www.galiciasuroeste.info

José de la Santísima Trinidad Arman

Por José A. Uris Guisantes

Anterior            portada

 

En 1957 pasa a traballar na fábrica de ladrillos instalada na Armona (Camposancos), tendo que levar a comida, pero eran oito horas de traballo ó soldo un pouco mellor que antes no almacén é ademais non se traballaba os domingos. Nese ano de 1957 as empresas de José Riego xá tiñan a tódolos traballadores dentro da lei (Seguridade Social, horario fixo, etc.) é as horas extras… pero Pepe seguía fabricando ladrillos na Armona, pese a que José Riego lle seguía con  promesas é Pepe contestaba …eu elí (na Armona) estou ben e non teño porque deixar aquel traballo que é moito mais leve que ó do almacén… que ó xefe se portaba ben é Pepe non tiña cara de dicirlle que marchaba outra vez para ó almacén…

 

José Pepe de la Santísima Trinidad Armán dentro dunha nave do invernadoiro que tiñan en Marzán en 1992. Fotografía cedida por Pepe.

-----------------------------------

 

Cómo José Riego falou co xefe da fábrica da Armona é este lle dixo a Pepe que se pasaba algo volvía a recuperar o traballo, voltou ó traballo no almacén de construcción de Riego Lomba en 1958, despois de nove meses de haber saído.

 

E veña a cargar sacos de cemento, rolos de ferro, bidons de cal, etc, cómo mozo de almacén. Tamén debía ir cobrar facturas, dar servicio no almacén as prensas- onde había catro homes facendo mosaicos-, cargar carros e  camions, despachar no almacén cal, cemento, ladrillos é todo o que elí se vendía. Mais cargar camións de area en Camposancos, cargar mosaicos para Vigo…, outra prensa mais, con outros catros homes…, menos mal que entraron dous mozos mais para axudar.

 

Cando chega un camión grande pasa a traballar como cargador, facendo viaxes a Bilbao con material refractario da Fábrica El Progreso das Cachadas, de regreso traían cociñas para o almacen. Cargaban na fábrica de Cedolesa/Cedonosa en Catoira material para Madrid é na volta traían uralita de Getafe é así catro anos, logo Pepe pasaría a Cerámica Santa Trega a cargar e descargar camions de cemento, cal, ferro, tellas, ladrillos e azulexos de Alacante, de todolos cores e medidas. Consume outros catro anos e volve para ó almacén de construcción para o despacho principal, onde tanto podía vender cemento como un electrodoméstico.

 

Diante da necesidade de ter unha vivenda para o matrimonio xa que a vivenda na que estaban non reunía condicions de habitabilidade para todos -ademais do mal estado da construcción- , resulta que un domingo de calquera mes de 1960 escoita no sermón do párroco don Francisco Sáa Aldir de que unha grande parte das vivendas da Marina non reunían as condicions axeitadas para poder vivir decentemente as familias numerosas que elí convivían, pais con fillos, caseque na mesma habitación, ademais das condicions hixiénico sanitarias que tampouco eran as mais axeitadas.

Ana María, Carmen e Pepe o 23 de setembro de 1993, festividade de Santa Trega. Fotografía cedida por Pepe

--------------------------------------------

 

Con ésa idea de cambio acude ao alcalde en funcions e Delegado Local de Sindicatos, Rafael Salcidos Sobrino que lle entrega un papel para cubrir a solicitude dunha vivenda social das cincoenta que se estaban a construir en Sucampo e Marouco de Pallas, pero tamén lle di que  o sorteo das vivendas non comezara. Pepe aproveita que un día pasaba pola abadía é fala con don Francisco indicándolle que él quería seguir os consellos dados polo mesmo párroco pero que había problemas en Pontevedra para poñelas a funcionar.

 

O párroco indicoulle que nesa semana tiña que ir a Pontevedra e que pasaría pola Obra Sindical del Hogar y Arquitectura de la Delegación de Sindicatos e viría que era o que se podía facer. Efectivamente, algo debeu de facer que aos oito días comezaba o sorteo.

 

Cando os solicitantes se presentan no local sindical para asistir ó sorteo, Rafael Salcidos le os requisitos  que eran necesarios para obter a vivenda social, tales como adiantar o pago de 700 ptas (que serían devoltas) ademais de ter que pagar 200 ptas mes en concepto de amortización da vivenda que pasaría a ser propiedade aos 25 anos. As mais de cen persoas que optaban as vivendas non contaban con eses requisitos é ca cantidade da amortización, pois supuñan que serían 90 ptas mes como nas outras viviendas do Barrio de Santa Trega, polo que antes de comezar o sorteo mais da mitade se foron renunciando a vivenda.Como di Pepe quedamos sete solicitantes.

 

José de la Santísima Trinidad Armán no ano 1978. Fotografía cedida polo mesmo

--------------------------

 

Unha vez instalados nas vivendas de Sucampo, Carmen Cadilla segue axudando a familia facendo limpezas en casas de familias guardesas pudentes ata que a saude comezou a  dala lata e enton deixou definitivamente a labor que nese momento era no almacen de materiais para a construcción de José Riego Lomba.

 

Carmen era moi festexeira -me conta Pepe- gustaba de ir de viaxe a ver amigos, familiares e lugares os que nunca estivera. O matrimonio foi un dos primeiros en ser socios do Club da Terceira Idade de A Guarda. Carmen acodía diariamente a botar a partida con amigas do Club  e Pepe ía para o invernadoiro de Marzán a coidar os caraveis ou prantar na horta calquera producto.

Carmen Cadilla Baz nos anos setenta en Sucampo

--------------------

 

En Marzán  tiñan catro naves cubertas (invernadoiros) que producían caraveis e onde estaban súa nora Cristina e súa filla Ana María, mais duas xornaleiras, contando con Pepe despois das sete da tarde, que viña sendo a hora de rematar o traballo no almacén de Pepe Riego. Unha vez comezan a subir os precios dos productos e baixar os precios dos caraveis abandonan a producción, quedando Pepe con unha das naves onde seguía ó pe do canon, indo en bicicleta ata Marzán ou esperando a que o fosen buscar en coche. 

 

Na horta de Marzán prantou patacas, leitugas, pementos, tomates, allos e cebolas. Tamén tiña pexegueiros, maceiras etc.

 

Pepe de la Santísima Trinidad Armán xubílase en xuño de 1987 aos 64 anos de idade, saíndo pola porta grande, cunha cea de despedida nun bo restaurante éeunha praca de prata como lembranza aos anos de traballo arreo na empresa.

José de la Santísima Trinidad Armán o 19 de novembro de 1987 xunto a súa esposa Carmen Cadilla Baz no momento de recibir a praca en lembranza dos anos de traballo na empresa de José Riego Lomba. Fotografía cedida por Pepe Trinidad.

----------------------

Cando cheguei a visitalo no piso da súa filla, onde vive, na rúa Pacífico Rodríguez o atopei todo atarefado no ordenador, pasando ó galego o libro da escola prestado por Chela Iglesias e do que falei antes titulado Corazón, escoitando ademais toda unha longa historia da súa vida a que ademais ten plasmada por escrito en distintos tomos, uns mecanografiados e outros impresos. Este amigo non ten necesidade de ir a ningún cursillo de memoria para maiores, para min que ata lle sobra memoria e a exercita constantemente.

 

Outra das facetas que tiña Pepe cando vivía en Sucampo era a de construir maquetas (figuras en madeira de pino), barcos, avions, carros de bois etc. Para elo tiña un pequeno  taller no soto da vivenda onde se entretiña, soto que el mesmo cavou para gañar espacio de acordo ca viciña do piso superior Ubaldina.   Tamén se dedicou a reproducir en pintura os chistes que saían en Faro de Vigo de Quesada.

 

Exemplos dos traballos de construcción de figuras de madeira en miniatura, sempre relacionadas co campo. Fotografía cedida por Pepe

-----------------------------------

Maqueta exposta no Club de Xubilados dende xaneiro de 1995

-------------------------

A súa terra de Marzán a ten sempre presente o que vivíu, xogou, tocou, traballou e disfrutou:

Aquelas fontes das Albarianas; de Tigán e de Marzán, augas para beber, lavar  e regar ducias de leiras; a Patosa, Pedazo, Queimadelo, de Barreiro… fontes nas que recollían auga as viciñas/os do Xogo, Aldea da Baixo, Eirado e Casaldares…

 

Os cruceiros e petos de ánimas, como Cruceiro Gordo no cruce de Martín, O Rosal e Fornelos; Cruceiro do Xogo en Pancenteo; Cruceiro de Lamas; Pousa e da Bogalla; Cruz de Peitoril e da Portela, camiño de San Xián; Cruceiro de Padrón e Queimadelo, de Onquián e Cardal… 

 

Pinturas de Pepe con reproducions dos chistes de Quesada

------------

Magua polo Xogo de Bolos, deporte de máis sona nos tempos de seus avós. Marzán, Pancenteo, A Fecha, Os Carballos na Cachada, Amó en Novás, Martín e Fornelos, na Cunchada é en Caselas na Cruz de Ferro.

 

Coñeceu bos xogadores de bolos, como O Saxaluios en Martín; Adelaido na Cruz de Ferro; Escribinte na Fecha e na Cachada; Gonzalo da Ferranchaun fenómeno ¡¡; Joselito das Bernaldas é tío Agustín do Pinto en Marzán.

 

Xogaban nas tardes dos domingos acodindo xogadores doutros lugares. Os mellores dábanlle con forza ás bolas tirando os bolos ben lonxe, ben lonxe. Cada xogador tiraba dúas bolas, unha chamada Man é a outra Chanca. Os bolos eran 13, cada bolo que pasaba da raia fixada puntuaba 10, a bola sola  puntuaba 3, ó bolo do meo puntuaba 23. O lugar onde se colocaban os 13 bolos lle dicían a Lancha.

 

Se a bóla non pasaba da raia facían Gato e polo tanto non puntuaba. Cando facía moito vento pegaban os bolos no solo con bosta, co fin de quedar ergueitos. Mentres os homes e mozos xogaban, as mulleres, noivas e raparigas latricaban ou cosían, mentres os mais pequenos contemplaban o panorama, daban patadas a unha pelota ou simplemente xogaban entre eles. Como é sabido naqueles anos antes e despois da guerra soamente tiñan aparatos de radio os ricos, que non eran moitos.   

 

Outras maquetas expostas por Pepe Trinidad en 1996

-------------------------

 

José de la Santísima Trinidad Armán diante do ordenador o 30 de abril de 2013. Fotografía de José A. Uris Guisantes.

------------------------------

Para rematar se me vén a memoria que Pepe de la Santísima Trinidad Armán é unha persoa admiradora da traxectoria do autodidacta rosaleiro nado no lugar de Videira (Novás) en 1907 é a quen lle dedicou unhas letras no Libro Programa das Festas do Monte de 2003 (pequena entrevista con Marouco de Pallas). Manoel fixo as primeiras letras na escola da tía Mercedes da Mo (Mercedes Martínez) en Novás, mais tarde pasaría ó Colexio de San Luís Gonzaga que dirixía o crego don Serafín Álvarez Rodríguez de Fornelos, axudado polo coadxuctor don  Rogelio Álvarez Sueiro.

 

Manuel Álvarez Riveiro co uniforme de falanxista

--------------------

 

Manuel Álvarez Riveiro era seu nome pero escribía sempre co pseudónimo de Manuel da Ventosela, foi como Pepe Trinidad cabaqueiro e autodidacta, ademais de emigrante en Sevilla, funcionario no Concello do Rosal como Depositario, poeta, colaborador en varios xornais, ademais de ser un cargo político como xestor-concelleiro e falanxista na Xefatura de Educación e Descanso da Falanxe en Pontevedra.

 

Batallón San Luís do Colegio San Luís Gonzaga (O Rosal). Fotografía tirada polo fotógrafo Mariano Jiménez Hueto en agosto de 1914 co motivo da Segunda Romaría no Trega. Se ve que en lugar de xogar ou facer outro tipo de distraccions o crego os intruía a base de formación militar con fusís mauser simulados.

--------------------------

 

En 1921 emigra a Sevilla con 14 anos, pasando a traballar no ramo de alimentación con Francisco Lorenzo Fernández. Nese mesmo ano debe incorporarse ó Servicio Militar, pasando a Coruña facendo instrucción como infante de Marina. Unha vez finalizada a Mili volve traballar a Sevilla onde publica o seu primeiro traballo literario Maniobra Militar de El Ferrol a Cartagena, colabora ca revista mensual Vida Gallega editada en Vigo, con El Pueblo Gallego, Heraldo Guardés, Nuevo Heraldo e ca revista de Falanxe de Sevilla FET. En 1932 publica Lágrimas del Corazón.

 

En 1938 debe incorporarse como soldado ca súa Quinta sendo enviado a Asturias. Unha vez desmovilizado en 1940 queda no Rosal é no ano seguinte pasa a ser concelleiro-depositario na Gestora municipal que presidía o mestre don José Sánchez García, estando como secretario da xestora don Eliseo Sastre del Blanco (que fora alférez provisional no bando franquista).

 

O que non está ben  explicado é o feito de que sendo Manuel da Ventosela un home con ideoloxía liberal pasa a ser un furibundo defensor do franquismo e moito mais da Falanxe, totalmente convencido en corpo e ialma ou, posiblemente - creo eu- obrigado polas circunstancias especiais que se vivían neses anos, con unha cruel represión sobre os vencidos.   

 

Foi, ademais, bibliotecario da Sociedad Liga de Amigos del Rosal, facendo doazón de unha serie de libros da súa propiedade.

 

Manuel da Ventosela falece o 7 de novembro de 1944 (autoenvenenándose segundo alguns familiares), oficialmente, …a consecuencia de perforación de estómago. Home intachabel na súa conducta, non podía asumir a vergoña de ser acusado por radio macuto inxustamente …de haber defraudado das arcas municipais 9.401,28 ptas.

 

Hoxe nestes últimos anos (anteriormente estaba todo oculto) se levan defraudando impunemente millons e millons de euros, son acusados/as formalmente, pero ninguén se suicida...  é  ninguén devolveu ou devolven os millons roubados…estafados… sisados… ou como se queira chamar.

 

Pepe Trinidad lembra de Ventosela

 

[…] Cuantos ricos el dinero

a montones lo tirarán,

y yo me meuro ¡me muero

por un pedazo de pan!...

 

¡trabajar!... ése es mi anhelo

porque siempre trabajé;

más, decidme, Dios del Cielo,

¿Dónde trabajo hallaré?... 

 

…disto xa pasaron moitos anos e Manuel da Ventosela se queixaba da vida, hoxe seguimos a queixarnos e o mundo seguirá dando voltas, seguirá xirando e xirará polos séculos dos séculos… (dicía Pepe Trinidad no 2003).

 

Manuel da Ventosela ou Manuel Álvarez Riveiro foi inxustamente acusado por outros que sí sabían perfectamente quen ou quenes levaran os cartos. Como di Juan Noya Gil no libro da súa autoria Fuxidos (Editorial Zazaus-Venezuela) […]  el pueblo rosaleño tiene el convencimiento de que el autor de la sisa no fue el que se quitó la vida… A río revuelto…Manuel Rivero Ventosela…al camposanto…

 

      […] Rosal,

cual vieja embarcación

busca en la costa un remanso,

¿en ti buscará descando

un día mi corazón…!

 

En 1990 a Agrupación Cultural Guardesa dedicou o Día das Letras Galegas a Manuel Álvarez Riveiro Manuel da Ventosela, sendo o autor da biografía Xoán Martínez Tamuxe.

 

O Concello do Rosal adicou unha rúa en Novás co nome de rúa Manuel da Ventosela, ademais co gallo do Cen Aniversario de nacemento editou un selo conmemorativo que foi feito público co motivo da XIV Exposición Filatélica  XV Feira do Viño do Rosal o 13 de xullo de 2007.

 

--------------

 

Outro refrán de José de la Santísima Trinidad Armán, …así é a vida, para iso nacemos, traballar neste mundo, e descansar no Eterno…

 

 

Fontes: Libros Programas das Festas do Monte 2001 e 2003.

Boletin da Agrupación Cultural Guardesa de 1990 sobre Manuel da Ventosela escrito por Xoán Martínez Tamuxe.

Conversas persoais con José de la Santísima Trinidad Armán, con Ignacio  Fajar Álvarez Quintado e Elpidio Sobrino Álvarez

Arquivo de José A. Uris

 

José A. Uris Guisantes

Anterior            portada