www.galiciasuroeste.info

Xuntanza de Antigos Alumnos do Colexio P.P. Somascos de A Guarda

 por José A. Uris Guisantes

          No pasado 7 de setembro tivo lugar unha xuntanza de antigos alumnos do Colexio Padres Somascos de A Guarda, non estaban todos pero sí unha pequena representación das distintas etapas do Colexio.

 

         Non sei se é que foron invitados tódolos alumnos ou os organizadores soamente contaron con algúns; en fin, do que se tratou foi de que moitos antigos alumnos que hoxe peinamos canas e temos netos estivéramos unhas horas falando e lembrando aquelas vivencias....... sobre de todo os que fomos os primeiros alumnos no Colexio sito na Casa dos Alonso [Praza do Reloxo] que estudiabamos bacharelato na glorieta do patio traseiro habilitada como aula.

Alumnos da Escola de Ensino Elemental dos P.P. Somascos sita nos baixos da Casa do Alonso, na Praza do Reloxo. Os Somascos aínda non conseguiran os pupitres  tendo que estar os alumnos de xeonllos cas libetras e libros apoiados nos bancos. Esta é unha fotografía inédita de Luís Cadilla González finado fai uns días. O cliché é de vidro

.

         Como se sabe os Somascos [procedentes de Italia] chegaron a Vila de A GUARDA un 12 de setembro de 1957, instalándose na Casa dos Alonso, e un 14 de outubro de 1957 o director Padre Luís Bassignana acepta en nome da Orde Somasca as condicións previas do Patronato Alonso que presidía a Sta. Consuelo Melón usufructuaria do legado dos Alonso.

       Outra parte importantísima pasou ó bispado de Tui-Vigo sendo un dos albaceas o famoso médico especialista vigués don Nicolás Peña.

 

        Xunto co padre Luís  Bassignana chegou o padre Orestes Caimotto licenciado en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía), persoa brillante e culta nomeado “Hijo Adoptivo de La Guardia” en sesión Plenaria do Concello Guardés do 6 de xuño de 1967.

 

       Despois de catro anos na Guarda o Padre Luís Bassignna pasa a dirixir un novo Colexio en Aranjuez (Madrid) quedando como director na Guarda o Padre Orestes.

 

       Este inquieto italiano do Piamonte preséntase, un 19 de abril de 1965, en Madrid xunto ó párroco de A Guarda don Francisco Sáa Aldir (finado en abril de 1978) para entregar o expediente co que poder obter un préstamo co obxeto de poder facer fronte a construcción dun novo Colexio na rúas Pacífico Rodríguez <>Vicente Sobrino, consiguen o préstamos e un 15 de maio de 1965 foi colocada a primeira pedra.

 

       Un 5 de novembro de 1967 foi inaugurado o Colexio actual dos P.P. Somascos coa presencia das autoridades locais, provinciais e bispo de Tui-Vigo.

 

       Aqueles primeiros dez alumnos de Bacharelato que comezamos no Curso 1957/1958 temos máis/menos uns sesenta anos hoxe endexamais nos volvemos a xuntar lembrando aqueles anos nos que carecíamos de todo, é alguns o remata-lo Bacharelato tivemos que buscar traballo para axudar á familia, outros traballaban e seguían estudiando por libre..........¡que tempos aqueles!.

 

          Algúns dos alumnos fixéramos ingreso, primeiro e segundo de bacharelato con don Nicolás Gutiérrez nas Escolas M.R. Sinde pero unha Lei de Franco fixo incompatible o dar clases e foi a maneira de seguir nos Somascos. Tanto con don Nicolás cómo cos P.P. Somascos debíamos examinarnos por libre no Instituto de Santa Irene de Vigo.

       Na fotografía superior, alumnos dos P.P. Somascos en Caldas de Reis para disputar un encontro de fútbol con camisetas do Sporting Guardés prestadas. A esquerda Padre Orestes Caimotto e a dereita o mestre Manuel Coedo ano 1959.

 

                  Na fotografía inferior, primeiros alumnos de bacharelato na galería da Casa dos Alonso na Praza do Reloxo Curso 1957/1958. A esquerda José Luís Alonso Riego, ao lado Luís Alberto Franco Lomba, ao fondo á dereita José A. Uris Guisantes e outros alumnos máis xunto ao Padre Orestes Caimotto. Ano1957.

Xuntanza de confraternidade de antiguos alumnos dos P.P. Somascos un 17 de setembro de 2004. Faltan algúns que xa marcharan

Aspecto da xuntanza dos antiguos alumnos dos P.P. Somascos 17/set/04.

   

           Foi interesante atoparnos sobre de todo os máis antigos e comprobar como a vida foi poñendo a cada cual nun lugar distinto, política ou socialmente falando.

 

                                                                                                    José A. Uris Guisantes