Índice

www.galiciasuroeste.info

 

 

MEMORIA/HOMENAXE AS VÍTIMAS
DA TRAXEDIA DO
VELASCO II

 

por

Victoriano Rodríguez

 

(seguinte)

 

Con motivo do XXV aniversario do naufraxio do palangrero guardés en augas das Azores con 11 tripulantes a bordo, reme-morar aqueles tremendos sucesos e rendirlles un emotivo homenaxe ós desaparecidos. É un acto de solidaridade con as persoas que sufriron as dolorosas consecuencias daquel sinistro marítimo.

O palangreiro guardés Velasco II, nos primeiros tempos, pintado de roxo, despois sería pintado de azul oscuro. (Foto xentileza da perfil de facebook Barcos de A Guarda).


 

Cuadro de texto: O Velasco II con matricula /folio VI -5-9868, era un palangrero de superficie, de casco de ferro, botado en 1986, construído en C.N. Santodomingo de Vigo e xemelo do Chato Tercero e do Covelo, de 21,20 m. de eslora, 3,20 de puntal, 6,40 de manga cun desplazamento de 130 Tm, capacidade de bodega de 90 M3, que cargaba 50Tm, con un motor Volvo Penta de de 520 H.P. e un auxiliar de 90 H.P. que desarrollaba unha velocidade de 10 millas/h, propiedade do armador guardés Bernardo Baz Velasco, dedicado a captura do peixe espada na zona das Azores. Este pesqueiro, había destacado en anteriores campañas polas formidable capturas realizadas. Aínda que xa tuvera un serio percance na súa primeira marea, cando entraba na ría de Vigo.

Sale ó mar o 4 de diciembre de 1989 para os caladeiros do peixe espada e quenlla- tintorera nas Azores dende o porto base de Vigo, con once tripulantes a bordo (10 da Guarda e un do Rosal) Patrón: José Bernardo Baz Cadilla de 28 anos; mecánico: Generoso Pérez Castro de 32 anos e os seguintes mariñeiros: Ignacio Castro González de 25 anos, Francisco Javier Lomba Baz de de 41 anos, Manuel Martinez González de 32 anos, Joaquin Rodríguez Castro de 39 anos, Agustín Rodríguez González de 27 anos, Daniel Rodríguez Carballo de 30 anos, Bernardino Lomba González de 26 anos, Carlos Pereira García de 34 anos, e Francisco Verde González de 38 anos, ca intención de “facer a maré” e vir pasar as Navidades as suas casas cas familias, igual que o resto de pesqueiros que se atopaban faenando na zona.

O día 15 os pesqueiros da Guarda, Paco Vázquez, Prior, Velasco II e Ramsés que se atopaban faenando no caladeiro das Azores o peixe espada, suben os aparellos a bordo debido a unha borrasca de ventos forza 10-11 sitúanse en posición de “capa”, soportando un fortísimo temporal e mantendo comunicación radiofónica entre eles.

Na madrugada do día 17, perden o contacto radiofónico e visual có Velasco II e có Paco Vázquez. O Paco Vázquez é localizado có sistema de transmisión inutilizado, xa que as cuatro da madrugada un golpe de mar arrancaralle a porta do puente de babor, inundandoo e baixando a auga a sala de máquinas, inuti-izando os sistemas de navegación e de comunicación, e máis desperfectos mecánicos. O Ramsés e Prior poñen proa cara o lugar onde se atopaba o Velasco II, por distintas rutas cada un. Sobre as dez da mañán, o Ramsés atopa ao Velasco II semiafundido en vertical, con tres/cuatro metros a proa fora da auga. Chegando a acercarse a porción emerxente do Velasco, e con alto risco polo estado da mar, cun martillo golpear no casco, intentando recibir resposta, a cal non a houbo. Durante dous días o Prior e Ramsés permanecen no lugar, o Paco Vázquez regresaría para Vigo pola avería no sistema de transmisións e sala de máquinas. As 10:10 da mañán do día 17, o patrón do Prior Jose Manuel “Nel” e José do Ramsés envían un SOS a central de comunicaciós maritimas en Pozuelo del Rey (Madrid) e Finisterre radio a posición do Velasco a 43º 02 de latitude N e 18º 13 de lonxitude W, o Nordeste das Illas Azores e a unhas 400 millas W de Finisterre.

O patrón de pesca do Prior, Antonio Cadilla -Tono Vasco- saca fotos do Velasco II coa proa ao sol(imaxes que omito publicar pola súa crudeza).

No momento do sinistro se estima que a carga do Velasco II, era de aproximadamente 30 Tn. de gasóleo, 20 Tn. de xeo,10 de auga e de 5000 a 6000 Kg de peixe.

Ese día 17 de diciembre de 1989, celebrábanse as eleccións ao Parlamento de Galicia, polo que había un gran movemento na rúas da Guarda. Eu estaba con Fina, muller de José Manuel “Nel”, armador e patrón do Prior, como interventores na mesa da Plaza do Reló, danlle recado a Fina que vaia urxente a radiotelefonía a súa casa. O cabo dun pouco chega Fina desconsolada.

 


 

Situación do naufraxio do Velasco II: 43º 02’ N e 18º 13’ W

Na mesa electoral, Fina me comunica tal desgarradora noticia, non llo dixemos a ninguén, por non alarmar naquel intre. Cara a tardiña dan a noticia na TV e xa se correría a voz, causando unha gran consternación nas familias dos tripulantes e no pobo da Guarda en xeral. A noite as familias dos mariñeiros do Velasco, xúntanse no establecemento que tiña a filla do armador e muller do patrón na Guía, nunha tensa e angustiosa espera de noticias.

A partir do luns día 18, constatada a cruda realidade da magnitude da traxedia, e ante a desesperación dos familiares dos tripulantes, vólcanse todos os estamentos públicos, colectivos e sociedade gardesa en xeral en axuda da mellor solución ó problema: a primeira hora dese día luns 18, a casa armadora comunica á Cofradía de Pescadores Santa Tecla da Guarda a realidade do sinistro. A Cofradia inmediatamente envía Telefax-Urgente a Comandancia Militar de Marina de Vigo, Secretaría General de Pesca Marítima e Dirección General de la Marina Mercante, a fin de que por parte de quen corresponda se tomen as medidas oportunas para o rescate do buque.

Josefina Baz, filla do armador e mulller do patrón do Velasco II, inicia unha serie de contactos telefónicos a distintos organismos oficiales, dos que non recibe concrecións, polo que aumenta a desesperación.

Dende o Concello se realizan chamadas de axuda as distintas Administracións solicitando axuda.

Os concelleiros locais Pedro Borrajo e J. Uris, como membros do partido gobernante na Xunta de Galicia (Fernández G. Laxe) e no Estado (Felipe González), comunícanse persoalmente có Director General de Marina Mercante, Rafael Lobo Lobato, có Gobernador Civil, Conselleiro de Pesca, o Presidente galego Fernández G. Laxe, con Alfonso Guerra e con outros cargos públicos máis, tratando de que tomaran medidas urxentes nas tarefas de rescate.

 

A Cofradía de Pescadores Santa Tecla, enviaría cantidade de telefax pedindo axuda a diversos organismos oficiales e a cofradías de toda España.

Os familiares se constitúen nunha Comisión de afectados, da que sae nombrado portavoz o concelleiro do BNG Antonino Torrón, que posteriormente desenrolarían unha intensa labor nas xestións relativas a este suceso. Tamén de gran axuda nos primeiros días, fora Eutimio (Electrónica Eutimio SL), que dende a radiofonía da súa casa, estiveron en comunicación os afectados có mercante Wassam que permañecía ó lado do Velasco no lugar do sinistro, servindo de traductora dos comunicados en inglés, a maestra Lobina. Outro colaborador/asesor dos afectados fora o director do Banco Hispano Americano, Mariño.

A Comandancia de Vigo contesta que Marina Mercante, xa tiña coñecemento do sinistro e posición do barco e que as labores de rescate por razón xeográfica correspondian ao Centro Coordinador de Salvamento de Ponta Delgada de Azores, polo que xestionan a través do Ministerio de Asuntos Exteriores e representación portuguesa en España a intervención no rescate, o mesmo tempo que organizan tamén a salida de medios españois. O dia 18, parte cara o lugar a patrullera portuguesa Honorio Barreto, que se ve obligada a dar volta antes de chegar o lugar por unha via de auga ocasionada polo forte temporal reinante de SW de forza 10 a 13 e mar arbolada. Ó dia seguinte parte no seu lugar cara a zona, outra patrullera portuguesa, a Augusto Cristino. Seguridad Maritima de Marina Mercante pon en marcha medidas para acudir en rescate do Velasco.

Eses dias tamén se está dando unha forte borrasca nas costas galegas e Mar Cantábrico, que provocara o naufraxio de varios barcos con resultado de 24 desaparecidos. O buque adecuado era o remolcador de Salvamento Maritimo, Alonso de Chaves BS-12 que finalizaba o rescate de sete tripulantes, dos once do buque Baitin nas costas de Muros, que tamén sufre unha averia nesta intervención, sendo reparado, sale a socorrer ó mer-cante Snestad que estaba escorado con 55.000 toneladas de bauxita a 80 milllas de Fisterra. Polo que ademáis da necesaria rapidez de navegación, estado da mar e lexania (400 millas)necesitaria seis dias de navegación, Seguridad Maritima de Marina Mercante decide o martes 18 as tres da tarde enviar os destructores Blas de Lezo e Mendez Nuñez D-63, éste estaba convoyando o bulcarrier Senestad sinistrado frente a Cariño. Carga combustible e sale cara o mar das Azores, tendo problemas de navegación en ruta polo mal estado do mar, posto que solo habia avanzado navegando a capa 80 millas en 24 horas, con posibiladades de quedarse sin combustible necesario e, por averia, da volta a súa base de Ferrol o dia 20 as 13:43 h., esperando mellorase o tempo. Sigue o destructor Blas de Lezo D-65 con equipos de especialistas en rescate, que navega cerca do lugar con grandes dificultades, a seis nudos debido o forte vento reinante, cando a súa velocidade de cruceiro e de 32 nudos, gastando tanto combustible na ruta, que a súa estancia no lugar e corta, chegando ao lugar as 13:25 h. do mércores dia 20.

O segundo dia do naufraxio, anúnciase un fortisimo temporal con ventos ciclónicos na zona, superior ao da noite do 16 para o 17, que habia ocasionado o naufraxio do Velasco e averias no Paco Vázquez, polo que o Ramsés e Prior, que se mantiñan ó lado barco naufragado, o martes 19, as dúas e media da tarde se ven obligados a abandonar a zona, non sin antes situar a po-sición do buque sinistrado, deixando dúas radio balizas no Ve-lasco dándolle a situación e frecuencia das mesmas ao buque da Armada Blas de Lezo que se dirixia cara o lugar do sinistro. Tamén abandonaria o lugar a fragata portuguesa Augusto Cris-tino, quedando solo o mercante belga Wassam, que pola súa en-vergadura podia resistir a borrasca que se aproximaba, esperando éste a chegada dos destructores españoles. O capitán Baert do Wassam comunica aos destructores o dia 20 as 11 horas a posición, e que habian perdido contacto visual con o Ve-lasco e que tampouco percibian recepción da baliza sarsat, polo que supuñan que se habia afundido defititivamente. Posible-mente as balizas fosen arrastradas ao fondo polo barco, ou se houberan agotado as baterias, que eran de duración limitada. Chegando solo ao lugar o destructor Blas de Lezo as 13:25, abandonando a zona o Wassam as 14:20 despois de rastrexar o destructor Mendez Núñez ata as 17:10 e non atopando rastros nin señales, polo que abandona a zona a esa hora, chegando a Ferrol na noite do dia 21. O dia 22 pola mañán explora a zona un avión Orión de Patrulla Maritima do Exército do Aire, sin re-sultados positivos.

OUTROS NAUFRAXIOS

Ademais do Velasco II, nas semáns anteriores a Navidades de 1989 prodúcense múltiples naufraxios: Porto de Fisterra, Nautilus, Snestad, Topoloveni, Baitin, Río Oitavén, El Duque, Nuestro Sol, Panchita del Mar, que ocasionan 34 desaparecidos nas costas españolas, sendo 29 nas galegas. O mercante rumano Topoleveni, perdería 11 homes, nas costas de Fisterra.

MOSTRAS DE CONDOLENCIA

Nos primeiros días de conocerse o suceso o armador, as familias, a Cofradía de Pescadores da Guarda, o Concello, a comisión de afectados... reciben innumerables mostras de condo-lencia e solidaridade dende todas partes de España cofradias de pescadores, asteleiros, industrias do mar, colectivos socias, institucións publicas, persoas individuais... maiormente dos concellos de Galicia, da Cornisa Cantábrica, e de Alxeciras...

Mostra de algúns dos centos de de condolencia recibidos de todos lugares de España, maiormente de Galicia, Cornisa Cantábrica, País Vasco, Alxeciras...

MANIFESTACION A GUARDA DIA 21

Manifestación na Guarda o día 21.

Ante a desesperación e indignación dos familiares en particular e da sociedade en xeral polos problemas de competencias, no que se perderon horas cruciales e tardanza en enviar os medios adecuados de rescate, o xoves 21, celébrase na Guarda unha multitudinaria manifestación de crítica a Administración e de solidaridade con os familiares das víctimas. Mais de dúas mil persoas parten as cuatro da tarde dende a Casa do Pescador hasta o Concello en silencio.

Os tripulantes do Covelo levaron una coroa, que sería depositada no mar, en memoria dos náufragos

Na Plaza do Reló, corean frases contra os organismos oficiales responsables do rescate, entrecortados de aplausos.Na sala do Concello celebraríase unha roda de prensa na que o armador do Velasco II, José Bernardo Baz Velasco criticaría duramente a inoperatividade dos organismos oficiales, os que solicitara axuda, manifestando “Yo no soy juez, ni abogado, ni catedrático pero voy a recurrir a todos los medios posibles e imposibles para defender la vida de mis marineros”, señalando tamén que era vergonzoso que un buque da armada se quedara sin combustible despois de 400 millas. Josefina Baz, filla do armador e muller do patrón do barco siniestrado, se lamenta do desamparo a que estuveron sometidos por parte dos organismos oficiales. Tamén estaban o patrón do Paco Vázquez Javier Castro e o do Ramsés José Rodríguez Baz (o Prior aínda non chegara) señalando que cando abandonaron o lugar o martes as 14:40 as balizas que deixaran rodeando o barco emitían señales constantemente, e non entenden como o destructor non as logrou captar.

 

 

Roda de prensa no concello da Guarda.


 

DÍA 22.- MANIFESTACIÓN VIGO

O día 22, a comisión de afectados e veciños da Guarda encabezados por Antonino Torrón saen en autobuses cara a Vigo a manifestarse frente a Comandancia de Marina e entrevistarse con o comandante, reprochando a ineficencia das labores de rescate e que huberan abandonado as tarefas de rescate dando por desaparecidos os náufragos. A esta manifestación tamén se unirían mariñeiros de Vigo.

DÍA 25.- MANIFESTACION A GUARDA

O luns 25, (foron as Navidades máis tristes e lutuosas que se recordan na Guarda e contorna) se volven a concentrar os veciños na Plaza do Reló en mostra de solidaridade e recibir información das xestións e acordos adoptados pola comisión de afectados que lles comunica, entre outras, que ante a decisión por parte das autoridades de suspender a busqueda e rescate do barco e dos naufragos, o día seguinte zarparía unha flotilla de barcos da Guarda cara o mar das Azores para seguir rastrexando a zona na procura de localizar o barco ou os corpos, para darlles cristiana sepultura no lugar dos seus achegados. Tamén que non sairía ningún barco da Guarda a pescar ata o regreso dos que se dirixían as Azores. Sería habilitada na Cofradía de Pescadores un equipo de radiotransmisión que recibiría información sobre a evolución das tarefas de rastrexo nas Azores, instalando no concello un equipo de megafonia para informar da evolución desta operación a asamblea pública que se celebraría diariamente as sete da tarde na Plaza do Reló. Os guardeses enviaron telegramas de “felicitación” ao rei e presidente do Goberno con un “Bo Nadal. Nos non podemos celebralo”.

Concentración na Praza do Reló o 25 de decembro.

Este día 25, tamén partiría da base aérea de Jerez de la Frontera, un segundo avión tipo “Orión” de recoñecemento do Exército do Aire, rastrexando a zona varias horas, regresando as seis da tarde sin avistar o buque sinistrado, pero si algúns restos e unha balsa semiafundidada que poderían pertenecer ao mesmo.

 

DIA 26.- SAIDA BARCOS RESCATE

O día 26 as dúas da tarde saen da “Vía” no porto da Guarda oito autobuses cedidos por ATSA e Vilán, xunto con multidude de coches particulares con mais de duas mil persoas, a despedir ao porto do Berbes ós barcos e tripulacións guardesas. Os voluntarios que se presentaron, triplicaban as plazas disponibles para sair a rastrexar a zona do fundimento do Velasco. Algúns barcos aínda descargaban peixe esa mañán e a maioria dos tripulantes recién chegaran eses días a terra a pasar as Navidades.

Tras aprovisionarse de viveres, combustible e lastrar con xeo e auga, ese día 26, as cinco da tarde son despedidos os barcos con 73 tripulantes a bordo (21 técnicos e 52 mariñeiros), do peirao do Berbés con aplausos dos que alí estabamos e con o soar das bocinas da flota conxeladora amarrada en porto. Antonino Torrón, portavoz dos afectados, cando sae o primeiro barco dirixese nese intre a multitude con megáfono: “Imos demostrarlle a Administración que os armadores da Guarda poden facer o queeles non souberon ou non quixeron... Temos que darllle un forte aplauso a esta xente...”

 

Saida dos palangreiros guardeses do peirao do Berbés, cara o mar das Azores na procura do Velasco II, o martes 26 de diciembre de 1989, as cinco da tarde.

Os seis pesqueiros guardeses: Playa de Ereaga, Segundo Ribel, Xeixal, Covelo (xemelo do Velasco II) e Ramsés, (éste xa estuvera no lugar do sinistro). O Cedes sairía mais tarde por verificación dos enrolamentes, o Río Landro intentaría sair ao día seguinte ó ser reparada unha avería na hélice. Estes barcos necesitarían dous días de navegación ata chegar o lugar do sinistro. Houbera incluso ofrecementos para esta búsqueda de moitas flotas de altura e mariñeiros da costa galega. De principio, tanto armadores como mariñeiros, se prestaron voluntariamente a esta empresa como acto humanitario e solidario, sin interés de percepción económica. Acordando os armadores dos 115 barcos da flota guardesa facerse cargo dos costos ocasionados que, entre gasoleo, aceite, víveres, transportes e pagamento tripulacións, supoñia un custe medio aproximado de 800.000 pesetas por barco, uns cinco millóns en total. Rematadas as operacións, todo o montante foi solicitado a Xunta de Galicia que se fixo cargo do pago. Nalgúns casos coma o do Xeixal, despois de pagar á tripulación, donou o resto do importe á Asociación San Xerome Emiliani.

O obxetivo desta búsqueda sería, no caso de atopar o barco naufragado, contactar con unha empresa inglesa de salvamento marítimo para que con remolcadores e flotadores lograr reflotar e rescatar o barco e seus tripulantes. Os costos eran enormes, pero non importaba. Tamén estaba na esperanza de encontrar algún corpo nas inmediacións. O mércores 27 na concentración diaria da Praza do Reló se informa da situación dos seis barcos que o día antes saíran de Vigo, que se encontraban a 43 grados N. e 15 W e a día e medio do destino. Próxima a esta situación a 43,34 grados N. e 16,27 W se dirixen e quedan dous barcos para observar si os restos que había divisado e indicado o avión de recoñecemento o martes, podían pertencer ao Velasco II.

A unha da tarde do xoves 28 chegaron os barcos a zona do naufraxio que se desplegaron en abanico comezando a búsqueda e mantendo a visual entre eles. Tamén se uniría o remolcador da Armada Mahón que saira o mércores pola tarde de Ferrol e un avión Orión de recoñecemento do Exército do Aire, solicitado por Marina.

Despois de recoñeceren unha extensión de unhas 10.000 millas cuadradas, sin encontrar restos do naufraxio, deciden abandonar a búsqueda e regresar.

O domingo dia 31 sobre as catro da tarde fan a súa entrada no peirao do Berbés a flotilla dos seis barcos guardeses que volven a ser recibidos e aclamados con aplausos polos afectados e multitude de persoas da Guarda e de outros lugares, chegados en doce autobuses e mais de douscentos coches particulares.

O dia 22 de xaneiro de 1990, o cargueiro yugoslavo Zagreb Expres, divisa os restos de un barco a deriva na posición 34,57 N e 19,51 W a 240 millas noroeste de Madeira. As Autoridades Maritimas de Portugal comunican a Armada Española esta aparición. Ésta envia un avión Orión a verificar eses restos flotando, comprobando nas fotografias que eran de color roxo oscuro, sendo os colores do Velasco azul e blanco.

O 30 de abril de 1990, o buque Perseus-Ibru comunica ao CRCR das Palmas que, en posición 21,00 N – 017,30 W divisan restos dun pesqueiro naufragado de color azul (igual co do Velasco). Según Marina Mercante, eses restos podian pertenecer ó pesqueiro chino Yue Chun NR 102/BYYZ que naufragara o 14 de abril nesa zona. Postas en contacto con o buque-hospital Esperanza del Mar, éste estaba atracado e porto, pero que polas informacións que dispuñan dos mariñeiros da zona, que se trataba dun buque marroqui con tripulación coreana que habia sido perseguido e afundido por unha patrullera marroqui.

DÍA 27.- REUNIÓN EN SANTIAGO

O dia 27, reúnense en Santiago unha comisión guardesa composta polos familiares dos tripulantes desaparecidos, Antonino Torrón, a alcaldesa da Guarda Purificación Álvarez, o Patrón Maior da Cofradia Bertin Rodriguez con o Conselleiro de Pesca en funcións Enrique Rodríguez Peña e con o titular do Executivo –tamén en funcións–, Fernando González Laxe, na que o Goberno galego se comprometía a facerse cargo dos costos das operacións de rescate e axudas económicas urxentes as familias. A Xunta despois solicitaria este importe ao Goberno central. A comisión unha vez máis, manifestaría o seu malestar pola inoperancia nos primeiros días do rescate.

 

Reunión da comisión de afectados có presidente en funcións Fernando G. Laxe en Santiago

(seguinte)