|
|
Venres, 30 de setembro de 2011 “Brasilino”, de Xurxo Chirro, recibe o 3ª premio do SOCIALCINE 2011 da Coruña A curtametraxe experimental que leva por título “Brasilino” acaba de recibir o terceiro premio do certame Socialcine Coruña 2011. Organizado pola Consellaría de Asuntos Sociais da cidade herculina, este programa ten como obxectivo o fomento do uso dos medios audiovisuais como ferramenta para concienciar a cidadanía en temas de carácter social. Esta obra, do guardés Xurxo Chirro, pretende sacar á luz o testemuño directo de Benedicta (unha muller centenaria do barrio da Cruzada) sobre a figura de Brasilino Álvarez, o último alcalde republicano da Guarda, fusilado durante o comezo da Guerra Civil. Ao mesmo tempo que se produce a narración vaise perfilando a imaxe da casa onde naceu Brasilino, derrubada recentemente. O xurado recoñeceu a intención por parte do director de indagar na natureza dos recordos tentando ilustrar o proceso de memoria. Unha interpretación do noso pasado desde a actualidade do presente.
Venres, 30 de setembro de 2011 Excepcional trabajo del grupo guardés The Winning Numbers que hace un adelanto de su primer single El grupo guardés The Winning Numbers estrena el video clip del primer single del EP "Introducing The Winning Numbers" que saldrá próximamente, grabado en Estudios Musicales Metrópolis de Vigo con el guardés Fran Álvarez. El vídeo ha sido realizado en conjunto por Petit de la Crème y éxfico art dis. Sigue al grupo en http://www.facebook.com/pages/The-Winning-Numbers/163906966967889
Venres, 30 de setembro de 2011 O BNG solicitará no pleno da Guarda a retirada por parte da Xunta da orde sobre os novos prezos dos bens inmóbeis O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción para ser votada no pleno ordinario que se celebra hoxe, na que solicita a derogación da orde da Consellería de Facenda do 28 de xullo de 2011, pola que se aproban os prezos medios no mercado de determinados inmóbeis rústicos e urbanos sitos en Galicia para os exercicios 2010 e 2011. O BNG tamén solicita a aprobación dunha nova norma que fixe novos valores medios dos inmóbeis que teñan en conta a situación de crise económica e que, polo tanto, non supoñan incrementos respecto dos valores vixentes. Para o BNG a aplicación desta norma conlevará un aumento xeralizado e abusivo dos impostos que gravan as transmisións patrimoniais, unha situación que afectará negativamente á maioría dos veciños e veciñas do concello da Guarda. Segundo o BNG, a subida media das taxacións dos inmóbeis que pretende aplicar a Xunta de Galiza, estímase entre un 25 % e un 30 %, chegando nalgúns casos ao 65 %. “En realidade estamos ante unha suba encuberta de impostos aplicada pola Xunta do PP. O mesmo PP que nas campañas electorais promete que non vai subir os impostos”, comenta a concelleira do BNG, Hortensia García. Para o BNG a aprobación desta norma demostra a nefasta xestión aplicada pola Xunta de Galicia, que incapaz de facer unha xestión realmente eficaz dos recursos públicos, bota man de mecanismos que implican un incremento desproporcionado de impostos sen importarlle a difícil coxuntura económica na que se atopan a maioría das persoas deste país.
Xoves, 29 de setembro de 2011 O venres ás 20 horas a Corporación da Guarda celebrará sesión ordinaria de Pleno O concello da Guarda celebrará o venres, 30 de setembro, sesión ordinaria de Pleno da corporación, ás 20 horas, con dez puntos na Orde do Día: 1.- Aprobación actas anteriores (ordinaria 29/07/2011 e extraordinaria 16/09/2011); 2.- Dar conta decretos e ordes de pago; 3.- Proposta da Alcaldía de rectificacións puntuais do inventário de bens municipais; 4.- Expediente modificación de Créditos 16/2011; 5.- Actualización Ordenanzas fiscais I.P.C. para ano 2012; 6.- Cambio finalidade anexo inversións ano 2011; 7.- Conta xeral ano 2010; 8.- Recoñecemento extraxudicial nº 2/2011; 9º.- Mocións: (por orde de entrada na Rexistro debatiranse as seguintes) de CG: “Proposta para a posta en marcha da “Eurocidade Caminha-A Guarda” e “Solución á problemática sobre o tema do Ferry”. Do BNG: “Control abusivas comisións bancarias” e “Derogación da orde pola que se aproban os prezos de inmobles rústicos e urbanos”. De CG: “Dia internacional da infancia”. Do BNG: “Restitución das axudas á normalización lingüística” e “Devolucións correspondentes ás liquidacións negativas da participación nos ingresos do Estado”; 10.- Rogos e preguntas
Xoves, 29 de setembro de 2011 Exposición das listas electorais para as eleccións a Cortes Xerais de novembro Entre os días 3 e 10 de outubro, ambos inclusive, poderán consultarse nas oficinas do concello da Guarda as listas do Censo Electoral que se utilizarán nas Eleccións a Cortes Xerais do vindeiro 20 de novembro. O horario de consulta será entre as 8.00 e as 15.00 horas, de luns a venres, consulta que deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir). É convinte que aquelas persoas que cambiasen demicilio, ou que cumprisen 18 anos recentemente comproben a súa correcta inscrición no censo.
Mércores, 28 de setembro de 2011 Chega á Guarda a exposición do Fondo Galego de Cooperación ‘Influír no global desde o local’ O Concello da Guarda, socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, acolle ata o 8 de outubro a nova exposición da asociación municipalista, ‘Influír no global desde o local: as entidades locais galegas perante un mundo desigual e inxusto’. A mostra poderá visitarse no Centro Cultura da Guarda, C/ Rosalía de Castro, 14 en horario de luns a venres de 9:30 a 13:00 e 17:00 a 20:00 horas. A través dunha ducia de paneis deseñados por Pepe Carreiro, a exposición ‘Influír no global desde o local’ pon de relevo o papel dos Concellos e as Deputacións na cooperación para o desenvolvemento. Á vez, realízase unha viaxe no tempo para repasar anos de traballo do Fondo Galego, descubrir a súa razón de ser e achegarse aos proxectos desenvolvidos neste período. Preténdese aproximar a cidadanía aos problemas dos países do Sur, o sistema de cooperación internacional e o rol que dentro del poden e deben desenvolver as entidades locais galegas e a súa asociación: o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A mostra amosa os desequilibrios Norte-Sur; o por qué, para qué e cómo da cooperación para o desenvolvemento e concretamente da cooperación desenvolvida desde as Administracións locais, as características fundamentais da cooperación local galega e o labor do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Trátase, pois, de contribuír a que a veciñanza sexa un pouco máis consciente da realidade internacional e dalgúns dos seus problemas fundamentais, chamando a atención sobre a intensa relación global/local e a conseguinte necesidade de que as entidades locais galegas teñan voz propia no mundo.
Mércores, 28 de setembro de 2011 Del 12 al 16 de octubre tendrá lugar la XXVI Exfimiño organizada por la Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa El pasado lunes se presentó en el local Social de la Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, la XXVI EXFIMIÑO, Exposición de Filatelia y Coleccionismo que se celebrará del 12 al 16 de octubre, en los salones del Recreo Artístico Guardes. Para la ocasión, se ha solicitado a Correos un matasellos especial dedicado a Antolín Silva Vicente, vocal de la primera Junta Directiva de la Sociedade Pro-Monte, que será utilizado el día 12 de octubre en la estafeta temporal de correos que estará ubicada en el salón de la exposición. Ese mismo día se pondrán en circulación dos nuevos sellos en A Guarda, en esta ocasión, dedicado al periódico “La Voz del Tecla” en su centenario, y el otro con motivo del Concurso escolar “Un sello para A Guarda”, obra de Miguel González, ganador del concurso convo cado al efecto. El programa de actos, aunque no es todavía definitivo, se iniciará con la Inauguración de la muestra el miércoles.12 de octubre a las 18.30 horas, estando presente el alcalde de A Guarda y la corporación municipal, entre otras personalidades. Constará de una conferencia que ofrecerá el historiador Joaquín M. Villa que hablará sobre la vida del personaje homenajeado, Antolín Silva Vicente. A continuación la asociación InfoMaxe, que colabora en esta ocasión con la Sociedade Filatélica, presentará el libro con motivo del Centenario de “La voz del Tecla” y finalizaraá el acto con la entrega de los premios del concurso de dibujo escolar “Un sello para A Guarda”. En la Exposición estarán las mejores colecciones de los miembros de la SFeNG y una selección de las mejores colecciones de Galicia y Portugal además de maquetas de barcos, los dibujos de todos los participantes en el concurso de dibujo escolar y las portadas de los ejemplares de “La voz del Tecla”. Los días 13 y 14, visitarán la exposición, donde serán guiados por un monitor, los alumnos de los colegios de A Guarda, donde además se les informará cómo iniciarse en el coleccionismo filatélico. La muestra podrá ser visitada por todo el público de 11 a 14 horas y de 17 a 20 horas, siendo la entrada libre. El domingo será la clausura con la entrega de los premios y recuerdos a los expositores de la Exposición. Lista de Expositores Adelino Melo Carabela (Leiría) Correspondencia con vinhetas, além de imposto do selo
Andrés García Pascual (A Coruña) Galicia s. XIX, s.XX Marcas de Cartería
José A. Boullosa (Vigo) Alemania
Paulo de Oliveira Sa Machado (Porto) 8º Centenario da Fundación e 3º Centenario da Restauración de Portugal
Marcelino Portela Lorenzo ( A Guarda) España 1º Centenario
Luciano Lomba Vicente ( A Guarda ) Del Monasterio Rural a la Catedral Urbana
Jorge Martínez Baz ( A Guarda ) Ese desconocido principio
Alfonso Dorado Senra (O Rosal) La Música
José A. Gándara Rodríguez ( A Guarda ) Colón, Rumbo a las Yndias
Marta Rodríguez Verde ( A Guarda ) Belleza y Cosmética Natural
Almudena Taboada Lago ( A Guarda ) El perro siempre útil
Cristina Domínguez Rotea ( A Guarda ) La vela a través de la historia
Manuel Martínez Martínez (O Rosal) Loterofilia Navidad – Castillos de España – Matasellos de ajedrez
Joaquín Vicente Vicente ( A Guarda ) Maquetas de Barcos
Infomaxe Portadas de “La Voz del Tecla”
Dibujos del I Concurso de dibujo escolar “ Un sello para A Guarda”
En las activides de los miembros de la SFeNG, hay que destacar que del 30 de septiembre al 8 de octubre, cuatro de sus miembros participarán en la Exfilna de Valladolid (Campeonato de España de Filatelia) donde participarán 112 colecciones de toda España seleccionadas, de las 136 que hicieron su solicitud, ninguna de las pertenecientes a los miembros de esta Sociedad ha sido rechazada y será la segunda más representada de Galicia. Más información en: http://filateliaguardesa.blogspot.com/
Mércores, 28 de setembro de 2011 ‘Contos coas mans abertas’ sensibilizará sobre a solidariedade internacional na Guarda A xira 2011 do espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización, chega á vila da Guarda o venres, 30 de setembro, concretamente ao Centro Cultural ás 20 horas, con entrada de balde. Tras a excelente acollida colleitada en 2010, a proposta músico-teatral creada pola compañía compostelá A Tropa de Trapo para a asociación de Concellos e Deputacións percorrerá este ano un total de 42 Administracións socias. O espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, dirixido a público adolescente e adulto, baséase en pezas narradas a dúas voces onde a música en directo cobra especial relevancia. Instrumentos como a guitarra española ou o laúde árabe mergullan aos espectadores en historias reais, recollidas case todas en primeira persoa, contos sinceros e achegados que falan do fondo humano que nos une a todos. Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, ‘Contos coas mans abertas’ é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas e grandes soños. Son contos para mellorar e entender o mundo. Mulleres da aldea, cooperantes, guerrilleiros, vacas, inmigrantes ou unha tribo bosquimá son algúns dos protagonistas das historias de Marta Ortiz e Brais Gutiérrez, dous ensinantes de vocación que en 2006 xuntaron as súa inquedanza pola narración oral no proxecto A Tropa de Trapo. Desde entón levan percorrido toda Galicia, e mesmo outras Comunidades Autónomas, facendo reflexionar a nenos, mozos e maiores cos seus diferentes espectáculos. O Fondo Galego O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que engloba a 96 Concellos e ás catro Deputacións de Galicia. Fundouse en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galego no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste xeito de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do Sur e facilitar unha meirande sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 135 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do Norte e do Sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade está a implementar unha intervención de post-emerxencia no Haití e mantén aberta unha conta de emerxencia para contribuír a paliar a crise alimentaria no Corno de África.
Martes, 27 de setembro de 2011 O grupo guardés “TBM Show” en A Galega O grupo guardés “TBM Show” estará hoxe, martes 27, a partires das 17.15 horas no programa da TVG "A Solaina" interpretando un tema musical. Este grupo creouse no ano 1995, en principio con dous componentes: Santi (guitarra e voz) e Jorge (teclado e voz). En 1998 o dúo desaparece como tal e reaparece no 2000, con catro membros. Máis tarde se incorpora unha voz feminina, Rebeca. No 2001 marchan dous compoñentes e se incorporan outros dous. A formación contará así con Jorge (dirección, teclado e voces), Gil (guitarra e voces), Manuel (voz masculina), e Bibi (voz feminina). En 2002 deixa a formación Gil e, en 2003, por razóns de estudos, abandona o grupo Bibi, incorporándose Angelina, trío que se mantén ata 2006 en que Manuel e Angelina deixan “TBM Show”, e pasan a forman o novo trío Miguel e, temporalmente, Fity, ata 2008, que entra Maeva. Desde entón “TBM Show” está formado por Maeva, como voz feminina; Miguel, voz masculino e percusionista, e Jorge, teclista, arreglista, voz e dirección.
Martes, 27 de setembro de 2011 O BNG presenta unha moción para que se limiten os cobros abusivos nas comisións bancarias O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar no rexistro do concello da Guarda, unha proposta na que solicita que o Goberno do estado adopte medidas para impedir que se produzan aumentos das comisións que aplican as entidades bancarias. Na proposta do BNG solicítase que se realice unha supervisión das comisións das entidades financeiras estabelecendo límites máximos que teñan en conta o custo real do servizo prestado. O BNG tamén solicita que se obrigue ás entidades bancarias a ofrecer de forma transparente o importe das comisións polos distintos servizos. Para o BNG é necesario que se aproben de forma inmediata as normas legais precisas para evitar que por parte das entidades financeiras se manteña o cobro abusivo en concepto de mantemento ou administración de contas correntes ou de aforro, e obrigar á devolución das cantidades ingresadas en caso de persistir nesta práctica. O BNG lembra que as comisións que cobran as entidades financeiras experimentaron unha subida significativa en plena crise económica, ao mesmo tempo que seguen acumulando cuantiosos beneficios, 3.174 millóns de euros no primeiro trimestre deste ano. “A aplicación destas cláusulas abusivas e inxustas por parte das entidades financeiras non pode ser consentida de maneira indefinida. Non é xusto que mentres estas entidades acumulan cuantiosos beneficios restrinxan o crédito a maioría de persoas, pequenas e medianas empresas e sigan cobrando comisións abusivas diante dunha crise económica sen precedentes”, subliña o portavoz municipal do BNG, Xan Lois lomba.
Martes, 27 de setembro de 2011 Converxencia Galega recorda a conmemoración do Día Internacional da Infancia O vindeiro 20 de Novembro é o Día Internacional da Infancia, por coincidir neses día a aprobación pola ONU da Declaración dos Dereitos dos Nenos de 1959, así como aprobacións da Convención sobre os Dereitos dos Nenos de 1989. Valoramos positivamente os grandes avances logrados en materia de infancia e xuventude que leva acadado a nosa sociedade. Sabemos que o Concello é a Casa de tódolos cidadáns e asimesmo é a Administración que está máis perto, a que sempre buscan para atopar solucións ós seus problemas. Agora vemos a necesidade de abrir e achega-lo Concello ós seus veciños, para que estes o coñezan, pero esta labor de instrucción e transparencia onde máis froito pode dar é entre as novas xeracións; dende o Concello e os cargos electos debemos espallar nestas novas xeracións valores civícos, de tolerancia, convivencia, igualdade e respeto ós demáis, reflexionar sobre os problemas da nosa sociedade e plantexarlles solucións a estes,... que eles vexan e practiquen dende novos os valores democráticos e da participación cidadán na vida social, que as nosas libertades comportan uns dereitos, pero tamen uns deberes. Nun futuro non moi lonxano serán estes nenos e nenas os que ocupen os lugares e responsabilidades que hoxe temos nós. Dende o grupo municipal de Converxencia Galega propomos ó Pleno do Concello a toma do seguinte acordo. 1º) Realizar entre a datas do 20 de novembro (Día Internacional da Infancia) e o 6 de decembro (Día da Constitución de 1978) un Pleno Municipal Infantil, onde nenos e nenas dos colexios do Concello por un día sexan os concelleiros e Presidente da Corporación. 2º) Facer un labor pedagóxico dos concelleiros xunto cós profesores destes nenos, para explicarlles que é o Concello, que facemos realmente, o moito traballo administrativo que temos para levar adiante o día a día do Concello, os moitos campos e responsabilidades que abarca.
Luns, 26 de setembro de 2011 O BNG pide no Parlamento español unha solución definitiva ao ferry A Guarda-Caminha A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa no Parlamento español na que se solicita unha solución definitiva a actual situación do ferry entre A Guarda e Caminha. A deputada nacionalista lémbralle ao Goberno español que son reiteradas as ocasións nas que o BNG vén de poñer de manifesto a preocupante situación existente na desembocadura do río Miño. Sendo unha zona que precisa de unha urxente actuación de limpeza e rexeneración da desembocadura. Fernández Davila, pon de manifesto que cando se creou o ferry optouse por abrir unha canle de navegación artificial, cando existía unha canle natural. Neste sentido, reclama a deputada do BNG, á marxe de medidas inmediatas, é necesario que se leve a cabo un estudo pormenorizado para adoptar unha solución de futuro que fose respectuosa co medio ambiente e coa fauna piscícola existente nesas augas. A deputada nacionalista lembra que no ano 2008, a Dirección General de Costas asumiu o dragado do río, traballos que até o momento competía ao Goberno portugués e que realizou durante 10 anos, mentres o Goberno español só realizou un dragado no ano 2.008 e un parcial no ano 2.009. A situación chegou a tal extremo que a Câmara municipal de Caminha anunciou a supresión do servizo no caso de non resolverse o problema do dragado da canle de navegación. Este anuncio motivou malestar e preocupación entre a poboación, sobre todo entre o sector do comercio e hostalaría, dado que as consecuencias serían nefastas. O BNG lembra que este servizo é utilizado por unhas 200.000 persoas e uns 30.000 vehículos ao ano. Dende o BNG apelan ao Ministerio de Medio Ambiente a implicarse neste problema e a comprometerse na busca dunha solución mediante o diálogo, esperando do Goberno central unha actitude de colaboración e de participación que permita manter este servizo no futuro.
Luns, 26 de setembro de 2011 Empate inmerecido en A Sangriña: Spórting Guardés 1 Arbo 1 Informa José María Salcidos.- Guardés.- Pazos, Yuca, Vieri, Solleiro (26 Mario), Dani, Ita, Isidro, Manu,Antón, Javi (74 Mahoni), Mosto (58 Lomba). Arbo.- David, Fran (67 Jorge), Maqui (67 Jesús), Dani, Alvaro, Nacho,Peri (75 Cabano),Rubén, Cousido, Fran II (46 Jesús), Diego. Arbitro.- Daniel Álvarez de la delegación de Vigo, auxiliado por Barba y Gómez. Mostró cartulinas amarillas a David y Alvaro por parte visitante, y al local Dani; expulsó con roja directa el entrenador local en el minuto 25. El Guardés dejó escapar dos puntos que tenía en el bolsillo, básicamente por la falta de puntería, y por no saber sentenciar un encuentro que se le puso de cara a los cinco minutos al conseguir Mosto un buen gol tras un gran pase de Antón. A partir de ahí el dominio fue total del Guardés que se permitió fallar un gran número de oportunidades en las botas de Isidro, Manu, Javi, Mosto, etc. Mientras el Arbo se dedicaba a defenderse panza arriba y a sacar algún que otro contragolpe, que moría en las manos de Pazos. En la segunda mitad, el dominio continuó siendo local, pero el Arbo intentaba llegar más al ataque dando alguna sensación de peligro. Una posible expulsión del portero del Arbo en la primera mitad y una mano dentro del área visitante en la segunda pudo haber dado otro final a este encuentro cuyo resultado sentenció Jesús en el minuto 84, consiguiendo un empate totalmente inmerecido.
El Mecalia arrolla al Tejina Tenerife: Mecalia At. Guardes 36 – B.M.Tejina 22 Informa Ignacio Saa.- En los prolegómenos presentación de los equipos Juvenil, Cadete e Infantil que comienzan la temporada la próxima semana. Salió el Mecalia con mucha seriedad en defensa y muy rápidas al contraataque, lo que se traducía en un 10-0 en el minuto 10. A partir de ahí, se bajó el ritmo y eso permitió a las visitantes ir marcando algún que otro gol, sin que de todas formas el margen bajara de 8 tantos. La incorporación de Alba y la buena disposición defensiva dieron un aire esperanzador al equipo. En la segunda parte se siguieron ampliando las diferencias y de no ser por un cambio masivo en las locales, la goleada hubiese sido mucho mayor, tanto que nos podrían haber dado el primer puesto en la clasificación. (Lo tiene el Zarautz que ganó en Zaragoza 19-38). El resto del encuentro ya no tenía demasiado interés, vista la incapacidad demostrada por las canarias para remontar el marcador. Muy bien lo de dar minutos a las menos habituales y a las juveniles, pero se escapa a nuestra comprensión el cambiar a todas de golpe, no creo que sea beneficioso ni para el equipo que se resiente al incorporar tantas jugadoras en frío (sin ritmo de partido), ni para las propias jugadoras a las que se carga con una responsabilidad para la que aun no están preparadas. Salvo que existan motivos para ello, creemos que los cambios sí, pero alternados y dosificados. Por lo demás, salvo algunas lagunas en defensa, que aunque vienen siendo habituales, lo relajado del marcador las acentuó, por lo demás la afición salió satisfecha del juego realizado. El próximo encuentro es en Tenerife contra el Salud, que aunque perdió en Camargo 35-19, no es significativo, pues ya es habitual que solo viajen con este equipo 8 jugadoras, pero en su cancha sacan toda la artillería, y esta temporada desconocemos su potencial. Balonmano Masculino. Poia Artai 31 – Atletico Guardes 33 Partido donde se llevó la victoria el que mayor acierto tuvo en ataque, que fueron los guardeses, pues ambos conjuntos parece que renunciaron a entregarse en defensa.
Sábado, 24 de setembro de 2011 Partidos de balonmano para este fin de semana Sábado 24 a las 17.30 en Poio 1ª División Autonómica Masculina Poio Artai – Atletico Guardés
Domingo 25 a las 12.30 en A Sangriña División de Honor Plata Femenina Mecalia At. Guardés – B.M. Tejina (Tenerife)
Venres, 23 de setembro de 2011 Zorzada na Gándara Na Praza dos Seixiños da Gándara, onde continúan os actos da Semana Cultural con ocasión da festividade da Virxe das Merccedes organizada pola Asociación de Veciños O Pergamino, terá lugar hoxe unha zorzada popular, que chega á súa edición número vinte e cinco. Comezará ás seis da tarde e finalizará coa Gran Queimada. A xornada terá o acompañamento musical do grupo de gaitas A Boalleira.
ÁBACO destaca a visita do deputado Pablo Baquero a establecementos asociados incluídos na campaña “Plan a túa medida 2011” O pasado mércores 21 de setembro, o deputado Pablo Vaquero xunto cunha técnica da Área de Comercio da Deputación de Pontevedra, visitou a dous establecementos comerciais socios de ábaco, “Muebles Suso” e “Muebles Sousa”, partícipes do Plan A Túa Medida 2011 organizado pola Deputación de Pontevedra. Calcúlase que o 25% dos clientes dun comercio son efecto directo do seu escaparate, o feito de que entre o 60% e o 80% dos produtos se vendan como resultado da súa presentación no comercio, fai da estética a clave da produtividade de todo pequeno comercio. Para iso, o Plan “A túa Medida” ofrécelle a estes establecementos un asesoramento en Visual Merchandising gratuíto, personalizado e no seu propio comercio. Con esta actividade, a Deputación de Pontevedra, contribúe a que estes pequenos comercios asociados a ábaco resulten máis atractivos aos clientes, que se diferencien pola súa imaxe e que sexan recoñecidos por proxectar unha imaxe e uns valores desexables como distintivo.
Venres, 23 de setembro de 2011 Cruz Roja Baixo Miño enseñará a usar el teléfono móvil a mayores de 65 años Muchas personas mayores tienen un móvil o les gustaría tenerlo, pero no saben utilizarlo o tienen dudas en el momento de realizar alguna función (escribir mensajes, guardar números de teléfono en la agenda). Es por este motivo, que se vio la necesidad de hacer cursos para que las personas mayores aprendan a utilizar los teléfonos móviles y se familiaricen con las nuevas tecnologías. El próximo mes de octubre, la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, a través de sus voluntarios, enseñarán a un grupo de personas mayores de 65 años a utilizar correctamente el teléfono móvil, una actividad que se prolongará hasta el mes de noviembre, en horario de mañana o tarde, según las necesidades de los inscritos, y se realizará en la sede de esta institución en A Guarda. Fundamentalmente estos cursos de tres horas de duración, explican desde Cruz Roja, están dirigidos básicamente a personas mayores con dificultades en el uso del teléfono móvil, auqnue también se pueden ofrecer a otros colectivos que tengan interés en aprender su uso, tratándose d euna actividad gratuita. Para más información o inscribirse las personas interesadas pueden dirigirse a la Oficina de Cruz Roja Baixo Miño, en la calle Agustín Nandín Lomba, nº1 Bajo (al lado de la iglesia parroquial de A Guarda) de lunes a jueves, en horario de 8:30 a 14:00 y de 16:00 a 18:30, y los viernes de 8:00 a 15:00 o llamando a los teléfonos 986 61 46 09 o 606 34 84 71.
Venres, 23 de setembro de 2011 Hoxe, festivo local, A Guarda honra A Santa Trega A Guarda, onde hoxe, día 23, é festivo local, honra no Monte Santa Trega á patroa, a protomártir de Iconio que dá nome a esta altura: Santa Trega, con misas que terán como oficios máis destacados a Misa solemne ás once da mañá, á que asisten un importante número de fieis, moitos deles presentado exvostos de cera para pedir a sanación dalgunha parte doente do corpo. Santa Trega, a quen se ten como avogada da cabeza e do corazón, terá a súa procesión despois da Misa. A comitiva dará a volta ao Pico de San Fracisco acompañada dun grupo de gaitas e fieis vestidos co traxe rexional. Tras os actos relixiosos procederase, no espazo de O Púlpito, á subhasta dos produtos ofrecidos a Santa Trega, obxectos moi diversos que van desde os produtos do campo, ata coellos, galiñas, sobremesas, empanadas, artesanía téxtil, e outros moitos que sempre terán un puxador. Este acto finalizará pasada a unha da tarde co sorteo da Monumental Tarta que garda no seu interior unha valiosa sorpresa. Durante a xornada son numerosos os guardeses que pasan o día no Monte, onde se reúnen a comer, pasear e, á tardiña, descenden ao Parque do Cancelón onde celebrarán a merenda-cea.
Venres, 23 de setembro de 2011 Partidos de fútbol del Sporting Guardés El domingo los seniors jurarán en el Estadio Municipal, contra el Arbo C.F., a las 16:00h. Juvenil Liga Gallega: este sábado a las 16:00h en A Sangriña contra A Seca. Es la segunda jornada de Liga. En la primera el Guardés ganó a domicilio al Areas, recién descendido de la categoría superior, por 2 a 5, lo que convierte a los de A Guarda en líderes de la categoría. Juvenil 2ª Autonómica: juegan el sábado a las 11:45h en A Sangriña contra el Balaídos. También llevan un buen comienzo de temporada, pues han ganado 2-3 en la primera jornada al Pontellas. Cadete Liga Gallega: Juegan en el campo Manuel Jiménez (Villagarcía de Arousa) el sábado a las 18:00h contra el Arosa S.C. El pasado sábado perdieron en casa contra el Balaídos por 1-4. Los aficionados esperan que este sábado logren la primera victoria de la temporada. Para este partido el Club pondrá un autobús gratuito para todo aquel que quiera desplazarse a Vilagarcía.La salida será a las 15:00h desde la parada de buses (calle Concepción Arenal), con regreso al finalizar el partido. Infantiles Autonómica: Comienzan la temporada y la andadura por esta nueva categoría tras el merecido ascenso. Jugarán el domingo a las 10:00h en el campo de Ureca (Nigrán) contra el Val Miñor. Este partido viene mal en los calendarios de mano que distribuyó el Club, ya que, erróneamente, pone que se juega en casa.
Xoves, 22 de setembro de 2011 Comezo da tempada no Club de Remo Robaleira No Club de Remo robaleira arrancou a tempada iniciándose os adestramento das categorías Femininas e de canteira Masculina. Os adestramentos son diarios, a partires das 18:30 horas, nas propias instalación do clube, que se atopa ao final do paseo Marítimo, nas proximidades do Museo do Mar-Atalaia. Dende o Clube animan aos rapaces e rapazas, a partires dos 10 anos, e calquera persoa interesada (ata seniors masculino/feminino) a formar parte de calquera das categorías do clube e a pasar polas instalacións ás horas dos adestramentos (de 18.30 ás 22.00) e informarse sen ningún tipo de compromiso. Nestes momentos as categorías coas que conta o Clube de Remo Robaleira son ; Promesas Femenino, Xuvenil Femenino, Absolutas Femenino, Infantís Masculino e Cadete Masculino. Por outra parte as categorías Xuvenil Masculina e Sénior Masculina, comezarán os seus adestramentos oficiais na vindeira semana xa que se están facendo diversas xestión referentes a estes equipos.
Xoves, 22 de setembro de 2011 Delicias de quella, Ruada de Marrajo o Solpor de Marrajo son algunas de las recetas que cuatro restaurantes de A Guarda presentan de la mano de OR.PA.GU La Organización de Palagreros Guardeses (OR.PA.GU), con el apoyo del FROM y del fondo Europeo de Pesca, lanza el primer recetario de quella y marrajo que ya se encuentra a disposición de todos los interesados en algunos restaurantes de A Guarda y en la sede de la propia organización. Quella a la gallega, Zorza de marrajo, Quella rebozada sobre cebolleta morada con vinagreta de algas, Marrajo al albariño con costra de almendras o Solpor de marrajo son algunas de las recetas que se pueden degustar de este primer recetario que la organización de palangreros de A Guarda edita de forma totalmente novedosa. Para llevar a cabo esta iniciativa, OR.PA.GU contó con la colaboración de los expertos cocineros de la tapería Arruaz, restaurante Xantar, restaurante Alborada y restaurante Trasmallo, todos ellos de A Guarda. Si en algo coinciden estos restauradores es en la versatilidad de la quella y el marrajo, su textura y su sabor suave, que permiten el maridaje no solo con los productos típicos de la comarca sino con cualquier otro ingrediente. “Con este recetario pretendemos dar a conocer al consumidor final unos productos de primera calidad, de sabor extraordinario, fácil de cocinar y al alcance de todos los bolsillos. La quella y el marrajo son pescados que nuestra flota y que tienen muy buena salida en los mercados internacionales y del sur de España, pero en Galicia no forman parte de nuestra dieta tradicional”, explica Juana Parada, gerente de OR.PA.GU. La Mar de Beneficioso La quella y el marrajo destacan por su riqueza en proteínas de alto valor biológico; vitaminas B1, B2, B3, B12, A y D; también por su contenido en ácidos grasos como el omega 3, naturales y esenciales y minerales como el calcio, el yodo, el cinc o el selenio. Tienen efectos beneficiosos para el sistema cardiovascular, para el tejido nervioso y para la retina. Pero lo mejor de todo, añaden desde OR.PA.GU. es que está “buenísimo”.
Xoves, 22 de setembro de 2011 O Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino encarga a TRAGSA o dragado da canle do ferri Fontes da dirección de Tragsa confirmáronlle onte ao alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, que o Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino encomendoulle a esta empresa a execución dos traballos de dragado da canle do ferri entre A Guarda e Caminha. As mesmas fontes anunciaron tamén que durante esta fin de semana Tragsa procederá a publicar os anuncios correspondentes de cara a subcontratar unha empresa de dragas que se encargue do dragado da canle. Para ter todo preparado, tamén en terra se van acometer, durante a semana que vén, traballos de preparación do espazo, propiedade de Costas, onde se vai producir o primeiro acopio das areas provintes do dragado. Onte mesmo tamén se tivo coñecemento no Concello da carta do Director General na que di que esta Dirección General pode realizar a actuación que permita o mantemento do ferri en calquera momento, nas vindeiras semanas, só supeditada a que a Xunta de Galicia, órgano xestor do espazo LIC, autorice o dragado. “Estamos convencidos”, di o alcalde, que “dada a urxencia, a autorización da Xunta de Galicia vaise producir en poucos días”. De todos estes extremos o concello xa informou á Caminha, tal e como era o compromiso adquirido polo Alcalde de A Guarda coa Presidenta da Cámara Municipal do veciño municipio portugués.
Mércores, 21 de setembro de 2011 Orpagu llevará sus conservas a Conxemar La Organización de Palangreros Guardeses, OR.PA.GU. estará presente con sus productos de conserva de pez espada, "OR.PA.GU. Gourmet", en Conxemar, feria que tendrá lugar el día 05 de octubre. Los productos de “Orpagu Gourmet” se podrán degustar en el stand que el FROM tendrá en la feria de Conxemar, a partir de las 13 horas.
Martes, 20 de setembro de 2011 El Mecalia, consigue clasificarse para la final de la Copa de Galicia Femenina el sábado y la pierde, el domingo Informa Ignacio Saa.- El sábado el Mecalia se enfrentó en el pabellón de Coia al B.M. Porriño B (1ª Autonómica). Mal partido el de las guardesas donde se vieron desbordadas por un entusiasta Porriño B, que empezó yendo por delante en el marcador hasta casi el final de la 1ª parte, donde el Mecalia logró irse al descanso con un gol arriba (18-17). En la reanudación, incomprensible cambio masivo en las guardesas, que en total desconcierto reciben un parcial de 8-1. Vuelven a salir las titulares y logran equilibrar el encuentro, siendo ya en los últimos 10 minutos cuando consiguen ponerse de nuevo por encima en el marcador aprovechando los errores en ataque de las porriñesas, para en rápidos contrataques lograr el 32-28 que fue el marcador final. Mala imagen de un División de Honor Plata, que mostró poca actitud desde el comienzo, muy flojo en defensa y obtuso en ataque, sin esquema definido y totalmente errático, derrumbándose a cada error cometido (que fueron muchos). Solo la mayor calidad individual y la casta de algunas jugadoras, unido a que las porriñesas no acabaron de creerse a si mismas, lograron la clasificación. El domingo a las 12.30 horas en el mismo pabellón se jugó la final ante el B.M. Porriño, esta vez el de ABF, que la víspera se deshiciera sin problemas del Seis do Nadal. Ahora sí salió motivado el Mecalia, que sin hacer un juego brillante, logró mantener el tipo durante todo el primer tiempo y gran parte del segundo, pero la falta de banquillo ( tres de las titulares no jugaron por lesión, Xica, Alba y Bego) acabó por inclinar la balanza del lado porriñés que se llevó la copa con un 24-18. Buena actuación de la portería que nos salvó la dignidad y aunque se jugó mejor, se sigue evidenciando falta de esquema, que esperamos aparezca en cuanto se reincorpore Alba, con lo que dispondremos de pivot solvente. Otro problema es el fuerte hándicap de carecer de lanzamiento exterior, la posible lanzadora no parece ser muy eficaz por el momento. La defensa debe mejorar muy considerablemente. Se hecha mucho de menos la presencia de Xica. El próximo domingo, primer compromiso liguero en A Sangriña ante el Balonmano Tejina de Tenerife. Esperamos una línea más continuada y no la irregularidad que caracterizó la pasada temporada. En cuanto al balonmano masculino reseñar que el At. Guardés cedió dos puntos ante un recién llegado a la categoría, el Conxo (Santiago de Compostela), pero repleto de veteranos. Aguantó hasta el descanso (15-15) pero al final cedió (28-30).
Martes, 20 de setembro de 2011 Acto do BNG no Centro Cultural da Guarda sobre a reforma da Constitución O Centro Cultural da Guarda acollerá, mañá, mércores, un acto público do BNG no que esta formación política explicará a reforma da Constitución e as súas consecuencias para Galicia.
Será ás 20.30 horas e inservirán
Xan Lois Lomba, ortavoz Mmunicipal do BNG;
Martes, 20 de setembro de 2011 A Aula CEMIT do concello da Guarda organiza un curso de alfabetización dixital na semana do 26 ao 30 de setembro A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do concello da Guarda celebrará un curso na semana do 26 ao 30 sobre “Alfabetización dixital: Iniciación a Internet”, para achegar aos usuarios sen experiencia ao uso da rede, consultar información e ler a prensa, entre outros contidos. O horario será de 10:00 a 11:30 horas. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre esta actividade, as persoas interesadas poden dirixirse á Aula CeMIT da Guarda, que se atopa no Centro Cultural. Tamén poden facelo a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 986-61 18 50, ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.aguarda@xunta.es
Sábado, 17 de setembro de 2011 I Serán na Gándara, A Guarda A praza dos Seixiños na Gándara, na Guarda, acolle mañá á noite o I Serán organizado polos grupos Boalleira e Xamaraina. Será a partir das 22h. Esta actividade celébrase de forma previa ás festas na honra á Virxe das Mercedes que terán lugar a próxima fin de semana.
La Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño inicia sus actividades de otoño- invierno 2011/ 2012, para mayores de 65 años El próximo martes, 4 de octubre, a las 16.00 horas, Cruz Roja comienza por segundo año en el centro cultural de Mougás, el taller de estimulación de memoria para mayores de 65 años, que, como en A Guarda, realizará actividades de memoria visual y auditiva, relajación, charlas, y actividades memorísticas. Todos los ejercicios que se realizarán en el taller parten siempre de los conocimientos previos que puedan tener los usuarios, y recibirán apoyo de los voluntarios de Cruz Roja en todo aquello que les pueda resultar mínimamente complicado. Por otro lado Cruz roja continuará el taller de Gimnasia de Mantenimiento que, se realiza en el pabellón del CEIP Mestre Manuel García, los miércoles de 16.30 a 18.00 horas. Paralelamente reanudan, por noveno año, el Taller de estimulación de memoria, en A Guarda, que como es ya tradicional se desarrolla los martes y jueves de 16:00 a 17.30 horas, en el Club de Jubilados y Pensionistas de A Guarda, y en la Asamblea de Cruz Roja los viernes de 10.00 a 11.30 horas. En la actualidad acuden más 50 usuarios. En todas estas nuevas acciones los objetivos que persigue Cruz Roja son los de completar la ocupación del tiempo libre de los mayores, conservar su capacidad y destreza mental, promover las relaciones interpersonales, potenciar la integración con el entorno, mejorar la autoestima de los usuarios, y mejorar y mantener su condición física; en definitiva, mejorar, en lo posible, su calidad de vida. Para inscribirse o informarse las personas interesadas se dirigirán la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño en la calle Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda. También pueden hacerlo por teléfono llamanado a los números 986 61 46 09 / 606 34 84 71, e incluso dirigiendo un correo electrónico a laguardia@cruzroja.es.
Sábado, 17 de setembro de 2011 A punto de finalizar as obras da rúa Candiera, o luns principia a mellora da rúa Manuel Lomba O concelleiro de Vías e Obras do Concello da Guarda espera que ó longo da presente lexislatura queden urbanizadas a práctica totalidade das rúas do centro da vila. Estando rematadas xa as de Ramón Sobrino e Mariano Ordóñez, estase actuando nestes momentos na rúa Candeira e o próximo 19 de setembro iniciaranse as obras na rúa Manuel Lomba. No caso da rúa Candeira as obras realízanse con cargo ó Plan Provincial de Cooperación entre a Deputación e o Concello e a rúa Manuel Lomba está financiada entre a Consellería de Industria e o Concello. O departamento de Urbanismo está a redactar tamén os proxectos de urbanización das rúas Concepción Arenal (dende a intersección coa rúa Galicia ata o cruce de Canónigo Domínguez Fontela), Lugo, Oia e terceira fase da rúa Galicia. No caso de Concepción Arenal vai ser remitido o proxecto á Deputación Provincial, que é a titular da rúa e que ten adquirido o compromiso de executar a obra. Con respecto as rúas Oia e Lugo esta Concellería pretende executalas con futuros Plans Provinciais e a rúa Galicia en colaboración coa Consellería de Industria en vindeiras anualidades. Deste xeito complétase un sinfín de actuacións levadas a cabo nos últimos catro anos na práctica totalidade das rúas do Centro da vila tendentes todas elas a dotalas de mellores servizos e a mellorar a calidade de vida dos guardeses .
Sábado, 17 de setembro de 2011 Partidos del Atl. Guardés para el fin de semana
Informa Ignacio Saa.- Copa Galicia Femenina
1ª Semifinal Mecalia At. Guardes – B.M. Porriño B(Autonómica) Este ya es un partido oficial serio, el Porriño B, es un gallo de su categoría y puede ofrecer una fuerte resistencia. Esperamos que las guardesas pongan toda la carne en el asador y nos muestren ya el verdadero potencial con el que afrontaremos la tempoprada de liga que empieza el próximo sábado. De ganar, pasaría a la final que se juega mañana 18 en este mismo pabellón, efrentándose al vencedor del encuentro B.M. PORRIÑO (ABF) – SEIS DO NADAL (Autonómica). Sería un orgullo para la afición poder contar con una segunda COPA GALICIA en las vitrinas del Club.
Liga Autonomica Masculina 1ª División Sábado 17 a las 1730 en A Sangriña La Pizzicata At. Guardes – Hvo Conxo. Los guardeses deben mostrarnos su verdadero potencial ante un recien ascendido.
Sábado, 17 de setembro de 2011 El Pleno aprobó, ayer, el proyecto de obras del Castillo de Santa Cruz que será financiado, mayoritariamente por el Estado
El Pleno de la Corporación de A Guarda aprobó ayer, por unanimidad, la <Puesta en valor del Castillo de Santa Cruz en A Guarda> así como el borrador do convenio de colaboración con el Ministerio de Fomento para el financiamiento de las obras y facultar al alcalde para su firma. Previamente José Manuel Domínguez Freitas recordó que el Castillo de Santa Cruz iba a convertirse en el Centro de Interpretación de las fortalezas transfronterizas, habiéndose firmado distintos convenios con la Xunta de gobierno, tanto con el bipartito como con el actual gobierno de la Xunta. El último convenio, dijo, se firmó en 2010 para finalizar las obras ya iniciadas en el interior del Castillo, sin embargo en una visita realizada a Santiago, se informan que el convenio no continuará, lo que supuso la paralización de las actuaciones previstas. Con el deseo de transformar el Castillo de Santa Cruz en un lugar accesible, el alcalde de A Guarda barajan acudir al uno por ciento del Ministerio de Cultura. Se trata, continuó explicando el alcalde, de que el Estado destina el uno por ciento de las obras públicas que superan los 600.000 euros a la realización de actuaciones en los monumentos calificados Bien de Interés Cultural (BIC), figura que posee el Castillo. Tras redactar el correspondiente proyecto, que contó con el visto bueno de la Dirección Xeral de Patrimonio de la Xunta, el alcalde y el concejal de Patrimonio guardés se desplazaron a Madrid en su día, para gestionar la financiación de un proyecto que se eleva a 1.032.931 euros. El pasado 5 de julio, en nuna reunión interministerial, se acuerda conceder a A Guarda el 75 por ciento de la inversión (775.448 euros) y el concello debería asumir el porcentaje restante. Nuevas gestiones del equipo de gobierno ante la Xunta lograron un compromiso de la Dirección Xeral de Patrimonio de aportar el 12,5 por ciento de la parte que correspondía al ayuntamiento. La financiación, en cuatro anualidades, deberá justificar la primera certificación antes del 30 de junio del próximo año. Las obras que se acometerán en Santa Cruz serán, entre otras, la reconstrucción de las murallas, recuperación de caminos interiores, desbroce interior y exterior e iluminación, fundamentalmente. Intervenciones En el turno de intervenciones, la portavoz de Converxencia Galega, Beatriz Estévez, manifestó su apoyo para darle al Castillo un uso público y poner en valor el patrimonio local, Solicitó que en la concesión de la obra se prime a aquellas empresas que tienen en sus plantillas trabajadores de la comarca, como una forma de hacer frente a la situación de crisis que se vive. Xoán Lois Lomba Alonso, portavoz del BNG, consideró que dado que la Xunta no cumplió su compromiso de culminar las obras para convertir Santa Cruz en Centro de Interpretación de las Fortalezas, debía asumir el 25 por ciento de la financiación que corresponde al concello, y apeló a la portavoz del PP, que asumió recientemente su cargo de parlamentaria, a que traslade a la Xunta esta sensibilidad. Fátima Iglesias Ferreira, portavoz popular, consideró el proyecto del Castillo como muy importante para A Guarda, como lo es también, añadió, el uno por ciento que destina el Estado para la ejecución de la obra, pero consideró que el proyecto era escuero y desordenado. Miguel Español, en representación del PSOE, explicó que estudian la legalidad de poder puntuar en la adjudicación, a aquellas empresas que posean trabajadores de la comarca, pero, advirtió atendiendo a la legalidad vigente, que no sabían hasta que punto eso se puede hacer, por lo que estudian con los técnicos esa vía. Finalmente el alcalde, Domínguez Freitas, repitió el compromiso de la Xunta de financiar el 12,5 por ciento de la obra, para añadir que veía difícil alcanzar el 25 por ciento deseable, porque también, dijo, las administraciones pasan por momentos difíciles.
Selección de un bolseiro para a realización de prácticas de turismo no Padroado Municipal Monte Santa Trega da Guarda Convócase proceso para a selección dunha bolsa de prácticas de turismo, durante 1 mes e 10 días (inicio 30/09/2011), para a promoción turística do Padroado Municipal Monte Santa Trega da Guarda, destinadas a Diplomados en Turismo ou Técnico superior en Comercialización e Información Turística (a titulación deberá ser obtida no ano 2002, ou con posterioridade a esa data). Todos os interesados poderán recoller as bases e solicitude no Rexistro Xeral do Concello da Guarda ata o 24 de setembro de 2011 en horario de 9: 00 a 14:00 horas de luns a venres e de 10:00 a 13:00 horas os sábados.
En dous meses a Oficina de Turismo do porto da Guarda superou as 5.000 consultas A oficina de turismo municipal do porto consolídase, un ano máis, como o punto de información turística co maior número de consultas, ao superar as 5.000 persoas atendidas nos dous meses. En determinadas horas quedaron sen contabilizar un bo número de persoas para que os visitantes non tivesen que esperar a ser atendidos. As datas con máis consultas volven a coincidir coas Festas do Monte. A consulta por excelencia é <qué podemos visitar na Guarda?> e a resposta varía en función do tempo dispoñible e das prioridades dos visitantes. Esta é a función das informadoras turísticas: ofrecerlle o destino da Guarda e da comarca a cada visitante, cuyo perfil nestes meses é unha familia con nenos que se achega ata a oficina de turismo e consulta polos puntos de interese da Guarda e arredores e tamén polos eventos e festas que se van celebrar. Gran parte dos visitantes proceden de Madrid e, en menor medida, do Pais Vasco e Castilla y León. En canto os visitantes internacionais maioritariamente son portugueses e franceses. Por último, o Museo do Mar, que abriu sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, recibiu en xullo e agosto un total de 1.855 visitantes, un 30 % máis que en 2010. Este aumento explicase polo maior coñecemento dos guardeses do Museo e, como non, polo interese de moitos visitantes que se achegan ata A Guarda e aproveitan para coñecer a historia mariñeira da nosa vila. A partir do 15 de setembro o Museo do Mar-Atalaia, muda ó horario de inverno, e permanecerá aberto as fins de semana e festivos de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. Foóra deste horario continuarase atendendo os grupos que concerten a visita.
A continuidade do ferri A Guarda-Caminha sigue en perigo segundo Ábaco Ábaco solicita ao Alcalde da Guarda, ao igual que fixo hai uns días a presidenta da Cámara Municipal de Caminha, un compromiso que marque datas de inicio e prazos de execución estimado do dragado, pois de non ser así, dende este colectivo, temen que se este documento non se logra antes das próximas eleccións do 20 de novembro, o actual compromiso que axudou a non paralizar o ferri a día 15, perda validez cun máis que posible, din desde este colectivo de comerciantes, cambio de goberno. Ao mesmo tempo, Ábaco, fixo chegar unha carta á Parlamentaria e Portavoz do PP na Guarda, Fátima Iglesias, solicitando que mediase na dirección nacional do PP para garantir que no caso de gañar os comicios, o Concello da Guarda manteña o compromiso coa mesma urxencia ou se cabe máis.
Venres, 16 de setembro de 2011 O luns comeza, na Biblioteca, o horario de inverno A Biblioteca Pública Municipal da Guarda informa de que a partir do luns, 19 de setembro, comeza o horario de inverno neste servizo de préstamo e lectura. De luns a venres, o horario será de 17.00 a 20.00 horas. O sábado, o horario vai das 10.00 ás 13.00 horas.
Hoxe ábrese un período extraordinario de reserva de prazas na Gardería Municipal O Departamento de Servizos Sociais do concello da Guarda, que dirixe Teresa Baz, informa que a Escola Infantil Municipal abre hoxe, día 16 setembro, un proceso extraordinario de presentación de solicitudes para reserva de prazas para o curso 2011/2012 nas aulas de 0-1 e de 2-3 anos. Os pais ou titores dos nenos interesados deberán presentar as solicitudes do 16 ó 21 de setembro. Para maior información poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do concello da Guarda de 9.00 a 14.00 horas.
Venres, 16 de setembro de 2011 85.000 persoas visitaron o Monte Santa Trega nos meses de xullo e agosto Setembro é o mes de facer a valoración dos visitantes que se achegaron ata o Monte Santa Trega nos meses de maior afluencia, xullo e agosto. Este Monte recibe diariamente miles de persoas e cada ano aumento o número de visitantes que empregan a Oficina de Turismo da cima para consultar os puntos de interese do Santa Trega e tamén do concello. O incremento foi do 24 % con respecto ao 2010; é dicir, máis de 4.000 persoas achegáronse ata o punto de información turística do Monte Santa Trega. A pesar do aumento de consultas tan só representa o 5 % das 85.000 persoas contabilizadas na caseta de cobro. En relación ás visitas guiadas ao Monte Santa Trega é preciso destacar o aumento de persoas que empregaron o servizo regular de visitas guiadas. O horario establecido para as mesmas foi ás 12.00 e ás 19.00 horas, de martes a sábado, e o domingo ás 12.00 horas. Estas visitas gratuítas permitiron que preto de 2.300 persoas coñecesen mellor o Monte grazas ás explicacións da guía. Isto supón un incremento do 15 por cento con respecto ao verán pasado. O punto de encontro das visitas regulares é diante do MASAT (Museo Arqueolóxico de Santa Trega), onde se forma o grupo da xente interesada e se fai unha pequena introdución espacio-xeográfica, ademais de facer fincapé en que o poboado non é celta senón galaico-romano. A continuación visítase o MASAT, a ermida e o seu entorno. De camiño ao castro, faise referencia á Sociedade Pro-Monte, o vía cruces, o Pico Facho, as Festas do Monte e a casa forestal. Antes de rematar a visita explicando o urbanismo do castro, coñécese o petróglifo da Pedra Sagrada. As visitas regulares rematan o 30 de setembro aínda que nestas dúas últimas semanas adiántase a visita da tarde ás 18.30 horas. Seguirán atendéndose os grupos concertados sempre que reserven hora previamente chamando ao teléfono 690.017.038 (MASAT) ou ben mandando un email a masata@aguarda.es.
Venres, 16 de setembro de 2011 O BNG pide a urxente limpeza da desembocadura do río Miño e a recuperación da súa canle natural A deputada do BNG, Carme Adán rexistrou unha Proposición non de Lei no Parlamento galego na que insta ao Goberno a realizar todas as xestións necesarias ante o Goberno do Estado español para abordar de maneira “urxente” a limpeza e rexeneración da desembocadura do río Miño así como a elaboración dun estudo pormenorizado na procura dunha solución de futuro baseada no respecto co medio ambiente e a fauna piscícola das súas augas. O BNG reclama un compromiso para recuperar o río Neste sentido, Adán reclama “un compromiso” de tempo e económico que permita a recuperación da canle natural do río para dar resposta a demanda do colectivo de mariñeiros que teñen denunciado as dificultades de tránsito das diferentes especies de peixes que habitan nas augas miñotas e os seus ciclos biolóxicos repartidos entre o río e o mar. Asemade, a deputada do BNG quer salientar a preocupación entre a cidadanía da zona ante o anuncio dunha posible supresión do servizo transfronteirizo do Ferry, entre A Guarda e Caminha que provocaría graves consecuencias económicas nos sectores do comercio e hostalaría así como nas preto de 200.000 persoas e 30.000 vehículos que anualmente o utilizan. Adán lembra que no ano 2008, a Dirección General de Costas asumiu o dragado do río, labor que ata ese momento competía ao Goberno de Portugal e que levou a cabo durante 10 anos. Representantes dos gobernos portugués e español –explica a nacionalista-, asinaron unha resolución pola que a responsabilidade desta actividade recaía no Goberno español que só realizou “un dragado” no ano 2008 e outro parcial no 2009. A parlamentaria do BNG engade que, no momento de creación do Ferry abriuse unha canle de navegación artificial cando existía unha natural o que implica, –asegura Adán-, que á marxe das medidas que se adopten para facilitar un dragado temporal, faise necesaria unha “solución de futuro” para o río que sexa respectuosa co medio ambiente, coa súa produción e normalidade no tránsito de embarcacións. Adán reitera que neste momento, o Goberno galego debe dar prioridade recuperación da “canle natural” do río coa “inmediata limpeza” da súa desembocadura.
Xoves, 15 de setembro de 2011 Fátima Iglesias tomou posesión como deputada autonómica en substitución de López Chaves A voceira do Grupo Municipal Popular no concello da Guarda, Fátima Iglesias Ferreira, tomou posesión onte, martes, como deputada autonómica, ao inicio do Pleno do Parlamento de Galicia. Fátima Iglesias accede á Cámara galega en substitución de Ignacio Javier López-Chaves Castro, ao deixar este o escano que ocupaba para presidir a Autoridade Portuaria de Vigo. Fátima Iglesias chega ao seu novo cargo con “moita ilusión e gañas de traballar”, xa que considera que “se trata dun novo reto, que asumo co compromiso pleno de traballar por Galicia e, como non, pola miña localidade da Guarda”. Esta guardesa nada en 1971, casada e con dous fillos, é licenciada en Ciencias da Educación e Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Axente de Emprego na Universidade de Vigo. Orientadora laboral desde o ano 2001 na Asociación de Empresarios da Guarda, e concelleira e voceira do PP da Guarda desde maio de 2007. Así mesmo, é presidenta da xestora local do PP da Guarda desde 2008 e membro do Comité Provincial do PP en Pontevedra desde 2009.
O BNG alerta da falta de concreción do Goberno español no dragado do Ferry O Bloque Nacionalista Galego alerta á sociedade guardesa da falta de concreción da solución provisional do dragado do río que está a anunciar o alcalde da Guarda nos medios de comunicación. Na comunicación recibida no concello da Guarda de parte do Ministerio de Medio Ambiente fálase dun compromiso da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar para colaborar, xunto coas demais administracións, para acometer as actuacións necesarias para manter o servizo do ferry a curto prazo. Para o BNG esta comunicación xera moitas dúbidas, dado que en ningún momento se fai mención a prazos de execución e a dotación orzamentaria necesarios para levar a cabo o dragado. O portavoz do BNG, Xan Lois Lomba, advertiu deste aspecto nunha reunión mantida no concello da Guarda e que coincide coa esixencia da presidenta da Câmara Municipal de Caminha de que se lle comunique por escrito os prazos aproximados de execución das obras. “Lembrar que hai algo máis de ano e medio o alcalde da Guarda dixo que existía un compromiso firme por parte do Goberno español. Hoxe, non temos nada, soamente un compromiso sen orzamentos e sen prazos froito da advertencia por parte da presidenta da Câmara de Caminha de suspender o servizo do ferry”, comenta Xan Lois. O BNG ten claro que hai que afrontar seriamente os problemas do ferry, realizando un proxecto de viabilidade do servizo, tendo en conta a riqueza ambiental do estuario do Miño, así como a actividade pesqueira que se realiza. Haberá que afrontar aspectos como a canle de navegabilidade idóneo e tipo de embarcación. O BNG anima a toda a sociedade guardesa a organizarse e mobilizarse para esixir un servizo de ferry moderno, viábel e definitivo que non estea baixo ameaza todos os anos. Dende o BNG entendemos que a mobilización social é a única alternativa que nos deixan as administracións públicas, lembrando que foi unha ameaza de suspensión do servizo e o posicionamento de distintas organizacións, entre elas o BNG, as que obrigaron ao goberno español e ao alcalde da Guarda a preocuparse desta cuestión.
Xoves, 15 de setembro de 2011 O Pleno aprobará mañá o proxecto das obras para a "Posta en valor do Castelo de Santa Cruz na Guarda" A Corporación da Guarda celebrará mañá, 16 de setembro, Sesión Extraordinaria de Pleno sinalado para as 8.30 horas da mañá. Dous puntos figuran na orde do día. O primeiro deles é a Aprobación do Proxecto de obras para a "Posta en valor do Castelo de Santa Cruz na Guarda". O segundo punto trata da Aprobación do borrador do convenio de colaboración co Ministerio de Fomento para o financiamento das obras de "Posta en valor do Castelo de Santa Cruz na Guarda", e facultar ao alcalde para a súa firma.
Xoves, 15 de setembro de 2011 La Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño amplía el plazo de inscripción para el curso de Movilización de personas dependientes La Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño amplía el plazo de inscripción para el curso de Movilización de personas dependientes, de 20 horas de duración, y se retrasa el inicio del mismo, para los días 24 de septiembre, 1 y 8 de octubre. El curso de Movilización de personas dependientes está enmarcado dentro de las acciones formativas de interés socio- sanitario de Cruz Roja y está dirigido a personas mayores de 16 años que estén interesadas en adquirir las habilidades y conocimientos necesarios para la movilización y cuidados especiales que requieren las personas dependientes. El objetivo principal de esta formación es formar a familiares, cuidadores y/ o trabajadores sobre el modo de realizar los cambios posturales que favorezcan la movilidad de la persona dependiente. Además, con esto, se pretende mejorar la calidad de vida de la persona dependiente y del familiar cuidador, potenciando la integración de la persona mayor en su medio habitual mejorando las relaciones intergeneracionales. En la estructura del curso se incluyen los siguientes módulos: Enfermedades físicas relacionadas con la inmovilización: úlceras, EPOC, parálisis, etc.; Ayudas técnicas; Técnicas de movilización e inmovilización, y Riesgos y complicaciones de una inadecuada manipulación. El coste del curso es de 60 euros. Todas las personas interesadas en obtener más información o en realizar la preinscripción pueden dirigirse a la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, en la calle Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. (al lado de la iglesia Parroquial). También pueden llamar a los teléfonos 986 61 46 09 o 606 34 84 71, de lunes a jueves: 8:30 a 15:00 y 16:00 a 19:00 horas, y los viernes de 8:00 a 15:00 horas.
O número 5.094 que xoga o Club de Remo Robaleira na Lotería de Nadal, e que figura así nas participacións posúe cinco díxitos: 05.094 O Club de Remo Robaleira informa que na lotería de Nadal do sorteo a celebrar o 22 de decembro de 2011, distribuíu participacións do número CINCO MIL NOVENTA E CATRO (5.094 ) e, por un erro involuntario de interpretación na imprenta, nas participacións do Nadal emitidas por esta institución, grafitouse o número como 5.094 en lugar do 05.094 denominación que vén empregando normalmente “Loterías del Estado” para representar dito número, se ben como ámbalas dúas denominacións representan a un mesmo e único número, e non pudendo dar lugar a erro, confusión de ningún tipo, con ningún outro, é polo que por parte da directiva, acórdase manter as participacións impresas como válidas. Recordase aos interesados que os décimos de lotería están depositados en Nova Caixa Galicia.
Mércores, 14 de setembro de 2011 El Grupo Municipal del PP de A Guarda espera un compromiso real del Ministerio de Medio Ambiente y que no se trate el ferry-boat como arma política La portavoz del PP de A Guarda, Fany Iglesias, continúa mostrando la preocupación del Grupo Popular Municipal, por la posibilidad de que el ferry-boat deje de funcionar en breve tiempo. A la espera de conocer si desde la Cámara de Caminha se acepta por bueno el compromiso llegado a manos del regidor guardés desde el Ministerio de Medio Ambiente, el Partido Popular aguarda que el Gobierno Central se tome este tema con la seriedad que requiere y que no sea un compromiso electoralista a dos meses de las elecciones generales. El grupo popular se mostrará más optimista, y cree que sería óptimo, si en breve el ministerio adelanta información sobre plazos estimados, presupuesto, tramitación de permisos y autorizaciones necesarios para dar viabilidad al dragado. Por lo tanto, desde la formación politica popular, optan por creer que a día de hoy se cuenta con un compromiso escrito que lo único que contempla es la buena voluntad, que cren que a ningún grupo político ni colectivo guardés le falta, pero lo peligroso es que con buena voluntad si no hay partida presupuestaria poco se puede hacer. De todos modos, añade la portavoz Fani Igleias, solo queda esperar que el ferry-boat continúe funcionando y se encuentre una solución no para salir del paso, como especifica el Ministerio, sino para el futuro. La portavoz del partido popular incide en que espera que el alcalde Domínguez Freitas informe diligentemente al grupo popular y al resto de grupos políticos de aquellas noticas que en relación a este tema surjan, tal como se lo solicitaba en la reunión mantenida el pasado lunes, en la cual Fany Iglesias afirmaba haber tenido conocimiento de todos los acontecimientos en relación a este tema, a través de los medios de comunicación.
Mércores, 14 de setembro de 2011 O Helimer rescata a un mozo que caera ao mar no porto da Guarda Pasadas as sete da tarde de onte produciuse a intervención do helicóptero de Salvamento no exterior do dique Norte do porto da Guarda para rescatar a un mozo que, segundo explicaron testemuñas, atopándose sobre os bloques de formigón que protexen o mencionado dique, esvarou por mor dunha onda, caendo ao mar onde permaneceo arredor de vinte minutos, animando os mozos que o acompañaban a aguantar na auga a espera do rescate, xa que a idea de achegarse de novo ao bloques podería motivar que un novo envite do mar o golpease contra os mesmos. Ao lugar acudiron os efectivos do Grumir da Guarda e dous membros da Policía Local, que non interviron, sendo rescatado da auga polo helicóptero. Segundo as testemuñas, o mozo, que pudiera ser de Portecelo, aparentemente non ía ferido, aínda que polo tempo que permaneceu na auga puidese sufrir hipotermia.
Martes, 13 de setembro de 2011 A Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar traslada ao alcalde da Guarda a súa decisión de dragar a canle do ferri Onte, luns, recibiuse da Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar, a comunicación escrita que anuncia que dita Dirección General está disposta a acometer actuacións de dragado na canle do ferri que permitan o manteñemento deste a curto prazo. Precisa, iso si, contar coa autorización dos órganos xestores do Lugar de Interese Comunitario (LIC), Xunta de Galicia por parte española e órgano correspondente portugués. Dende o concello guardés agardan a máxima dilixencia por parte de todos para que o dragado comece canto antes. Onte a tardiña, este acordo era comunicado de xeito oficial á presidenta da Cámara de Caminha a quen o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, en base ó acordado na última xuntanza que tiveran, solicitou que deixe sen efecto a súa decisión de pechar o servizo o vindeiro día 15. O alcalde da Guarda manifestou o seu agradecmento a todas as institucións, colectivos e particulares que, co seu apoio e espíritu constructivo, axudaron a conseguir a decisión anunciada. De xeito especial, fai fincapé Domínguez Freitas, traslada este agradecemento á cidadanía guardesa que, coma sempre, estivo alentando as xestións do goberno municipal. En adiante tódolos apoios serán importantes para asegurar o ferri a longo prazo. Finalmente o alcalde destaca o especial papel xogado polo Servizo Provincial de Costas e polos deputados Elena Espinosa e Luis Gómez Piña, así como polo delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, para facer posible a decisión da Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar.
Martes, 13 de setembro de 2011 Mecalia At. Guardés 31 – Sta. Joana 15 Informa Ignacio Saa.- El Mecalia trasmite sensaciones sensiblemente mejores. En esta ocasión el Sta. Joana resultó un enemigo mas fácil que en la anterior ocasión, el 31 de agosto en Maia. Las guardesas cuajaron un buen encuentro, tanto en defensa, donde estuvieron muy firmes, como en ataque con una muy buena efectividad. Es cierto que las portuguesas habían jugado la víspera contra el Seis do Nadal de Coia (perdieron 29-35) y pudieron acusar el cansancio, pero aún así no resta méritos al conjunto guardés que alineó incluso a las juveniles de primer año que están haciendo la pretemporada con las seniors, cumpliendo todas ellas adecuadamente. A la espera del diagnóstico definitivo sobre Xica (pendiente de resonancia), siguen en el dique seco Alba y Bego, aunque ya están entrenando y se espera poder contar con ellas en el primer partido de liga. A Xica le deseamos lo mejor y que se reincorpore lo antes posible, pues su compromiso y entrega en cada partido es algo que la afición aprecia, y en estos momentos, sin duda, duros, queremos darle nuestro apoyo y expresarle el cariño que despierta entre nosotros.
Luns, 12 de setembro de 2011 El guardés vence en su feudo al Porriño (1-0) Informa José Mª Salcidos.- Partido disputado en el Campo Municipal de "A Sangriña" correspondiente a la 2ª jornada del Campeonato de 1ª Autonómica, Grupo IV, en el que se enfrentaron el Sporting Guardés y el Porriño Industrial. Floja entrada, notándose la presencia de algunos aficionados del equipo visitante. Temperatura 22º. Dirigió el encuentro el colegiado vigués Fabián González, auxiliado en las bandas por Andrés Cortegoso y Alejandro Gómez. Falto de autoridad. Consintió, durante la 1ª parte, la dureza de Berto del Porriño y de todo el equipo en la 2ª parte. No midió a los equipos con el mismo rasero. Prolongó el partido 7 minutos. Amonestó por el Porriño Industrial a Berto, Dani y Ángel. Por el Sporting Guardés vieron amarilla Isidro y Manu. Las alineaciones que presentaron los equipos fueron las siguientes: PORRIÑO INDUSTRIAL: Pirri, Berto (Alain, min. 46), Josiño (Diego, min.58), Kiko, Miki, Ribada, Lira, Dani, Guille (Millos, min. 46), Manu (Ángel, min.75) y Borja. SPORTING GUARDÉS: Pazos, Yuca, Vieri, Solleiro, Isidro, Ita, Manu Lomba (Mahoni, mun.84), Manu, Antón (Mario, min.88), Javi y Mosto (Puertas, min.67). Partido bronco, jugado más en el medio campo que en las áreas, la prueba la tenemos en el primer tiro a puerta del Sporting fué en el minuto 20 y los visitantes tardaron más. En el minuto 28 primer gran error del árbitro al no señalar un "posible" penalty en el área visitante al tocar un defensa el balón con la mano. Se juega en el centro del campo y una falta sacada por Antón, la defensa visitante falla estrepitosamente llegando el balón a Ita que estaba libre de marca y, a placer, introduce el balón en las mallas. Era el 1-0 y corría el minuto 38. Con este resultado finaliza la 1ª mitad. La segunda parte comienza con 2 cambios por parte del entrenador del Porriño Industrial, tratando de darle más mordiente a la delantera con un Alain que, aún siendo un jugador hábil y peligroso, dista mucho de ser el jugador de temporadas anteriores. En esta segunda mitad los dos equipos tratan de marcar, el uno para aumentar el marcador y el otro para, por lo menos, igualar, siendo el Sporting Guardés el que tiene las oportunidades más claras, sobre todo en los minutos 55 y 57 en los que Pirri se consagró como un gran portero con unas intervenciones buenísimas. En el minuto 73, Pazos tiene una gran intervención al enviar a corner un disparo de Alain al sacar una falta. El tiempo va pasando con aproximaciones a las áreas de los dos equipos pero, el marcador no se mueve finalizando el partido con el 1-0 de la primera mitad. El Sporting acusa la "bisoñez" de la mayoría de los jugadores ya que la temporada pasada estaban en categoría juvenil. En cuanto cojan confianza le darán muchas alegrías a la afición. El próximo domingo el Sporting se desplaza a Gondomar.
Sábado, 10 de setembro de 2011 Os deputados populares denuncian “a incompetencia e desidia” do Goberno central como responsable da situación do ferry A Guarda-Caminha A “incompetencia e a desidia” do Goberno central son “os únicos responsables” de que o ferry que une A Guarda coa localidade portuguesa de Camiña estea a piques de desaparecer. Así o consideran os deputados populares no Congreso pola provincia de Pontevedra, que levarán á Cámara unha batería de preguntas e a proposición non de lei para esixirlle ao executivo de Rodríguez Zapatero que “cumpra cos seus compromisos” e garanta a continuidade dun servizo que cualifican de “fundamental para a economía da Guarda e o seu contorno”. Ana Pastor, Jesús Pérez Arca e Jesús Otero súmanse así á defensa dun servizo que cada ano é empregado por máis de 100.000 persoas e 30.000 vehículos, e que podería desaparecer como consecuencia da negativa do Goberno central a realizar os traballos de dragado do río aos que se comprometera en 2008. Estas medidas únense ás levadas a cabo xa pola voceira do PP no Concello de A Guarda e deputada autonómica, quen presentou tamén unha iniciativa no Parlamento Galego en defensa deste servizo, dando mostras do compromiso firme do PP co mantemento desta vía de comunicación entre Portugal e Galicia. Insensatez Os deputados nacionais do PP pola provincia lembran que os traballos de dragado do río, imprescindibles para facelo navegable e, polo tanto, permitir a continuidade do ferry, son competencia exclusiva do Goberno central tanto porque foi este o que se comprometeu co Goberno Civil de Viana do Castelo a realizar estas labores ata 2018 como como polo feito de que é o Estado a que ten todas as competencias sobre o dominio público marítimo-terrestre. A xuízo dos populares, non é de recibo que “só un ano despois de asinar un acordo asumindo a responsabilidade de drenar o río, o executivo socialista deixara de realizar estas labores” obrigando ao Concello de Camiña –que é o que financia gran parte do servizo- a anunciar o seu peche para o 15 deste mes. Estratexia da confusión Por iso, Pastor, Pérez Arca e Otero Varela reclaman do executivo de Rodríguez Zapatero “que explique que fixo e que ten pensado facer para garantir un servizo do que depende en gran medida a economía guardesa e do Baixo Miño”. Nesta liña, critican a “estratexia da confusión” que está a utilizar algún destacado membro do PSOE no Baixo Miño, reclamando a implicación da Xunta e da Deputación na solución deste problema, cando “sabe perfectamente que o Goberno central, ademais de ser o causante da actual situación do ferry por non ter feito os deberes no seu momento, é o único que posúe competencias nesta materia”. “É lamentable –salientan os parlamentarios populares- que ante un problema xerado pola súa deixadez e os seus imcumprimentos, os socialistas boten balóns fóra e traten de derivar as responsabilidades cara outras administracións que carecen da máis mínima responsabilidade neste asunto”. Malia todo, os deputados populares aseguran que “darán a batalla ata o último momento” para evitar o peche deste servizo, uníndose así ao “gran clamor social e empresarial” de A Guarda e o Baixo Miño, que reclaman a permanencia dun servizo que ten tamén un gran interese cultural por ser parte fundamental do Camiño Portugués, que non se entende sen o medio de transporte que lle dá continuidade entre Portugal e Galicia. “Urximos ao Goberno socialista –destacan os populares- a que deixe de mirar para outro lado e actúe de forma inmediata porque, legalmente, é a única administración do país que ten competencias para dragar o río”. Emprego Finalmente, os parlamentarios pontevedreses en Madrid lembran a incidencia que o ferry A Guarda-Camiña ten na xeración de emprego, tanto polo traballo directo que crea como polos postos que permite manter de forma indirecta, ao garantir o nivel de actividade comercial e hosteleira no Baixo Miño. De feito, e segundo os datos da propia asociación de Comerciantes de A Guarda, o 70% dos clientes dos establecementos comerciais desta localidade nos meses de inverno proceden de Portugal. “Dada a situación actual e con 5 millóns de parados –aseguran os populares- agardamos que o PSOE entenda que non é hora de seguir destruíndo emprego”.
Venres, 10 de setembro de 2011 Partidos amistosos en A Sangriña Informa Ignacio Saa.- Viernes 9 a las 20.30.- Balonmano Femenino Seis do Nadal (1ª Autonómica)- Santa Joana de Maia (1ª División Portuguesa) Sábado 10 a las 18.00.- Balonmano Femenino Mecalia At. Guardés – Santa Joana de Maia Sábado 10 a las 20.00.-Balonmano Masculino Atlético Guardés – C.B.Sardoma
Sábado, 10 de setembro de 2011 O próximo luns o alcalde reunirase con representantes políticos e de distintos colectivos da Guarda para informar das últimas xestións realizadas Durante esta semana, que está a piques de rematar, o alcalde reuniuse durante cos portavoces dos grupos municipais, por un lado; cos sindicatos, por outro, coa Mesa Local de Comercio e tamén cos alcaldes dos municipios por onde pasa o Camiño Portuguñés pola Costa. O motivo era darle a coñecer a situación pola que atravesa o ferri A Guarda-Caminha. Con todos eles o rexidor local adquríu o compromiso de darlle conta dos resultados das xestións que se estan a levar a cabo con distintas administracións. Respondendo a ese compromiso, no día de onte José Manuel Domínguez Freitas convocou de novo aos representantes de institucións, grupos políticos, sindicatos e representantes de colectivos e asociacións de comerciantes a unha reunión que se vai celebrar o vindeiro luns, 12 de setembro, ás 20.30 horas no Concello de A Guarda.
Los voluntarios de Cruz Roja del proyecto Moviéndonos por el Río realizarán un inventario fotográfico de la flora del Río Folón Hoy, sábado, si el tiempo lo permite, entre las 10 y las 13.30 horas los voluntarios del proyecto Moviéndonos por el Río, que promueve Cruz roja, se acercará al Río Folón, para realizar un registro fotográfico de las flora existente en la zona y conocer cuáles son la especies autóctonas y localizar de esta forma en un futuro las especies invasoras. El objetivo de Cruz Roja con esta actividad, es crear redes de participación a través de la figura del voluntariado ambiental actuando a favor de la protección y conservación del medio ambiente. Además de crear una guía sobre los riqueza ecológica del Río Folón. Además, nuevamente gracias a la participación de los voluntarios, Cruz roja pretende sensibilizar e informar para implicar a la ciudadanía en la conservación y recuperación del medio fluvial. Durante la actividad se explicará a los alumnos participantes la importancia de todos los elementos analizados durante esta jornada. Para desarrollar estas actividades se ha organizado el nuevo equipo de voluntariado de Medio Ambiente que Cruz Roja en Baixo Miño ha creado durante el primer trimestre del 2011, para difundir los aspectos medio ambientales y de cuidado del entorno entre los colectivos que habitualmente atendemos. Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes, promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española ( 2007).
Sábado, 10 de setembro de 2011 ÁBACO reparte os premios finais de noites de hotel aos gañadores da campaña Ábaco de Verán A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘Ábaco’, felicitou aos gañadores das 15 noites no Hotel Bruselas (proximamente Hotel Vila da Guarda), e ao gañador dunha noite no Talaso Atlántico. O sorteo destes premios finais da campaña “Ábaco de verán” fíxose o luns 22 de agosto, logo de finalizar a campaña. Entre os gañadores das noites no Hotel Bruselas, (proximamente Hotel Vila da Guarda) hainos de toda España, como os procedentes de Zaragoza, Barcelona, Sevilla, Burgos ou Madrid, xa que se sortearon entre os códigos que se repartiron aos visitantes no Monte Santa Trega, e que se achegaron á Guarda para coñecela e disfrutala e que volverán a facelo grazas ó comercio local. En canto á noite no Talaso Atlántico, sorteada entre os códigos repartidos polos comercios guardeses e rosaleiros participantes na campaña, resultou ser gañador un mozo de Tomiño, a quen xa se lle entregou o bono correspondente que lle permitirá disfrutar dunha noite no Talaso Atlántico con programa de tratamento incluído. Desde Ábaco desexan agradecer aos miles de participantes na campaña a cantidade de códigos rexistrados e sobre todo a confianza e fidelidade depositada no comercio da Guarda e O Rosal. Desde este colectivo lembran que ata o vindeiro 21 de setembro pódense canxear os códigos premiados.
Usuarios de Avelaíña peregrinan a SantiagoEn una iniciativa de Feafes Galicia, a la que se incorporaron usuarios del colectivo Avelaíña de A Guarda, ayer llegaron a Santiago los peregrinos que han cubierto tres etapas del Camino Francés. Se trata de un grupo de 60 peregrinos, entre personas con enfermedad mental, monitores y familiares, que cubrieron la primera etapa entre Melide y Arzúa, el pasado miércoles; el jueves realizaron el tramo que va de Arzúa a O Pino, y ayer culminan la peregrinación desde O Pino hasta Santiago, donde asistieron a la Misa del Peregrino, y compartieron una comida de confraternidad con todos los grupos participantes en un restaurante del casco antiguo de la capital gallega. Esta actividad, explican desde Avelaíña, es una forma de mostrar una imagen normalizada de la enfermedad mental y acabar con el estigma que sufren las personas que la sufren.
Xoves, 8 de setembro de 2011 Ábaco reparte un cartel no que reclama a dunión para defender o ferri A asociación Ábaco distribuíu polos establecementos da Guarda un cartel en defensa do ferri coa lenda “A solución está na unión”. O corpo do cartel recolle unha fotografía do ferri Santa Rita d eCassia no embarcadoiro da Pasaxe e, coma pé, outra lenda reclamando “Solución xa!”
Mércores, 7 de setembro de 2011 Unha desbrozadora mecánica de última xeración realiza un desbroce de protección do Trega Informa Miguel R. .-Unha nova desbrozadora mecánica de última xeración (Retroaraña) vén traballar ó Trega en substitución doutra que se fixo obsoleta para o desbroce no monte, que ten gran dificultade ó ter que desenvolverse sobre pendentes superiores ó trinta por cento e solo cheo de rochas de considerables dimensións. Esta nova máquina ten moita máis potencia que a anterior ó posuír un sistema tubular de roza que lle permite triturar troncos de gran calibre. Lembramos que o Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais está facer unha roza ó redor do pico San Francisco, que se realiza para crear unha zona de exclusión e prevención de incendios. Tamén temos que subliñar que dito desbroce consta de 3,6 hectáreas e cincuenta metros lineais, e que tamén vai paralelo á estrada oeste de subida ó pico e a carón da aba este que contén o Hotel Pazo Sta. Trega.
O concello agradece o apoio de distintos sectores ás xestións do alcalde a problemática do ferri O Concello da Guarda, dentro da rolda de contactos que está mantendo para informar aos diferentes sectores (empresarios, comerciantes, hosteleiros, sindicatos) da problemática do ferry e das xestións realizadas, quere agradecer o apoio unánime amosado polas asociacións de comerciantes e polos sindicatos que no día de onte estiveron no concello reunidos co alcalde e con diversos concelleiros. O concello agarda que axiña se produza a comunicación por escrito por parte da Dirección Xeral de Costas de Madrid, refrendando o compromiso que dita Dirección xeral adquiriu co alcalde e que garante unha solución inmediata ó problema da canle do ferry.
Mércores, 7 de setembro de 2011 O BNG entrevístouse coa presidenta da Cámara de Caminha para tratar a problemática do Ferri Unha representación do BNG formada pola súa deputada en Madrid, Olaia Fernández Davila; a concelleira da Guarda, Hortensia García, e o Responsábel Comarcal, Xosé Manuel Méndez, mantivo unha reunión coa presidenta da Cámara de Caminha para interesarse pola situación do Ferri A Guarda-Caminha. Durante o transcurso desta reunión o BNG puido constatar, unha vez máis, a falla de responsabilidade do actual goberno español, que foi incapaz de manter o canal de navegación do Ferri levándoo a tal estado de abandono que imposibilita a supervivencia deste servizo de transporte. A falla de dragado periódico e a mala realización do mesmo dende que as autoridades españolas se fixeron cargo do seu mantemento acabaron por estragar a canle pola que debe transitar o Ferri, até o ponto de provocar avarías na embarcación cada vez máis frecuentes e dificultando a recuperación deste paso no río Miño. “Nós entregamos unha canle que só precisaba traballos de mantemento mais no estado actual precisaría ser practicamente reconstruída para ser practicábel” declarou a presidenta da Cámara de Caminha. O BNG, que cualifica a reunión mantida na Cámara de Caminha como moi clarificadora, amósase sorprendido ante a desinformación a que o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, tivo sometida á poboación guardesa. Pódese afirmar, din os nacionalistas, que Domínguez Freitas estaba informado da dramática situación do Ferri cando se adicaba a respostar con evasivas as reiteradas iniciativas do BNG sobre o tema. Dende a organización nacionalista lembran que xa no pasado ano o alcalde da Guarda votou en contra de solicitar o compromiso do Goberno Central coa continuidade do servizo. Por aquel entón, continúan manifestando desde o BNG, o alcalde aseguraba que “o compromiso do Goberno central do PSOE era xa un feito”. Cando o pasado 26 de agosto o rexedor guardés comunica á Cámara de Camiña que non se realizará un novo dragado do río apóiase nun informe ambiental segundo o cal sería preciso realizar un estudo de impacto ambiental antes de autorizar o novo dragado, estudo que se demoraría un ano en ser realizado. O que os nacionalistas consideran máis grave é que o mencionado estudo ten data de 11 de xuñm polo que non ten xustificación algunha que sendo coñecedores dende xuño desta situación teñan ocultado durante todo o verán a realidade. Sabían que a canle non sería dragada e o servizo do Ferri non podería continuar, din os nacionalistas, e o alcalde da Guarda terá que explicarlle á poboación por qué non fixo pública esta información. A deputada nacionalista Olaia Fernández Davila comprometeuse unha vez máis a levar a problemática da Guarda ao Parlamento español e dende o BNG fan un chamamento a toda a sociedade guardesa a mobilizarse a favor dun servizo fundamental para o pobo da Guarda.
Martes, 6 de setembro de 2011 Recogida de firmas y movilización popular, algunas sugerencias de los asociados que Carmen García presentará hoy al alcalde La Asociación de Empresarios de A Guarda, ACIGU, se reunió ayer con los comerciantes en la sede social de este colectivo para ser informados por la presidenta, Carmen García, de la problemática por la que atraviesa el ferri que comunica A Guarda con Caminha y recoger las sugerencias que pudieran plantear los asistentes. Carmen García comenzó recordando los orígenes del ferri, en el año 1995, así como la extracción de áridos del canal para facilitar la navegabilidad de este medio de transporte, que hasta el año 2007 realizó Caminha. En 2008, recordó, fue la administración española quien asumió el compromiso de mantener el canal en condiciones y es, insistió a lo largo de su intervención, al gobierno Central a quien compete el dragado del canal, no a la Xunta. Viendo que los sedimentos colmataban el canal, ACIGU, continuó explicando Carmen García, remitió en distintas ocasiones, desde febrero de 2010, diferentes escritos al alcalde para tratar este tema, sin embargo ninguno recibió respuesta, pero es que tampoco dio explicaciones públicas el alcalde, a través de la prensa, sobre posibles gestiones y “no sabemos nada”, repitió la representante de los comerciantes, quien dijo estar segura de que fue a raíz del escrito presentado por ACIGU, el 30 de agosto, tras leer en la página web de Caminha, que el día 15 la presidenta de la Cámara, que se había reunido cuatro días antes con Domínguez Freitas, paralizaría el ferri, cuando el alcalde guardés decide publicar una nota de prensa sobre esta cuestión. Para Carmen García, el 70 por ciento de los clientes que en invierno consumen en A Guarda, son portugueses, y en verano suponen el 50 por ciento, no porque disminuya su presencia, aclaró, sino porque aumenta la de otras procedencias. Hay 125.000 usuarios que emplean a lo largo del año este servicio del que no se puede prescindir, reiteró, para añadir que hoy, martes, el alcalde convocó a la Mesa de Comercio donde la presidenta de ACIGU presentará algunas sugerencias recogidas de los asistentes a la convocatoria de ACIGU, entre ellas iniciar una recogida de firmas, en defensa del ferri, y una manifestación con implicación de todos los sectores y guardeses en general, pero también con presencia del otro lado del río, siempre, quiso dejar muy claro Carmen García, “que el alcalde vaya en cabeza”. Previamente Carmen García se refirió a la reunión de hoy con un “yo no quiero ir al entierro”, aludiendo a que las gestiones tenía que haberlas hecho el alcalde hace mucho tiempo, pero “¿qué hizo?”, volvió a preguntarse, para responderse a sí misma “Esperemos que nos lo explique mañana (por hoy)”. Carmen García señaló que mañana, miércoles, se reunirá en la Cofradía de Pescadores con las demás fuerzas políticas para explicar la posición de ACIGU y conocer qué piensa la oposición sobre este preocupante tema.
Martes, 6 de setembro de 2011 Alcaldes dos municipios do Camiño Portugués pola Costa reuníronse na Guarda para pedir conxuntamente unha actuación que impida parar o ferri Alcaldes e representantes dos municipios polos que discorre o Camiño Portugués pola Costa runíronse onte no concello da Guarda, para tratar da problemática derivada da posible paralización do servizo de ferri que une A Guarda con Caminha e que afectaría ao paso de peregrinos que procedentes de Portugal cruzan o Miño. Escusaron a súa ausencia por cuestións de axenda, os representantes de Vigo e Nigrán. Na reunión compareceron os alcaldes da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas; O Rosal, Jesús Fernández Portela, e Oia, Alejandro Rodríguez; a concelleira de Cultura, Turismo e Xuventude, de Baiona, Mª Iglesias Fernández, e a técnica de Turismo, Sonia Rial, quen acordaron que é necesario o mantemento do ferri pola importancia que ten, non sólo para A Guarda e Caminha, senón tamén para todo o norte de Portugal e o sur de Galicia, desde o punto de vista económico, social, histórico e turístico, pero tamén, recordaron que pronto se cumprirán dous anos do recoñecemento do Camiño Portugués pola Costa, sendo moitos os que utlizan este medio de transporte para cruzar o Miño e seguir o itinerario a Santiago por esta ruta que xa utlizaron uns dous mil peregrinos desde a súa oficialización e que, aseverou o rexedor de Oia, Alejandro Rodríguez, quedaría mutilado o Camiño e non servirían para nada os esforzos que os muniicpios teñen feito ata agora se deixa de existir o ferri. Por iso reclaman da Consellería de Cultura e Turismo, responsable do Xacobeo, todo o apoio e toda a axuda para manter a integridade deste itinerario. Os reunidos fan tamén un chamamento a todas as institucións do Goberno central, provincial e locais, dunha e outra beira, para que, no ámbito das súas responsabilidades, fagan canto estea nas súas mans para grarantir a navegabilidade do ferri. De forma especial apelan á Dirección Xeral de Sustentabilidade do Mar e da Costa para que, con carácter urxente, adopte solucións que posibiliten que o ferri continúe funcionando. Finalmente manifestaron que, nunha Europa sen fronteiras, o ferro é un vínculo que non se pode perder. É mais, inciden, sería desexable que no futuro fose Europa quen asegurase a continuidade desta infraestrutura. Os alcaldes e representantes das administracións locais do Camiño Portugués pola Costa, desprazáronse ata o embarcadoiro do ferri onde Alejandro Rodríguez insistiu na importancia deste medio de transporte para garantir o paso dos peregrinos, que todos os días ve pasar <e hoxe mesmo cruceime con dous>, que segundo explicou o edil guardés de Patrimonio, Javier Crespo, procedían de Málaga. Mª Iglesias Fernádez referiuse ao goteo continuo de peregrinos que chegan a Baiona seguindo o Camiño Portugués pola Costa. Domínguez Freitas, que espera dun momento a outro o comunicado por escrito da decisión da Dirección Xeral de Sustentabilidade do Mar e da Costa que daría resposta á petición da Guarda, explicou que o prazo dado por Caminha non supón unha data inamobible, e que o dragado a realizar non ten porque ser exactamente o día 15, que nojn poderá selo xa que hai uns requisitos administrativos que cumprir e que, mentres o ferri seguirá funcionando dependendo o numero de viaxes do que permitan as mareas baixas, e que tras a actuación no río volvería ao seu normal funcionamento. Reunión con outros representantes Antes da reunión cos representantes dos municipios do Camiño, José Manuel Domínguez Freitas mantivo unha reunión coas catro formacións representantes das forzas políicas no concello da Guarda (PSOE, PP, BNG e CG), para darlles conta da situación na que se atopa o ferri, o compromiso do Gobienro central que se plasmará en breve e as xestións realizadas ata agora, e todos eles manifestaron a súa decisión de contribuír no que estea da súa man, para asegurar o presente e o futuro do ferri. Hoxe o alcalde reunirase coa Mesa de Comercio na que, entre outros colectivos, están representados Acigu e Ábaco, e posteriormente farao coas formacións sindicais mayoritarias: CC.OO, UXT e Ciga.
Luns, 5 de setembro de 2011 “Începuturi” de Noé Ferreira en el Salón Café Grettel de Vigo El Salón Café Grettel de Vigo acoge desde el día 2 de septiembre la exposición de pintura “Începuturi” del guardés Noé Ferreira Rodríguez. Es la segunda parada de esta serie de cuadros que constituyen las primeras obras del autor, y cuyo título es una palabra rumana que se traduce como “comienzos”. Siete cuadros pintados principalmente al óleo que con su estilo ecléptico y un toque naif nos acercan a una visión de la villa guardesa, un autorretrato o composiciones geométricas con un aire daliniano. Las obras están firmadas con una marca marinera que constituye un homenaje a la propia tradición marinera de la villa guardesa y a su abuelo José Bernardo Rodríguez Pacheco, “Nagio”, con la que este marcaba sus aparejos de pesca, heredada de generación en generación se sitúa ahora como carácter identificativo de los cuadros de este autor. La exposición podrá visitarse en la cafetería viguesa hasta el próximo 2 de octubre.
(Fotografía 1: Noé Ferreira y amistades con las obras en la puerta del MARCO (Vigo). Fotografía 2: cuadro que da título a la exposición. Fotografía 3: Noé Ferreira en el Monte Sta. Trega).
Sábado, 3 de setembro de 2011 Moción de Converxencia Galega sobre o ferri Lamentablemente vemos que un dos poucos elementos que dinamizan o noso marco económico, como é o Ferry entre as vilas de Caminha e A Guarda hoxe está en perigo de remata-lo seu servizo por falta de operatividade da súa canle de navegación, pola colmatación por sedimentos procedentes da zona alta do cauce fluvial. No Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil para os anos 2010-2015 no se artigo 59º,2 obrígase as empresas xestoras dos embalses a descarga-los sedimentos das presas, os cales certo tempo despois rematan no esteiro; en resumo eles o que fan e desviarnos o problema para nós. Dado que no Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil para os anos 2010-2015 hai un orzamento de +838 millóns de €, polo cal dado que o río Miño é competencia deste organismo, debe ser este ente quen aporte gran parte da financiación necesaria para sufraga-los custes da extracción dos áridos, para manter operativa a canle de navegación do Ferry. No Convenio de cooperación para a protección e aproveitamento sostible das augas das concas hidrográficas hispano-lusas de Albufeira do 30 Novembro de 1988, modificado polo Protocolo de Revisión de Madrid e Lisboa do 4 Abril de 2008, abre un marco xurídico para que o Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil para os anos 2010-2015, no se artigo 12º,2 falase de elaborar un Plan de Ordenación do Estuario Internacional do río Miño. Hai que traballar que se faga efectivo este Plan de Ordenación e no mesmo recóllase o necesario mantenimento da canle de navegación do Ferry e das outras existentes no esteiro do río Miño. A outra parte do problema é a base legal para a extracción de áridos nos ríos, na Lei de Costas (Lei 22/1.988) non prohibe totalmente a extracción de áridos, pois no seu artigo 29º deixa aberta a porta a permiti-la extracción dos mesmos nos tramos finais dos seus cauces fluviais; polo tanto para darlle un marco xurídico de legalidade a extracción necesaria que necesitamos para manter operativo a canle de navegación do Ferry, só é necesario facer un pequeno engadido ó artigo 29º da Lei 22/1.988, para que quede escrito que permítese a extracción de áridos nos tramos finais fluviais para manter operativos as canles de navegación. Así con estas dúas liñas de traballos xurídico administrativas damos unha solución legal ó problema da extracción de áridos, e por outro lado propomos unha posible solución á financiación da extracción. Diante desta situación, Converxencia Galega vimos a presentar para o séu debate e aprobación o PLENO MUNICIPAL como solución a problemática sobre o tema do Ferry entre Caminha e A Guarda que se adopten as seguintes medidas: 1º) Solicitar que por parte do Congreso dos Deputados procédase a facer unha modificación na Lei 22/1.988, Lei de Costas, na que se faga un engadido ó seu artigo 29º; para que no tramo final dos cauces fluviais deberán manterse operativos as canles de navegación, para o cal permitirase a extracción de áridos por parte de Administración ou Organismo público competente, ou outra fórmula de cooperación. 2º) Solicitar que por parte do Congreso dos Deputados procédase a facer unha modificación na Lei 22/1.988, Lei de Costas, que se faga un engadido nunha disposición adicional ou artigo, para que os áridos extraídos nos mantenimentos das canles de navegación, sexan de uso obrigatorio na rexeneración de praias. 3º) Solicitar que no Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil para os anos 2.010-2.015. En base ó seu artigo 12º elabórese un “Plan de Ordenación do Esteiro Internacional do río Miño”. Para que as extracción de áridos da canle de navegación formen parte das actuacións desta entidade pública e aporten financiación.
Sábado, 3 de setembro de 2011 Ábaco insiste en que o alcalde convoque con carácter urxente unha reunión conxunta entre os representantes políticos e empresariais da Guarda Ábaco solicita ao Aalcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, con carácter urxente unha reunión conxunta entre os representantes políticos e empresariais da Guarda e non por separado como, din desde este colectivo empresarial, ten proposto facer. Dende Ábaco entienden que despois dos intentos frustrados por parte do rexedor local de atopar solucións ao ferri nas distintas administracións, é o momento de elevar o tono nas demandas, esquecer calquera perxuicio partidista e ampararse nos colectivos políticos, empresariais e na cidadanía guardesa para salvar, entre outros, “un dos piares básicos da economía guardesa”, como así calificou o alcalde da Guarda ao sector turístico hai escasos días na presentación de “Orpagu-Gourmet”. Desde Ábaco subliñan que é hora de que o alcalde da Guarda deixe de facer deste problema unha guerra persoal e que exerza como tal, e entenden que a estas alturas os empresarios non poden enterarse dos feitos pola prensa con todo o que se están xogando.
Apertura prazo de inscrición para as actividades anuais de pilates, aerobic, pintura e teatro A OMIX da Guarda informa da apertura do prazo para inscribirse nas actividades de aerobic, que se desenvolverán os lunes e mércores, de 20:30 a 21:30 horas; Pilates, os martes e xoves de 19 a 20 horas; Pintura, terá lugar os xoves para grupo de nenos de 17 a 19 horas e de adultos de 20 a 22 horas; e teatro cun grupo infantil os luns de 18 a 19:30 horas, e outro de adultos de 20 a 22:00 horas. O prazo para inscribirse a tódalas actividades dará comezo o día 8 de setembro na OMIX da Guarda. Máis información na OMIX ou a través do correo ou facebook da oficina.
Venres, 3 de setembro de 2011 II Trofeo Entidad Local Menor de Camposancos de regata multiclase Este sábado 10 de septiembre, el Club Alagua organiza el II Trofeo Entidad Local Menor de Camposancos, regata multiclase que albergará embarcaciones de vela ligera y crucero. En esta segunda edición se espera la participación de regatistas del Clube Naval Povoense, entre ellos el varias veces campeón de Portugal en clase Laser, Serafim Gonçalves y por parte del Club Alagua, dos tripulaciones mixtas, formadas por Roberto Barreiro y Cristina Domínguez, y por Brais Acevedo y Ángela Vicente, las cuales se encuentran entre las favoritas de la flota local en la clase 470. Este año, a diferencia de la edición anterior, se quiere implantar la modalidad de “trofeo perpetuo”, que consistirá en disputar un único trofeo para el ganador absoluto de la prueba, que irá a parar al club del regatista vencedor durante un año, con el compromiso de volver con este trofeo al año siguiente para disputarlo de nuevo. Esta modalidad esta implantada en regatas de alto prestigio como la America’s Cup. En el caso del Club Alagua, se busca un ambiente de complicidad y convivencia, para asegurar una participación en pruebas venideras de esta índole y mantener una relación más estrecha con otros clubs. La prueba consistirá en un mínimo de una manga y un máximo de tres mangas, con un sistema de puntuación absoluto sin rating, es decir, que toda la flota navegará junta y se respetará el orden de llegada a meta sin tener en cuenta el tipo de embarcación con la que se participe. Previamente se celebrará una demostración de la clase Optimist, que se realizará los deportistas de la Escuela de vela, en agradecimiento a la Entidad Local Menor de Camposancos por la cesión al Club Alagua, de cuatro velas de escuela para esta actividad. Desde la directiva del Club Alagua se agradece toda la ayuda prestada a entidades, organización y deportistas y anima a todo el que lo desee a participar activa o pasivamente en dicho evento.
Venres, 3 de setembro de 2011 Cuartos de final Copa Galicia Femenina Informa Ignacio Saa Jugado el sábado día 3 a las 18.00 horas en A Sangriña MECALIA AT. GUARDES 27 – B.M. RASOEIRO 23 Con más pena que gloria, el Guardés sacó adelante la eliminatoria, aunque durante toda la primera mitad y parte de la segunda, las casi juveniles de O Grove dominaron claramente y sacaron los colores a todo un División de Honor. Solamente durante el último cuarto de hora, las guardesas impusieron su mayor veteranía y mejor forma física. Un partido no es suficiente para sacar conclusiones, pero las sensaciones trasmitidas no son buenas. Evidenciamos falta de solidez, fundamentalmente defensiva, bien es cierto que faltaban cuatro de las jugadoras consideradas titulares, y desafortunadamente, a poco de comenzar el partido se lesionó Xica, todo un puntal, con lo que el equipo quedó muy mermado de potencial. De todas formas, al menos hasta que podamos contar con las nuevas incorporaciones, el conjunto se parece mucho al frágil e irregular equipo de la pasada temporada, cosa normal si tenemos en cuenta que básicamente es el mismo, y por lo tanto se repiten los defectos. Durante el próximo fin de semana se disputará un torneo cuadrangular, con dos equipos portugueses de 1ª División, el propio Mecalia y el Seis do Nadal. Esperamos que la lesión de Xica no sea grave y podamos contar con ella lo antes posible.
Venres, 3 de setembro de 2011 Eliminatoria Copa Galicia Informa Ignacio Saa Hoy, sábado, a las seis de la tarde en A Sangriña, segunda eliminatoria de la Copa Galicia entre el MECALIA AT. GUARDES – C.B.RASOEIRO Esta vez el Mecalia se enfrenta a un equipo también de 1ª Autonómica, pero con más experiencia que el Carballal, ya que en la pasada temporada se clasificó en 5ª posición. El pasado miércoles, 31 de agosto, el Mecalia se desplazó a Maia (Oporto) donde jugó un amistoso frente al Sta. Joana, que milita en la 1ª Dvisión Portuguesa, con el resultado 26-31, favorable al Atlético Guardés. Rival consistente y que presentó dura batalla en un principio, obligando a las guardesas a emplearse a fondo para lograr doblegarlas, luego la forma física y los cambios, hicieron que bajara el rendimiento de las lusas, que de todas formas, nunca se entregaron. Encuentro en el que ya pudimos ver cosas, algunas que nos gustaron, y otras no tanto. Mientras que en ataque tenemos bastantes recursos, en defensa tenemos lagunas, necesitamos lograr consistencia de forma más continuada. A falta de tres jugadoras, dos en el dique seco, Alba y Bego, y Magdalena que no pudo viajar, el equipo funcionó a un nivel aceptable, aunque, lo dicho, se necesita mejorar en defensa.
Sábado, 3 de setembro de 2011 A Aula CeMit organiza un curso de alfabetización dixital na semana do 12 ao 18 de setembro A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de A Guarda celebrará un curso na semana do 12 ao 18 de setembro que contempla, os días 12, 13, 14 e 15, de 9 a 10.30 horas, o curso “Alfabetización dixital: Iniciación á Informática”, co que se pretende iniciar no mundo da Informática a persoas que nunca manexaran un ordenador. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades as persoas interesadas poden dirixirse ao Aula CeMIT de A Guarda sita no Centro Cultural; tamén poden facelo a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou chamando ao teléfono 986-611850, e mesmo enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.aguarda@xunta.es
Venres, 2 de setembro de 2011 O Grupo Popular demanda unha solución para o dragado do río Miño para permitir o funcionamento do ferry A deputada do Grupo Parlamentario Popular, Fátima Iglesias, presentou unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia para que solicite á Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente a busca dunha solución para o dragado do río Miño co fin de que se permita a navegabilidade do ferry-boat que une as localidades de A Guarda e Caminha. Fátima Iglesias considera “fundamental” o mantemento deste medio de comunicación que desde o ano 1995 opera entre a localidade portuguesa de Caminha e A Guarda, “tanto polos beneficios económicos que isto supón para o comercio, a hostalería e o turismo de ambos lados do río Miño, como dos postos de traballo que o ferry-boat xera tanto en España como en Portugal”. Responsabilidade do Ministerio A deputada popular recorda que o problema xurdiu logo de que a Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente rexeitara realizar máis dragados do río Miño, alegando o elevado custo económico que supón a extracción e a imposibilidade de empregar as areas extraídas nas praias españolas. A supresión deste servizo “é responsabilidade exclusiva do Ministerio de Medio Ambiente, quen debe asumir as súas competencias neste asunto e encargarse do dragado do río para permitir a navegabilidade do ferry-boat”, asegura. A travesía do ferry-boat Santa Riita de Cassia faise desde o ano 1995 e durante máis de dez anos a Cámara Municipal de Caminha levou a cabo os traballos de dragado do río Miño, asumindo os seu financiamento. No ano 2008, o Goberno español asumiu, de acordo co Goberno Civil de Viana do Castelo, a realización destes traballos a través da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente. “Lamentablemente, o dragado levouse por última vez no ano 2009, o que motivou que o canal se fora enchendo de area ata o punto de facer inviable o funcionamento do ferry-boat”, explicou a deputada. Elevado custo e necesidade estudo ambiental O alcalde de A Guarda mantivo o pasado 26 de agosto unha reunión coa presidenta da Cámara Municipal de Caminha co obxectivo de buscar unha solución a este problema e facer posible a navegabilidade do río Miño para o ferry-boat. Fátima Iglesias afirma que “esta reunión serviu para dar a coñecer a través do propio alcalde a posición da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, quen non pretende facer máis polo seu elevado custo”. Así mesmo, a deputada popular anota que a Dirección Xeral de Costas “fala agora da necesidade de elaborar un estudo de impacto ambiental, que tardará, según eles, cerca de un ano e que levará consigo o atraso na extración da area do canal ata a conclusión deste informe e a conseguinte retirada do servizo do ferry-boat”. “Esta situación motivou que desde o Grupo Parlamentario Popular decidíramos presentar esta proposición non de lei a través da que instamos á Xunta de Galicia para que reclame á Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente a busca dunha solución a esta problemática do dragado do río Miño, que tanto vai afectar á Guarda e ao Baixo Miño, co obxectivo de que se permita a navegabilidade do ferry-boat que une as localidades de A Guarda e Caminha”, rematou a deputada.
La Cámara de Comercio de Tui considera primordial la permanencia del ferry A Guarda-Caminha La Cámara de Comercio de Tui considera fundamental para la economía de la zona la permanencia del ferry del Miño entre las localidades de Caminha y A Guarda. El presidente de la Cámara de Comercio, Gumersindo Alonso, ha mantenido un encuentro con el alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, con el fin de intentar evitar la desaparición del servicio que conecta España y Portugal. En palabras del presidente de la Cámara de Comercio de Tui, “para A Guarda es vital la existencia del ferry. Hoy en día son muchos los que llegan a diario desde el norte del país luso a nuestra comunidad para realizar compras, degustar nuestra gastronomía o simplemente turismo”. En opinión de Gumersindo Alonso, “sectores como el comercio, el turismo y la restauración podrían verse seriamente resentidos por la supresión de este servicio”. El ferry de Santa Rita de Cassia, en funcionamiento desde 1995 y que une Caminha y A Guarda, es utilizado anualmente por unas 200.000 personas. Este servicio se puso en marcha con el fin de reforzar lazos económicos y culturales entre las dos villas. Cámara de Comercio de Tui La Cámara de Comercio de Tui trabaja intensamente para dinamizar la economía de la demarcación y considera el turismo de la demarcación como sector estratégico y de vital importancia para la economía del Baixo Miño, de hecho la Cámara impulsa un Centro de iniciativas Turísticas que coordine la promoción turística y represente al sector empresarial.
Venres, 2 de setembro de 2011 Los voluntarios de Cruz Roja del proyecto Moviéndonos por el Río realizarán hoy una salida didáctico/ medioambiental Hoym 2 de septiembre, como cierre de las actividades de verano en Cruz Roja Baixo Miño, y si el tiempo lo permite, a partir de las 10.30 horas y hasta las 13:30, en la zona del Estuario del Miño los voluntarios del proyecto Moviéndonos por el Río, y un técnico de la Asociación ecologista Anabam, acompañarán a un grupo de asistentes a las actividades de ludovermella de A Guarda, en una salida didáctica por la desembocadura del Río Miño, en la cual, los participantes podrán apreciar la gran variedad y riqueza ecológica de la zona, además de aprender que ellos son piezas fundamentales en la conservación de nuestros río. Este proyecto pretende hacer protagonistas a los ciudadanos en la conservación y mejora de sus ríos. El objetivo principal de las actividades diseñadas en el Baixo Miño es lograr la implicación de la población en la conservación de los ecosistemas fluviales mediante acciones de sensibilización, divulgación y por supuesto de intervención. La falta de agua potable es un problema global. Por ello, además del trabajo que Cruz Roja Española desarrolla fuera de nuestras fronteras en materia de dotación de agua y promoción de higiene, la Institución lleva a cabo una importante labor de sensibilización en nuestro país en relación al comportamiento responsable sobre el consumo y el uso del agua a través de campañas como ‘Moviéndonos por el Agua’, que cuenta con el apoyo del Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino y la colaboración de la Conferencia Hidrográfica Miño- Sil. Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes, promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española ( 2007).
Ábaco solicita una reunión con el concello para tratar la problemática del ferry La Asociaci do Baixco Miño de Comerciantes e empresarios, Ábaco, solicitó una reunión urgente con el alcalde de A Guarda para tratar sobre la posible paralización del servicio de ferri entre A Guarda y Caminha, previsto por la Cámara Municipal de Caminha para el día 15 de septiembre. En nombre de Ábaco, Angel Luis Baz, presidente de la organización que firma la solicitud, pide que en la convocatoria estén presentes un representante de cada partido político y de las respectivas asociaciones empresariales del municipio.
Venres, 2 de setembro de 2011 Gemma Marqués y Daniel Alonso presentan su nueva obra el 10 de septiembre En la Casa Taller, la Casa Azul Turquesa del Paseo Marítimo, en A Guarda, se presentan los nuevos cuadros de la pintora Gemma Marqués de la serie de "Vespas y coches antiguos" y "Paisajes castellanos" y la nueva serie de esculturas en piedra de Daniel Alonso con el título "Menhires". La inauguración tendrá lugar el 10 de septiembre, a las 20 horas con música, y se podrá visitar hasta el día 30.
Xoves, 1 de setembro de 2011 El Grupo Municipal del PP de A Guarda pide información y responsabilidad a Domínguez Freitas en relación al ferry La portavoz del PP de A Guarda, Fany Iglesias, mostró la preocupación del Grupo Popular Municipal por la publicación, el pasado lunes, en la página web de la Cámara de Caminha en relación a la paralización del servicio del ferry-boat por la falta de navegabilidad del canal del río. La indignación del grupo municipal se agrava por la falta de información y transparencia, por parte del equipo de gobierno, sobre un tema tan importante y preocupante, principalmente para el comercio, la hostelería, el turismo, pero también para el Camiño Portugués pola Costa y para todos aquellos vecinos que utilizan este medio de transporte y comunicación que lleva funcionando desde el año 1995. Después de varios meses de servicio deficiente, Fany Iglesia dice que es lamentable que a día de hoy Domínguez Freitas no se haya puesto en contacto con los grupos políticos, y especialmente con el grupo municipal de Partido Popular, para tratar el asunto, ni siquiera para informar a los populares de la situación. “No se nos comunicó la reunión mantenida con la presidenta de la Cámara de Caminha, ni la resolución de la Dirección General de Costas, ni las medidas que ha tomado como regidor local y que publican hoy los medios de comunicación”. La portavoz del partido popular espera que el alcalde informe de manera diligente al resto de grupos políticos y tome cartas en el asunto con el Ministerio de Medio Ambiente y con la Dirección General de Costas y solicita “que deje de echar balones fuera tratando de implicar a otras administraciones, que en todo caso lo único que pueden instar es a que el Ministerio cumpla con lo acordado en el año 2008, hacerse cargo del dragado del río Miño para dar navegabilidad al ferry-boat, tal como hizo en su momento el gobierno portugués”.
Xoves, 1 de setembro de 2011 Converxencia Galega propón una convocatoria dirixida a todos os colectivos para defender a permanencia do ferri Ante o próximo peche do servizo de Ferri entre as vilas da Guarda e Caminha, dende Converxencia Galega consideran necesaria unha convocatoria para reunir a tódolos grupos políticos dos concellos miñotos, dunha e outra beira do río, co obxectivo de facer patente e publicamente a oposición a esta medida. CG tamén convida a outras entidades sociais da comarca a sumarse a esta proposta, desde as asociacións comerciantes pasando polos sindicatos e outros colectivos, ata as entidades culturais. CG considera que o servizo de ferri entre os pobos de Caminha e A Guarda é o único medio de comunicación que hoxe existe, prestando un importante servizo para tódolos veciños da comarca e outras localidades próximas. A portavoz desta formación política, Beatriz Estévez coida que non se pode deixar pechar un servizo por pasividade dos interesados, e sobre todo polo abandono de certas administracións (lusas e españolas). Lembra a formación que lidera Beatriz Estévez que dende fai máis de 800 anos “somos o tramo de fronteira máis antigo e estable que existe na Europa; pero esta situación sempre foi un gran atranco para os pobos miñotos das dúas beiras do rio”. Entre as dúas bandas, recorda, hai un tren obsoleto e un pequeno ferri, para engadir que tanto Portugal como España teñen unha gran débeda histórica con esta comarca e vai sendo hora de que se poñan os medios económicos, administrativos, legais e fiscais para trocar esta situación de desventaxa e non continuar cunha situación discriminatoria, que no actual marco europeo é ilegal. Para Beatriz Estévez o tema do dragado do río e o custe económico “non son máis que un pano mentiroso co que tapar a situación discriminatoria que levamos desde hai máis de 800 anos sofrindo. Dende 1986 a situación xurídica entre España e Portugal trocou coa súa entrada na U.E., pero dentro das Administracións lusas e españolas ainda quedan moitos gobernantes que seguen con esa inercia de discriminar tódalas comarcas das raias luso-hispanas”. Insiste a portavoz de Convergencia Galega, que a excusa do custe da extracción da area é unha gran mentira técnica, “e aquí a cuestión é poñer máis atrancos ao desenvolvemento comercial, industrial e de progreso da comarca miñota”.
Xoves, 1 de setembro de 2011 O BNG responsabiliza ao Goberno español e ao alcalde da Guarda da actual situación do ferry Ante as preocupantes noticias que aparecen en distintos medios de comunicación sobre a suspresión do servizo de ferry entre A Guarda – Caminha, o Bloque Nacionalista Galego considera que existe unha responsabilidade directa por parte do alcalde da Guarda e do Goberno español do PSOE. O BNG leva denunciando e advertindo dende hai tempo esta situación e da falta de implicación das distintas administracións tanto local, autonómica como estatal. O BNG presentou en febreiro do ano 2010 unha moción na que se solicitaba un compromiso firme e público do Goberno español coa continuidade do ferry A Guarda-Caminha. Asemade, solicitaba que se realizasen os estudos pertinentes para a realización dun dragado que faga compatíbel o transporte e a actividade pesqueira no río Miño. A moción presentada polo BNG foi rexeitada polo actual alcalde, X.M. Domínguez Freitas, e o seu grupo de goberno, primando os intereses de partido sobre os do pobo da Guarda. As consecuencias, din desde a posición nacionlaista, son a posíbel supresión do servizo. Dende ese momento, continúa o escrito do BNG, o alcalde non foi capaz de conseguir o máis mínimo compromiso do Goberno español para solucionar o problema do ferry. Así mesmo, a deputada do BNG no Parlamento español, Olaia Fernández Davila, presentou varias iniciativas interesándose sobre o dragado do río Miño e sobre o mantemento do servizo de ferry. O BNG, insiste, tiña claro que non había ningún compromiso por parte do Goberno español no mantemento do ferry, e ano e medio despois a realidade dálle a razón ao BNG. “Dende o BNG levamos tempo denunciando esta situación diante das administracións. Xa no ano 2010 dixemos que había que acudir as administracións europeas. O alcalde coas súas declaracións chega tarde, un ano e medio despois. En todo este tempo non hai nada”, comenta Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG, formación que engade que o Goberno español non ten ningún interese nesta vía de comunicación e o alcalde da Guarda é incapaz de conseguir un mínimo compromiso dos seus compañeiros do PSOE do Goberno central. Outra das administracións que está totalmente desaparecida é a Xunta de Galicia, que algo terá que dicir ante a supresión deste servizo no seu territorio. Para o BNG, o máis grave é que o alcalde en ningún momento informou en todo este período nin fixo partícipes ás forzas políticas e sociais da preocupante situación na que estaba o servizo de ferry A Guarda – Caminha, polo que diante da <inoperancia do Goberno municipal>, din os nacionalistas, dende o BNG solicitan á sociedade guardesa que se mobilice en defensa deste servizo de suma importancia para o concello.
|
|
|