www.galiciasuroeste.info

Pacífico Rodríguez Rodríguez

Médico Municipal de A Guarda

Por José Antonio Uris Guisantes

seguinte

    

D. Pacífico Rodríguez. Revista Vida Gallega, nº 12 (decembro1909)

 

Pacífico Rodríguez Rodríguez, naceu na Guarda en 1853, finando en 1934, fillo de Esteban e Benita, tiña un irmán máis vello de nome Laureano que naceu en 1839, finado en 1915 na Habana. Os dous estiveron no Seminario de Tui, ainda que ningún seguiu a carreira relixiosa. Pacífico estuda en Santiago de Compostela e Laureano emigra a Cuba cunha estadía en México.

 

Casa un 28 de febreiro de 1895 a idade de 41 anos ca viúva Celsa Pousa Pousa de 25 anos, natural de Regada (Ourense), filla de Benito e Hipólita.

 

Médico guardés, alcumado polo pobo como “ó médico dos pobres”, e así foi D. Pacífico como titular municipal, ocupado de dar cobertura, dende unha a trescentas familias pobres de Camposancos e de A Guarda, mentres que outro médico D. Leonardo Álvarez Vicente ocupábase da sáude dos veciños da parroquia de Salcidos, onde el mesmo nacera.

 

D. Leonardo foi médico particular no Colexio Apostol Santiago dos PP. Xesuítas na Pasaxe de Camposancos, onde acudía, cando o necesitaban, montado a cabalo e a quen os xesuítas lle puxeron o segundo teléfono da Guarda, despois de D. Constantino Candeira que tiña instalada particularmente a primeira Estación Telégráfica da Guarda na Pasaxe, onde tiña a empresa “Candeira Hnos” de almacén de madeiras, serradoiros, construcción de barcos de madeira e servicio de cabotaxe. 

 

Parece que  os estudos de D. Pacífico foron sufragados polo seu irmán Laureano, emigrante en Cuba, onde chegara arredor de 1858  para traballar no comercio, con grande preparación en Dereito Mercantil, Materia Arancelaria e Tratados de Comercio. Soldado voluntario no exército do emperador Maximiliano I de México[1], chega a ter o grao de Capitán de Cabalería. Coa morte de Maximiliano en 1867 debe fuxir  e volve a Cuba. Na Perla de las Antillas foi responsable do Consulado de Portugal en Cienfuegos.  O apoio de Laureano Rodríguez ao emperador Maximiliano foi contrario ao doutro descedente de guardeses que se puxo no bando contrario, falo de D. Juan José Baz Palafox, fillo do guardés Diego Baz Vicente, emigrante en México, combatendo contra franceses e americanos ó lado de Benito Juárez.

 

Laureano Rodríguez pasa a residir en Santiago de Cuba[2], onde contribuíu á constitución do Centro de Comercio, da Junta de Obras del Puerto e da Cámara Oficial de Comercio.

Mapa da Perla del Caribe.

 

En 1879 foi Secretario da “Junta de Valoraciones”, elixido como vogal do “Centro Gallego” en 1880, presidente da “Liga de Comerciantes, Industriales y Agricultores de la Isla de Cuba” e tamén membro da “ Liga Arancelaria[3].

 

O mesmo tempo daba clases “de balde” de Geografía UniversalHistoria de España,como profesor integrado no Centro Gallego. Nomeado delegado do Centro Galego viaxa a Madrid en febreiro de 1884/85 para debatir sobre os “Aranceles Estatales” impostos á illa de Cuba, aproveitando para achegarse ata a Vila da Guarda, onde terá a grande satisfacción de ver ao seu querido irmán exercer de médico municipal. Sen ser político, foi membro do “Partido Reformista de Cuba”, chegando a Secretario General de la Junta Directiva del Partido. O 3/05/1885 sae o primeiro número do Semanario “Galicia Moderna”, editado na Habana, titulado  “Semanario de Intereses Generales”, contando coa súa colaboración literaria.

Año I. Habana, Setiembre de 1885 Nº 21.

 

Tamén saíu unha cita en “Galicia Moderna”. Revista quincenal ilustrada, Pontevedra 21/03/1898, publicado por    www. aemigracion@consellodacultura. org

 

seguinte

_______________________________________
 

[1] Ferdinand Maximilian Joseph von Habsburg –Lothringer (1833-1867).

[2] Dende 1881 a 1888.

[3] Fundada en 1890.