www.galiciasuroeste.info

Ignacio Fajar Álvarez Quintado

Por José A. Uris Guisantes

 

seguinte

 

Nace o 21 de xullo de 1930 en Buxán, parroquia de San Lourenzo de Salcidos, fillo de José Fajar Vicente Quintado e Argentina Álvarez Álvarez (sobriña do párroco de Salcidos don Martín Álvarez Álvarez).

 

Irmáns: Sara (finada a idade de 9 anos); Avelino; Ramón;  José Efrén; Antonio; Angel e Eloy Fajar Álvarez da saga dos Quintados.

 

Maio de 1943 os irmáns José Efrén (q.e.p.d.) e Sara Fajar Álvarez, finada os nove anos. Fotografía cedida pola familia.

-------------------------

 

Fotografía para obter a cartilla de Familia Numerosa. Argentina Álvarez; José Efrén esposo, José Fajar; Antonio; Angel é Eloy Fajar Álvarez. Fotografía cedida pola familia.

---------------------------

 

Abaixo a esquerda: 1ª, Argentina Álvarez Álvarez (sobriña de don Martín Álvarez Álvarez e nai dos Quintados); 3ª, Adriana Otero (nai de Orosia Álvarez Otero); 4º, párroco, don Martín Álvarez Álvarez; 5º, Laudelina (esposa de José Mª Álvarez);. Segunda fila: 3º, Ignacio Álvarez (avó dos Quintados); 5ª, Bienvenida Álvarez ( nai de  Argentina é avoa dos Quintados)

----------------------------

Ignacio lembra os anos trinta, e dos primeiros xogos dos que gozou na praza de Buxán, os primeiros pasos de liberdade foron pegados a súa nai, da que se lembra con agarimo.

 

Desa etapa refire Ignacio, …o bo dura pouco e xusto cando me faltan trece días para cumprir os seis anos estala, rebenta, estoupa, o que agora lle chaman Contienda Nacional, que viña sendo un ataque á democracia da que nestes días se fala tanto, e da que algúns queren rematala...

Da por certo que xogando en Buxán, sendo noite pechada pasou seu pai en dirección a casa, viña de cortar o pelo da barbería do Curuto, entrou con él para cear o caldiño, e minutos despois entran dous homes na tenda rexentada por miña nai, dicindo a meu pai ¿es usted  fulano de tal? ¡si!. ¡Pues haga el favor de acompañarnos!.

Levaron ó pai, non soubemos para onde. Esa noite na casa, só se oíron os choros de todos nós, miña nai saíu correndo Carballidos abaixo, para contar a seu tío don Martín Álvarez Álvarez (párroco de Salcidos) o suceso que lle pasara cos homes chegados a súa casa que levaran preso a seu esposo. José Fajar, tardaría varios meses en voltar para casa dende a prisión provisional no antigo Colexio dos xesuítas no Pasaxe de Camposancos.

Estando seu pai na cadea pasaron por Buxán os requisadores nacionais, os que soamente roubaban nas casas dos labregos, dos que traballaban leiras, tiñan patacas, un porquiño, galiñas, ou canto tiñan para tratar de seguir adiante ca vida diaria. O condumio quedaría en verzas, lamparóns, mexillóns e algún traguiño de auga da fonte de Buxán, miña nai con cinco fillos que manter, seu home en prisión. Os rapaces do barrio ían ó Mourán para ver como chegaban presos atados entre eles que logo eran fusilados.

 

A segunda lembranza, con preto de nove anos foi que ó pai acorda levar a Ignacio para a Telleira de Castrojeriz en Burgos, dende que Ignacio chegou contou, un día detrás doutro, douscentos días, peneirando area, mondando patacas, e outras cousas... …as mans cortadas pola humidade do barro, é o vento burgalés, seco e duro, a cura con sebo de carneiro ou de aceite “ben chacoleado” en auga. De escola nada, amigos ningún, a mamá moi lonxe, para poder recibir as bágoas do neno e seu agarimo, bágoas é mais bágoas solitarias, traballo para un neno de nove anos de seis da maña a once da noite…

[…] ¡Meu Deus!, cando xa estaba afeito a escravitude, o 18 de xullo de 1939 (celebración da sublevación militar contra a República), estabamos traballando na eira e dende ó alto da barreira escóitase un berro, ¡Gallegos si no dejan de trabajar los meto en la cárcel, y mando que los tata rra tatá...tata rra tatá..!.

Eu que xa sabía o que quería dicir o tata rra tatá (son que no 1936/37 viña da Sangriña), pensei que xa non ía volver a carón da miña nai nunca mais. ¡nese intre volvín a mollar as meixelas ca auga salgada dos meus ollos!. Os nove anos xa tiña rexistrada un bo anaco da triste historia daquela época. Xuro que foi como ó escribo para que non se esquezan xamais as consecuencias dunha sublevación militar que desembocou nunha sanguenta guerra civil…

 

Remata a conversa con este consello: Non deixedes que a tristura do pasado e o medo ao futuro vos estraguen a alegría do presente.

 

Ignacio casou o 10 de xaneiro de 1953 con Celia Lomba Vicente na parroquia de Salcidos, nacendo, Roxelio e Celia Fajar Lomba.

 

Os pais de Ignacio, tiñan unha tenda de ultramarinos con estanco de tabaco na que anos mais tarde sería a vivenda de Laureano Trigo Álvarez O Galo de Buxán. A tenda a levaba  súa nai Arxentina mentres o pai  Xosé Fajar ía traballar as telleiras e no inverno lasqueaba como canteiro, arrincando pedra nas canteiras do Torroso e nas Loucenzas para facer esteos para viñas. Nesas tarefas axudaban os fillos e como no, tamén comezaron ir as telleiras de ben novos.

 

Ignacio acudiu de noviño a escola do tío Manuel Álvarez O Manco no Paíño unha vez comezou ir as telleiras con oito anos deixou de ir a escola, pero cando retornaba volvía a estudar con don Manuel.

 

Ignacio Fajar Álvarez Quintado facendo instrucción en Infantería de Mariña de Guerra en Cartaxena, 1º a esquerda. Fotografía cedida por Ignacio Fajar.

---------------------------------------

 

Alistado na Marina de Guerra foi cumprir o Servizo Militar Obrigatorio en Infantería de Mariña é destinado a Cartaxena. Unha vez volveu licenciado fixo de todo, cavou leiras, podou viñas, vendeu cañotas as panaderías, é facía calquera traballo que aparecese, como andar no contrabando de café, sucata ou socata, etc, como freteiro,  pasando contrabando dende Portugal polo río, levando algún susto que outro.

Festa da Virxe da Saúde en San Xoán de Tabagón (O Rosal) ano de 1954.  Enriba a esquerda: Gregorio Guisantes e súa esposa María Martínez, filla do mariñeiro coñecido como Talarucas; Flora Rodríguez Álvarez; Antonio Fajar Álvarez; Maruxa Alfonso; Xosé Alfonso; Aurora Alfonso; Remedios Rodríguez Álvarez;  Antonio Alfonso; Carlos Rodríguez Álvarez; Celia Lomba Vicente e  Eloi Fajar Álvarez. Fotografía cedida pola familia.

 

Abaixo: Ignacio Fajar, estirado o lado do garrafón; con boina, Domingos Alfonso Rosaleiro; Rogelio Fajar Álvarez; Pilar esposa de Xosé Efrén Fajar; Antonio Fajar ; Angel Fajar e súa esposa. Os demais non sei quen poidan ser.

--------------------------------

 

Ignacio Quintado, con oito anos pasa a traballar xunto co seu pai Xosé  nunha telleira de Castrojeriz (Burgos). Anos mais tarde iría acompañado a outras telleiras de seus irmáns Avelino; Ramón; Antonio; Xosé Efrén; Angel e Eloy. Uns xuntos e outros separados. A ilusión de Ignacio era montar unha fábrica para fabricar tellas e ladrillos e desta maneira poder traballar xuntos.

 

Enriba a esquerda: Antonio Silva ; Manuel Baz Álvarez; Ignacio Fajar Quintado; Joaquin Ferreira Vicente Peludo; Ramón Fajar Quintado e Porfirio das Longas. Fotografía cedida por Ignacio Fajar

-----------------------------

 

Traballaron en Arenillas de Ríopisuerga (Burgos); Acinas (Burgos); Cuarte de Huerva (Zaragoza); Botorrita (Zaragoza); telleira de Avelino Martínez O Paxaro do Curuto (Verín); San Cibrao (Oímbra); Sacaojos de la Valduerna ( Santiago de la Valduerna-A Bañeza-León); Cimanes del Tejar (León); Arapiles (Salamanca) e na Telleira de Amancio nas Cachadas en 1954.

 

Con Ricardo Trigo do Castro en Ferrol; con Juan Benito Moreno do Cunchal-Netos; Ca familia dos de Rosina (Netos); Os irmáns Ramón e Manuel Portela Os Calloos en Maceda (Ourense); Con Eduardo da Silveira no lugar de Bandeira (Silleda); Antonio e Domingos Alfonso Os Rosaleiros en Xinzo de Limia, etc.

 

A dereita, David Álvarez Carrero; Juanito das Laxes; José Vicente Ferreira Peludo; Ignacio Fajar Quintado. Telleira de Cimames del Tejar (León) en 1950. Fotografía cedida por Ignacio Fajar.

---------------------------------

 

Telleira de Cimames del Tejar en 1953. Enriba a esquerda, Ignacio Fajar  Álvarez Quintado; Antonio Tecedeiro; Juanito; Xosé Efrén Fajar Quintado; Antonio Fajar Álvarez Quintado; ¿?; Angel Fajar Álvarez Quintado ¿??; Xosé Álvarez Martínez. Fotografía cedida por Ignacio Fajar.

-------------------------------

Forno de Pozo, ano de 1955. Telleira de San Cibrao de Oímbra (Verín). Subido a escaleira, Antonio Vicente Ferreira Peludo. Fotografía cedida por Ignacio Fajar.

-------------------

Telleira de Cimames del Tejar en 1955. A esquerda Ignacio Fajar Álvarez Quintado como oficial e tendedor. Fotografía cedida por Ignacio Fajar.

------------------------------

 

Telleira de Cimanes del Tejar en 1965. Ignacio Fajar Álvarez 4º pola esquerda abaixo. Esta telleira estaba arrendada por Ignacio este ano, logo emigraría a Bélxica. Fotografía cedida por Ignacio Fajar.

-------------------------------

 

Quiosco de pedra de Buxán nos anos trinta. Os cinco mais altos que está de pé de esquerda a dereita: Ignacio Iglesias; Ramón Trigo (dentista); Eladio Vicente; Ramón Pérez e Xosé da Proba. O da esquerda tombado é Laureano Trigo O Galo; o da dereita e Juan Trigo. Fotografía de Ignacio Fajar.

 

seguinte