www.galiciasuroeste.info

O Rosal SETEMBRO-DECEMBRO

 

Luns, 27 de decembro de 2010 

O Club Ciclista do Rosal acada o 1º e 3º posto no Campionato de Galicia de Ciclocros

Nunha mañá terrorífica para os corredores cun circuíto totalmente xeado e con catro graos baixo cero, os ciclistas do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores voltaban a escribir outra páxina para a historia do deporte rosaleiro ao proclamarse Toni Portela Campión de Galicia e Raúl Fernández terceiro.

Foi no concello de Negreira (A Coruña) onde o Clube Ciclista da localidade, en colaboración coa Federación Galega, organizaron este Campionato de Galicia nun circuíto que malia ao xeo, non foi obstáculo para que os ciclistas rosaleiros triunfasen. Comezaba a carreira co dominio de Raúl durante as primeiras voltas perseguido por Angel Diz do C.C.Spol quedando Toni, Cristóbal e Andrés en postos máis atrasados, cando co pasar das voltas era Angel Diz o que adiantaba a Raúl e foi tamén cando Toni reaccionaba lanzando un ataque no que superaba a Raúl (un pouco desfalecido por mor do esforzo inicial) e daba alcance a Angel Diz co que comenzou unha bonita loita turnándose na primeira posición e non sería ata os derradeiros cincocentos metros cando Toni impuña o seu poderío e cruzaba a liña de meta na 1ª posición que o acreditaba como o novo Campión de Galicia de Ciclocross da categoría Cadete; Angel Diz entraba uns metros descolgado no 2º posto. Pola súa banda Raúl sin ninguén que lle ameazase o seu posto no pódio chegaba un pouco máis retrasado nun fantástico 3º posto que reflicte a súa progresión nesta categoría Cadete nova para él. Outro ciclista que realizou unha carreira moi boa foi Cristóbal Coimbra entrando nun destacado 6º posto. A parte negativa da xornada recaia en Andrés Fernández que sofriu unha caida por mor dunha placa de xeo lesionándose nunha man obrigándoo a abandoar.

Na categoría Júnior destacada actuación de Manuel González que en moitos momentos da carreira chegou a marchar na terceira posición rematando de 7º. Alex Lomba un chisco máis discreto terminaba nunha meritória 11ª posición.

(Ver álbum de fotos)

 

Sábado, 18 de decembro de 2010 

A Deputación de Pontevedra concede unha subvención á Agrupación Musical do Rosal para vestiario

Onte, venres, tivo lugar na Casa do Concello a entrega dunha subvención da Deputación de Pontevedra á Agrupación Musical do Rosal.

O alcalde da vila, que é tamén deputado provincial, Jesús Mª Fernández Portela,  foi o encargado da entrega do cheque por valor de 4.000 euros para renovación de vestiario á Agrupación Musical do Rosal, representada polo seu presidente, Jesús González Álvarez.

 

Xoves, 16 de decembro de 2010 

A coral da Agrupación Musical do Rosal acada  o pase á final do Concurso de vilancicos da Nova Caixa Galicia

A coral da Agrupación Musical do Rosal vén de clasificarse para a final da 45 edición de vilancicos da Nova Caixa Galicia.

Esta coral, que conta con apenas 6 anos de andadura, está formada por 45 compoñentes e participará na final que se celebrará o sábado, 18 de decembro, en Vigo no Centro Cultural Caixanova, e o domingo 19 na Coruña, no Teatro Rosalía de Castro, xunto con outras 10 corais finalistas.

Interpretarán tres panxoliñas: “Velo que bonito”, “Con un sombreiro de palla” e “El tamborilero”, as mesmas pezas que interpretaron o pasado 8 de decembro na súa actuación en Vigo.

Sen dúbida é un gran broche para pechar este ano 2010, e animalos a seguir nesta liña, que de seguro dará mais froitos.

 

Sábado, 11 de decembro de 2010 

A Deputación aproba a contratación, por 807.000 euros, da construcción dunha rotonda, ensanche e mellora da estrada Tabagón-O Rosal-Portocelo, no concello do Rosal

A Deputación de Pontevedra aprobou onte, na súa xunta de goberno, a contratación, por 807.415 euros, da obra de construcción dunha rotonda, ensanche e mellora da seguridade vial da estrada Tabagón-Rosal-Portocelo, no Concello de O Rosal.

            O traballo tén un prazo de execución de oito meses e as empresas interesadas na súa execución dispoñen dun prazo de 26 días, a contar dende a publicación no BOP do anuncio, para presentar as súas ofertas.

A obra será realizada en virtude dun convenio entre o Concello de O Rosal e a Deputación de Pontevedra que aportarán o 25% e o 75% da súa financiación, respectivamente.

O traballo é de gran interese para uns axeitados accesos ó Rosal.

 

Venres, 10 de decembro de 2010 

Aún quedan plazas para participar en el Obradoiro de Emancipación Xuvenil de O Rosal

            Los Servizos de Información Xuvenil e Animación Sociocultural de O Rosal informan que quedan las últimas plazas para participar en el Obradoiro de Emancipación Xuvenil que se impartirá el próximo martes, día 14, de 18 a 21 horas, en el Centro Social Polivalente, tratándose temas como el empleo y la vivienda.

Perspectivas actuales en materia de empleo, currículo vitae ( deseño y presentación) empleo autónomo (constitución, ayudas y subvenciones) y Sociedades Mercantiles, son algunos de los contenidos que se ofrecerán en el área de empleo, mientras que en vivienda se informará sobre la compra y el alquiler de vivienda; la renta básica de emancipación o la información administrativa.

            Las personas interesadas deben inscribirse previamente en los Servizos de Información Xuvenil e Animación Sociocultural o en la Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de O Rosal. También pueden llamar al 986 60 94 50.

 

Sábado, 4 de decembro de 2010 

Partido amistoso entre  o Ribera e o Real Club Celta

Informa. Juan M. Martínez Barbosa.- O mércores 8 de decembro ás 11 horas terá lugar no Estadio Municipal da Mata un partido de fútbol amigable entre o Ribera (xuvenil) e o Real Club Celta de Vigo (cadetes División de Honor).

Os pupilos de Juanma Berrecoso van primeiros no grupo 9º da Segunda Autonómica, mentres que o Celta tamén é líder na súa categoría por diante do Deportivo da Coruña, con once partidos disputados, nove deles gañados, un empate e unha derrota, con 31 goles a favor e tan só 6 en contra.

Dende o club rosaleiro animan a asistir a este interesante encontro e anuncian ademais que a entrada será gratuíta, celebrándose ao descanso varios sorteos (unha cea, camiseta do R.C. Celta e lotes de viño).

 

Venres, 3 de decembro de 2010 

Amplio programa de la Agrupación Musical de O Rosal para el mes de diciembre

            La Agrupación Musical de O Rosal honra, este fin de semana, a Santa Cecilia patrona de los músicos con unos actos que se iniciarán el domingo, a las cinco de la tarde, en la iglesia de Santa Mariña, donde se celebrará una Misa que tendrá como acompañamiento, las voces de la Coral de la Agrupación Musical do Rosal. A las siete y media de la tarde será la banda Agrupación Musical de O Rosal, bajo la dirección de Diego J. Lorente López,  la que ofrecerá el tradicional concierto de Santa Cecilia.

En estos actos colaboran con la banda de música el ayuntamiento de O Rosal, la Consellaría de Cultura e Turismo, la Fundación O Rosal y la Diputación de Pontevedra.

A las diez de la noche, los músicos se reunirán en una cena de confraternidad en el Restaurante Juan de O Rosal.

Las actividades previstas por la banda de música rosaleira para el mes de diciembre continuarán el sábado, día 11, con la Audición de Navidad, a las 20 horas, en el Auditorio Municipal, que volverá a acoger una neva audición el sábado siguiente, día 18, a la misma hora.

Y el domingo, día 19, llega el tradicional concierto de Navidad. Será a las 18 horas en el Auditorio Municipal.

 

Mércores, 1 de decembro de 2010 

Concerto no Auditorio Municipal do Rosal o domingo, 5 de decembro

            A Agrupación Musical do rosal celebrará o domingo, 5 de decembro, o concerto co gallo da festividade de Santa Cecilia, patrona dos músicos.

            Ás cinco da tarde os membros da mencionada banda de música asistirán á Misa en honor de Santa Cecilia, que contará coas voces da Coral da Agrupación Musical do Rosal.

            Ás sete e media da tarde terá lugar, no Auditorio Municipal, o concerto que ofrecerá a banda de música Agrupación Musical do Rosal, baixo a dirección de Diego J. Lorente López.

Nestes actos colaboran coa banda de música o concello do Rosal, a Consellaría de Cultura e Turismo, a Fundación O Rosal e a Deputación de Pontevedra.

 

Martes, 30 de novembro de 2010 

O Auditorio Municipal do Rosal, acollerá a representación de “El-Rei Artur e a Abominable Dama”

O vindeiro xoves, día 2 de decembro, o Auditorio Municipal do Rosal, acollerá a representación da obra “El-Rei Artur e a Abominable Dama”, a cargo da compañía Títeres Cachiruolo.

Esta representación que comezará ás 12 horas chega a través do programa “Vive os Contos”, do Programa de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

 

Luns, 29 de novembro de 2010  

O BNG do Rosal presentou o primeiro tramo da candidatura para as eleccións municipais

O Bloque Nacionalista Galego presentou, o pasado venres, o primeiro tramo da candidatura coa que concorrerá ás próximas eleccións municipais. No acto foron presentadas as persoas que integrarán os seis primeiros postos da candidatura.

Críticas ao alcalde e goberno municipal

O candidato a Alcaldía, Alberte Alonso Pereira, na súa intervención fixo unha crítica ao alcalde e goberno municipal do PP, aos que atribuíu a desfeita urbanística do concello. “O Plan Xeral que se aprobou inicialmente este ano, pon os recursos do Rosal en mans dos especuladores e dos amigos do diñeiro rápido” asegurou, engadindo “que definen como estratexia do PXOM, que O Rosal  ten vocación residencial, esquecendo ao sector agrícola, ao que sempre estivo vinculado o noso concello”.

Asemade, lembrou que o alcalde actúa de xeito submiso aos ditados dos seus superiores no partido e na Xunta. Alberte Alonso, puxo como exemplo que, fronte a petición dos nacionalistas de rexeitar o canon da auga, o alcalde apoiou a implantación do mesmo, negándose a rexeitar a nova Lei de Augas que finalmente aprobou o PP en solitario no Parlamento. “En vez de defender aos veciños e veciñas do Rosal, defende os intereses do seu partido”, afirmou.

Primeiro tramo da candidatura do BNG

A candidatura do BNG no Rosal estará encabezada por Alberte Alonso Pereira, como candidato á Alcaldía. Con el estarán Carlos Villanueva Domínguez, licenciado en Bioloxía e profesor no Instituto de Tomiño; Noemí Baz; Responsábel da Muller no Consello Local e comercial de profesión; Serafín Fernández Portela, responsábel da CIG no Baixo Miño; Noemí Lomba, traballadora do Centro San Xerome Emiliani, e Eladio Fernández Portela, actual concelleiro do BNG.

O acto tivo lugar nun restaurante do Rosal, no transcurso dunha cea de afiliados e simpatizantes, á que asistiu a deputada no Parlamento Galego, Carme Adán.

 

Xoves, 25 de novembro de 2010  

I Gran Cea-Baile Megafesta do Futbolín no Rosal, mañá, venres

            Organizado pola asociación “Os Cabaqueiros do Futbolín”, do Rosal, mañá, venres, a partires das 21.30 horas, vaise celebrar no Restaurante Juan do Rosal, a I Gran Cea-Baile Megafesta do Futbolín que estará animada polo Grupo 3+1, da Agrupación Musical do Rosal.

            No menú, con bo viño, haberá aperitivos, marisco, carne, postres, cafés e chupitos (con puntos suspensivos).

No programa dícese que haberá Futbolíns abertos, terá lugar a entrega de premios e sorteos, ademais da presentación da nova páxina web do colectivo e sorpresas.

O prezo por comensal, 25 euros, realizándose a inscrición e o pago no propio restaurante ou no Pub J&J. Máis información pode conseguirse no teléfono 637 311 007, ou na páxina web www.noticiasorosal.es

Neste evento colaboran o concello do Rosal, a Agrupación Musical do Rosal e Noticias O Rosal.

 

Obradoiro de Emancipación Xuvenil no concello do Rosal (Emprego e Vivenda)

Convocado pola Dirección Xeral de Xuventude  e co obxectivo de dar a coñecer á mocidade rosaleira, as ferramentas necesarias e os recursos dos que dispón a Administración, para facilitar a emancipación da mocidade galega, convócase un Obradoiro de Emancipación Xuvenil que se impartirá no concello do Rosal, estando dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos, animadores xuvenís, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local, concelleiros de xuventude, asociacións xuvenís e, en xeral, todos aqueles colectivos interesados na xuventude, na vivenda e no emprego.

Este obradoiro impatirase o día 10 de decembro de 18.00 a 21:00 horas no Centro Social Polivalente, e os seus contidos versarán sobre:

Emprego:

Perspectivas actuais en materia de emprego

currículo vitae (deseño e presentación e a carta de presentación)

Emprego autónomo (constitución, axudas e subvencións)

Sociedades Mercantís (axudas, subvencións e financiación allea)

Emprego no exterior

Vivenda:

Compra de vivenda

Aluger de vivenda (bolsa de aluguer)

Renda básica de emancipación

¿Onde atopar a información?

Información administrativa

Oficinas de Información Xuvenil

Concellos

As persoas interesadas en participar neste obradoiro téñense que anotar previamente nos Servizos de Información Xuvenil e Animación Sociocultural ou na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello do Rosal. Tamén poden chamar ao teléfono número  986  609 450.

 

Martes, 23 de novembro de 2010  

O BNG do Rosal informará o próximo xoves da nova Lei de Augas

O BNG celebrará o vindeiro xoves día 25, ás 20.30 horas, unha charla informativa no Centro Polivalente do Rosal, na que fará balanzo do traballo realizado na presente lexislatura no concello. Así mesmo, informará dos contidos da nova Lei de Augas que aprobou recentemente o Parlamento cos únicos votos a favor do PP.

Con este acto, o BNG do Rosal remata unha campaña que iniciou o pasado mes de setembro, na que visitaron todos os barrios e parroquias do concello e informaron a veciñanza do traballo realizado. Segundo Alberte Alonso Pereira, responsábel local e candidato a Alcaldía, “o resultado da campaña foi moi positivo, pois transmitímoslle directamente á xente o noso punto de vista sobre multitude de cuestións”. Do mesmo xeito indica que a campaña tamén serviu para recoller as reivindicacións dos veciños e veciñas, que puxeron de manifesto “carencias que o actual grupo de goberno non é quen de resolver”.

Neste mesmo acto da formación nacionalista, informarán dos contidos da nova Lei de Augas que recentemente foi aprobada unicamente polo PP no Parlamento galego. Alberte Alonso indica que para o BNG esta nova lei é totalmente abusiva e só persigue incrementar a recadación. Lamenta o candidato nacionalista que o alcalde do Rosal votara en contra dunha moción dos nacionalistas, na que solicitaban a retirada desta lei. “Non se defenden os intereses dos veciños apoiando unha lei que grava con impostos inxustos ás traídas de augas veciñais e mesmo a municipal”. Lembra Alberte Alonso, que foron os propios veciños os que, con moito esforzo económico, tiveron que financiar as obras para poder ter auga nas súas casas sen a axuda do concello. “A actitude do alcalde e do PP local é unha mostra da súa submisión aos intereses do partido e do goberno da Xunta, fronte aos dos veciños e veciñas do Rosal”.

 

Sábado, 20 de novembro de 2010  

Ecos do Folón terá vestiario de seu grazas á subvención da Deputación

A Deputación de Pontevedra concedeulle unha axuda de 754 euros á Asociación de Veciños Río Folón do Rosal para a adquisición de vestiario para o Coro Ecos do Folón. Esta axuda convócase tódolos anos en concepto de apoio á cultura e está dirixida a entidades para que promovan actividades culturais, adquisiición de instrumentos e vestiario, a construción ou rehabilitación de centros culturais e restauración de monumentos,

O Coro Ecos do Folón fundouse o  7 de xaneiro de 2008 con 15 voces chegando ata as 31 actuais. Coa adquisicion do vestiario o coro pretende dar unha mellor imaxe e profesionalidade do mesmo, sendo unha mostra a súa inclusión no Plan Cultural 2010 da Deputación Provincial de Pontevedra.

 

Venres, 19 de novembro de 2010  

O Coro Ecos do Folón do Rosal e a Polifónica de Tomiño participarán no III Festival de Corais de Pontevedra

O Coro Ecos do Folón de Fornelos do Rosal, a Coral Polifónica de Tomiño e a a Agrupación Coral Santa María de Salceda están entre ás 11 agrupacións seleccionadas para participar no III Festival de Corais de Pontevedra que organiza a Deputación de Pontevedra.

O Pazo Provincial acolleu o sorteo para a selección das 11 entidades musicais que participarán entre as 25 que se presentaron.

O Festival celebrarase o domingo, 12 de decembro, ás 17.00 horas no Teatro Principal de Pontevedra. As corais interpretarán tres pezas libres cada unha, sendo obrigatorio por bases que unha delas sexa de autoría galega.

 

Xoves, 18 de novembro de 2010 

Vaia Troula” gravarase o sábado no Rosal e se emitirá ese mismo día na Galega a partires das 22.30 horas

            “Vaia troula”, é un novo programa da Televisión de Galicia que ten a particularidade que se grava o mesmo día no que se emite. O próximo sábado, día 20, “Vaia Troula” esta na Praza do Calvario no Rosal, a partires das 12.30 horas. Foi elixido este escenario pola sona que deu a esta parte do Baixo Miño a Agrupación Musical do Rosal e, participando na gravación, estarán os máis pequenos desta multipremiada banda d emúsica, haberá, tamén, demostracións artesanais e se recollerán imaxes que promocionarán, turisticamente, este municipio.

            A gravación do Rosal, como se indica máis arriba, poderá verse na Galega entre as 10.30 e as 12 da noite, presentada por Nieves Rodríguez.

 

A Deputación aproba  a construción dunha rotonda e a mellora da seguridade da E-P Tabagón-Rosal-Portocelo, cun orzamento 802.000 euros

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou, onte, o proxecto para a construción dunha rotonda e a execución do ensanche e mellora da seguridade viaria na E.P. 3302 Tabagón-Rosal-Portocelo, no municipio de O Rosal.

O importe desta actuación, froito dun convenio de colaboración entre a entidade provincial e o concello de O Rosal, ascende a 802.000 euros, que serán financiados pola Deputación a través dunha achega de 601.500 euros (o 75%) e polo propio Concello de O Rosal que asumirá os restantes 200.500 euros ( 25%).

A entidade provincial asume a licitación, dirección, execución e recepción da obra, mentres que a administración local porá a disposición os terreos necesarios para executar os traballos, acadar a correspondente licenza municipal e tramitar as autorizacións pertinentes ante outros organismos no caso de ser necesario.

 

Mércores, 17 de novembro de 2010 

Novo encontro do BNG cos cidadáns para explicar o seu traballo no concello do Rosal

O BNG continúa coa súa campaña informativa polas parroquias e barrios do Rosal, dando a coñecer á cidadanía o traballo desenvolvido polos nacionalista s no concello do Rosal nos últimos tres anos e medio.

A próxima cita do “Balance do traballo do BNG non concello” será o xoves, 18 de novembro, ás 20.30 horas, nas Escolas de Fornelos.

 

Luns, 15 de novembro de 2010 

Concertos e audicións musicais da Agrupación Musical do Rosal en decembro

            Organizada pola Agrupación Musical do Rosal, e co gallo da festividade de Santa Cecilia e das Festas de Nadal, o Rosal terá un amplo programa musical no mes de decembro que comezará o 5, ás 17 horas, cunha Misa na honra da Patrona dos músicos, na igrexa parroquial de Santa Mariña na que participará a coral da Agrupación Musical do Rosal.

            Ás 19.30 horas será a banda da Agrupación Musical do Rosal, dirixida por Diego J. Lorente López, quen interpretará o Concerto de Santa Cecilia, e as 22 horas terán unha cea-baile no Restaurante Juan. O menú, 26 euros persoa, consistirá  en aperitivos variados (empanada, mexillóns, tortilla, calamares, croquetas e buñuelos de bacallau); langostinos á prancha, tenreira asada con guarnición, tartas da casa e xeada, viños, auga, refrescos, café e chupito, amenizando o ambiente un grupo musical. As persoas interesadas teñen ata o día 2 para anotarse chamando aos teléfonos 986 61 61 11 ou 609 866 792.

            O sábado, día 11 de decembro, ás 20 horas terá lugar unha audición de Nadal a cargo dos alumnos adultos da Escola da banda.

            Unha semana despois, o día 18, unha nova audición musical polos alumos da mencionada escola da Agrupación Musical do Rosal.

            E o 19 de decembro, domingo, ás 18 horas, celebrarase o tradicional concerto de Nadal.

            Para os intersados en probar a sorte, a Agrupación Musical do Rosal dispón de participacións da Lotería de Nadal co número 30.527

 

Sábado, 13 de novembro de 2010 

Á unha da tarde inaugúrase, hoxe, o Campo da Mata logo das obras de remodelación realizadas neste espazo deportivo

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acudirán hoxe, ás 13 horas, á inauguración do campo de fútbol da Mata, no Concello do Rosal, log odas obras realizadas no mesmo. Neste acto tamén participarán o secretario xeral para Deporte, José Ramón Lete Lasa, o alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

 

Venres, 12 de novembro de 2010 

Obra de teatro no Rosal a cargo da asociación “Agarimo”

A Asociación de Amas de Casa y Consumo, Agarimo, presentará o sábado, 20 de novembro,  a obra teatral “A Pousadeira”, orixinal de Carlo Goldoni.

            A escenificación terá lugar ás 19.30 horas no Auditorio Municipal do Rosal.

Esta obra, do autor veneciano, que foi un acontecemento na historia do teatro do século XVIII, narra a historia de Mirandolina, herdeira dunha pousada, tras o falecemento de seu pai. Acompañada do seu fiel servidor Fabricio, Mirandolina é cortexada por dous hóspedes: o conde Albaflorida e o Marqués de Forlipópolis, aínda que a Pousadera pretende o amor do Cabaleiro Roca Tallada, do que se di que despreza ás mulleres.

 

O 17 de novembro presentarase no Auditorio Municipal a Rede Pontevedra Banda Larga Rural "Repoblar",

A rede sen fíos que a Deputación de Pontevedra está a despregar na provincia, a través do proxecto Wimax Rural Pontevedra, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER dentro do eixo 5 "Desenvolvemento local e urbano sostible", será presentada o día 17 de novembro no Auditorio Municipal do Rosal. Esta alternativa resulta de especial interese para os que viven no rural e queiran acceder á alta velocidade. Para máis información, premer AQUÍ

 

Xoves, 11 de novembro de 2010 

Prazas vacantes en distintos cursos impartidos polo Servizo de Información Xuvenil do concello do Rosal

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal informa que aínda quedan prazas vacantes nos seguintes cursos    

· Automaquillaxe: 10 horas

· Cociña: 16 horas

· Repostería: 16 horas

· Arte floral iniciación: 16 horas

· Inglés nivel iniciación e medio: 24 horas

· Patinaxe para adultos

Desde este servizo de información xuvenil indican que realizarán tantas edicións dos diferentes cursos como sexan necesarios.

            Outros cursos. Estes de carácter anual, que tamén copntan conn prazas vacantes son

  Pintura nenos e adultos

· Memoria

· Ximnasia mantemento e funcional

· Pilates

 As persoas interesadas en participar nalgún deste cursos poden inscribirse no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural, situado no Centro Social Polivalente. 986 609 450

 

A Rosaleira presenta grelos envasados en bolsas

A empresa baixomiñota A Rosaleira vén de lanzar ao mercado galego grelos frescos envasados

Marcos Cid, xerente da empresa A Rosaleira, explicaba na Radio Municipal de Tui que a empresa se dedica dende 1977 ao mundo do grelo en conserva, sendo os maiores produtores deste sector en Galicia. Agora buscando innovar presentaron un novo produto no mercado que se trata dun grelo limpo e fresco envasado que permite ter o produto listo para o seu consumo.

Deste xeito ofertan un produto preparado listo para cociña, e cun vida útil de 8 a 10 días. O lanzamento, previsto para o próximo luns día 15, fano polo momento a nivel galego, aínda que nunha segunda fase abordarán a comercialización a toda España.

Os grelos que comercializan proveñen de 80 proveedores de Ordes e Trazo na zona de Santiago, e amais van desenvolver un proxecto de autoprodución coa plantación de 8 hectáreas de grelo na zona de Silleda-Bandeira.

Un código QR no produto permitirá a través dunha web consultar toda a información sobre o produto. Tamén haberá no futuro receitas, algunha novidosa.

 

Martes, 9 de novembro de 2010 

O BNG convoca unha charla para o xoves nas escolas de Novás

O BNG estará o xoves, día 11 ás 20.30 horas, nas escolas de Novás, dentro da campaña de "Balanzo do traballo do BNG no concello" que esta formación política está a levar a cabo desde o pasado mes de setembro.

 

Sábado, 6 de novembro de 2010 

Charla do BNG en Sanxián

O BNG ofrecerá, o luns, unha charla informativa facendo un balance da xestión realizada por esta formación política no concello durante a presente lexislatura.

Este acto desenvolverase, a partir das 20.30 horas, nas Escolas de Sanxián.

 

Mércores, 3 de novembro de 2010 

Louzán entregou subvencións a dúas cooperativas do Rosal, por importe de 14.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, fixo entrega onte de dúas subvencións á Sociedade Cooperativa Porta do Pilar e ó Complexo Cooperativo Agrario Porta do Río Miño, ambas do Rosal. As achegas, neste caso, ascenderon a máis de 14.000 euros, que as cooperativas empregarán en subsanar deficiencias e mellorar as instalacións.

A Sociedade Cooperativa Porta do Pilar, con 39 socios procedentes do Rosal, Tomiño e A Guarda, empregará a axuda en reformar elementos de ferraxería (portalón de entrada, bisera para cubrirse debaixo os camións), reformar a instalación eléctrica (cambiar os focos por uns de baixo consumo), e mellorar os seus equipos informáticos.

Pola súa banda, o Complexo Cooperativo Agrario Porta do Río Miño, destinará a subvención á adquisición de material informático para a emisión de facturas e tickets, para facilitar as transaccións cos seus preto de 60 socios.

    

Escudo e bandeira do Concello do Rosal

O Diario Oficial de Galicia publicou onte un edito do Concello do Rosal polo que se dá conta da aprobación no pleno do pasado 2 de outubro das propostas elaboradas pola Comisión Heráldica sobre o escudo heráldico e a bandeira municipal.

No escudo unha ponte e un cruceiro representan a ponte sobre o río Tamuxe na súa desembocadura no río Miño, a cor sinople simboliza a natureza, os recursos agrícolas, gandeiros e forestais, e o acio e as follas aluden á riqueza vitivinícola do municipio. Mentres as rosas fan referencia á simboloxía popular do propio nome do Rosal, e son catro, unha por cada parroquia do termo municipal.

En canto á bandeira está divida en tres franxas verticais. Unha de cor verde que simboliza a natureza, os recursos agrícolas, gandeiros e forestais, e outra de cor branca e a terceira azul, que simbolizan o río Tamuxe na desembocadura no Miño. A rosa que figura sobre a franxa branca fai referencia simboloxía popular do Rosal.

Este acordo sométese agora a información pública durante un mes.

 

XIII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras o domingo, día 7, no circuíto da Praia de Eiras

O domingo, 7 de novembro, fiel coa tradición, o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organiza o XIII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras no coñecido circuíto da Praia de Eiras.

A carreira dará comenzo as 10.30 da mañán coas categorías de Cadetes e Féminas á que seguirá a proba de Junior, Master e Veteranos para finalizar coas categorías de Elite, Sub-21 e Senior.

 

Venres, 29 de outubro de 2010 

Curso de Monitor de Tempo Libre no Rosal

A Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello do Rosal comezará o 3 de novembro un Curso de Monitor de Tempo Libre dentro do Programa Actívate, dirixido a persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos.

As clases impartiranse os luns, mércores e venres (de 16.00 a 19.00 horas) no Centro Social Polivalente.

As prazas son limitadas e cúbrense por rigorosa orde de inscrición. Máis información no teléfono 986 60 94 50.

 

Martes, 26 de outubro de 2010 

Familias Conectadas unha experiencia que porá en marcha o concello do Rosal

A Concellería de Servizos Sociais e Muller do concello do Rosal está interesada en fomentar o contacto entre familias para o intercambio de experiencias e formación, polo que pon en marcha un obradoiro co título Familias Conectadas que consistirá en reunións periódicas de nais, avoas e pais que teñan ao seu cargo menores de 3 anos e queiran compartir o seu tempo con outras familias.

O obradoiro vai a ser impartido por unha técnica de educación infantil que falará sobre os coidados dos menores e temas como o sono, a alimentación, a estimulación dos pequenos e a saúde, entre outros contidos. Trátase dunha experiencia enriquecedora xa que os propios participantes marcarán o ritmo das sesións.

As persoas interesadas en participar poden dirixirse á Educadora Familiar do concello que está todos os días no Centro Social Polivalente. Tamén pode chamarse ao teléfono  986 60 94 50.

 

Charla informativa do BNG nas Escolas de Marzán

O BNG continúa coa Campaña de charlas informativas polas parroquias e lugares do Rosal, para dar conta do Balance de traballo realizado por esta formación política no concello rosaleiro durante esta lexislatura.

A próxima charla terá lugar o xoves, día 28, ás 20.30 horas nas Escolas de Marzán.

 

Venres, 22 de outubro de 2010 

O BNG reclama que se cubra a praza de matrona do Rosal e se intensifique o servizo de pediatría

O BNG reclama que se cubra a praza de matrona e se intensifique o servizo de pediatría no Rosal, a través dunha proposta presentada no concello e dunha iniciativa parlamentaria.

A praza de matrona, despois do pasamento da súa titular, está a espera de ser cuberta, non vendo o BNG ningunha razón na demora deste servizo que priva ás mulleres do Rosal dunha atención necesaria durante a xestación, no parto, e no período posparto.

Segundo indica Alberte Alonso Pereira, responsábel local do BNG e candidato á Alcaldía, “para o BNG é inaceptábel que dende a Consellaría de Sanidade se pretenda amortizar a praza de matrona do Centro de Saúde do Rosal”.

            Así mesmo, consideran que o servizo de pediatría é insuficiente, coa atención de tan só tres días a semana, e entenden que se debería estender a toda a  semana laboral.

            Na proposta dos nacionalistas, solicitan do concello que se inste á Xunta de Galicia a garantir a atención especializada da matrona e a estender a toda a semana a atención en pediatría.

Iniciativa parlamentaria

Pola súa banda, a deputada do BNG, Carme Adán rexistrou no Parlamento galego iniciativas sobre as mesmas carencias do Centro de Saúde do Rosal no servizo de pediatría e a atención das xestantes e posparto pola ausencia de matrona.

Adán considera que privar de profesionais que atendan ás mulleres durante a súa xestación, puerperio e mesmo a nenas e nenos que o precisan, é unha política que “choca frontalmente” coa propaganda do Partido Popular a respecto da familia.

A deputada do BNG demanda da Xunta de Galicia que se cubra a praza de matrona e que se garanta o servizo de Pediatría  durante todos os días da semana, indicando que cos tres días de atención actual, non se dá unha atención axeitada ás necesidades do concello.

 

Xoves, 21 de outubro de 2010 

Carme Adán pide que o Goberno galego garanta todos os días da semana o servizo de pediatria no Centro de Saúde do Rosal

A deputada do BNG, Carme Adán rexistrou no Parlamento galego distintas iniciativas sobre as carencias do Centro de Saúde do Rosal no servizo de pediatría e a atención das xestantes e posparto pola ausencia de matrona.

Adán considera que privar de profesionais que atendan as mulleres durante a súa xestación, puerperio e mesmo a nenas e nenos que o precisan, é unha política que “choca frontalmente” coa propaganda do Partido Popular a respecto da familia.

A deputada do BNG demanda da Xunta de Galicia que se cubra a praza de matrona, tralo pasamento da persoa titular e que se garanta o servizo de Pediatría durante todos os días da semana, pois na actualidade só funciona tres días o que dificulta unha atención axeitada ás necesidades do concello.

A deputada nacionalista afirma que  a atención especializada das matronas durante a xestación e posparto “é un dereito da saúde das mulleres”   recoñecido pola Organización Mundial da Saúde.

 

Mércores, 20 de outubro de 2010 

Concerto coral para celebrar o 6º Aniversario da Coral da Agrupación Musical do Rosal

Con motivo do 6º aniversario da Coral da Agrupación Musical do Rosal, o vindeiro sábado, día 23, ás 20.00 horas, terá lugar no auditorio municipal, unha Mostra Coral, coa participación do Orfeón Lucense, a Coral Eixil de Cedeira e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.

O concerto está patrocinado por FE.CO.GA (Federación Coral Galega) e pola Xunta de Galicia.

 

Martes, 19 de outubro de 2010 

Charla do BNG en Pías o vindeiro xoves

            A Escola de Pías acollerá o xoves, 21 de outubro ás 20.30 horas, unha charla do BNG na que esta formación política dará información do traballo desenvolvido polas nacionalistas no concello de Rosal.

 

Luns, 18 de outubro de 2010 

O BNG denuncia unha nova deficiencia no Auditorio Municipal

O BNG vén de presentar unha moción no concello do Rosal, na que solicita o arranxo do xerador eléctrico do Auditorio Municipal.

Segundo indica Alberte Alonso Pereira, responsábel local do BNG, a presentación desta moción está motivada por terse enterado de que o domingo día 3, tivérase que suspender a estrea dunha obra da Escola Comarcal de Teatro ao faltar o fluído eléctrico, e non funcionar o xerador do Auditorio.

Para Alberte Alonso “é inaceptable e vergonzoso, que despois de terse gastado un millón de euros na remodelación do Auditorio, se dean episodios como os ocurridos o pasado día 3 de outubro”.

Polas informacións que manexa o BNG, “o xerador nunca funcionou. Afortunadamente ata agora, nunca fixo falta que funcionase, aínda que xa viñeron os técnicos a tentar polo en marcha en varias ocasións. O caso é que o xerador segue sen funcionar”, indica.

Responsabilidade do alcalde

Os nacionalistas entenden que nas reformas do Auditorio, chove sobre mollado, pois, pouco despois da súa inauguración, xa caía a anacos. “Coidamos que cando se recepcionaron as obras polo concello, ten que haber alguén que se encargue de velar porque todo funcione e esté perfectamente rematado, aínda que o último responsábel é o alcalde” sinalan.

“Este suceso aínda é máis lamentable, despois do deplorable espectáculo que deron o alcalde e o presidente da Deputación no 24º aniversario da Banda do Rosal, no que converteron un acto conmemorativo da Agrupación Musical, nun mitin propagandístico do PP” indica Alberte Alonso, engadindo que, “só se adicaron a 'vender' a remodelación do Auditorio, e esquecéndose por completo do labor de formación musical, do labor social, ou das necesidades económicas que ten a Banda, que é unha das maiores asociacións do Rosal, que proporciona formación musical a máis de 200 persoas, nenos e adultos, e mostrando unha absoluta falta de respecto” conclúe o portavoz nacionalista.

 

Venres, 15 de outubro de 2010 

O Rosal pon en marcha un servizo de transporte gratuíto

O Concello do Rosal puxo en marcha o pasado luns, 11 de outubro, un servizo municipal de transporte gratuíto que permite aos veciños as distintas parroquias e barrios achegarse ata o casco urbano sen empregar o seu vehículo particular.

Este servizo funcionará os luns e xoves entre Eiras, Tabagón, San Miguel, Pías, Cunchada, Cumieira e O Calvario comezando ás 9 e regresando ás 12h.

Os martes e venres con saída ás 9 da mañá irá dende Fornelos, por Martín, Novás, Miranxe ata o Calvario, e regresará ás doce do mediodía.  Os mércores e sábados completará o traxecto entre Sanxián, A Fecha, Marzán, Sandián e O Calvario, facendo logo o tramo Couselo-Calvario. Os domingos non haberá servizo. Os horarios completos pódense consultar no Concello do Rosal ou na web deste concello www.concellodorosal.es

A Concelleira de Cultura do Rosal, Charo Tabales, explicaba na RMT que a posta en marcha deste servizo de transporte é posible grazas a adquisición hai uns meses dun microbús de 17 prazas cofinanciado pola Deputación, Caixanova, Citroen e o Concello. O seu obxectivo é prestar servizo á poboación dispersa con que contan.

O servizo púxose en marcha este luns, e agardan que pouco a pouco os veciños o utilicen cada vez máis nas tres rotas nas que se dividiu o concello.

Este servizo municipal de transporte gratuíto non realiza ningunha competencia desleal xa que ninguén cubría estas rotas, tramitándose a solicitude ante o departamento de transportes da Xunta.

No caso de que este transporte teña moito éxito poderíanse aumentar o número de rotas en función da demanda.

 

Martes, 12 de outubro de 2010 

Hoxe celébrase na Praza do Calvario, do Rosal, a XXIII Romancha dos Cabaqueiros

            O Rosal celebrará hoy, día 12, una nueva edición de la romancha do Cabaqueiro, que llega a su número 23, y que coincide con los actos programados con motivo de la Fiesta de la Pilarica.

            A las doce del mediodía se oficiará la Misa solemne en la parroquial de Santa Mariña, cantada por la coral “Ecos do Folón”, dirigida por Jorge Fernández, y a continuación habrá un concierto a cargo de la Agrupación Musical de O Rosal.

            A las 16.30 horas tendrá lugar la entrega de trofeos del II Campeonato de Fútbolín disputado el sábado y el domingo.

            A la cinco de la tarde comenzará la XXIII Festa de Lembranza “Os Cabaqueiros”, que este año tiene como pregonero a José Manuel Bouzón Pintos, investigador, conferenciante y profesor. Tras la lectura del Pregón, los cabaqueiros harán una demostración de cómo se elaboraban tejas y ladrillos, pero en la Praza do Calvario compartirán escenario talladores de madera y artesanos joyeros.

            Además,  se podrán visitar las exposiciones de piezas tradicionales de los cabaqueiros, y una muestra colectiva de pintura, serigrafía y escultura de Basilio Calzado, Gemma Marques, Carmen Gómez, Emilio Cabezas y Gerardo Rebagliate.

 

Andaina organizada pola Asociación Cultural Liga de Amigos do Rosal

O domingo, 7 e Novembro, a Asociación Cultural Liga de Amgos do Rosal, inicia as andainas que xa se desenvolveron o pasado ano e que, nesta ocasión, levará aos participantes ao Sistelo, en Arcos de Valdevez (Portugal).

Segundo o programa previsto, os participantes reuniranse, ás nove da mañá no local social, na Praza do Calvario, para saír, en coche, ás nove e media cara ao Sistelo, a onde está previsto chegar ás once menos cuarto.

Para a andaina, cunha duración de duás a tres horas (e xantar na ruta), a organización aconsella levar rouva axeitada para camiñar, merenda e cámara fotográfica.

No caso de chuvia a andaina quedará aprazada anunciándose a data oportunamente.

 

Sábado, 9 de outubro de 2010 

“Ir e Vir” e “Río do Folón” non poderán participar no Festival de Pandereteiras de hoxe e piden desculpas por esta ausencia

Os grupos de pandereteiras “Ir e Vir” e “Río do Folón” do Rosal, así coma a súa directora Berta Castro González, piden disculpas ao concello doRosal e ós seus veciños, xa que por motivos totalmente alleos á comisión organizadora da Festa do Cabaqueiro e á Concellaría de Cultura, non asistirán ó Festival de Pandereiras que se celebrará hoxe, sábado, na Praza do Calvario. Lamentan as molestias que isto poida ocasionar.

Os devanditos grupos agradecen, por outra banda, á Concellaría de Cultura a posibilidade que lles brinda para poder actuar na mesma Praza do Calvario o próximo martes, día 12, ás 19.30 horas, convidando a rosaleiros e público en xeral, a este encontro coa música das nosas raíces.

 

Xoves, 8 de outubro de 2010 

A Festa do Cabaqueiro, no Rosal, anticípase con música de diversos estilos

Dentro dos actos da Festas do Cabaqueiro 2010, que se celebrarán no concello do Rosal, haberá tres encontros musicais de diversos estilos, cuxo escenario será a Praza do Calvario.

O venres, día 8, ás 22.00 horas celebraras ea terceira edición do Rosal Rock 2010, organizado por mozos rosaleiros reunidos baixo a denominación de "Mocidade Cabaqueira". Neste festival rock participarán Tres Trebóns e os homes sen medo; The Inspectors, Santos Morcegos e The Winning Numbers.

           O sábado, día 9 e domingo 10, convocado pola Agrupación Musical do Rosal, chega o III Festival Folk, no que participarán, o primeiro dos días citados, ás 21.00 horas, os grupos de pandereteiras Lirolai, Orballo, Río Folón, e Ir e Vir, todos do Rosal, e o domingo, ás 20.00 horas, será  a quenda dos grupos Folk  Deixandar (O Rosal), O Son Das Ondas (Vigo) e Virabombar (Caminha).

 

Mércores, 6 de outubro de 2010 

José Benito Guerreiro, xunto cun equipo de colaboradores, promoven un novidoso proxecto de trazabilidade para as capturas do río Miño

José Benito Guerreiro, pescador do Río Miño desde o ano 1992, porá en marcha durante a próxima temporada de pesca, o primeiro sistema de trazabilidade para a pesca do Río Miño.

Este novo proxecto empresarial nace coa idea de potencia-los recursos pesqueiros do Río  Miño e consistirá nun sistema que ofrecerá  ós seus clientes  a garantía de que o que está comprando ou consumindo nun restaurante, procede realmente do Río Miño e , no caso de que o cliente  queira comprobar esa procedencia, poida faelo dunha forma sencilla.

Todos sabemos, di Benito Guerreiro, que, desde fai xa uns poucos anos, as lampreas do Miño  perden valor   cuando, ó pouco de empeza-la temporada de pesca, no mercado empezan a  entrar    miles de lampreas procedentes de Francia  e que son vendidas como se  fosen  do noso río; co conseguinte prexuizo tanto para o pescador, que perde diñeiro, como para o consumidor que está degustando un produto que non é do Miño, pero que se lle vende como se o fose.

Outro exemplo di este este pescador, é que cando se vai vender un sable do Miño, o  seu potencial cliente, o primeiro que pregunta é se ese sable procede  realmente  do Río Miño, e como o pescador non conta cun sistema que garanta a procedencia,  acaba rebaixando o prezo, mentres que o cliente quedará coa dúbida de se o sable que mercou procede do  Miño.

José Benito Guerreiro tiña craro que había que crear un sistema que permitise ofrecer ao cliente unha garantía de procedencia do producto que está consumindo.

O ideal sería, propón, crear unha rede que establecese unha relación entre pescadores, comercializadores, restaurantes e clientes. Un sistema que ofrecese unha garantía de procedencia e do que todos se poidesen  beneficiar.

Dándolle voltas, conta José Benito, durante unha noite  de pesca do pasado mes de xaneiro, tivo unha idea que lle pareceu que podería solucionar esta problemática. Empezou a desenvolver un sistema de traballo e despois de face-las primeiras probas con lampreas e  máis tarde con sables, o seguinte paso foi asistir a varias conferencias  que se celebraron en Vila Nova de Cerveira, Tui, Baiona, Vigo e Santiago de Compostela, onde se falou dos sistemas de trazabilidade para peixes e, nalgúns deses encontros se debateu sobre a situación actual do mercado pesqueiro a nivel mundial. José Benitoconta que puido contrastar o seu sistema con outros que xa están funcionando en diferentes lugares do planeta.

En todas estes foros fixeron especial fincapé nun punto que se considera crucial: o consumidor actual quere saber de onde procede o produto que está comprando e, non só iso, ten que poder comprobalo dunha forma o máis sinxela posible.

O normal é que cando imos a unha praza de peixe ou ao supermercado, na tarxeta do mostrador onde vén indicado o prezo,  lese tamén a procedencia do producto pero, na maioría dos casos, esta información non é de todo clara e, ademais, non podemos levar para casa esa tarxeta identificativa, nin tampouco poderemos comprobar por nós mesmos se o peixe procede realmente de onde nos din que vén.

É aí onde está a novidade do proxecto que propón José Benito Guerreiro: cada peixe do Río Miño: lampreas, sables, etc,  que se xestionen a través deste sistema; serán tratados de forma individualizada e se lle asignará a cada un deles un código numérico que acompañará ó peixe hasta que chegue ó consumidor final.

Via teléfono móvil ou Internet, o consumidor, se así o desexa, poderá comprobar cuando foi pescado e quen o capturou.

Este sistema de trazabilidade estará a altura  dos mellores sistemas a nivel mundial, pero aínda hai algo máis, que de momento non se está facendo en ningún lugar: a posibilidade de poder identifica-la procedencia dun peixe, incluso despois de cociñado, e eso é o que está facendo o equipo de colaboradores que traballando con José Benito.

As  probas feitas no pasado mes de marzo deron resultados positivos e agora estase traballando no desenvolvemento dunha máquina que permitirá automatizar este proceso.

As probas finais faranse coas primeiras lampreas da próxima tempada e, no caso de que se consigan os resultados esperados, sería a guinda final  a un sistema de trazabilidade que xa de por si, sen este complemento adicional, ofrecerá unha garantía do 100 por cento de que o cliente está comprando un producto procedente do Río Miño.

Este proxecto será presentado oficialmente a finais de octubro e todo o equipo de traballo e os colaboradores que están axudando a  José Benito, esperan ter todo listo para empezar a traballar tan pronto como empece a tempada da lamprea.

Aínda que a idea orixinal partiu de José Benito, o desenvolvemento do proxecto non sería posible sen a axuda e o traballo de varias empresas e colaboradores da comarca do Baixo Miño, entre eles Fernando Coello, que se está encargando do diseño da imaxe corporativa e da páxina web e a empresa Aplicaciones y Redes que está desenvolvendo o sistema informático da trazabilidade, incluída a parte na que o consumidor poderá  verificar, a través de Internet, que o que está consumindo é realmente do Río  Miño.

Este proxecto empresarial, asegura J. Benito Fuerreiro, xa conta cunha marca comercial que está rexistrada   para  toda  España e Portugal.

Está sendo unha tarefa  dura, di o promotor desta iniciativa, pero os compoñentes do equipo de traballo puxeron moita ilusión para que este proxecto, no caso de chegar a bo porto, beneficie a moita xente, encaixando, ademais, coa forma  de pensar dos membros do equipo; xa que son persoas ás que lle gusta buscar outras formas de facer as cousas.

Agora, remata José Benito Guerreiro, só falta esperar a que se comunique a data, posiblemente a fianis de octubro,  e o lugar no que  se fará a presentación oficial, e posiblemente xa nesa xornada se poderá ver unha demostración virtual do sistema de trazabilidade.  

 

Luns, 4 de outubro de 2010 

O BNG demanda da Xunta solucións ás canalizacións de augas do VAC Tui - A Guarda en Tabagón

Unha proposta do Bloque Nacionalista Galego (BNG) propiciou que O Rosal demande da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, solucións ás canalizacións de augas que se están a realizar nas obras do Vial de Alta Capacidade Tui – A Guarda, que segundo os nacionalistas, provocarán serios problemas as vivendas que se atopan a beira do seu leito.

O BNG denunciou na súa proposta, que as augas que antes se recollían de xeito natural polo monte, agora canalízanse e concéntranse, verténdoas a un regato natural. Segundo manifestou Alberte Alonso, candidato a alcaldía da formación nacionalista, “isto provocará que no inverno e en épocas de chuvias fortes, se desborde o regato natural, pondo en perigo as vivendas situadas á beira do seu leito”.

A moción presentada polo BNG, recibiu o apoio da corporación, que terá que dirixirse a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para que lle dea unha solución a este problema “antes de que teñamos que lamentar estragos nas vivendas”.

 

Últimas prazas para o II Campeonato de Futbolín “Os Cabaqueiros”

A organización do II Campionato de fubolín “Os Cabaqueiros” informa que quedan poucas prazas (xa hai 20 parellas) para poder participar neste evento cuxo prazo de inscrición remata mañá, martes, día 5.

Os interesados poden achegarse ao Departamento de Cultura do concello do Rosal ou facer directamente a inscrición na web municipal (20 euros a parella) enchendo un formulario para a ocasión, que pode atoparse en http://www.concellodorosal.es/InscricionIICampionatoFutbolinCabaqueiros.pdf

 

Sábado, 2 de outubro de 2010 

Los alumnos de Tomiño de la Escuela Comarcal de Teatro estrenarán el domingo, día 3, “Cementerio de automóviles” e O Rosal

Los alumnos del aula de Tomiño  estrenan este próximo domingo, a la 19:00 horas, en el Auditorio de O Rosal la obra  “Cementerio de Automóviles”, de Fernando Arrabal. Con esta presentación se dará por comenzado el curso 2010-2011 y esta obra será llevada posteriormente a otros ayuntamientos que lo soliciten. Con estas acciones la Escuela Comarcal cumple un doble objetivo, primero el de formar y segundo que los alumnos que lo deseen puedan demostrar sus habilidades de cara al público. Para Enrique Álvarez, presidente de la asociación, es un orgullo  estrenar en O Rosal por la gran acogida que siempre brinda su público y en particular por la colaboración del Ayuntamiento en cada una de las actividades que realizan, especialmente la prestada por el departamento de Cultura.

La obra  conforma el núcleo fundamental de la dramaturgia de Fernando Arrabal cuya dinámica apela a la experiencia total humana mediante la ceremonia y la ritualización de la imposible comunicación humana. El “Cementerio de Automóviles” retrata a unos seres condenados que habitan esqueletos metálicos.

Será llevada escena por: Jose Marín, Laura Blanco, David Solla, José Herbello, Esmeralda Brito, José Fernández y Adrián Gabriel, bajo la dirección de Ana Canadillas.

Recuerdan también desde la Escuela Comarcal de Teatro que aún quedan plazas para el presente curso y que las personas interesadas pueden solicitar información llamando al teléfono 649 480 227.