www.galiciasuroeste.info

CHEGADA DOS PP. SOMASCOS A VILA DA GUARDA

Impresións persoais

anterior

por José A. Uris Guisantes

 

Hospital Nicolás Peña

Na miña memoria figura a procesión do Corazón de Xesús e de María, procesión multitudinaria de nenos vestidos de cardeais na propia casa dos Alonso, dirixido por dona Consuelo e mulleres de Acción católica, Hijas de María, etc.,. debía ter eu uns sete anos.

 

Vestidos de curiñas ou de cardeais na procesión do Sagrado Corazón de Xesús e María en 1950. José Antonio e Eduardo Uris Guisantes á idade de 7 e 6 anos na porta de entrada a igrexa parroquial despois da procesión.

O derradeiro curso que estudei nos Somascos xa foi na casa de do Bernardo Alonso, onde estivera durante bastantes anos a Sociedade Recreo Artístico Guardés. Os alumnos de bacharelato tiñamos como aula a que fora a sala de xogos e bar do Recreo. O ximnasio estaba nas antigas “cocheras” dos Alonso, logo ao saír ao patio podiamos contemplar as hortas, flores e beber auga dun pozo tradicional, neste último ano da miña estadía chegara un hermano Somasco (creo que era un tal padre Franco) delgadiño pero chuleta, que repartía “leña” a man salva, nunha destas “trifulcas” ao saír ao patio supúxonos a uns seis alumnos a expulsión por cinco días do Colexio.

Eduardo Uris Guisantes nos Actos de San Xerome Emiliani en 1959

Tamén fixemos excursións a Santiago de Compostela e ó Trega como clases de formación.

Parte dos alumnos que acudiron a visitar Santiago en 1959. Paréceme que a señora da fotografía era a nai de Tomás López. O cura é o hermano Franco e tamén está Manolo Coedo

Alumnos do colexio dos PP. Somascos polos anos 60 coa profesora Loli Valderrama (Foto de Tino de Camposancos)

En 1965 o párroco da Guarda, don Francisco Sáa Aldir, acompañado polo padre Orestes Caimotto, co beneplácito da Corporación Municipal que presidía don José Luís García Pérez acoden a Madrid co obxecto de recibir o Vº e Prace  para poder comezar a construcción dun Colexio nas antigas propiedades de don Bernardo Alonso Martínez na rúa Vicente Sobrino. En 1966 o Ministerio de Educación y Ciencia concede un préstamo de seis millóns de pesetas para poder construír o Colexio, a parte dos donativos entregados por cidadáns e familias.

D. Francisco Sáa Aldir párroco da Guarda en 1966, en vista de inspección as obras do Colexio. De paisano e con gafas Arístides Moreira Portela responsable da empresa constructora. Fotografía de Basilio Moreira Carrero.

Antes da inauguración do Colexio o Padre Orestes Caimotto foi nomeado, o 6 de xuño de 1967. “Hijo Adoptivo de La Guardia”. Tamén estaba en posesión da Cruz de Alfonso X el Sabio.

Outro aspecto da visita  ó Trega no outono de 1959.

 

 

Nas escaleiras do Pico de San Francisco

O 5 de novembro de 1967 inaugúrase o Colexio oficial d e San Xerome Emiliani dos P.P. Somascos na Guarda coa asistencia do Sr. Bispo da diocese e autoridades locais e provinciais. Un 29 de decembro de 1968 foi inaugurada a capela do Colexio na honra de San Xerome. Hoxe o Colexio de A Guarda esta  dirixido por don Angel Luís Airas.    

anterior

José A. Uris Guisantes