www.galiciasuroeste.info

 

Joaquin Saúl Rodríguez

Por José A. Uris Guisantes

 

Joaquin Saúl Rodríguez

 

Joaquin Saúl Rodríguez, nace un 16 de novembro de 1876 no barrio de Ribadavila,  rúa de San Onofre (actual rúa San Bernardo) fillo de Segundo[1]Mª Jimena, escritor, poeta, propietario, emigrante en Puerto Rico. Traballou na empresa José Martínez Salcidos[2] Sociedad en Comandita. Colaborador como correspondente dende Puerto Rico nos semanarios Heraldo Guardés; La Voz del Tecla  e Nuevo Heraldo. Outros irmáns foron José Mª e Dolores Saúl Rodríguez.

 

Atopei documentación sobre o seu pai, Segundo Saúl cando debe alistarse na Milicia Nacional da provincia de Pontevedra en abril de 1873. Daquela tiña 35 anos, estaba solteiro con domicilio en Ribadavila, de profesión telleireiro…

 

En Puerto Rico casa con Paula Maldonado Morales, natural de Jurabo. Fillos: Enrique, Arturo, Joaquin e Fernando Saúl Maldonado.  Volta ao seu pobo natal en 1918, pero en 1921, debido a que a súa esposa non se adaptaba na Guarda volven a Puerto Rico. Paula falece en 1927.  Foi socio e vocal da Pro Monte e do Recreo Artístico Guardés. Cofundador do Club de Artesanos, con sede na rúa Cervantes, antigo domicilio do empresario, avogado e alcalde don Domingo A. Español López e logo cuartel da garda civil durante moitos anos, parece que máis tarde mercado por don Manuel Álvarez Vicente (propietario e Alcalde da Guarda), ó que anos máis tarde mercaría Alcides Alonso Sobrino.

 

O Club de Artesanos foi inaugurado o 7 de novembro de 1920, sendo o seu presidente honorario, Joaquin Saúl Rodríguez. A sede social estaba na rúa Cervantes, anos máis tarde sería  cuartel da garda civil. Tamén colaborou na consecución do edificio para Hospital Casa Asilo de La Guardia.

 

Respecto do Club de Artesanos, xérmolo da cultura popular que aínda hoxe non foi imitado, a pesares de terse intentado foi clausurado, rexistrado e disolto a partir da entrada das tropas sublevadas contra a República na Guarda o 27 de xullo de 1936.

 

Unha pincelada das actividades do Club de Artesanos: O 21 de febreiro de 1927. […] Oficio del Gobierno Civil al Sr. Alcalde de La Guardia don Manuel Álvarez Vicente.

 

 Sobre la solicitud del Club de Artesanos para que autorice  al Coro Los Enxebres para visitar varias sociedades del Rosal y Tomiño, los días de Carnaval próximos. He acordado que dicho Coro lleve a cabo las proyectadas visitas, siempre que en las canciones de su repertorio no se haga alusión injuriosa a personas o entidades y se ajusten a las reglas de la moral. Dios guarde a V muchos años. Pontevedra 21 Febrero 1927. Fdo. El Gobernador. Lembrar que España estaba baixo o goberno do xeneral don Miguel Primo de Rivera e un Directorio Militar.

 

Como o último presidente do Club de Artesanos viña sendo José Mª Rolán e a pesares de que  estaba clausurado, as autoridades franquistas obligan a que asine o seguinte escrito, sen haberse levado a cabo o que Rolán debe asinar…  Era alcalde da Guarda, nomeado polo Comandante Militar de la Fuerza que Opera en Tui, capitán Eduardo Rodríguez González o fotógrafo profesional de orixe castelan, Mariano Jiménez Hueto de triste lembranza para as familias republicanas guardesas.

 

[…] 4 de enero de 1937. José María Rolán Rodríguez como presidente del Club de Artesanos comunica al Alcalde-Delegado de Orden Público.

 

El que suscribe, ex presidente de la Sociedad Recreativa, Club de Artesanos de esta Villa, pone en si conocimiento, que el 31 del pasado mes de diciembre de 1936, cerró sus puertas al servicio de los socios, cuyo acuerdo fue tomado en Junta General celebrada oportunamente en los salones de la misma, según lo preceptúa en su interior el Reglamento. Lo que tengo el honor de poner en conocimiento de su autoridad –como hizo al Sr. Gobernador Civil de la provincia ,para que se sirva ordenar su baja en el Registro de la contribución correspondiente. Dios guarde a usted muchos años para bien del pueblo y de la Patria. Fdo. José Mª Rolán. 

 

No Arquivo Histórico provincial de Pontevedra atopei estes datos do Goberno Civil: …Club de Artesanos de La Guardia, presentación solicitud y Estatutos el 22 de julio de 1920, constituída oficialmente el  1 de agosto de 1920, siendo disuelta el  31 de diciembre de 1936.

 

En Puerto Rico faise membro da Liga de Republicanos Españoles, fundada polo asturiano Manuel Fernández Juncos (1846-1929), forma parte como numerario da Logia Masónica Palafox nº 147 de San Juan de Puerto Rico. Viúvo volve casar con Blanca Colón o 22 de novembro de 1945 en Puerto Rico, onde falece o 19 de maio de 1960 no Hospital da  Sociedad Española de Auxilio Mutuo, fundada un 19 de novembro de 1882 e inauguradas as instalacions en 1883.

  

En 1986 a Agrupación Cultural Guardesa dedicou o Día das Letras Galegas á súa memoria. Un dos grandes amigos foi don José Mª Rolán Rodríguez, xastre, poeta[3], escritor e tertuliano, último presidente do Club de Artesanos cando foi disolto polo goberno de Franco en 1936.

 

Dende Puerto Rico en 1953 enviaba  uns poemas a Rolán co título ¡Hei de volver a ela ¡ (referíndose aá súa terra da Guarda).

 

Muito tempo vai pasando

dinde que tal prometín;

Pero o meu día esperando…

¡Seica xa non ven pr´a min ¡

 

Eu non sei…

eu non sei cando será.

Non sei cando será qu´eu poida volver a miña

bendita terra galega.

 

Non´o sei.

Pero, si Deus quer, hei de volver a ela…

¡Hei de volver ¡…./…

 

 

Á dereita, Dolores Saúl Rodríguez Saúla, finada arredor de 1959, ao seu lado Pilar Aisa Fernández e seu fillo Ramón de Vicente Aisa, cun caramelo na boca, que foi quen enviou a fotografía

------------------

 

 

Croquis do retranqueo da rúa ou prazoleta de  San Bernardo ca Travesa de San Bernardo (hoxe rúa da Guía) ata Fonte dos Campos na rúa Calvario en 1959.

 

Soamente retranquearon os irmáns José Mª, Joaquin e Dolores  Saúl Rodríguez, pese a que Isidoro Álvarez Cividanes e súa esposa Erundina Sobrino Rodríguez estaban de acordo pero o final non aceptaron. Os irmáns Saúl non estiveron conformes, pero como estaba ausente en Puerto Rico, súa irmán no tiña a capacidade de protesta como eles. Cando se enteraron de que o matrimonio non aceptara doar a súa parte… as obras de retranqueo de muro xa estaban rematadas¡¡.

 

En sesión da Comisión Municipal Permanente celebrada o 17 de xuño de 1959, presidida polo Alcalde don Ermelindo Portela foi aprobado, entre outros asuntos, o retranqueo da Transversal San Bernardo a que anos máis tarde levaría o nome de rúa da Guía. Nesta sesión, os irmáns  Joaquin e José Mª Saúl Rodríguez e o comerciante da prazoleta de San Bernardo, Isidoro Álvarez Cividanes estaban de acordo en ceder os terreos necesarios para ampliar a rúa. 

 

Na sesión plenaria celebrada o 24 de agosto de 1959, presidida polo Alcalde don Ermelindo Portela Gómez, donde, entre outros asuntos, foi aprobada a Moción da Alcaldía …para retranquear la calle Transversal San Bernardo hasta la Fuente de los Campos... Cuestión esta que o final soamente retranquearon a parte da finca dos irmáns Saúl Rodríguez, mentres que o matrimonio Isidoro Álvarez Cividanes e Erundina Sobrino Rodríguez se negaron.

 

Eiquí podemos ver dous documentos relativos a este asunto que no seu día supuxo un pequeño gran adianto para a entrada ao Barrio co handicap dunha parte que non cumplíu a palabra dada . Existe un erro na carta de José Mª Saúl en canto o segundo apelido de Isidoro que figura como Peniza, sendo Cividanes.

 

 

Esta é a carta dirixida ao 1º tte de alcalde don Rafael Salcidos Sobrino, veciño ademais do Ribadavila, onde José Mª  Saúl lle dá as queixas e fala dun documento entregado a don Tomás Rodríguez Rodríguez do que figura maáis abaixo a copia ó que na realidade Tomás Rodríguez nun debeu de levalo a bo termo, pese a estar varios meses de veraneo na Guarda.

 

Copia do documento a que se refire don José María Saúl no seu escrito do 15 de outubro de 1959. Finalmente o retranqueo da esquina entre San Bernardo e actual rúa da Guía foi levado a cabo por compra de todo o solar de Isidoro e Erundina por unha Inmobiliaria que construíu varios apartamentos a que por obriga legal debeu de retranquear fai uns tres anos.

 

Existen algún escritos sobre José María Saúl que trata en máis profundidade outros asuntos relacionados co Recreo Artístico Guardés a pro Monte etc.

Ribadavila, novembro de 2012

José A. Uris Guisante


____________________

[1] En abril de 1873,  Segundo Saúl Rodríguez  de  Ribadavila figuraba como componente de la Milicia Nacional con 35 años, soltero de profesión tejero.

[2] Alcumado na Guarda Pichipén, armador e propietario, antes da guerra incivil inmigrou ca familia a Barcelona.

[3]  Co seudónimo de El Vate.