www.galiciasuroeste.info

Regulamento do Rento, xogo popular de baralla

Segundo o borrador elaborado por Manuel Fajar Salcidos

1.- INTRODUCCIÓN:

Non se sabe moi ben cal é o orixen do “ RENTO “. O que si sabemos é que xa os nosos bisavós, avós,país xa xogaban nas tascas e tabernas do noso povo. Xentes mariñeiras, aldeáns e todo tipo de persoas alternaban e alternan este xogo coa subhasta, a brisca, o tute a escoba…

Xógase coa baralla tradicional española de 40 cartas. As persoas que están arredor da partida, como en tódolos xogos da baralla, poden mirar pero sin participar nin dicir nada , xa que calquera xesto pode ser interpretado polo xogador como unha seña ou desaire.

Antigamente xogábase “A DOER “, é dicir, XARRA DE VIÑO á mesa, tódolos que xogaban ,bebían e o que perdía pagaba a consumición.

 

2.- NÚMERO DE XOGADORES:

Si non hai partidas /equipos/ grupos feitos ou pre-determinados,faerase un sorteo coas cartas. Bótanse as cartas e os 3 primeiros reis formarán un grupo, que se enfrentará aos outros 3 restantes .

Na maioría das veces xogan 6 persoas, ainda que se pode xogar 2 ou 4 persoas. O do medio é o que leva o peso da cada equipo, isto é voluntario. Os xogadores estarían situados sentados A2-B1-A3 e enfrente B2-A1-B3.

 

3.- CARTAS DA BARALLA . VALOR E IMPORTANCIA DE CADA UNHA:

As cartas polo seu valor de maior a menor importancia son:

5 DE BASTOS.

CABALO DE BASTOS.

SOTA DE OUROS (PERICA).

MANILLA DE TRIUNFO ( GAITA ).

REI DE TRIUNFO ( O BARBAS ).

CABALO DE TRIUNFO.

SOTA DE TRIUNFO.

AS DE TRIUNFO ( MATASETES ), é dicir pódelle a tódolos triunfos para abaixo ao 7, 6, 5, 4,3.

6,5,4,3 ( UN PEQUENIÑO ) DO TRIUNFO QUE SAIA.

 

4.- REPARTO DE CARTAS:

Previo sorteo de quen da por primeira vez, por calquera dos métodos tradicionais, repártense as cartas de 3 en 3 , corta o xogador anterior como queira ( si corta non pode quitar a vira ). Quítase una vira ( pódea quitar o que da, o que corta ou o que corta pode quitar un espia se cre que sabe onde vai unha carta de mate), que vai marcar o pau de triunfo en cada man.

É fundamental estar atento ao corte xa que os contrarios poden saber onde están as cartas…

Hai que evitar poñer “espías “, é dicir, cartas que poidan marcar onde están as de mate, exemplo saber que o 5 de bastos vai pegado ao 4 de ouros…

No caso de dar mal: 4 cartas a un xogador, mirarse una carta… ou calquera anomalía..vólvese a dar de novo.

No reparto das cartas AO VER, é obrigatorio cortar máis de 3 cartas.Evitarase que nesta man haxa espías.

 

5.- COMENZO DO XOGO:

Unha vez repartidas as cartas ( 3 a cada xogador ) e cun pau (bastos, copas, espadas e ouros) como referencia, comenza o xogo.

Será o xogador situado á dereita do que acaba de dar quen comence o xogo. Xogará a carta que queira ou lle mande o Centro ( repetimos será o que leve o mando de cada equipo ).

O obxectivo en cada man é o mesmo: conseguir 2 bazas das 3 posibles.

Normalmente os demais xogadores deberán asistir ao pau que xoga o primeiro xogador a non ser que xoguen triunfos, carta de mate ( 5 de bastos, cabalo de bastos,sota de ouros,2 de ouros de triunfo ) para facer a baza. Nalgúns lugares non é obrigatorio asistir ao pau.

Pódese facer a 1ª baza…non facer a 2ª…..e facer a 3ª.

Pódese facer a 1ª baza e a 2ª.

Pódese non facer a 1ª baza e facer a 2ª e a 3ª baza.

REPETIMOS o obxectivo é facer 2 BAZAS das 3.

bullet

Si un xogador arrastra de 5 DE BASTOS ( carta máxima ) , obliga -1- a todos a xogar triunfo se ten e incluso calquera das cartas de mate ( cabalo de bastos, sota de ouros, manilla de triunfo ou calquera das cartas de rei para abaixo de triunfo).

bullet

Si un xogador arrastra de CABALO DE BASTOS ( 2ª carta máxima ) obliga -1- ao anteriormente citado menos ao 5 de bastos.

bullet

Si un xogador arrastra de SOTA DE OUROS ( 3ª carta máxima ) obliga-1- ao anteriormente citado menos ao 5 de bastos e cabalo de bastos.

bullet

Si un xogador arrastra de MANILLA DE TRIUNFOS ( 4º carta máxima ) obliga - 1- ao anteriormente citado menos 5 de bastos, cabalo de bastos, sota de ouros.

bullet

Si un xogador arrastra de REI DE TRIUNFOS ( 5ª carta máxima ) obliga-1- menos 5 de bastos, cabalo de bastos, sota de ouros, manilla de ouros.

bullet

Si un xogador arrastra de calquera triunfo obliga hasta o rei, coa excepción da manilla e as cartas de mate.

Un xogador pode facer una baza:

bullet

Co rei, cabalo ou sota do pau, sete… que se está xogando sin ningún triunfo ( son as cartas de máis valor nese momento ).

bullet

Cun triunfo según o orden establecido (rei, cabalo, sota,as, sete,seis,cinco, cuatro,tres e as cartas de mate).

bullet

Con calquera das cartas de mate polo seu valor.

Unha carta xogada non se pode levantar a non ser que o Centro mandase matar.Prevalecerá o mandato deste xogador, é o xefe do grupo.

Cada unha das mans que se fagan apuntarase nun lateral da mesa e será un encargado de cada equipo A3 ou B3 os vixiantes de que en cada man se contabilicen as ganancias.

Para contabilizar, antiguamente utilizábanse figos (comíanse ás veces ) , pasas, manises…Na actualidade faise con chapas de cervexas( boca abaixo –malas-, boca arriba -boas-).

Cada man é una chapa ( a non ser que haxa ENVITE/VIDO / TRUCO ) ata chegar as 9 – malas e boca abaixo -.Despois das malas , pásanse as boas, chapas boca arriba ata as 8.

Para rematar o “CHICO” hai que ir “ AO VER”.Pódese dar o caso que se teñan 6 pedras boas haxa un envido/ vido / truco, se ganen 3 pedras e remate o chico.

Pódese dar o caso que ámbolos dous equipos cheguen as 8 chapas boas e entonces haxa que ir A FORZOSA, é dicir a derradeira man en igualdade TOTAL. O que gane, gana o chico.

6.- O VER :

Consiste en que o equipo que xa fixera as 9 malas e as 8 boas, decide en función das cartas dos seus xogadores si entra ou non para facer as 2 bazas finais.

Si entra e fainas gaña o CHICO.

Si entra e perde dalle 3 chapas ou pedras ao equipo contrario en cada man.

Si decide non entrar dalle 1 chapa ou pedra por cada vez que o faga.

Pódese dar o caso que un equipo vai O VER , que o equipo contrario teña 6 pedras boas, que entre, perda a man e perda asi mesmo o CHICO ( 6 pedras que tiñan + 3 que gañaron= 9).

É convinte para ir O VER ter cartas de mate ( 5 de bastos, cabalo de bastos….) para asegurarse de conseguir as 2 bazas finais…..ainda que a sorte, as cartas ben posicionadas e outras circunstancias, fan posible o éxito. Ë moi importante estar doble ( ter dous trunfos ) se nun eres man.

 

7.- ENVITES : ENVIDO / VIDO / TRUCO -------RE-ENVITES :

É a xogada máis interesante e bonito do RENTO.

A finalidade é conseguir 3 pedras en vez de 1.

Nun momento da partida calquera xogador pode dicir : ENVIDO / VIDO / TRUCO.

Si se consiguen facer as 2 bazas son 3 pedras para o equipo que envidiu.

Si non se consiguen as 2 bazas son 3 pedras para o equipo que aguantou o envite.

O equipo contrario pode RE- ENVIDIR / RE- TRUCAR ao que cantou o envite e si éste acepta en vez de xogar 3 pedras xógase por 6 ou 9 ( re-envite de 2ª vez ). Como sempre o equipo que faga 2 bazas das 3 levará as pedras.

Si un xogador acepta o envite, ainda que non sexa o Centro, xógase a baza.

Cando un xogador sendo o último ou pé en xogar “ envide “basta con que un diga “ no “ para non xogar e rematar a baza.

Despois de dar e quitar a vira, calquera xogador pode dicir “CERRADO” isto equivale a que ENVIDO / VIDO / TRUCO ao equipo contrario antes de comenzar a xogar . Pode haber RE- ENVITES.

 

8.- ENVITE DE FAROL :

É unha xogada de astucia na que un equipo decide TRUCAR , non tendo cartas, claro está arriesgándose a ser enganchado nun falso ENVITE/ VIDO / TRUCO e ter que tirarse ao ser collido nunha xogada de farol…

Acostúmase a ENVIDIR / VIDIR / TRUCAR despois de facer unha baza e coa presumible certeza de que o outro equipo non ten cartas ningunhas.

 

 

9.- SEÑAS DO XOGO :

As señas do xogo son fundamentais, toda vez que ao ser un xogo de equipo o coñecemento das cartas que se repartiron e se posúen é fundamental.

Normalmente deben ir dirixidas ao Centro que será quen vai dictaminar a estratexia de xogo. Non quita que tódolos xogadores sepan como están as cartas. Entre laterais A2 -A3 / B2-B3 toda comunicación é posible.

SEÑAS XERAIS:

5 DE BASTOS: Súbense as pestañas de ámbolos dous ollos.

CABALO DE BASTOS :Guíñase un ollo.

SOTA DE OUROS : Labios hacia adiante poñendo morros.

MANILLA DE TRIUNFOS : Xesto de morder o labio .

REI DE TRIUNFO : Ademán de pasar a mar pola barbilla ( O barbas ).

CABALO, SOTA DE TRIUNFO: Xesto de estar mordendo algo.

7 ,6, 5, 4, 3, : Xesto coa man dedo contra dedo. ( Un pequeniño ).

Un PUÑO: Levar 3 triunfos do pau da vira, dúas cartas de mate e un triunfo, unha carta de mate e dous triunfos…..

OUTRAS FORMAS:

1//////

5 DE BASTOS : Sinalando co dedo pulgar.

CABALO DE BASTOS : Id. dedo índice.

SOTA DE OUROS : Id. dedo corazón.

MANILLA DE TRIUNFOS: Id. dedo anular.

REI DE TRIUNFOS : Id. dedo meñique.

 

2/////

A partir dunha seña do Centro ( por ex. CABALO DE BASTOS ):

1 arriba……Leva o 5 de bastos.

2 abaixo……Leva a manilla de triunfos.

3 abaixo ….leva o rei de triunfos.

 

3/////

En función da carta que se quite de vira:

Si por ex. sae o rei de copas…..

1 arriba…leva a manilla de copas.

2 abaixo…. leva a sota de copas.

3 arriba ….leva o cabalo de bastos.

 

4////

Outras formas que cada equipo considere oportunas.

 

SEÑAS DE CHAPADO :

O “chapado “ é a máxima xogada que se pode ter despois do reparto das cartas. Asegúranse dúas bazas imperdibles.

CASOS:

bullet

1 xogador ou os membros dun equipo teñen:

5 DE BASTOS e CABALO DE BASTOS.

bullet

1 xogador ou os membros dun equipo teñen:

5 DE BASTOS, SOTA DE OUROS e MANILLA DE TRIUNFO ( IMPERDIBLE sempre que sexa man).

Hai que ter cuidado ao dar as señas do chapado, calquer mal entendido pode dar lugar a unha xogada errónea e perder o chico.

 

A seña para o chapado é un toque lateral da cabeza hacia un lado.

 

10.- TEMPO DE XOGO : FINAL DA PARTIDA:

O tempo de xogo é impredicible ou ilimitado.

A partida pode ser FLOREADA ( envites continuos, xogo aberto….).

A partida pode ser AMARRADA ( mirar pola pedra, xogo serio ….).

Cada “CHICO “ é unha partida ( 9 malas e 8 boas ).

 

PARA OS XOGADORES DO “RENTO “ coa lembranza de saber que o meu pai xogou moitas horas e na procura que non se perda o costume.

A Guarda a 13 de agosto de 2.011

borrador elaborado por Manuel Fajar Salcidos