www.galiciasuroeste.info

CURIOSIDADES HISTÓRICAS

Rogelio Vicente Moreno

Por José A. Uris Guisantes

O Capitán Xeneral da VIIIª Rexión Militar poñendo na solapa de don Rogelio Vicente Moreno a insignia concedida pola Capitanía na Coruña en 1953.

Fotografía cedida pola familia

 

 

                O dez de decembro de 1953 o Capitán Xeneral da VIIIª Rexión Militar MOHAMED BEN MIZZIAN del KASEM  condecorou ca medalla da MEDAUIA ó veciño de A GUARDA don Rogelio  Vicente Moreno.

 

                Foi concedida polo Jalifa da Zona do Protectorado Español de Marrocos, co gallo da axuda prestada no transporte marítimo dun grupo de soldados mulsumáns que combatían na guerra civil a favor do bando nacional do xeneralísimo Franco. Estes soldados mulsumáns tiñan permiso militar para dirixirse á Meca en peregrinación.

 

                Rogelio Vicente Moreno (panadeiro de profesión) recibiu a medalla na Capitanía de A Coruña, onde se desprazou acompañado de varios familiares dende A Guarda. No momento do acto oficial o Capitán Xeneral de orixe marroquí obsequiou aos guardeses con un “vino español”.

 

                Rogelio Vicente Moreno-falecido fai uns anos- era pai de Rogelio Vicente Lomba “Rogelito o da pastelería “Rogelio” na Praza Nova ou rúa Joaquín Alonso.

O Capitán Xeneral da VIIIª Rexión Militar,  Tte. xeneral Mohamed Ben Mizián del Kasem entrega unha medalla a don Rogelio Vicente Moreno na Coruña en 1953.

(Fotografía cedida pola familia)

                 MOHAMEZ BEN MIZIÁN del KASEM nado en Marrocos, en 1897, foi o único Tte. Xeneral “moro” na historia de España.

                Tivo dúas patrias [España e Marrocos], e dous Reis [Alfonso XIII e Mohamed V]. En 1911 o rei Alfonso XIII visita Melilla e cando pasa pola Escola Indíxena [acompañado de Mizían Ben Kasem, pai de Mohamed e caid ou xefe da Cabila de Mazuza de Guelaya ] coñece o alumno Mohamed Ben Mizian del Kasem a quen apadriña para logo ingresar na Academia Xeneral Militar de España como cadete de infantería en 1913.

 

                Nesta visita do rei á Escola Indíxena estaba presente un dos profesores ABD El KRIM que logo sería o líder da rebelión marroquí contra España.

 

               O 17 de xullo de 1936 o Corpo do Exército de África ao mando do xeneral Francisco Franco Baamonde sublévase contra a IIª República. O comandante Mizian secunda o golpe militar apoderándose da base de hidroavións do Atalayón.  

               En 1925 casa con Fadela Amor ca que tivo seis fillas e un fillo [finado o queimarse con un braseiro]. Grande amigo de Franco [“hermanos de sangre”, polas feridas en distintas campañas de guerra en Marrocos], foi sempre o seu protexido.

              Nos anos 50 foi nomeado Capitán Xeneral da VIIIª Rexión Militar [Galicia] , xusto na terra na que a Santiago Apóstolo lle chamaban “Santiago Matamoros” cómo se pode ver a cabeza dun moro debaixo das patas do cabalo.

             Na revolta marroquí contra España acaudillada por ABD El KRIM [1921-1926] loita contra eles sen abxurar da súa fe mulsumana. Estamos falando do desastre de Annual.

 

             Foi Capitán Xeneral de Canarias [1955-56], logo solicita a Franco a baixa no exército español para pasar como Mariscal a organiza-lo exército de Marrocos, chamado polo rei Mohamed V [pai de Hasan II e avó de Mohamed VI].

            Como mariscal do exército marroquí acude a Rusia para ser recibido con honores de xefe de estado por KRUSCHEV no Kremlin quen lle dixo: “es usted el primero y último general de Franco que recibo”....

 

             Estivo de embaixador marroquí en Madrid no ano 1966, finando o 1º de maio de 1975 -aos 78 anos- nun hospital militar español, seu protector e “amigo de sangre”, Franco finaría uns meses máis tarde [20 de novembro de 1975]. Franco amparou, protexeu e desculpou sempre ao seu amigo bereber Mohamed “por los servicios impagables hechos a España”.....

 

             Por certo que pese a pedi-la baixa voluntaria no exército español, Mohamed Ben Mizian del Kasem sempre recibiu a paga de Tte. Xeneral por orden de Franco “su hermano y viejo amigo marroquí”.

            Naturalmente as páxinas reais deste Tte. xeneral marroquí-español-marroquí e moro, deixa moito que desexar.

 

             A escritora María Rosa de Madariaga no libro “Los moros que trajo Franco”, o escritor G. Cardona no libro “Franco y sus generales”, máis a testemuña persoal do historiador norteamericano John Whitaker [que acompañaba na guerra ao Tte. xeneral Mizian] dan datos duros e crueis nada edificantes para a figura de MIZIAN.

 

             [.....] Las tropas nacionales habían prometido mujeres blancas a los moros cuando entrasen en Madrid.....

            WHITAKER [....] Me encontraba con este militar moro (Mizian) cerca de Navalcarnero, cuando dos muchachas, que parecían no haber cumplido los veinte años, fueron conducidas ante él. A una se le encontró un carné sindical en la chaqueta de cuero; la otra afirmó no tener convicciones políticas. El MIZIAN las llevó a lo que había sido la escuela del pueblo, donde descansaban unos cuarenta moros. Se escuchó un ululante grito de la tropa. Asistí horrorizado, El Mizian sonrió afectadamente cuando le protesté. Diciéndome...”OH, NO VIVIRÁN MAS DE CUATRO HORAS......”

                ¿Estes corenta moros e o Tte. Xeneral MOHAMED BEN MIZIAN DEL KASEM irían ó PARAÍSO DE ALÁ?.