da cultura galega entre eles o presidente da RAG.

Previamente, o 23 ás 19.30 horas, Xosé Ricardo Losada estudoso deste persoeiro, ofrecerá unha conferencia na Sala Félix Rodríguez, e posteriormente haberá un coloquio entorno a figura de Faustino Rey Romero.

Patricia Ricón facía por último un convite a participar nos acto previsto para o día 25.

 

Inauguración da exposición “Do soto ao tellado”

            Este venres, 18 de novembro, terá lugar a inauguración da exposición “Do soto ao tellado” na Sala Municipal de Exposicións da Área Panorámica. Na mostran participan tres artistas galegos Xosé Rivada, cunha ampla experiencia no panorama artístico internacional,  Andrea Costa e Olalla Framiñán, alumnas de 4º grao de Belas Artes.

A exposición está estruturada entorno a dous temas: a natureza e a cidade de Tui vista dende unha perspectiva novidosa.

Nesta ocasión toda a sala configúrase coma unha obra de arte, xogando co propio soporte da mostra. Amais o día da inauguración a mostra estará acompañada pola música de Karolis Biveinis quen interpretará “Voicing”, unha composición electroacústica para voz feminina.

Xa no que é a exposición en sí atoparanse diferentes pinturas sobre plásticos negros, nos que a incidencia da luz creará diferentes reflexos variando a estrutura das obras segundo a perspectiva do propio espectador.

A mostra segue a dinámica da natureza, partindo dende unha base natural, a natureza, ata acadar a parte resgardada do tellado, a cidade.

A exposición permanecerá aberta ata o 2 de decembro.

 

Feira de Antigüidades na fin de semana

O paseo da Corredoira de Tui acolle este sábado, 19 de novembro, o XXIV Mercadiño de Antigüidades organizado por ACITUI, Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.

Celebrarase de 10 a 21h con quince postos de obxectos antigos.

 

Sábado, 12 de novembro de 2011

O prazo para presentar orixinais ao Concurso fotográfico Relación Home/Muller 100% Positivo finaliza o día 15

            O próximo martes, 15 de novembro, remata o prazo de entrega das fotografías que participarán no concurso fotográfico “Relación Home/Muller 100% Positivo”, con premios para os tres primeiros clasificados: O finalista recibirá un premio de 300 €, e será agasallado cunha estancia dunha fin de semana gratuíta para dúas persoas en calquera Parador de Turismo de España. O 2º finalista terá como agasallo dunha estancia dunha fin de semana para dúas persoas no Parador de Turismo San Telmo de Tui. E O 3º finalista recibirá un agasallo dunha comida para dúas persoas no Parador de Turismo San Telmo de Tui.

Pódense consultar as bases completas do concurso na web  http://www.concellotui.org/archivos/documentos_30_o.pdf

 

Tui será sede do 8º Congreso Internacional de Molinoloxía do 28 ao 30 de abril 2012

A cidade de Tui será a sede oficial do “8º Congreso Internacional de Molinología” organizado pola Asociación Galega de Amigos do Muiños (Asgamui) e a Asociación para la Conservación y Estudios de los Molinos (ACEM) coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui.

A temática deste oitavo congreso estará centrada en “Innovación e ciencia no patrimonio etnográfico” e reunirá na nosa cidade entre os días 28 e 30 de abril de 2012 a cerca de dous centenares de especialistas en molinoloxía procedentes de toda a Península Ibérica e doutros países europeos.

Na nosa cidade terán lugar as sesións científicas coa presentación de relatorios e comunicacións por destacados especialistas nestes temas e vinculados ao estudo da cultura e a tecnoloxía tradicional e popular. Se completa o programa con senllas visitas a dous enclaves relacionados co mundo dos muíños: os conxunto de muíños do Picón e do Folón, no Concello do Rosal, e os muíños do Concello de Meaño xunto aos de Ribadumia, Meis e Cambados, na comarca do Salnés.

            Este Congreso Internacional, segundo os organizadores, pretende exaltar a cultura popular e o patrimonio etnográfico como manifestacións materiais que levan implícito o selo inequívoco dun modo de vivir e de ser que pretendemos sexa coñecido, recoñecido, respectado e valorado polas xeracións actuais e vindeiras. É evidente que o carácter Internacional do Congreso permite o encontro de diversas culturas unidas pola molturación do gran e a utilización das enerxías tradicionais.

A celebración deste evento foi acordada no último congreso internacional de molinoloxía celebrado en Zamora, hai agora dous anos, ao resultar gañadora a candidatura presentada pola Asociación Galega de Amigos dos Muíños. Este Congreso da continuidade aos celebrados anteriormente en cidades como Zamora, Córdoba, Ciudad Real, Tarrasa ou Santiago de Compostela. Neste oitavo congreso colabora tamén a Universidade de Vigo.

O Concello de Tui, en palabras da concelleira de cultura, acolle con gran satisfacción a elección da nosa cidade como sede deste congreso que contribuirá positivamente á divulgación de Tui e dos recursos culturais e patrimoniais. Vanesa Rodríguez Pereira salienta que a celebración deste Congreso será unha oportunidade para amosar o traballo que no noso municipio tense levado adiante, nos últimos anos, en relación co patrimonio etnográfico e a súa posta en valor; así o Concello de Tui por medio do Obradoiro de Emprego está na actualidade traballando nesta liña na creación e mantemento do sendeiro ambiental que percorre 18 quilómetros do noso concello poñendo en valor diversos lugares de interese etnográfico ou en datas vindeiras realizará unha intervención nos miños do río Tripes.

Os interesados en participar, na presentación de comunicacións, etc. teñen accesible a información na páxina web do congreso: http://www.asgamui.com/congreso/index.php.

  

Prosegue o Outono Cultural de Areas

              Este domingo continua a programación do Outono Cultural de Areas organizado pola Asociación Seixos Albos. O domingo ás 12.30h haberá unha carreira de bicicletas pola parroquia. Xa pola tarde a partir das cinco actuarán os grupos folclóricos Seixos Albos de Areas, Amarola de Mera da Coruña, San Pedro de Cea de Vilagarcía e Xamaraina da Guarda

 

Actividades da Asociación Cultural Xuntanza na fin de semana

             A Asociación Cultural Xuntanza de Randufe organiza dúas actividades para a fin de semana. Hoxe sábado ás nove da noite na Casa Cultural haberá unha xuntanza para o grupo de camiñantes Xundaina, para facer camiñatas organizadas por distintas zonas.  Xa o domingo a partir das seis da tarde haberá un magosto con castañas asadas e viño.

 

Festa do Porco ao Espeto e Festa do Socio en Rebordáns

               O Centro Cultural San Fins de Rebordáns celebra Hoxe a partir das nove da noite a Festa do Porco ao Espeto. O menú estará formado por porco ao espeto acompañado por cachelos, pan, viño ou auga, sobremesa e café.  O prezo será de 10€ para socios e 12€ para non socios, os nenos de 6 a 12 anos pagan 5€, e é gratis para os menores de 6 anos.

          Por outra parte o domingo a partir das cinco da tarde celebrarán a Festa do Socio con castañada e viño de balde para todos os socios. Farán tamén o sorteo dunha cea para dúas persoas.

 

III Festa do Magosto en Malvas

            A parroquia de Malvas celebra hoxe sábado a III Festa do Magosto organizada pola Asociación de Veciños.

        O programa previsto comeza ás 12h cun concurso de viño e de castañas con premio á castaña máis grande e a de mellor presentación. Actuará o grupo folclórico “Inquedanzas” de Pazos de Reis. Mentres o grupo “Cantos Somos” amenizarán o xantar composto por empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro, rosca, café e licores. Ás tres da tarde actuará a moza Patricia Castro de Pazos de Reis que está a concursar no Luar, e pola tarde actuarán os grupos culturais de Malvas e Guillarei e haberá xogos e magosto e por último pola noite actuará o grupo Azahar.

 

Magosto en Pexegueiro

            O Centro Cultural de Pexegueiro acolle hoxe a partir das 20.30h un tradicional magosto. Haberá castañas asadas, chourizos asados, pan, rosca, viño, refrescos e queimada gratis para todos os socios. Organiza a Asociación Socio Cultural E Xuvenil " O Mosteiro"  Pexegueiro

 

O alcalde entregou os diplomas á mulleres estranxeiras que participaron no curso de castelán

              O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, acompañado da traballadora social, Carmen González, e da responsable da Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados, Ana Ubiña, foi onte o responsable de entregar os diplomas ás doce mulleres marroquís que fixeron o curso de iniciación ao castelán organizado polo Concello tudense.

             As mulleres que participaron nesta actividade formativa levan en España entre 2 e 17 anos, pese ao que o seu coñecemento do castelán era relativamente baixo. Todas elas valoraban o curso realizado positivamente, xa que lles permitirá ter unha mellor comprensión do castelán e tamén falalo pouco a pouco.

            Ana Ubiña explicaba en declaracións á Radio Municipal de Tui que o obxectivo deste curso era ensinarlle o máis básico para desenvolverse na vida diaria.

            O Concello leva xa varios anos impartindo cursos destas características, aínda que neste caso nivel foi moi básico.

            O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez valorou positivamente este curso, ao tempo que aludiu ao traballo que se realiza dende o departamento de Servizos Sociais de atención a inmigrantes e emigrantes. Nese senso lembraba o premio Entreculturas, que precisamente por esta labor, recibiron recentemente.  Aludía tamén ao feito de que Tui é unha cidade de acollida, e a importancia en superar as barreiras idiomáticas para lograr a integración das persoas que viven nesta comunidade.

 

Phantom Club presenta o DVD do concerto “Muchas noches, buenas gracias” en decembro

        O grupo tudense Phantom Club presentará o próximo 23 de decembro o DVD do concerto gravado no Teatro Municipal de Tui hai dous anos titulado “Muchas noches, buenas gracias”. Así o explicaba Frans Banfield, membro de Phantom, na RMT.

 

Venres, 11 de novembro de 2011

Víctor Coyote presenta en Tui o seu último traballo: “Dos años luz y cuarto”

O músico tudense Víctor Coyote ofrecerá un concerto mañá, ás 20.30 horas, no Teatro Municipal, para presentar o seu último traballo discográfico “Dos años luz y cuarto”. Un traballo  no que se mestura dende a influencia minhota das concertinas, o r’roll americano e inglés, o tango finlandés, a música de Madagascar, os tambores de Bahía, ou a escena arty do New York de finais dos anos 70.  O que foi líder dos Coyotes estará acompañado en Tui sobre o escenario por Carlos López, contrabaixo; Carlos Mirat, batería; Javier Santos, guitarra, ukelele, casiotone e doo-rag e Lucas Fernández, batería e guitarra.

“Dos años luz y cuarto” saíu á rúa o pasado mes de abril, logo de ser xestado en parte en Tui coa colaboración de músicos da cidade, coma Lucas Fernández ou Pancho Álvarez. Agora volve á cidade para. coa colaboración de grandes músicos, algunha sorpresa e a mirada posta en Portugal, ofrecer un formato máis amplo destas cancións.

 

Concerto en La Fábrica de Tui

Hoxe venres ás dez e media da noite vai actuar en La Fábrica de Tui, no Centro Interfederado, o grupo madrileño Le Voyeur Mendez, que a semana pasada presentaron o seu traballo discográfico en Radio3.

Este trío madrileño de acordeón, saxo e guitarra interpreta música swing e cabaret. A entrada para o concerto é gratuíta.

 

Cursos de extensión universitaria na Aula da UNED de Tui

A Aula da UNED de Tui vén de facer pública a oferta de cursos de extensión universitaria que vai impartir ata finais de ano.

Por unha banda oferta un obradoiro denominado “Programar por competencias” cuxo obxectivo é introducir ao profesorado no deseño por competencias na metodoloxía de deseño por proxectos ao través dun traballo colaborativo nos centros educativos co apoio de toda a comunidade educativa.  Este obradoiro terá un total de 12 horas que se van impartir do seguinte xeito. O venres 19 de 9.30h a 13.30h Mª Teresa Neira falará sobre “Desenvolvemento de proxectos colaborativos nos centros educativos: traballo con proxectos versus proxectos de traballo”. O venres 9 de decembro, de 17 a 21h, Florencio Luengo Horcajo presentará o proxecto ComBas e Atlántida. Por último o sábado 10 de decembro de 10 a 14h Mª Teresa Domínguez Pérez dará conta das “Pautas de organización de proxectos colaborativos en centros. Deseño de unidade de programación baseadas nas competencias básicas”.

Por outra parte a UNED vai impartir tamén un obradoiro de Agricultura ecolóxica. Celebrarase o sábado 26 de novembro de 10 a 14h a cargo de José Álvarez Rey, viticultor e xerente da adega Val Remesal S.L. quen falará de poda e inxerto. Continuará o venres 16 de decembro de 16 a 20 con Sergio Horacio Quiroga, enxeñeiro técnico agrícola, quen abordará a “Fertilización orgánica: abonos verdes, esterco, compost. Beneficios da compostaxe”. Por último o 17 de decembro de 10 a 14h Concepción Rodríguez Álvarez, bióloga e titora da UNED falará de “Estratexias e métodos para o control de plagas e enfermidades en agricultura ecolóxica”.

As persoas interesadas nestes obradoiros poden acadar máis información na Aula da UNED de Tui.

  

Festas na honra a San Martiño en Caldelas

A Asociación Sociocultural e deportiva A Insua de Caldelas organiza esta fin de semana na parroquia as Festas na honra a San Martiño. Arranca hoxe a partir das nove da noite coa actuación dos gaiteiros Vella Escola de Caldelas e das pandereteiras As Dabadía de Caldeas. O sábado terán verbena coa orquestra Ciudad de Vigo e o grupo Sorpresa.

Por último o domingo ás 11.30h entrará no recinto de festas das tradicionais Espadanas acompañadas polo grupo de gaiteiros Vella Escola de Caldelas. Ás 12h celebrarase misa solemne acompañada pola Coral Máis de Corenta e Cinco de Arantei e a continuación actuación do grupo de gaitas e subhasta das Espadanas. Ás seis actuará o grupo folclórico de Ganfei, Portugal. Todos os días haberá castañas asadas de balde e o recinto de festas estará cuberto por unha carpa.

 

Iniciativa gastronómica no Parador de Tui

 “As setas do outono” é o título dunha iniciativa gastronómica que o Parado de Tui ten en marcha ao longo deste mes dentro dunha mostra gastronómica que desenvolven a nivel estatal.

David Villar e Miguel Rodríguez, director e xefe de cociña do Parador respectivamente, explicaban hoxe pormenorizamente esta iniciativa na nosa sintonía.

David Villar explicaba que as Mostras Gastronómicas dos produtos de España segue a liña de promoción dos nosos produtos, receitas e cociñas. No caso de Tui céntranse nas setas.

No menú que ofrecerán ao longo deste mes de novembro empregarán setas coma boletus, cantarelus ou níscalos. Pero tamén haberá algunha novidade. Daba conta Miguel Rodríguez do menú que ofrecerán.

Este platos estarán na carta pero tamén formarán parte dun menú degustación de 32 euros coma comentaba David Villar. Servirase os venres, sábados e domingo e cada semana cambiará o aperitivo.

 

Xoves, 10 de novembro de 2011    

O venres entréganse os diplomas do curso de iniciación ao castelán para mulleres estranxeiras

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui informa, a través da Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados, que o próximo venres día 11, ás once da mañá, no salón de plenos do Concello, terá lugar o acto de entrega de diplomas do curso de iniciación ao castelán no que participaron 12 mulleres estranxeiras deste municipio, e que se impartiu o pasado mes de outubro nas Aulas da Uned – Tui.

Con este curso, que contou co financiamento do Ministerio de Traballo e Inmigración e da Secretaría Xeral da Emigración,  pretendeuse favorecer a integración social das mulleres inmigrantes que se encontran en situación de especial vulnerabilidade, agravada pola barreira que o descoñecemento do idioma supón para a comunicación e o desenvolvemento de calquera actividade da vida diaria e o establecemento de relacións sociais.

 

Presentación do concerto de Víctor Coyote

Mañá, venres, ás 11.30 horas, terá lugar na sala de reunións do Concello de Tui unha rolda de prensa para presentar o concerto que o músico tudense Víctor Coyote ofrecerá o sábado ás 20.30 horas no Teatro Municipal.

Na rolda de prensa estarán presentes o propio Víctor Coyote xunto ao alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez.

 

Tanxarina Títeres mañá no Teatro con “Trogloditas”

A compañía redondelá Tanxarina Títeres regresa este venres, ás 20h, ao Teatro Municipal de Tui para pór en escena “Trogloditas”. Tratase dunha obra de monicreques e actores recomendada para público familiar a partir de 5 anos.

Durante os corenta e cinco minutos que dura a función Tanxarina lévanos ata o primeiro teatro da prehistoria, unha cova onde viven tres trogloditas. Da man dos monicreques e das súas primitivas habilidades imos coñecer a singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos. Unha sorprendente ambientación, a orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento. O resultado é un espectáculo cheo de humor e tolería.

 “Trogloditas” está dirixido por Evaristo Calvo e o elenco está formado por Eduardo Rodríguez “Tatán”, Miguel Borines, e Andrés Giráldez.

Tanxarina Títeres é unha das compañías de monicreques máis prestixiosas e recoñecidas de Galicia.  Dende 1981 desenvolver o seu traballo na produción de espectáculos para todo tipo de públicos onde combinan diversas técnicas de animación de monecos co traballo actoral dos manipuladores.  Esta labor compaxínana coa participación dos actores en montaxes doutras compañías e mesmo en producións audiovisuais, así coma cunha variada proposta de cursos de construción e manipulación de títeres, marionetas máscaras e cabezudos para educadores, escolares e profesionais da animación socio-cultural.

Nestes trinta anos de traxectoria teñen actuado por toda España, en boa parte de Europa así coma en Latinoamérica pondo en escena os dezaseis espectáculos que teñen montado até o momento.

As entradas están á venda na web www.culturatui.info ao prezo de 3€ e 2€ ou no despacho de billetes o venres dende ás 18.30 horas.

 

Mércores, 9 de novembro de 2011    

Hoy en el Haley de Tui los clientes podrán conocer la edad del corazón

Gadisa ha puesto en marcha una acción de Responsabilidad Social Corporativa, en colaboración con Flora (Unilever), relacionada con la salud cardiovascular, que se desarrollará hoy, miércoles, en el Centro Comercial Haley de Tui.

Un equipo de Flora realizará un test a los clientes del establecimiento para calcular su edad del corazón, teniendo en cuenta factores como el colesterol, el peso corporal y su condición de fumador o no fumador.  Además, ofrecerán a los clientes que acudan al stand consejos para prevenir el colesterol, una degustación de productos saludables y vales descuentos de artículos.

 

Inauguración da sede da Asociación “Un máis”

Este sábado ás doce do mediodía terá lugar a inauguración da sede da Asociación de pais, nais, familiares e amigos de persoas con trastornos do espectro autista “Un máis”. O acto terá lugar na rúa Párroco Rodríguez Vázquez 5 de Tui.

Esta asociación nace co obxectivo de promover a educación, formación e a integración social das persoas con trastornos do espectro autista. Tamén persegue promover a formación de pais, nais, familiares e amigos das persoas con esta patoloxía.

Pódese acadar máis información na web http://purl.org/net/unmais.

 

Martes, 8 de novembro de 2011    

A Oficina Municipal de Turismo atendeu 2309 turistas no pasado mes de outubro e 660 peregrinos comezaron en Tui o Camiño a Santiago

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu ao longo do pasado mes de outubro un total de 2.309 consultas de turistas de diversa procedencia, un número de visitante que nun mes de escasa afluencia de visitantes testemuña a importancia crecente que supoñen os turistas que se achegan ata a nosa cidade en calquera época do ano. Deste número 2.090 eran turistas e 219 foron peregrinos que se achegaron ata esta Oficina de Turismo na súa estadía en Tui.

Entre os 1909 visitantes de procedencia española que realizaron algunha consulta na Oficina de turismo tudense salientan 411 de Madrid, 271 de Andalucía, 163 de Galicia, 144 da Comunidade Valenciana e 134 do País Vasco, pero cabe destacar que houbo visitantes de todas as Comunidade Autónomas españolas sendo as Illas Baleares con 17 consultas a menos representada.

En canto aos turistas internacionais, destaca a presenza de 83 de Alemania, 71 de Portugal, 40 de Italia, 40 de Francia e 26 de Estados Unidos. Turistas de ata 33 nacionalidades distintas visitaron a nosa cidade no pasado mes de outubro.

Dos 219 peregrinos que efectuaron algunha consulta neste Oficina tudense 97 eran españois (con madrileños e valencianos como os máis representados) e 122 estranxeiros (onde destacan alemáns, italianos e portugueses). Este número representa menos da metade dos 660 peregrinos que no pasado de outubro comezaron o seu itinerario de peregrinación á Catedral de Santiago de Compostela na nosa cidade. Segundo os datos da Oficina de Atención ao Peregrino da Arquidiocese de Santiago Tui consolida seu papel como un dos primeiros lugares escollidos polos peregrinos para comezar o seu itinerario. Esta mesma Oficina informa que no pasado mes de outubro un total de 1957 peregrinos realizaron o camiño portugués, o segundo máis utilizado logo do francés.

Con este abano de datos, a concelleira de turismo do Concello de Tui, salienta a importancia destes números e como na nosa cidade se consolida paseniñamente a importancia do sector turístico como un dos seus principais recursos. Neste sentido, é moi importante, engade a concelleira, manter a apertura desta Oficina Municipal de Turismo boa parte do ano pois posibilita ofrecer aos nosos visitantes unha información axeitada sobre a nosa cidade e os seus recursos turísticos. Dende o Concello tudense continúa o traballo na promoción da nosa cidade, como testemuña a recente presenza, xunto coa Cámara Municipal de Valença, na Expogalaecia; unha experiencia na que colaboraron activamente numerosas empresas do sector da nosa localidade. Para Raquel Lorenzo este traballo conxunto é un camiño seguro para consolidar o sector turístico na nosa cidade.

 

Sábado 5 de novembro de 2011    

Éxito total de “O Florido Pensil” con máis de 1000 entradas vendidas

Máis de mil persoas van asistir entre onte e hoxe e mañá á representación de “O Florido Pensil” da man de Eme2 produccións. Á venda de entradas por internet foi todo un éxito, e onte venres ás 10.30h desta mañá pechou xa a taquilla na web www.culturatui.info. Restan so unhas poucas entradas que se porán á venda no despacho de billetes na Área Panorámica, esta tarde ás sete para a función desta tarde.

Dende o departamento de Cultura pregan ao público que vai asistir ao teatro puntualidade para que así a representación poida comezar á hora prevista.

Lembramos que a cita será hoxe ás 20.30h Sobre o escenario estará un elenco de cinco dos mellores actores galegos: Xosé Manuel Olveira “Pico”, Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez, Josito Porto e Alfonso Agra.

O “Florido Pensil” fai retrato do sistema educativo na época franquista ao través da mirada de cinco nenos,  que dulcifica a imaxe.

 

Mercadiño, concerto e exposicións en La Fabriquería

Hoxe sábado de doce do mediodía a dez da noite La Fabriquería na Avenida da Concordia acolle “unha verbena de obxectos atopados” na que os obxectos saen do seu escondrixo para atopar novos donos nun mercadiño. Haberá amais ás 13h un concerto de distintos músicos tudenses, pola tarde actuará Cocón Dj e ás 23h o grupo vigués Cró.

 

Concerto en Chan do Carrasco, Randufe

A Asociación Xuvenil Furabolos organiza hoxe sábado, a partir das once da noite, un concerto en Chan do Carrasco. Actuarán os grupos Ulf de Tui,  Asegún da Guarda, e Zábalus de Redondela. A entrada ten un prezo de 2€ incluíndo a consumición.

 

V Serán do San Martiño en Caldelas

A Carballeira da Igrexa de Caldelas acolle hoxe sábado a partir das nove da noite o V Serán do San Martiño organizado pola Asociación Cultural, Xuvenil e Deportiva “A Insua”.

Haberá  charangas, gaiteiros, pandereteiras, treboadas, cantareiras, ...e ao longo da noite esfollada popular con degustación de pan, tortas e papas de millos. Tamén terán chourizos asados, chocolate, castañas e viño novo

 

Este domingo comeza o Outono Cultural en Areas

A Asociación Cultural Seixos Albos de Areas organiza o seu “Outono Cultural” que se vai celebrar do 6 ao 27 de novembro.

A programación comeza este domingo ás 12.30h con xogos populares. Pola tarde, ás cinco, o grupo de teatro Mesturanzas de Areas porá en escena “As voltas co CI”,e dúas horas despois actuará o grupo folk “Lirolai” do Rosal.

 

Teatro e magosto o domingo en Pazos de Reis

O Centro Cultural “Aloia” en Pazos de Reis acolle este domingo ás cinco da tarde ao grupo de teatro “Chirlomirlo” da Asociación Xuntanza de Randufe que porá en escena “O Zarandallo”. Ao remate haberá viño e castañas asadas gratis para todos os asistentes. Organiza a Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil “Aloia”

 

III Festa do Magosto en Malvas, Tui

Ata este domingo está aberto o prazo de inscrición para participar na III Festa do Magosto que o domingo 13 se vai celebrar en Malvas organizada pola Asociación de Veciños.

Manuel Rial e Manuel Gallego, do colectivo veciñal, daban conta do programa previsto na RMT. Comezan ás 12h cun concurso de viño e de castañas con premio á castaña máis grande e a de mellor presentación. Actuará o grupo folclórico “Inquedanzas” de Pazos de Reis. Mentres o grupo “Cantos Somos” amenizarán o xantar composto por empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro, rosca, café e licores. Pola tarde actuarán os grupos culturais de Malvas e Guillarei e haberá xogos e magosto e por último pola noite actuará o grupo Azahar.

Ás dúas primeiras edicións foron un éxito que agardan se repita este ano.

Para anotarse no xantar cun prezo de 9 euros para nenos de 6 a 12 anos, e adultos 20 euros, teñen que adquirir os tickets ata este domingo en distintos establecementos de Tui. Calculan un máximo de 300 persoas nunha carpa climatizada.

 

O Concello de Tui conta cunha Oficina de orientación e información laboral a dispor dos interesados

O Concello de Tui informa que está a dispor dos a oficina de orientación e información laboral, financiada pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. Esta oficina, situada no Centro de Formación do Concello en Guillarei,  conta cunha orientadora laboral que atende ao público en horario de 8:00 a 15:00 de luns a venres.

As persoas interesadas en ter unha entrevista, deben solicitar cita previa, chamando ó 986 60 32 28 ou no enderezo electrónico orientación@concellotui.org, ou ben achegándose ás instalacións.

Tamén dispón de localización na páxina web do Concello, www.concellotui.org, dentro dos servizos prestados no centro de formación.

 

Venres, 4 de novembro de 2011    

Máis de 37.000 visitantes na Feira Expogalaecia 2011 na que participou por vez primeira a eurocidade Tui – Valença

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença valoran moi positivamente a súa participación conxunta na feira “ExpoGalaecia 2011 Salón de Turismo, Gastronomía y Artesanía de Galicia y Norte de Portugal” celebrada no recinto feiral de Vigo dende o pasado sábado 29 de outubro a onte martes 1 de novembro.

Segundo os organizadores foron máis de 37.000 os visitantes que se achegaron ao longo destes catro días ao IFEVI e que puideron coñecer a oferta turística de ambos municipios agrupados agora baixo a denominación de “Eurocidade”.

Salientou especialmente o número de visitantes que na tarde do domingo puideron coñecer a gastronomía deste municipios miñotos, concretamente o “caldo verde” de Valença e os peixiños de améndoa e as tortas de Santiago que ofrecía o Concello tudense. Tamén onte martes 1 de novembro á tarde foi moi visitada á presentación da oferta de turismo activo realizada por empresas de ambos municipios e que suscitou o interese de moitos visitantes.

Para a concelleira de turismo do Concello de Tui, Raquel Lorenzo Pimentel, a participación da Eurocidade Tui – Valença nesta feira de turismo ten resultado unha experiencia sumamente positiva tanto polo importante número de visitas que recibiu o stand da “Eurocidade” como polo que significa de traballo conxunto para a promoción turística de Tui e Valença que comeza asi un camiño de colaboración do que se agardar positivos froitos. Un patrimonio cultural complementario, unha paisaxe natural extraordinaria, una amplo abanos de servizos culturais e turístico, numerosos establecementos comerciais e turísticos de calidade... son algunhas das principais fortalezas da oferta turística de ambos municipios e que amosaron neste stand na feira de turismo “Expogalaecia” 2011.

   

Aberta a inscrición para o curso “Streaming de audio e video” no mes de novembro

A Aula da Rede CeMit de Tui acollerá un  novo curso nas últimas semanas de novembro, no marco do Programa de Formación Multimedia e Audiovisual da Rede CeMIT co título Curso de streaming de audio e video, que se impartirá en dúas quendas: do 21 ao 24 de novembro e do 28 de novembro ao 1 de decembro

É preciso ter coñecementos de medios de informática e recoméndase ter usado ferramentas informáticas de edición de vídeo.

A inscrición está aberta ata o 7 de novembro podendo realizarse on-line a través da páxina web: http://www.cmg.xunta.es/of_cursosonline.php, tamén poden solicitarse máis información en: formacion-cemit@xunta.es ou no teléfono 902 222 321.

O modelo formativo deste curso baséase no concepto de blended learning, é dicir, combina actividades presenciais, síncronas e de e-learning. Así, durante os cinco días de duración do curso, emitirase un capítulo do vídeo documental realizado para a ocasión cos contidos do curso, seguido dunha explicación e resolución de dúbidas (tutorización) polo técnico experto, utilizando a plataforma de teleformación.

Aquelas persoas que superen satisfactoriamente os contidos do curso, recibirán un diploma acreditativo expedido pola entidade organizadora.

Este curso ofértanse a toda a cidadanía e pódese realizar na Aula da Rede CeMIT  a través do sistema de videoconferencia. O único requisito para o desenvolvemento desta actividade é que cada aula CeMIt debe contar cun mínimo de cinco persoas. De non ser así, os cidadáns interesados nos cursos poderán asistir (de haber praza) á actividade que teña lugar na aula CeMIT máis próxima.

Esta Aula está ubicada no primeiro andar do Edificio Área Panorámica.

A concelleira de Educación e Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, salientou que a celebración desta nova acción formativa na Aula CeMit completa o programa levado adiante nestes últimos meses, como o recentemente celebrado sobre “Creación de web para dispositivos móbiles” ou a “Xestión de CMS”.

 

Xoves, 3 de novembro de 2011    

Comezou en Tui o curso de “Coidado de persoas maiores no fogar” do programa Actívate da Deputación

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o deputado provincial, Pablo Baquero Álvarez, xunto ao concelleiro de Formación e Emprego do Concello de Tui, José Ángel Villaverde Rocha, e técnicos da Concellería de Servizos Sociais do Concello tudense asistiron onte ao acto de apertura do curso de “Coidado de persoas maiores no fogar” que se imparte dentro do Programa “Actívate” da Deputación de Pontevedra, e no que participan 26 alumnos.

O alcalde de Tui déullela benvida aos asistentes ao curso e agradeceu a colaboración da Deputación Provincial para levar adiante estas accións formativas que pretenden potenciar a integración no mundo laboral dos alumnos, un obxectivo de caracter prioritario para o Concello tudense. Pola súa banda o deputado provincial, Pablo Baquero Álvarez, resaltou como os cursos do programa “Activate”, que promove a Deputación de Pontevedra están especialmente dirixidos a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos e promoven entre os seus participantes acadar un maior enriquecemento cultural e persoal, fomentar a cultura entre os mozos e mozas e facilitar a autonomía e o acceso ao mercado laboral de quen desexe orientar o seu futuro en relación coas actividades ofertadas, ademais de favorecer o traballo en equipo, fomentar as relacións e servir de punto de encontro entre eles.

           O curso terá unha duración de 30 horas, e impartirase nas dependencias do antigo convento de San Domingos.

Esta nova acción formativa que leva adiante a Concellería de Servizos Sociais completa a oferta que ven realizando nesta materia e que foi desenvolvida anteriormente, como foi o curso de corte e confección  ao abeiro tamén do programa Actívate, o de "Acceso ás novas tecnoloxías na busca activa de emprego", realizado xuño / xullo na Aula CeMit, dirixido especialmente a mozos en risco de exclusión social e un curso de "iniciación ao castelán" que se realizou en outubro nas aulas da UNED no antigo convento de San Domingos, dirixido a mulleres estranxeiras, e que contou coa subvención da Secretaría Xeral de Emigración e do Ministerio de Trabajo e Inmigración.

Con esta oferta de formación a Concellería, que dirixe Raquel Lorenzo Pimentel, impulsa a formación das mulleres e dos mozos e mozas do noso municipio tentando deste xeito favorecer a súa integración no mundo laboral e profesional.

 

O Florido Pensil” chega a Tui tras ser vista xa por 6 mil espectadores

A moi bo ritmo vai a venda de entradas para a dobre función que esta fin de semana haberá en Tui de “O Florido Pensil” da man de Eme2 Produccións. A cita, no Teatro Municipal de Tui, mañá, venres, ás 21.30h e o sábado ás 20.30h.

A obra, representada hai quince anos por Tanttaka en castelán, euskera e catalán, presenta agora a súa versión en galego baixo a dirección de Fernando Bernúes e Mireia Gabilondo, da compañía vasca. Sobre o escenario estarán cinco actores galegos que lle dan a súa propia impronta ao texto. Trátase de Xosé Manuel Olveira “Pico”, Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez, Josito Porto e Alfonso Agra. Eles son os encargados de levar a escena unha obra coral que reflicte coma era a educación na época do franquismo.

Este espectáculo foi presentado onte por Julio Perugorria de Eme2 produccións, Xose Manuel Olveira “Pico”, actor, Vanesa Rodríguez, concelleira de Cultura e Moisés Rodríguez, alcalde de Tui.

Xosé Manuel Olveira “Pico”  explicaba que “O Florido Pensil” retrata a educación da época franquista “ao través dos ollos de cinco nenos”, convertendo unha historia dura, ao través desa visión infantil, nunha historia tenra.

Apuntaba que tras un mes e vinte días de ensaios era un reto ver coma funcionaba esta obra en galego dun cachiño da nosa historia recente. O resultado o éxito de público que están a ter, e un espectáculo  no que a “xente non pode parar de rir”, sinalaba tamén que “a xente sorpréndese da vixencia que ten”. Por último apuntaba que é unha obra que crea público porque “hai moita xente que vaia o teatro por primeira vez e saen encantados e con gañas de volver”.

Julio Perugorría de Eme2 explicaba que levan xa 14 funcións da obra con 6 mil espectadores, sinalando que en moito lugares está quedando xente fóra. Amosouse moi contento co resultado que están a ter desta produción e aínda que agardaban unha boa acollida, recoñecía que non esperaban tanta.

Perugorría manifestaba que este é un espectáculo que “chega a xente e a xente o recoñece”. Engadía que os actores o pasan moi ben en escena, e tamén o público “que participa dende o primeiro momento e se recoñece na obra”. Apuntaba que “son moi satisfactorios os aplausos a un traballo ben feito, a un reparto ben elixido...”.

A edil de Cultura sinalaba que a obra está xerando gran expectación en Tui, o que se reflicte no bo número de entradas que van vendidas, restando menos de 150 para a función do venres, e algunha máis para a do sábado.  Precisamente ante o gran éxito que a representación está a ter noutros puntos en Tui, onde inicialmente estaba prevista só unha función, finalmente decidiron establecer unha segunda. Vanesa Rodríguez amosou amais a súa satisfacción pola boa acollida que esta ter e programación do segundo semestre do ano no Teatro, explicando que nos catro espectáculos xa celebrados houbo unha media de 354 espectadores.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, animou ao público a non perderse esta cita na que van estar no Teatro Municipal de Tui cinco dos mellores actores de Galicia. E vaticinaba que vai ser un éxito. Felicitaba amais á Concellería de Cultura por seguir unha liña de traballo, que recoñecía “é difícil manter”.

As entradas están á venda na web www.culturatui.info ao prezo de 8€ e 5€ ou no despacho de billetes o venres dende ás 20h e o sábado a partir das 19h.

 

Viaxe a Coruña da Peña Celtista tudense

Este domingo remata o prazo para anotarse na viaxe á Coruña que organiza a Peña Celtista Tudense co gallo do encontro Deportivo-Celta. A saída de Tui está prevista ás 9.30h visitando Santiago de Compostela, e xantando en Santa Comba.

O prezo para socios é de 65 € incluíndo a viaxe, o xantar e a entrada ao partido, e de 75€ para non socios

Para realizar a viaxe é preciso contar cun mínimo de 30 persoas. Os interesados deben inscribirse antes do 6 de novembro no 653 84 21 30.

 

Convocado o cuarto certame fotográfico “Relación home/muller 100% positivo”

Até o 15 de novembro está aberto o prazo para participar no Certame fotográfico co  gallo  do  Día Internacional contra  a  Violencia de Xénero “Relación home/muller 100% positivo” convocado polo departamento de Servizos Sociais de Tui.

            No mesmo poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos residentes en España, sen importar a súa nacionalidade. As fotografías deberán adecuarse ao tema e contidos do concurso.

            O tema “Relación home/muller 100% positivo”, quere facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo...é dicir, en todos os ámbitos da vida.

            Cada participante poderá enviar un máximo de 3 obras, en color ou en branco e negro en papel, cun tamaño mínimo de 20cmx15cm e un tamaño máximo de A3 (42cmx29.70cm). Cada fotografía debe levar un título.

            Os traballos presentaranse nun sobre pechado, especificando no seu exterior: “Concurso fotográfico: Relación home/Muller 100% positivo, 3ª edición” que poderá ser entregado directamente na oficina ou ser enviado por correo ao Concello de Tui. Os traballos presentaranse nun sobre, máximo 3 fotografías (recordade titular cada fotografía), e xunto a este sobre presentarase outro sobre pechado cos datos do autor/a: Nome e apelidos, enderezo, nº de teléfono e fotocopia do DNI.

            Coas fotografías premiadas e seleccionadas (un total de 50 fotografías) realizarase unha exposición na Area Panorámica. O 25 de novembro comunicarase a decisión do xurado aos finalistas, por teléfono, e farase público a través da Radio Municipal de Tui. Os autores seleccionados para a exposición cederán os dereitos de utilización, exposición, reprodución e distribución pública das obras seleccionadas, para uso exclusivo das accións relacionadas co concurso en cuestión.

            Os premios establecidos son:

                    Primeiro premio de 300 €, e unha estancia dunha fin de semana gratuíta para dúas persoas en calquera Parador de Turismo de España.

                    Segundo premio  unha estancia dunha fin de semana para dúas persoas no Parador de Turismo San Telmo de Tui.

                    Terceiro premio un xantar para dúas persoas no Parador de Turismo San Telmo de Tui.

 

O porto de Tui é un dos oito porto de Galicia onde Portos de Galicia aglutinará os contratos de mantemento de servizos básicos por proximidade xeográfica para optimizar recursos

Portos de Galicia está a tramitar a convocatoria de catro concursos públicos para a contratación do mantemento de servizos básicos de forma conxunta nos portos doutras tantas franxas litorais, entre eles o de Tui. Deste xeito, a Administración portuaria aglutinará os contratos individuais de subministro de enerxía, auga, saneamento, combustible, telefonía e, parte da obra civil, que existen agora para cada porto, en contratos conxuntos por zonas, coa fin de continuar a súa liña de optimización dos recursos humanos dispoñibles, facilitando así a rapidez na xestión e resolución  das incidencias que se poidan producir nas instalacións portuarias.

As catro zonas xeográficas definidas como ámbito de cobertura dos contratos abarcan as franxas litorais entre os portos de Ribadeo e Redes (Ares), Pontedeume e Muxía, Fisterra e Pedras Negras (O Grove) e Portonovo (Sanxenxo) e Tui. Con este novo modelo de contratación, ademais de establecer sinerxías entre os portos de maior proximidade xeográfica, ábrese tamén unha oportunidade de negocio e xeración de emprego para as empresas subministradoras de servizos de ámbito local en cada caso. Esta fórmula preséntase, así mesmo, como garante dun maior control do gasto, mediante a correcta prestación do servizo ao menor custe posible.

Como primeira acción neste sentido o ente público contratará a conservación e mellora das instalacións eléctricas, que se espera que poida saír a concurso a principios do vindeiro ano. Durante a vixencia do contrato, o adxudicatario farase cargo das novas instalacións que se realicen, tanto se son efectuadas por Portos de Galicia como se son transferidas a terceiros. Entre as súas obrigas estará a administración do servizo, as inspeccións de funcionamento diurnas e nocturnas e a conservación e reparación das instalacións e do material auxiliar.

 

Actividades da Asociación Santa Columba de Ribadelouro

A Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro informa das actividades que vai impartir este curso 2011/2012, no centro cultural da parroquia. Os interesados nas mesmas poden acadar máis información no teléfono 618 28 93 16.

Os luns ás 16h impartirán manualidades. Os mércores e venres ás 20.30h terán lugar as clases de ximnasia de mantemento, e os xoves de 16.30h a 18.30h os curso de Arte Floral.  Tamén os xoves ás 20h haberá clases de pandeireta, os venres ás 21.30h de gaita e percusión e os sábados ás 11h curso de iniciación á gaita galega a partir dos cinco anos.

Xa os sábados ás 10h haberá baile rexional para pequenas e medianas, e ás 11h para maiores. Tamén os sábados pero ás 11.30h terán lugar as clases de playbacks para pequenas e medianas e ás 12.30h para maiores. E por último os sábados ás 22h terán clases de bailes de salón.

 

Mércores, 2 de novembro de 2011    

Exposición de pintura "Técnica mixta: agua, aceite y vino" en Porto de los artistas Abel Barandela y Pilar Franco Aguilera

La ciudad de Porto muestra la obra de dos pintores gallegos:  Pilar Franco Aguilera y Abel Barandela. Sus obras se expondrán en un espacio cultural de dicha ciudad, desde mañana, jueves a partir de las 18.30 (horario portugués).

El escritor tudense Carlos Pereira, que ha publicado recientemente el poemario "A quién explicaciones me pide" de la editorial "El taller del poeta",  presentará esta exposición y a ambos artistas en una muestra que según él ofrece "dos maneras complementarias de entender la vida, el arte, el mundo..."

Se trata de la primera exposición conjunta de estos artistas, que además para ambos es la primera en la ciudad de Porto y el primer evento internacional que se realiza en el espacio cultural que ofrece TRENMO.

Este local, situado na "Baixa Portuense" muy próximo de la Estación de trenes "São Bento", es un espacio propiedad de la empresa TRENMO Engenheria que abre sus puertas al arte y a la cultura a través de la organización de eventos. Estas iniciativas culturales son divulgadas y dinamizadas a través de Internet por Sítios e Memórias (www.facebook.com/sitiosememorias - www.sitiosememorias.com).

La exposición "Técnica mixta: agua, aceite y vino" es una iniciativa más que promueve enriquecedor el intercambio artístico-cultural en el eje Atlántico; especialmente Galicia-Norte de Portugal.

Durante la inauguración los artistas ofrecerán un workshop, sorteando posteriormente las obras realizadas ante el público. Abel trabaja sobre todo la enopintura: mezclando bases de colores acrílicos con vino tinto y Pilar combina ceras de colores "quemadas", oleo y pinturas acrílicas.

La muestra se mantendrá abierta al público durante los días: 4, 5, 10,11,12 y 13 de noviembre de 17 a 20:30 horas (horario portugués).

 

Martes, 1 de novembro de 2011    

O concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença presentaron onte a súa oferta en Expogalaecia e hoxe o seu turismo activo

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença participan dende o sábado 29 de outubro e ata hoxe, martes, en “ExpoGalaecia 2011 Salón de Turismo, Gastronomía y Artesanía de Galicia y Norte de Portugal” cun amplo programa de actividades nun stand institucional que leva o nome de “Eurocidade Tui – Valença”.

O pasado sábado o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o Vereador de Turismo de Valença, Jose Monte, asistían á apertura deste stand para resaltar esta colaboración entre ambos municipios pois é  a primeira oportunidade en que ambas cidades asistan conxuntamente a unha feira de turismo e os rexedores de ambas localidades afirmaron que comeza así unha positiva colaboración entre ambos municipios que entende que o traballo conxunto é o camiño de futuro para ambas cidades. Esta feira que acada a súa 14 edición terá lugar no Ifevi, Instituto Feiral de Vigo.

Onte luns os responsables de turismo do Concello de Tui, a concelleira Raquel Lorenzo Pimentel, e o vareador da Cámara de Valença, José Monte, presentaron os principais recursos e ofertas que en materia de turismo posúen ambas localidades.

E hoxe, ás 16.00 horas, terá lugar a presentación das empresas de turismo activo de Tui e Valença.

Nestas xornadas, tato a de onte, luns, como a de hoxe, martes, ás 19,00 horas, houbo sorteos de regalos entre os visitantes ao stand da eurocidade Tui – Valença no que colaboran diversos establecementos turísticos de ambas localidades.

Para a concelleira de turismo do Concello de Tui, Raquel Lorenzo Pimentel, a participación resulta de grande interese pois ao longo destas dúas primeiras xornadas da feira son máis de dez mil as persoas que teñen visitado o stand da eurocidade Tui – Valença, salientando especialmente o numeroso grupo de visitantes á feira que se achegaron o domingo á tarde para participar nas degustacións gastronómicas ofertadas por ambos municipios.

A concelleira tudense sinala que Tui e Valença presentan nesta feira un patrimonio cultural complementario, unha paisaxe natural extraordinaria, un amplo abano de servizos culturais e turísticos, numerosos establecementos comerciais e turísticos de calidade. Estas son algunhas das principais fortalezas da oferta turística de ambos municipios e que agora amosan neste stand na feira de turismo “Expogalaecia” 2011 que coas maquetas de José Martinez Clotet, cedidas por Alejandro Pardo, converten a este stand nun dos máis visitados desta feira.

 

O concello de Tui convoca as bolsas de estudo para ensinanzas musicais para o curso 2011-2012

O Concello de Tui convoca un ano máis as axudas destinadas a financiar os gastos de matrícula no Conservatorio de Grado Medio para favorecer o acceso ás ensinanzas musicais a todos veciños, especialmente aos integrantes das familias cun menor nivel de ingresos económicos. O orzamento municipal para estas bolsas elévase aos 7.000 euros.

Dende hai anos ven realizando o Concello tudense este programa de axudas municipais para ensinanzas musicais, como medio para axudar a algunhas familias deste termo municipal mediante a concesión destas bolsas en réxime de concorrencia competitiva a levar adiante os seus estudios musicais.

O prazo de presentación das solicitudes rematará o vindeiro día 17 de novembro de 2011, e as bases reguladoras destas axudas pódense consultar no taboleiros de anuncios do Concello e do Conservatorio así como na páxina web do Concello de Tui (http://concellotui.org/php/anuncios.php?id=279)

Os obxectivos da política muniicpal en materia da educación musical persigue que os alumnos pertencentes a familias cun baixo nivel de ingresos teñan acceso a beca; realizar un seguimento daquelas familias que se detecten de alto risco e unha análise da poboación demandante e valoración das súas necesidades.

Con esta convocatoria de axudas o Concello de Tui, a través das concellerías de Educación e Servizos Sociais, promove de forma eficaz a igualdade de oportunidade no acceso aos estudios musicais, que posúen xa unha longa tradición na nosa cidade, e procura que os recursos económicos non poidan comprometer o acceso dos cidadáns tudenses á educación e á cultura.

 

Os socialistas non vén viable a curto prazo destinar a finca A Lagarteira para acoller determinados servizos que Tui precisa

Desde el PSOE de Tui a través de su portavoz Enrique Cabaleiro se quiere dar respuesta a las múltiples demandas que se hace por parte de un sector significativo de la población tudense en relación a la ubicación de los distintos servicios que están pendientes de ejecución en nuestra ciudad, y en concreto a la finca la Lagarteira como posible solución a dicho problema.

            Pese a la información facilitada a los distintos medios de comunicación por parte del Sr. Moises Rodríguez como Alcalde de Tui  anunciando la próxima compra de dicha finca a los Hnos. Maristas, a fecha de hoy no es efectiva por razones técnicas y jurídicas, con lo cual no forma parte de los bienes municipales de este Concello, ni puede ser utilizada como emplazamiento para instalaciones municipales de ningún tipo, en tanto en cuanto se formalice legalmente la compra de dicho predio.

            El Partido Socialista de Tui es partidario de las políticas realistas y hechos consumados, por tanto no contemplamos en este momento esta posible solución a los problemas de ubicación. Creemos que no debemos generar confusiones, ni ningún tipo de malestar entre la ciudadanía. El enorme retraso en la materialización de la compra de dicha finca, incluyendo la posterior urbanización de la misma, así como la compra de fincas anexas necesarias para completar los equipamientos del solar, hacen por el momento casi imposible el que pueda servir de ubicación a futuros servicios municipales.

            Además, queremos informar que en el Proyecto de los Presupuestos de la Xunta de Galicia para el 2012,  no existe ninguna partida presupuestaria asignada por parte de la Consellería de Educación, para la construcción de un nuevo colegio en Pazos de Reis, así como tampoco se entiende que la escuela infantil se vaya a licitar con tanto retraso, toda vez que la consignación presupuestaria para la construcción de este equipamiento, tan necesrio para el Ayuntamiento de Tui, ya venía establecida en los presupuestos del año 2011 de la Xunta de Galicia.

 

Converxencia XXI aposta por candidatos mozos e cunha sólida reparación na súas listas para o 20-N

Converxencia XXI da un paso máis na súa consolidación como alternativa en Galicia tras conseguir os avais necesarios para concurrir ás eleccións xerais do vindeiro 20-N como único partido de centro galeguista. A forza, que foi a primeira sen representación parlamentaria en Galicia que conseguiu os apoios que marca a Lei Electoral, pretende unha renovación da política galega e romper co oligopolio do PP, do PSOE e do BNG.

Nas súas listas leva expertos economistas, emprendedores, politólogos, estudantes, biólogos, profesores e avogados, que queren ser a voz de Galicia no Congreso e no Senado na consecución dun maior grao de autonomía. Os perfis dos candidatos de Converxencia XXI, que se presentan polas catro circunscricións galegas, teñen en común a súa mocidade, a media de idade é de 30 anos, a mesma que a da súa Executiva e dos seus afiliados, e unha sólida preparación.

Fernando del Río, profesor de Economía na Universidade de Santiago, encabezará a lista do Congreso pola Coruña. A candidatura ao Senado estará liderada polo santiagués Ángel Quiroga, de 32 anos, doutor en Bioloxía pola Universidade de Humboldt de Berlín, onde ademáis traballou como investigador no centro Max-Delbruec de medicina molecular.

            A candidatura de Pontevedra será encabezada polo empresario e politólogo vigués Anxo Lodeiro, de 32 anos, que traballa no ámbito da cooperación transfronteiriza e as novas tecnoloxías na cidade de Vigo. Polo Senado lidera a candidatura Carlos Estévez.

Pola circunscrición de Lugo o candidato converxente será Wenceslao Posada, xoven enxeñeiro Industrial vinculado ao sector enerxético. A candidatura ao Senado estará liderada polo sarriao Garcilaso de la Vega, economista pola Universidade de Santiago. Á súa vez, o candidato ao congreso pola provincia ourensá será o avogado Xosé Febrero, seguido de Enrique Carballo, de A Limia, mentres que a candidatura ao Senado estará encabezada Brais Iglesias, estudante da Universidade de Torino. 

Entre as propostas programáticas de Converxencia XXI destaca a crecación das condicións que faciliten o emprendedorismo, a iniciativa individual e o investimento produtivo introducindo reformas e baixando impostos con este fin, reducindo gastos innecesarios que permitan manter os servizos esenciais como a sanidade e a educación.

 ‘ideas vellas, novas ideas’. Ese é o slogan elexido pola formación política para dar a coñecer a súa alternativa.

 

Comeza un curso de “Coidado de persoas maiores no fogar” do programa Actívate da Deputación de Pontevedra en Tui

             Esta mañá inaugúrase o curso de “Coidado de persoas maiores no fogar” dentro do Programa Actívate da Deputación de Pontevedra, e no que participarán preto de 30 alumnos. O curso terá unha duración de 30 horas, e impartirase nas Aulas da UNED – Tui, en horario de mañá.

A través destes cursos formativos, especialmente dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, preténdese potenciar a súa integración no mundo laboral, acadar un maior enriquecemento cultural e persoal, fomentar a cultura entre os mozos e mozas e facilitar a autonomía e o acceso ó mercado laboral de quen desexe orientar o seu futuro en relación coas actividades ofertadas, ademais de favorecer o traballo en equipo, fomentar as relacións e servir de punto de encontro entre eles.

Esta nova acción formativa que leva adiante a Concelleria de Servizo Sociais completa a oferta que ven realizando nesta materia e que foi desenvolvida anteriormente, como foi o curso de corte e confección  ao abeiro tamén do programa Actívate, o de "Acceso ás novas tecnoloxías na busca activa de emprego", realizado xuño / xullo na Aula CeMit, dirixido especialmente a mozos en risco de exclusión social e un curso de "Iniciación ao castelán" que se realizou en outubro nas aulas da UNED, dirixido a mulleres estranxeiras, e que contou coa subvención da Secretaría Xeral de Emigración e do Ministerio de Trabajo e Inmigración.

Con esta oferta de formación a Concellería, que dirixe Raquel Lorenzo Pimentel, impulsa a formación das mulleres e dos mozos e mozas do noso municipio tentando deste xeito favorecer a súa integración no mundo laboral e profesional.

 

Este domingo comeza o Outono Cultural en Areas

A Asociación Cultural Seixos Albos de Areas organiza o seu “Outono Cultural” que se vai celebrar do 6 ao 27 de novembro.

A programación comeza este domingo ás 12.30h con xogos populares. Pola tarde, ás cinco, o grupo de teatro Mesturanzas de Areas porá en escena “As voltas co CI”,e dúas horas despois actuará o grupo folk “Lirolai” do Rosal.

A programación continua o domingo día 13 ás 12.30h cunha carreira de bicicletas pola parroquia. Ás cinco da tarde celebrarán un festival folclórico cos grupos “Seixos Albos” de Areas, “Amarola” de Mera da Coruña, “San Pedro de Cea” de Vilagarcía e “Xamaraina” da Guarda.

Por último o domingo 27 ás once da mañá celebrarán misa no centro cultural acompañada pola Coral Polifónica “A Merced” de Chaín. Pola tarde ás cinco actuarán  o grupo de playbacks “Os Penediños” de Atios, e ás seis e media o mago Baco de Mos.