PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

DEMOGRAFÍA

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

CON

VOZ

PROPIA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRES

ENLACES

 EMPREGO

Predición de MAREAS

*

 

 

galiciasuroeste     

                         Tomiño     (Beti Rey)
Programa Experimental de Recolocación: Centro de Formación Ocupacional O Regatiño (Goián). Teléfonos 986 621 420 ou 986 621 328.

 

Se vende Ático en Goián

Más información AQUÍ

Se vende terreno en Tomiño bien situado. Edificables 2 casas. Buen precio.

Teléf.: 647 086 749.

Se alquila finca en la zona de Tomiño a 500M de carretera general  superficie 2.900M para actividades agrícolas,  parcela soleada y llana

Teléf.: 666 46 76 31

Venres, 4 de xullo de 2008

Citas en Tomiño

    Mañá, sábado, a partir das once da noite celébrase no recinto de Festas de Amorín o III Serán. Participarán grupos de música tradicional galega e portuguesa, pandereteiras, gaiteiros, charangas, ranchos e treboadas

    Este domingo o torreiro da Igrexa de Currás acolle a IV Festa homenaxe aos maiores organizada pola Asociación de Veciños “Os Medos”. Os actos comezan ás 12.15  cunha Misa solemne e procesión da Virxe. Ás dúas comezará o xantar ao aire libre no que haberá polbo á feira, carne ao caldeiro e empanada.

    O domingo celébrase en San Benito das Marabillas, entre Areas e Sobrada, a II Festa gastronómica da Empanada Caseira. Será a partir das 10 da mañá no recinto da capela amenizada polo dúo M3.

 

O grupo municipal do partido popular en tomiño considera unha “farsa” a actitude do grupo de goberno respecto ó vial de alta capacidad

O portavoz do Grupo municipal do Partido Popular  califica de “insólito” o que está acontecendo no Concello de Tomiño respecto ó vial (tramo II Tomiño – Goián) agora denominado autovía.

Considera que as declaracións realizadas no último Pleno pola alcaldesa, Sandra González e polo portavoz do PSOE Santiago Vergara onde afirmaban non coñecer o trazado do Vial non responde a verdad  toda vez que o pasado día 2 de xuño foron recibidos pola Conselleira Mª José Caride  para explicar a transformación do vial en autovía. Son coñecedores polo tanto, das alternativas posibles e ese era o momento de esixir a inmediata exposición pública do proxecto.

Unha actuación tanto do Grupo de goberno como  por parte da Xunta basada na “ocultación”  reforzada polo  feito de que o proxecto que chegou aos concellos –entre eles Tomiño- foi retirado de inmediato. O oscurantismo desta tramitación  e esta dilación no tempo demostran a nula credibilidade da Consellería cando anunciou a inmediata publicación do estudio informativo e de Vergara cando tivo a ousadía de anunciar que o día 30 de xuño dito estudio estaría a disposición do público nas dependencias do Concello.

A alcaldesa e Vergara amosan a súa incapacidade de cumprir co compromiso adquirido da publicación inmediata o que pon en evidencia o pouco peso político que a ambos lles otorga a responsable da Consellería de Obras Públicas. É lamentable que Tomiño aínda non teña os proxectos mentres que os concellos do Rosal, A Guarda e Tui xa dispoñen dos planos referidos aos seus respectivos concellos coas afectacións posibles e as obras que se van a realizar.

Dende o Grupo municipal presentarase unha moción no Concello onde o Pleno acorde esixir á Xunta  a inmediata exposición publica do treito 2 que une Goián co límite de  Tui  (18 km) . Asemade, o deputado popular César Pérez Ares pedirá a comparecencia no Parlamento da conselleira Caride para esixirlle que cumpra o compromiso acadado na súa comparecencia parlamentaria de novembro de 2007 onde manifestaba que se iniciarían as obras inmediatamente e se deixe de enredar con anuncios que semellan non ter fin  iniciando canto antes as obras do novo Vial para evitar un novo verán “horribilis para os usuarios da saturada estrada comarcal PO 552..

Por todo elo o Grupo municipal reclama total transparencia –como xa fixera o anterior executivo galego do PPdeG- de xeito que os proxectos que baralla a Xunta para estes treitos poidan ser coñecidos por todos os veciños.

 

Xoves, 3 de xullo de 2008

Orde de busca e captura para o propietario de Marbar

    Unha orde internacional de busca e captura pesa contra Manuel Martínez Barros, o propietario de Marbar que desapareceu o pasado 21 de xaneiro, deixando aos traballadores na rúa, débedas a provedores, subcontratadas, e a propietarios que lle tiñan comprado un inmoble en situación dubidosa.

    Segundo recolle o xornal Faro de Vigo a xuíz do Xulgado de Instrución Número 2 de Tui ditou esta orde internacional de busca e captura que foi enviada ás oficinas en Madrid da Unidade de Coordinación Policial Internacional que engloba aos corpos dirixidos pola Interpol, a Europol e a Sirene.

    A maxistrada atende así a denuncia presentada en maio pola Fiscalía de Delitos Económicos de Vigo, que considera que hai indicios suficientes de alzamento de bens e de que o empresario puido planificar a súa desaparición tras apropiarse de cartos das sociedades que tiña depositados en varias contas bancarias.

Serafín Fernández, da CIG, valoraba positivamente na RMT a orde ditada pola xuíza.

    En canto á situación  do caso Marbar están a espera das sentencias do distintos xuízos que se teñen celebrado até o momento, houbo tamén un procedemento de embargo dos bens, que apareceron máis dos que contaban os traballadores polo que amosan a súa satisfacción.

    Algúns deses bens teñen xa cargas, pero aínda así é unha boa nova xa que haberá máis patrimonio co que facer fronte ás débedas da empresa, tanto cos traballadores coma cos provedores.

    Medio ano despois os traballadores seguen a facer garda nas instalacións da empresa, que permanece precintada, para que non se deterioren e non perdan o seu valor.

    Na actualidade pouco máis do 60% dos traballadores están recolocados. Os datos foron transmitidos ao Concello de Tomiño que puxo en marcha un Plan Experimental de Emprego para recolocar aos traballadores que quedan.

 

O goberno de Tomiño preocupado pola tardanza en definir os trazados do vial de Política Territorial

A Xunta de Goberno local de Tomiño, formada por representantes do BNG, CdeT e PSOE, acordou, onte, comunicarlle á conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, as súas queixas pola demora e falla de información ao respecto do trazado da autovía Tui – A Guarda ao seu paso por este concello.

Segundo o acordo do goberno local ‘a Consellaría de Política Territorial incumpriu os prazos que eles mesmo fixaron, e xa é hora de que fagan gala da súa responsabilidade, den a cara e se poñan a exposición pública, dunha vez por todas, os trazados que afectan aos veciños e veciñas de Tomiño’. Engaden ademais desde o goberno local que ‘esta desinformación, creada pola tardanza en expoñer os trazados, está provocando un gran malestar entre os habitantes do concello que ignoran as posíbeis afeccións’.

Por outra parte, segundo nota remitida polo goberno local, adiantouse que os veciños e veciñas de Tomiño, van ter a oportunidade de coñecer en profundidade os trazados unha vez que estean a exposición pública, xa que se vai poñer a disposición dos mesmos unha oficina técnica encargada de explicar e cumprimentar aquelas alegacións que os veciños queiran presentar. O goberno local traballará para que o trazado elexido sexa o menos prexudicial para o concello e os seus habitantes.

 

Mércores, 2 de xullo de 2008 

Exposición sobre o cambio climático en Tomiño: o noso mundo, o noso futuro, a nosa opción

A partir do día 3 de xullo estará aberta en Tomiño unha exposición sobre o cambio climático organizada pola Consellería de Medio Ambiente en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente. Esta exposición ten como obxectivo procurar a toma de conciencia dos cidadáns sobra as consecuencia do cambio climático. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente. Na exposición os visitantes poderán calcular canto diminúen as emisións de CO2 facendo uso da bicicleta ou comprobar como se produce enerxía eléctrica cunha pila de hidróxeno. A exposición estará aberta ata o día 15 en horario de 11 ás 13 h e de 17 ás 20h, de luns a venres, habendo a posibilidade de concertar visitas en grupo, que contarían co acompañamento dun monitor.

            A exposición complementarase cunha conferencia a cargo do Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Manuel Fernández Suárez, o lúns, 7 de xuño ás 20 h.

  

O Filminho engloba a formación e a produción nun Curso de Verán da USC

    Baixo o título de Filminho 2008: reflexións sobre o audiovisual galego e portugués englobarase o conxunto de todas as actividades dedicadas á formación e á produción do Filminho. Unha proposta dirixida polo profesor Carlos Quiroga que conseguiu o respaldo da Universidade de Santiago de Compostela dentro das súa oferta de Cursos de verán 2008.

    O Filminho, a festa do audiovisual galego e portugués vai a celebrar a súa primeira edición do 22 ao 27 de xullo en Vila Nova de Cerveira e en Goián (Tomiño), un evento que adquire o cualificativo de internacional porque decorrerá ao mesmo tempo a ambas ribeiras do Miño. Este festival aspira a converterse na cita de convivio entre os creadores e público dos dous países, unha ponte dinámica para propiciar as relacións culturais transfronteirizas. Esta configuración tamén lle outorga a este curso de verán un campus carácter internacional pleno.

    Con este propósito tamén se quere reflexionar sobre os últimos pasos que están a dar as dúas cinematografías, apostando, de maneira declarada, polo talento dos novos creadores, polas fórmulas de produción con independencia da industria e indagar nas potencialidades do territorio como definidor de identidades. Estes tres fíos son os que tecen a programación deste curso de verán que contará con ampla representación de ensinantes e realizadores de ambos lados da raia para establecer unha dialéctica máis fructífera.

    O prazo de inscrición xa está aberto. Desde o 21 de maio os interesados xa se poden inscribir a través de internet (http://www.usc.es/cultura/cveran08.htm), desde o 11 de xuño ao 11 de xullo poderase facer a matrícula de maneira presencial ou por correo ordinario. Filminho, reflexións sobre o audiovisual galego e portugués conta con 30 horas lectivas (23 aulas + 15 sesións con proxeccións + 6 galas especiais + 6 actividades de lecer) cun prezo de inscrición de 70 euros. Facer a matrícula do curso serve para asistir de balde a todas as proxeccións retirando previamente as entradas de cada sesión. Tamén os participantes contarán cun seguro académico e a posibilidade de conseguir créditos da universidade. O curso ten prazas limitadas de 80 alumnos.

    Os participantes no Curso de Verán tamén serán decisivos no rumbo do Filminho, e por ende, do cinema minhoto, porque serán responsábeis na puntuación do Fórum de Creadores. O programa do Filminho: reflexións sobre o audiovisual galego e portugués ten un deseño para poder achegarse dun xeito distendido a un público novo e interesados nas novas tendencias audiovisuais que están enraizando no occidente peninsular.

 

O Partido Popular de Tomiño denuncia o estado lamentable de varios espacios verdes no concello

O portavoz do Grupo municipal do Partido Popular, César Pérez Ares, considera que o estado actual de moitas zonas verdes do concello están nun estado de “abandono total” o que demostra, di o edil, que a alcaldesa e o concellleiro teñen pouco ou nulo interés por manter un concello limpo e atractivo tanto para disfrute dos seus habitantes como para as persoas que día a día o visitan.

Cabe resaltar, a modo de exemplo, continúa o escrito de Pérez Ares, a rotonda de Goián, espazo acotado e  ben visible a todos os transeúntes e automovilistas, que presenta un estado total de abandono. Tal é asé que a zona axardinada que embelecía este lugar vese invadida de “malas herbas” presentando un aspecto que evidencia a desatención de que é obxecto.

Na entrada de Tomiño, á altura da parroquia de Forcadela, -na intersección das dúas estradas-  existía un escudo co nome de Tomiño que indicaba a entrada ao Concello. Agora, herbas de gran tamaño tapan a figura do escudo e o nome do concello ofrecendo unha imaxen que indica a desidia que afecta a este goberno que non é capaz de mostrar unha preocupación pola imaxen que se está a proxectar a todos os que diaria ou ocasionalmente percorren este traxecto.

O mesmo sucede en moitas parroquias do concello, onde silveiros e herbas invaden as calzadas impedindo ou dificultando o tránsito normal dos viandantes e vehículos.

Dende o Grupo Popular consideran que  a alcaldesa e o concelleiro delegado desta área cobran uns soldos suficientemente importantes como para sentirse obrigados a ter un concello limpo e digno por respecto aos seus habitantes e a todas as persoas que, sobre todo na época estival, veñen a disfrutar do municipio.

Por todo elo o Partido Popular insta ao concello a dirixirse á Consellería de Traballo para a inmediata posta en marcha do Plan de Cooperación e que se proceda a  contratación de persoal de xardiñería. 

 

A moción sobre as normas do Hábitat pon de manifesto, unha vez máis, as diferencias no tripartito tomiñés

O portavoz municipal do Partido Popular César Pérez Ares, considera que as diferencias no tripartito de goberno en Tomiño son unha realidade e asií quedou de manifesto no pasado Pleno onde o Partido Popular presentou unha Moción onde se criticaban as novas normas do Hábitat da Consellería da Vivenda que entran en vigor o día 1 de xullo do ano en curso e que obriga a modificar o planeamento urbanístico de moitos concellos e o mesmo tempo vai encarecer as novas vivendas e que vai a supoñer, se cabe, unha maior paralización da que xa actualmente esta a afectar ó sector da construcción.

A moción foi aprobada cos votos de Alternativa Tomiñesa e a abstención de CdT.

Para o portavoz  popular é moi significativo o feito de que mentras  o concelleiro de Urbanismo, Benítez (BNG) defendía con vehemencia estas normas do Hábitat, o seu socio de goberno, Castiñeira (CdT), realizaba unha detallada e pormenorizada crítica sobre as mesmas mostrando o seu rexeitamento.

Para o Partido Popular as novas normas do Hábitat consisten en confundir calidade con superficie, obriga a moitos concellos á modificación do planeamento urbanístico, van a traer consigo un maior  encarecemento das novas vivendas -entre un 25 e un 30%- e supoñen unha clara intromisión no ámbito municipal. 

Ao mesmo tempo as Comunidades de Propietarios tamén se verán afectadas pola nova norma xa que vai condicionar o mantemento, conservación e rehabilitación dos edificios.

 

 

Venres, 27 de xuño de 2008 

X Aniversario da Agrupación Musical de Goián

    A Agrupación Musical de Goián celebra o seu décimo aniversario, e hoxe mesmo vaino facer, ás 21.30h, cunha exposición de fotografías, a proxección dun vídeo e un concerto-presentación da Banda Infantil no Auditorio de Goián.

    Mañá sábado, ás seis da tarde, terán xogos populares, e ás 21.30h ofrecerá un concerto a Agrupación Musical de Goián coa presenza de ex compoñentes.

  

O concello de Tomiño e a Escola Superior Gallaecia asinan un convenio de colaboración

O Concello de Tomiño e a Escola Superior Gallaecia, de Vilanova de Cerveira, asinaron un convenio de colaboración pola cal se comprometeron a promover o intercambio científico e cultural no ámbito do patrimonio cultural centrándose en cuestións de arquitectura, do territorio e da paisaxe.

O convenio recolle, entre outros aspectos, a publicación de traballos de investigación ou que a formación práctica dos alumnos se realice en Tomiño.

O protocolo ten unha duración de catro anos e comezarase por dar prioridade a posibles actuacións na Fortaleza de San Lourenzo en Goián.

Segundo a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, “este convenio é moi importante para ambas partes. Para o concello de Tomiño é un privilexio ter unha facultade de arquitectura a cinco minutos e aproveitar eses coñecementos no municipio a través da súa formación práctica. Ademais este convenio vén afianzar as boas relacións entre as dúas institucións”.

   

I Congreso de NNGG de Tomiño el 19 de julio

Tras haber celebrado una junta extraordinaria de NNGG de Tomiño el pasado día 18 de junio de 2008, la Junta Gestora Local presidida por Esteban González Miranda, ha convocado la celebración del I Congreso de NNGG de Tomiño. A dicha reunión ha asistido el Secretario Ejecutivo de Organización Provincial de NNGG, Fernando Domínguez Martínez, junto con otros miembros de juntas de otras localidades.

Para la celebración del mismo, se ha formado una Comisión Organizadora del Congreso, presidida por Francisco Javier de Saa Vilán, y le acompañan Beatriz Domínguez Ordóñez como secretaria y de vocal, Lidia Fernández Cruz.

El mismo se celebrará el próximo día 19 de julio, en los salones del Restaurante Nueva Colina de la misma localidad, a las 12 horas.

La Comisión Organizadora del Congreso, le remitirá una carta a todos los afiliados de NNGG de Tomiño, informando del proceso congresual de esta formación.

Con este congreso, la organización juvenil del Partido Popular de Tomiño, lo que pretende es hacer una renovación de su junta y ponerse a la altura de las circunstancias de lo que los jóvenes de esta localidad demandan.

El lema escogido por la Comisión Organizadora del Congreso para el mismo es “Liderando o futuro” acompañado del de “Tomiño a suma de tod@s”

 

Xoves, 26 de xuño de 2008 

Asemblea do Tomiño para elixir directiva

    O Tomiño F.C. celebra este domingo, ás 11 da mañá na Casa da Comunidade de Montes,  Asemblea para elixir a nova xunta directiva.

 

III Sardiñada Popular 2008 no eido da festa, en Vilachán

O sábado 28 de xuño, nas vésperas de San Pedro, terá lugar a III Sardiñada Popular 2008 no eido da festa, en Vilachán. Tendo como antecendente o éxito de anos anteriores, a Asociación de Veciños O Arbol volve a organizar esta xa coñecida sardiñada popular.

Haberá sardiñas, churrasco, criollos, prato e taza conmemorativos para levar, pan de millo, viño e auga. O número de invitacións é limitado.  As invitacións pódense mercar por adiantado na sede da asociación en horario de tarde ou a calquera membro da directiva. No día da festa estarán dispoñibles á venta as invitacións que queden sen vender por adiantado. 

A amenización da velada correrá a cargo da orquestra "Sensación", a mesma orquestra que animou o último magosto e que deixou un moi bo sabor de boca entre os asistentes. 

Tamén haberá unha cantina na que se poderán mercar refrescos, café e chupitos a precios populares.  

Poderase asistir a partir das 20.30 horas. A fogueira como é costume encenderase na medianoite.

 

O concello de Tomiño inicia o programa experimental de emprego para a recolocación dos extraballadores de Marbar e outros

O programa experimental de emprego para a recolocación de desempregados vai dirixido aos ex traballadores do Grupo Marbar e das empresas proveedoras ou subcontratistas deste grupo que estén desempregados. O programa tamén está dirixido a mulleres con problemas de integración laboral e desempregados de longa duración.

Para levar a cabo o programa, financiado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, contratáronse dúas técnicas en orientación e inserción laboral que, ata o 31 de marzo do 2009, facilitarán a cada un dos participantes unha orientación personalizada no proceso de busca de emprego así como,  no seu caso, formación ou prácticas axeitadas ás necesidades de persoal das empresas da zona ou zonas ata onde os usuarios estean dispostos a desprazarse para atopar un  posto de traballo.

Para a posta en marcha do programa, o Concello de Tomiño pon a disposición desta iniciativa o Centro de Formación Ocupacional O Regatiño, en Goián, ao que poderán dirixirse as persoas interesadas en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou ben, chamar aos teléfonos 986 621 420 ou 986 621 328.

Segundo a alcaldesa, Sandra González, deste xeito o concello de Tomiño cumpte co seu compromiso de apoiar aos traballadores e familias de Marbar na súa rápida reinseción laboral, poñendo a disposición deste colectivo e outros que estén interesados en usar este servizo, orientación e axuda para a súa pronta recolocación.

 

Tomiño e Vilanova de Cerveira estreitan lazos ao asinar un protocolo coa Escola Superior Gallaecia

O Concello de Tomiño e a Escola Superior Gallaecia asinan hoxe, ás 10.30 horas, un protocolo de colaboración. Este acordo permitirá a cooperación de ambas institucións en diversos proxectos. Deste xeito Tomiño e Vilanova de Cerveira estreitan lazos de amizade.

 

O  Circuíto  Cultural  do  concello  de  Tomiño  chega  a  Figueiró

O vindeiro domingo, día 29 de xuño ás 7 da tarde, o Circuito Cultural patrocinado pola Concellalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal do concello de Tomiño chega á parroquia de Figueiró.

A Asociación Centro Recreativo e Cutural de Figueiró será a encargada da organización deste evento cultural que terá, como protagonista, ao grupo “Djammal” representando un espectáculo de danza, teatro e circo con acrobacias, interacción co público e malabares.

É unha actuación para todos os públicos que terá lugar na Praza do Telleiro de Figueiró (no Centro Cultural en caso de chuvia).

 

Mércores, 25 de xuño de 2008 

Exposición das mulleres rurais de Tomiño

    A Xunta Directiva da Asociación de Mulleres Rurais “Santa María” de Tomiño, que este ano conmemora o seu décimo quinto aniversario,  organiza a XV exposición dos traballos realizados polas socias nos cursos que se levaron a cabo recentemente.

    Este ano, os traballos foron feitos nos obradoiros de:

    Manualidades: técnicas con area, estaño, porcelana en frío, pintura, decoración e restauración de obxectos.

    Patchwork, bordado a man, ganchillo, punto de cruz e textil / fogar.

    A inauguración terá lugar o venres 27 ás 19.30 horas e contará cunha pequena actuación e o saúda da presidenta.

    A exposición poderá visitarse na Casa da Cultura de Tomiño dende o venres e até o domingo.

     O horario de apertura da exposición será de 11 a 13h. e de 17 a 20 h.

 

Actividades da OMIX de Tomiño para o mes de xullo

    A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Tomiño informa da oferta de cursos que realiza para o mes de xullo. Van dirixidos a mozos de 12 a 30 anos e teñen carácter gratuíto.

    O primeiro curso en comezar é o de Composición de música electrónica co ordenador. As clases serán os luns, mércores e venres de 9.30h a 11.30 h, do 7 ao 30 de xullo na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño.

    O 8 de xullo está previsto que comece o curso de Iniciación ao Bricolaxe, que se impartirá martes e xoves de 10.30h a 12.30h até o 7 de agosto. Será no Centro de Formación Ocupacional San Bieito .

    Para o día 14 de xullo está previsto o comezo do Curso básico de mecánica do automóbil. Impartirase os luns e mércores de 11.30 a 13.30h  en Santa María de Tebra até o 6 de agosto.

    Outra das proposta é un Obradoiro de iniciación ao Skate. Terá lugar do 14 ao 24 de xullo  de 10  a 11.30 horas de luns a venres.

    Por último dende a OMIX informa que quedan prazas vacantes para o Campamento á  Granxa Escola O Kiriko subvencionado pola Concellaría de Mocidade. Esta actividade vai destinada a nenos e nenas de  4  a 14 anos que irán acompañados pola Informadora Xuvenil do Concello. Será o 11, 12 e 13 de agosto con saída dun autobús da Praza do Seixo de Tomiño.

    Os interesados poden acadar máis información na OMIX en Tomiño no 986 62 33 04.

 

Xornada Informativa sobre a Tarxeta Profesional da Construción o venres en Goián

    O Auditorio Multiusos de Goián vai acoller este venres ás oito da tarde unha Xornada Informativa sobre a Tarxeta Profesional da Construción.  O obxectivo desta actividade é informar ás empresas do sector da construción e aquelas que estean relacionadas directa ou indirectamente que no ano 2012 deberán posuír a Tarxeta Profesional da Construción todas aquelas persoas que traballen no sector. 

    A xornada comezará coa entrega de documentación e presentación. A inauguración correrá a cargo da Alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

    Logo Luis Vázquez de Soto, Xestor de Formación de Convenio da Fundación Laboral da Construción abordará a “Formación preventiva e tarxeta profesional da construción”. A continuación José María Martínez Rodríguez, Técnico Superior en Prevención de Do Miño Prevención falará sobre “Requisitos esixibles para as contratas e subcontratas nas obras de construción”. Concluirase cun coloquio e a clausura.

    Os interesados en asistir deben confirmalo no teléfono 986 62 12 16.

   

Concurso de deseño de un logotipo para a OMIX de Tomiño

    A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño convoca a concurso o diseño dun logotipo. O concello resérvase o dereito de empregalo ou non.

O concurso rexerase polas seguintes bases:

1.- OBXECTIVO: Deseño dun logotipo que en principio e non sendo a imaxe representativa da oficina en documentos oficiais aparecería a pé de páxina en todos os correos electrónicos que se envíen.

2.- PARTICIPANTES: O concurso estará aberto a todos os mozos e mozas cunha idade comprendida entre os 12 e 30 anos.

3.- PROPOSTA:

a)      O deseño deberá ser orixinal e inédito.

b)      A proposta deberá incluír os elementos OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL - OMIX TOMIÑO.

c)      Aconsellamos utilizar cores que sexan facilmente trasladables a escala de grises, para a súa realización posterior tanto en color como en branco e negro.

4.- MATERIAL A ENTREGAR:

    Cada deseño deberá presentarse da seguinte forma:

a)      En papel: logotipo aillado versión color e logotipo aillado en versión escala de grises (ou branco e negro), cada versión impresa cunha boa resolución e en tres tamaños correspondentes ás seguintes dimensións máximas: 3 por 3, 5 por 5 e 10 por 10  centímetros (sen que isto implique que o aspecto do logotipo deba ser cadrado)

b)      En formato electrónico (gardado nun CD): logotipo aillado versión color e logotipo aillado en escala de grises (ou branco e negro), ambas versións realizadas con algún dos programas habituais de deseño gráfico.

c)      O logotipo presentado poderá ir acompañado cunha breve explicación, de extensión non superior a unha páxina.

5.- PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo de admisión de traballos estará aberto ata o 30 de xullo de 2008. O traballo entregarase nun sobre DIN A4 branco etiquetado que poña no exteriro “CONCURSO LOGOTIPO OMIX TOMIÑO” e cun lema ou seudónimo escrito por fóra e, dentro do sobre incluirase un sobre pechado (máis pequeño) cos datos persoais (NOME COMPLETO, DIRECCIÓN, TELÉFONO, FOTOCOPIA DNI) do concursante e o seu lema ou seudónimo escrito tamén no exterior deste sobre. Os traballos poden enviarse  por correo certificado ou entregalos peersoalmente neste enderezo:

OMIX TOMIÑO

Elisabet Pérez de Santiago

Campo da Feira s/n

36740 Tomiño (Pontevedra)

6.- XURADO E VEREDICTO: O xurado estará formado polo Concelleiro  de Mocidade, pola Deseñadora Gráfica do Concello, por o Dinamizador Informático e pola responsable da Oficina Municipal de Información Xuvenil. O veredicto do xurado darase a coñecer o 1 de agosto en horario de mañá.

7.- PREMIO: Haberá un único premio: un cheque de 150 euros ao gañador así como unha acreditación escrita ao gañador/a do concurso.

8.- PROPIEDADE INTELECTUAL: O logotipo premiado quedará en propiedade exclusiva e permanente da OMIX de Tomiño a que terá completa liberdade para utilizar o logotipo premiado total ou parcialmente ou para modificarlo se o cree necesario.

9.- DEVOLUCIÓN DOS TRABALLOS NON PREMIADOS: Poderanse recoller os traballos non premiados nos 20 días seguintes ó veredicto.

10.- ACEPTACIÓN DAS BASES: A participación no concurso leva implícita a aceptación de todas estas bases e do fallo do xurado.

 

Venres, 20 de xuño de 2008 

Citas para a fin de semana en Tomiño

    Mañá sábado ás nove da noite na Praza do Seixo terá lugar a Festa de San Xoán organizada por Estrelas da Noite e o Concello de Tomiño. Haberá churrascada e sardiñada.

    Tamén en Estás celebran mañá o San Xoán a partir das 9 da noite cunha Xuntanza de música tradicional, sardiñas, pan de millo e viño a prezos populares. E logo farán a tradicional fogueira. A organización corresponde ao Centro Social, Cultural e Deportivo de Estás.

    Amorín celebra igualmente festas na honra a San Xoan. Mañá ás seis e media terán un partido de fútbol entre solteiros e casados, e a verbena da noite será amenizada por Samba e Océano.

    Tamén hai cita en Pinzás onde este domingo ás sete da tarde na Casa do Pobo celebran o Festival de Verán de San Xoán.  A organización corresponde á  Asociación Veciñal de Pinzás. Actuarán o Grupo de Gaita e percusión "Airiños novos de Pinzás", o Grupo de Baile Galego "Argallada" de Pinzás, o Grupo de baile latino "Esencia Latina" de Pinzás, e actuarán os malabares do circuíto cultural que organiza a Concellería de Cultura polas parroquias. Para rematar este festival de San Xoán os asistentes poderán degustar, a prezos populares: sardiñas, pan de millo, chourizos, refrescos .

    Quedan dúas cita máis en Tomiño. Dunha banda en Taborda celébrase mañá e o domingo a partir das catro da tarde unha Xincana no antigo campo de fútbol no alto de San Caetano. Organiza a Comisión de Festas.

    E por outra parte en Tebra, na pista de Grixo, teñen o domingo a IV Baixada de Carrilanas.  Pola mañá, dende ás 11.30h, teñen os adestramentos, e a competición comeza ás 15.30h. Organiza a Asociación Cultural “Val do Cereixo”.

 

Xoves, 18 de xuño de 2008 

Festival de Verán San Xoán en Pinzás

    O domingo te lugar, a partir das sete da tarde na Casa do Pobo de Pinzás, o Festival de Verán de San Xoán.  A organización corresponde á  Asociación Veciñal de Pinzás.

    Actuarán o Grupo de Gaita e percusión "Airiños novos de Pinzás", o Grupo de Baile Galego "Argallada" de Pinzás, o Grupo de baile latino "Esencia Latina" de Pinzás, e actuarán os malabares do circuíto cultural que organiza a Concellería de Cultura polas parroquias.

    Para rematar este festival de San Xoán os asistentes poderán degustar, a prezos populares, sardiñas, pan de millo, chourizos e refrescos.

 

O Defensor do Pobo agradece ao Concello de Tomiño a súa colaboración na investigación de vertidos incontrolados

    O Defensor del Pueblo,  Enrique Múgica, vén de dirixir un escrito ao concello de Tomiño agradecendo a súa colaboración na investigación iniciada polos vertidos incontrolados na rede de saneamento de Tomiño. Estes vertidos, no seu momento, puxeron en risco o proceso de depuración das augas residuais. No mesmo escrito o Defensor del Pueblo comunica o peche do expediente á vista do informe emitido polo concello e “coa vontade de que continúe traballando na liña apuntada”.

    O concelleiro de Medio Ambiente de Tomiño, Santiago Vergara, informa que as medidas adoptadas, apertura dun punto de vertido controlado, tramitación de permisos de transporte e control policial, solucionaron na práctica totalidade o problema dos vertidos ilegais.

    Na actualidade a liña de actuación da concellería vai dirixida por unha banda a conseguir a redución do prezo de baleirado e pola outra á extensión da rede de saneamento estando contempladas para este ano actuación por un importe próximo aos 250.000 € que darán servizo a Forcadela, Xibao, Pedra do Couto e Mosteiro.
  

Este sábado inaugurase o servizo de Noitebús de Tomiño até A Guarda

    O concello de Tomiño inaugura esta fin de semana o servizo de Noite Bus. Este servizo nocturno comezará na parroquia de Sobrada as 12 da noite do sábado ao domingo, e percorrerá a maioría das parroquias do concello para facilitar aos mozos e mozas o traslado ata á Guarda.

    Segundo Julia Cascón, concelleira de seguridade, protección civil e transportes, trátase de ofertar unha alternativa máis segura que o traslado en vehículos particulares ás zonas de copas, evitando o risco de accidente e posibilitando o desprazamento a todas as persoas que queiran gozar do seu ocio na Guarda.  Este servizo, subvencionado pola Consellería de Política Territorial, cun custe de 2 € por usuario, terá un servizo de regreso con saída da Guarda ás 6 de mañá.

 

Mércores, 18 de xuño de 2008

Medio centenar de directivos de asociaciones tomiñesas visitan este viernes el  Parlamento de Galicia

    Este viernes cincuenta directivos de asociaciones vecinales y culturales visitarán el Parlamento de Galicia, en una visita guiada organizada por la Concejalía de Cultura, Educación y Participación Vecinal del ayuntamiento de Tomiño.

    Esta visita, en colaboración con el Departamento Comercial de RENFE, tiene por objetivo familiarizar a aquellas personas que ostentan cargos en los órganos de gobierno de entidades de base asociativa con las instituciones del gobierno de la Xunta.

    La salida será en autobús, desde la Praza do Seixo de Tomiño hasta la Estación de RENFE de Guillarei, en Tui y se regresará el mismo día. En la visita se incluye un recorrido por el casco histórico de Santiago y por los tejados de la Catedral.

    Según Jesús Castiñeira, Concejal responsable de la organización de la visita, “se trata de aproximar la Cámara alta de más significada representación a los ciudadanos, que conozcan donde se toman las decisiones más importantes para el gobierno de nuestra autonomía”.

    La comitiva también estará acompañada por el Centrista Pablo Baquero y por las técnicas de Cultura del ayuntamiento.

 

O Partido Popular considera “inaudito” o acontecido cos proxectos do trazado do vial correspondente  os treitos II (Goián – Tomiñó) e  IV (Circunvalación da Guarda)

O pasado venres, 13 de xuño, os concellos do Baixo Miño recibiron o proxecto do novo trazado polo que pretende discurrir o novo vial, e o luns, día 16, o devandito proxecto é retirado pola Consellería alegando posibles erros.

Unha actuación incomprensible, di o deputado César Pérez Ares,  por parte da conselleira que despois de tanto anuncio do proxecto da autovía demora a súa exposición ao público o que evidencia unha actitude ocultista  querendo facilitar unha información a pingueiras.

Dende o Grupo parlamentario popular reclaman “luz e taquígrafos” de xeito que os proxectos que se estan barallando  para Tomiño sexan coñecidos por todos os veciños para non alongar máis unha situación de incertidume que contribúe a crear inquedanza e desasosego.

O deputado popular manifestar que o seu Grupo parlamentario estará vixiante coas modificacións que se poidan levar a cabo no proxecto e atentos a calquera modificación sobrevida.

O mesmo tempo pedirá a comparecencia do director Xeral de Estradas para que explique as “razóns obxectivas” que motivaron que se “confiscaran” dos concellos afectados os proxectos que 48 horas antes se lles entregaran.

Este retraso na exposición pública por parte da Xunta crea gran preocupación e incerteza principalmente entre os veciños das parroquias de Goián, Figueiró, Estás, Vilachán, Hospital, Taborda, Piñeiro e Sobrada que vén que pode darse a posibilidade de que o novo vial afecte a núcleos rurais urbanizados.

 

 

Martes, 17 de xuño de 2008

O concelleiro de Deportes e Lecer presentou, en Tomiño o 1º Campus de Fútbol de Verano

            Coa presenza da alcaldesa e do primeiro tenente alcalde de Tomiño, de Óscar Ríos, que será o director, Giovanella e Maté, ademais doutros membros da Corporación, o pasado sábado, día 14, foi presentado o 1º Campus de Fútbol de Verano que se vai celebrar nesta localidade entre o 7 e o 19 de xullo, tendo como lugares de práctica os campo da Carballa.

O Campus, dixo o edil de Deportes, Fernando Álvarez, nace con vocación de continuadade nos próximos anos, e xorde do esforzo e sobre todo da colaboración de entidades privadas que patrocinan ou colaboran neste evento.

O concelleiro de Deportes de Tomiño explicou as razóns polas cales se apostou pola posta en marcha desta iniciativa, entre elas ter comprobado que o fútbol é un dos deportes que xeneran máis afición entre os máis  cativos e a mocidade; e outra das razóns é que a través do deporte en equipo foméntanse actitudes e valores de compañeirismo, amizade, xenerosidade e sacrificio, ademáis de cubrir dunha maneira lúdica e educativa o tempo de lecer dos rapaces e rapazas.

            No Concello de Tomiño cóntase cunha importante canteira de futbolistas nas categorías alevíns, benxamíns, infantís e cadetes, agrupados na Asociación Deportiva Tomiño e o Clube de Fútbol de Goián, entre outros, pondendo estar falando de máis de 200 nenos que entrenan habitualmente nos campos da Carballa e do Regatiño.

Organización do Campus

Explicou o edil de Deportes e Lecer que o 1º Campus de Fútbol de Verán vaise celebrar no campo da Carballa,  dende ó 7 ó 19 de xullo. Diariamente son catro horas de deporte e convivencia, dende as dez da mañá ata as dúas da tarde, onde os participantes terán dereito a: alimentación axeitada, roupa deportiva, monitores e entrenadores especializados, fisioterapeuta, seguro médico, agasallos e  diploma acreditativo.

Como obxetivos concretos mencionáronse as aptitudes físicas e psicomotrices, técnicas individuais e colectivas, intercambio de experiencias e consellos cos profesionais, a asimilación de conceptos básicos e avanzados, e parello a elo, a mellora da formación humana dos participantes, como pode ser a disciplina, a orde, o traballo en equipo, o diálogo ou a capacidade de comunicación.

Fernando Álvarez, comprometeuse a seguir apoiando aos clubes deportivos, lembrando que este ano incrementáronselle as axudas a meirande parte deles, aínda que recoñeceu que as axudas non abundan para facer fronte aos importantes gastos e sacrificios persoais que as directivas teñen que afrontar, polo que quixo aproveitar para facer un recoñecemento a todas elas, incluíndo os adestradores, que moitas veces teñen que facer de pais e nais e, en todo caso, sempre de educadores.

Dentro do posible, avanzou o responsable de deportes, o concello seguirá mellorando as instalacións e  creando outras novas que permitan unha maior diversificación do deporte. Neste senso lembrou os proxectos iniciados para a creación da piscina municipal e da escola de equitación, que convertirá o municipio nun referente en varias disciplinas deportivas.

 

Venres, 13 de xuño de 2008

Presentación do  “1º Campus de  Fútbol”

A Concellería de Deportes e Lecer do concello de Tomiño vaise reunir hoxe, sábado, ás 12.00 horas, cos medios de comunicación no salón de plenos, para a presentación do “1º Campus de  Fútbol”, dirixido por Oscar Ríos Santomé (ex xogador do Pontevedra, do Ourense e do Talavera) e apadriñado por ex xogadores do Celta como Giovanella.

 

Nota de prensa do Grupo Municipal Popular de Tomiño sobre a Sanidade no concello

O Grupo Municipal do Partido Popular de Tomiño, a través do seu voceiro César Pérez Ares, califica de lamentable e inadmisible o que está ocorrendo coa sanidade en Tomiño.

Á falta de especialidade de Pediatría dende hi longo tempo súmase agora a falta de matrona titular do centro de Saúde que, dende fai tres meses, non ten substituto, o que leva consigo que as futuras nais teñan que desprazarse a outro centro de saúde que, no caso de Tomiño, obriga ás mulleres ir Gondomar, o que supón que moitas destas mulleres non poidan realizar os debidos   controis de peso, análises de orina, cursos de preparación ao parto, vacinación dos recén nacidos, asesoramento da lactancia e coidados post-parto.

Isto é unha mostra do lamentable estado no que se atopa a sanidade pública en Galicia e, particularmente, en Tomiño.

Este é un exemplo dun Goberno incompetente que está a levar a sanidade a un “colapso” en Atención Primaria.

O voceiro municipal, César Pérez Ares, considera que o actual Goberno municipal, encabezado pola súa alcaldesa Sandra González, non ten a máis mínima preocupación polo que está ocorrendo coa sanidade en Tomiño, é incapaz de buscar unha solución necesaria aos problemas que día tras día xorden no centro de saúde de Tomiño, parece que a súa voz na Consellería de Sanidade non se escoita ou, en todo caso, non se lle fai caso.

O problema é que esta circunstancia, unha vez máis, a quen prexudica é as veciñas e veciños de Tomiño, usuarios do Centro de Saúde, e, moi especialmente, ás mulleres embarazadas que se vén privadas das orientacións precisas que demandan.

 

Mércores, 11 de xuño de 2008

A Consellería de Vivenda e Solo licita por 100.000 euros a contratación do proxecto de expropiación para o desenvolvemento do Parque Empresarial de Tomiño

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, licita por 100.000 euros a contratación do Proxecto de Expropiación para o desenvolvemento do Parque Empresarial de Tomiño sobre unha superficie de 540.000 metros cadrados.

As empresas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro día 11 de xullo de 2008 nas oficinas de Xestur Pontevedra (Praza Maruxa Mallo nº1, 1º, Vigo), sociedade pública adscrita á Consellería. Os pregos de bases, así como o contrato tipo e demais documentación, poderá consultarse tamén en Xestur Pontevedra e descargarse da web www.conselleriavivenda.xunta.es.

Simultaneamente coa adquisición de terreos, a Consellería de Vivenda e Solo está tramitando o Proxecto Sectorial do Parque Empresarial de Tomiño coa previsión de que sexa aprobado definitivamente polo Consello da Xunta na última semana do mes de xullo.

O Departamento autonómico prevé un investimento total de 15,3 millóns de euros para o desenvolvemento desta actuación en materia de solo empresarial, cuxas obras de urbanización se iniciarán no primeiro trimestre de 2009, segundo os prazos previstos.

A Consellería de Vivenda e Solo asumiu o desenvolvemento do Parque Empresarial de Tomiño o pasado mes de marzo, tras unha reunión celebrada en Madrid coa sociedade pública Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), inicialmente encargada do desenvolvemento desta actuación.

 

Martes, 10 de xuño de 2008

A exposición "Saharauis, 33 años de espera" poderá visitarse do 11 ao 30 de xuño no multiusos de Goián

 A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui organiza unha exposición que co título  "Saharauis, 33 años de espera" se mostra no multiusos de Goián. Nesta exposición, que poderá visitarse do 11 ao 30 de xuño, de luns a venres de 09.00 a 13.00h e de 16.00 a 19.00, e os sábados e domingos, de 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00, colabora a Concellería de Sanidade e Benestar Social do Concello de Tomiño.

 

Sábado, 7 de xuño de 2008

O PPdeG pide á conselleira de Vivenda que se deixe de lerias e habilite solo industrial abundante e barato para frear a fuga de empresas a Portugal

O deputado popular César Pérez Ares insta á conselleira de Vivenda a que se deixe de “lerias” e adopte as medidas necesarias para rematar e poñer no mercado, no prazo máis breve posible, o polígono industrial de Tomiño e as restantes actuacións deste tipo na comarca do Baixo Miño para frear a constante fuga de empresas que se está a producir cara o país veciño.

Pérez Ares amosa a súa sorpresa pola falta de concreción da conselleira, en materia de solo empresarial, na recente visita que efectuou a Tomiño ao tempo que recorda que os polígonos industriais de Portugal continúan atraendo investimentos galegos e do resto de España.

Como exemplo, o deputado popular apunta a situación dos tres polígonos dos que dispón Vilanova de Cerveira: no polígono de Campos I, o 50% das empresas son españolas; esa porcentaxe supera o 70% en Campos II; mentres se achega ao 100% no polígono do Fondao. Mentres na marxe galega do Miño, cando existe, o prezo do solo empresarial ronda os 150 euros/metro cadrado, en Portugal sitúase por debaixo dos 60€/metro cadrado.

Fronte a esta realidade, a Xunta de Galicia mantén paralizada a execución dos polígonos industriais na comarca do Baixo Miño, que non acaban de entrar en servizo malia a sucesión de anuncios efectuados nas sucesivas visitas dos conselleiros a esta área xeográfica.

Praza da Mina

Paralelamente, Pérez Ares cuestiona o oscurantismo que rodea o proxecto de reurbanización da Praza da Mina, en Tomiño, que foi anunciado pola conselleira de Vivenda sen que a alcaldesa informase sobre este asunto aos voceiros dos diferentes grupos municipais.

Con todo, en opinión de Pérez Ares, a prioridade neste caso pasa por consensuar o proxecto cos veciños e comerciantes afectados, ao tempo que bota en falta un plan específico para habilitar prazas de aparcamento alternativas que compensen as que van desaparecer coa urbanización da Praza.

 

A compañía “Teátrica” e “A festa do deporte” ofertas para esta fin de semana en Tomiño

Hoxe sábado, 7 de xuño, a partir das  21.00, organizado pola Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal,  terá lugar no Auditorio de Goián a representación teatral "A Farsa do Avogado", un clásico de teatro cómico, da compañía pontevedresa Teátrica, e cos que está garantizada a diversión de grandes e pequenos.

A obra enmárcase dentro do Plan Cultural do Concello de Tomiño presentado recientemente no seo do Consello da Cultura. A entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo.

Por outra banda o domingo 8 de xuño, organizada pola Concellería de Deportes e Lecer e a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, terá lugar  na Praza do Seixo de Tomiño, dende as nove da mañá ata as dúas da tarde,  a Festa do Deporte, que contempla a práctica de xogos e deportes tradicionais como: tiro con arco, chapas, chave e rá, e tamén outros como tenis ou baloncesto. A novidade é que se organizan  en plena rúa estando orientada esta actividade a promover o deporte de lecer entre todos os membros da Familia.

 

Venres, 6 de xuño de 2008

La Concejalía de Cultura de Tomiño organiza una visita al Parlamento de Galicia

La Concejalía de Cultura, Educación y Participación Vecinal del ayuntamiento de Tomiño organiza, el próximo 20 de junio, una visita al Parlamento de Galicia,  para directivos de asociaciones y comunidades.

Esta visita, en colaboración con el Departamento Comercial de RENFE, tiene por objetivo familiarizar a aquellas personas que ostentan cargos en los órganos de gobierno de entidades de base asociativa con las instituciones del gobierno de la Xunta.

La salida será desde la Estación de RENFE de Guillarei, en Tui, a las 10.00 horasregresándose el mismo día, sobre las 19.00 horas. El coste por persona es de 10.-Euros.

En el marco de la misma también se contempla una visita guiada a la zona vieja de Santiago y a los tejados de la Catedral.

Según Jesús Castiñeira, concejal responsable de la organización de la visita, “se trata de aproximar la Cámara alta de más significada representación a los ciudadanos, que conozcan dónde se toman las decisiones más importantes para el gobierno de nuestra autonomía”.

 

O Consello da Xunta autorizou o investimento para a reurbanización da Praza da Mina en Tomiño

    O Consello da Xunta autorizou na súa xuntanza de onte a sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Solo e o concello de Tomiño para a reurbanización de espazos públicos. O obxectivo é a mellora e acondicionamento de ámbitos urbanos degradados para favorecer o seu aproveitamento por parte dos veciños e veciñas. No concello de Tomiño, a Consellería financiará a mellora e acondicionamento da Praza da Mina e o seu contorno.

 

Proseguen as II Xornadas da Auga en Estás

    Continúan a celebrarse en Estás as II Xornadas da Auga organizadas pola comunidade de augas, e que foron inauguradas o pasado domingo. Ao longo desta semana recibiron visitas escolares tanto á exposición sobre a Píntega Rabilonga, coma aos propios mananciais.

    Hoxe venres, será un día destacado xa que ás 10 da noite van celebrar unha asemblea para unificar as distintas comunidades de augas, creando unha Comunidade Xeral de Augas a nivel provincial.

 

Xoves, 5 de xuño de 2008

Teatro e xogos deportivos para a fin de semana

A Concellería de Cultura informa que o vindeiro sábado, 7 de xuño ás 9 da noite, terá lugar no Auditorio de Goián a representación teatral "A Farsa do Avogado", da compañía Teátrica.

Por outra banda a Concellería de Deportes e Lecer participa na Festa do Deporte que terá lugar o domingo, 8 de xuño dende ás 10 da mañá ata as 2 da tarde. Tanto os cativos como o público en xeral poderán disfrutar, na Praza do Seixo e na Rúa da Guarda, de numerosos xogos deportivos: tiro con arco, chapas, chave e rá, nunha xornada na que os xogos populares e tradicionais serán os protagonistas.

  

As obras do Parque Empresarial de Tomiño comezarán no primeiro semestre do 2009

A Conselleira de Vivenda e Solo, Mª Teresa Táboas, visitou Tomiño acompañada polo delegado Provincial, Eudosio Álvarez, e o director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Daniel Pino.

A Conselleira de Vivenda e Solo anunciou o pronto inicio das obras do Parque Empresarial de Tomiño que se prevé que comecen no primeiro trimestre do vindeiro ano.  Teresa Táboas salientou que o proceso viuse acelerado grazas a que a Consellería de Vivenda e Solo será a encargada da execución do proxecto que inicialmente xestionaba a sociedade pública do Suelo Empresarial del Atlántico –SEA-. 

A actuación en materia de creación de solo industrial, desenvolverase sobre unha superficie total de 500.000 metros cadrados cun investimento superior aos 15 millóns de euros. O prazos previstos para a execución son:

-última semana de xullo: aprobación definitiva do Proxecto Sectorial no Consello da Xunta.

-no segundo semestre: adquisición de terreos

-no último trimestre do 2008: licitación das obras de urbanización

-no primeiro trimestre do 2009: adxudicación e inicio das obras.

A Conselleira declarou que “ un tema importante nesta visita institucional, é o compromiso da Consellería co desenvolvemento do Parque Empresarial de Tomiño.”

Urbanización da Praza da Mina

Durante a visita a conselleira e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, asinaron un protocolo de actuación para acometer obras de reurbanización da Praza da Mina e o seu entorno, cun orzamento de 776.515 € do cal a Consellería financiará o 80% e o Concello o 20%. As obras de execución serán efectuadas seguindo o proxecto elaborado polo concello de Tomiño do cal se salienta a creazón dun espazo público de calidade neste ámbito no que existe unha importante implantación de vivenda protexida.

Solo Residencial de Galiza

Dentro do mesmo protocolo asinado recóllese a inclusión de Tomiño dentro do Plan Sectorial de Solo Residencial de Galiza que permitirá a construción de vivendas protexidas trala construción do Parque Empresarial.

A alcaldesa, Sandra González, considerou a visita de “primeiro orden pola transcendencia e importancia do protocolo asinado” e asegurou que “a humanización da Praza da Mina vai supoñer gañar un espazo para os veciños e veciñas”. Ademáis, para a rexidora tomiñesa, o Parque Empresarial é “un punto estratéxico para o desenvolvemento de Tomiño que vai permitir xerar emprego e postos de traballo no noso concello”.

 

Mércores, 4 de xuño de 2008

Tomiño oferta diferentes cursos gratuítos en xuño

A Concellaría de Mocidade de Tomiño, que ten como responsable a Xaquín Villadangos Fernández, informar que está aberto o prazo de inscrición para todos os mozos e mozas de 12 a 30 anos, residentes ou non en Tomiño, para os seguintes cursos gratuítos:

-Curso de Iniciación á masaxe: Este curso terá unha duración total de 30 horas. Entre outras cousas trataranse masaxes de espalda, faciais, de pernas, drenaxe linfático, masaxe de pés e reflexoloxía podal, masaxes redutores e anticelulíticos, drenaxe de colon e relaxación.

Comezará o 12 de xuño e rematará o 31 de xullo (luns e xoves de 20 a 22h). En Tomiño.

-Curso de Deseño gráfico: Terá unha duración de 20 horas. Comezará o 24 de xuño rematando o 23 de xullo (martes e mércores de 20 a 22h). Na OMIX de Tomiño.

-Concurso de Deseño gráfico: Tratarase de deseñar por ordenador un logotipo para a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). O gañador/a levará un premio en metálico.

-Paintball. E ti de que equipa es? Este deporte consiste en dispararlle á equipa contraria pequenas bolas de pintura con pistolas de aire comprimido. Os xogadores alcanzados quedan eliminados. Practicarase en Goián, ao aire libre. Sábado 21 de xuño ás 16.30 horas.

Os interesados poden inscribirse na OMIX de Tomiño persoalmente (Campo da Feira s/n), por correo electrónico (omixtominho@yahoo.es) ou por teléfono 986 62 33 04.

 

Martes, 3 de xuño de 2008

A conselleira de Vivenda e Solo Mª Teresa Táboas visita hoxe, martes, o concello de Tomiño

A Conselleira de Vivenda e Solo, Mª Teresa Táboas, visita hoxe, martes, o concello de Tomiño acompañada polo Delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo, Eudosio Álvarez.

A visita está prevista para ás 11.00 horas sendo recibida por unha delegación do goberno municipal encabezada pola alcaldesa, Sandra González, e o concelleiro de urbanismo e patrimonio, Uxío Benítez.

A Consellería de Vivenda e Solo e o concello de Tomiño asinarán un convenio de colaboración para a humanización e acondicionamento da Praza da Mina. Mª Teresa Táboas adiantará o actual desenvolvemento do Parque Empresarial.

 

Baquero explica que los baños del Centro de Salud si se pueden utilizar y que sólo una avería imprevisible impidió el uso momentáneo de algún servicio

Pablo Baquero Álvarez, concejal de Sanidade e Benestar Social, sale al paso del comunicado del portavoz del Partido Popular, César Pérez Ares, en el que denuncia el “Cierre de los baños del Centro de Salud”.

Baquero Álvarez explica que en los baños del actual Centro de Salud se produjo, en efecto, una avería por rotura de la cañería de agua la semana pasada habiéndose solucionado las mismas en las 24 horas siguientes a su comunicación.

            A la concejalía de Sanidade e Benestar Social no le consta el “malestar” de los profesionales que allí trabajan, dudando de la veracidad de este extremo, ya que se trató de un percance muy normal y corriente, que no impidió el uso, en todo momento, de otros baños  que se encuentran en las mismas instalaciones.

Esta Concejalía lamenta que un hecho impredecible, menor y en el que se actuó con la debida diligencia, pueda ser utilizado como arma política.