www.galiciasuroeste.info

SETEMBRO

 

Venres, 30 de setembro de 2011    

El Centro de Iniciativas Turísticas apuesta por poner en valor la senda litoral del Miño

El presidente de la Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso, y el director del Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) del Baixo Miño, David Villar, mantuvieron un encuentro con el delegado del Gobierno en Galicia, Miguel Cortizo, para presentarle los principales objetivos del recién creado CIT. Durante la reunión, le trasladaron al Delegado su intención de poner en valor la Senda Litoral del río Miño, como uno de los principales reclamos turísticos de la zona, y la apuesta por mantener el ferry de A Guarda. 

40 kilómetros de senda litoral

La Senda Litoral del río Miño discurre por los términos municipales de Tui, Tomiño, O Rosal y A Guarda; en concreto, va desde la desembocadura del Río Caselas, en Tui, hasta la playa de Camposancos, en A Guarda, y cuenta con un recorrido estimado de 40 kilómetros. Desde el CIT Baixo Miño se busca la recuperación de los recursos naturales y paisajísticos de esta franja litoral.

En palabras del director del CIT, David Villar, se trata de una oportunidad única para promocionar y poner en valor la riqueza paisajística con la que cuenta la comarca. “A lo largo de 40 kilómetros, el visitante puede disfrutar de unas panorámicas espectaculares pero para ello es necesario poner en valor los recursos existentes, acondicionar su recorrido, señalizar los puntos clave y promocionar sus atributos culturales y gastronómicos, entre otros”, apunta el Presidente del CIT.

Por su parte, el Presidente de la Cámara, Gumersindo Alonso, señala que “se trata de un aliciente turístico de gran importancia para la zona y que se convierte en un dinamizador económico de gran importancia para las empresas del sector que operan en la demarcación”.

Permanencia del ferry de A Guarda

Durante el encuentro con el delegado del Gobierno, los responsables del CIT y de la Cámara de Comercio le trasladaron su preocupación por la permanencia del ferry del Miño. En este sentido, Miguel Cortizo confirmó que ha habido un entendimiento entre las Administraciones para que no se paralice el servicio del ferry y que el Ministerio de Medio Ambiente ha dado instrucciones a Tragsa para que lleve a cabo los trabajos de dragado necesarios.

En opinión de David Villar “para A Guarda es vital la existencia del ferry.  Hoy en día son muchos los que llegan a diario desde el norte del país luso a nuestra comunidad para realizar compras, degustar nuestra gastronomía o simplemente turismo. Sectores como el comercio, el turismo y la restauración podrían verse seriamente resentidos por la supresión de este servicio”.

CIT Baixo Miño

El Centro de Iniciativas Turísticas del Baixo Miño, dirigido por el director del Parador de Tui, David Villar, se constituyó en julio de 2011 con cerca de 40 empresas del sector turístico de la comarca con el objetivo primordial de fomentar el turismo en el Baixo Miño y atraer visitantes a la zona, siendo su directore.

Entre los servicios que oferta el CIT para promocionar el turismo de la zona se encuentran mejorar los niveles de formación de los responsables de gestionar los establecimientos y servicios turísticos; la elaboración de material promocional, oferta de programas de temporada baja y paquetes turísticos para agencias.

 

Xoves, 29 de setembro de 2011    

O domingo celébranse en Tui as Xornadas Europeas de Patrimonio cun percorrido pola senda Tui - Caldelas

O vindeiro domingo, 2 de outubro, terá lugar na cidade de Tui unha nova actividade das Xornadas Europeas de Patrimonio, que veñen celebrando conxuntamente o Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença. Ambos municipios que formalizaran axiña o seu acordo para se converter en “eurocidade” continúan neste ano esta celebración conxunta, nunha iniciativa pioneira que ten suscitado grande interese.

No caso tudense trátase dunha visita guiada pola senda peonil que une Tui con Caldelas polas ribeiras do río Miño que dará comezo na Ponte da Veiga ás 10,30 horas da mañá do vindeiro domingo. Ao longo dos percorrido poderán os participantes achegarse a diversos elementos patrimoniais: a ponte medieval da Veiga do Louro, os gravados rupestres de “As Ráns” en Paramos, o posto de carabineiros, a lagoa e a Torre Vella de Caldelas rematando cunha visita ao Balneario de Caldelas. A temática da Xornada Europea de Patrimonio neste ano 2011 en España é “Arqueoloxía e paisaxe” e nesta visita guiada pola senda á beira do Miño poderemos contemplar ambos elementos que conforman dous aspectos salientables do patrimonio cultural tudense.

Os participantes deste percorrido poderán comprobar o traballo realizado polo obradoiro de emprego “Ambiental Tui” na recuperación desta senda que forma parte do seu proxecto de creación dun roteiro de sendeirismo de 18 quilómetros polo municipio tudense.

A Concellería de Cultura tudense informa que o Concello de Tui ofrece aos asistentes a posibilidade de regresar en autobús dende Caldelas, para o que cómpre realizar unha reserva de praza a través do correo electrónico museo@concellotui.org ou personalmente na Biblioteca Municipal tudense. As previsións meteorolóxicas garanten unha climatoloxía moi favorable para a realización deste percorrido.

Dende o ano 1991 desenvólvese a celebración destas xornadas en 50 países do vello continente europeo. Estas Xornadas Europeas de Patrimonio foron ideadas en Granada en 1985 no decurso da 2ª Conferencia Europea de Ministros responsables do patrimonio cultural, tras a suxestión do Ministro de cultura francés que propuxo estender a experiencia de portas abertas nos monumentos que se celebraba en Francia anualmente. Dende aquela numerosos países se teñen sumado a esta iniciativa que en 1991 foi instituída oficialmente polo Consello de Europa e dende 1999 converteuse nunha acción conxunta coa Unión Europea.

O Concello de Tui celebra por quinto ano consecutivo esta iniciativa que tenta poñer en valor o patrimonio cultural da nosa cidade inxeríndoa nas iniciativas que ao respecto existen por Europa adiante. Cómpre subliñar que o Concello de Tui é a única institución en Galicia que participa nesta Xornada, que coordina en España o Ministerio de Cultura. O pasado venres 23 de setembro tivo lugar en Valença a outra actividade programa nestas Xornadas, unha visita aos vestixios medievais da fortaleza valenciana cunha grande éxito de participación.

 

O alcalde de Tui congratúlase pola continuidade da conexión ferroviaria de tui pero reclama a sua modernización

Moisés Rodríguez Pérez, Alcalde do Concello de Tui, amosa a súa satisfacción diante do acordo acadado entre Renfe e Comboios de Portugal que garante a continuidade da liña Porto – Vigo, e por tanto da conexión ferroviaria da cidade de Tui, alomenos ata finais do vindeiro mes de xaneiro. Rodríguez Pérez agradece publicamente a sensibilidade tanto das empresas, Comboios de Portugal e Renfe, como dos Ministerios de Fomento e do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Comunicacoes que posibilitaron este acordo que beneficia aos veciños de Tui e Valença e de toda a Eurorrexión.

Pero, ao tempo, o rexedor tudense segue a reclamar unha modernización deste liña férrea que cómpre insistir ten a súa principal deficiencia na excesivamente longa duración do percorrido entre Porto e Vigo, con máis de tres horas de viaxe. A noticia da substitución das máquinas ferroviarias non solventa este problema que cómpre acometer.

Moisés Rodríguez Pérez confía que este tema da mobilidade na Eurorrexión Galicia / Norte de Portugal entre na axenda do novo goberno español para que en lugar de acordar estes continuos aprazamentos adopte un decidido compromiso pola renovación desta liña ferroviaria que nos inicios do século XXI segue mantendo os mesmos parámetros que cando, hai 125 anos, foi aberta esta comunicación coa inauguración da Ponte Internacional entre Valença e Tui. Existen fondos europeos para acometer esta mellora que resulta imprescindible para o desenvolvemento da eurorrexión, nos aspectos económicos e empresariais, pero tamén para afondar na cohesión social por unha fronteira que é transitada diariamente por máis de 18.000 vehículos de pasaxeiros (datos de 2003: 13.747 pola ponte nova e 4.692 pola ponte vella, ver nota). Estas cifran permiten calibrar a potencialidade de usuarios que ofrece esta eurorrexión se existe unha oferta axeitada ás súas necesidades.

Moisés Rodríguez Pérez salienta que o Concello de Tui seguirá atentamente as decisións que sobre este temas adopten as administración responsables e traballará para garantir aos tudenses unha conexión ferroviaria adaptada aos requirimentos dos nosos tempos.

Nota: Datos extraídos do traballo de José Luis Palmeiro Piñeiro e Miguel Pazo Otón: “La eurorregion Galicia – Norte de Portugal: una aproximación a la movilidad en el contexto ibérico”, editado no ano 2008).

 

A mellora da rede eléctrica de cinco parroquias do concello de Tui beneficiará a 3.500 veciños do municipio

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado pola xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, acudiu ao municipio tudense para supervisar as obras de dotación de enerxía eléctrica no rural que se están a acometer nas parroquias de Baldranes, Guillarei, Pexegueiro e Areas.

O proxecto pretende dotar a estas parroquias, consideradas de ámbito rural, de infraestruturas eléctricas de calidade. Hai que lembrar que, as características propias do rural galego, tales como a súa orografía, a súa dispersión, o seu baixo consumo de electricidade así como o alto custo da execución das instalación, desalentan as inversións das empresas galegas.

A Xunta de Galicia, coñecedora destas dificultades, a través da Consellería de Economía e Industria, está traballando en diversas iniciativas para mellorar as infraestruturas de distribución eléctrica no rural de Galicia. En total, serán 1445 abonados e 3.500 veciños os que se beneficiarán da posta en marcha destas cinco novas liñas eléctricas no municipio de Tui.

Neste concello, a Sociedade Electricista de Tui S.A.  investiu, dentro do plan de calidade rural de Galicia, 221.335,87 euros en cinco proxectos de instalación de redes eléctricas das que se beneficiarán as parroquias de Baldranes, Guillarei, Pexegueiro e Areas. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria investirá o 40% do presuposto total da obra.

Os obxectivos destas inversións son dous: en primeiro lugar, dar mellor servizo de resposta no caso de que haxa unha baixada de tensión a través da instalación de telemandos, e, por outra parte, mellorar a calidade da rede eléctrica no rural incrementando a súa potencia de forma que sexa un servizo igual ó ofrecido nas zonas urbanas.

Cores Tourís apuntaba a gran importancia “de dotar o rural da nosa comunidade de todas as infraestruturas necesarias para garantir o seu desenvolvemento económico e social”.

O delegado territorial quixo supervisar in situ a situación, polo que se achegou á EDAR da parroquia de Guillarei, onde se van cambiar as celas existentes por outras outras con capacidade de telemando, que permitan aos técnicos ter un rápido coñecemento das avarías que se produzan na rede eléctrica, podendo dar unha rápida resposta. Este cambio realizarase pola noite e durará sete horas. Para causar as menores molestias posibles as veciños da zona, instalarase un xerador de enerxía que dea electricidade durante ese período, solución que propuxo o delegado territorial.

 

Tui contará xa cun servizo de taxi as 24 horas

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado polo concelleiro de tráfico e seguridade, Ángel Gutiérrez González, e representantes do colectivo de taxistas de Tui presentaron onte a mañá o novo servizo de taxi ás 24 horas na nosa cidade.

Segundo informou o concelleiro de tráfico e seguridade dende o vindeiro luns xa estará operativo este servizo. No decurso do acto o Alcalde tudense entregou ao colectivo de taxistas o teléfono móbil que fornece o Concello para desviar a chamada do usuario do servizo de taxi dende a centraliña ata o taxista que estea de garda. Este desvío non supón un incremento de custe para o demandante do servizo.

Con esta nova medida o colectivo de taxistas do municipio tudense continúa traballando na procura dun mellor servizo e completa medidas adoptadas anteriormente, como foi a colocación de taxímetros en todos os taxis, un aparello que ata agora só estaba instalado nos taxis das grandes cidades. Trátase de garantir aos usuarios un servizo máis profesionalizado e de maior calidade.

Para o concelleiro de tráfico e seguridade, Ángel Gutiérrez González, este acordo entre o colectivo de taxistas e o Concello de Tui para dotar ao noso municipio dun servizo permanente de taxi se enmarca dentro dos obxectivos do goberno municipal tudense de incrementar o nivel e a calidade dos servizos para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Tui.

 

Mércores, 28 de setembro de 2011    

Tui vai contar cun servizo de taxi 24 horas

Hoxe, mércores, ás 10.30 horas terá lugar na Sala de Comisións da Casa do Concello de Tui a presentación do novo servizo de taxi 24 horas que se implanta neste municipio.

Para dar conta desta nova comparecerán o concelleiro de Tráfico e Seguridade, Angel Gutiérrez González, e dous representantes do colectivo de taxistas de Tui. 

 

Presentación do II Trofeo Universitario Eurorrexional a celebrar en Tui-Valença este sábado 1 de outubro

Onte tivo lugar na Pousada “San Teotonio” de Valença do Minho, a presentación do II Trofeo Interuniversitario Eurorrexional, organizado pola Fundación CEER (Centro de Estudios Eurorrexionais), a Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui, participando neste acto o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Mendes Salgueiro, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, o vereador de Deportes da Cámara Municipal de Valença, José Temperao Monte, o concelleiro de deportes de Tui, Nicolás Lorenzo Montes, o presidente da Fundación CEER, Rui Vieira do Castro, o director do CEER, Carlos Ferrás, e Filipe Duarte, canoísta universitario.

O sábado  1 de outubro as augas do río Miño  serán testemuñas dun encontro de remeiros e remeiras galegos e portugueses, na Segunda Edición do Trofeo Interuniversitario Eurorrexional en Barcos K4, que se celebrará na Eurocidade Valença do Minho-Tui, na que participaran deportistas das seis universidades da eurorrexión: A Coruña, Santiago de Compostela, Unive Vigo, Minho, Porto e Tras-os-Montes e Alto Douro.

Para Valença e Tui, como lembraron os representantes dos concellos organizadores, esta competición coincide co proceso de creación da eurocidade Tui-Valença, que quere converterse no referente da cooperación na eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

A competición, da que sairán os mellores remeiros da Eurorrexión, é un acontecemento aberto ó público, con tres modalidades de carreira, unha feminina, unha masculina e unha mixta, polo que ata tres Universidades poden alzarse cun trofeo. O pistoletazo de saída que dará lugar á primeira das carreiras será ás 12.00 hora española; a seguinte comezará ás 12.20 e, por último ás 12.45 terá lugar a carreira mixta. Todas as carreiras sairán e chegarán ó Centro Interfederado de Tui, dando a volta na Ponte Internacional, cunha distancia  total de 1000 metros.

Ademais dun encontro deportivo, este será tamén un encontro cultural e festivo con varias actividades durante todo o día, tanto as rúas de Tui como nas de Valença do Minho. Os alumnos das Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal serán os encargados das actividades culturais que se levarán a cabo. Por parte da USC, o Espazo de Danza realizará dous pases da súa actuación; a Vibratuna da UTAD e a Tuna Universitaria de Porto farán disfrutar ós asistentes e, ademáis tamén haberá unha actuación dos Bomboémia do Minho, que animará a bailar.

O evento coincide este ano coa Festa das Tasquinhas en Valença do Minho, polo que tamén a gastronomía terá o seu lugar destacado neste día. E xa que este pretende ser un evento que congregue a numerosos estudantes, varios establecementos ofertarán prezos populares en menús e aloxamento.

 

O alcalde de Tui expresa a súa preocupación pola carencia de noticias sobre a conexión ferroviaria por Tui da liña Porto-Vigo

Moisés Rodríguez Pérez, alcalde do Concello de Tui, expresa a súa preocupación diante da falta de noticias sobre a resposta de Renfe e Comboios de Portugal á reclamación de Tui e Valença, apoiada unanimemente polos municipios e entidades sociais da eurorrexión, da continuidade da conexión ferroviaria de Valença e Tui a través da liña Porto – Vigo.

O 30 de setembro remata o prazo establecido polos operadores ferroviarios para a continuidade desta conexión por ferrocarril entre as dúas capitais da eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. A pesares das numerosas reclamacións enviadas aos responsables de senllas empresas e dos gobernos de España e Portugal, como responsables últimos deste servizo, a día de hoxe non hai constancia ou seguridade sobre a continuidade desta conexión ferroviaria.

O Alcalde tudense amosa a súa sorpresa pola declaración efectuadas onte mesmo polo responsable do Ministerio de Fomento en Vigo sobre a conexión ferroviaria con Madrid en 5 horas e medida no ano próximo e segue sen pronunciarse sobres as tres horas e media da conexión entre Porto e Vigo, que resulta certamente un anacronismo nesta altura dos tempos. Seguimos a padecer, afirma o rexedor tudense, unha visión centralista das comunicacións que exclúe as comunicación de caracter radial ou periférico entre os principais núcleos da eurorrexión Galicia / Norte de Portugal que contribúa ao seu desenvolvemento e a súa cohesión. Hoxe mesmo publica algún xornal un suplemento sobre o ferrocarril en Galicia que intencionadamente prescinde de referencia algunha a esta conexión Porto – Vigo.

Moisés Rodríguez Pérez anuncia que confía na continuidade desta liña e que de non existir esta garantía o Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença reclamarán por todos os medios ao seu alcance a permanencia e modernización desta liña ferroviaria.

O Alcalde tudense declara a súa comprensión polas razóns económicas que aducen relativas a escaso número de usuarios deste servizo ferroviario, pero este escaso número está en relación coas moi deficientes condicións desta liña, da súa excesiva duración temporal e dos intempestivos horarios que non fornece un axeitado servizo ás máis de 5000 vehículos que diariamente cruzan esta antiga fronteira entre Tui e Valença.

“Os tempos de crise, engade recuperando as súas palabras de hai tres meses, son tamén tempos de oportunidades, tempos de renovación e de búsqueda de alternativas e estou convencido que unha oferta que resposte ás necesidades de movilidade dos cidadáns de Valença e Tui, do Norte de Portugal e do Sur de Galicia, ten futuro e posibilitaría avanzar na cohesións transfronteiriza, un obxectivo estratéxico irrenunciable”.

  

Budiño presenta en Tui o seu quinto disco “Volta”

Unha viaxe de ida e volta é a presenta o músico Xosé Manuel Budiño no seu traballo discográfico “Volta”. No mesmo inclúen os seus temas máis representativos xunto a outros novos coma “Volta” e “Tradi”. Todos van soar este venres, a partir das 21.30h, no Teatro Municipal de Tui no concerto que este músico galego ofrecerá en Tui.

Xosé Manuel Budiño, explicaba a semana pasada na presentación da programación do outono en Tui que “Volta é unha viaxe por catro continentes” na que percorreron países coma Líbano, Siria, Xordania, Marrocos, pasando por Arxentina, México, China... Neses concerto sinalaba que “tivemos a oportunidade de ir con cámara en man gravando parte destas viaxes, o que a xente non está afeita a ver, coma os cambios de escenario, os hoteis,.. pequenas xoias que imos presentar en Tui”. Van estar na cidade cunha banda “moi galega, moi electrónica, moi de baile, con moita percusión de galega” segundo Budiño para unir os dous mundos que tanto lle apaixonan “a música tradicional e a música máis de vangarda ou máis contemporánea”.

Budiño estivo en Tui hai quince anos presentando o seu primeiro traballo discográfico “Paralaia” e volve agora para tocar ante o público os temas do seu quinto disco “Volta”,

As entradas custan 5 e 3€ e pódense adquirir dende o luns 26 na web www.culturatui.info, ou o propio día do concerto no despacho de billetes.

 

Martes, 27 de setembro de 2011    

O concello retira unha marquesina que ameazaba a seguridade vial

 

O Concello de Tui retirou, na mañá deonte, un voadizo ou marqueisna existente na rúa Coruña da cidade que debido ao seu estado ruinoso non só afeaba esta céntrica rúa tudense senón que ameazaba gravemente a seguridade tanto de peóns como vehículos que transitan por este punto. Unha brigada de operarios municipais procedeu á retirada desta peza metálica.

Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, esta intervención dos servizos muncipais forma parte dos traballos de limpeza que vén intensificando o goberno municipal tudense dende a súa toma de posesión e reflicte o seu compromiso por acadar, contando especialmente coa colaboración dos veciños, unha mellora da calidade de vida na cidade, mellorando o seu ornato.

 

Presentación do II Trofeo Eurorrexional Interuniversitario barcos K 4

Hoxe, martes, ás 11,00 horas (de España) terá lugar na Pousada San Teotonio de Valença a presentación do II Trofeo Eurorrexional Interuniversitario barcos K 4 a celebrar na eurocidade Valença - Tui o vindeiro 1 de outubro.

 

Sábado, 24 de setembro de 2011    

O alcalde de Tui proporá ao pleno a concesión da medalla da cidade ás ordenes relixiosas centenarias en Tui

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, proporá proximamente ao Pleno da Corporación Municipal tudense á concesión dunha medalla de honra do Concello de Tui ás congregacións relixiosas que celebran nestas datas o centenario da súa presenza na nosa cidade.

En concreto esta fin de semana as Relixiosas Doroteas e as Irmás Franciscanas Hospitaleiras conmemoran, con senllos actos litúrxicos o sábado 24 e o domingo 25 de setembro respectivamente, o centenario da súa chegada á nosa cidade procedentes de Portugal.

Con este motivo o Alcalde tudense acudiu onte a visitar os conventos de ambas congregacións para transmitirlle a ambas comunidades relixiosas a súa felicitacións por este aniversario e o agradecemento, en nome de todos os veciños de Tui, pola súa achega á vida da nosa cidade ao longo destes anos. En primeiro lugar visitou o convento das Doroteas onde departiu coa Superiora, Elvira Arzubialde, e as relixiosas alí residentes e, de seguido, desprazouse á Residente “Paz y Bien” das Irmás Franciscanas Hospitaleiras onde mantivo un encontro coa Superiora, Irmá María de Lourdes, e a comunidade relixiosa e os residentes nese centro.

Moisés Rodríguez manifesta que proximamente fará unha proposta ao Pleno da Corporación Municipal tudense para a concesión dunha medalla da cidade a estas dúas congregacións relixiosas e tamén para as Irmás de San Vicente de Paul (popularmente coñecidas como “Monxas da Milagrosa”) que tamén cumpriron recentemente o centenario da súa presenza en Tui. Este recoñemento municipal pretende, en palabras do alcalde, testemuñar o recoñecemento pola súa achega á vida colectiva tudense destas congregacións ao longo destes cen anos de vida compartida na nosa cidade, unha aportación especialmente nos ámbitos educativo e asistencial.

Relixiosas de Santa Dorotea, que procedentes de Portugal, onde a República recentemente proclamada decretara a expulsión das Ordenes Relixiosas, se asentaron en Tui o 21 de xaneiro de 1911, desenvolvendo dende aquela un importante papel como educadoras en diversos niveis do ensino ata que no ano 1990 pecharon o seu parvulario. No actual edificio, inaugurado en 1928, residiu ao longo de moitos anos Sor Lucía, a vidente de Fátima, polo que este lugar recibe anualmente numerosos grupos de peregrinos atraídos por este feito, de grande transcendencia no turismo relixioso.

Irmás Franciscanas Hospitaleiras da Inmaculada Concepción (as chamadas “Hospitaleiras”) chegan a Tui o 1 de xaneiro de 1911, fuxindo tamén da persecución relixiosa en Portugal, e fundan naquela altura un centro educativo na nosa cidade e outras tres casas. En Tui estivo a sede central da súa Congregación naqueles anos e posteriormente nos anos seguintes á revolución portuguesa de 1974. Rexentaron ao longo de moitos anos a chamada “Casa de Exercicios Espirituais” no barrio da Sarabia hoxe transformado na Residencia “Paz y Bien”.

Fillas da Caridade de San Vicente de Paul (ou as popularmente coñecidas como “Monxas Milagrosas”) que chegaron a Tui no ano 1908 ao fundar o tudense Florencio Cerviño, daquela bispo de Ourense, a popular “Cociña económica” que mantivo a súa actividade durante moito tempo; ao ano seguinte foi fundado o centro docente “La Milagrosa” que funcionou ao longo de moitas décadas, rematando a súa actividade educativa no ano 2005. Salienta tamén a súa achega no ámbito social, a través do Voluntariado da Caridade ou coa creación do “Albergue de transeúntes”. Na actualidade continúan asentadas en Tui no colexio de “La Milagrosa” e o centro vacacional “Val de Flores”.

 

Play-Doc, Festival Internacional de Documentais, abre a convocatoria para participar na súa oitava edición

Play-Doc, Festival Internacional de Documentais, é un festival independente, cuxos principais obxectivos son achegar ao público un cinema esencial e de difícil acceso, e xerar espazos para o diálogo e o intercambio. Cada ano, Play-Doc ofrece unha coidada selección das últimas tendencias do cinema documental a unha audiencia aberta, heteroxénea e numerosa.

Situado na cidade de Tui, en Galicia, Play-Doc reúne cada ano unha serie de programas competitivos e non competitivos, retrospectivas dedicadas a aclamados cineastas de todo o mundo, ademais de seminarios e clases maxistrais, concertos en directo a cargo dos protagonistas das películas exhibidas, ou exposicións.

Play-Doc tamén aposta polo talento por mor dos Play-Doc Workshops, unha serie de obradoiros nos que se exploran novas vías de produción e formación orientadas ao desenvolvemento de proxectos cinematográficos.

A organización do festival convida a participar a todos aqueles realizadores e/ou produtoras que posúan os dereitos das obras que inscriban, sendo a convocatoria para películas documentais de calquera duración, temática e nacionalidade, producidas despois do 1 de xaneiro de 2011.

Todos aqueles interesados en participar deberán presentar os seus traballos antes do 30 de novembro de 2011. Para máis información, consultar bases e ficha de inscrición, dispoñibles na páxina web do festival www.play-doc.com

 

Talleres de educación intercultural nos centros educativos do concello de Tui

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui informa, a través da súa responsable a concelleira Raquel Lorenzo Pimentel, que dende a Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados, vanse desenvolver uns Talleres de educación intercultural co alumnado de 6º de primaria dos centros educativos do noso municipio a partires do próximo luns, día 26 de setembro, ata o 3 de outubro, no que participarán cerca de 200 alumnos.

Esta actividade conta cunha parte de financiamento do Ministerio de Traballo e Inmigración e da Secretaría Xeral da Emigración, e con ela preténdese promover a comprensión e o respecto das diversas culturas coas que os nenos e nenas conviven na actualidade, derrubar prexuízos culturais e fomentar actitudes positivas ante o feito da diversidade entre a poboación escolar, facilitando a convivencia intercultural.

Dende este departamento quérese agradecer ós centros escolares o interese amosado polo desenvolvemento desta actividade, xa que esta sociedade tan diversa na que vivimos ten o seu reflexo nas aulas, e lograr que esta diversidade sexa enriquecedora e non unha fonte de conflitos é un desafío para todos e un obxectivo que debemos afrontar.

 

Actividades na Casa da Xuventude de Tui organizadas por asociacions:

Curso de gaita:

Asociación Gaideón

Martes de 19.00 a 20.30

Desde o 4 de outubro de 2011 ata xuño de 2012

O profesor de gaita terá unha reunión coas persoas interesadas no curso o vindeiro martes 27 de setembro ás 19.00 horas na Casa da Xuventude

 

Curso de corpo e consciencia:

Asociación Española de Cuerpo y Consciencia

Xoves de 19.00 a 20.30

Desde o 6 de outubro de 2011 ata xuño de 2012

 

Venres, 23 de setembro de 2011    

Hoxe, venres, inauguración da exposición “Conexións” de Xosé Rivada e Mercedes Groba

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle hoxe, venres 23 de setembro ás 20,00 horas, a inauguración da exposición que baixo o título de “Conexións” presenta unha selección de obras de “escultopintura” de Xosé Rivada e de pinturas de Mercedes Groba.

Con esta nova exposición a Concellería de Cultura do Concello de Tui que dirixe a concelleira Vanesa Rodríguez Pereira continúa a desenvolver un amplo programa expositivo nesta Sala Municipal do edificio “Área Panorámica” que ofrece agora unha nova mostra artística logo da exposición sobre a historia dos balnearios de Galicia presente nos meses de agosto e setembro.

Nesta mostra, informa Vanesa Rodríguez, podemos achegarnos as novas propostas artísticas de Xosé Rivada, ligado as terras tudenses ao longo de moitos anos, que continúa traballando a súa orixinal técnica da “escultopintura” da que poderemos ollar unhas elección nesta mostra xunto á obra da pintura Mercedes Groba.

Xosé Rivada (Verín, 1956) posue unha alongada trayectoria artística e está vencellado ao municipio tudense onde residiu ao longo de moitos anos. Na actualidade vive en Salceda de Caselas. Dende neno coñece Rivada o tratamento do metal e da oxidación do ferro e comeza a traballar o seu interese polo debuxo a través de óleos e acuarelas. En 1969 traládase a Madrid para completar a súa formación que completa noutras cidades como Bilbao, Barcelona, Zaragoza, etc cegando tamén ata México onde aprende o oficio do esmalte, aínda que realiza un proceso inverso ao tradicional.

Regresa a Galicia en 1985 e abre a súa etapa da “escultopintura”, na que atopamos referencias ao informalismo e a autores como Picasso, Millares, Rivera, grupo El Paso, etc. Posúe unha dilatada traxectoria de exposicións, esculturas públicas e premios que conforma unha das obras máis singulares do panorama da arte galega contemporánea.

Xosé Rivada é un artista sempre innovador,incansable que continúa investigando a forma e a materia como mesma ilusión de rapaz, pois a súa obra é unha loita e diálogo constante coa materia.

Mercedes Groba (Vigo). A partíres de 1994, logo de varias exposicións colectivas, realiza a súa primera exposición individual no Museo Diocesano de Tui.Dende aquela van mostras 27 individuais e 50 colectivas.

 Entre outras cabería salientar: Bienal Art Dona (2000), Itinerante de Galicia (2000), Surrealismo Barcelona (2001), FAIM de Madrid (2002-03-04)-Casa de Galicia (Madrid) (2003), Homenaje a Dalí.Santiago de Compostela (2004), Pintoras Gallegas y Latinoamericanas (2004), Art Mart New Century Gallery New York (2004), Itinerante por Dinamarca (2005), etc.

A súa obra está representadas en coleccións públicas e privadas de España, Portugal, Reino Unido e Estados Unidos de América.

 

Xoves, 22 de setembro de 2011    

10 empresas del sector del granito de Galicia participan en la Feria de la Piedra Natural Marmomacc en Italia

La Cámara de Comercio de Tui organiza una visita profesional a la Feria de la Piedra Natural Marmomacc, en la ciudad italiana de Verona, que tendrá lugar hasta el 24 de  septiembre, y en la que participan 10 empresas pertenecientes al sector del granito de Galicia.

Gumersindo Alonso, presidente de la Cámara de Comercio de Tui considera que “eventos de carácter internacional como este favorecen y estimulan la promoción del sector de la piedra natural, uno de los de mayor presencia en la demarcación de la Cámara. Además, se convierten en el mejor escaparate en el que poder mostrar la capacidad de las empresas gallegas de la industria del granito, referentes a nivel mundial”.

En palabras de Gumersindo Alonso “ante el fuerte proceso de internacionalización del sector de la piedra gallega, la visita a esta feria se hace obligatoria por diversos motivos, tales como las innovaciones tecnológicas, la búsqueda de distribuidores y de nuevos productos, las nuevas tendencias de los canales de comercialización y nuevas técnicas de colocación, entre otros”.

Las empresas gallegas de transformación tienen una participación significativa en la Feria. También estará presente en este evento una representación de la Asociación Gallega de Fabricantes de Maquinaria para la Piedra “Galimac”.

Marmomacc 2011

Marmomacc, en su 46 edición, sigue siendo el evento más importante a nivel mundial dedicado a las empresas de la piedra natural, tanto granito como mármol, y hoy en día es la feria líder a nivel mundial de este sector. El Salón espera superar los 1.500 expositores y los 7.700 visitantes de 132 naciones.

Esta feria se caracteriza por ser punto de referencia para otros ámbitos como la arquitectura y el diseño o las últimas innovaciones tecnológicas.

Cámara de Comercio de Tui

La visita organizada por la Cámara de Comercio de Tui se enmarca dentro del Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA 2011), cofinanciado por la Consellería de Economía e Industria de la Xunta de Galicia.

Durante 2011, el esfuerzo de la Cámara de Tui por favorecer la internacionalización y la promoción de las empresas de la demarcación ha sido constante. Prueba de ello ha sido la puesta en marcha de diversas iniciativas entre las que destaca el Centro de Iniciativas Turísticas del Baixo Miño y la visita de importadores de vino de Brasil en el mes de julio así como el  curso Creación y Consolidación de Empresas dirigido a empresarios y emprendedores de la demarcación.

La Cámara de Comercio de Tui es la tercera cámara gallega en nivel de exportación y en la  demarcación cuenta con empresas punteras en los sectores estratégicos de la economía de Galicia como son automoción, granito, vino, metal o químico, entre otros.

 

O BNG fala do abandono por parte do Concello de Tui das instalacións do CEIP Guillarei

O BNG tudense denuncia a nula responsabilidade do grupo de goberno do PP de Tui durante este derradeiro fin de semana na parroquia de Guillarei onde se celebraron as Festas da Virxe das Dores e durante as cales o Colexio público de Guillarei serviu de botellódromo a pesares das advertencias dos pais, da ANPA e do propio profesorado que xa lle tiñan advertido ó alcalde e á Concelleira de Educación e pedánea da parroquia, que dotase de vixianza o lugar para evita-lo acceso ó recinto e que alí se campase libremente. O compromiso previo era o de manter pechado o recinto e vixiado. Nada disto se fixo, e na mañá do domingo, día 18 de setembro, os destrozos e o lixo eran abundantes e perigosos.

Desde o BNG esixen que o PP que goberna en Tui, se preocupe polos bens públicos e polo mantemento dos colexios públicos. Un lugar de ensino non debe ser un lugar de festa sen control porque os gastos ocasionados afectan a unha comunidade e cos temas públicos hai que ser moi coidadosos, explicitan os nacionalistas. O que pasou esta pasada fin de semana, lembran desde o BNG, xa vén acontecendo nos últimos anos e nada se fai.

 

Nadadora abre a programación de outono no Teatro Municipal

Trece espectáculos conforman a programación de outono  no Teatro Municipal de Tui que se vai desenvolver entre este venres 23 de setembro e o 30 de decembro. Música, teatro, danza, maxia... serán algúns dos xénero presentes nesta oferta cultural que foi presentada esta mañá no mesmo teatro por Juan Carlos Fasero, director do AGADIC, os músicos Jose Manuel Budiño e Víctor Coyote, xunto á concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez.

A concelleira  de Cultura, Vanesa Rodríguez deu conta pormenoriza dos espectáculos previstos, un total de 13 dos que dez forman parte da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios, e dous do programa “Galicia é Música” Haberá catro espectáculos infantís, e nove para adultos.

No eido musical o primeiro concerto  será este venres para presentar o último traballo do grupo Nadadora titulado “Luz, oscuridad, luz”.  Sara Atán, Gonzálo Ábalo, Montxo, Dani e Edu expoñen neste disco as súas cualidades convertendo as novas cancións en imaxes de son. Nesta cuarta entrega dos seus traballos discográficos Nadadora da o estirón e sitúase nunha nova altura, na que se moven con soltura e talento. As súas cancións teñen melodías pegadizas que se moven no claroscuro. Esta banda indi-pop actuará no Teatro Municipal de Tui este venres, 23 de setembro, ás 21.30h. As entradas están xa á venda na web www.culturatui.info, ata o venres ás 14h, ao prezo de 5 e 3€. Tamén se poden adquirir o propio venres no despacho de billetes dende ás oito da tarde.

A próxima semana, o venres 30 ás 21.30h, será a quenda de Xosé Manuel Budiño coa presentación de “Volta” un traballo froito dunha viaxe por catro continentes. O propio músico explicaba que lle fai moita ilusión volver a Tui, onde actuou hai quince anos presentando o seu primeiro disco.  Neste traballo “Volta” fusiona a música tradicional e a contemporánea.

Xa en novembro o sábado 12 ás 20.30h o tudense Víctor Coyote ofrecerá un concerto moi especial do seu novo disco “2 años luz y cuarto” que saíu á rúa o pasado mes de abril. Un disco que o propio Víctor Coyote salientaba que se xestou en parte en Tui coa colaboración de músicos da cidade coma Lucas Fernández ou Pancho Álvarez. Agora volve á cidade para coa colaboración de grandes músicos, algunha sorpresa e a mirada posta en Portugal ofrecer un formato máis amplo destas cancións.

O director do AGADIC, Carlos Fasero, salientou a implicación do organismo que dirixe con aqueles concellos que traballan a programación, e puña Tui coma exemplo diso, o que se reflicte tamén na ocupación do teatro por riba da media galega.  Felicitou ao Concello por unha programación que cualificou de “moi boa, cun nivel artístico moi bo e en moitos casos excelente” remataba convidando ao Concello a continuar o traballo por esa liña e aos espectadores a acudir ao teatro.

Por último o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, puxo de relevo que “a programación é espectacular pola calidade dos artistas grazas ao AGADIC porque senón con fondos propios sería imposible”. Nese senso lembraba Tiña palabras de felicitación a Concellería de Cultura pola programación lograda, e ao departamento de cultura polo traballo realizado.

Programación de Outono

A programación de outono comeza este venres ás 21.30h con Nadadora en concerto. Continuará o venres 30, tamén ás 21.30h, co directo de Xosé Manuel Budiño.

Xa en outubro hai un cambio con respecto a programación que figura na Axenda Cultural “Corredoira” xa que o venres 7 ás 20h actuará Panamesiana Teatro con “Oh qué bonito é Panamá” unha obra infantil. A actuación de clown musical de Pista Catro prevista para ese día terá lugar o 21 de outubro. O sábado día 8 Fulano, Mengano e Citano presenta a súa nova obra “Viva a crise1ª, e o día 14 ás 21.30h a compañía Lagarta, Lagarta volve a Tui con “Unha hora na vida de Stefan Zweig”.

A programación de novembro ábrese coa produción de “O Florido Pensil” da man de Eme2, que vén de ser estreada no día de onte en Santiago. O día 11 a cita será para os nenos con Tanxarina Títeres e a obra “Trogloditas”. Ao día seguinte, sábado 12, Victor Coyote presenta no teatro o seu traballo “Dos años luz y cuarto”. O mes rematará o día 18 con Talía Teatro e “Pelos na lingua” e o 25 co espectáculo de danza “Shoah” da man da compañía “Sine Die” de Paula Cobián.

Xa en decembro a maxia será protagonista o día 23 con Cayetano Lledó, e a música pecha a programación do día 30 co Concerto de Fin de Ano a cargo da Coral da S.I. Catedral e a Banda de Música Popular Tui.

Toda a información está a dispor dos interesados na web www.culturatui.info onde se poden adquirir as entradas para cada espectáculo na semana previa a súa celebración

 

Número premiado nas Festas de Guillarei

A comisión de festas da Virxe das Dores de Guillarei informa que o número premiado nestes festexos foi o 42.186, tocou en Guillarei.

 

Concertos de Patricia Moon  e La Minitípica

A Praza de San Fernando acolle mañá á noite un concerto de Patricia Moon organizado polo Café Bar Cultural Adega. Por outra parte mañá á noite La Minitípica actuará en La Fabriquería na Avenida da Concordia

 

Mércores, 21 de setembro de 2011    

Valença e Tui celebran conxuntamente as Xornadas Europeas de Patrimonio

A Cámara Municipal de Valença do Minho e o Concello de Tui teñen acordado a elaboración dun programa conxunto para a celebración en ambas cidades das Xornadas Europeas de Patrimonio, que discorrerán en Valença este venres 23 de setembro e na cidade tudense na seguinte fin de semana, concretamente o domingo 2 de outubro. Ambos municipios que formalizaran axiña o seu acordo para se converter en “Eurocidade” continúan neste ano esta celebración conxunta, nunha iniciativa pioneira que ten suscitado grande interese.

Dende o ano 1991 desenvólvese a celebración destas xornadas en 50 países do vello continente europeo. Estas Xornadas Europeas de Patrimonio foron ideadas en Granada en 1985 no decurso da 2ª Conferencia Europea de Ministros responsables do patrimonio cultural, tras a suxestión do Ministro de cultura francés que propuxo estender a experiencia de portas abertas nos monumentos que se celebraba en Francia anualmente. Dende aquela numerosos países se teñen sumado a esta iniciativa que en 1991 foi instituída oficialmente polo Consello de Europa e dende 1999 converteuse nunha acción conxunta coa Unión Europea.

O Concello de Tui celebra por quinto ano consecutivo esta iniciativa que tenta poñer en valor o patrimonio cultural da nosa cidade inseríndoa nas iniciativas que ao respecto existen por Europa adiante. Cómpre subliñar que o Concello de Tui é a única institución en Galicia que participa nesta Xornada, que coordina en España o Ministerio de Cultura.

O programa previsto é o seguinte:

Valença, “Patrimonio e paisagem urbana”: venres 23 de setembro. Percurso guiado ao núcleo medieval intra-muros

O percurso será orientado polo historiador valenciano Major Pereira de Castro e o punto de partida está programado no edificio da antiga Alfandega, às 21,30 h. de Portugal. Unha viaxe que percorrerá as Portas Afonsinas da Gaviarra, a intervención arqueolóxica no Pozo Comunitário, o Torreón Quadrangular, a Igrexa Matriz coa descoberta dos frescos seiscentistas restaurados, as casas medievais – Morada Rexia, Casa dos Cadaval e Casa do Eirado, a antiga Rua do Castelo e a prospección arqueolóxica na Escadaria Romana e nas Portas Afonsinas do Azogue. Ao longo de percorrido haberá animación de época e rematará co concerto “Raízes Ibéricas” a cargo de  Vox Angelis sobre as 22h30, no Baluarte de São João, cun concerto de música medieval erudita. No final está programada unha proba de docería conventual do antigo Convento do Bom Jesús de Valença.

Tui, “Arqueoloxía e paisaxe”, domingo 1 de outubro. Senda Tui – Caldelas

No caso tudense dará comezo na Ponte da Veiga ás 10,30 horas da mañá esta visita guiada pola senda peonil que une Tui con Caldelas polas ribeiras do río Miño. Ao longo dos percorrido poderán os participantes achegarse a diversos elementos patrimoniais: a ponte medieval da Veiga do Louro, os gravados rupestres de “As Ráns” en Paramos, o posto de carabineiros, a lagoa e a Torre Vella de Caldelas rematando cunha visita ao Balneario de Caldelas.

Os participantes deste percorrido poderán comprobar o traballo realizado polo obradoiro de emprego “Ambiental Tui” na recuperación desta senda que forma parte do seu proxecto de creación dun roteiro de sendeirismo de 18 quilómetros polo municipio tudense.

A Concellería de Cultura tudense informa que o Concello de Tui ofrece aos asistentes a posibilidade de regresar en autobús dende Caldelas, para o que cómpre realizar unha reserva de praza a través do correo electrónico museo@concellotui.org ou persoalmente na Biblioteca Municipal tudense.

Para a concelleira de Cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, esta actividade conxunta amosa o bo ritmo de traballo que vai acadando a cooperación cultural entre ambos municipios miñotos que se enmarca axeitadamente nos obxectivos das Xornadas Europeas de Patrimonio, fomentando a valorización do ricaz patrimonio común e “transcendendo as fronteiras nacionais reforzar o sentimento europeo de compartir unha mesma identidade”.

 

Concerto do grupo Les Sacqueboutiers na Catedral o sábado

Dentro do ciclo Espazos Sonoros da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a Catedral de Tui acolle este sábado ás 20.30h un concerto do grupo Les Sacqueboutiers. Esta agrupación formada en 1976 por Jean-Pierre Canihac e Jean-Pierre Mathieu é un referente interpretación da música instrumental do século XVII.

No concerto deste sábado van interpretar un programa de música española dos séculos XVI e XVII. Obras de Correa de Araúxo, Pablo Bruna, Ortiz, Cabanilles, de la Torre, Juan Vázquez e Cabezón.

Van actuar Jean Pierre Canica á corneta, Daniel Lassalle á sacabuxa e Xavier Artigas ao órgano.

Les Sacqueboutiers é un conxunto con base en Toulouse, especializado na interpretación de música con instrumentos antigos de vento. Ao longo de 35 anos de traxectoria, o grupo acadou un xusto recoñecemento como un dos máis reputados conxuntos especializados en música antiga (especificamente no repertorio de música italiana e alemá do século XVII) da escena internacional.

O conxunto ten tocado, cos seus propios programas ou en colaboración con estas formacións, nos máis prestixiosos escenarios e festivais europeos, norteamericanos e sudamericanos. Nos seus programas conta cunha formación básica de corneta e sacabuxas, á que se unen instrumentos como os violíns, as violas, os baixóns, as chirimías, as voces, etc. Esta flexibilidade na formación é necesaria para enfrontarse a un repertorio variado como o que ofrece Les Sacqueboutiers.

En colaboración con musicólogos especializados, o grupo ten realizado unha valiosa achega ao redescubrimento de magníficas obras que forman parte do patrimonio musical europeo.

 

Viaxe a Asturias organizada polo Liceo Casino de Tui

O Liceo Casino de Tui organiza unha viaxe a Asturias no mes de outubro de 2 noites e tres días. Está previsto o aloxamento nun hotel de 4 estrelas, guía acompañante, seguro de viaxe e autopullman durante todo o percorrido.

O primeiro día visitarán Oviedo, o segundo día está previsto achegarse ata Covadonda e Xixón, e o terceiro día Avilés, Cangas de Onís e Villaviciosa.

O prezo por persoa é de 162€ en habitación dobre. Existe un suplemento de 23€ para habitacións individuais.

Os interesados poden acadar máis información ou inscribirse na conserxería do Liceo Casino de Tui.

 

Presentación da programación de outono de Tui

Hoxe, mércores, ás 11 horas terá lugar no escenario do Teatro Municipal de Tui, unha rolda de prensa para presentar a programación de outono na cidade, e en concreto os concertos que se van celebrar nestes meses.

Comparecerán ante os medios de comunicación Juan Carlos Fasero, director do AGADIC; un integrante do grupo Nadadora; o músico José Manuel Budiño; o tudense Víctor Coyote; a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez.

 

Martes, 20 de setembro de 2011    

Nova convocatoria para o Rastro de Tui

A  Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración co Concello, volta a organizar o rastro que se celebra todas as cuartas fins de semana de cada mes no Paseo da Corredoira, e que chega, esta próxima fin de semana, a súa cuarta edición.

Os días 24 e 25 de setembro a partir das 10:00 e ata as 22:00 horas, poderanse ver e adquirir os máis variados obxectos ofrecidos nos diferentes stans montados para a ocasión.

As persoas interesadas en participar poden facelo poñéndose en contacto con ACITUI  no teléfono 986 60 75 56  e a través do correo electrónico  acitui@acitui.com.

 

Tui celebra el primer centenario de las Doroteas y Franciscanas en la ciudad

La iglesia de San Francisco, acogerá el sábado, día 24, a las 18 horas, la celebración del 1º centenario de la presencia de las monjas Doroteas en la ciudad. Esta congregacion religiosa, en la que se formaron muchas generaciones de tudenses puesto que funcionó como Escuela de Magisterio e incluso guardería infantil, acogió, entre otras mujeres entregadas a Cristo, a sor Lucia, la vidente de Fátima y aquí, en este convento, tuvo lugar una de las apariciones, saliendo también, de las doroteas tudenses, la primera imagen que todos conocemos de la Virgen de Fátima.

Por otra parte el domingo, día 25 de septiembre, en la catedral de la diócesis, a las 18 horas, se oficiará una misa de accion de gracias presidida por el obispo, acompañado de sacerdotes diocesanos y frailes franciscanos, entre otros religiosos, para conmemorar  el 1º centenario de la congregacioin de monjas hospitaleiras franciscanas en Tui y la beatificacion de su fundadora sor Clara. A esta celebracion también acudirán la autoridades locales y la madre general de la orden, que de forma expresa y acompañada por hermanas provinciales, vendrá a Tui para participar en esta celebracion.

 

Convocatoria e bases de selección para a contratación laboral temporal dun técnico para a realización de tarefas de información,  orientación, busca de emprego e captación de ofertas

O Concello de Tui publicou a convocatoria e as bases de selección para a contratación laboral temporal dun técnico para a realización de tarefas de información, orientación, busca de emprego e captación de ofertas.  A convocatoria vai dirixida a diplomados ou licenciados universitarios que deberán presentar as solicitudes para a participación neste  proceso selectivo no Rexistro Xeral do Concello de Tui ata este venres.

 

Jesús González cuarto  no Campionato de Europa

O remeiro tudense Jesús González Álvarez foi cuarto esta fin de semana no Campionato de Europa celebrado en Bulgaria. O seu compañeiro do Club Remo do Miño  Andrés Carbalho foi  1º na final B.

Despois do tento de clasificación para a Olimpíada de Londres no pasado Campionato do mundo, estes deportistas participaron no campionato Europeo para así quitarse a espiña por ter que ir á repesca do próximo ano.

            Jesús Álvarez, despois de meter o seu barco de 2- nas semifinais, cambiou para o catro sen, no que o resultado foi o clasificarse para a final e obter ese meritorio cuarto posto na Final A

Por outra parte formando parte da  tripulación do 4- Peso lixeiro da Selección Portuguesa esta Andrés Carbalho, tamén do Remo do Miño, que obtivo un magnifico resultado, gañando  a final B, tras quedar fóra da final A por oito centésimas.

Desde o club remo do Miño de Tui, queren felicitar a estes remeiros.

 

Sábado, 17 de setembro de 2011    

A aberta aos cidadáns a porta principal do Concello tras a súa restauración

Dende onte venres no concello de Tui a entrada  pode facerse por calquera das tres portas da fachada principal, ou da lateral con acceso para discapacitados. Isto é posible logo de que hoxe remate a instalación da porta central restaurada por traballadores municipais, e a  partir de mañá abrirá a diario.

Así o confirmaba o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, en declaracións á radio municipal, indicando que con esta medida buscan continuar a imaxe de apertura que dende a súa toma de posesión coma alcalde está a realizar. Indicaba que a xente que vai ao concello ten que entrar pola porta principal, isto dicía “é tamén unha sinal de apertura do Concello”.

A porta agora restaurada data de 1.955 e daquela tivo un custe de 9.800 pesetas.  Cada folla da porta ten un peso que ronda os 200 quilos.

Por outra parte o rexedor tudense informa que ao pleno ordinario deste mes irá a proposta para que Tui e Valença se convertan en Eurocidade. Previamente o documento será abordado en Comisión informativa. O mandatario municipal desexa aprobar este asunto por unanimidade Amais o obxectivo é que os trámites vaian avanzando ao mesmo tempo nas dúas cidades. Onte xa foi aprobado o documento polo executivo valenciano.

Este será un dos asuntos que serán levados a pleno o último xoves de mes.

 

Mercadiño de antigüidades hoxe sábado  na Corredoira

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración co Concello  de Tui, organiza hoxe sábado de 10 a 21h o XXIII Mercadiño de Antigüedades no Paseo da  Corredoira de Tui.

Os obxectos antigos son os protagonistas deste mercadiño, onde amais de estar expostos poderanse adquirir gran variedade de antigüidades de distintos puntos de toda Europa en máis de 15 postos.

 

Festas na honra á Virxe das Dores en Guillarei

Hoxe sábado continúan as festas na honra á Virxe das Dores na parroquia tudense de Guillarei onde os concertos de bandas de música son tradicionais. A primeira en actuar será a Banda de música popular de Tui na tarde de hoxe. Xa esta noite Palladium e Galilea amenizarán a verbena.

Mañá domingo son dúas as agrupacións que van actuar. A Banda de música Cultural de Salceda e a Agrupación Musical do Rosal. Pola noite será a quenda de Tango e Salsa Rosa na verbena.

Por último o próximo luns pecha o programa festivo Banda de Música Municipal de Salvaterra de Miño, e pola noite Abanico e París de Noia.

 

Concerto de I am a man e de Wonder Covers

Son dous os concertos en establecemento tudenses esta fin de semana. Por unha parte en La Fabriquería, na Avenida da Concordia, actúa hoxe á noite o grupo Wonders Covers.

Por outra parte a Viñoteca de García, na rúa Cuenca, acolle mañá domingo á unha da tarde un concerto de I am a man integrado por Ángel Sánchez e Lucas Fernández.

   

Tui vai contar en breve cun comedor social

Nas próximas semanas vaise pór en marcha en Tui un comedor social. A iniciativa parte da Asociación Espazo Aberto de acción social. Dous dos promotores desta idea son Pedro Marchante e Xacobe Morais, que a deron a coñecer publicamente na Radio Municipal de Tui.

Explicaba que a Asociación Espazo Aberto xurdiu a raíz do movemento 15 M en Tui co obxectivo de encauzar unha serie de iniciativas que se irán concretando nos próximos meses, e de aportar o seu gran de area para resolver distintos problemas.

O comedor social que busca responder a unha problemática xurdida da actual crise económica, busca apoiar ás persoas que non teñen recursos suficientes, por iso este comedor constitúe un servizo moi importante para eles.

Pero para a posta en marcha do comedor teñen que resolver unha serie de cuestións en cuanto a requisitos que deben cumprir antes da apertura. Están abertos á colaboración de todo aquel que o desexe. Contan xa con empresas dispostas a colaborar de distintos xeitos. Tamén as institucións están receptivas a esta iniciativa, con apoios que teñen que concretizarse máis aló das palabras.

Para prestar o servizo de comedor social contan xa cun local en pleno centro de Tui e discreto, para que a xente non se sinta discriminada. Explicaba Xacobe Morais que esta axuda non é ningunha discriminación, senón que buscan que estas persoas non caian na marxinalidade.

Este proxecto de comedor social explicaban que vai enriquecer a todos tanto aos que asisten ao comedor coma aos que colaboran no mesmo.

O comedor teñen intención de abrilo todos os días. Parten coa idea de ter moitos colaboradores en moi pouco tempo, o obxectivo é que se colabore unha hora á semana.

O 30 deste  mes ás 20.30h farán unha exposición na Área Panorámica sobre o proxecto do comedor social.

 

Ata o 27 de outubro está aberto o prazo de matricula na aula da UNED de Tui

Ata o vindeiro 27 de outubro está aberto o prazo de matrícula no curso de acceso á universidade para maiores de 25 e de 45 anos que imparte a Aula da UNED de Tui.

Esta matrícula é necesario realizala on-line a través da páxina web: www.unedpontevedra.es. Os interesados poden acceder a información sobre esta oferta educativa nesta páxina web ou acudindo directamente á sede da UNED de Tui no antigo convento de San Domingos en horario de 10 a 13 ou de 17 a 19,30 horas ou ben chamando ao teléfono 986 60 51 50.

Neste curso de acceso poderán matricularse aquelas persoas que non teñan a titulación requerida para o ingreso na Universidade ou no caso de maiores de 40 anos cómpre unha acreditación da experiencia profesional e laboral.

Este será o segundo ano de funcionamento da Aula da UNED en Tui logo da moi positiva experiencia do primeiro curso, con máis de oitenta alumnos matriculados e coa impartición na sede da UNED tudense das titorías correspondentes ás que poden acudir os alumnos matriculados

O Concello de Tui congratulase pola consolidación deste Aula da Universidade Nacional de Educación a Distancia que favorece deste xeito o acceso á educación superior aos veciños de Tui e a súa bisbarra que xa non teñen de desprazarse ata Pontevedra para asistir ás clases ou titorías das diversas materias.

Esta Aula da UNED de Tui completa a ampla oferta de ensino que proporciona o Concello de Tui aos seus veciños e que abrangue a Escola Oficial de Idiomas, o Conservatorio de Música, etc.

O goberno municipal tudense entende que a presenza deste centro universitario en Tui é unha excepcional noticia pois acredita o importante esforzo económico que o Concello de Tui realiza en materia educativa e de formación, dende o convencemento de que é unha das principias ferramentas para garantir a igualdade de oportunidades no acceso á formación académica, especialmente nestes tempos de crise onde este recurso é fundamental para a inserción laboral e profesional dos cidadáns.

 

Presentación da programación de outono na cidade

O próximo mércores, 21 de setembro, ás 11 horas, terá lugar no escenario do Teatro Municipal de Tui, unha rolda de prensa para presentar a programación de outono na cidade, e en concreto os concertos que se van celebrar nestes meses.

Comparecerán ante os medios de comunicación Juan Carlos Fasero, director do AGADIC, un dos integrantes do grupo Nadadora; o músico José Manuel Budiño, o músico tudense Víctor Coyote, xunto á concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez.

 

Venres, 16 de setembro de 2011    

O PSOE tudense reconstitúe a Agrupación Socialista de Tui trala súa disolución hai case un ano

O Partido Socialista de Tui celebrou, o pasado mércores, a Asemblea Extraordinaria de constitución da Agrupación Socialista nesta localidade, acto que estivo presidido polo deputado Nacional e Secretario de Organización da Comisión Executiva Provincial, Luís Pina, e que contou coa presenza dunha trintena de militantes, que aprobaron a constitución da Agrupación despois da súa disolución no mes de outubro do ano pasado.

Así mesmo procedeuse á elección do novo Comité Executivo Local, que foi refrendado pola unanimidade dos asistentes, quedando a súa composición da seguinte forma: secretaría xeral, Enrique Cabaleiro González; vicesecretaría xeral, José Luís Maciñeiras Montero; secretaría de organización, Sonsoles Vicente Solla; vicesecretaría de organización, Oscar Javier García Franco; secretaría de administración, Matilde Rodríguez Ruiz; secretaría de politica municipal, Yolanda Rodríguez Rodríguez; secretaría de politica insttiucional, Carmen Paula Gómez Núñez; secretaría de políticas sociais e de igualdade, Pilar Larrañaga Junquera; secretaría de estudios e programas, Beatriz Bouzón Moreira; vocais Ismael Diz Garrido e Eulogio Pardo Lorenzo

Finalmente procedeuse á elección das persoas que a Agrupación socialista tudense propuxo para os cargos a Deputados e Senadores nas vindeiras eleccións xerais de novembro, proposta que foi refrendada por aclamación do asistentes, recaendo os nomeamentos, para op Senado en José Luís Maciñeiras Montero, vicesecretario xeral do Comité Executivo Local de Tui; e para o Congreso, en Carmen Paula Gómez Núñez, secretaria de Política Institucional do Comité Executivo Local de Tui; Luís Piña, secretario de Organización da Comisión Executiva Provincial e actualmente Deputado Nacional, e Carmela Silva, concelleira no Concello de Vigo e actualmente Senadora por esta cidade.

 

Reunión de Iacobus co alcalde de Tui

O pasado mércores, 14 de setembro, a Xunta Directiva de  Iacobus, Confraría de Santiago de Tui e Baixo Miño,  reuniuse co alcalde, Moisés Rodríguez, no Concello, transcorrindo este encontro nun ambiente distendido,  tratándose diferentes asuntos relacionados co Camiño Portugués a Santiago, ao seu paso por Tui, como a acollida, a información aos peregrinos e os servicios necesarios.

O alcalde ofreceu toda a súa colaboración ao traballo que Iacobus está a facer neste campo."

 

Hoxe inauguráse a exposición de fotografia “Feng Tui”

Ás 20,00 horas de hoxe terá lugar no Anexo da Sala Municipal de Exposicións do concello de Tui a inauguración da exposición “Feng Tui” que recolle unha escolma dos traballos realizados polos alumnos do curso de fotografía impartido polo fotógrafo Tony Vacas organizado pola asociación de veciños “Monte do Seo” de Areas.

Este curso tivo lugar nesta cidade dende o mes de febreiro ata xuño e contou coa participación dun grupo de alumnos que agora participan nesta exposición cunha mostra do seu traballo. En concreto, son 14 fotógrafos que presentan un total de 27 fotografías centradas na zona de Tui e o seu entorno. Xunto a estas obras cada autor realizou un pequeno texto cunha reflexión sobre a cidade e a arte fotográfica.

Para o responsable do curso, o fotógrafo Tony Vacas, esta exposición recolle o resultado dun traballo intenso desenvolvido ao longo de cinco meses de aprendizaxe por parte dos alumnos e que agora queren compartir co público tudense.

Para a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, a celebración desta exposición enmárcase dentro dos obxectivos da Sala Municipal de Exposicións de ofertar ao longo do ano unha serie de mostras de diversas temáticas e  técnicas abrindo este espazo expositivo ás actividades desenvolvidas polo movemento asociativo tudense. Esta mostra de fotografía, engade a concelleira tudense, achéganos ao talento e a capacidade técnica dos alumnos deste curso cunha escolma de imaxes que sorprenderá ao público que acuda a visitar esta exposición.

A exposición fotográfica “Feng Tui” estará aberta ao público no Anexo da Sala Municipal de Exposición (Edificio Área Panorámica – rúa Colón, 2) ata o vindeiro 15 de outubro, en horario de luns a venres de 09,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 20,30 h e os sábados de 09,00 a 13,00 horas.

 

Xoves, 15 de setembro de 2011    

Axudas a bibliotecas escolares

Cinco centros educativos de Tui forman parte da relación de colexios que recibirán axudas do Plan de Mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios para o curso 2011/2012.

O CEIP de Rebordáns, o Nº1 e o IES Francisco Sánchez reciben unha subvención de 1.500 euros. Mentres o CRA Mestre Clara percibe 2.000 euros e o IES San Paio recibirá 2.500 euros para  mellora da súa biblioteca.

   

Mercadiño de antigüidades o sábado  na Corredoira

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración co Concello  de Tui, organiza este sábado de 10 a 21h o XXIII Mercadiño de Antigüedades no Paseo da  Corredoira de Tui.

Os obxectos antigos son os protagonistas deste mercadiño, onde amais de estar expostos poderanse adquirir gran variedade de antigüidades de distintos puntos de toda Europa en máis de 15 postos.

 

La Cámara de Comercio de Tui crea un programa gratuito para consolidar empresas en la comarca

La Cámara de Comercio de Tui pondrá en marcha el próximo lunes, 19 de septiembre, el programa “Creación y Consolidación de Empresas” con el objetivo de ayudar a los emprendedores  de la demarcación a que comprueben la viabilidad de sus proyectos y a los empresarios a que rentabilicen al máximo sus negocios.

En palabras del presidente de la Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso, “en la situación económica en la que nos encontramos, estos programas se convierten en una  oportunidad única para nuestros empresarios y futuros emprendedores de poder mejorar la gestión de sus negocios y  comprobar el éxito de  futuros proyectos. Durante el último año más de 45 personas vinculadas al ámbito empresarial de la comarca han participado en dos programas especializados que hemos puesto en marcha y los resultados han sido muy satisfactorios sobre todo en los campos de hostelería y restauración”.

Desde su puesta en marcha en el año 2000, los programas de Creación y Consolidación de Empresas son concebidos como una herramienta para luchar contra la falta de empleo y centran sus principales líneas de trabajo en la viabilidad de la idea empresarial, la adquisición de los conocimientos necesarios para poner en marcha el negocio y la marcha de nuevas líneas de actividad dentro de las empresas, entre otros.

El programa será gratuito para todos los participantes gracias al convenio de colaboración con la Consellería de Traballo, la Fundación Incyde y las Cámaras de Comercio de Galicia. Está cofinanciado por  el Fondo Social Europeo.

Formación durante 10 semanas

Desde el próximo lunes, y a lo largo de 10 semanas, se combinará la formación y consultoría presencial con formación online. En el primero de los apartados, la consultoría se centrará en tutorías individualizadas con el director de proyectos quien será el responsable de asesorar a cada emprendedor para que pueda llevar a cabo su proyecto de empresa. Algunos de los módulos contarán con sesiones conjuntas en las que participarán todos los alumnos.

Al finalizar el programa el alumno contará con un documento de su proyecto de empresa y que estará integrado por todas las aportaciones de los consultores que han intervenido en las clases y que le servirá para optar a financiación y subvenciones.

 

Mércores, 14 de setembro de 2011    

O alcalde de Tui valora positivamente o encontro en Viana para reclamar a modernización da liña férrea

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, participou no día de onte, xunto con outros 22 representantes dos municipios da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, dos empresarios, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Comisión de Coordinación e Desenvolvemento da Rexión Norte (CCDRN), na sinatura dunha declaración pola que reclaman aos Gobernos de España e de Portugal a continuidade da liña ferroviaria entre Porto e Vigo e a súa modernización para resulte positivo.

Na súa intervención nesta xuntanza, convocada polo Presidente da Cámara Municipal de Viana e o Eixo Atlántico, Moisés Rodríguez apuntou como foron os municipios de Valença e Tui os primeiros en pronunciarse a finais do pasado mes de xuño en contra da supresión anunciada do servizo ferroviario reclamando a súa mellora. Incidiu o alcalde tudense na necesidade de mellorar a mobilidade transfronteiriza amosando o seu apoio á continuidade la liña de ferry entre Caminha e A Guarda. Rematou Rodríguez Pérez as súas palabras agradecendo a iniciativa do Presidente da Cámara de Viana e da Secretaria Xeral do Eixo Atlántico e a participación unánime dos representantes territoriais afectados a prol de garantir a continuidade desta conexión ferroviaria entre Galicia e o Norte de Portugal.

Por outra banda, o Concello tudense segue reclamando a continuidade da comunicación ferroviaria entre Valença e Tui tanto diante de Renfe e de Comboios de Portugal como do Ministerio de Fomento e da Secretaria de Estado de Transportes de Portugal, solicitando que estas entidades garantan a continuidade deste enlace logo do 30 de setembro, como unha primeira medida da aposta de todos pola modernización desta liña que facilite a mobilidade e cohesión desta Eurorrexión con máis de dous millóns de habitantes. Neste sentido ten escrito o Alcalde tudense no día de hoxe tanto aos responsables de Renfe como de Comboios de Portugal e os respectivos ministerios de España e Portugal. Cabe lembrar que a fronteira entre Valença e Tui é a primeira entre España e Portugal en número de circulación de vehículos e a terceira en tráfico de mercancías, o que testemuña o seu carácter estratéxico e a potencialidade que posúe para unha liña férrea moderna e competitiva.

 

O TYDE FC inicia a escola de fútbol base

O TYDE FC informa do inicio este sábado da escola de fútbol base. Esta escola vai dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos. O comezo será entre sábado de 11 a 13.30h nas instalacións do Tyde.

Por outra parte o Tyde informa que existe a posibilidade de realizar novas incorporacións ao equipo feminino, polo que as mozas a partir de 13 anos que estean interesadas poden pasar polas instalacións do club ou contactar co teléfono 617.85.86.23.  O equipo feminino do Tyde debutará esta fin de semana coma visitante fronte ao Vilariño.

 

Martes, 13 de setembro de 2011    

Comeza un curso de Corte e confección do programa Actívate da deputación en Tui

A Concellería de Servizos Sociais do Concello informa, a través da responsable deste departamenteo, Raquel Lorenzo Pimentel, que onte comezou o curso de Corte e Confección impartido dentro do Programa Actívate da Deputación de Pontevedra, e no que participarán un total de 30 alumnas, con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. O acto de inauguración tivo lugar ás 10.00 horas e contou coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e  o deputado Pablo Baquero, en representación da Deputación Provincial de Pontevedra, xunto co concelleiro de emprego tudense, José Angel Villaverde Rocha.

O curso terá unha duración de 30 horas e impartirase na Aula da UNED – Tui, en horario de mañá. A través destes cursos formativos preténdese potenciar a integración dos mozos e mozas no mundo laboral, acadar un maior enriquecemento cultural e persoal, fomentar a cultura entre os mozos e mozas e facilitar a autonomía e o acceso ó mercado laboral de quen desexe orientar o seu futuro en relación coas actividades ofertadas, ademais de favorecer o traballo en equipo, fomentar as relacións e servir de punto de encontro entre eles.

Ademais, engade a concelleira Lorenzo Pimentel, este curso terá un marcado carácter intercultural, xa que nel van participar mulleres de diferentes nacionalidades como reflexo da nova sociedade na que vivimos, e é que ademais das alumnas españolas, participarán mulleres procedentes de Marrocos, Brasil, Colombia, Uruguai e Arxentina.

O alcalde tudense sinalou no acto de inauguración a súa satisfacción por este acto que testemuña o traballo que tanto o Concello de Tui como a Deputación Provincial veñen realizando pola inserción laboral e a formación dos mozos e mozas tudenses. Estes cursos “Actívate”, a Escola Obradoiro, e outras accións formativas en curso supoñen que máis de 70 persoas estás recibindo dende o Concello tudense unha formación laboral imprescindible neste tempos de crise para achegarse o mundo laboral. Un esforzo, engadiu Moisés Rodríguez Pérez, no que o Concello ten que apostar fortemente especialmente nestes tempos con tantas dificultades no acceso ao mercado do traballo para tantos colectivos sociais.

 

Máis de 1600 nenos e nenas iniciaron onte o novo curso escolar en Tui

Máis de 1.600 nenos e nenas volveron hoxe as aulas de infantil e primaria nos distintos centros educativos de Tui. A normalidade foi a tónica dominante no comezo do Curso escolar 2011/2012 en Tui onde o número de alumnos creceu ou se mantivo nos distintos centros educativos con respecto ao ano pasado. A meirande parte deles permaneceron alleos ao recorte de profesorado e nalgúns incluso de produciu un incremento no número de mestres.

A nivel educativo as principais novidades veñen dadas pola extensión do proxecto ABALAR nos colexio onde se implantou que este ano abranguerá 5º e 6º de Primaria. Amais no CEIP nº1  estenden o plurilingüismo a 1º 2º de Primaria e o CIEP de Rebordans é un dos catro de Galicia seleccionados pola Consellería de Educación para empregar unicamente textos electrónicos en 6º de Primaria.

Onte no programa Día a Día da RMT fixeron unha rolda para coñecer o arranque do curso nos distintos centros.

O director do CEIP nº1 José Casas  destacaba a normalidade do día. Explicaba que no verán no centro non se acometeron grandes obras pero o concello si procedeu a facer unha limpeza xeral das instalacións. No centro estudarán este curso 221 alumnos, os mesmo que o ano pasado. Entre as prinicipais novidades está  que o programa ABALAR este ano ten lugar en 5º e 6º de Primaria, e que continua a implantarse o plurilinguistmo en 1º e 2º de primaria impartindo Plástica en inglés. Entre os servizos con que contan están o de comedor, aula matinal e incorporan este ano unha unidade de atención a nenos autistas.

No CEIP nº2 o novo director Luís Ruíz, explicaba que o curso comezaba con normalidade. Salientaba que as instalacións están a punto neste comezo de curso. Teñen 28 alumnos máis que o curso pasado ata acadar os 492 , o que implicou ter unha unidade máis de Primaria.

En Caldelas a súa directora Xulia Fernández falaba tamén de normalidade no inicio do curso, pero botaba en falla a realización dos arranxos solicitados ao Concello entre os que están tirar un parede ou pintar as aulas. A matrícula subiu en dous alumnos ata o 96.

En Randufe foi o centro onde maior incremento na matrícula se produciu tal e coma explicaba o seu director José Juan Pérez Meirás, xa que teñen 35 alumnos novos co que chegan aos 156. Salientaba por outra parte que seguen a demandar o arranxo dos vestiarios do Pavillón.

Luís Martínez Fernández, director do CEIP de Rebordáns, explicaba que están pendentes de distintas melloras coma a ampliación da zona de aparcamento para os autobuses co que melloraría a seguridade do alumnado. Este ano subiu o número de alumnos ata o 116, pero se reduciron de 3 a 2 as unidades de infantil polo que tiveron que xuntar aos alumnos de 5 e 6 anos. Como centro ABALAR este ano implantan este proxecto tamén en 5º de Primaria. E amais foron un dos catro centros galegos seleccionados pola Consellería de Educación  para empregar so textos electrónicos en 6º de Primaria.

En Pazos Reis a principal reclamación continua a ser un novo centro educativo, pero mentres tanto este verán acometeron reformas coma o cambio de emprazamento da biblioteca e unha nova sal ade profesores coma explicaba o seu director Manuel Ángel Fálquez. Teñen 132 alumnos e un profesor de infantil menos que en 2010.

No Colexio Rural Agrupación houbo un descenso de 10 alumnos neste curso acadando os 133 nenos e nenas que estudan nas diferentes aulas. O curso comezou con normalidade en todas asa ulas salvo en Pexegueiro onde  comezo do curso será mañá martes debido ao recente pintado da aula. Destacaba a director ado CRA Teresa Domínguez, o incremento da matríocula na aula de Caldelas con 20 cativos máis e os proxectos que van reailzar durante o ano coma a recollida de tapas plásticas para Diogo Farinhoto.

No colexio concertado dos Irmáns Maristas a volta ao colexio produciuse con total normalidade sen grandes cambios na matrícula segundo o seu director Juan Carlos Pérez Vila. Este ano terán 70 alumnos en infantil e 140 en primaria.

A concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez, destacaba a normalidade coma tónica dominante no comezo do curso. Explicaba quen os meses de verán tentaron cumprir coas demandas maís necesarias realizadas polos distintos centros, pero puntualizando que o Concello é responsable do mantemento pero non dos novos investimentos. Facía amias unha chamada á tranquilidade porque explicaba que aínda que comezou o curso seguirán traballando nos distintos centros ao longo dos próximos meses.  Sobre reivindicacións feitas polos directores  aludía ao caso de Caldelas onde buscarán axuda económica para tirar a parede que reclama o centro dado o importante investimento preciso.

En Pazos de Reis indicaba que botaron novos parches cos arranxos feitos no verán, ao tempo que continua a tramitación para a adquisición da finca Lagarteira  onde se pretende construír o novo centro.

Por último agradecía a colaboración prestada nos centros educativos.

 

Ao menos dous feridos nunha pelexa nocturna en Tui

Cando menos dúas persoas feridas é o balance dunha pelexa rexistrada esta madrugada na zona monumental de Tui á saída dunha discoteca.

Na pelexa víronse implicados dous veciños de Tui, con persoas de Vigo sen identificar. Todo parece indicar que a pelexa comezou ás 6,15h da madrugada por motivos que se descoñecen. Coma consecuencia da mesma as dúas persoas de Tui resultaron feridas ambos co tabique nasal roto e un cunha brecha importante na cabeza, das que foron atendidas inicialmente no centro de saúde de Tui e posteriormente foron trasladados en ambulancia ao Hospital do Meixoeiro.

A policía local recibiu aviso da pelexa pero cando se personou no lugar a xente se dispersou e non puido identificar aos implicados, ninguén presentou posteriormente denuncia na Policía Local. Algunhas fontes apunta que tamén unha das persoas de Vigo puido resultar ferida tras o altercado.

  

Moisés Rodríguez valora positivamente os acordos de Viana sobre o tren Porto-Vigo

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, valorou esta tarde positivamente a reunión de 21 entidades, rep celebrada este mediodía en Viana do Castelo para abordar a problemática do tren entre Vigo e Porto e reclamar a súa modernización.

Na reunión púxose de relevo a importancia de seguir loitando para que o servizo ferroviario entre Galicia e o Norte de Portugal non se suspenda senón que mellore. No encontro houbo acordo, segundo explicaba, en que Portugal aproveite parte dos cartos dispoñibles para o AVE na modernización da liña. Todos os presentes adoptaron por unanimidade unha serie de acordos. Entre eles Moisés Rodríguez destacaba lograr a redución do tempo da viaxe entre Vigo e Porto para que sexa máis competitiva, electrificando unha parte da liña, e reducindo o número de estación onde para o tren.

O alcalde de Tui defendeu tamén neste encontro a continuidade do ferri entre A Guarda e Caminha, facendo fincapé en que se trata doutro elemento de transporte na Eurorrexión.

Moisés Rodríguez tivo palabras de agradecemento tanto para o Eixo Atlántico coma ao Presidente da Cámara de Viana do Castelo, por esta convocatoria, e incidía na importancia de defender o servizo ferroviario tanto ante o goberno español coma ante o portugués.

 

Luns, 12 de setembro de 2011    

Independientes de Tui ganador del "I Encuentro Master Internacional de Remo Tui 2011, Trofeo Concello de Tui"

Cerca del medio millar de personas se concentraron en la tarde del sábado, día 10, en el "I Encuentro Master Internacional de Remo Tui 2011, Trofeo Concello de Tui", organizado por el Club Remo Tui, respaldado por el ayuntamientoi, y la colaboración de empresas y comercios de la zona.

Se presentaron ocho embarcaciones de España y Portugal: Figueirense masculino, Figueirense femenino, Arco de Viana, Náutico de Vigo, Perillo, una embarcación del club organizador Remo Tui, Independientes de Tui formada por antiguos remeros de Tui y una embarcación mixta de participantes de España y Portugal con seis componentes masculinos y dos femeninos.

Se comenzó el evento con dos eliminatorias en las que se clasificaban Independientes y Náutico de Vigo  en la primera manga y Remo Tui y Arco de Viana en las segunda, el resto de los equipos, Perillo, embarcación Mixta, Figueirense femenino y Figueirense masculino, disputaron una apretada final B, en la que se clasificaron según el orden en el que se mencionan anteriormente del quinto al octavo puesto.

Sobre las 19:30 horas se disputó la final en la que los remeros revivieron  los nervios y sensaciones de los grandes campeonatos pasados. Desde la salida el equipo Independiente de Tui tomó la cabeza y la mantuvo hasta el final seguido del Club Remo Tui, Arco de Viana y Náutico de Vigo, destacando de esta regata que todos entraron en meta en un corto espacio de tiempo creando un estado de euforia y nerviosismo entre el público asistente.

Destacar que entre los remeros asistentes se encuentran Olímpicos, mundialistas y campeones nacionales de remo de España y Portugal,  algunos de ellos se reencontraron  con el remo después de 20 años, también tenemos que destacar que las edades de los participantes oscilaban entre los 32 y 61 años  y la media de las embarcaciones entre 37 la mas joven y 49 la de mayor edad.

Finalizado el encuentro se procedió a la entrega del "Trofeo Concello de Tui", por el concejal de Deportes, Nicolás Montes, al equipo vencedor Independientes de Tui,  formado por Alfonso J. Riveiro, José Ignacio Bugarín, Jacobo Moroño, José González, Sandro Rodríguez, Manuel González, Miguel Piña, Jesús Amandi, y timoneado por Jenifer Das Dores.

Para finalizar la tarde la organización preparó una merienda para todos los participantes y público asistente, finalizando la velada con el concierto Jam Sessión en el bar de Centro Interfederado La Fábrica de Tui y una festiva gaiteirada  que decoró la noche amenizada por  Auri, y sus dos hijos, Carlota y Alex.

El Club Remo Tui agradece la presencia de todos los participantes, y una mención especial a Francisco Melenchon, que se desplazó desde Águilas, en Murcia,  y a la pareja de Setubal (Portugal)  Julio Armandio y Maria Lima, que realizaron un largo viaje solo por participar en esta prueba.

La organización agradece, al Concello de Tui, Protección Civil, Cruz Roja de Portugal, Radio Tui, Kiko Carballo, Club Kayak Tudense y a todos los que de alguna forma colaboraron en este encuentro con el remo que espera repetir el próximo año.

 

Sábado, 10 de setembro de 2011    

3.466 peregrinos iniciaron en xullo e agosto o Camiño de Santiago en Tui e o albergue acolleu a 1804 peregrinos

Nos meses de verán continuou apreciándose un notable incremento de peregrinos que percorren o Camiño Portugués a Compostela escollendo a cidade de Tui como lugar de inicio da súa peregrinación. Segundo os datos da Oficina de Acollida aos Peregrinos da Arquidiocese de Santiago un total de 3.466 peregrinos iniciaron nos meses de xullo e agosto na nosa cidade o seu itinerario, e 7.424 peregrinos realizaron o Camiño Portugués que ten en Tui a súa porta de entrada en Galicia.

Nestes mesmos meses o Albergue de Peregrinos da S A de Xestión do Plan Xacobeo acolleu nas súas dependencias un total de 1.804 peregrinos o que representa un notable incremento verbo dos 1.490 acollidos nos meses de xullo de agosto do pasado ano 2010, que lembremos era Ano Santo Compostelán. Ademais foi preciso empregar en varias xornadas o albergue temporal de peregrinos do Concello de Tui, que acolleu no mes de agosto a cerca de 90 peregrinos que xa non tiña cabida no albergue oficial do Xacobeo.

Da análise dos datos reflectidos podemos comprobar como se consolida a presenza de peregrinos na nosa cidade. A súa procedencia é especialmente de países europeos, salientando no verán un número notable de alemáns, franceses, italianos e portugueses xunto con españois. Un auténtico crisol de nacionalidades que percorren este roteiro de peregrinación que ten en Tui a súa porta de entrada en Galicia.

Para a concelleira responsable de Turismo e do Camiño de Santiago, Raquel Lorenzo Pimentel, estes datos amosan a vitalidade que segue suscitando este itinerario de peregrinación consolidado xa como a alternativa ao Camiño francés, pois Tui é sempre o primeiro lugar elixido polos peregrinos para iniciar a peregrinación fóra do camiño francés. A concelleira apunta como o apoio aos peregrinos é unha das estratexias nas que traballa o Concello de Tui para a promoción turística da cidade e para a valorización dos seus elementos patrimoniais dos que forma parte o Camiño de Santiago ao seu paso pola nosa cidade.

Raquel Lorenzo sinala o mantemento que o persoal municipal realiza do trazado do camiño de xeito permanente, contando cunha brigada ao abeiro dos programas de cooperación que financia a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Tamén o Centro de Interpretación “Tui, porta do camiño portugués” segue aberto ao público diariamente en horario de mañá e tarde para ofrecer aos peregrinos e aos turistas en xeral a información máis relevante sobre o Camiño Portugués e as súas pegadas na historia e no patrimonio de Tui.

 

Tui se sumará, en octubre, a los ayuntamientos que ya disponen de la mesa de coordinación de Violencia de Género

El subdelegado del Gobierno y el alcalde deTui mantuvieron ayer una reunión en la cual se adoptó el compromiso de celebrar una Junta Local de Seguridad, en la primera quince del mes de octubre, para abordar, entre otros temas, la constitución de la mesa de coordinación de Violencia de Género, de las que se han constituido ya más de 20 en toda la provincia y en la que están representados policía local, fuerzas de seguridad del Estado, Juzgados, Fiscalía, y el Ayuntamiento correspondiente a través de Servicios Sociales o Servicios a la Mujer, con el objetivo de ofrecer una asistencia multidisplinar, asesoramiento, apoyo, protección y prevención en este ámbito.

También se prevé abordar la firma del convenio que permitirá al ayuntamiento de Tui acceder a la base de datos de la DGT (ATEX), para que la policía local disponga de toda la información de conductores y vehículos para tramitar las sanciones del carné por puntos en el ámbito urbano, y que ya realiza este ayuntamiento.

Por último, hay que destacar que el subdelegado del Gobierno, Delfín Fernández Álvarez, se ha comprometido a trasladar al Delegado del Gobierno la preocupación de Tui y su entorno (Norte de Portugal y demás ayuntamientos) por la necesidad de una mejora sustancial del servicio de trenes que no se corresponde con las necesidades reales de comunicación de la zona.

Liña ferroviaria entre Porto e Vigo

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez informou ao subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández Álvarez, da actual situación da conexión ferroviaria de Tui e Valença. O rexedor transmitiulle no encontro celebrado en Pontevedra tanto a preocupación suscitada polo incerto futuro da única conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal como os pasos dados polos Concello de Tui e o de Valença do Minho polas dúas administracións locais de cara a promover a modernización do servizo para que resulte competitivo e rendible. Unha tarefa que cómpre realizar de xeito conxunto e consensuado co resto de sectores e entidades transfronteirizas con responsabilidades no tema.

O subdelegado do Goberno pola súa parte, sensible á preocupación da poboación fronteiriza, comprometeuse a trasladar ao Delegado do Goberno, “a fundamentada  preocupación de Tui e da súa contorna (Norte de Portugal e demais Concellos) pola necesidade duna mellora substancial do servicio de ferrocarril, que na actualidade non se corresponde coas necesidades reais de comunicación da zona”.

O rexedor de Tui agradece a receptividade que amosou durante a reunión o subdelegado do Goberno en Pontevedra, na que se abordaron outros temas de grande interese para a cidade. Porén, a prioridade de abordar o tema da conexión ferroviaria está motivada ademais polo calendario. Neste mes está previsto que RENFE e Comboios de Portugal tomen unha decisión sobre o futuro desta liña de transporte ferroviario e o Concello de Tui amosa a súa demanda a prol do mantemento desta conexión ferroviaria adaptada as necesidades das poboacións transfronteirizas, como ven facendo nos últimos meses.

Por outra banda, a axenda da vindeira semana sobre esta temática comezará na localidade de Viana do Castelo. O rexedor local participará do encontro no que están convocados os demais alcaldes da zona e no que, acompañados dos principais representantes empresariais da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal e dos sectores afectados, se abordará o futuro inmediato do tren nesta zona.

Neste foro, ademais de compartir mesa de traballo para elaborar unha declaración conxunta dirixida ao Gobernos de España e Portugal para o mantemento e modernización desta liña férrea, o rexedor tudense informará tamén das estratexias complementarias polas que aposta a cidade de Tui neste asunto. O alcalde de Tui congratúlase tamén polo respaldo que suscita esta demanda entre amplos sectores e grupos da Eurorrexión que comparten neste asunto a prioridade de “viaxar no mesmo tren”.

 

Venres, 9 de setembro de 2011    

O venres 16 remata o prazo de inscrición na Escola de Patinaxe

O venres da próxima semana, 16 de setembro, remata o prazo de inscrición para a Escola de Patinaxe posta en marcha pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui.

Esta escola vai dirixida a nenos e nenas de 5 a 15 anos. Iniciará a súa actividade o 5 de outubro.. As clases serán os mércores e venres no pavillón deportivo do IES San Paio de Tui. A monitora será a encargada de facer os grupos en función do nivel dos nenos.

Os interesados en anotarse poden facer no Concello de Tui de 9 a 13.30h de luns a venres ata o día 16. Respectarase a orde de inscrición. Una vez rematado o prazo de inscrición conformaranse os listados de admitidos e de reservas. Na última semana do mes de setembro publicaranse os listados na web do Concello.

Por outra parte lembramos que a Escola Deportiva de Balonmán comezará a súa actividade en outubro no CEIP nº2, CEIP de Guillarei, CEIP de Randufe, CEIP de Caldelas, CEIP de Pazos de Reis, CPR Santa María e CEIP de Rebordáns. A próxima semana monitores do Club Balonmán Tui farán unha promoción polos colexios e logo as inscricións cumprimentaranse nos colexios polas AMPAS, na segunda semana de clase. 

Por último a Escola Deportiva de fúbtol vaise impartir no Campo de fútbol municipal “Álvarez Durán” os luns, mércores e venres de 17 a 19h, correrá a cargo dos adestradores do TYDE C.F. As inscricións poden facerse nas instalacións do TYDE C.F. ou chamando ao número de teléfono 617.858.623. A pasada temporada asistiron á Escola de fútbol máis de 100 nenos e nenas.

 

Aberta a inscrición para novos cursos multimedia na aula CeMit de Tui para os meses setembro, outubro e novembro

A Aula da Rede CeMit de Tui vai impartir proximamente tres cursos de novas tecnoloxías ao través de videoconferencia.

O primeiro en celebrarse será o curso de Creación de Videoxogos que se impartirá en dúas quendas. A primeira será do 26 ao 29 de setembro e a segunda do 3 ao 6 de outubro.  Os participantes deben ter formación programación, deseño gráfico, modelado, animación, efectos especiais, texturas, guión, efectos de son, composición musical, localización, etc. O prazo de inscrición remata o próximo luns día 12.

O segundo curso será de creación de webs para móbiles. Do mesmo haberá tamén dúas quendas, a primeira do 24 ao 27 de outubro e a segunda do 31 de outubro ao 3 de novembro. Neste caso os interesados deben ter coñecementos de desenvolvemento de web tradicional con HTML e estilos, así como comprendan a diferenza entre contido e visualización e ter deseñado sen usar táboas. Inscrición aberta ata o 10 de outubro.

E por último do 21 ao 24 de novembro e do 28 de novembro ao 1 de decembro celebrarase, tamén con dúas quendas, un curso de Streaming de Audio e Vídeo. Para realizado é preciso ter coñecementos de medios de informática e recoméndase ter usado ferramentas informáticas de edición de vídeo. A inscrición permanece aberta ata o 07 de novembro.

Os interesados en calquera deste cursos poden acadar máis información ou inscribirse na web www.cmg.xunta.es no apartado de formación, no correo  formacion-cemit@xunta.es ou no teléfono 902 222 321.

As clases destes cursos comprenden  a emisión cada día dun capítulo do vídeo documental realizado para a ocasión cos contidos do curso, seguido dunha explicación e resolución de dúbidas  polo técnico experto, utilizando a plataforma de teleformación. Aquelas persoas que superen satisfactoriamente os contidos do curso, recibirán un diploma acreditativo expedido pola entidade organizadora.

 

Doazón de Sangue en Tui

Hoxe e mañá hai en Tui a presenza dunha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia. Os interesados poden acudir á doar sangue á Praza de Galicia hoxe de 10 a 14 e de 16 a 21h e mañá sábado de 10 a 15h.

 

Remata a Semana Cultural Virxe das Dores

            Esta fin de semana rematan os actos da Semana Cultural Virxe das Dores de Guillarei organizados pola Asociación de Veciños Virxe das Dores de Guillarei e Asociación Recreativa e Cultural Lembranzas da Terra.

Hoxe ás nove da noite na Casa Cultural actuará en primeiro lugar o grupo de gaitas Lembranzas de Guillarei, e logo o grupo de teatro Seixos Albos de Areas coa obra  “A voltas co C.I.”

Mañá sábado a partir das nove da noite, de novo na Casa Cultural, primeiro haberá playbacks cos grupos de Atios, Pexegueiro e Guillarei, e a continuación actuará o grupo Aromas de Oriente.

Xa por último o domingo celebrase a Festa da Bicicleta que sairá ás nove e media da mañá dende o recinto de festas. Pola tarde celebrarase a festa do neno con inchables e xogos populares a partir das catro e media.

 

Concerto de Los Lentos en La Fabriquería e Jam Sesión en La Fábrica de Tui

Esta noite La Fabriquería, na Avenida da Concordia, acollerá un concerto de Los Lentos.

Por outra parte mañá ás once da noite en La Fábrica de Tui no centro interfederado haberá unha Jam Session fin do verán cos artistas que pasaron durante o verán coma Ángel Sánchez, Franz Banfield, Patricia Moon, ou Lucas Fernández.

 

O alcalde de Tui reúnese hoxe co subdelegado do Goberno

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, vaise reunir ás doce deste mediodía co subdelegado do Goberno, Delfín Fernández. O encontro terá lugar en Pontevedra na sede da Delegación. O obxectivo da entrevista é analizar diferentes asuntos de interese nas relacións da Administración Xeral do Estado co municipio de Tui.

 

Xoves, 8 de setembro de 2011    

A Oficina Municipal de Turismo de Tui atendeu a 9.294 turistas no pasado mes de agosto

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu ao longo do pasado mes de agosto 9.294 consultas na súa sede do Paseo da Corredoira. Segundo os datos que achega a concelleira de Turismo, Raquel Lorenzo Pimentel, da cantidade mencionada, 8.121 consultas foron efectuadas por turistas nacionais, destacando as cifras de 1.979 turistas procedentes de Madrid, 1.097 de Cataluña e 1.032 de Andalucía.

Outros 1.173 turistas procedían do estraxeiro, salientando os franceses con 278 consultas, portugueses con 277 e os italianos con 188.

Deste total, 594 consultas realizáronas peregrinos, dos que 420 eran de procedencia española (96 de Andalucía, 72 da Comunidade Valenciana e 62 de Madrid) e 174 estranxeiros  (46 peregrinos italianos, 23 alemáns, 16 portugueses e outros 16 procedentes dos Estados Unidos de América).

Os datos de consultas na Oficina Municipal, tudense no ano 2011 mantéñense nos mesmos parámetros que nos anos anteriores. Por exemplo no 2010, sendo Ano Santo Compostelán, foron 9.717 as consultas efectuadas, e de 8.900 no mes de agosto de 2009.

Para a responsable de turismo tudense estes datos estatísticos evidencian que, a pesares da crise, o movemento turístico na nosa cidade aguantou no número de visitantes no pasado mes de agosto, testemuñando a importante afluencia rexistrada ao longo do pasado mes de agosto na nosa cidade atraídos pola riqueza monumental e paisaxística de Tui.

Raquel Lorenzo salienta tamén o importante esforzo realizado polo Concello tudense para resolver a problemática do peche da Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Tui, e que grazas as xestións realizadas polos responsables municipais foi autorizada a súa reapertura con persoal do Concello, que garantiu así o seu normal funcionamento no mes de máxima demanda.

A Oficina Municipal de Turismo sita no Paseo da Corredoira está aberta ao público todos os días neste enclave emblemático da nosa cidade oficina, o seu número de teléfono 677 418 405 e o horario de apertura ao público de 10h a 20h de luns a venres e 10h30 a 14h30 – 15h30 a 19h30 as fins de semana.

 

Constituída a Mesa Local de Comercio do concello de Tui

O pasado luns, 5 de setembro, foi constituída formalmente a Mesa Local de Comercio nunha sesión celebrada na Casa do Concello tudense. Esta mesa é unha obriga que figura na Lei 13/2010 de Comercio Interior de Galicia e que ten a misión de actuar como un órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a administración e os axentes representativos do sector comercial, que segundo a devandita norma serán dúas asociacións representativas do ámbito comercial e de consumo.

Esta Mesa Local de Comercio está integrada polo Alcalde de Tui, que actúa como presidente da mesma, xunto a un representante da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, un representante da Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Tui, un representante da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui e a concelleira de comercio en representación do Concello de Tui.

Para o alcalde de Tui esta Mesa Local é un nexo de unión entre o comercio de proximidade, os consumidores e a Administración, e conforma unha ferramenta de participación na vida social da nosa localidade. Lembra Moisés Rodríguez Pérez a vocación comercial da cidade, onde o pequeno comercio conforma un dos principais sectores económicos da cidade e que ven realizando un importante esforzo de dinamización non xa dos seus establecementos senón da propia vida local. A constitución desta mesa posibilitará afondar na colaboración xa existente entre os axentes sociais vinculados ao comercio e o consumo para avanzar en novas medidas de reactivación deste sector tan importante na vida tudense.

Engade o alcalde tudense que este sector do comercio mantén un importante volume de ocupación laboral ao tempo que exerce unha ampla función socio-económica que converte a Tui nun núcleo comercial de gran atractivo no espazo transfronteirizo.

            Moisés Rodríguez Pérez agradece a participación tanto da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui como da Asociación de Amas de Casa e Consumidores nesta iniciativa que en breve prazo comezará o seu normal funcionamento.

 

Cursos no Centro Cultural de Rebordáns, en Tui

O Centro Cultural de Rebordáns informa dos cursos que vai impartir nos próximos meses, sempre e cando reúnan un número mínimo de alumnos.

Así impartirán clases de pilates, bailes de salón para adultos e para nenos, cestería, manualidades, arranxos florais, restauración, abalorios e aerobic que terá lugar os luns e venres ás 22h.

As persoas interesadas poden anotarse no Centro Cultural San Fins de Rebordáns ou nos teléfonos 618 604 669  ou no 636 108 919.

Por outra parte informan que o número premiado na romaría de San Fins foi o 9.011.

 

Eixo Atlántico aposta por un tren de proximidade Vigo-Porto

O próximo luns vai ter lugar en Viana do Castelo un cumio político ao que asistirán os alcaldes do norte portugués e do sur galego así coma representantes da Xunta, da Deputación e das Asociación de Empresarios para tomar unha decisión sobre as conexións ferroviarias ibéricas.  O encontro vaise celebrar días antes da reunión entre o ministro español e portugués en materia de transporte.

A convocatoria foi feita polo presidente da Cámara de Viana, que é membro tamén da Comisión Executiva do Eixo Atlántico.

Xoan Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, explicaba na Radio Municipal de Tui que dende hai máis dunha década dende este organismo fixaron catro prioridades en materia de transporte ferroviario. A primeira sería o AVE, que hoxe en día coa actual situación económica xa non é prioridade, a conexión polo interior que se retomará, o tráfico de mercadorías que segue a ser prioritario e a liña do Minho coma tren de proximidade. Arestora esta última, segundo expuña, segue a ser a máis viable polo que pasa ao primeiro plano político.

No parecer do Eixo Atlántico a liña do Minho que comunica Vigo con Porto on se pode pechar senón que hai que modernizala, para o que calculan faría falta un investimento de 100 millóns de euros, para lograr que o tren poida circular a 150km/h, un traballos que precisarían para a súa execución de tres anos.   Vázquez Mao expuña que estes 100 millóns precisos pódense obter dos 800 consignados de fondos europeos para o AVE e que de non empregarse se perderían o 31 de decembro de 2014.  Precisamente na reunión do próximo luns en Viana van facer unha chamada de atención sobre este tema tan importante nunha zona que reúne a 2 millóns de habitantes, tanto como a área metropolitana de Lisboa.

O secretario xeral do Eixo Atlántico amosouse optimista respecto a consecución deste investimento para lograr un tren máis moderno.

            Noutra orde de cousas o secretario xeral do Eixo Atlántico referíase tamén ao pagamento nas autovías que en breve Portugal vai aplicar en todo o país. Explicaba que os arcos das autovías van ser modificados para que poidan ler as matrículas estranxeiras e así poder despois cobrar a todos os vehículos.

Este sistema comezará a aplicarse en semanas, polo que Xoán Vázquez Mao recomenda empregar xa o pagamento ao través da internet que está operativo na web http://portagens.ctt.pt e logo no apartado “aderir”.

 

Mércores, 7 de setembro de 2011    

Aberto o prazo para a revisión do padrón de vehiculos de residentes no Conxunto Histórico de Tui

O Concello de Tui está traballando para iniciar proximamente a peonalización do conxunto histórico limitando o acceso de vehículos a este ámbito patrimonial para lograr a súa conservación e posta en valor. Unha das medidas previas é coñecer os vehículos dos residentes nesta zona monumental de Tui aos efectos de artellar logo o seu acceso mediante un mecanismo de control.

As concellerías do Conxunto Histórico e de Tráfico informan que está aberto, ao longo do mes de setembro, o prazo de revisión/actualización do padrón de vehículos dos residentes no conxunto histórico. Existe un impreso normalizado que coa documentación requirida poden entregar os interesados na Secretaría do Concello de Tui entre as 09,00 e as 14,00 horas de luns a venres e os sábados de 09,00 a 13,00 h. ao longo do presente mes de setembro.

O impreso está tamén accesible a través da páxina web do concello, apartado “outros” ou no seguinte enlace:

http://concellotui.org/archivos/documentos_29_o.pdf

Nicolás Lorenzo Montes, concelleiro do conxunto histórico, e Ángel Gutiérrez González explican que esta revisión do padrón ten como obxectivo actualizar estes datos para coñecer con detalle o número de vehículos dos residentes neste casco histórico para estudar as posibilidades existentes de estacionamento nesta área e promover a súa humanización mediante un control de acceso dos vehículos e a peonalización deste ámbito patrimonial.

O Concello de Tui xa lle ten comunicado a todos os propietarios do conxunto histórico esta medida e outras que promove o Concello (limpeza de solares e edificios, enlucido de portas e vanos, horarios de depósito de lixo, axudas ao abeiro da Área de Rehabilitación, etc.) para a revitalización deste área tanto a nivel turístico e patrimonial como para lograr unha mellores condicións de vida para os seus residentes.

  

Case 9.300 persoas demandaron información en agosto na Oficina de Turismo Municipal

Durante o pasado mes de agosto a Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui, no Paseo da Corredoira, recibiu un total de 9.294 demandas de información por parte de visitantes que se achegaron ata a cidade.

Desde total 8.121 eran turistas nacionais, procedentes maioritariamente de Madrid, Cataluña e Andalucía. As consultas por parte de estranxeiros ascenderon a 1.173 realizadas principalmente por franceses, portugueses e italianos.

Amais houbo 594 consultas efectuadas por peregrinos, dos que 420 eran nacionais, a meirande parte andaluces, valencianos e madrileños. Mentres entre os 174 peregrinos estranxeiros predominaban os italianos, alemáns, portugueses e americanos.

Os datos de consultas na Oficina Municipal, tudense neste ano 2011 se manteñen nos mesmos parámetros que nos anos anteriores. Por exemplo no 2010, sendo Ano Santo Compostelán, foron 9.717  as consultas efectuadas ou 8.900 no mes de agosto de 2009.

Para a responsable de turismo tudense, Raquel Lorenzo, estes datos estatísticos evidencian que, a pesares da crise, o movemento turístico na nosa cidade aguantou no número de visitantes no pasado mes de agosto, testemuñando a importante afluencia rexistrada ao longo do pasado mes de agosto na nosa cidade atraídos pola riqueza monumental e paisaxística de Tui.

Raquel Lorenzo salienta tamén o importante esforzo realizado polo Concello tudense para resolver a problemática do peche da Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Tui, e que grazas as xestións realizadas polos responsables municipais foi autorizada a súa reapertura con persoal do Concello, que garantiu así o seu normal funcionamento no mes de máxima demanda.

A Oficina Municipal de Turismo sita no Paseo da Corredoira está aberta ao público todos os días neste enclave emblemático da nosa cidade oficina, o seu número de teléfono 677 418 405 e o horario de apertura ao público de 10h a 20h de luns a venres e 10h30 a 14h30 – 15h30 a 19h30 as fins de semana.

 

Festas na honra á Virxe da Guía en Randufe

Hoxe e mañá celébranse festas na honra á Vire da Guía en Randufe.

Hoxe mércores o grupo de gaitas Xuntanza fará un percorrido pola parroquia, mentres que a charanga Cantos Somos fará un pasarrúas polo centro de Tui. A primeira verbena será amenizada por Capitol e Principal.

Mañá xoves, día da Guía, haberá misas ás 8.30h, 9.30h, 10.30h e 20.30h e a misa solemne con procesión celebrarase ás 12h. A Banda de Música Popular de Tui fará un pasarrúas, e ás 11.30h entrará no adro da Guía. Pola noite a verbena será amenizada por Atlanta e Aramio.

Destes festexos falaba na sintonía da Radio Municipal de Tui a presidenta da Comisión, Nieves Silva, quen destacaba a colaboración que tiveron dos veciños pese aos tempos de crise que vivimos e tamén o gran equipo que ten.

Anunciaba que debido á situación económica a tirada de fogos este ano durará só 15 minutos.

 

Martes, 6 de setembro de 2011    

Horario de atención ao público do alcalde e concelleiros de Tui

A web páxina web do concello de Tui, www.concellotui.org, publica hoxe a relación do horario de atención ao público por parte do alcalde e dos concelleiros do equipo e goberno. Será sempre de luns a venres.

            O alcalde, Moisés Rodríguez, atenderá ao público de luns a venres de 8 a 14h.

           De 9 a 14h atenderán os concelleiros Dorinda Olga Montes Moldes, responsable das áreas de Parques e Xardíns, Mercado e Praza de Abastos; Manuel González Vázquez concelleiro de Limpeza e recollida de lixo, Cemiterio, Parque Móbil e Servizos Municipais, e Jose Angel Villaverde concelleiro de Persoal, Alumeado Público, Formación e Emprego.

O concelleiro Nicolás Lorenzo Montes, responsable do Conxunto Histórico e Rehabilitación, Deportes, Xuventude e Medios de Comunicación, atende ao público de 9 a 11h, a concelleira de  Cultura e Educación, Vanesa Rodríguez de 10:30 a 13:30 e o concelleiro de  Facenda e Patrimonio Municipal, Marcelino Enrique Cendón de 13:00 a 14:30. Mentres o concelleiro de Seguridade Cidadá, Protección Civil, Tráfico e Medio Ambiente, Ángel Gutiérrez atende ao público 12:00 a 14h e a concelleira de Turismo, Comercio e Servizos Sociais, Raquel Lorenzo de 17 a 19h.

 

Iván Alonso clasificado para o Mundial de Maratón

O padeeiro do Club Kaiak Tudense, Iván Alonso competirá en K1 senior no Mundial de Maratón de Singapur tras imporse o sábado no control selectivo realizado pola Real Federación Española de Piragüismo en Zamora.

O padeeiro tudense impúxose ao donostiarra Xavier Ruiz nun apertado sprint final tras completar a distancia de 31 km.

A regata durou máis do normal xa que até a quinta volta, das sete totais, ninguén se decidiu a tomar o peso da mesma. A partir de aí Iván Alonso tomo o mando da competición até o final.

Xa o domingo tivo que conformase cunha segunda praza xunto a Manuel Busto no K2 senior non logrando deste xeito praza para o mundial nesta modalidade.

O que non tivo fortuna foi Manuel Garrido, que a pesar de estar xa clasificado para o mundial na categoría sub-23 optaba a conseguir a praza tamén na categoría senior, o cal non foi posible, nunha regata un tanto estraña onde parecía que o entendemento entre os seus dous rivais fixo que as cousas se lle puxesen moi adversas desde a primeira palada.

 

Jacobo Millán e Santiago Mártinez gañadores do Descenso da Rocha

O K2 de Jacobo Millán e Santiago Martínez, do E.P.Ciudad Pontevedra, foi o ganador absoluto do XXXIV Descenso do Miño virxe da Rocha, entre Salvaterra e Caldelas de Tuy celebrado o pasado sábado.

O primeiro K-1 en cruzar a meta foi o do portugués Alfredo Nogueira Faria, do Club Gemeses de Esposende.

En canto á clasificación por Club o primeiro, que se levou o trofeo Concello de Tui, foi o  E.P. Ciudad de Pontevedra; quedando en 2º lugar o Gemeses de Esposende, e 3º. o Club Piragüismo Penedo de Caldelas.

Nesta proba participaron 10 clubes e 142 deportistas.

 

José Manuel Martínez con “Ultramarinos” gañou o Certame Fotográfico de Randufe

José Manuel Martínez González foi o gañador do Certame Fotográfico de Randufe convocado pola Asociación de Veciños de Randufe na categoría de fotografía tradicional.

O segundo premio correponde a María Rosario Alfaya Pérez por "Bautizos, catequesis, comuniones, bodas, novenas, entierros... buenos, alegres y tristes recuerdos.", e o terceiro recaeu en  Inés Pérez Rodríguez pola súa fotografía titulada "Cadenas".

Por outra parte na categoría de fotografías feitas con teléfono móbil o xurado decidiu que segundo o criterio exposto nas bases, ningunha das fotografías cumpría con todos os requisitos expostos, e polo tanto declarou deserto os premios nesta categoría.

 

Tui acolle o sábado un Encontro de Remo Veterano

Este sábado celébrase en Tui un Encontro de Remo Veterano organizado polo Club Remo Tui.

O programa previsto comeza ás cinco da tarde coa reunión dos representantes de cada club. Unha hora despois terá lugar a regata de 8 + veterano.  Ás sete e media haberá un aperitivo para os participantes.

A regata de 8 celebrarse diante do Centro Interferedo de Remo e Piragüismo de Tui cunha distancia entorno aos 500 metros.

Os clubs poden presentar o número de embarcacións que desexen, establecéndose coma condición que os participantes deben ser maiores de 30 anos.

 

Rematou a Volta ao Mundo do campamento Urbano e Acuático do Concello de Tui

A semana pasada rematou o campamento urbano e acuático organizado polos Servizos Sociais do Concello de Tui ao longo do mes de agosto. No mesmo participaron 170 nenos que ao longo dun mes tiñeron a oportunidade de participar en diferentes actividades acompañados por Willy Fog baixo o lema “A volta ao mundo”.

Os asistentes ao campamento tiveron a oportunidade de practicar deportes coma fútbol, balonmán e baloncesto, así coma de participar en diversos xogos e aventuras. Durante todas as actividades creouse unha ambientación que recreou o ambiente das diferentes ciudades e países polos que pasaron, coma París, Londres, Países Árabes, Exipto…

Mentres os cativos que participaron no campamento acuático tiveron a oportunidade de facer piragüismo, remo, piscina ou esquí acuático.

No festival de peche do campamento estiveron presentes o alcalde Moisés Rodríguez  Pérez e a concelleira de Servicios Sociais Raquel Lorenzo Pimentel, xunto a outros edís.

Dende a organización agradecen a colaboración dos clubs deportivos do Concello así coma do CEIP nº2.

 

Remata a semana Cultural Xuntanza

            Hoxe remata a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural Xuntanza de Randufe. Ás nove e media desta noite no adro da Guía actúa o humorista Somoza, e unha hora despois ofrecerá un concerto o grupo La Comandancia.

 

Elevada participación nos actos da Xornada Europea da Cultura Xudía en Tui

Esta pasada fin de semana a cidade de Tui foi escenario das actividades programadas arredor da celebración da Xornada Europea da Cultura Xudía pola Concellería de Cultura tudense para divulgar e poñer en valor á achega da cultura xudía á historia e o patrimonio de Tui.

De novo as visitas guiadas celebradas acadaron un grande éxito de participación. Así na mañá do sábado máis de 150 persoas participaron na visita guiada celebrada ás testemuñas xudía conservadas na nosa cidade. Neste itinerario participaban tamén arredor de 40 membros da Asociación Galega de Amizade con Israel que se sumaban así a esta Xornada.

Esta Asociación enriqueceu o programa de actividades coa organización do “II Sehudat Shabat”  ou xantar do sábado celebrado no Parador de Turismo “San Telmo” de Tui e que contou con máis de sesenta comensais que participaron así dun menú típico da cultura xudía, en concreto das vindeiras festas do aninovo xudeu ou “Ros Hasana” que celebraran nos próximos días.

En canto a segunda visita ao conxunto histórico da cidade, celebrada o domingo, foron cerca de cen persoas as que decidiron visitar os vestixios xudeus que se conservan no casco histórico tudense. Comezando na Praza do Concello, onde residían algún membros da comunidade xudía tudense, continuouse pola Catedral, o Museo Catedralicio e o claustro, para coñecer o gravado da Menorá, visitando a continuación a rúa Entrefornos onde se situaba a única carnicería xudía documentada en Galicia, visitando de seguido a torre do Xudeu da muralla medieval, proseguindo pola rúa das Monxas, na ubicación da Sinagoga e rematando na casa de Salomón na rúa Canicouba ou Bispo Castañón. Salientar que na vista do sábado foi contemplada tamén a colección de “Sambenitos” do Museo Diocesano, unha excepcional e única mostra do patrimonio relacionado cos conversos.  Estes percorridos estiveron dirixidos polo historiador local, Suso Vila Botanes.

O programa complétase coa exposición “Tui Sefarad” que realiza un achegamento a través de imaxes e textos á historia da comunidade xudía tudense ao longo dos séculos. Esta exposición pódese visitar ata finais de setembro na Capela de San Telmo da Catedral de Tui.

Estas actividades demostran o interese por achegarse ao coñecemento da vida dos habitantes da cidade na Idade Media e en especial dos xudeus que conviviron con tudenses naquela época. Tui agarda incorporarse á Red de Juderías, que organiza estas xornadas e que agrupa a 21 vilas e cidades españolas, á que tamén pertencen cidade galegas coma Ribadavia e Monforte de Lemos.

Para os responsables municipais tudenses a celebración por cuarto ano desta Xornada Europea da Cultura Xudía en Tui posibilita ofrecer a veciños e visitantes o coñecemento de aspectos ata agora escasamente divulgados, como é neste caso o patrimonio vinculado á presenza dos xudeus en Tui, e que redundará nunha maior valorización do noso conxunto histórico. O Concello de Tui  a través da concelleira de cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, agradece a colaboración de persoas e entidades que teñen cooperado no éxito desta Xornada.

 

Sábado, 3 de setembro de 2011    

O luns 5 de setembro sesión sobre cultura e tradición termal en Tui e Galicia

Co gallo da celebración da exposición “O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia” o vindeiro luns, 5 de setembro, ás 20,00 horas terá lugar no edificio Área Panorámica de Tui unha sesión sobre termalismo centrada no balneario de Caldelas de Tui, tanto no seu aspecto histórico como termal, e abordará, nunha mesa redonda a “Tradición e cultura termal en Galicia”.

Estas actividades están organizadas pola Asociación de Balneario de Galicia e contan coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui, para cuxa responsable, Vanesa  Rodríguez Pereira, esta sesión sobre termalismo é unha excelente oportunidade para achegarse ao coñecemento e valorización do termalismo como un elemento integrante da cultura de Galicia dende os tempos máis remotos e, especialmente, para afondar na difusión do balneario de Caldelas de Tui, un establecemento con case dous séculos de historia e que dota ao municipio dun valor engadido que se suma ao seu patrimonio e paisaxe.

          Segundo o programa, as xornadas iniciaranse ás 20 horas do luns coas intervencións de Moisés Rodríguez Pérez, alcalde Concello de Tui; Juan Gestal Otero, Decano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e director da Cáteda de Hidroloxía Médica USC – Balnearios de Galicia, e Ana Rodriguez Ruiz, Directora do Balneario de Caldelas de Tui.

Ás 20:15 horas tratarase zobre “Un capítulo da historia do termalismo galego: o balneario de Caldelas de Tui”, por Luis Alonso Álvarez, Catedrático de Historia e Institucions Economicas. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Universidade da Coruña.

Ás 20:35 horas o tema a considerar será “Indicacións sanitarias das augas do balneario de Caldelas de Tui, por Elias Festa Cayuela, director medico do Balneario de Caldelas de Tui.

Ás 20:55 horas celebrarase unha Mesa redonda sobre a “Tradición e cultura termal en Galicia”, coa presenza de Luis Rodriguez Míguez, codirector da Cátedra USC – Balnearios de Galicia; Luis Alonso Álvarez; Noelia Cabarcos Novás, directora da área termal do Balneario de Mondariz. Actuará como moderador Benigno Amor Barreiro, Xerente da Asociacion de Balnearios de Galicia.

Ás 21:45 horas será o peche da xornada

A asistencia a esta sesión é libre e gratuíta para todas as persoas interesadas.

A exposición “O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia”, que se poderá visitar ata o 17 de setembro na Sala Municipal de Exposicións, articulada en bloques cuxos temas son o rexurdimento dos balnearios galegos no tempo da Ilustración e continuando cos balnearios liberais (1808-1874), Restauración e Belle Époque (1875-1914), ditadura de Primo de Rivera, República e posguerra, a recuperación destes establecementos durante a transición, os principais balnearios galegos na historia, a vida cotiá dos bañistas, a arquitectura destes espazos, as augas embotelladas e outras actividades industriais e a publicidade.

Esta exposición está organizada pola Asociación de Balnearios de Galicia, co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e o Concello de Tui.

       

II Proba Automobilística de Habilidade “Virxe das Dores” na fin de semana en Guillarei

Esta fin de semana celébrase en Guillarei a II Proba Automobilística de Habilidade “Virxe das Dores”. Terá lugar tanto mañá coma o domingo nos terreos a carón do cemiterio municipal a partir das catro e media da tarde.

Esta actividade está organizada polos Amigos da Xincana que informan que haberá premios en metálico para os tres primeiros e trofeos para todos os participantes

 

Venres, 2 de setembro de 2011    

Verán estraño con menos afluencia de turismo pero mellor do previsto

Este foi un verán estraño en moitos sentidos, non só polo tempo que non acompañou senón tamén polo número de visitantes que houbo na zona, onde o turismo nacional, e especialmente galego foi o que predominou. Os distintos establecementos implicados no sector turístico na cidade fixeron onte balance no programa “Día a Día” conducido por Jose Font na Radio Municipal.

No Centro de Visitantes do Parque Natural do Monte Aloia, a súa responsable Geles Giráldez, recoñecía que foi máis frouxo este verán que os precedentes. A chegada de visitantes fíxose de xeito máis repartido ao longo dos meses de xullo e agosto, e non tan concentrado en agosto coma acontecía anteriormente.

O monte Aloia é un dos buques insignia da cidade. Outro é a Catedral. Jose Ramón Fernández explicaba que baixou preto dun 25% o número de visitantes, sobre todo no mes de xullo, con respecto ao ano pasado. Sinalaba que os días con mal tempo inciden negativamente no número de turistas. Este ano notan tamén un descenso importante no número de peregrinos, e tamén notan que o turismo é máis de paso, que vén exclusivamente á Catedral e logo  vai a outros lugares.

Nos establecementos hostaleiros o balance é dispar. No restaurante O Novo Cabalo Furado, o seu xerente Manuel Cerviño explicaba que o verán foi menos malo do que se esperaba, referíndose ao mes de agosto, agarda agora que no mes setembro cheguen aínda turísticas que outros anos adoitan ser maior capacidade adquisitiva. Salientaba que este verán houbo un incremento do turismo nórdico. O que si se notou foi contención do gasto, como exemplo citaba que vendeu 20 caixas menos de viño ca outros anos.

Noutro dos restaurantes da cidade, o Silabario do Hotel Colón, o seu xerente Alberto González, cualificaba o verán de extraño climatolóxicamente o que afecta directamente ao sector. Explicaba que o traballo este ano está a picos, un día non  teñen a ninguén e outro día están a tope. O mesmo balance extrapólao tamén ao Hotel Colón, onde houbo quince días entorno a ponte de agosto que si traballaron ben.

No Hotel Alfonso I o seu xerente Jesús Giráldez, comentaba que en xullo e agosto non se chegou a ocupación doutros anos nestas datas, xa que aínda que rozaron algúns fin de semana o 100% a meirande parte do tempo estiveron ao 80%, pero aínda así foi mellor do que se agardaba dada a actual situación económica. Este ano notaron un incremento no número de peregrinos que pasaron a noite neste Hotel, o que fixo incrementar a facturación no restaurante.

David Villar, director do Parador de Turismo, indicaba que este ano influíu que o último domingo de agosto fose 28, o que motivou que a xente non quedara ata finais de mes. Tamén notaron retraemento no consumo

No Balneario de Caldelas, a súa directora, Ana Rodríguez, explicaba que este verán foi mellor que o de 2010. Sinalaba que tamén hai que ter en contra que este establecemento ten unha clientela un pouco distinta, e destacaba que teñen nova clientela que vai descansar.

Buscamos tamén o balance para as empresas de turismo activo onde o balance sí que varía moito. Dende Verde Azul, Mercedes Martín, salientaba que xullo foi moi parado, pero que agosto repuntou. Tamén apuntaba que o non foi tan malo como se agardaba. O turismo que rexistran é sobre todo nacional, pero cada vez chegan tamén máis estranxeiros.

Outra das empresas de turismo activo que hai en Tui é Aquamiño-Tamuxe Kayak. Javier Dopico, un dos responsables da mesma agardaba que setembro poida  que arranxar o verán, porque en xullo e agosto o tempo foi malo, o que influíu notablemente. De todos os xeitos están máis o menos satisfeitos nas diferentes actividades que ofrecen. Este ano tiveron afluencia de turismo francés e suízo, e sobre todo galego.

A conclusión en definitiva é que o número de turistas en Tui baixou con respecto a outros anos, pero afortunadamente non tanto como se agardaba. Amais os visitantes que se achegaron foron comedidos no gasto, e procedían marioritariamente de Galicia e outros lugares de España.

 

Tui celebra na fin de semana as Xornadas Europeas da Cultura Xudía

Tui celebra esta fin de semana as cuartas Xornadas da Cultura Xudía organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Tui. O programa previsto inclúe unha exposición, visitas guiadas e un xantar.

Esta actividade foi presentada onte ao mediodía na Casa do Concello polo alcalde, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, e o director da Biblioteca Municipal, Rafael Sánchez Bargiela.

Neste acto púxose de manifesto que as anteriores edicións foron un éxito de participación, polo que se fala xa da consolidación das xornadas. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer e pór en valor todo o patrimonio que ten Tui vinculado a presenza xudía na cidade, da que aínda que quedan poucas constancias patrimoniais si as hai de xeito documental coma explicaba Rafael Sánchez Bargiela. Nese senso referíase a que Tui foi unha das comunidades xudías máis importantes de Galicia. Na cidade había sinagoga, cemiterio, e comunidade xudía por toda a cidade e non concentrada nun so barrio.

Lembraba tamén que en Tui temos unha colección de Sambenitos, no Museo Diocesano, que son pezas únicas. Ou personaxes destacados coma Francisco Sánchez, cuxo pai era converso.

Precisamente na difusión destes elementos se van centrar as actividades da fin  de semana.

Pola súa parte a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, apuntaba que estas xornadas celébranse en 25 países europeos. Daba conta amais do programa previsto que comeza o venres ás oito da tarde coa inauguración dunha exposición na Catedral na que se reúnen fotografías dos elementos representantivos da presenza xudía en Tui, acompañadas de textos explicativos, que se poderá visitar ao longo de todo o mes de setembro.  Xa o sábado ás 12.30h haberá unha visita guiada polos lugares da memoria xudía en Tui que partirá da Praza do Concello. Ao mediodía celebrarán un xantar xudeu no Parador, e o domingo ás 11.30h repetirase a visita guiada.

Por último o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientaba que estas xornadas están xa consolidadas, indicando que “son unha forma de dar a coñecer e pór en valor o noso patrimonio”. Tamén puxo de relevo o interese do Concello en adherirse á Rede de Xuderías unha vez se levante a moratoria para novas incorporacións. Afirmaba que Tui ten un pasado que hai que pór en valor, porque o futuro tamén pode vir do pasado.

Visita guiada

As visitas guiadas previstas, o sábado ás 12.30h e o domingo ás 11.30h, partirán da Casa do Concello para visitar no Museo Dioceano os Sambenitos, e logo achegarse ata a Catedral onde entre outros elementos verase no Claustro o Menorah ou candelabro de sete brazos. Posteriormente a visita continuará por distintas rúas do casco histórico vinculadas á presenza xudía na cidade coma rúa Entrefornos onde houbo unha carnicería, o una Canicouva, onde coma novidade visitarse un patio da época no interior dunha casa. O percorrido rematará na Casa Negra para ver a Torre dos Xudeus , que é un dos cubos que se conserva da muralla.

 

O equipo redactor do PECH documentará a muralla tudense, para o que o alcalde solicita a colaboración dos veciños co acceso ás súas vivendas

Membros do equipo redactor do Plan Especial do Conxunto Histórico visitarán próximamente vivendas situadas nesta zona principalmente nas rúas Sanz, Cuenca, Seixa e Tyde para documentar a presenza e estado de conservación da muralla tudense. Desta visita informa o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, aos veciños nunha carta na que lles solicita que permitan a estas persoas, que irán debidamente identificadas, o acceso á súa propiedade para poder realizar este traballo.

Na misiva o rexedor apunta que “a redacción e posterior aprobación do Plan Especial do Conxunto Histórico é a principal ferramenta que posuiremos para a conservación deste conxunto patrimonial”. Engade que na súa redacción é precisa a colaboración de todos os veciños e veciñas do casco histórico permitindo, neste caso, o acceso aos técnicos para elaborar o traballo de documentación, e posteriormente coa presentación de suxestións ao documento cando se atope en exposición pública.

 

Descenso do Miño Virxe da Rocha este sábado

Este sábado, 3 de setembro, celébrase o XXXIV Descenso do Miño Virxe da Rocha organizada polo club de Piragüismo Penedo de Caldelas.

A saída será ás cinco da tarde dende o paseo fluvial de Salvaterra de Miño, e a chegada estará na ribeira de Caldelas, a altura do Penedo.

Participarán embarcacións k1, k2 c1 e c2 nas categorías de infantís, cadetes, xuvenís e seniors que se disputarán 108 trofeos. Amais os cinco primeiros clubs clasificados terán tamén trofeo.

O Descenso do Miño “Virxe da Rocha” vense celebrando de xeito ininterrompido dende agosto de 1978, record que na provincia só é igualado polo Trofeo Príncipe de Asturias.

 

Os veciños de San Bartolomé, Palláns, Olivas e Calzada reclaman a instalación de semáforos na Concordia

Os veciños das rúas San Bartolomé, Palláns, Olivas e Calzada presentaron no día de onte un escrito no rexistro xeral do Concello de Tui reclamando a regulación do tráfico na Avenida da Concordia. Fan referencia no escrito ao acordo plenario tomado nese sentido o 27 de xaneiro deste ano no que se facía especial referencia ao cruzamento das Olivas, e onde se daba conta da existencia dun proxecto de instalación de semáforos na intersección entre Canónigo Valiño e a Concordia.

Os veciños reclaman que se leven a cabo á maior brevidade as obras necesarias para a instalación dos semáforos, tendo en conta o inminente inicio do curso escolar.  Por último lembran ao Concello que o problema da seguridade vial no cruzamento das Olivas é cada vez máis importante pola intensa circulación que existe na zona, o que din representa un perigo para os cidadáns que transitan por este cruzamento.

 

Semana Cultural da Guía en Randufe

            Esta fin de semana prosegue a Semana Cultural da Guía en Randufe organiza pola Asociación Cultural Xuntanza. As actuacións están previstas no adro da Guía, pero en caso de choiva trasladaríanse á Casa Cultural.

Esta noite volve á Randufe o grupo asturiano Los Nocheros que actuará a partir das nove e media. Mañá sábado será a noite de playbacks tamén a partir das 21.30h e o domingo ás 11h sairá do adro a Marcha ciclista, e pola tarde terán inchables, festa da espuma e baile galego cos grupos de Ribadelouro, Pexegueiro, e Randufe.

A Semana Cultural prosegue ata o martes día 6, dando paso despois ás festas na honra á Virxe da Guía.

 

Concertos de Juan Simón, I am a man e Ras Mael

            Distintos locais de Tui nos ofrecen concertos esta fin de semana.  Hoxe venres ás once e media da noite na Praza de San Fernando actuará Juan Simón e Gonzalo Campanella, nun evento musical organizado polo Café Bar Cultural Adega.

En la Fábrica de Tui actúa esta noite I am a man, e mañá sábado será a quenda de Ras Mael.

Por último en la Fabriquería, na Avenida da Concordia, teñen esta noite unha Jam Sesion.

 

Xoves, 1 de setembro de 2011    

Presentación das XII Xornadas Europeas da Cultura Xudía

Ás 12.30 horas de hoxe terá lugar na sala de reunións do Concello de Tui a presentación das XII Xornadas Europeas da Cultura Xudía que na fin de semana se van celebrar na cidade.

A presentación do programa previsto correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e da concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez.

  

Distintas medidas da Concellería de Tráfico de Tui

A Concellería de Tráfico do Concello de Tui informa de distintas cuestións relativas ao estacionamento e regulación do tráfico na cidade.

Por unha parte da conta de que hoxe xoves, coincidindo co mercado semanal, habilitaranse ata ás tres da tarde os aparcamentos dos institutos San Paio e Francisco Sánchez e do Conservatorio. Deste xeito preténdense facilitar o estacionamento as persoas que se achegan á cidade nesta data de maior concorrencia de xente ao centro urbano.

Por outra parte a Concellería de Tráfico informa que na rúa Rosa Bahamonde está prohibido o xiro á esquerda cara o cruce con Augusto González Besada, tal e coa indican as sinais instaladas nesta vía. Ao circular por Rosa Bahamonde a dirección obrigatoria é cara o cruzamento co Paseo da Corredoira.

Amais infórmase da prohibición de estacionar en toda a Porta da Pía tal e a coma indica a nova sinalización instalada. Por outra banda na rúa Ordóñez habilitouse unha nova zona de carga e descarga en horario de 7 a 14h.

Por último dáse conta que a Policía Municipal aínda non está sancionando polo incumprimento destas medidas pero o fará en breve a aqueles vehículo que non cumpran coa ordenación del tráfico.

 

En 12 días comeza o novo curso escolar

Quedan 12 días para o comezo do novo curso escolar en infantil e primaria. Os máis pequeno non serán este ano os primeiros en incorporarse as aulas, xa que abre o curso 2011/2012 os universitarios que co novo calendario inician o curso o próximo luns día 5. Os últimos en volver aos centros educativos serán os estudantes de bacharelato e ciclos formativos que o farán ao longo do mes de setembro.

En Tui previo o comezo das clases ultímanse nos centros educativos as últimas labores de mantemento que se realizan cada verán, consistentes en arranxos de pequena índole e pintado de aulas principalmente.

A concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez, está centrada estes días en preparar os centros educativos para o inicio do curso escolar, satisfacendo así as solicitudes feitas polas directivas e anpas dos CEIP’s. Recoñece que o concello pode acometer so as tarefas de mantemento e para aquelas reformas maiores solicitadas por algún centro dependen da Consellería de Educación, que é a quen competen este traballo.

Na actualidade nos colexios traballan 4 brigadas de desbroce, dúas brigadas de albanelería e unha de fontanería acometendo as últimas reparacións.

        Con respecto as obras acometidas destacaba a ampliación da zona de actividades extraescolares no CEIP nº 2, e cambio de lugar da biblioteca e habilitar unha nova sala de profesores no CEIP de Pazos de Reis.

        Amais no CRA tiveron que realizar unha obra importante para reparar un falso teito que caira. E pendente queda a construción dun novo colexio en Pazos de Reis, e habilitar un novo patio  para o CEIP nº2 necesario ante o importante número de alumnado que teñen que chega case aos cincocentos nenos e nenas.

Con respecto ao novo centro para Pazos de Reis explicaba Vanesa Rodríguez está aínda en tramitación a adquisición da finca da Lagarteira, e posteriormente será a Consellería de Educación quen teña que estudar o proxecto construtivo.

Por outra parte están coordinándose coa Delegación Territorial de Educación para implantar o proxecto ABALAR nas Aulas de 6º de Primaria nos centro onde o ano pasado se puxo en marcha esta iniciativa. Tamén están buscando unha nova sede para o CRA xa que a actual no CEIP nº2 está quedando pequena ante o aumento do profesorado.

Entre as novidades deste novo curso destacaba por outra parte o cambio dos directores do CEIP nº2 e de Pazos de Reis por xubilación das persoas que ocupaban o cargo nos últimos anos.

   

Pandereteiras e danza oriental hoxe na Semana Cultural de Randufe

        O grupo de pandereteiras de Taborda Cacharela abre ás nove e media desta noite a programación prevista para hoxe no marco da Semana Cultural de Randufe organizada pola Asociación cultural Xuntanza.  Logo actuará o grupo de danza oriental “Aromas de Oriente”. Se o tempo o permite sera no adro da Guía, se chove terá lugar na Casa Cultura.

 

O Club Xadrez Tui inicia as súa actividade con cen socios e Escola Municipal deste deporte

A promoción do xadrez entre a poboación tudense é un dos obxectivos con que parte o Club Xadrez Tui, de nova creación, que foi presentado onte na Casa do Concello de Tui.  O acto contou coa presenza do alcalde, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, así coma do presidente e tesoureiro do club, Luís Fernández e Emilio Pazo xunto a Roberto Páramos, promotor de Xadrez Galego.

O Club Xadrez Tui marca entre os seus obxectivos a creación dunha Escola Municipal deste deporte, que terá a súa sede no novo pavillón municipal tudense. Entre as actividades que van desenvolver figuran as partidas simultáneas os domingos de 11 a 13h no Paseo da Corredoira, que comezaron xa na fin de semana pasada, e que se van manter mentres o tempo o permita. Amais co gallo das festas de San Telmo organizarán un Torneo de Xadrez.  Buscan tamén formar equipos para competir tanto na liga galega coma a nivel nacional, segundo explicaba o seu presidente Luís Fernández.

O tesoureiro do Club Xadrez Tui, Emilio Pazo, destacou que este é “un proxecto ilusionante” promovido por un grupo de xente que leva moitos anos practicando este deporte, e máis de dez anos en competición federada.  Co club, explicaba que, buscan dar unha nova dimensión a un proxecto que inclúe unha escola e animar á xente a interesarse por este deporte.

Roberto Páramos, promotor de Xadrez Galego, falou dos beneficios demostrados do xadrez xa que mellora a concentración e a memoria e “axuda a crecer coma persoa”. Sinalou amais que “Tui conta con máis de cen persoas que xogan ao xadrez polo que a Escola é xa unha das máis importantes de Galicia”. Fixo referencia asemade ao alto nivel de xogadores que hai na cidade coma Paco Carrera, campión Galego, e David Ocampo que vén de participar no campionato de España de xuvenís Adiantou tamén que o actual campión de España, que reside en Ponteareas, amosou a súa disposición para participar nas actividades que se organicen en Tui.

O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo Montes, explicaba que “o de hoxe é un día importante pola presentación de novos clubs que nacen no Concello”, por este motivo felicitou aos organizadores por esta iniciativa.  Cualificou a idea de “fabulosa”  pondo os medios ao seu alcance para que saíse adiante.

Por último o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, amosouse encantado polo nacemento deste novo club, indicando que “hai que apostar polo deporte nunha cidade que xa é un referente cultural”. Engadía o mandatario municipal que os éxitos deste club serán os éxitos de Tui. Mencionaba por último que “é importante que teñamos campións, que teñamos xente que vaia representando a nosa cidade. Pero sobre todo si conseguimos mellorar a calidade de vida das persoas que viven en Tui para nós tamén é algo moi importante, sobre todo que se faga ao través de algo tan divertido coma unha partida de xadrez”, referíndose así aos beneficios que pode ter este deporte.

As clases do novo club impartiranse no novo pavillón deportivo tanto no nivel de iniciación coma de perfeccionamento. A inscrición ábrese a mediados de setembro.Toda a información desta nova entidade deportiva pódese consultar en www.xadreztui.org