www.galiciasuroeste.info

A sé do Recreo que puido ser e non foi

por José Antonio Uris Guisantes

.

        Antes da obtención por compra do edificio das "Menas" (familiares de Arsenio o do carro) unha delas casada con don Gregorio Portela  Vicente, de Camposancos, por parte da Sociedade Recreo Artístico Guardés, don Alfonso Martinez Peniza e don Francisco Rodríguez Rodríguez e outros trataron de conseguir terrenos cos que poder construír definitivamente un local social para o RECREO e non andar de prestado como ata aquela.

Os terreos eran propiedade de don Joaquín Saúl Rodríguez, íntimo amigo  de Alfonso Martínez Peniza, "Alfonso da Imperial", persoa a quen o pobo guardés lle debe moitísimo no eido socio-cultural. O final don Joaquín vendeu  a terceiras persoas os terreos, unha vez máis, as ideas positivas pasaron ao caixón do esquecemento, por non ter cartos ou porque a sociedade guardesa "pasaba" do asunto.

Os responsables da Sociedade RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS propiciaron a redacción dun anteproxecto de Local Social da Sociedade en 1971 e que foi presentado en 1972.

O Local ocuparía unha superficie de 1.200 m2 entre as rúas Vicenta Rodríguez Cachada (baixando a igresia parroquial) e a rúa Manuel Rodríguez Sinde. 

José Antonio Uris Guisantes.