www.galiciasuroeste.info

OUTUBRO

 

Luns, 31 de outubro de 2011    

Os populares farán hoxe en Tomiño balance dos oito anos de goberno socilaista con referencia á comarca

A sede local do Partido Popular de tomiño acollerá hoxe, lunes, ás 12 do mediodía, unha rolda de prensa na que comparecerán a presidenta do PP local da Guarda e deputada autonómica, Fátima Iglesias, e as candidatas ao Congreso polo PP de Pontevedra, Irene Garrido Valenzuela, Paula Romeu e Paula Bouzós que farán balance dos oito anos de goberno socialista para a comarca do Baixo Miño.  

 

O concello de Tomiño perde unha subvención da xunta para remodelar a praza de abastos

O PP denuncia a perda, por parte do Goberno do BNG, da subvención de 125.000€ concedida pola Xunta de Galicia para reformar a Praza de Abastos, correspondente a unha inversión de 288.000 €, distribuidos en dúas anualidades, ó amparo da orde de 22 de xullo de 2010 de adecuación e modernización de equipamentos comerciais.

Segundo a portavoz do PP, Paula Romeu “O goberno demostra, con este feito, a súa torpeza para xestionar inversións e subvencións e unha clara falta de respeto hacia os comerciantes ubicados na praza de abastos, dado que poderían ter a estas alturas una praza remodelada, que contribuíse a activar as súas ventas; e serviría como Plan de apoio ó pequeño comercio de Tomiño, golpeado pola crise”.

No pleno ordinario do pasado venres 21 de outubro a Alcaldesa, unha vez se lle solicitou motivasen a perda, insinuou diferenza de trato entre os municipios gobernados polo BNG e os gobenados polo PP, incorrendo en falsidade toda vez que diferentes Concellos gobernados polo BNG foron dilixentes en atender a referida subvención.

 

Sábado, 29 de outubro de 2011    

Este domingo as 16.30 horas no campo do Alivio: Tomiño FCF Valladares

Mañá, domingo, disputarase un emocionante encontro no campo municipal do Alivio as 16:30 horas entre os equipos do Tomiño Feminino e o Valladares, equipo este que encabeza a táboa e que aínda non coñece a derrota, mentres que o Tomiño atópase segundo a tan só un punto do primeiro.

 

Actuación del Ballet Studio 88 en Goián

La Asociación Studio 88 informa que el día 6 de noviembre, el Ballet Studio 88 presenta “Burlesque” en el Auditorio de Goián, a las 18:30 horas con entrada libre.

El Ballet Studio 88 presentará. Con este espectáculo, las nuevas coreografías para sorprender nuevamente al púublico.

 

Xoves, 27 de outubro de 2011    

O goberno municipal de Tomiño actualizou a taxa de saneamento segundo o IPC, tal e como marca a concesión que o PP lle deu a Aqualia en 2006

O BNG lamenta que o PP de Tomiño continúe coa sua liña de “mentiras e demagoxia” que ten caracterizado o seu labor de oposición desde 2007. Desta volta, o PP vén de criticar a actualización de prezos da taxa de saneamento, conforme á subida do IPC, que foi aprobada no último pleno cos votos a favor de BNG, PSOE e CDL, e abstención do PP.

Para Uxío Benitez, portavoz do BNG e concelleiro de Facenda, “é irresponsábel que o PP cuestione a actualización dos prezos da taxa de saneamento que vén reflectida nun contrato asinado polo propio goberno do PP cando lle entregaron a concesión do servizo de saneamento á empresa privada Aqualia no ano 2006”. O BNG insta ao PP a que sexa coherente coas súas decisións e que non faga mal uso do digno labor da oposición. “Tomiño precisa dunha oposición que faga propostas realizábeis e sensatas no beneficio dos veciños e veciñas e que non se adique a lanzar mentiras e propostas demagóxicas”.

Respecto á modificación de credito da subvención nominativa á Asociación de Veciños de Barrantes para a construción do cemiterio, o goberno municipal lamenta á falla de coñecemento da portavoz de PP pedindo unha prórroga da obra do cemiterio, posto que a día de hoxe non hai obra pois aínda non ten licenza ao carecer da autorización ambiental da Xunta. Uxío Benítez matizou que “Instamos ao PP de Tomiño que en vez de facer demagoxia, axude á Asociación de Veciños de Barrantes para que consiga a autorización ambiental da Xunta, onde goberna o PP” 

Como estes cartos do cemiterio non van poder ser xustificados antes de fin de ano, o concello decidiu investilos en facturas pendentes que estaban sen consignación nas áreas de mantemento de colexios, maquinaria, estudos técnicos en cultura e deportes . Asi, enténdese menos que o PP non apoiara esta transferencia de crédito posto que as facturas que se van a aboar son facturas sen consignación contratadas polos daquela concelleiros do CdeT no goberno e agora concelleiros na oposición do PP.

 

O PSdeG-PSOE asesorará gratuitamente aos propietarios que reclamen as fianzas que aboaron no proceso de segregación de parcelas

Despois da aprobación no último pleno do Concello de Tomiño do acordo para devolver as fianza cobradas irregularmente no proceso de segregación de parcelas, o portavoz municipal socialista, Santiago Vergara, anuncia que a Agrupación Local do PSdG-PSOE ofrece asesoramento gratuíto a aquelas persoas que queiran reclamar a devolución das cantidades abonadas ou o levantamento do avais bancarios presentados. Os socialistas entenden que esta devolución debería ser de oficio por parte do Concello, pero o concelleiro de urbanismo declarou na sesión plenaria que debería ser os afectados os que solicitaran a devolución para estudar cada caso individualmente. Segundo declarou Vergara "é incompresible que o goberno municipal admita que non se pode cobrar fianza por segregar e, ó tempo, poña a atrancos a devolver as fianzas cobradas ilegalmente, xa que nin a Lei do Solo, nin as ordenanzas municipais, contemplan a imposición de fianza por segregar.

 Unha avogada asesorará gratuitamente aos afectados na local da Agrupación, na praza do Seixo, tódolos mércores de 18 ás 20 horas do mes de novembro.

 

Mércores, 26 de outubro de 2011    

Reunión da ANPA do IES de Tomiño

Mañá xoves ás 20.30h a ANPA do IES de Tomiño vai celebrar reunión ordinaria coa seguinte orde do día

o       Renovación da xunta directiva

o       Elección de representante no consello escolar

o       Estado de contas

o       Tratar o tema da cafetería

o       Rogos e preguntas

 

Según el PP local, Tomiño incrementa las tasas y precios por servicios de saneamiento y agua y crea la Comisión de Urbanismo a propuesta de los populares

Con los votos a favor de BNG y PSOE el Gobierno Municipal de tomiño aprobó, a propuesta de la Alcaldesa, Sandra González, en el último Pleno de la Corporación Municipal de Tomiño, aumentar las tasas y precios por servicios de saneamiento y agua.

El PP optó por la abstención ya que, no sólo defiende la congelación de tasas y precios, sino que considera procedente una revisión a la baja de las tarifas por los servicios que presta dicha concesionaria, al considerar que se sitúan, actualmente, por encima del precio de mercado.

Según Paula Romeu, portavoz del PP: “El gobierno municipal tiene la obligación de velar, en todo momento, para que la tabla de costes por obras y servicios se hallen ajustados al precio de mercado, ya que, como es sabido, los vecinos no pueden utilizar otra alternativa y, en este sentido, es de recordar las constantes protestas que se producen por los usuarios cuando conocen los importes de la facturación”.

Por otra parte, el PP también se ha opuesto, en el mismo Pleno, a la aprobación de una transferencia de crédito que elimina la subvención a la Asociación de Vecinos de Barrantes para la construcción del cementerio.

La portavoz del PP consideró que lo más procedente, en este caso, era conceder una prórroga para la ejecución de la obra y no la eliminación de la ayuda, incluso antes de agotarse el plazo, inicialmente fijado, para su justificación.

Paula Romeu también discrepó con la aplicación del dinero procedente de la supresión de la indicada subvención y acusó al Gobierno del Bloque de intentar maquillar la consignación real de 120.000 euros, al afirmar que una parte se destinará a los colegios, cuando en realidad se aplicará a sufragar gasto corriente del propio concello.

En el mismo Pleno se aprobó, por unanimidad, la moción presentada por el PP para crear la Comisión de Urbanismo, con el doble objetivo de incrementar la información que en esta materia reciben los distintos grupos municipales, supervisar y adoptar medidas de consenso que permitan una mayor transparencia y objetividad en una materia tan sensible para el desarrollo municipal.

Finalmente, formando parte de esta misma moción, se acordó la devolución de las fianzas que en garantía de la ejecución de las obligaciones de urbanizar constituyeron, particulares y empresas, en los expedientes por segregación de parcelas, que en el momento en que se acordó su no obligatoriedad estaban todavía en vigor.  

 

Martes, 25 de outubro de 2011    

Os socialistas propoñen unha alternativa para que non se demoren os arranxos no colexio Pedro Caselles

As recentes declaracións da Consellería de Educación e do Concello de Tomiño para solucionar os problemas dos centros escolares de Tomiño non convencen aos socialistas. No pleno do venres, día 22, o seu portavoz, Santiago Vergara, sinalou a contradición da Consellería que di que vai a acometer as obras de reforma das instalacións eléctricas do colexio “Pintor Antonio Fernández”  e do colexio “Pedro Caselles” de xeito ‘urxente’ o ano que vén. Estas obras son urxentes polo risco que supón agora mesmo para os alumnos e profesores do centro, polo tanto deberían ser comezadas de inmediato, se hai vontade de facelas. Nese pleno Santiago Vergara presentou un rogo dirixido ao goberno municipal no que, ademais de pedir firmeza para reclamar a execución inmediata das obras de mellora eléctrica nos centros, propuña que se procedera á reparación do chan do ximnasio sen mais retrasos, xa que doutro xeito os rapaces do colexio de Tomiño pasarán outro curso se poder usar esas instalacións. Para financiar esa obra que, segundo os acordos acadados coa Consellería debería realizar o Concello, os socialistas propoñen aprazar as melloras na Casa de Cultura, co que o Concello dispoñería de 150.000 €, cantidade máis que suficiente para reparar o ximnasio. O portavoz socialista recoñeceu que isto podería supoñer un prexuízo para as asociacións e colectivos que utilizan a Casa de Cultura para os seus ensaios, pero adiantou que a dirección do CEP Pedro Cáselles está disposta a ceder o ximnasio a estas asociacións para que, fóra do seu horario escolar, podan desenvolver as súas actividades.

            Aínda que na sesión plenaria o Goberno Municipal non concretou a súa resposta, os socialistas esperan que teña a suficiente sensibilidade para reflexionar e aceptar esta proposición xa que é a maneira de garantir unha solución rápida para os centros escolares.

 

O Lanzo das Imaxes estrenouse o pasado sábado 22 de outubro coa asistencia de máis de 300 persoas

O documentario Lanzo das Imaxes estreouse o pasado sábado 22 de outubro no cine –teatro dos bombeiros (Vila Nova de Cerveira) dentro da programación do festival de cinema galego e portugués Filminho. A estrea tivo lugar ás 22h30 galegas e máis de 300 persoas se achegaron ao auditorio para ser testemuñas do primeiro pase do filme. Ademáis, este pase serviu de inauguración oficial do festival.

André Martins, director do festival, Sandra González, Alcaldesa de Tomiño, Inxeñeiro Nogueira, vicepresidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, foron os encargados de inaugurar oficialmente o festival. Pola súa parte, Natalia Jorge, productora e guionista do Lanzo das Imaxes, foi a encargada de presentar o filme.

O Lanzo das Imaxes é un documentario de 50 minutos que dirixiu André Martins e produciu Natalia Jorge. Ao longo do filme a historia do Torrón vaise desgranando para logo centrarse na romería do lanzo da cruz que non é máis que un producto cultural dos veciños e veciñas de Sobrada. Máis de 50 persoas colaboraron no filme, destacando os entrevistados como Emérita Rodríguez Solleiro, Esteban Pintos, Matilde Teixeira, párroco José Ubeira ou as irmáns Mariño Estévez. A comisión de festas tamén é retratada ampliamente neste filme que ademáis ilustra maxistralmente a organización dunha festa baixomiñota.

No filme xógase con dous tempos, un actual coa grabación do lanzo da cruz do 2011 e outro antigo, cunha cinta do 1992. O reflexo das xentes de hai 20 anos cos que están e os que non están conseguiu emocionar a máis de un. O resultado foi un auditorio completo, emocionado que soubo aplaudir o traballo de André Martins e Natalia Jorge.

Os espectadores que acudiron o sábado da estrea do Lanzo das imaxes, riron pero tamén se emocionaron. O Lanzo é un documentario pero traspasa a pantalla para adentrarse no espectador. Foron moitos os veciños e veciñas de Sobrada que se achegaron a Cerveira para coñecer o resultado de dous anos de traballo da equipa. Natalia Jorge, destacou “a importancia que ten o filme como reivindicación da memoria e da historia local. É un filme que mostrará a outras terras a terra do Torrón”. A próxima parada deste filme é a súa proxección durante a romería do Lanzo da Cruz do 2012.

 

O Filminho celebra unha emotiva sesión de poesía adicada a Eliseo Alonso

O pasado sábado 22 de outubro tivo lugar unha sesión de poesía adicada ao escritor goianés Eliseo Alonso. Á maiores no mesmo lugar e acto seguido inaugurouse unha exposición sobre as fotografías que el mesmo sacara ao longo do Miño nos anos 60´e 70´baixo o título de “O Pai Miño. As miradas sobre o río de Eliseo Alonso”.

A sesión de poesía tivo lugar ás 17h00 galegas no local da asociación de poesía porta treze. Nel participaron amigos e amigas do desaparecido poeta e personalidades do mundo da poesía como María Xosé Queizán, Marta Dacosta ou Marga do Val. Un total de 17 persoas quixeron recitar e lembrar ao finado escritor desaparecido no 1996 mentres preparaba un libro de viaxes por América. Dezasete poemas foron recitados na porta treze onde un numeroso público se quixo congregar e coa súa presenza manifestar o apego que senten polo cariñosamente coñecido como Saito. O acto estivo introducido e moderado pola profesora Helena Pousa.

Na tarde do sábado manifestouse unha reinvindicación en común entre tódolos participantes: promover a candidatura de Eliseo Alonso para o día das letras galegas. Este nomeamento recoñecería a labora dun dos escritores baixomiñotos máis destacados do último século. A súa figura sempre carismática segue na boca dos seus veciños e veciñas e tamén dos moitos e moitas que o coñeceron. É o escritor do Baixo Miño galego e do Alto Minho portugués por excelencia.

Pero o seu papel non foi só literario senón que tamén fotográfico, así a sesión de poesía seguiulle a inauguración da exposición fotográfica “O Pai Miño. As miradas sobre o río de Eliseo Alonso”. A mostra foi inaugurada pola Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e pola filla do escritor, Alicia Alonso.

A exposición conta cun total de 36 fotografías que percorrerán os concellos da raia para difundir unhas imaxes inéditas que ven por primeira vez a luz tras anos arquivadas. Arbo, Salvaterra, Goián, son algún dos lugares que son captados pola cámara de Eliseo Alonso. Aparellos de pesca, pezas ou pescadores son retratados con maestría. Moitos dos sistemas de pesca que son tratados xa non se practican na actualidade o que lle confire un maior valor a mostra.

A exposición rematará o seu itinerario na vindeira primavera cando reposará de forma permanente no centro cultural goianés.

 

Sábado, 22 de outubro de 2011    

XXII Festa do Carballo en Vilameán

Vilaméan organiza de novo a Festa do Carballo que chega á súa vixésima segunda edición este sábado.

Un gran magosto popular, con 500 kg de castañas e 1.500 litos de viño gratis, poderanse degustar nunha cita que xa comezará ás 8 dá mañá e se prolongará ata as 8 do tarde.

             Haberá sesión vermut amenizada polo grupo “Nievla”, e pola tarde Charanga Nova Cubana. A partir das cinco da tarde serán grupos rexionais os que animarán esta cita. O touro mecánico e entretementos para os máis pequenos, forma parte dunha programación que pola noite contempla a actuación do grupo “Nieva” e a orquestra “Ciudad Cristal”.

 

Venres, 21 de outubro de 2011    

EL PP local de Tomiño responsabiliza a la alcaldesa del estado de abandono del Pedro Caselles

El Grupo Municipal del Partido Popular de Tomiño responsabiliza a la alcaldesa de la situación de abandono en la que se encuentran los colegios Antonio Fernández de Goián y Pedro Caselles de Tomiño, ya que consideran que buena parte de las deficiencias se deben a una reiterada falta de mantenimiento.

Paula Romeu agradece la colaboración y disponibilidad del Jefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, para acometer las obras de conservación y mejora de las instalaciones eléctricas del Pedro Caselles, a pesar de no ser competencia de la Consellería.

El PP Local reta a la alcaldesa a que dé cuenta de las inversiones realizadas en conservación y mantenimiento desde que tomó posesión el nuevo gobierno y que explique cuáles son sus propuestas para los próximos 12 meses: “Qué nos diga y haga público lo que se ha destinado del presupuesto, desglosándolo colegio a colegio y lo que piensa destinar en el próximo ejercicio, ya que tenemos claro que las prioridades de Sandra González nunca han estado en los colegios”.

La línea de inversión ascendente que en esta materia se había iniciado por parte del tripartito, bajo la responsabilidad de los independientes, según Paula Romeu, paró en seco con el nuevo gobierno del BNG, tratando de echar “balones fuera” y exigiendo a la Consellería lo que, en realidad, corresponde al Concello.

Romeu solicitó el lunes una reunión de urgencia de la mesa de portavoces de los distintos grupos con representación en la corporación municipal, con presencia de una representación del ANPA del Pedro Caselles y del Colegio Antonio Fernández, al objeto de realizar una propuesta que permita redestinar una partida de urgencia de 200.000 euros para obras de mantenimiento y recuperación, con cargo al PID de la Diputación de Pontevedra: “Espero que Sandra González no se niegue tanto a mantener dicha reunión de urgencia como a invitar a las ANPAS, para que sean testigos de cuál es realmente la posición de cada Grupo y así deje de intentar manipular a la comunidad educativa. Actualmente hay posibilidades de acercar los fondos necesarios, lo que falta por saber es si realmente hay voluntad por parte del BNG”.

 

Proxección de “Seica disque” da produtora Fontiala en Goián

Logo do éxito obtido hai quince días o  Auditorio Municipal de Goián acolle novamente esta fin de semana a proxección da película “Seica disque” da produtora Fontiala. Será mañá sábado ás 22h e o domingo ás 19h.

 

Educación asumirá o custe da renovación da liña eléctrica e de outras obras menores no CEIP Pedro Caselles Beltrán

A Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra informa do acordo acadada na reunión mantida hoxe na Delegación Territorial na que estiveron presentes o secretario xeral técnico, Jesús Oitavén Barcala, a subdirectora xeral de Construcións e Equipamentos, Mari Carmen Martínez Ínsua, o delegado territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, e técnicos de obra representantes dos dous organismos.

Na reunión mantida hoxe, que discorreu nun ambiente distendido e colaborador entre as partes, chegouse ao seguinte acordo.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, comprométese a asumir o custe total da renovación da rede eléctrica do CEIP Pedro Caselles Beltrán, así como de outras obras menores que é necesario acometer no centro. Todas estas melloras serán executada no vindeiro ano con carácter urxente, polo que serán executadas no menor prazo posible.

Como contrapartida, a Xunta de Galicia pediulle ao concello de Tomiño que se comprometa a realizar un esforzo e colaborar na reparación do ximnasio do centro educativo, asumindo unha parte do custe total da obra.  

Con este acordo, a Xunta de Galicia pretende acabar coa polémica xerada en torno as malas condicións das instalacións deste centro e tranquilizar a comunidade de pais e nais dos alumnos do centro.

Despois da reunión, tanto o goberno galego como o concello de Tomiño comprometéronse a dar solución a tódolos problemas cos que conta o centro e colaborar para dar un servizo educativo de calidade aos nenos e nenas que estudan no CEIP Pedro Caselles Beltrán.

 

Xoves, 20 de outubro de 2011    

“A Xanela” organiza una excursión a Lalín

La Asociación Cultural “A Xanela” organiza el sábado, 29 de octubre,  una excursión al museo etnográfico de Lalín, a la finca Mouriscade y a otros lugares significados de la Comarca del Deza.

Se pondrán a disposición de los participantes dos autobuses, con una capacidad máxima de 109 personas, que saldrán desde la Praza do Seixo de Tomiño, a las 8:30 horas, para regresar el mismo día a las 19:30 horas.

El coste es de 6.euros/persona e incluye el desplazamiento y la comida en Lalín, que consistirá en un primer plato y una laconada.

Para más información pueden dirigirse al tfno. 670641779.

Según la coordinadora, María Esther Ruzo Domínguez, se trata de la primera de una serie de actividades destinadas a conocer la provincia de Pontevedra que se desarrollarán hasta el primer semestre del 2012, por lo que anima a todos los interesados e interesadas a inscribirse, ya que las actividades son abiertas al público en general.

Por su parte, el Presidente de la asociación, Serafín Rodríguez Barreiro, agradece la colaboración de la Excma. Diputación Provincial en la organización de esta visita, enmarcada dentro del programa “Conoce a túa provincia”.

 

Mércores, 19 de outubro de 2011    

O concello de Tomiño apoia as reivindicacións das ANPAs ante as deficiencias estructurais dos colexios

O concello de Tomiño apoia incondicionalmente as reivindicacións das ANPAS de Tomiño ante as reformas que se veñen esixindo dende hai anos e que son necesarias nestes colexios. O goberno local quere aclarar o seguinte:

                 -As obras que se precisan facer son obras competencia da Consellería de educación, como eles mesmo recoñecen nos informes técnicos.

                 -O concello de Tomiño lamenta a actitude provocadora do Xefe Territorial e sorpréndese cando fala de falta de mantemento xa que o xefe territorial foi até 2007 concelleiro de educación de Tomiño e até hai cinco meses foi o deputado provincial do Partido Popular, Pablo Baquero o responsable do estado dos colexios neste concello, polo cal resulta sorprendente esa crítica á falla de mantemento.

                 -A pesar das críticas ao seu compañeiro de partido político o goberno local quere informar que nos pasados catro anos o concello levou adiante unha mellora moi importante no mantemento dos colexios, que se pode comprobar na multiplicación, por exemplo, das partidas de investimento de 37.000 euros no 2006 a 186.000 euros no ano 2010, sen contar os equipos de mantemento municipais que traballan casi exclusivamente nos distintos centros de Tomiño.

                 -Respecto ao Pedro Caselles acometeuse o saneamento, a mellora das pistas polideportivas exteriores e neste momento estase a executar o peche, tal e como pedira a AMPA.

                 -As propostas do Partido Popular de Tomiño supoñen ao concello desviar diñeiro de saneamento, algo que fora acordado por unanimidade de todos os grupos, para os colexios co único obxectivo de “salvar a imaxe” do xefe territorial e da consellería do Partido Popular que se negan a investir nos colexios de Tomiño.

                 -O concello de Tomiño é totalmente contrario á “política de pasar a pelota” e o que quere é solución para os colexios asumindo cada un o que é da súa competencia, por iso unha vez máis volve ofrecer colaboración leal á consellería para entre todos poder resolver as deficiencias.

 

Os Teixugos campións da Liga Galega de augas bravas 2011

Informa Rosa Fernández.- A  Federación Galega de Piragüismo vén de publicar os resultados finais da tempada 2011, que acaba de rematar. Estes resultados obtéñense sumando as puntuacións obtidas por cada club nas distintas competicións da tempada.

Na Liga Galega de Augas Bravas, que comprende os resultados de slálom, promoción de slálom, descenso de augas bravas e estilo libre, o Club Deportivo Miño-Teixugos quedou primeiro cun total de 1177 Puntos, seguidos polo Club Montaña Quixós de Monforte de Lemos con 1092 puntos  e en terceiro lugar o Club Piragüismo Dumbría con 1015 puntos.

Engadir aquí que na competición de Dumbría da pasada semana houbo un erro no reconto final de puntos, quedando os Teixugos campións da Copa Galega, por diante do Tea de Mondariz, correspondéndolle a este club a segunda praza.

Na clasificación final da Copa Galega de Slálom, na que se teñen en conta os resultados das catro competicións desta modalidade, o club tomiñés volve quedar primeiro cun total de 431 puntos,  en segundo lugar quedou o Club Tea de Mondaríz con 421 e en terceiro lugar o Club Val Miñor de Nigrán con 408 puntos.

Por último, na clasificación final da Copa Galega de Promoción de Slálom, na que se suman os puntos obtidos nas seis competicións de promoción, o teixugos repiten primeiro posto  cun total de  645 puntos, seguido polo Montaña Quixós con 591 e polo Val Miñor con 584.

Na Copa Galega de Descenso de Augas Bravas o Club quedou no quinto lugar por detrás do Club Fluvial o Barco, Club Montaña Quixós, Club Tea de Mondariz e o Club Fluvial de Lugo.

Pódense ver estas clasificacións no seguinte enlace:

http://www.fegapi.org/fgp/arquivos-upload/novidades/2011/f1t2011n248.pdf

Os Teixugos móstranse orgullosos deste logros, conseguidos co seu esforzo e a pesar do pouco apoio co que conta este fermoso deporte a tódolos niveis. Aínda que o Club ten a súa base en Goián, conta nas súas filas, ademais de tomiñeses, con xente do Rosal e da Guarda; por iso animan a tódolos nenos e nenas do Baixo Miño a que se anoten e comecen a practicar un deporte no que os amigos e a deportividade están garantidos.

 

A Alcaldesa de Tomiño e o Responsábel comarcal do BNG no Baixo-Miño candidatos ao Congreso e ao Senado respectivamente

A alcaldesa de Tomiño Sandra González será a número dous do  BNG  pola    provincia de Pontevedra ao Congreso dos Deputados nas próximas eleccións xerais. Pola súa parte  o  responsábel comarcal do BNG no Baixo-Miño, Xosé Manuel Méndez será candidato ao senado. 

En declaracións aos medios de comunicación Sandra González manifestou,“ O BNG é  unha alternativa útil para unha nova política financeira, laboral e fiscal que tanto precisamos, pero para que isto sexa posible -dixo- é necesario que o BNG poda defender Galiza na política estatal. Noutro momento da súa intervención   a Alcaldesa nacionalista expresou a súa confianza en  que  a  cidadanía vai premiar ao BNG nestas eleccións porque  a xente sabe que alí onde gobernamos traballamos arreo para solucionar os seus problemas”.

Pola súa parte Xosé Manuel Méndez fixo fincapé en que “máis que nunca é preciso fortalecer a presenza do nacionalismo galego no Congreso e no Senado. O BNG ten unha dobre utilidade, por un lado  representa a defensa dos intereses galegos en Madrid e polo outro  representa a defensa das maioría da  sociedade  fronte as políticas caducadas do  bipartidismo español  entregados en corpo e alma a  defensa dos especuladores e dos banqueiros”.

 

Curso de ioga e tai chi para adultos en Amorín

A Asociación Veciños de Amorín, quere organizar un curso de ioga e tai chi, para adultos.

As clases serían dous días á semana, os martes e os xoves, de 4 a 5 da tarde.  O grupo terá como máximo 15 persoas, por orde de inscrición.  O prezo é de 12 euros ao mes por persoa, para socios; e de 15 euros ao mes, por persoa para os non socios.

Estas actividades, poden ser practicadas por todas as persoas, sen límite de idade.

Nas persoas maiores, a práctica continuada do tai chi axuda cando se teñen problemas de corazón, de hipertensión, de depresión, de artrose e de equilibrio.

Para inscribirse, pódese facer no enderezo avdamorin@gmail.com ou chamando ao teléfono: 698170778

 

O Festival de cinema galego portugués Filminho comeza o sábado 22 de outubro en Vila Nova de Cerveira

O Filminho quece motores de cara a súa inauguración o vindeiro sábado 22 de outubro. Este ano o Filminho ten variedade de temáticas: Eliseo Alonso, o río, o Lanzo da Cruz, as fronteiras e a crisis. Estes asuntos serán tratados en distintos formatos, así haberá exposición de fotografías, sesión de poesía, obradoiros infantís e moito cinema.

Para comezar o vindeiro sábado ás 17h00 celebrarse unha sesión de poesía en torno a obra de Eliseo Alonso. O acto contará coa moderación da profesora Helena Pousa e coa actuación de Esperanza Vázquez. Ademáis amigos e familiares de Eliseo Alonso farán unha lectura do seu poemarío. O lugar do encontro será o local da asociación poética cerveirense porta número xiii.

Á sesión de poesía seguiralle a inauguración da exposición de fotografías sobre o mesmo autor. A exposición leva por nome “O Pai Miño. As miradas sobre o río de Eliseo Alonso” e céntrase nas fotografías que o autor quitou durante os anos 60 e 70 a longo do río Miño. Así aparecen fotografías tanto do seu Goián natal como da zona de Arbo e Salvaterra. O lugar da cita tamén é o local da porta número xiii ás 18h30.

Para finalizar ese día teremos un gran estreo e unha aposta do Forum de Creadores: Lanzo das Imaxes. É un documentario de 50 minutos dirixido por André Martins e producido por Natalia Jorge que xira en torno a vella romería do lanzo da cruz da parroquia tomiñesa de Sobrada e das xentes que o conservaron e o trasmitiron de xeración en xeración. As imaxes sobre o río, sobre as ribeiras galegas e portuguesas así como as ricas entrevistas feitas aos veciños e veciñas nos adentran no mundo das sociedades agricultoras-pescadores miñotas do xa rematado século XX. É un alegato contra o esquecemento, unha vontade a favor da memoria e da riqueza patrimonial e cultural do Torrón.

O filme conta coa participación de máis de 50 persoas que directamente ou indirectamente colaboraron na elaboración do filme, ou ben durante a grabación ou ben durante a montaxe.  Proxecto no que Natalia Jorge e André Martins levan traballando dous anos e que contou coa colaboración do Concello de Tomiño.

O Lanzo das imaxes percorre na memoria dos velliños e velliñas do Torrón nun afán de reconstruir a parroquia en épocas anteriores, pero tamén bebe da forza e do traballo da comisión de festas que organiza a romería do lanzo da cruz. Ademáis, indaga nas vellas tradicións e supersticións dos pescadores e é testumuño do día grande do barrio coa celebración da súa lonxeva romería, o lanzo da cruz.

A voz de Natalia Jorge se mestura coa trama do relato, ela nos guía por esta viaxe a través do universo do Torrón. Da súa man coñecemos da desaparición dunha cruz moi importente na parroquia, da súa man tamén escoitamos falar do contrabando, da pesca e do campo.

Das imaxes, podemos dicir que se mesturan dous tempos, o actual e un antigo do que se recuperaron imaxes e que testemuñan a importancia da romería nas súas xentes.

O lanzo das imaxes se estrea o vindeiro sábado 22 de outubro ás 22h30 no Cine-teatro dos Bombeiros de Vila Nova de Cerveira.

 

O Festival de Cinema Galego e Portugués Filminho organiza unha sesión de poesía adicada a Eliseo Alonso

Organiza xunto coa asociación cerveirense Porta XIII e Filminho vaise celebrar o sábado, día 22, unha sesión de poesía adicada a Eliseo Alonso, “Saito”, de Goián que escribiu catro poemarios: Cantos de Cotovía (1950), Seara de Romances (1952), Tiempo y camino (1974) e A fronteira comunicante (2000). A infancia, a terra, a paixase, a emigración, retorno, América, enfrontamento coa morte son temas profundos que trata no seu poemario.

Pola importancia que tivo a súa poesía na súa traxectoria profesional e pola pegada profunda que existe nela do seu Goián natal o Festival de cinema galego e portugués Filminho xunto coa asociación de poesía Porta XIII recuperan o poemario deste poeta raiano. O vindeiro sábado día 22 de outubro ás 17h00 (galegas) no local Porta XIII amigos de Eliseo Alonso recitarán os seus versos nun lugar ao que ademáis o propio autor tiña especial afecto xa que era propiedade dun amigo.

O acto non pretende ser unha homenaxe senón tan só unha reunión de amigos ás voltas coa poesía do Saito de Goián. O evento estará conducido pola profesora goianesa Helena Pousa e contará con recital de poesía no que intervirán poetas como María Xosé Queizán, Marta Dacosta e Marga do Val e de amigos e amigas galegos e portugueses. Ademais a músico Esperanza Vázquez porá voz e piano ao poema “O vello capitán”. Finalmente a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a filla e herdeira do legado do poeta, Alicia Alonso, porán o broche final a un acto que se espera sexa íntimo e emotivo.

 

Martes, 18 de outubro de 2011    

Los integrantes de la marcha “1 euro por Km. SOS Cuerno de África” critican la ausencia de la Corporación a su llegada a Tomiño

Ocho corredores tomaron la salida desde la plaza del ayuntamiento de Tomiño en la mañana de ayer, donde, aseguran los participantes, “fuimos completamente ignorados por la corporación municipal” el día de la llegada siendo, añaden, la “respuesta de la alcadesa, ‘se me paso, todos cometemos fallos’, demostrando la falta de respeto y apoyo con la iniciativa solidaria que precisamente esta denunciando el abandono y negligencia de los gobiernos ante la magnitud de la tragedia”.

Los trece corredores que llegaron a Tomiño manifestaron sentirse  ignorados y abandonados, “si bien comprobamos la solidaridad de la gente tomiñesa” en el día de ayer, minutos antes de la salida para cubir la segunda etapa hasta Tui, cuando una persona se puso la camiseta y se unió a los seis corredores que inicialmente recorrerían los 15,2 km que cubrirían en 1h 17 minutos, estando, en la salida, acompañados por los usuarios del Centro San  Xerónimo de A Guarda.

La llegada a Tui la calificaron de “simplemente maravillosa”, ya que a la entrada en la ciudad les esperaban unos 300 escolares que portaban murales y pancartas de solidaridad con Africa y con el proyecto, que acompañaron a os atletas hasta la catedral de Tui donde fueron recibidos por la corporación municipal al completo mostrando su apoyo incondicional con la iniciativa solidaria en un acto retransmitido en directo por  la Radio Municipal de Tui.

Desde “proyecto 1 euro por km SOS cuerno de Africa” dan las gracias por el apoyo y respeto mostrado a los tudenses y piden a los Concellos por los cuales transcurren las etapas ser recibidos dignamente.

La 3ª etapa Tui-Porriño se celebrará mañana, miércoles, con salida a las 11 horas desde la plaza del Concello de Tui, en donde desde las 10:45 se podrán inscribir los corredores o quienes deseen apadrinar kilómetros.

 

A concelleira de Deportes, Cristina Martínez, clausura o III Torneo de Tenis de Tomiño

A Asociación Deportiva e Cultura do Seixo en colaboración co Concello de Tomiño ven de organizar o III Torneo de Tennis do municipio. A actividade comezouse o pasado sábado 1 de outubro e claurouse onte domingo día 16 de outubro na pistas deportivas do Mosteiro.

O Torneo contaba coas categorías de masculino, femenino e junior. En total foron 33 os participantes quedando os resultados cos seguintes postos:

Masculino:

1ºposto: Diego Incognito

2ºposto: Jose Luis Saracho

3ºposto: Vladimir Stoujinski

Femenino:

1º posto: Asunción da Cuña

2ºposto: Isabel Álvarez

3ºposto: María Lucía Rodríguez

Junior:

1ºposto: Iván Carnero

2ºposto: Brais Pereira

3ºposto: Xavier Álvarez

Os premios consistiron en trofeo para os tres primeiro e unha axuda económica. E para tódolos participantes medallas. Houbo unha mención especial pola súa deportividade a Hugo Carnero.

As medallas e os trofeos foron entregados pola concelleira de deportes, Cristina Martínez, que resaltou “ a deportividade dos participantes e a súa capacidade de competitividade nunha proba que pouco a pouco se vai consolidando no concello”.

 

O concello de Tomiño organiza un obradoiro de habilidades para o emprendemento

O Concello de Tomiño en colaboración coa Asociación Galega de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA) organizan un obradoiro de habilidades para o emprendemento cooperativo feminino. O taller terá unha duración de 25 horas e realizarase do 24 ao 28 de outubro na sede da Escola Obradoiro de Goián.

O programa constará de cinco módulos coas seguintes temáticas:

Módulo 1.- as capacidades para emprender

Módulo 2.-habilidades persoais para o emprendemento colectivo

Módulo 3.- qué é e como funciona unha cooperativa

Módulo 4.- servizos e recursos para o emprendemento feminino

Módulo 5.- visita a unha cooperativa.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o 20 de outubro. O teléfono de inscrición é o 986 622 001/986 621 328. A actividade esta coorganizada pola Oficina de Desenvolvemento Local, a Oficina de Igualdade e o Programa Clara do Concello de Tomiño.

 

O Filminho organiza unha exposición fotográfica sobre o río Miño con imaxes de Eliseo Alonso

O Filminho organiza no seu marco da “raia” unha exposición fotográfica sobre o río Miño. A mostra está composta por 30 fotografías da autoría do escritor goianés Eliseo Alonso que leva por nome “O Pai Miño. As miradas sobre o río de Eliseo Alonso”.

As fotografías foron quitadas polo autor de Goián nos anos 60´e 70´ao longo do río Miño. Deste xeito,atopámonos con imaxes tanto da vila natal do autor como dos tramos fluviais de Salvaterra e Arbo. Esta é a primeira vez que estas fotografías ven a luz xa que estaban arquivadas na casa do escritor goianés. As imaxes son testemuña gráfica das investigacións que Eliseo Alonso elaborou a longo da súa vida sobre os temas miñotos e fluviais que lle deron para construir varias obras de relevancia como Pescadores do Río Miño ou Mariñeiros e Gamelas. Esta mostra serve, ademáis, para visibilizar a riqueza patrimonial e antropolóxica do río ilustrándonos en ocasións aparellos de pesca ou técnicas de captura que na actualidade xa non se empregan. Sen dúbida, esta é  unha mostra única para achegarnos ao mundo fluvial de xeito didáctico e ilustrativo.

A mostra inaugurase o vindeiro sábado día 22 de outubro no local da asociación porta XIII en Vila Nova de Cerveira ás 18h30 galegas. Será a vila portuguesa a que dará comezo ao peregrinar a esta exposición xa que o seu destino é percorrer os concellos da raia húmida para rematar o seu itinerario en Goián onde estamos seguros que terá un agarimoso recibimento.

Esta escolma pretende se fiel ao concepto antropolóxico de Eliseo Alonso que como ben dicía “el padre Miño pasa con una camelia prendida en la solapa de la ribera (...) Viejo árbol, símbolo de la región, extiende su tronco y sus rama por Lugo, Orense y Pontevedra”.

 

A romería tomiñesa do Lanzo da Cruz protagoniza un documental transfronteirizo que se estreará o día 22

A romería Lanzo da Cruz que se celebra tódolos luns de Pascoa na parroquia tomiñesa de Sobrada, vén de ser a protagonista dun documental con tintes transfronteirizos.

O Lanzo da Cruz é unha romería moi antiga que en tempos se celebraba en tódalas terras baixomiñotas e que na actualidade tan só existe no barrio do Torrón. As súas xentes orgullosas de conservar tan lonxevo evento acuden cada luns de Pascoa ás marxes do Miño acompañadas polo párroco que bendice as augas co fin de que sexa abundante a pesca. Este ritual vense facendo dende tempos inmemoriais e a día de hoxe constitúe un elemento fundamental da tradición e da historia do Torrón. Polo seu carácter antropolóxico e polas particularidades que desenvolve un grupo de producción audiovisual formado polo portugués André Martins e a galega Natalia Jorge, decidiron hai xa dous anos que era hora de mostrar ao mundo a riqueza patrimonial do Torrón. Para elo decidiron transimitir o vello ritual dos lances do cruz nun documental no que o lanzo da cruz e as xentes do Torrón coa súa cultura son os verdadeiros protagonistas.

É un traballo transfronteirizo que fala dun feito coas mesmas carácterísiticas pero narra sobre todo a advocación dos tomiñeses ao río, da superstición, da pesca, da lamprea e da impronta que esta deixou nas economías e na mentalidade das xentes. É un documental que reflexiona sobre a tradición, sobre as causas e as pegadas da presencia do río nas xentes, de ata qué punto a pesca influiu nas súas vidas e como queda patentizado no lanzo da cruz.

O filme leva por título o Lanzo das Imaxes e ronda os 50 minutos estando grabado en alta definición. Convina entrevistas cunha rica narración a medias en galego e a medias en portugués. A súa vida está destinada a percorrer festivais nacionais e internacionais existindo unha versión en inglés.

A productora Natalia Jorge destaca o “carácter antropolóxico da cinta que convina o formato de documental clásico co do autor. De feito o director e eu mesma nos introducimos na propia película como dous actores máis. É un documental moi personal cun guión feito de forma conxunta con André na que ambos mostramos dúas perspectivas moi distintas. A visión de André é a dunha persoa allea a tradición que aterriza no lanzo da miña man. E a miña imaxe é dunha persoa involucrada directamente na romería. Son visións opostas e moi enriquecedoras que buscan chegar ao corazón do Torrón mediante unha investigación seria pero ao mesmo tempo cercana.”

André Martins pola súa parte facía fincapé no carácter “transfronteirizo do filme que trata dun tema de unión entre ambas marxes como é o río Miño. Une ou separa, ese pode ser o dilema que no filme patentiza que une dúas marxes distintas pero cun rito en común que comparte e celebran a partes iguais”.

 

Sábado, 15 de outubro de 2011    

A Xunta realizará a reforma eléctrica que o CEIP Pedro Caselles Beltrán precisa tras, afirma, o inexistente mantemento por parte do concello de Tomiño

A  Xefatura Territorial de Educación informa que asumirá a súa parte do custe da reforma da instalación eléctrica do CEIP Pedro Caselles Beltrán. Unha obra que se realizará polo benestar da comunidade educativa, pero que non lle corresponde á administración autonómica, xa que o mantemento das instalacións nos centros de educación infantil e primaria dependen dos concellos. Polo tanto, é responsabilidade do concello de Tomiño o mantemento, conservación e vixilancia de dito centro educativo.

Dentro da responsabilidade de mantemento e conservación do centro, o concello de Tomiño levou a cabo reformas e modificacións, unha destas na instalación eléctrica do centro educativo, que non cumpren coa lexislación vixente. En moitos casos, o concello de Tomiño non contratou a instaladores autorizados senón que lle encargaban o mantemento aos técnicos municipais.

Por outra banda, o concello contratou a realización dunha inspección a un organismo de control (OCA), trámite obrigatorio cada cinco anos. O resultado da última inspección que a OCA realizou no centro, en decembro do 2010, tivo como resultado unha valoración negativa debido a varias deficiencias enumeradas no informe realizado trala inspección. Entre esas anomalías aparecidas hai ampliacións e reformas da instalación eléctrica das que a Xefatura Territorial non tivo constancia no momento de realizarse.

A valoración feita pola OCA demostra que o concello de Tomiño non asumiu correctamente as súas responsabilidades de mantemento e conservación e levou o centro a atoparse non estado deficitario no que se atopa nestes momentos. Un exemplo da mala xestión do mantemento do centro por parte concello é a existencia dunha aula de ordenadores para a que non se contratou a un instalador autorizado, polo que a instalación non se adecúa a normativa vixente.

Unha vez realizado o informe coas deficiencias existentes no centro, o Organismo de Control Autorizado deulle o concello de Tomiño un prazo para que reparase as anomalías atopadas no centro, algo que non fixo.

Agora, será a Xefatura Territorial de Educación a que asuma unha parte da reforma da instalación eléctrica, pero deixa claro que o estado actual do centro non é a súa responsabilidade, senón responsabilidade do concello de tomiño.

A Xefatura Territorial tamén quere lembrar que xa foi ela a que asumiu, no seu momento, o custe do saneamento do centro, unha intervención prioritaria que demandaba a Anpa. Nestes momentos, a reforma eléctrica será a prioridade da Xefatura Territorial para garantir o bo estado do centro e a seguridade dos nenos e nenas que asisten a el.

 

A alcaldesa de Tomiño asina un proxecto de cooperación internacional para un proxecto coordinado polo grupo de desenvolvemento rural Gal Lomellina de Pavia-Italia

A alcaldesa de Tomiño e presidenta do AGDR18 Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo-Baixo Miño, Sandra González, vén de asinar un proxecto internacional que leva por nome “relaxing business”.

O proxecto foi asinado por varios grupos de desenvolvemento rural de Italia, Francia e España. Concretamente co Gal Zona Centro de Valladolid (Castela e León), co Gal Valli Del Luinese de Lombardía (Italia), co Gal dei Laghi e Della Montagna de Lombardía (Italia), co Gal Plaines des Versailles (Francia) e Gal Lomellina de Pavia (Italia)

O proxecto consistirá en promover os territorios participantes cunha oferta turística do rural ofrecéndoo como complemento ao turismo de negocios. É dicir, sería unha promoción das instalacións hoteleiras e de restauración do entorno rural  vinculándose as redes internacionais de feiras, congresos e de todo tipo de eventos. Para elo se organizarán promocións e operacións de marketing de comunicación en colaboracíon coa organización dos eventos.

Este proxecto permitirá promocionar conxuntamente aos territorios participantes permitíndolles estar presentes de forma prioritaria nos territorios de tódolos asociados. Este é unha vantaxe importante xa que todos os partipantes contan con recintos feriais a menos de 100km.

O poder adquisitivo e a capacidade de gasto dos usuarios a este tipo de eventos e a súa experiencia hotelera, gastronómica e turística, fan que o seu atractivo como posibles clientes do sector turístico rural sexa innegable.

A Alcaldesa de Tomiño e presidenta do AGDR 18, Sandra González, reflexionaba sobre a transcendencia deste proxecto “que servirá para que o noso rural sexa contemplado nunha oferta turística seria e de calado. Esta é unha boa oportunidade para crear sinerxias no rural galego”.

 

Fútbol femenino en Tomiño

O Tomiño F.C. Femenino recibe ó Gondomar F.B. na 5ª xornada de liga autonómica femenina.

O partido disputarase o  domingo, 16 de outubro, ás 16:30 horas no campo Municipal "O Alivio".

 

Veciños de Amorín denuncian a existencia dunha parada de autobús perigosa

A Asociación Veciños de Amorín, a instancias dos pais e nais dos alumnos de Secundaria que acoden ao IES de Tomiño, solicitou o cambio da parada do autobús  deste instituto polo perigo que corren os alumnos ao cruzar a estrada e ter que permanecer nela, á espera do autobús.

             A solicitude, enviouse á Dirección do instituto, á empresa que fai este servizo e ao Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares. No instituto dixeron que por eles non había ningún problema. A empresa de transporte tampouco. Ambas entidades están sempre dispostas ao que digan os responsables de educación na Xunta de Galicia.

            Pérez Ares, engaden desde o colectivo de Amorín, aínda non respondeu á esta petición, enviada o 30 de maio de 2011(por correo certificado e con rexistro de Correos, da mesma data).

            Mentres tanto, pais e nais, pregúntanse quen vai ser o responsable se un día pasa algo. “¿Temos que esperar a que un neno sexa atropelado para que os políticos lean as peticións que se lles envía?”, pregúntanse e engaden que “Para isto non fan falta cartos. Só un pouco de sentido común para autorizar o traslado dunha parada, como xa se fixo coa dos nenos pequenos, que se levou a 50 metros máis adiante”.

 

Xoves, 13 de outubro de 2011    

EL PP propondrá en el próximo pleno la devolución de las fianzas en las segregaciones de parcelas

El Partido Popular propone la devolución de las fianzas existentes en el momento en que se modificó el criterio por el que se ha dejado de exigir la urbanización de las parcelas en segregaciones urbanísticas en los núcleos rurales.

A mediados del pasado año el área de urbanismo del Concello de Tomiño, según la nueva portavoz del PP,  Paula Romeu, ha dejado de exigir la constitución de fianzas para garantizar la urbanización de las parcelas en las segregaciones urbanísticas, para hacerlo solamente en el momento en que se solicitan licencias de construcción.

Este criterio, según Paula Romeu es mucho más coherente ya que las segregaciones no tienen siempre como fin la edificación urbanística ni tampoco supone, en la mayoría de los casos, la inmediata construcción del 100% de las parcelas.

A pesar del cambio de criterio no se procedió a la devolución de las fianzas que en esos momentos estaban ya constituidas, lo que ha generado malestar entre los afectados.

Por todo ello los populares presentarán una moción en la que se pedirá un informe técnico de la viabilidad económica de la medida. También se pedirá en dicha moción la creación de la Comisión de Urbanismo “na que estén representados todos os Grupos Políticos que conforman a Corporación Municipal  para recibir información periódica sobre diversos temas de índole urbanística ,así como para promover novas propostas de actuación que permitan acadar os obxetivos de consenso e planificación indicados na parte expositiva da presente moción”.

El PP fundamenta su propuesta en la convicción de que el urbanismo es una de las materias en las que se ha de conseguir el máximo consenso, identificando propuestas y estrategias a medio y largo plazo para intentar reducir los costes y las esperas innecesarias, buscando la máxima agilidad y eficacia, en momentos en los que el sector atraviesa por importantes dificultades.

Finalmente, según la misma Portavoz, con este mismo ánimo de facilitar la promoción urbanística y la recuperación del sector,  además de buscar una aplicación más racional de las normas, también solicitarán la revisión de los criterios que actualmente se aplican, especialmente en las segregaciones de parcelas en núcleos rurales en donde no existe saneamiento, que actualmente supone cerca del 70% del territorio municipal.

 

Mércores, 12 de outubro de 2011    

Curso de Cestería en Pinzás

Dada la gran demanda experimentada en las anteriores ediciones de cursos de cestería, organizadas por la Federación de Asociaciones Terra Miño, este colectivo ha puesto en marcha un nuevo curso que se impartirá los días 12, 13, 14, 16 y 17 de diciembre, en la Casa Cultural de Pinzás. Además de este que ya se pone en marcha, se organizarán otros dos cursos más, aunque está pendiente de decidir el lugar donde se impartirán.

El número máximo de participantes en cada curso es de quince personas y el coste es de diez euros por persona y curso.

La inscripción debe hacerse en el correo electrónico de la Federación  federacionterramino@gmail.com

 

La presidenta de la AGDR18 Maiv-Baixo Miño, Sandra González Álvarez, Alcaldesa de Tomiño, firma un Convenio de Colaboración del proyecto de Cooperación Internacional “Relaxing Business”

Mañana, viernes 14 de octubre a las 13:00 horas, tendrá lugar en la Sala de Juntas del Concello de Tomiño la firma del convenio de colaboración del proyecto de cooperación internacional en materia de promoción del turismo rural “Relaxing business”.

En el acto estarán presentes, además, directivos de las entidades españolas e italianas asociadas así como los miembros de los equipos técnicos que se responsabilizarán del proyecto una vez sea aprobado.

 

Luns, 10 de outubro de 2011    

O concello de Tomiño pon en marcha a Escola Municiapal  de Teatro no Auditorio de Goián

O mes de outubro comeza en Tomiño cunha nova edición da Escola Municipal de Teatro, que se oferta a través da Concellería de Cultura e Educación, que xestiona Xose María Regueiro, con obradoiros de teatro para rapaces de entre 4 a 14 anos. As actividades terán lugar os luns e os martes de 16.00 a 17.30 horas no auditorio de Goián, dividíndose os participantes en dous grupos, os de 4 a 8 anos asistirán a este obradoiro os luns, e os de 9 a 14 anos os martes.  Para ambos grupos hai límites de prazas.

A actividade ten como obxectivo que os nenos e nenas desenvolvan contidos como a desinhibición, a expresión, a socialización, a experimentación cos sentidos e a dramatización, empregándose para elo unha metodoloxía lúdica baseada na acción corporal, a vivencia, a experimentación e a investigación favorecendo a integración, parcipación e indución dos rapaces nos grupos.

O fío conductor das sesións basearase na aventura do Pirata Escarapote que día tras día lle porá probas aos nenos na súa búsqueda de atopar o tesouro de Escarapote. Así a raíz desta historia xurdirán xogos, cancións, contos e sorpresas nos que o xogo e a música servirán de elementos dinamizadores para traballar a expresión plástica, a musical e a dramática. Finalmente, o curso rematará coa creación, ensaio e posta en escena dunha peza teatral de creación colectiva.

O Concelleiro de Cultura, Xose María Regueiro, declaraba que “a Escola Municipal de Teatro forma parte da aposta da Concellería de Cultura e Educación de formar aos máis pequenos nas artes plásticas e estimulalos nunha aprendizaxe lúdica”.

 

Sábado, 8 de outubro de 2011    

Proxección da película “Seica Disque” de Producións Metro Jollán Fontiala

O Auditorio de Goián acolle hoxe sábado ás 22.30h e o domingo ás 19h a estrea da comedia “Seica Disque” protagonizada polo grupo San Roquiño. Esta é unha produción de Metro Jollán Fontiala. A entrada será gratuíta.

 

Festas na honra ó Señor en Taborda

A parroquia tomiñesa de Taborda celebra esta fin de semana festas na honra ao Señor. Hoxe sábado a verbena será amenizada polas orquestas “Superfama” e “Los españoles”, e mañá domingo a Banda de música municipal da Estrada e  a orquesta “Os trobadores” amenizarán o último día da festa.

 

Obradoiros de pilates e de estimulación na semana do aleitamento materno en Tomiño

A programación en conmemoración da semana mundial do aleitamento materno, continúa en Tomiño. O pasado xoves desenvolveuse un taller de reflexoloxía para nenos/as e nais e pais ao longo da mañán e pola tarde celebrouse unha mesa redonda baixo o lema ”facéndonos oír. A comunicación é parte esencial da protección, promoción e apoio ao aleitamento materno”. As ponencias correron a cargo da matrona Ana Forneiro, da pedagoga Ana María García , da neoropsicóloga Mónica Villar , da pediatra Carolina Barreiro, da logopeda Rosana Coimbra e da nai Mónica Puga.

Onte, venres, adicouse o día a sesións de pilates e de estimulación. Pilates estaba destinado as nais e o taller de estimulación para as nais e pais cos nenos/as. Máis de 30 nais, pais e bebés puideron disfrutar destes obradoiros.

Hoxe, sábado pola tarde farase unha xuntanza de aleitamento colectivo na alameda de Goián na que se incluirá merenda de alimentos naturaris feitos na casa e un rastrillo ou troco de productos varios relacionados coa crianza como roupa, libros e utensilios. Con esta actividade a Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño pon fin a súa programación da semana mundial do aleitamento.

 

La Asociación Cultural “A Xanela” organiza una cena-degustación de carne de potro en Pinzás

La Asociación Cultural “A Xanela” organiza el próximo 15 de octubre, a las 21:00 horas, en Pinzás, una Cena-Degustación de carne de Potro criado en Tomiño, al objeto de promocionar este producto.

Según Serafín Rodríguez Barreiro, presidente de la asociación: “Sorprende que la carne de Potro sea todavía tan poco conocida en la comarca y en el propio concello de Tomiño. Si bien es cierto que Oia promueve este producto con una fiesta anual, sin embargo, hay un porcentaje muy elevado de personas que afirman no haber probado nunca este producto”.

La producción de este tipo de carne en Tomiño se sitúa, sobre todo,  en los montes de Barrantes y Pinzás. En esta última parroquia se celebra uno de los “curros” más tradicionales de la comarca.

La Cena-Degustación tiene un precio de 20.-euros/persona y, además de la carne de potro, se servirá también cordero y otros productos típicos de la zona, acompañados de vino cosechado en Tomiño.

Esta es la cuarta edición que A Xanela organiza este evento que, según su presidente, empezó siendo una reunión de amigos para después acabar haciéndolo extensible a todos los interesados e interesadas en la gastronomía del área.

Todas aquellas personas interesadas podrán inscribirse en el Tfno. 670641779 (María Esther Ruzo Domínguez), si bien el aforo es limitado.

Finalmente “A Xanela” también informa de su reciente integración en la Federación de Vecinos Terra Miño, con lo que pretende conseguir una mejor coordinación con otras entidades vecinales y culturales.

 

O portavoz municipal dos socialistas tomiñeses pide ó goberno municipal máis transparencia na obra da Fortaleza de Goián e na Área Recreativa de Sobrada

            A práctica paralización das obras de mellora do entorno da Fortaleza e praia fluvial, en Goián, teñen levantado as sospeitas dos socialistas sobre a capacidade do goberno municipal para rematar a obra. Segundo Santiago Vergara,  voceiro socialista, a obra permanece vallada, pero non se observa moita actividade na mesma, onde inda faltan por rematar, a lo menos, os espazos para a cafetería, os servizos e o centro de interpretación. Esta obra, que recibiu unha subvención do Ministerio de Cultura de  1.475.000 €  xa acumula un notable retraso, o que para o voceiro socialista chama a atención cando entre dirección facultativa e asistencias técnicas foron gastados mais de 100.000 €, sen contar o abonado por outros asesoramentos.  Tamén é motivo de preocupación o feito de que as melloras ofertadas pola empresa adxudicataria da obra  por un importe de mais de 80.000 euros non parecen estar feitas. “Na visita que realizamos á obra, non observamos sinais,  nin especias medidas de accesibilidade. Tampouco observamos as medidas medioambientais que ofertou a empresa”. Santiago Vergara criticou a actitude oscurantista do goberno do BNG que fai numerosas declaracións de intencións sobre a obra pero non informa do estado da mesma nin concreta data para ao seu remate.

Asemade o voceiro socialista  considera sospeitosa a negativa do goberno municipal a dar unha data de comezo para as obras da Área Recreativa de Sobrada. Esta área recreativa foi proxectada pola desaparecida CdT e modificado o proxecto inicial polo BNG. “Nós apoiamos a modificación xa que melloraba moito o proxecto inicial. Pero resulta sospeitoso que o goberno municipal evite dar unha data de comezo das obras tanto no Pleno como nas reunións cos veciños.” Para os socialistas, se o goberno municipal ten intención de facer esa obra, que xa foi licitada, debería ter a lo menos unha previsión para o desenvolvemento da mesma e se non teñen intención de facer a obra, deberíaselle comunicar isto aos veciños para estudar outros posibles investimentos na parroquia, xa que sería intolerable que os cartos acabaran dedicados a outros fins”.

 

Mércores, 5 de outubro de 2011    

O Cineclub Poleiro abre a duodécima tempada en Goián estando xa á venda os bonos de primeiro ciclo

A Asociación Cultural Eliseo Alonso pon en marcha a duodécima tempada de cine que comeza mañá, xoves, no Auditorio de Goián ás 21:30 horas.

O primeiro ciclo componse dunha divertida comedia, dous dramas sobre colonialismo e e un documental, recoñecido pola crítica e o público, sobre as causas e a responsabilidade da actual crise económica mundial.

O xoves 6 de outubro proxectaráse a primeira das fitas, Paranoid park, cine independente americano, dirixida por Gus Van Sant Conta a historia dun adolescente afeizoado ao monoapatín que se enfronta a un dilema. Un caso sen resolver que investigan os detectives no seu instituto.

O director consegue meternos na cabeza do adolescente grazas a una linguaxe cinematográfica moi medido e controlado.

O primeiro xoves de novembro, o día 3, está programado Inside Job, documental premiado cun Oscar o ano pasado, dirixido por Charles Ferguson. O director sostén que esta crise económica era totalmente evitable. Espera que despois de ver a película esteamos dacordo en que hai que restaurar a honestidade do sistema financiero e esixir responsabilidades a os que o destrozaron.

            O xoves 1 de decembro proxectaremos A revolución da Sra. Ratccliffe, una divertidísima comedia inglesa dirixida por Bille Eltringham. A historia dunha peculiar familia que vai dende a Inglaterra de 1968 a una xeada Alemania do Este e o seu regreso a casa co enfrontamento dialéctico da parella e dúas fillas moi particulares, unha espía de 12 anos e una adolescente deusa do sexo.

O xoves 12 de xaneiro de 2012, Unha muller en África de Claire Denis. Un drama sobre colonialismo con terratenente feminina que defende o seu.

Os pases, no auditorio de Goián ás 21:30 horas, tendo o bono para as catro películas o custe de 12 euros

O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e a Federación de Cineclubes de Galicia.

 

Martes, 4 de outubro de 2011    

O concello de Tomiño organiza unha recepción aos palistas tomiñeses do Club Kayak Tudense

O pasado sábado, 1 de outubro, o Concello de Tomiño organizou unha recepción aos palistas tomiñeses do club kayak tudense que obtiveron medalla no Campeonato de España. O goberno local de Tomiño quixo ter unha deferencia cos deportistas de piraguismo que recentemente obtiveron premio no Campeonato español.

Os mozos tomiñeses premiados foron:

-Daniel Costa Bouzada, Medalla de ouro no C4-1000 metros home senior e medalla de bronce no C2-1000 metros home senior

-David Costa Bouzada, medalla de ouro no C4-1000 metros home senior e medalla de bronce no C2-1000 metros home senior

-Rubén Millán Rodríguez, medalla de ouro no k4-1000 metros home senior, medalla de ouro no K4-500 metros home senior e medalla de ouro no K4-200 metros home senior

-Marcos González Barreiro, medalla de praza no K4-1000 metros home junior

-Pedro Carrera Paredes, medalla de prata no K4-1000 metros home junior

-Roi Rodríguez Huertas, medalla de praza no K4-1000 metros home junior.

O Concello de Tomiño fixolle entrega aos deportistas dunha placa na que reseñaba a traxectoria deportista de cada premiado. Uxío Benítez, tenente alcalde, e Cristina Martínez, concelleira de Deportes, foron os encargados de felicitar aos medallistas e de facer entrega das placas conmemorativas.

A concelleira de deportes resaltou “o esforzo e constancia no piragüismo que en boa parte das veces produce recompensas”. Tamén sinalou que “o Concello de Tomiño seguirá apoiando ao clube, o cal revirtirá nos nosos palistas”.

Uxío Benítez, tenente alcalde, reflexionou sobre “a importancia do río no noso Concello e de como os deportistas do piragüismo e os pescadores souberon velo con anterioridade” e tamén agradeceu “as familias, pais e avós dos palistas porque sen a súa axuda de seguro que nunca podería ter alcanzado ningunha medalla”.

 

Luns, 3 de outubro de 2011    

Descuberta do Camiño Portugués do Norte, ao seu paso por Vilanova de Cerveira e Tomiño

O vindeiro sábado, día 8, as Asociacións Iacobus e A.E.J, cofradías que traballan en prol dos camiños de Santiago e na acollida dos peregrinos, van a organizar unha actividade para a descuberta do Camiño Portugués do Norte, ao seu paso por Vilanova de Cerveira e Tomiño.

Despois do éxito de asistencia que tivo unha actividade similar feita entre Fontoura (Valença do Minho) e Tui, queren invitar a todas as persoas que desexen coñecer este camiño, a facer este percorrido.

Os organizadores desta actividade (Asociación Iacobus Cofradia de Santiago de Tui e Baixo Miño xunto coa Associaçao Espaço Jacobeus) queren agradecer a colaboración ofrecida por a Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira e o Concello de Tomiño.

Para acompañar a esta descuberta, planificáronse outras actividades, entre elas visitas guiadas a distintos centros de interese de Vila Nova de Cerveira e Tomiño.

 

Sábado, 1 de outubro de 2011    

Carlos González abarrota o auditorio de Goián nunha conferencia sobre <Por que os nenos non comen?>

            O xoves, 29 de setembro, o pediatra Carlos González deu unha conferencia no auditorio de Goián. A cita tivo lugar ás  18h00. Con esta charla deuse comezo a celebración da semana do aleitamento materno que este ano inclúe unha sesión de reflexoloxía, mesa redonda co tema “facéndonos oír”, unha xuntanza de aleitamento, un rastrillo e unha exposición de debuxos dos cativos dos Colexios de Tomiño.

           A conferencia de onte xirou en torno a “¿por qué os nenos non comen?”. Durante máis de dúas horas, Carlos González, reflexionou sobre “respetar a nuestros hijos” y sobre la necesidad de “dejar a los niños que experimenten con la comida, que prueben a comer con las manos lo que ellos quieran. Es muy importante habituar a los niños a que cojan ellos mismos la comida, para eso es ideal sentarlos a la mesa con nosotros” .

          Diante un público expectante, Carlos González, compartiu a súa experiencia pediátrica e resolveu dúbidas que alí se plantexaron. O numeroso público alí congregado mostrou a importancia que ten para eles esta temática.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, reseñou que “este goberno está convencido de que o comenzo da vida das persoas é un momento fundamental e que determina o futuro de cada un e polo tanto o futuro do mundo e da nosa sociedade.”

A Semana do Aleitamento Materno continúa coa súa programación na vindeira semana.  O Xoves día 6  haberá unha sesión  de reflexoloxía ás 10h00 e unha mesa redonda sobre a necesidade de “facernos oír” pola tarde, 18h00. Para o venres teremos sesións de pilates e de estimulación de mañán e de tarde. Todas as actividades faranse no auditorio de Goián e é preciso inscribirse na Oficina de Igualdade. Finalmente, o sábado farase unha xuntanza de aleitamento colectivo na alameda de Goián na que se fara unha merenda e un rastrillo e que conta coa colaboración da Asociación Paso a Paso.

Ademáis no interior do auditorio se expoñen os debuxos dos escolares do municipio nos cales mostran a súa perspectiva da aleitamento e da maternidade. Así como a exposición “obxectos da nosa infancia” na que colabora a Asociación de Mulleres Rurais.

           Dende a Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño anímase a tódolos pais e nais a participar nas actividades organizadas en conmemoración das emana mundial do aleitamento materno.

 

Judo no Concello de Tomiño

A vindeira semana darán comezo as clases de Judo que dende hai tres anos veñen desenvolvéndose dentro do programa "Escolas Deportivas Provinciais" financiado pola Deputación de Pontevedra, baixo a dirección técnica da Federación Galega de Judo e coa colaboración do Concello de Tomiño.

Terán lugar no Pavillón Municipal de Goián, os venres de 17:00 a 17:50 e de 18:00 a 18:50, onde serán impartidas por Mónica Pacheco, Cinturón Negro 3º Dan, Entrenadora Nivel 2, Campeona de España Junior no 93 e actual Seleccionadora Galega da categoría Senior Feminina.

No Pavillón Municipal de Tomiño serán os martes de 16:00 a 17:00 y de 17:00 a 18:00, onde estarán a cargo de Jorge Rey C.N. 4º Dan, Mestre Entrenador Nacional de Judo.