Índice

www.galiciasuroeste.info

 

Catro republicanos asasinados por falanxistas

entre agosto e setembro de 1936 dos que non apareceron seus corpos…

por José Antonio Uris Guisantes

Enrique Jaso González, un rapaz de 20 anos, natural de Tui, paseado o 12 de agosto de 1936, fillo de Enrique Jaso Paz de 57 anos, executado en Tui o 27 de agosto de 1937 e irmán de Evangelina, executada en Tui o 24 de abril de 1937.

Antigua fotografía da familia Jaso cedida pola familia a Nomes e voces. A esquerda de pé, Enrique Jaso González, de branco súa irmán Evangelina, sentada a segunda esposa de Enrique Jaso Paz, Josefa Martínez San Juan, no colo Dolores e abaixo Josefa Jaso Martínez, sentado, Enrique Jaso Paz.

Enterado de que en dous montes do Rosal foran executados catro presos republicanos en dúas tandas, que foran tirados de prisión por falanxistas, me preocupei de tratar de buscar quenes poideran ser, máximo cando había información oral e escrita de que se supuña que algún deles fora “paseado” en San Miguel de Tabagón (O Rosal).

O primeiro que fixen por dúas veces e comprobar no Rexistros Civís da Guarda, O Rosal e Tomiño se figuraban algúns descoñecidos que foran soterrados nesas localidades. Asunto que non deu resultado, salvo os paseados en san Xían (O Rosal) que están totalmente identificados. Comentando co amigo José Álvarez Alonso Buraco  que me ten axudado dabondo na procura de lugares relacionados ca represión franquista me comentou que coñecía a un rosaleiro que tiña unha memoria prodixiosa, que lle había contado unha historia de paseados no Rosal que logo foran soterrados a caron do cemiterio parroquial.

Este home é Manuel Fernández Álvarez Lel que tiña once anos  en agosto de 1936, el mesmo nos relatou como pasearon primeiro a dous homes na Bouza do Curuta lugar de Mondañedas en Fornelos (O Rosal), e logo a outros dous no lugar de As Borralladas (Fornelos).

Bouza da Curuta en Fornelos (O Rosal), a dereita Manuel Fernández Álvarez explicando o lugar e como era a posición dos corpos dos dous paseados. No espacio que estamos vendo había unha grande laxe de pedra que anos despois foi arrancada. Fotografía de José A. Uris Guisantes

Manuel andaba con tira pedras pola xuradía de Martín, aló polos primeiros días de agosto de 1936 (non lembra ben se sería o 6 ou 12 de agosto), cando sintíu o ruido da camioneta da Panadería de Recaredo[1], onde traían a dous presos, mais tarde Manuel sentíu tiros cando estaba para dormir na casa da avoa. No día seguinte na escola comentou con tres amigos que sintira tiros no lugar da Bouza do Curuta, preto da casa da súa avoa e dicidiron achegarse o lugar, tamén lles comentou que na camioneta ían moitos falanxistas.

Bouza da Curuta en Fornelos ( O Rosal). Fotografía de José A. Uris Guisantes.

Cando se acercaban viron sair dunha leira de regadío a tía Sabina que viña chorando ca aixada na man dicíndolles que non se acheragan porque mataran a dous homes. Non fixeron caso indo a comprobar que efectivamente eran dous homes, os corpos estaban, ún boca abaixo e outro boca arriba, xuntos, un tiña un traxe axui marino e outro un traxe de raias con botas de coiro, cheos de sangue por todos lados, cribados de tiros.

Logo souberon  por seus país, que se dicía que un deles era médico, os dous tiñan un tiro na sen, tendo moita sangue na cabeza. Os compañeiros de escola que viron os mortos eran Florencio Domínguez e Francisco Fidalgo da leiteira.

Unha semana mais tarde Manuel Fernández volveu a ir  comprobar o lugar onde asasinaran - pasearan outros dous presos no lugar de As Borralladas na estrada de Fornelos a Acevedo.

Lugar de As Borralladas na estrada de Fornelos a Acevedo (O Rosal), onde en 1936 foron paseados outros dous homes republicanos. Nesta fotografía de José A. Uris Guisantes podemos ver que neses días se estaba levando a cabo unha gran corta de árbes.

A dereita lugar de As Borralladas onde apareceron os corpos dous dous republicanos paseados por falanxistas que transportaran na camioneta da Panadería de Recaredo da Guarda que fora requisada polo exército. Fotografía de José A. Uris Guisantes. Podemos ver abaixa a dereita a Manuel Fernández e  José Álvarez meus informadores.  

Foron obrigados a recoller os catro mortos, en distintos días, o tío José do Sal que vivía no ludar de Xestal (Fornelos) e Ricardo González Carrera Lexo[2]. Ambolos dous foron a recoller os mortos de noite para levalos a soterrar  fora do cemiterio do Rosal, nun lugar preparado para  indixentes.

Como dixen, Ricardo foi obrigado a recoller  no seu carro tirado por vacas aos catro paseados, como contou súa nora Mercedes Iglesias Domínguez Chela.

Tamén foron obrigados a cavar a fosa por dúas veces a Generoso Rodríguez da Carlota[3] e Casimiro Rodríguez O Tumba Cruceiros. Os catro que foran obrigados a recoller os corpos e soterralos eran republicanos represaliados.

Ricardo González Carrera (1890-1960), nado en Valdemiñotos (O Rosal), casado en Novás con Dolores Rodríguez Álvarez[4].

Do matrimonio naceron, Consuelo, Ricardo, Sinforiano, Inocencia, Luísa e Indalecio González Rodríguez. Ricardo tamén sería desterrado a Sarria (Lugo) polos franquistas. Elí paraba no Hotel Burgalés, debendo presentarse no cuartel da Garda Civil ata que coñeceu no mesmo hotel ó capitán xefe do posto, collendo amizade, grazas a que como carpinteiro que era, preparou uns cantos mobles para a familia do propio capitán. A partir desa relación non volveu presentarse no cuartel diariamente.

Na República formara parte da xunta directiva da Sociedad Agrarios del Rosal como vicepresidente, elixido na asemblea xeral do 21 de xuño de 1931. O presidente era Daniel Lorenzo, outro amigo da familia das Amarelas e dos irmáns Noya. Ricardo tamén formou parte da Corporación local como concelleiro/xestor polo Frente Popular en 1936.

O tío José do Sal construira un zulo na cuadra da vaca co fin de que non puideran dar con él para o matar. Cando os falanxistas o colleron levou unha malleira e logo foi obrigado a recoller a eses mortos.

Tamén foron obrigados abrir a fosa onde os soterraron (lado dereito do cemiterio do Rosal chamado o lugar de San Antonio, na  parte da entrada a dereita) a Generoso Rodríguez da Carlota un home con preparación que tiña unha Charanga de músicos e o tío Casimiro Rodríguez o Tumba Cruceiros. Estes dous tamén tiveron problemas psicolóxicos durante anos.

Cemiterio de O Rosal no lugar de San Antonio, o pequeñino espacio destiñado a cementerio de indigentes estaba (e segue estando debaixo do asfalto) entre a dereita da porta de entrada e o sinal de tráfico, hoxe están dous conteñedores de lixo verdes enriba do antigo cemiterio, que foron apartados por nós para comprobar o lugar.

Outra fotografía do lugar onde foron soterrados os catro corpos de republicanos asesinados polos falanxistas en  agosto/setembro de 1936.

Casa familiar do difunto de Generoso Rodríguez da Carlota.

Conclusións

Esperando a que alguén tome a responsabilidade de solicitar unha investigación as autoridades competentes, cheguei a seguinte hipótese:

1.-Entre o 6 ó 12 de agosto de 1936, dous mozos republicanos presos en Tui foron sacados por  falanxistas que os  asasinaron no lugar da  Bouza da Curuta en Fornelos, Concello do Rosal.

2.-Eses mozos republicanos poideron ser Enrique Jaso González de 20 anos e natural de Tui,  polo puiden ler en varios escritos ía vestido con traxe novo de cor azui, cando saíu do domicilio familiar é ademais portaba unha estilográfica. Corpo do cal ainda hoxe non se deu atopado nin existen datos nos rexistros da Guarda, Rosal e Tomiño.

3.-O outro paisano poidera ser Edelmiro González Filleiras que levaba postas unas botas de coiro. Era afiliado a CNT-AIT

4. Outros dous mozos republicanos asesinados por falanxistas no Lugar de As Borralladas na estrada de Fornelos a Acevedo (O Rosal) a comezos de setembro de 1936 poideron ser:

4.1.-Cándido Díaz Álvarez.

4.2-Isidoro Gándara Piñeiro, natural de Caldelas de Tui.

Ambolos dous supoño, foron soterrados o igual que os anteriores, no pequeno cementerio de indigentes.

José A. Uris Guisantes

_____________

[1] Fora requisada polo Exército nacional e levada para Tui.

[2] Fora concelleiro republicano.

[3] Tivera unha “charanga” de músicos.

[4] Novás foi alcumado pola dereita do Rosal como la pequeña Rusia.

 

 

 

(Continúa mañá)

José Antonio Uris Guisantes