www.galiciasuroeste.info

O papel das mulleres republicanas no Baixo Miño

-Rufina Domínguez Trigo-

 

Por José A. Uris Guisantes

 

Xa se leva escrito e falado dabondo de fusilados, paseados (asasinados), executados, fosas comúns etc., o que me parece moi ben; primeiro para devolver a dignidade aos executados e familias, segundo para que as novas xeracións saiban o que pasou na guerra incivil e fraticida é na orxía de sangue que esta desencadeou.

 

Como escribe  Loida Díez Jiménez[1] […] las mujeres durante la Segunda República sí pudieron encontrarse identificadas con un patrón de conducta que permitía la actividad, la decisión, la participación activa y necesaria que las requería -bien como madres, bien como milicianas cuando estalló la guerra- de una manera profundamente novedosa. Así, desde el 18 de julio de 1936, el modelo de mujer roja pasó a formar parte de una suerte de demonización de lo que debía ser una mujer. Es decir, el demonio pasó a ser la mujer roja...

 

Alguén pode  argumentar tamén  …en el otro lado se cometieron atrocidades…, efectivamente, pero o que eu quero argumentar é a represión cometida no meu país, Galicia, outros que escriban ou xá escribiron a súa versión. …

 

la represión franquista en Galicia entre 1936 y 1939 conllevó la muerte de 3.588 personas (As vitimas, os nomes, as voces e os lugares), que desde 2006 desenrolaron as tres Universidades galegas co apoio da Consellería de Cultura que presidía Anxela Bugallo Rodríguez).

 

No Baixo Miño os republicanos non verteron nin unha soa gota de sangue, nin se executou a ninguén dende o 18 de xullo ata que caíron as defensas republicanas sitas na Volta da Moura (entre O Porriño e Guillarei), na tardiña do 26 de xullo de 1936, ocupando os militares e falanxistas sublevados tódolos pobos e aldeas a partir do 27.

 

…la represión franquista en Galicia fue absolutamente dirigida, selectiva y racional, y se dirigió a destruir las bases de apoyo social de la República… Cita de don Julio Prada, doctor e profesor  de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo.

 

As grandes sufridoras foron sen dúbida algunha as mulleres republicanas, verdadeiras heroínas, avoas, nais, irmás, fillos e fillas de todos aqueles republicanos axusticiados e represaliados. Moitas pasaron pola prisión, rapado de pelo, aceite de ricino e sobre de todo polo desprecio das persoas que crían eran amigos e bos viciños, polo menos nos tres primeiros anos. Foron tempos de dolor, sufrimento, represión, mortes, censura, fame e sacrificio.

 

Na outra banda daban certificados de boa conducta aos deles,  os chamados/as do Bando Nacional, misas diarias, madriñas de guerra, rosarios, detentes[2] rogativas, misións populares, confesións a manta, campañas de moralidade pública contra a blasfemia, contra o comunismo e masonería, exercicios espirituais, vestimentas adecuadas, moitas mantillas españolas é odio sobre de todo, odio moito odio,  etc, etc., mentres miles de republicanos/as eran asasinados, metidos en prisión tirados os fillos do seo materno ou falecidos na miseria.

 

A Iglesia oficial e a Sección Femenina ceibabánse nas mulleres e fillos dos rojos, sen casar, ou casados polo civil, dos nomes republicanos postos aos fillos e fillas, avergoñándoas/os, tratando de afundilas/os máis e máis na miseria moral e física, martirizándoas cos …símbolos de la mujer ideal representada en la Virgen María, Isabel la Católica y Santa Teresa de Jesús… como sabedes Franco tiña unha reliquia de Santa Teresa no seu escritorio onde asinaba o enterado de miles de penas de morte.

 

En febreiro de 1937, cando as tropas do Bando Nacional tomaron Málaga, atoparon a reliquia dentro dunha maleta esquecida do coronel do exército republicano José Villalba Rubio. A reliquia en lugar de ser devolta ás monxas portuguesas, lexítimas propietarias (Carmelitas de San Alberto en Lisboa) foi trasladada a Burgos onde Franco se apropiou dela, a igrexa oficial xustificou o espolio dicindo,   […] La mano no se pierde, se va con el Caudillo para guiarle en la conducción de la Patria...

 

 

El amuleto de Franco

 

Como dicía a Iglesia Oficial é Sección Femenina administraron un amargo e cruel castigo aos vencidos ata o final, bendecidos por ésa igrexa a que non tiña empacho en levar baixo palio ao Caudillo-Rey Victorioso y Salvador, mentres as cunetas, cimiterios, prisions, e campos de concentración se enchían  de republicanos ou como lles dicían, rojos comunistas.

 

O xenocida, que finou na cama en 1975, arrincou os dereitos civis das mulleres deses rojos, as que tiveron que cambear os nomes dos fillos,  tendo prohibido vestir luito as orfas e viúvas a miles, que perderan a seus pais, irmans, esposos ou compañeiros na flor da vida, rotas, humilladas, arruinadas económica, moral e fisicamente, co sambenito de rojas. Esa igrexa que non perdoaba, a que en boca do cardenal Pla i Daniel lles dicía aos republicanos hijos de Caín  na homilía do 30 de setembro de 1936.

 

Agosto do 36 foi coñecido polas mulleres que sufrían el mes de la muerte. Xusto o día Festividad de la Ascensión os xenocidas descenderon aos infernos, debido a inxente cantidade de represaliados. O sangue, regou numerosos pobos e cidades conquistadas.

A  represión xurídica franquista contra a muller en xeral, incluídas as propias do réxime fascista, que arrincou as mulleres da sociedade deixándoas como unha árbore sen raíces cas que sosteñerse en pé[3] :

Fuero del Trabajo 1938: 9 de marzo de 1938 - El Estado prohíbe el trabajo nocturno a las mujeres y regula el trabajo a domicilio. Apartado 2º nº 1.

Orden del 1 de mayo de 1939: queda prohibido el sistema pedagógico de coeducación en las Escuelas Primarias.

Ley del 14 de enero de 1941: se castiga la divulgación pública en cualquiera de sus formas de realización, medios o procedimientos, para evitar la procreación así como todo el género de propaganda anticonceptiva.

Ley del 11 de mayo de 1942: se vuelve a considerar punible tanto el adulterio como el amancebamiento y así pasa al posterior Código Penal de 1944.

Código Civil 1944: el parricidio por honor, suprimido en 1931, vuelve a estar vigente entre 1944 y 1963.

Código Penal 1944: el Código Penal fue reformado en 1944 de acuerdo con la Ley de Bases de 19 de julio del 44 reinstaurándose los artículos abolidos durante la República relativos a crímenes pasionales, adulterio y emancipación. Así bien, también quedan penados el aborto, el divorcio, el abandono del hogar y el amancebamiento al nivel de falta contra el Estado equiparándolo a los delitos políticos por desafección al régimen.

Concordato entre España y la Santa Sede: 27 de agosto de 1953, Franco tiene el derecho a escoger los nuevos obispos, se les da un especial tratamiento jurídico y les abren las puertas a la enseñanza.

Hasta la Ley de Relaciones Laborales de 1976 se exige autorización marital para que las mujeres puedan incorporarse al mundo laboral.

Cás mulleres rojas, nais ou fillas, de homes de esquerdas, cometéronse, como dixen, vesacions inauditas. Ademais de cortarlles o pelo a cero tiñan prohibido tapar a cabeza é cando a algunhas delas lle deixaban uns pelos eran obrigadas a poñer un laciño  coas cores da bandeira nacional monárquica, á outras lles pintaban na cabeza rapada as letras U.H.P. (Uníos Hermanos Proletarios).

 

Tempos de fame, censura, penitencia e grande sacrificio imposto as mulleres republicanas e súas familias. A orxía de sangue levada a cabo polos sublevados militares e falanxistas contra os republicanos foi feroz.

 

Mulleres escarñecidas,

homes mortos coma feras;

rapaciños esmiolados,

porque dis que roxos eran.

 

Mozas, marcadas a fogo

ou rapada a cabeleira,

son paseados pol-as ruas

como un ouxeto de befa.

Ramón Rei Baltar.

 

Escrebe don  Julián Casanova: […] Por muchos mártires que justifique, la iglesia  nunca va a poder quitarse de encima su implicación en cuerpo y alma en la operación de exterminio de malvados/as marxistas y de la canalla roja. Pasó ya factura a los rojos vencidos y consumó una larga y cruel venganza….

 

-Rufina Domínguez Trigo-

 

Pero vaiamos ao que me interesa dar a coñecer sobre esas mulleres republicanas que viviron e sofriron no Baixo Miño, a primeira delas vai ser Rufina Domínguez Trigo:

 

Fotografía de Rufina Domínguez Trigo cedida por súa filla Mercedes Iglesias Domínguez Chela.

 

 

Rufina Domínguez Trigo, filla do tío Rafael Domínguez das Amarelas, e Aurora Trigo, con domicilio familiar en Miranxe (Novás-O Rosal)  por suas ideas republicanas foi alcumada pola tendeira de Novás, tía Ermelinda, como …la Pasionaria do Rosal,  no podía ver  a esa comunista ni como encandilaba a los vecinos de Novás...

Foron seus irmáns, América, Mercedes, Juan Antonio e Edmundo Domínguez Trigo.

 

Autodidacta, lectora incansable, amena oradora, actriz de teatro, primera actora do Cuadro de Declamación da Sociedad Agrarios del Rosal constituída en 1922.

 

Conecta cos Cuadros de Declamación de La Guardia, Club de ArtesanosRecreo Artístico Guardés. Comezando unha amistade cos irmáns Manuel e Juan Noya Gil, amistade que chegou ata arriscar a vida da familia do tío Rafael por agochar a Noya durante eses tres anos.

 

Rufina casou con Domingo Iglesias, nacendo, Domingo e Mercedes Iglesias Domínguez Chela, os que de nenos viviron de preto a traxectoria de Noya na Casa de Miranxe. Súa nai sería represaliada co desterro a Castro Caldelas (Ourense), onde paraba nunha pensión, gañando o respeto e cariño dos veciños. Cando chegou ó Rosal lera todolos libros da biblioteca de Castro Caldelas, onde acodía diariamente.

 

Rufina como política estivo vencellada a loita agraria para a redención dos foros e para ofrecer formación intelectual aos mais mozos. Asistíu ó Iº Congreso Regional Agrario de Tui, celebrado nos días 28,29 e 30 de xullo de 1922. Nesta etapa estaban vencellados aos agraristas é a loita antiforal xornais e semanarios como, Heraldo Guardés; Vida Agraria de Tui; La Zarpa de Ourense, propiedade do crego agrarista don Basilio Álvarez Rodríguez; El Emigrado de A Estrada; El Tea de Ponteareas ou La Integridad de Tui.

 

Asiste, acompañada de centos de veciños rosaleiros/as con bandeiras das distintas sociedades agrarias e políticas, a manifestación popular celebrada na Avenida dos Ordóñez no Porto da Guarda o 2 de abril de 1923.  Manifestación preparatoria para as eleccións a Cortes e Senado  que terían lugar o 29 de abril e 13 respectivamente dese 1923.

 

Nese día o alcalde da Guarda don Agustín Sobrino recibíu unha malleira dos manifestantes o tratar éste de impedir a manifestación, ca disculpa de non estar autorizada.

 

Léase parte da acta que os gobernantes conservadores da Guarda redactaron sobre o acontecido na manifestación e os sucesos no 2 de abril de 1923:

 

Manifestación no Pacífica.- Un acontecimiento ejemplar en esta localidad, e inesperado por los pacíficos habitantes de la misma dice el presidente segundo Teniente. Surgió la manifestación el lunes dos del actual que pudo ser día de luto para esta Villa, con un Mitin anunciado por elementos políticos adictos al aspirante liberal por Tuy, Manuel Portela Valladares.

 

Como dicho mitin no estaba autorizado, nuestro digno Alcalde Presidente don Agustín Sobrino y Vicente, celoso cumplidor de los deberes que le impone el cargo, y cumpliendo, además órdenes superiores del Ylmo. Sr. Gobernador Civil[4], se constituyó en la Avda. Ordóñez del Barrio de la Marina, acompañado de un dependiente municipal, y al aparecer un nutrido populacho forastero, precedido de señores con banderas, de las Sociedades Agrarias del contiguo distrito de El Rosal, les ordenó que recogiesen aquellas banderas, y en vez de acatar el mandato de la autoridad, se rebelaron, y dichas mujeres, y otras muchas, y un grupo de hombres, acometieron al Sr. Alcalde Presidente, dándole golpes con los bastones[5], uno de los cuales, le hirió gravemente en la cabeza, cuando esto ocurría con el Presidente, otro grupo  acometía a su hijo, doctor en Medicina don José Ramón Sobrino Arias, el cual, no obstante su auto defensa fue también herido de un palo en la cabeza

 

Vertiendo la sangre a torrentes, seguían defendiéndose de aquella turba de indudable fuerzas y preparados de ante mano; pero se rindieron, seguidos por los cariñosos abrazos de la Marina, y numerosos amigos acudieron al lugar de los sucesos, al tener de ellos conocimiento de todo por su actividad y braceando el digno Juez Municipal don Nicolás Alonso Linares[6], el cual, al encontrar muy disimulado, entre aquella turba, al protagonista don Manuel Portela Valladares, le intimidó hiciese uso de la palabra y mandase disolver aquella desaforadísima manifestación que hostilizaba y provocaba, desafiaba al pueblo de La Guardia, demostrando que estaban aleccionados para menoscabar  del Mitin, viéndose entre estos a don Manuel Portela Valladares, Genaro Carrera, Enrique Jaso de Tuy; José Darse Sobrino; Serafín González NúñezJosé Mª Rolán Rodríguez, Isidro Giráldez Martínez y Roque Portela ambos de la localidad, los cuales una vez exhortados á disolverse marcharon casi huídos y avergonzados de su monstruosa obra.

 

Ahora queridos compañeros; al consignar en acta, aunque muy breves palabras de acto de suceso tan sensible y censurables condenados por  la acción pública, que se colocó, como un solo hombre al lado de nuestro presidente, hacemos constar, como corresponde, nuestra mas enérgica protesta, contra  los ambiciosos á la vez que ingratos promovedores de tal salvajada, y al propio tiempo, nuestro orgullo, por la plausible actitud y valeroso comportamiento de nuestro infatigable Alcalde don Agustín Sobrino y Vicente, felicitándolo con toda la efusíon de todos a una, por haber  sellado con su generosa sangre, el día del actual, una interesante y limpia página  de la historia de La Guardia.   

 

Os detidos/as despois da manifestación que tiveron que ir para prisión en Tui foron conducidos pola Garda Civil a cabalo é os detidos a pé ata Tui. Todos/as eles foron postos en libertade tan prondo estiveron a disposición do Juez de 1ª Instancia e Instrucción de Tuy, porque todo era un infundio montado polo alcalde da Guarda e seus concelleiros e correlixionarios da dereita. O mais problemático fora a camiñata que tiveran que facer a pé ata Tui.

 

O 13 de setembro de 1923 chegaría a dictadura do xeneral Miguel Primo de Rivera. A Corporación Municipal daríase por enterada nunha sesión do 24 de setembro de 1923, mentres os republicanos deben pasar a clandestinidade.

 

Rufina era unha  muller autodidacta que chegara da emigración no Brasil con 15 anos, voraz leutora, excelente pianista, oradora incisiva e documentada, politicamente preparada, con oratoria e idealismo.

 

Primeira actriz no Cuadro de Declamación de la Sociedad Agrarios del Rosal, xérmolo de unión de traballo de republicanos rosaleiros e baixo miñotos. Testemuña nos graves sucesos da loita anti foral de Sobredo en novembro de 1922.

 

Foi detida outra vez (dez días despois da primeira), xunto a seu esposo Domingo Iglesias, e outros compañeiros/as no día das votacions do 23 de abril de 1923 debido ó pucheirazo  da dereita conservadora monárquica en Oia e O Rosal, cando alguns sicarios fuxiron cas urnas e os votos.

 

Domingo e Rufina foron acusados de  repartir octavillas por El Rosal, editadas por la  Federación Obrera de La Guardia y su Distrito, a favor de don Manuel Portela Valladares[7] e acusados ademais de disparar contra a Garda Civil.

 

Cando o protagonista  no Rosal fora un sicario da dereita que fuxira ca urna e os votos do local electoral do Calvario. Os poucos dias foron postos en libertade sen cargos, ó demostrarse que os tiros ó ar foran dados pola propia Garda Civil.

 

Era tal a efervescencia política e cultural, antes da rebelión militar, no seo da Sociedad Agraria que en todalas eleccions chegaban dirixentes e líderes agraristas e republicanos a dar Mitins con grande asistencia de público e predicamento.

 

O crego, don Basilio Álvarez Rodríguez, don Manuel Portela Valladares; o médico don Darío Álvarez Limeses é Enrique Jaso de Tui; Juan Noya Gil, director do semanario Nuevo Heraldo; Generoso Lagarejos Rivas, alcalde republicano do Rosal e presidente do Sindicato Agrario de Los Tabagones; o avogado don Ramón Salgado Pérez; Raimundo Vidal Pazos; Antón Alonso Ríos, mestre é líder agrarista; Francisco Rodríguez Otero; Manuel Piñeiro Zúñiga; Emiliano Iglesias Ambrosio; Guillermo Vicente Santiago (sería o último alcalde republicano de Tui); Daniel Calzado Poceiro[8] e un longo etc. 

 

Lembrar que a agrupación local de  Izquierda Republicana fora constituída o 1º de decembro de 1932 na Sociedad Agrarios del Rosal. Tamén a Agrupación local do Partido Republicano Radical de Lerroux do que sería presidente no Rosal, Generoso Lagarejos Rivas Rufina asistira ó Congreso Regional Agrario celebrado en O Porriño en 1931.

 

Rufina daba clases gratuítas, recitaba poesías a nenos/as pobres do Rosal, conferencias en locais da Guarda, Rosal, Figueiró, Tomiño é Tui en pro do agrarismo. Por iso a Falanxe rosaleira, cando dominou O Rosal requisou e queimou libros e folletos da súa propiedade, rexistrando moitas veces  os domicilios da  familia, sobre de todo no de Miranxe-Novás, buscando propaganda política, pero o grande obxetivo era captura do politico guardés agochado (fuxido), Juan Noya Gil, que sí estaba agochado elí, pero endexamais deron con el.

 

Unha parte dos falanxistas rosaleiros eran os mesmos que colaboraran con ela no Cadro de Declamación da Sociedade de Agricultores e no Grupo de Teatro.

 

Perseguida, vixiada, espiada desde o mesmo 27 de xullo de 36, consiguen que sexa desterrada a  Castro Caldelas (Ourense), parando nunha pensión, onde gañou as simpatías dos veciños, acodindo a unha pequena biblioteca municipal, da que chegou a ler todo seu contido.

 

Seu carácter, súa fe republicana, era de tal calibre que sabendo do perigo de estar vixiada, atreveuse a propoñer a seu pai, Rafael Domínguez González das Amarelas é súa nai Aurora Trigo que Juan Noya podía agocharse na casa paterna de Miranxe, xongándo e xogándose a vida de toda a familia.

 

Sabía que seu pai un republicano de pro e súas duas irmas solteiras (América e Mercedes) ían apoiar a decisión, que duraría tres anos con Noya agochado e alimentado. Os outros irmans Juan Antonio é Edmundo estaban na emigración en América.

 

O fronte dos rexistros ía o brigada, Julio López Gómez (a) don Julio, de triste lembranza para os republicanos e familiares da Guarda e do Rosal, polas malleiras, aceite de ricino e corte de pelo a cero, mais a extorsión oficial para que os sospeitosos deran ouro e cartos para  o Glorioso Ejército Nacional.

 

No rexistro do 3 de xaneiro de 1938, Noya tivo que botarse dende un balcón para salvar a vida, refuxiándose en Figueiró na casa de Isaura Gómez Pérez[9] durante cinco meses. O  4 de outubro de 1938 tiveron outro importante rexistro no que remexeron ata as cuadras dos animais.

 

Glorieta da casa de Miranxe propiedade da familia Domínguez Trigo. Portada do libro Fuxidos, escrito por Juan Noya Gil, esta é a 2ª edición en galego levada o prelo por Luís Octavio Noya Domínguez

----------

Rufina de volta do desterro, volveu unha vez mais, a ler e  ensinar aos mais novos, gozando do cariño de todas aquelas persoas de ben que había axudado, contando ademais ca amistade de xeneracions de Noyas ata seu pasamento. Hoxe ninguén se lembra desta grande muller que tiña como ideal a volta da República.

 

Outro personaxe pouco ou nada estudiado, relacionado ca familia de Rufina Domínguez Trigo foi, Ricardo González Carrera (1890-1960), nado en Valdemiñotos (O Rosal), casado en Novás con Dolores Rodríguez Álvarez[10], pasando a vivir en Novás na vivenda que tiña a sogra tía Dolores.

 

Do matrimonio naceron, Consuelo, Ricardo, Sinforiano, Inocencia, Luísa e Indalecio González Rodríguez. Ricardo tamén sería desterrado a Sarria (Lugo) polos franquistas. Elí paraba no Hotel Burgalés, debendo presentarse no cuartel da Garda Civil ata que coñeceu no mesmo hotel ó capitán xefe do posto, collendo amistade, gracias a que como carpinteiro que era, preparou uns cantos mobles para a familia do propio capitán. A partir desa relación non volveu presentarse no cuartel diariamente.

 

Formou parte da xunta directiva da Sociedad Agrarios del Rosal como vicepresidente elexido na asemblea xeral do 21 de xuño de 1931. O presidente era Daniel Lorenzo, outro amigo da familia das Amarelas e dos irmans Noya. Ricardo tamen formou parte da Corporación local como concelleiro/xestor polo Frente Popular en 1936.

 

 

Entroido en Novás-O  Rosal en 1931. Visita  das Comparsas ao Calvario, podemos contemplar un carro engalanado, tirado por unha vaca, propiedade de Ricardo González Carrera.  Enfronte está o local social de Agrarios del Rosal.

 

A relación das dúas familias ven dada porque un fillo de Ricardo, Indalecio González Rodríguez (finado neste 2013) casaría con Mercedes Iglesias Domínguez, filla de Rufina. Fotografía cedida por Mercedes Iglesias Domínguez Chela.

------------------------

Ricardo foi obligado a recoller no seu carro tirado por vacas a varios paseados-asasinados no Rosal, os primeiros en Fornelos, sendo axudado por outro represaliado, Generoso Rodríguez. Mercedes Iglesias me comentou que fora o tío José do Sal. Mais tarde tería que recoller outros dous asasinados no lugar de As Pampaloas (Fornelos-Novás).

 

En marzo de 1931 fora legalizado o Centro Republicano de La Guardia,  proxectado dende o Club de Artesanos de La Guardia[11], verdadeiro xérmolo da cultura, educación e desenvolmente social, sen precedentes ata hoxe na Guarda. 

 

Uns meses mais tarde[12], foi constituída a Federación Obrera de La Guardia y su Distrito, primeiro baixo o manto  federal da UGT (Unión General de Trabajadores de Vigo) e uns meses mais tarde de maneira definitiva baixo a CNT-AIT (Confederación Nacional de Trabajadores- Asociación Internacional de Trabajadores). Nos primeiros meses de 1933 baixo a dirección da FAI (Federación Anarquista Ibérica).  

 

A FAI (Federación Anarquista Ibérica) en 1933 tiña representantes nas Federaciones Obreras de Porriño, Tuy y La Guardia. O 8 de maio de  1933  as Federaciónes Obreras del Bajo Miño (CNT-AIT), declararon unha Huelga General que sería unha das mais importantes celebradas ata hoxe. Diante da convocatoria o gobernador declara súa ilegalidade, polo que os comandantes da Garda Civil ordenan a detención dos dirixentes dos respectivos centros obreiros da bisbarra, cumplindo órdenes superiores.

 

Na Guarda o comandante do posto da garda civil,  Eduardo García Bosque, comunica ao alcalde[13] que  […] de resultas de la declaración de huelga ilegal declarada por la Directiva de la Confederación Nacional del Trabajo, y cumpliendo órdenes del  Sr. Gobernador Civil de la provincia, han sido detenidos por el que suscribe, los directivos, Nemesio Alvarez Lorenzo, Elidio Alvarez Silva, Agustín González Otero y Maximino Silva que capitanean el movimiento…

 

No Rosal foran detidos por distribuir propaganda  ilegal da folga, Domingo Iglesias e súa esposa Rufina Domínguez. Este é o texto do panfleto,

 

 

Impreso na Imprenta Económica de La Guardia

----------

 

Dende xuño de 1931 a 1932, era alcalde do Rosal, Alejandro Domínguez González (1880-1945), coincidindo co auxe político e cultural da Vila do Rosal, feito sen precedentes, impulsado polo movimento agrarista, que viña desenrolándose con forza dende 1919. Este alcalde republicano vivía no barrio de Sandián, xuradía de Marzán. Emigrante no Brasil (Río de Janeiro) dende 1894, retornou arredor de 1926. En 1915 casara con Mercedes Rodríguez Gándara, nacendo os seguintes fillos, Celso[14], Teresa, Emilio e Juan Domínguez Rodríguez.

 

 

O alcalde republicano do Rosal don José Mª Alonso Cuncho, convida ao alcalde da Guarda á celebración do V Aniversario da República.

--------------------------------

 

 

 

Dereita a esquerda, América Domínguez Trigo, Juan Noya Gil, Rafael Domínguez González, Dolores Domínguez Pacheco Lola (esposa de Noya que ten a man do tío Rafael) e Mercedes Domínguez Trigo en 1951, debaixo da viña en Miranxe, o pé varias galiñas quícaras. Fotografía cedida por Mercedes Iglesias Domínguez Chela.

-------------

 

 

Rodolfo Noya Domínguez[15] Fito, Mercedes Iglesias Domínguez Chela e a nena Aurora Domínguez un 12 de agosto de 1952 en Miranxe. Fotografía cedida por Chela.

--------------------------------------

Dedicatoria de Juan Noya Gil a algunhas das persoas que o acubillaron cando andaba fuxido polos montes e corredoiras do Baixo Miño no libro da súa autoría Fuxidos. Rafael Domínguez González das Amarelas de Miranxe (O Rosal); Isaura Goméz Pérez de Figueiró (Tomiño); Elisa Sesto do Rosal; Benjamin González Sesto da Guarda, José Giráldez Rocha de Burgueiraedición de 1976 feita en Caracas.

Isaura Gómez Pérez o 10 de xuño de 2002 recibindo a visita do xornalista portugués Luís Almeida, de José A. Uris e suas respectivas esposas, na casa familiar de Figueiró (Tomiño). Unha grande muller en todolos sentidos, ainda que de pequena estatura.

A cuñada de Rufina, Virginia  Rodríguez Ferreira, viúva de  Edmundo Domínguez Trigo, finou o 16 de marzo de 2013, do matrimonio naceron, Juan, Aurora e Chela Domínguez Rodríguez.

E eiquí remato  a breve semblanza dunha muller de empuxe cultural, social e político do Barrio de Novás (O Rosal). Seguirei con Dolores Domínguez Pacheco Lola, outra esclava da vida e outras máis.

José A. Uris Guisantes

 

__________________

[1] Título: La represión franquista contra la mujer: las rapadas

[2] Imaxe do Sagrado Corazón cosida nas chaquetas e nos uniformes.

[3] Fonte: Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica.

[4] O Gobernador Civil era do mesmo partido que ó alcalde guardés.

[5] Se entende bastons das bandeiras.

[6] Este sería o 2º alcalde da Guarda do Movimiento Nacional, Nicolás Alonso Linares, casado con Felicidad Andreini Verde, presidenta da Unión Regional de Derechas Autónomas de La Guardia-Sección Femenina, antes estivera casada con Luís Martínez Lorenzo.

[7] Dono do xornal El Pueblo Gallego e antiguo alumnos dos xesuitas en O Pasaxe de Camposancos.

[8] Tomiño 1891-1972. Foi alcalde republicano de Tomiño e membro da Federación Agraria de Tomiño.

[9] Esposa do republicano Francisco Rodríguez Otero, asasinado por falanxistas o 4/10/1936 en Mondariz.

[10] Novás foi alcumado pola dereita do Rosal como la pequeña Rusia.

[11] Constituído o 1 de agosto de 1920.

[12] Constituída 2 de xuño de 1931.

[13] 9 de maio de 1933.

[14] Falecido no afundimento do cruceiro Baleares, nº 179 da relación de falecidos, soldado 2º de Infantería de Marina.

[15] Fillo de Juan Noya Gil e Dolores Domínguez Pacheco, finado fai uns anos, súas cinzas foron esparexadas no mar da Guarda.