Índice

www.galiciasuroeste.info

 

Rosario Ríos Quintas

A Leonesa

Por José A. Uris Guisantes

anterior

Deixando isto como unha anécdota pasada, sigo ca nosa protagonista Rosario Ríos Quintas, a que paralelamente a criar os fillos non parou de traballar en invernadoiros, cría de galiñas, porcos, coellos, ovellas e catro vacas. Dispuña de Carta Oficial como Gandeira, o leite o recollía a empresa Larsa (Lácteos Rodríguez) de Vigo, mais tarde pola empresa Val do Tamuxe do Rosal.

A fábrica Val do Tamuxe fora propiedade anos antes de Enrique Fernández Lorenzo co nome de Vicus Latios en sociedade, primeiro con Pepe Valderús do Rosal, mais tarde quedaría como dono Enrique.

Celso con súa nai  Isolina Alonso. Fotografía cedida por Rosario Ríos.

Benedicta Rodríguez Armán e Celso Correa Alonso. Fotografía cedida por Rosario Ríos.

Me insiste Rosario que escriba que Celso casara primeiro ca moza  Benedicta Rodríguez Armán, finada no momento do parto xunto co bebé. A familia de Benedicta acolleu a nova esposa de Celso con cariño, gozando sempre da estima de todos eles. E  por iso cando naceu a primeira filla lle puxeron Benedicta como lembranza aquela moza finada en plena xuventude.

Rosario deixa todolos traballos e mesteres  no ano 2004 para dedicarse a gozar de paz e tranquilidade, pero segue entretida facendo ganchillo e hilvanando patucos para bebés, os que puiden comprobar como os hilvanaba na cociña. Antes tivera unha máquina de coser ca que confeccionaba roupa para os fillos, ela mesma deseñaba os patróns copiándoos doutras prendas novas, ía a Vigo a mercar papel para debuxar os patróns que gardaba para cando fixera falta.

Sabe podar, vendimar, espallar as viñas, tiñan prensa e lagar para elaboración de viño branco que vendían para tabernas de Vigo, recollendo uns 60 cabazos. Cando a Xunta aprobou as denominacións de orixe e etiquetado  deixaron de facer viño vendendo as uvas as distintas adegas da zona.

 

Mostra dos patucos para bebés que estaba hilvanando Rosario. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

Non ten colesterol, endexamais probou o viño nin licores. Como anécdota conta que un día no que estaba desfondando pipas, o abrir (desfondar) unha delas meteu a cabeza dentro para ver a borra quedando totalmente mareada e sen vista, menos mal que un veciño que alí estaba decatouse e tirou por ela levándoa fora da adega para que respirara pois estaba intoxicada polo anhídrido carbónico que despediu o barril con borra cando foi aberto por ela.  

Esquerda Rosario Quintas cos fillos do segundo matrimonio, Cipriano súa esposa e seu irmán José Gutiérrez Quintas. Fotografía cedida por Rosario Ríos.

Lle ven a memoria que de recen casados viviron na Rotea na casa da tía Soledad e tempo no que comezou a moverse para saber onde estaba soterrado seu defunto pai.

Agora tamén viaxa nas excursións comerciais que organiza Pepiño Verdeal, ca Asociación de Xubilados/as, e a xantares organizados en eventos oficiais ou de xubilados/as.

Abaixo a esquerda Angel Gutiérrez Quintas, meo irmán de Rosario Ríos e súa familia. Fotografía cedida por Rosario Ríos.

Por miña parte tratei de saber datos de seu pai César Ríos, e no listado que teño das distintas investigacións de arquivos, rexistros oficiais e libros consultados que  era César Ríos Florez de 21 anos, de profesión metalúrxico, natural de Xixón (Asturias). Xulgado en Consello de Guerra Sumarísimo polo Tribunal Militar Nº 1 chegado de Xixón que actuaba no Campo de Concentración de Camposancos. Foi sentenciado a pena de morte e fusilado en Tui o 20 de xullo de 1938.

Desde que comezou a funcionar en maio de 1938 o Tribunal Militar Eventual Nº 1 de Xixón no Campo de Concentración de Camposancos os presos lle dicían la antesala del Infierno pola cantidade de penas de morte e execucións que elí se levaban a cabo.

No centro, Celso Correa  con súa filla Isolina Correa Ríos. Fotografía cedida por Rosario Ríos.

Noutra visita que lle fixemos  José Álvarez Alonso é este que escrebe o 25 de setembro de 2014 nos contou que non sabía ler e escribir ata que seus fillos foron a escola en Marzán nos anos sesenta, aprendeu vendo os exercicios dos fillos e os libros, pouco a pouco, como unha auto didacta.

Rosario recordando…evocando… e charlando na cociña con Uris  e José Álvarez Alonso Buraco o 1 de abril de 2014. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

Este Tribunal levaba a cabo de catro a seis Consellos de Guerra Sumarísimos a semana, nos que eran xulgados entre seis a dez presos cada vez. Soamente de xuño a  agosto de 1938 o Tribunal ditou as seguintes condenas:

225  penas de morte; 171  fusilados; 54 condenas a morte conmutadas; 84  Cadeas perpetuas; 118 Condenas a 20 anos; 51   Condenas a 15 anos; 9 Condenas a 12 anos; 37   Absolucións.

José A. Uris Guisantes

anterior