Índice

www.galiciasuroeste.info

 

Pintadas na Guarda

por AGUSTÍN FERREIRA

   

Xa tratamos neste xornal dixital nalgunha outra ocasión, o tema das pintadas, esas que non ofenden nin á vista nin ás ideas das persoas, esas que amosan respecto á forma de pensar ou das crenzas de cada quen. Así que, imos permitirnos hoxe traer novas pintadas que atopamos no noso camiñar diario por algúns dos recunchos da Guarda.

 

Esta artística pintada atopámola na Plaza da Guía. Foi realizada con motivo das festas da Guía 2013, festas do barrio de Ribadavila, ou sexa, hai uns meses, en setembro do pasado ano. Ocupa toda a fachada dunha vivenda baleira e fai alusión  este espazo e ás poxas que se levan a cabo o día principal da festa, 8 de setembro, tradicionalmente, aínda que desde hai uns anos ao trasladarse as festas á fin de semana, as poxas teñen lugar en domingo. Penso que merece a pena observar os detalles da mesma.

 

 

 

Neste caso son pintadas poéticas, realizadas por persoas que seguen esta nova corrente ou movemento denominado “Acción poética” que se está espallando por tódolos recunchos logo de que nacera en México no ano 1996. O movemento, que dispón de páxina no Facebook, foi fundado polo poeta mexicano Armando Alanís, e se dedica a escribir  fragmentos de poesía nas paredes ou muros. Neste caso, estas pintadas podemos velas na senda litoral da Guarda.

 

Agustín Ferreira