www.galiciasuroeste.info

Ignacio Fajar Álvarez Quintado

Por José A. Uris Guisantes

 

anterior

   

Na decadencia das telleiras emigra a Alemania en 1965, onde unha vez chegado foi rexeitado- aínda non sabe o porqué- pero cando para o tren en Bruxelas ( lle habían dito que alí podía atopar o traballo que non acadou en Alemania), hospedouse no Hotel Europa, onde un dos encargados o axuda para atopar traballo como carpinteiro no gran edificio da sede da Comunidade Europea, edificio onde traballou sete anos, facendo ata de garda xurado e de ascensorista. Unha vez rematado o edificio a propia compañía onde traballara o emprega como carpinteiro en distintas obras da cidade de Bruxelas.

 

En decembro de 1966 chegou súa muller Celia e súa filla, mentres que o fillo estaba en Madrid estudando. Celia faría limpezas en domicilios particulares, así atendeu a unha señora belga de idade avanzada ata que faleceu. A filla, Sara Fajar Álvarez integrouse rapidamente na sociedade  belga aprendendo o francés, seguindo con clases de materias españolas e belgas, foi a Universidade e acadou o título en arquitectura.

 

Ignacio sentado diante das fiestras do baixo da vivenda en 1966 aínda sen rematar, aproveitando as vacacións para continuar no labor

-------------------------------------

Unha talla  en madeira dunha cañota do monte con alegoría feita por Ignacio. Ten o letreiro de xuíz.

---------------------------

No mes de xullo collían as vacacións de verán para pasar un mes no domicilio do Castro, seguindo a traballar na casa familiar que aínda non rematara.

 

A esquerda, Xosé Álvarez Martínez, no centro un asturiano amigo de ambos é Ignacio Fajar Álvarez. Fotografía cedida por Ignacio Fajar.

---------------------------------

Fregadeiro antigo de pedra e asadeiro preparado por Ignacio.

-----------------

E por fin no ano 1995 o xubilarse Ignacio  regresan definitivamente ó barrio do Castro é ámbolos dous esposos dende esa dedícanse a traballar a seu xeito as hortas, viñas, e en entreterse canto poden. Ignacio fai viño, augardente, licor de café, de cilantro, augardente de herbas, plantan tomates, cebolas, fan conservas de mirabeles, melocotóns, figos, todo elo para o consumo da casa e amizades. 

 

Outro traballo  de Ignacio cunha cañota do monte.

--------------------

 

Ignacio no seu baixo - taller con unha maza e un bastón que preparou de dúas raíces atopadas no monte.

-------------------------

  

Outro traballo en pedra de Ignacio Fajar Álvarez

----------------

 

Escribiu varios artigos da súa autoría no Libro Programa das Festas do Monte, moldea figuras, fai de carpinteiro, de maiolas en arquitectura, de labrego, escrebe poesías, fai sendeirismo, escrebe contos, e ademais ten unha charla no baixo da súa casa.

 

No Libro Programa das Festas do Monte de 2012 publica isto que segue:

 

 Plena confianza en los desastres

 

Escuché en televisión

un señor, con mucha guasa

decir encontrar la solución

para rebajar las grasas.

 

Sin que nadie se lo pregunte

dice ser el más listo

y que todo lo recaudado

se irá a los paraísos.

 

Un poco en Educación

y algo más en Sanidad

para obligar al anciano

que deje de respirar.

 

Dos bazas fundamentales

para castigar al pobre!

…si no tiene para comer

¿de donde sacará el cobre?

 

Para los estudiantes

también les llegó el alivio

van a tener que estudiar

o abandonar los libros.

 

Menos mal que aún nos quedan

esas escuelas privadas

para satisfacer los gustos

de gentes adineradas.

 

Los hijos de gentes ricas

auque sean como arados

siempre tendrán sus estudios

con euros asegurados.

 

¿Que importa una asignatura?

… si el muchacho es educado…

o sale de botellón, o lo encuentran

drogado…

se lo llevan a casita…

 

¡Y policía cuidado!

si levanta un atestado

… una bajada de tensión

o, el joven está mareado…

 

Así está este país

de gente honesta y sana

hacen todo lo que pueden

para reducir tus grasas

 

¡No le hacen falta dietas !

…simplemente unas palabras…

para dejarte desnudo

sin camisa, sin dinero… y sin casa.

 

Me pregunto alguna vez,

si se podría vivir

sin los bancos timadores

ni esa peste caciquil.

 

Ladrones de guante blanco

estáis muy bien protegidos,

mi amigo es abogado

y él, y yo, somos pillos.

 

Ignacio Fajar Álvarez, Quintado.

 

Paxaros no exterior feitos por Ignacio

----------------

 

 

Ignacio Fajar Álvarez ca mostra dunha pedra labrada por el en 1996. Outro dos entretementos, xunto coleccionar calquera cousa que lle chame atención, rehabilitación de pequenos mobles. Outro dos entretementos ven sendo escribir contos e memorias daqueles pasados, incluído do contrabando ou pisco cando tiña dezaseis e dezasete anos.

 

Ignacio como un mañolas en  pedra ten  o bigotes no exterior a entrada da casa.

 

Un moro tallado por Ignacio

 

O Cid Campeador tallado por Ignacio.

-----------

 

Armadilla (trampa para coller paxaros), construída por Ignacio para lembrar cando de neno cazaban paxaros nas veigas, tamén podían ser de vimbio. Tanto unha como outra tiñan tres pezas, a xaula, un semicírculo de arame de groso meo ou de vimbio de pé, mais dúas pezas cortas de tiras de madeira ou de vimbio. A de enriba entre a xaula e o seme círculo, a outra entre ó solo e semicírculo. O éxito era poñer a segunda peza de tal xeito que o apoiarse o/os paxaro/s no semicírculo, baixara a xaula tan rápido que o paxaro quedase dentro. Se era un xílgaro ou outro paxaro de canto o recollían para vender ou para poñer nas xaulas propias, os demais os soltaban.

 

Armadía, Armadilla,  Esparrela como as que vin no lugar de O Paíño, preto de Buxán nos ano cincuenta.

 

 

José A. Uris Guisantes

 

anterior