Índice

www.galiciasuroeste.info

 

Rosario Ríos Quintas

A Leonesa

Por José A. Uris Guisantes

seguinte

Rosario Ríos Quintas na cociña do domicilio familiar en Marzán (O Rosal). Fotografía de José A. Uris Guisantes

Rosario Ríos Quintas naceu o 7 de outubro de 1938 en Xixón, filla de César Ríos Florez e Rosario Quintas, nacida tres meses despois do asesinato de seu pai, que fora  reclutado polo exército republicano, sendo detido en Xixón e trasladado con outros centos de presos o porto de Ribadeo,  logo trasladado por mar ata o porto de Baiona, desde alí en camións militares ata o Campo de Concentración de  Camposancos.

 

Antiguo Colexio dos xesuítas, onde a partir de outubro de 1937 se estableceu un Campo de Concentración de Presos.

Unha vez identificado pasa ao Campo de Concentración do Mosteiro de Oia, para volver máis tarde ó Campo de Concentración de Camposancos onde foi xulgado en Consello de Guerra Sumarísimo polo Tribunal Militar Permanente Nº 1 chegado de Xixón co fin de xulgar mais de presa aos miles de presos internos en Camposancos, todos eles provintes do fronte de guerra de Asturias que foron chegando dende outubro de 1937.

Como digo César Ríos Florez foi xulgado en Consello de Guerra Sumarísimo e sentenciado a morte, sendo fusilado en Tui o 20 de xullo de 1938, na explanada do cuartel de infantería de Santo Domingo.

O Tribunal  Militar Nº 1 chegado de Xixión que o xuzgou en Camposancos era:

Presidente: Luís de Vicente Sasiaín, Comandante de  Cabalería.

Vocais: Manuel Toimil Pérez, Capitán de Infantería.

Juan Martínez Pérez, Tte. Infantería.

Elías Losada Fernández, Alférez da Garda Civil.

Ponente: Julio García Rosado, Capitán Honorífico do Corpo Xurídico Militar.

Fiscal: Guillermo Rodríguez Quirós, Alférez Honorífico do Corpo Xurídico Militar.

Defensor: Amable Cerviño, Capitán de Infantería.

Xunto a César Ríos Florez foron fusilados os seguintes presos republicanos:

-20 xullo 1938. Foi fusilado, Antonio Fernández Bermúdez, de 40 anos, serrador, natural de Asturias. Internado e xulgado no Campo de Concentración de Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui.

-20 xullo 1938. Foi  fusilado, Arturo Biempica Omaya, 37 anos, axente comercial, natural de Guipúzcoa, veciño de Xixón. Militante de Izquierda Republicana. Soldado no Batallón Máximo Gorki. Internado e xulgado no Campo de Concentración de Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui.

-20 xullo 1938. Foi  fusilado, Arturo Junquera Cabral, 25 anos, panadeiro, natural de Asturias. Internado e xulgado no Campo de Concentración de Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui.

-20 xullo 1938. Foi fusilado, Enrique Llaneza Alonso, 33 anos, mineiro, natural de Asturias. Internado e xulgado no Campo de Concentración de Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui.

-20 xullo 1938. Foi fusilado, Isaac Llamas Prieto, 35 anos, electricista, natural de Viscaia. Internado e xulgado no Campo de Concentración de Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui.

-20 xullo 1938. Foi fusilado, José Manuel Rionda Castro, 23 anos, xastre, natural de Asturias. Internado e xulgado no Campo de Concentración de Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui.

-20 xullo 1938. Foi fusilado, José Pérez Salóm, 23 anos, chofer, natural de Sevilla, veciñode Xixón. Internado e xulgado no Campo de Concentración de Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui.

-20 xullo 1938. Foi fusilado, Manuel Díaz Alonso, 26 anos, labrego, veciño de Serín-Xixón (Asturias). Internado e xulgado no Campo de Concentración de  Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui.

-20 xullo 1938. Foi fusilado, Manuel Palacio García, 24 anos, labrego, natural de Oviedo (Asturias), veciño de Villaviciosa (Asturias). Soldado no exército republicano. Internado e xulgado no Campo de Concentración de Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui.

-20 xullo 1938. Foi fusilado, Manuel Rodríguez Díaz, 27 anos, mineiro, natural de Oviedo (Asturias), veciño de Moreda - Aller (Asturias). Participara na defensa de Xixón. Membro do Batallón Silvino Morán nº 241. Internado e xulgado no Campo de Concentración de Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui.

-20 xullo 1938. Foi fusilado, Mariano Cuadra del Busto, 32 anos, mecánico, natural de Oviedo (Asturias), veciño de Xixón. Afiliado a CNT. Compoñente dunha Sección de Carros de Combate do exército republicano. Internado e xulgado no Campo de Concentración de Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui.

-20 xullo 1938. Foi fusilado, Moisés Carballo Abad, 28 anos, ferroviario, natural de Oviedo (Asturias), veciño de Xixón (Asturias). Afiliado a UXT. Tte. Alcalde de Xixón. Presidente do Consejo Nacional Ferroviario. Internado e xulgado no Campo de Concentración de Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui.

-20 xullo 1938. Foi  fusilado, Plácido González Argüelles, 28 anos, xastre, natural de Asturias, veciño de Pola de Lena (Asturias). Membro do Comité de Orden Público de Asturias. Internado e xulgado no Campo de Concentración de Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui.

-20 xullo 1938. Foi  fusilado, Ramón Pendones Fernández, nado en 1900 en Las Rozas de Villanueva, fillo de Bernardo e Celestina, veciño de Cangas de Onís (Oviedo), de profesión mestre de obras. Era xuíz municipal suplente en Tui, Fulgencio Laiseca Larrea e Secretario Accidental, Raimundo Bugarin Rivero. Preso o 22/10/1936 no Fronte de Asturias. Internado e xulgado no Campo de Concentración de Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui. Registro Civil de Tui, Folio 202, registro nº 285

[…] Muerto a consecuencia de heridas por arma de fuego, por sentencia recaída sobre él, hemorragia interna, causa fundamental. Se rexistra por Oficio del Juzgado Militar de Camposancos.Testigos: Manuel Piña González y José Méndez Martínez de Tui.

-20 xullo 1938. Foi  fusilado, Urbano Ruiz Tejerina, 33 anos, vidreiro, natural de León, veciño de Arija (Asturias). Militante do PSOE e afiliado a UXT. Xuíz municipal de Arija. Internado e xulgado no Campo de Concentración de Camposancos. Pena de morte. Executado en Tui.

Fotografía antigua do Instituto Nun´Alvres dos xesuítas da provincia de Portugal que alugaran as instalacions aos xesuítas  da provincia de Castela que foran para Vigo. Neste patio se tiñan que formar os presos tres veces no día por centurias. Enriba do triángulo de escaleiras se puñan os xefes militares e cregos para arengar uns e para predicar os outros.

Rosario nun lembra – lóxicamente – detalles de seu pai porque tiña tres anos, ademais de perder o certificado de defunción de  seu pai  César en 1979 cando tramitaba documentos para poder cobrar unha pensión como viuva de guerra súa nai Rosario Quintas.

No listado que teño sobre o Campo de Concentración aparece como César Ríos Florez de 21 anos, de profesión metalúrgico, natural de Gijón […] internado en el Campo de Concentración de Camposancos, pena de muerte, fusilado en Tui.

Outra visión do patio principal cos soportais, a esquerda o Pabellón de Torturas onde a Falanxe interrogaba e torturaba a presos. No Campo de Concentración os soldados facían vixilancia externa e os falanxistas  da Guarda e localidades próximas eran os encargados do interior.

Aspecto do patio superior do antigo Campo de Concentración de Presos en 2004. Enriba a esquerda estaba a enfermería de presos. Fotografía de José A. Uris Guisantes

Parte das antiguas letrinas para presos no campo de Concentración de Camposancos a 2014. Fotografía de José A. Uris Guisantes

Salon de actos no antigo colexio dos xesuítas onde o Tribunal Militar levaba a cabo os Consejos de Guerra Sumarísimos. Fotografía cedida por José  Mª González Alonso

Por meo do amigo Manuel Vicente Fernández Rodríguez da Asociación Levada Libre de Tui  me chegou a acta de defunción:

César Ríos Florez, de 21 años, natural de Tremañes (Gijón), hijo de Marcelino y Carmen, de profesión metalúrgico de estado casado, falleció en Tuy el día veinte del corriente a las seis horas, por arma de fuego, por sentencia recaída sobre él, causa fundamental de la herida, hemorragia interna, según resulta de oficio del Juzgado Militar de Camposancos… consignándose que se registra sin texto.  

Rosario Quintas, súa nai, tamén natural de Xixón, foi acusada de ser miliciana e socialista e sobre de todo por ter agochados no seu domicilio a dous milicianos irmáns que foran denunciados polos veciños.

Presa en Xixón, interrogada, e maltratada, as autoridades militares esperaron a que nacera a filla para  ser xulgada. Poucas semanas de dar a luz, en outubro de 1938  foi desterrada a León para un Batallón Disciplinario de Presos/as, deixando a recén nacida o coidado de súa nai e  dúas irmáns.

[…] El 1 de junio de 1937, en el número 224 del BOE se publicaba en Burgos el Decreto número 281 de 28 de mayo anterior firmado por Franco, por el que los golpistas determinaban que era preciso convertir a los prisioneros republicanos en mano laboral muy barata, que trabajase en la práctica en condiciones de esclavitud, siendo los prisioneros encuadrados en Batallones de Trabajadores (BT) militarizados, en los que todos estaban obligados a trabajar en lo que se les ordenase.

O, como decía el propio Franco a través de dicho BOE, "el derecho al trabajo, que tienen todos los españoles, como principio básico declarado en el punto quince del programa de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no ha de ser regateado por el Nuevo Estado a los prisioneros y presos rojos, en tanto en cuanto no se oponga, en su desarrollo, a las previsiones que en orden a vigilancia merecen, quienes olvidaron los más elementales deberes de patriotismo.... Tal derecho al trabajo, viene presidido por la idea de derecho función o de derecho deber, y en lo preciso, de derecho obligación. Por el nuevo decreto, un derecho se convertía en una obligación para los presos, que se veían transformados así en forzados y en esclavos…

[…] El 1 de enero de 1939, cuando la guerra estaba casi terminada pues sólo faltaban tres meses para su finalización, el estado numérico de los efectivos que formaban los BT, Unidades Especiales y Grupos en fábricas y talleres y encuadramiento era el siguiente: 119 batallones con 87.589 trabajadores, a las órdenes de 43 jefes, 61 capitanes, 182 tenientes, 456 alféreces, 26 capellanes, 33 médicos, 23 brigadas, 1.437 cabos y 9.114 soldados. Siguiendo instrucciones de la Jefatura de Campos de Concentración, estas agrupaciones disciplinarias iniciaron un proceso de reducción, agrupación y desaparición desde finales de 1939[1].

En León, Rosario Quintas, traballou con outras mulleres para dar servicio (cociñas, lavado de roupas e incluso carrexo de pedras) aos presos que estaban construíndo o Pantano de Barrios de Luna en León.

Prespectiva actual do Pantano de Barrios de Luna

 

Antigos barracóns de traballadores no Embalse de Barrios de Luna.

Súa nai  visitouna en Xixón varias veces, ata que as autoridades franquistas lle concederon permiso para a levar consigo a León onde estaba traballando. Despois de obter a liberación condicional comezan unha nova vida.

Segundo refire  Rosario Ríos súa nai  Rosa Quintas é  a terceira pola dereita. Fotografía cedida por Rosarío Ríos Quintas.

Rosario  Ríos Quintas, refire e insite, que súa avoa materna e tías non deixaban entrar na casa a súa nai porque fora miliciana y roja, tendo que abrazar e bicar con bágoas a filla, na porta da casa.  Anos mais tarde Rosario chegou a pensar que ese profundo rexeitamento era debido a que tiñan medo, pero nunca poido saber con exactitude o porqué a propia avoa e tías endexamais quixeron a súa nai, despois de ser detida e xulgada.

A idade de oito anos Rosario Quintas leva a filla para León, onde vivía e casa co telleiro Valeriano Gutiérrez de Salamanca que acolle a filla orfa de pai como se fora del mesmo, mais tarde nacerían  seus meos irmáns, Cipriano, Angel, Rosario Chari José Josín Gutiérrez Quintas.

Angel Gutiérrez Quintas recibindo bombóns do alcalde. Fotografía cedida por Rosario Ríos Quintas.

Chari Gutiérrez Quintas, segunda pola esquerda, mea irmán de Rosario Ríos é outros familiares de Chari. Fotografía cedida por Rosario Ríos Quintas.

 

Unha vez incorporada á nova familia, Rosario Ríos Quintas A leonesa (como é coñecida no Rosal), conforme ían nacendo mais irmáns, axuda a nai na casa é a criar  os meos irmáns, recibindo o cariño de todos como se verdadeiramente fose irmán. O longo dos anos todos eles seguiron querendo a esta excelente muller.

En León tratou a outros telleiros galegos, Indalecio Carrera, natural de Martín (O Rosal) da familia dos Carrizos, que estaba casado en León con Sagrario (non sabe mais datos), grande amiga.  Indalecio era irmán de Carmen (segunda muller do barbeiro da Guarda, Faustino Rodríguez Botabaixo), Aurora e Peregrina Carrera.

Exemplo de mulleres traballando nunha telleira. Esta en Villafranca de los Caballeros (Toledo). Fotografía de Pilar Corrales

Rosario Ríos, nosa protagonista, unha vez chega a León con oito anos, pasa a traballar nunha telleira e axudando nas labores da casa familiar. Lembra que traballou varios anos na telleira  da Viuda e Hijos Jacinto y Rafael[2], onde traballaban telleiros do Rosal, Tomiño e  Oia.

Elí coñece ao telleiro Celso Correa Alonso, natural de Novás, nacido o 4 de setembro de 1932, fillo de Joaquín e Isolina. Rosario e Celso casan  o 21 de novembro de 1958 en León, pasando a vivir en Marzán (O Rosal).

Do matrimonio nacerían, Joaquín (14/08/1962), finado os poucos meses (16/10/1962), César (1963) Argentino (16/02/1964), Mª Benedicta (20/03/1965) e Mª Isolina (19/09/1966) Correa Ríos.

Celso Correa Alonso, nunha antiga fotografía, cedida por Rosario Ríos Quintas.

Celso falecería a consecuencia dun cancro de esófago con 57 anos, tiña os seguintes irmáns, José, Manuel, Enrique, Joaquín, Juan, Tino e Esperanza Correa Alonso, todos naturais do Barrio de  Novás.    

Joaquín Correa, pai de Celso. Fotografía cedida por Rosario Ríos.

Cartilla de Familia Numerosa en 1972, Celso tiña 31 anos. Documento cedido pola familia.

O 7 de outubro de 1938, unha semana antes de ser desterrada a León, Rosario Quintas, pasa a traballar como presa na construción do  Pantano de Barrios de Luna, mercede a unha Orden ditada desde Vitoria, que estaba inspirada nas teorías do xesuíta Pérez del Pulgar, o goberno franquista crea o Patronato para Redención de Penas por el Trabajo convertido en poucos meses no organismo xestor dos traballos forzados de miles de presos e presas  republicanos/as.

Mulleres presas traballando no campo

Rosario Ríos Quintas, nosa protagonista, estando en León e con trece anos, preocupada polo destino de seu difunto pai, ouvira que o levaran preso para Galicia, aproveita que un telleiro de Oia e outro de Tomiño (onde parou 24 horas) viñan de visita a casa, colle o tren con eles e chega a Vila da Guarda para preguntar polo destiño final e sobre de todo onde estaba enterrado seu pai, non logrando nada de nada, soamente que fora fusilado en Tui.

Pero unha vez casada e vivindo no Rosal, comeza a preguntar nos xulgados da  Guarda e Tui, atopando que fora fusilado en Tui e soterrado no cemiterio da mesma cidade. En 1979 co motivo de preparar os papeis legais para poder cobrar súa nai a pensión como viúva de guerra, acolléndose aos Reais Decretos 35/1978; 2.925 de 7/12/1978 e 2.926 de 12/12/1978 foi cando se entera de xeito oficial cómo e cando mataran a seu pai.

Seu esposo, Celso Correa Alonso, despois das telleiras e outros traballos pasa a traballar  na Fábrica de Cerámica Santa Tecla SA (popularmente Katanga) ata o peche en novembro de 1982. Esta empresa a 30 de novembro de 1982 tiña unha plantilla de 37 obreiros e oficinistas, mais o director xeral e outros dous traballadores absorbidos da empresa fantasma Transfersa SA. A produción mensual ata esa era de 355.200 Toneladas de ladrillos, celosías, botelleiros etc, pero o día do peche non había  mercancías que vender.

A Cerámica Santa Tecla pechou as actividades comercias e de fabricación o 1 de decembro de 1982, solicitando a suspensión de pagos o 18 de xaneiro de 1983, aceptándose a trámite o 7 de marzo de 1983.  A Suspensión de Pagos foi presentada no Xulgado de Tui o 28 de xaneiro de 1983,  declarando como Activo:

-13.354.126 ptas. de material inmobilizado.

-Unicamente inclúe como Bens Inmobles unha sola finca de 38.984 m/2.

-Valoraba o Activo en: 113.288.167 ptas.

-Valoraba o Pasivo en: 69.554.398 ptas.

A Demanda foi  presentada polos representantes dos traballadores o 5 de decembro de 1982 na  Maxistratura de Traballo Nº 3 de Vigo.

Finalmente os empregados e traballadores cobraron as indemnizacións do Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) , desaparecendo para sempre Cerámica Santa Tecla S.A.

Estou en condicións de afirmar que foi unha das primeiras empresas de España en bancarrota que os traballadores cobraron mais pronto as indemnizacións por parte de Estado.

[…] Autos nº 2.271 a 2.301/1982 y Ejecución nº 45/1983.

Anastasio Fuentes Gómez. Indemnización: 1.456.759 ptas. Salarios: 198.827 ptas. Total: 1.655.586 ptas.

Ángel Alonso Martínez. Indemnización: 1.252.730 ptas. Salarios: 181.299 ptas. Total:1.434.029 ptas.

Ángel David Pérez. Indemnización: 618.250 ptas. Salarios: 168.026 ptas. Total: 786.483 ptas.

Bernardino Vicente Vicente. Indemnización: 600.187ptas. Salario: 178.200. Total: 738.169 ptas.

Celestino Álvarez Álvarez. Indemnización: 1.513.105 ptas. Salarios: 192.390. Total 1.795.495 ptas.  

Celso Correa Alonso. Indemnización: 1.260.706 ptas. Salarios: 183.372. Total: 1.444.078 ptas.

Celso Diego Acevedo. Indemnización: 917.165 ptas. Salarios: 191.407 ptas.Total: 1.108.572 ptas.

Domingo Pérez Vila. Indemnización: 52.301 ptas. Salarios: 158.554 ptas.Total: 210.855 ptas.

Eduardo Martínez Vicente. Indemnización: 640.683. Salarios: 178.200 ptas. Total cobrado: 827.888 ptas.

Eduardo Rodríguez Pereira. Indemnización: 958.830 ptas.Salario: 178.156 ptas. Total: 1.136.986 ptas.

Fermín Martínez Dorado. Indemnización: 1.224.402 ptas. Salarios: 181.299 ptas. 1.405.701 ptas.

Fernando Vicente Sobrino. Indemnización: 668.250 ptas. Salarios: 178.200 ptas.Total: 846.450 ptas.

Florentino Trigo Diego. Indemnización: 559.969 ptas. Salario: 178.200 ptas. Total: 738.160 ptas.

César Correa Ríos na Mili. Fotografía cedida por Rosario Rios

Florindo Rodríguez Vicente. Indemnización: 1.003.704 ptas. Salarios: 185.296 ptas.Total: 1.189.000 ptas.

Idelfonso Correa Rodríguez. Indemnización: 52.301 ptas. Salarios: 158.554 ptas. 210.855 ptas.

Indalecio González Rodríguez. Indemnización: 1.730.620 ptas.Salarios: 210.077 ptas. Total: 1.949.697 ptas.

Jesús José Vicente Otero. Indemnización: 1.328.270 ptas. Salarios: 181.299 ptas. Total: 1.509.569 ptas.

Jesús Mª Pereira Martínez. Indemnizacion: 1.240.127 ptas. Salarios:181.299 ptas. Total:1.421.426 ptas.

Joaquín Correa Alonso. Indemnización: 1.267.073 ptas. Salario: 183.372 ptas. Total: 1.450.445 ptas.

José Martínez Domínguez. Indemnización: 1.410.108 ptas. Salarios: 181.299 ptas. 1.591.407 ptas.

José Pereira Martínez. Indemnización: 1.410.318 ptas. Salario: 183.372 ptas. Total: 1.503.690 ptas.

Juan Antonio Sousa Otero. Indemnización: 44.043 ptas. Salarios: 158.554 ptas.Total: 202.597 ptas.

Juan Bautista Portela Loureiro. Indemnización: 1.106.580 ptas. Salario: 191.407 ptas. Total: 1.297.987 ptas.

Manuel Martínez Andura. Indemnización: 1.368.957 ptas.Salario: 183.372 ptas. Total: 1.552.329 ptas.

Manuel Martínez Rodríguez. Indemnización: 1.394.370 ptas. Salarios: 181.299 ptas.Total: 1.575.669 ptas.

Martín Álvarez Álvarez. Indemnización: 1.289.304 ptas. Salarios:192.390 ptas. Total: 1.481.694 ptas.

Melchor Pérez Salinas. Indemnización: 915.777 ptas. Salarios: 174.657 ptas.Total:1.090.434 ptas.

Ramón Lomba Trigo. Indemnización: 1.283.001 ptas. Salarios: 183.372 ptas. Total: 1.466.373 ptas.

Ricardo Groba Álvarez. Indemnización: 630.126 ptas. Salarios: 181.299 ptas. Total: 798.152 ptas.

Vicente Alonso Domínguez. Indemnización: 563.063 ptas. Salarios: 173.200 ptas. Total: 741.263 ptas.

Vicente Rodríguez Rodríguez. Indemnización: 643.500 ptas. Salarios: 178.200 ptas.Total: 821.700 ptas.

Total Indemnizacións: 30.413.791 ptas. Total Salarios: 5.609.175 ptas.

Total neto cobrado: 36.022.966 ptas. Diñeiro que saíu do peto dos españois.

seguinte

____________________

[1] Fonte: todoslosrostros.blogspot.com

[2] Non lembra os apelidos.