www.galiciasuroeste.info

DON FAUSTINO REY ROMERO UN CURA-POETA

por Javier Rodríguez Vázquez (en las Tertulias del Parador San Telmo de Tui)

 

Quero falaros dun persoaxe que en esta bisbarra deixou unha impronta e un recordo imborrable.

Era unha persoa que nunha época  dificil e escura da historia de España, soubo impoñer o seu pensamento e, digamos, o seu modus vivendi.

Unha persona que tiña fama de crego progresista para uns e de libertario para outros,

 

Naceu  D. Faustino o 27 de outubro de 1921  na parroquia de Sta. María de Isorna (Rianxo), de familia humilde, era o máis vello de nove  irmans.

 

A nenez de Faustino transcurre en Isorna ata que comenza o bacharelato no convento da orde franciscana de Herbón (Padrón). En 1939 trasládase a casa que estes frades teñen en Santiago para continua-los estudios. Despois de  pasar un curso no seminario en Madrid, e logo en Ourense. Chega ao seminario de Tui, onde, o 23 de xuño de 1947, recibe o subdiaconado polo bispo Frai José López Ortiz. E aquí remataría a carreira. En 1948 ordenase sacerdote, e di a primeira misa na súa parroquia natal.

 

Os primeros destinos foron de capelán en Cela (Mos) e Barcela (Arbo) e foi párroco durante un ano en Tameiga (Mos).

 

En 1950 é nomeado membro correspondente da Real Academia Galega. Neste mesmo ano vaise á Universidade Pontificia de Salamanca, onde permanece dous anos para ampliar seus estudios de teología. No ano 1951 fano socio de número da Internacional Academia Mariana de Artes y Letras.

 

No 1952 exerce coma coadxutor en A Guia (Tui) e máis tarde cos maristas portugueses instalados na Lagarteira aquí en Pazos de Reis..

Xa no ano 1956 foi nomeado párroco de San Xoan de Amorín e encargado de Taborda e Currás. Esta titularidade mantívoa durante seis anos.

 

En 1957 fai un viaxe a Venezuela , Cuba, e outros paises caribeños, a bordo do famoso trasatlántico Santa María, como capelán, sustituindo ao seu amigo portugués Frai Evaristo. Conta un periódico cubano da época que  D. Faustino foi recibido e agasallado polo Centro Galego da Habana. No discurso de benvida, o presidente do Centro -sabedor dos rifi-rafes que tiña co cabildo tudensis-  dixo:  D. Faustino REY, en vez de ser un real canónigo, é simplemente o párroco de Amorín.

 

Xa  na súa parróquia  tomiñesa, contan, que un día indo a deci-la misa de mañan cedo,  neses días de inverno,  cunha néboa que non se vía a dous pasos, atópase  ca parella da Guardia Civil, que viña  facendo a ronda. A benemérita, vendo un bulto negro  e embozado,  deu os gritos de rigor: ¡Alto! ¡Quién vive!.  E  D. Faustino, coa súa sorna, contestalles pausadamente: Pero ¡Homes! ¿ Quén vai vivir?. Nos e vos.

 

Nesta primeira década da súa misión pastoral decántase as súas posicions ideológicas e de pricipios, en aberta oposición  ao franquismo e a certas xerarquías eclesiásticas.

Era un defensor precoz do espíritu do Concilio Vaticano II. Vivía con hábitos hedonistas que non ocultaba.

 

Recalcitrante cos autoritarísmos e condescendientes cos fieis, vai gañando, como dixen, fama de crego progresista para uns e de libertario para outros.

 

Optou  por considerar propio, do home superior: Non mentirse nunca a un mesmo.

 

E como D. Faustino aceptaba a xusticia divina. Tivo que vivir unha doble vida. Bohemia, no exterior. Espiritual na intimidade.

 

De él decía D. Xosé Mª Alvarez Blázquez:  D. Faustino tiña fillos que o trataban de pai, non de padre nin de tío, sen que niguén se escandalizase na parroquia, pero si, a xerarquía eclesiástica.

 

Distintos plantexamentos no exercicio pastoral e diferencias persoais cun sector do cabildo, a quen lle dedicou un poema a un tribunal que quería examinalo, creo que para canónigo, e enterardo de quén o formaba, compúsolle este  poema.

 

A UN TRIBUNAL COMPOSTO

DE TRES PROFESORES.-

 

Burrísima trinidá

-como decía Curros-,

¿seica non sodes tres burros

e unha soia nulidá?

¿Eu examinarme? ¡Cá!

Cando nas miñas me poño

son máis forte ca un carballo;

Quizais que non saiba un coño,

pero vosoutros, supoño,

non sabedes un carallo.

 

Como decía, as diferencias co  cabildo agrávanse por mor dunha historia sentimental, e  obrigan a D. Faustino a ausentarse temporalmente da diócesis tudense que rexía Frai José López Ortiz. Como consecuencia disto, en 1959, pasa uns días recluido no convento do Carme de Padrón.

 

Aquel home bonachon, a quen todos querían  e admiraban , deixou en Tuy  un  recordo imborrable. Naquelas tertulias  nas tabernas, tomando unhas tazas de viño, na compaña dos seus amigos, expontaneamente era onde compuña os poemas a personalidades locales, ao tempo ou  a idisosincracia da cidade.

De ahí saiu aquello de:

 

Festas de San Telmo en Tuy

Festas de chuvia, vento e orballo,

Nas festas de San Telmo en Tuy

Fai un tempo do carallo.

 

Ou este outro que define como nadie aquela idiosincrasia tudense de cidade levítica e xenuflexa

 

 

Tuy, ciudad  inmortal

En la que no vive el obrero

En la que viven militares

Retirados y el clero.

 

Era tan bonachón que un día paseando por la Corredera, sempre co seu porte ergueito, a su calva, as gafas, que lle daban ese look de crego intelectual, ademáis da súa pequena, pero feliz, panza de abade; achégaselle un home necesitado e pídelle cinco pesetas. D. Faustino, parco en diñeiros, mete a man no peto e  dílle: Amigo meu, soamente teño tres pesetas.Logo,enton, toma nota, quedoche a deber duas.

 

Do 1960 ó 1962, fixa a súa residencia na casa dos pais, en Isorna. Neste tempo colabora cos párrocos rianxeiros nos actos liturxicos das parróquias. Toma parte activa nos actos culturais que se fan na zona, sempre  na compaña do seu amigo Rafael Dieste.

 

A D. Faustino véselle triste por todo-los problemas que ten cas autoridades eclesiásticas. Seus amigos dinlle que colgue os hábitos. Tanto uns como os outros  repróchanlle a vida que leva. Él defendese. Entrei na Igrexa porque oín a voz de Deus que me chamaba. Mentres El non me diga que me marche seguirei sendo Crego.

 

No 1963 volve a terras do Baixo Miño. Esta vez vai ocupar a praza de Director Espiritual da Casa Diocesana de Ejercicios Espiritules de Tui.

 

En 1964 Recibe o primeiro Pedrón de Ouro, pola publicación da 2º edición de Poema das materias sagras

 

É nese mesmo ano é nomeado membro da Sociedade Mariolóxica Mater Ecclesiae de Portugal. Asiste como ponente ao Congreso Mariano de Braga.

 

Nunha carta dirixida a súa amiga vivariense e colega, a poetisa Luz Paz Garra, entre outras cousas dille:

 

“Tengo muchas preocupaciones y dificultades. Ello me pone largas temporadas al margen del trato social. En fin es que la vida es dura y pesa…

Como posible evasión de estas desventuras veo el camino de la emigración. Estoy haciendo los trámites. La llamada a América, imperiosa en nuestra raza, se hace cada vez más irresistible”.

 

Fai un cursiño en Madrid sobre La Iglesia en América.

 

O día de San Pedro de 1966 embarca en Vigo, no buque Charles Tellier, para Buenos Aires.

Alí  entra en contacto co Centro de Rianxo e por suposto co Centro Galego. No 15 de setembro de 1966, ecribe aos seus decindolles: Xa escribo no periódico La Nación. Como Crego. Estou moi ben situado, desempeño o cargo de 1º tenente cura na igrexa parroquial de Nosa Señora de Balvanera.”

Como sabedes en  Balvanera, barrio ao oeste de Buenos Aires, está este santuario mariano mui importante e  con muita devoción nesta cidade.

 

Polo seu carácter campechano axiña faise coñecido nas colectividades de emigrantes e pola súa traxectoria intelectual e política é ben recibido nos ambientes galeguistas. En troques, a Iglesia, recíbeo con certo escepticismo e, andando o tempo, as relacions co propio párroco da Balvanera volveríanse tensas.

 

Críticas acedas e conceptos pexorativos encol do franquismo vértense en misivas chegadas dende España.

 

D. Faustino fiel a liña postconciliar do papa Xoan XXIII, emprega a lingua vernácula na liturxica. Son moitos os bautizos, casamentos, homilías que resonan  na ligua galega nas naves da Balvanera.

 

Na noite do 18 de decembro de 1971 xúntanse un grupo de rianxeiros, no local do Centro de Betanzos para celebra-la despedida do ano. A cita acode D. Faustino e outras personalidades relevantes da emigración.

 

No amencer do día 19 aparece nun patio da casa rectoral de Balvanera, onde residía  o noso sacerdote – poeta, incosciente, caído no enlousado, presumiblemente, desde unha altura de sete metros, e con diversas fracturas que foron consideradas polos médicos como moi graves,sobre todo as de trauma craneal. Foi internado no Hospital policlínico Ramón Mejías, inmediato a lugar do percance. Cando se estudiaba a posiblidade de trasladalo ao Hospital do Centro Galego, falecía D. Faustino ás 16 horas do luns 20 de decembro de 1971. Tiña 50 anos. Este ano cómprese os 90 do seu nacemento e os 40 de seu paramento.

 

Foi enterrado no mausoleo do Centro Galego no cemiterio da Cacharita, cerca da tumba  do seu paisano Castelao.

Desde 1987 descansa no cemiterio de Isorna.

 

O informe policial fala de un accidente. A familia segue convencida, ao día de hoxe, que foi un asesinato político.

Naquela, Arxentina vivía unha situación mui convulsa, e D. Faustino non sabía ser prudente.

Dícen que hai unha terceira hipótesis, pero que non está demostrada. As dos celos e os dos axustes de contas.

 

Cada qué que pense o que máis se axuste a súa morte. Eu inclínome, pola segunda: o asesinato político.

 

Él en 1955, escribiu: (Transcribo os catro primeiros versos)

 

Un Soneto a mi Desintegración

 

Como un navío, Dios, como un navío,

que arrojase a la playa  la galerna;

como un navío que se descuaderna

ha de ser, al final, el cuerpo mío.

 

D. Faustino non solamente era sacedorte. Aquel que lle daba alfalfa espiritual aos seus feligreses, como decía él con moita gracia.  Tamén era poeta e escritor.

 

Falaremos ahora da sua obra poética.

 

Na época que vai do 1949-1959, despertase a súa afición de poeta bilingüe, versificando en galego e castelán asuntos da vida cotidiá, sobre todo os que fan referencia os seres da creación. Cantor da naturaza e das súas criaturas máis humildes, sapos, burros, grilos, melros, roseiras…

 

 Máis tarde xurde o Rey Romero matinando lucubracions teológico-filosóficas, que gravitan sobre o seu espíritu inquedo de poeta-filósofo-existencialista-católico.

 

 

Libros publicados.

 

En 1949, Florilegio Poético

 

 Ente outros destaco, porque  me gustan, estes pequenos poemas:

 

El Rosal de San Francisco

Francisco de Asís tenía

Un rosal. ¡Mirad que cosas:

Él las espinas cogía,

y regalaba las rosas!

 

Este que é o tempo delas:

 

La Flor de la Acacia

En el yermo corazón

del invierno floreciste,

Dorada cual la ilusión

que nace en un alma triste.

 

 

En 1951, Doas de Vidro        Tip. Regional. Tuy

Este é o primeiro libro en  galego.

 

Cantiga do Amor Triste

 ¡Ai dor! ¡Ai dor!

 ¡Ai, amor, que me pos triste,

 Déixame, amor!

 

 ¡Ai dor! ¡Ai dor!

 ¡Ai que, sen ti. Estou máis triste,

Vólvete, amor!

 

Ou este a un humilde sapo.

 

O Sapo

Ollaino polos camiños,

á anoitecida, cantando.

¿Que sapa será a raíña

do meu sapiño romántico?

 

Escribe

Catro sonetos ó destino dunha rosa-  1952

 

Publicase por primeira vez por Lar en Buenos Aires

E reeditase en Tui, Tip.Rexional

 

Pero a gran obra poética de Rey Romero,  é sin dúvida, para min

 

Escolanía de Merlos-   Gráficas Bolfer, Porriño. 1959

 

Pensemos, imaginemos:

Un día, na súa casa parroquial de Amorín, ollando pola ventana, preocupado por todo-lo que lle está a acontecer,

escoita cantar un merlo na cerdeira. Unha criatura de Deus. Cámbialle o ánimo. O canto do merlo é alegre e non lle reprocha nada. Escribe este poema, donde expresa esa ternura franciscana que leva dentro. D. Faustino usa formas cultas pero expresa o popular. Acúsano de ser un poeta mediocre. Que intenten os poetas mediocres escribir un poema como este. Un poema que cumpra as condicions que ten este. Ser un soneto,. Expresar unha escena cotidiá. Ser inteligible mesmo para un analfabeto. Describir un estado persoal. Describir o conflito existencial da humanidade. Ter humor, ironía,retranca. Ter un profundo sentimento religioso. Conxugar o culto e o popular. O universitario e o tabernario.

 

O Merlo Larpeiro      

 

Máis que merlo cantor, eres larpeiro.

(Se che ofendo, disculpa o que che digo.)

Nomearche a cereixa, a uva ,o figo…

Auga debe facerche no peteiro.

 

Esta sona que tes de lambisqueiro

xa non é nova, que che ven de antigo,

porque dunha figueira es máis amigo

que da póla lustrosa dun loureiro

 

É o teu gozo meirande andar de esmorga,

pois sabes que ó que ten baldeira a andorga

elle imposible ter o ánimo ergueito

 

Anque o teu proceder eu non comparto,

cando vexo que tes o buche farto,

que che faga, desexo, bon proveito.

 

 

En Rey Romero a partir de 1960, imponse a poesía sacra, teológica:

Poemas das materias Sagras- El angel descielado. e outras.

 

A partir de 1965 dedícase a filosofía e a teoloxía: Deus non é Creador. Nin Xuiz. É Fundamento Ontolóxico.

La  Teoría General de la Existencia, etc.

 

Tamén e de reseñar  a súa actividade ensaística en temas da cultura galega.

 

En 1951 en Faro de Vigo publica Evocaciones. Una fiesta brillante de la letras gallegas. Los Juegos Florales de Tuy en 1881.

 

Tamén un artículo dedicado ao guardés FelicianoRolán, o poeta do mar.

 

 

Ten ademais muitos poemas soltos que non están publicados ainda  en libros.

 

Este  é mui siñificativo, polo que expresa seu estado de ánimo nese intre. E que hoxe en día está presente en muita xente

 

 

                         TEDIO

¿A la derecha, a la izquierda o por el medio?

Indiferente soy a toda senda,

pues por cualquiera que el camino emprenda,

terminarán mis pasos en el tedio.

 

Este outro está dedicado aos que escriben nas paredes e en outros lugares inapropiados.

 E de unha maneria sutil e pedagógica dilles:

 

Eu aquí tamén estiven,

fique o nome antre os secretos

por non ser como os paletos

que nas paredes ecriben.

 

As mozas de Vaqueriza, estaban tristes, melancólicas, non pasaba nada, sempre o mesmo, naquela aldea  perto de Isorna.

D. Faustino dedícalles este poema.

 

As mozas de Vacariza

Pregáronlle a San Antonio

Que as sacase de alí

Que estaban no Purgatorio.

San Antonio respondeulles:

-Meniñas, tende paciencia

Que aldea da Vacariza

Deuna Deus de penitencia.

 

Ecríbelle ao seu colega de profesión, no sacerdocio, D. Julián Rico, este poema:

DON JULIAN RICO CAZADOR.

 

La tierra que el Duero baña

No conoce otra escopeta:

Cuando el gatillo le aprieta

nunca en el blanco se engaña.

De cómo se las apaña

es cosa que no me explico,

la perdiz se calla el pico,

la liebre estira la pata.

Que cuanto apunta, lo mata

la carabina de Rico.

 

E para rematar os Poemas de Circunstancias,  este outro dedicado a un

clásico cacique que no seu tempo pululaba, digamos tamen, por muitas cidades e vilas galegas. Estes creíanse os donos da vida e da morte das persoas. A este personaxe dedícalle este poema, titúlase:

 

                                          SEMBLANZA

 

De gánster es tu perfil,

Tipo ducho en artimañas.

¡ Qué bien manejas y amañas

Las leyes por un pernil ¡

 

Eres lo más bajo y vil

Que entre los hombres pulula.

Tu pluma en un sesgo anula

Las leyes más evidentes.

¿Viudo y sin descendientes?

En todo muestras ser mula.

 

¿Ni de noche ni de día

Ninguna sombra te aterra

Espantosa sangre fría?

 

¿No hay alguna de quién huya?

¿Ni de aquellos que en la guerra

Murieron por culpa tuya?

 

¿No oyes en sueños sus voces

Clamando al Juez Eternal?

¿Aquellos no reconoces

Que te llaman criminal?

 

 

Despois desta exposión da figura de Rey Romero, creo que D. Faustino é, como diríamos hoxe, igual que Andrés Iniesta que a todo o mundo lle cae ben, apesares de ser un, ou non,  do seu equipo.

 

E como nos cae ben a todos, quero deciros por si algún non o sabe, que o Colectivo Levada Libre, pediu oficialmente a Academia Galega, que dedique un  Día das Letras Galegas, á figura de D. Faustino Rey Romero.

Así mesmo propuxemos ao  Axuntamiento, que está pola labor, nos consta, para poñerlle unha placa, na súa honra, a este ilustre sacerdote-poeta, rianxeiro, tudense de adopción e galego universal.

 

Muitas gracias.

         

Javier Rodríguez Vázquez

Tui, 27-3-2011-Parador de Turimo.