www.galiciasuroeste.info

Josefa García Segret

por José A. Uris Guisantes 

    Fotografía da antiga prisión de mulleres republicanas de SATURRARÁN, entre Motrico en Ondárroa, cedida polo investigador asturiano  Marcelino Laruelo Roa.

    Nesta prisión estivo a mestra de Tomiño, dona Josefa García Segret a quen lle "pasearon" o esposo don Hipólito Gallego Camarero, mestre de Forcadela (Tomiño). Foi sacado da prisión de Tui por membros da Escuadra del Amanecer sen que o carceleiro Francisco Meis  poidese facer nada. Cribado a bayonetazos e tiros na entrada do pobo de Mondariz un 4 de outubro de 1936, xunto ao ferreiro de Caldelas e outros catro máis, todolos eles maltratados seus corpos, é soamente tiñan o delicto de ser republicanos... sen haber feito dano a ninguén...

    Dona Josefa estivo en distintas prisións de España, entre elas a de Saturrarán onde chegou en febreiro de 1938, logo a de Palma de Mallorca, dende o 5 de xaneiro de 1941, para volver outra vez a Saturrarán un 8 de agosto de 1943, sae o 22 de marzo de 1944. O 20 de xullo de 1944 chega a Vigo.

    Por seguir atopándose mal acode a Clínica do Dr. Arrillaga en San Sebastian debido ao estado anémico en que se atopaba. Pasa a Clínica Millán de onde sae o 1 de marzo de 1945.

    Mais tarde é atendida na Clínica de Cirurxía e Especialidades do Dr. Torréns Santigosa en Cabeza del Buey (diagnóstico: "estado depresivo y desintegración hemática", "reumatismo infecioso y apendicitis, además de otras lesiones").

    Chega a Madrid (aconsellada polo médico amigo Dr. Emilio Ayanz) á Clínica Larruga Calvo onde a volven a atender confirmando os anteriores diagnósticos.

    Un 24 de abril de 1946 chega  A GUARDA co fin de visitar a súas amigas. Manuela Baz Domínguez (muller de Antonio Domínguez Pacheco fusilado xunto a seu irmán na Sangriña en agosto de 1936, xusto detrás da entrada ao IESP) e a Manuel das Auroras que a protexeran e axudaran.... máis a familia TAXOTA. Ata o 12 de abril de 1948 que vai para Vigo, volvendo visitar ás amigas en maio de 1953, viaxa por varias localidades e despídese en 1982.

Libro "Abajo las dictaduras" de dona Josefa García Segret. Publicado en 1982 en Vigo

  

José A. Uris Guisantes