Índice

www.galiciasuroeste.info

 

Que tempos aqueles!

por Agustín Ferreira

  

Se desexa colaborar con fotos nesta sección pode envialas a agufelo@gmail.com

Ou deixalas en Academia Ferreira, unha vez escaneadas serán devoltas

Unha das festas máis grandes que había na Guarda eran as da Guía. A ela acudían mozos e nenos. Aquí vemos a Juan (o Camposino); Luis, os nenos Suso , Fernando (o Cerejas), o irmá de Fernando e Ángel (o Cabrera).

 

.............................

 

A quen non lle gusta lembrar aqueles tempos mozos a través das fotografías que reflicten unha época dourada na que a camaradería era o mellor que había? Aquí, nunha festa, vemos a Tolín (Cerejas), Juan (o Camposino); Luis, Quiño e José María.

 

............................

Sacar un título, ben merecía estar alegres. Así que, Juan e o Músico, o día que obtiveron o título de Patrón de Litoral, decidiron celebralo por todo o alto na rúa do Príncipe, en Vigo.

 

...............................

Mozos na marabillosa década dos sesenta A esta pandilla podería chamárselle a “dos Benitos”, porque nela había uns poucos: Benito (irmán de Mª Emilia a do Ribeiriña); Benito (dos Cerejas); Benito (“o Timbre”); Juan (o Camposino); Benito (“o Tronza”); José María; Quiño e Joaquín (o fillo do “Pisco”).