www.galiciasuroeste.info

Antonio González Lomba

“Santa María”  

 

Derradeira fotografía que tirei a Antonio e súa muller Chelo, en xullo de 2009, dentro da nave das redeiras no Muelle, con motivo da exposición de temas mariñeiros

 

----------------------------

 

Vén de falecer outro amigo a quen tiña moito aprecio, dende que nos coñecemos nos anos sesenta con motivo de que ámbolos dous xogabamos o fútbol no Sporting Guardés, logo fomos trabando amistade, que continuou no tempo, teño gratas lembranzas de ir de pesca as fanecas con liña na gamela “Real Madrid”, equipo do que era un forofo.

 

Coincidimos na Corporación municipal da Guarda unha lexislatura (1991/1995), como concelleiros, el no Partido Popular,  eu no PSdeG-PSOE. Dimitín en 1994 para dedicarme totalmente a Asociación “Érguete Baixo Miño”, él seguíu ata o final pero non volveu presentarse.

 

A amistade continuou, tomando algún viño no “Barquiño” (Bar Ligero) e cando baixaba da oficina de Érguete algunha tardiña contemplaba as partidas de tute que “Santa María” disputaba no bar “O Pescador”. Sempre era interesante oir seus chascarrillos cando o compañeiro non facía ben as xogadas, era todo espectáculo. Agora ben, cando se enfrontaban o Madrid co Barça ía para a casa porque se perdía o Real era a comidilla dos demais mariñeiros e logo cabreábase, cando era ó contrario entón era el o que turraba cos demais.

 

O apelativo de “Santa María” veo motivado a que sempre foi un forofo do Real Madrid e do xogador José Emilio Santamaría Iglesias, “defensa central fuerte e inflexible”, semellante o que Antonio quería ser e intentaba, a outro nivel naturalmente, no Sporting.

 

De carácter enérxico, pero boa persoa, foi un dos fundadores da Banda ou Treboada Mariñeira “Banda Negra” a quen todos os seus compoñentes, sen distinción de clase ou categoría, obedecían sen “rechistar”, por iso esta treboada se distingue das demais pola súa disciplina, sobre de todo no desfile do sábado. O pasado ano foi o derradeiro no que subíu ao Trega o día da Romaría popular mais enxebre de Galicia que data de 1913.

 

Mariñeiro/ gameleiro case que toda a súa vida, que eu me lembre, independente sempre, a pesca no río na tempada da lamprea e no mar durante os demais meses do ano. Intelixente e ben preparado na escola, durante anos foi empregado nunha empresa relacionada ca construcción na Coruña, sendo o dono Agustín Riego Lomba, onde tamén colleu moitas amistades, voltando ao seu barrio da Marina e proseguindo de novo o seu labor no mar como gameleiro, o igoal que fixera a meirande parte da súa vida, sempre foi unha “persona independente”. 

 

 

   

Campo de Sabariz en 1961 xogouse con camisetas verdes. De esquerda a dereita: Javier Franco Lomba, directivo; Victor Manuel Baz Coello “Salmerón”; Benjamin Álvarez Portela; Antonio González Lomba “Santa María”; Joaquin Morales González “Quinito”; Manuel Rodríguez Ferreira “Peolla”; Fernando Pérez Sierra; Enrique Silva Peniza “Quique” (q.e.p.d.). Abaixo: Celso Ferreira Silva “Cueviñas”; Nemesio Vaquero (q.e.p.d.); Florencio Gutiérrez Melero; Manuel Berrecoso Rodríguez e Luís Alberto Franco Lomba”.

 

Conxunto do Sporting 1962, con José Alfonso Rebollar “Pepiño” de adestrador.

 

Domingos Pérez; Manuel Martín Baz; Antonio González Lomba; José Antonio Lomba Vicente; José Rodríguez Ferreira, Fernando Pérez Sierra; Enrique Silva Peniza (q.e.p.d.); Celso Ferreira Silva “Cuevas”; Joaquin Morales González; Nemesio Vaquero (q.e.p.d.); Manuel Berrecoso Rodríguez; Luís A. Franco Lomba.

 

 

Campo de “La Palma” en Baiona o 3 de marzo de 1963.

Erizana, 4 – Sporting Guardés, 5

 

Campionato de Zonas “Baixo Miño - Val Miñor”. Domingos Pérez Martínez “Mingos”; Manuel Lomba de la Peña “Peña”; Antonio González Lomba “Santa María”; Agustín Alfonso Sousa “Alfonso”; Manuel Martín Baz; Enrique Pena Alonso; Enrique Silva Peniza “Quique” (q.e.p.d.); Victor Manuel Baz Coello “Salmerón”; Luís Alberto Franco Lomba “Berto”; Fernando Pérez Sierra ; José A. Uris Guisantes; e Bernabé Álvarez Sobrino “Bernabé”(q.e.p.d.). Fotografía de José A.Uris Guisantes.

 

Conxunto do Sporting Guardés en 1963. Fotografía de José A. Uris Guisantes. Poden verse os Directivos. Esteban Doiro Rodríguez, Manuel Alonso González e Héctor Rocha Rocha. A esquerda Manuel Martín Goyás e Javier Franco Lomba, do alto non me lembro.  Antonio “Santa María” enriba  4º pola esquerda.

 

 

Estadio do Tecla, 1º de maio de 1963. 

Sporting Guardés, 3 – Rápido de Sabaríz, 1.

 

Domingos Pérez Martínez;; Ermelindo Pena Alonso; Antonio González Lomba; Lorenzo Álvarez Alonso “Bernavé”; Manuel Lomba de la Peña; Manuel Martín Baz;  Eduardo Uris Guisantes (q.e.p.d.); Fernando Pérez Sierra; Javier Franco Lomba; Manuel Berrecoso Rodríguez e Luís Alberto Franco Lomba. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

 

 

Un dos conxuntos do Sporting Guardés dos primeiros tempos cas camisetas verdes en 1964.

 

Domingos Pérez Martínez; José A. Uris Guisantes; Antonio González Lomba “Santa María”; Ermelindo Pena Alonso; Manuel Rodríguez Ferreira “Peolla II ”; Joaquin Morales González “Quinito” (q.e.p.d.); Benjamin Álvarez Portela “Jamín”; Enrique Silva Peniza “Quique” (q.e.p.d.); Celso Ferreira Silva “Cueviñas”; Manuel Martín Baz; Fernando Martínez Rodríguez “Nando”; Fernando Pérez Sierra “Sierra”; Manuel Berrecoso Rodríguez “Berrecoso”  e Lúis Alberto Franco Lomba “Berto”.

  

Equipo de Casados, nas Festas do Monte de agosto de 1966, ca camiseta do Deportivo Guardés.Fotografía propiedade de don Manuel Sobrino Sobrino de Buxán. Antonio González Lomba segundo pola dereita enriba.

 

Equipo de Casados: De esquerda a dereita: Isaac González González “Isá” (q.e.p.d.), José Martínez Álvarez “Polis II”, non sabemos quen o seguinte, porteiro Manuel Vicente Portela “Sandrini”, Antonio González Lomba “Santa María”, José Vázquez Sousa “Meco” de Camposancos, José Uris Fernández “ Pinta”(q.e.p.d.),  Luís Pereira Díaz “Licha”, Manuel Díaz González “Ligero” (q.e.p.d.), Fernando Pereira Díaz “Nando” (q.e.p.d.) é Brasilino Martínez Rodríguez “Chelino” da Cruzada.

 

Antonio González Lomba na súa gamela “Real Madrid” con un túnido que quedara collido entre as mallas. Podemos ver a Isaac González González (q.e.p.d.) seu amigo e membro da “Banda Negra”, o lado Agustín Riego Lomba (q.e.p.d.). Fotografía cedida por  www.informaticagranada.com

------------------------------------

 

Antonio González Lomba “Escucha”, esparando as redes na Ribeira, axudado por seu cuñado Tomás (q.e.p.d.) esposo de súa irmán Celia González Lomba, súa esposa Chelo Pacheco Rodríguez, a tía Elvira Lomba, nai de Antonio, e a tía Teresa Rodríguez nai de Chelo.

Fotografía cedida por, www.informaticagranada.com

 

 

A “Banda Negra” en 1970, Antonio “Santa María” é o primeiro pola esqueda ca caixa verde. Fotografía propiedade de José A. Uris Guisantes.

-----------------------

A “Banda Negra” no Estadio do Trega en agosto de  1971. Antonio González Lomba é o primeiro pola dereita. Fotografía de Luís Cadilla González. Propiedade de José A. Uris Guisantes.

 

Festas do Monte de 1992. Desfile Folclórico do sábado. Compoñentes da “Banda Negra”.  Podemos ver a Isaac González  e Antonio González Lomba, ambolos dous dirixentes da “Banda Negra”.Fotografía de Manuel Sobrino Sobrino.

------------------------------------

 

A “Banda Negra” no XXV Aniversario da súa fundación. Antonio  é o primeiro pola esquerda de pé. Fotografía propiedade da “Banda Negra”.

-----------------------------

 

 

 

Antonio González Lomba “Escucha” na Baixada de 1998. Fotorgafía de Uris, cando pasaban pola Botica as 11,30 h.

----------------------------

 

Antonio González Lomba dirixindo a Xura no eido dos cregos na Romaría do Trega en agosto de 2008. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

 

En primeiro plano Chelo Pacheco Rodríguez, esposa de Antonio González Lomba “Escucha” atenta as directrices que Antonio estaba indicando aos distintos compoñentes da “Banda Negra” en agosto de 2008. Fotografía de José A. Uris.

 

----------------------------------------------

 

Feliciano Rolán Vicente

 

Buenos Compañeros…

(Brindis improvisado)

 

Buenos compañeros, ya llegó la hora

el mundo inflexible nos la viene a dar

¿no oís la palmada potente, sonora

que es premio en aplausos, y apremio en llamar?

 

Hasta hoy vivimos entre bastidores

mirando la escena con cierto temor,

sentimos orgullo, alegría, dolores

ante los vencidos o los vencedores.

 

¿Será nuestra suerte mejor o peor?

Somos personajes de la gran comedia,

ha sonado el timbre y se alza el telón,

el público vibra, observa y asedia

enrtemos sonrientes, late un corazón.

 

Con la frente alta, sencillos y fieles

la marcha iniciemos, que seguridad

va siempre encauzada, por fijos rieles

siguiendo una ruta: trabajo y verdad.

 

Feliciano Rolán

 

 

José A. Uris Guisantes