www.galiciasuroeste.info

Oliva González  Fernández - Luzdivina Amorin Amorin

Por José A. Uris Guisantes

 

Oliva González  Fernández na mocidade. Fotografía cedida por Josefina Pérez González

---------------------

 

"Oliva González Fernández na mocidade. Fotografía cedida por súa filla Josefina Pérez González(*).

(*)En conversación telefónica con Emilio Martínez González me di que a da fotografía  corresponde  a súa nai Celia González Lomba e que fora tirada polo fotógrafo profesional guardés Mariano Jiménez Hueto.

Personalmente coñecin e tratei a Celia, casada con José Manuel Martínez Goyás coñecido na Marina como "Gustavo", fixándome efectivamente parece ser a propia Celia de moza.

Facendo indagacións me dicen que Oliva e Celia podían ser primas e que ambas se trataban como amigas en Pedornes (onde estiveran unhas tempadas), existindo a posibilidade de que a fotografía a dera para Oliva é esta a deixou nun caixón onde súa filla moitos anos despois cree que era da súa nai de moza".

 

Oliva González Fernández, natural da Guarda, casada aos 18 anos con José Martínez Lomba de profesión mariñeiro, froito do matrimonio foi a filla Carmen Martínez González. Manuel desapareceu no naufraxio dun buque propiedade da empresa Candeira Hnos, en data que os informantes descoñecen. Debido as leises sobre desaparecidos a viúva non se lle deron os papeis oficiais de defunción polo que non recibíu unha sola peseta de indemnización e tampouco como viúva, nin o Estado fixo calquera requisito para a poder axudar, como hoxe ancontece cando nun aparecen os corpos dos naúfragos.

 

Uns anos despois de quedar viúva volve casar co mariñeiro, José Pérez González de Viladesuso (Oia), pasando a vivir en Pedornes onde naceu a filla Josefina Pérez González Fina. José traballaba con unha gamela no mar de Oia, falecendo de cáncer cando a filla tiña soamente 4 anos.

 

Oliva o quedar de novo viúva e  con dúas fillas, deixa Pedornes e volta a Ribadavila, onde merca unha casiña na 4ª Travesía As Solanas nº 15 por 350 pesetas  a Manuel Moreno Rodríguez en 1948. De seguido pasa a trasladarse con frecuencia a Viladesuso-Pedornes para vender café Sical, Farruco, azucre, xabón en barras, etc. do pisco con Portugal, trocándoos por queixos frescos, freixons, galiñas, ovos, etc.etc., que logo vendía polas casas das veciñas, no mercado, etc.

 

Luzdivina chegara, como digo, do Rosal co fillo tido de solteira, Manuel Amorin Amorin. O que anos mais tarde casaría ca filla de Oliva Josefina e emigrarían a Suiza.

 

As dúas veciñas tamén ían traballar as leiras de Felisa a esposa de Julio Pazos Otero, mestre barbeiro.  A primeira filla, Carmen Martínez González, casou e pasou a vivir en Ribadavia e a segunda, Josefina Pérez González casou con Manuel Amorin Amorin no día da Virxe das Mercedes en 1961, emigrarían a Suiza, como dixen,  para gañar uns cartiños con que poder ter unha vivenda, a que fixeron na rúa Riás.

 

A vivenda familiar sería abandona por Fina anos mais tarde o separarse o matrimonio nos anos oitenta. Do matrimonio naceran, Mari Luz, Miguel, Ana, Milagros e José Antonio Amorin Pérez.

 

 

 

Oliva González Fernández un día de seu cumpleanos, nos oitenta con seus netos, fillos de Fina e Manuel, na pequena vivenda da Travesía de As Solanas. Foto París.

-----------------------------

No patin da casa de Luz Divina cos netos de ambas, era o día de Pascoa. Fotografía cedida por Josefina Pérez González

----------

 

Josefina abandonaría a casa común nos anos oitenta a causa de maltrato, pasando a vivir nun piso da rúa Brasilino Álvarez. A pequena casiña materna 45 m2 e 50 m2 de salido foi mercada pola familia Uris Baz xá moi deteriorada.

 

Luz Divina e seu fillo fai anos que faleceron o igoal que Oliva das que teño a lembranza de ser dúas mulleres do noso barrio, grandes traballadoras, nuns anos nos que o campo daba para malvivir, tendo que buscarse a vida por casas de Oia, porta a porta, feiras e mercados (queixos de Oia, galiñas e ovos) ou nas festas populares vendendo rosquillas e golosinas.

 

Manolo (q.e.p.d.), fillo de Luz Divina Amorin faleceu xa fai uns cantos anos en plena soedade, víctima da falta de entendimento entre a parella que formara con Fina.

José A. Uris Guisantes