Índice

www.galiciasuroeste.info

 

MEMORIA/HOMENAXE AS VÍTIMAS
DA TRAXEDIA DO
VELASCO II

 

por

Victoriano Rodríguez

 

(anterior)

 

O día 28 o Goberno da Xunta de Galicia en funcións, presidido por González Laxe, acorda conceder axudas as once familias dos desaparecidos do Velasco II co cargo aos presupostos da Comunidade Autónoma e demandar ó goberno do Estado a posta en marcha do Plan de Salvamento Marítimo.

Manuel Fraga, presidente electo, púxose en contacto con a alcaldesa de A Guarda para colaborar con os afectados, e que a víspera de Reis viría a interesarse pola situación, dar o pésame as viudas, e entregar xoguetes e regalos aos fillos dos desapa-recidos do Velasco II.

Texto e lugares a onde a Cofradía enviaría telegramas de adhesión a manifestación do día 30 en Santiago.

DÍA 30.- MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO

A comisión de afectados contacta cas Deputacións galegas, para que éstas convoquen aos concellos a manifestación do día 30 en Santiago, obtendo desigual colaboración.

O sábado 30, celébrase en Santiago, dende a Alameda ata o Obradoiro, sede do Parlamento Galego, unha multidinaria manifestación, –según distintas fontes, de entre seis mil e dez mil persoas– con pancartas e coreando frases alusivas a incompetencia no rescate do Velasco II e do Nautilus, “aquí, se vé a xente do mar en pé” e reclamando a posta en marcha do Plan de Salvamento Marítimo, para seguridade dos mariñeiros.

Non se chegaría a bloquear o porto de Vigo o día 2, como se propoñía en acordo de asamblea. Tamén manifestarían os comerciantes guardeses que non procedía máis peches dos seus negocios.


 

Cabeceira da manifestación en Santiago, o 30 de diciembre de 1989.

PLAN DE SALVAMENTO E SEGURIDADE MARÍTIMA E LOITA CONTRA A CONTAMINACIÓN

O Plan de Salvamento ten por obxetivo a maior efectividade nas tarefas de rescate nas costas galegas dotándoas de máis medios materiais e de todo tipo, por ser unha zona de gran densidade de tráfico marítimo.

Este Plan fora presentado por Marina Mercante e outras institucións relacionadas co mundo do mar o 20 de outubre de 1989 ao Parlamento Español, sendo aprobado en febreiro/marzo de 1990, baixo as presións de todo tipo de colectivos, mobilizacións de protesta por parte de familares das vítimas, cofradías, concellos, sindicatos, partidos políticos, asociacións... a raíz das traxedias ocasionadas nas últimas datas nas costas galegas e Golfo de Vizcaia.

O Plan de Salvamento contemplaba unha torre de control de tráfico marítimo en Porto do Son (Fisterra) con oito radares repartidos na Costa da Morte, para fixar carriles de navegación, evitando colisións como a do Nautilus, e ter comunicación permanente con os pesqueiros que faenan, e con os buques que navegan sobre o paralelo 42 desta peligrosa costa, mais na época de temporais, entre octubro e abril, coordinando con maior rapidez as labores de rescate en caso de emerxencia. Ademais dotar de un segundo remolcador de altura, demostrado cando foron eses temporales que o Alonso de Chaves foi insuficiente. Tamén de dúas lanchas rápidas de salvamento para o pronto auxilio.

CRÍTICAS A ADMINISTRACIÓN

A Asociación Española de Titulados Náutico Pesquera (AE-TINAPE), CC. Mariñeiras, o SGTM-INTG, foron mui criticos e denunciarian en comunicados a descordinación existente entre a Armada e a Dirección General da Marina Mercante pola tardanza en enviar medios de salvamento, onde a coordinación e decisión de rescate dependia de múltiples organismos distintos: Xunta, Concellos, Delegación do Goberno, Armada, Marina Mercante, Cruz Roxa... retrasando asi o pronto auxilio e, tamén, por que non lle pediron axuda as forzas da OTAN con bases en Azores no caso do Velasco II? Estas asociacións plantexaban a reorganización de todos os organismos involucrados nunha emerxencia maritima nun só departamento, como podia ser en comandancias coordinadas por un responsable de alta cualificación de Marina Mercante. E insistiron en por en marcha o Plan de Salvamento Maritimo canto antes.

ARGUMENTOS DA ARMADA E MARINA MERCANTE

Ante as criticas e reproches pola ineficacia e pasividade nas tarefas de salvamento según os afectados, e de diversos colectivos e entidades vertidas sobre a Administración politica, Marina Mercante e a Armada, éstas sairian o paso en varias ocasións.

Fontes da Zona Maritima do Cantábrico manifestan que prestaron gran atención o suceso, que tendo noticias o domingo, xa enviaron os destructores o luns, xa que o remolcador de altura Alonso de Chaves, necesitaria unha semana para chegar o lugar do naufraxio, que tamén foi enviado o remolcador Mahón ó par dos barcos guardeses o dia 26, e que a zona fora rastrexada en varias ocasións por un avión de recoñocemeto do Exercito do Aire.


Relación de feitos por parte da Armada na participación do rescate do Velasco II, enviado ó concello da Guarda en 27-12-1989. Posteriormente a este escrito habería mais actuacións,como a do remolcador Mahón e vos aéreos de recoñecemento.

SOLICITUDE DE AXUDAS

Copia da relación dos náufragos e súas familias directas, enviadas a distintos estamentos, solicitando as axudas para viudas e huérfanos

-Patrón: JOSÉ BERNARDO BAZ CADILLA - Muller: JOSEFINA BAZ GONZÁLEZ

·Mecánico: GENEROSO PÉREZ CASTRO- Muller: M. EMILIA MARTÍNEZ PÉREZ

2 fillos:1 de 5 anos,1 de 7 meses

-Mariñeiro: IGNACIO CASTRO GONZÁLEZ- Pais:  A. LUIS CASTRO MARTÍNEZ e  AMPARO GONZÁLEZ GONZÁLEZ

2 Irmáns

-Mariñeiro: FRANCISCO JAVIER LOMBA BAZ - Muller : M. ROSARIO VICENTE ÁLVAREZ

3 Fillos: de 17, 13 e 9 anos

-Mariñeiro: MANUEL MARTÍNEZ GONZÁLEZ- Muller: CELIA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ

2 Fillos: de 7 anos e 1 de 20 meses (diminuido)

-Mariñeiro: JOAQUÍN RODRÍGUEZ CASTRO - Muller: M. ISABEL BARBOSA PEREZ

4 Fillos: de 11, 8, 5 anos e 8 meses

-Mariñeiro: AGUSTÍN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ- Muller: M. CARMEN GÓMEZ TRIGO

Fillos: 1 de 7 anos. Está embarazada

-Mariñeiro: DANIEL RODRÍGUEZ CARBALLO- Muller: JOSEFINA FLORINDA PACHECO DIAZ

Fillos: 1 de 5 anos

-Mariñeiro: BERNARDINO LOMBA GONZALEZ - Muller: M. FERNANDA PEREIRA DA SILVA

Fillos: 1 de 6 anos. Está embarazada

-Mariñeiro: CARLOS PEREIRA GARCÍA- Muller: M. CARMEN VERDE GONZÁLEZ

Fillos: 3 de 12, 10 e 8 anos

-Mariñeiro: FRANCISCO VERDE GONZÁLEZ- Pais: JOSÉ VERDE e  AMÉRICA GONZÁLEZ

 

Poema dedicado as viudas do mar de A Guarda por X. Carlos Gómez Alfaro, e publicado no libro das Festas do Monte de 1990.

MAR INFAME

A tódalas viúvas
            do mar de A Guarda

 

Cala ti, minotauro das

ondas e dos sales, deus

da vida e da morte,

satán das tempestades.

Cala ti, Poseidón,

Neptuno ingobernable,

peixe-espada asasino

ou tiburón infame.

Cala, si, vil tridente,

sanguesuga insaciable,

faraón dos abismos,

correúdo rumiante.

Cala e durme, meu mar, e

non zugues máis sangue e

non segues máis lúas nin

máis bagoas arranques.

Cala e non brues, durme,

que ben redes rachaches e

 tinguiches de tebras A

Guarda cos teus lances.

Cala ti, minotauro,

cabalo de soidades e

de esperanzas vivo.

¡Cala e non brues, infame!

 

X. Carlos GOMEZ ALFARO

 

Como a lei tarda anos en dar por falecidos aos desaparecidos, requisito para ter dereito a pensión de viudedade, séndolles recoñecida ésta oficialmente en 1994/5, despois de laboriosas xestións, incluso a través de abogados con alto costo en pago de costas, sufragados polas afectadas. A Comisión de Afectados, Cofradía, Concello... recabaron diversos tipos de axudas para que ata a chegada a prestación –por pensión de viudedade,-poideran facer frente as necesidades de subsistencia, xa que na maioría dos casos, eran mulleres que atendían das casas e dos fillos, algunhas ataban redes con reducido ingreso por esta actividade; estaban comenzando a sua vida familiar, que conleva: adquirir vivenda, mobiliario, criar os fillos... que obriga a contraer compromisos económicos. E na que na maioría dos casos a única fonte de ingresos para ese arrancar a vida dun fogar, era a do seu home mari-ñeiro

Cartel solicitando axuda para os afectados do sinistro do Velasco II

Nese senso, ábrese unha conta bancaria de axuda aos damnificados, na que moitas persoas, anónimos, empresarios, comerciantes... aportaron cantidades para axuda as familias afectados polo naufraxio.

O 27 de decembro, o Consello da Xunta de Galicia, acorda axudas urxentes.

 

O 30 de diciembre, o Concello da Guarda aproba un Decreto na que se lles otorga unha cantidade de 25.000 pesetas para necesidades perentorias a cada familia afectada polo naufraxios.

Programa “Protagonistas” de Luis de Olmo, en Vigo, o 25 de maio de 1990, recadando fondos para os huérfanos do mar

O dia 25 de maio de 1990, Luis del Olmo dedicou en Vigo, na sala Nova Olimpia, o programa da COPE “Protagonistas” as viudas e huérfanos do mar de todo o Estado, recaudando de toda España 56 millóns de pesetas, que serian repartidos entre os 74 huérfanos de mariñeiros fallecidos (18 do Velasco II) nese pasado inverno. O dia 20 de xuño, na Cofradia de Pescadores entregáronlle unha libreta a cada menor con 50.000 pesetas e que serian ingresadas cantidades mensuais ata agotar os fondos recadados. No caso da Guarda e por vontade das viudas, tamén repartirian estas e outras axudas cos irmáns menores dos náufragos solteiros.

Tamén recibirian unha cantidade da póliza suscrita pola Cofradia.

Como consecuencia das movilizacións, xestións e da magnitude do sinistro, son adiantadas as pensións de viudedade aos oito meses da traxedia aínda que foran oficialmente declaradas viudas cinco anos despois. Namentras as familias foron sobrevivindo con as axudas e donativos antes citados.

Antonino Torrón (portavoz dos fa-miliares), nunha roda de prensa, mostrando as fotos do Velasco.

Recoñecer a todas aquelas persoas e entidades que colaboraron en axuda deste triste episodio acaecido na vila guardesa. Destacando, entre outros, a labor desenrolada polo mestre Tonino Torrón, portavoz da Comisión de Afectados, que coordinou as movilizacións, actos e xestións de todo este longo e laborioso proceso, así tamén como al-gunhas viudas que estiveron con gran valentía ao seu lado.

Monumento ao MARIÑEIRO DESAPARECIDO, na Ribeira, porto da Guarda. A escultura en pedra dunha muller con un candil mirando ao mar, representa a unha nai ou muller dun mariñeiro, esperando e alumeando o camiño do seu entrañable ser que leva no corazón.

 

FUNERALES A GUARDA-VIGO-PANXÓN

   

Á esquerda coroa que se depositará nas augas do porto da Guarda (foto Emilio Baz). Á dereita, o 24 de xunio de 1990. Bendición do mar, por monseñor Cerviño

O día 2 de xaneiro de 1990 as catro da tarde, celebrouse un multitudinario funeral polas vítimas na iglesia parroquial da Guarda, oficiado polo obispo de Tui-Vigo monseñor Cerviño e concelebrado por cinco sacerdotes. Diante estaban os familiares, a iglesia e atrio abarrotados de veciños e amigos.

O 23 de xunio de 1990, celébranse, como cada ano, os actos da Ofrenda ó Mar no templo votivo de Monte Ferro e na iglesia de Baiona, presididos por monseñor Cerviño, estando presentes entre outras personalidades o coadxutor e a alcaldesa da Guarda e familiares do Velasco II, donde depositaron ante o altar coroas de flores, que despois serían depositadas nas aguas da bahía de Panxón durante a procesión marítima.

 

Poemas escritos por un familiar dun tripulante do Velasco II (1990).

 

MADRE DEL CARMEN

A ti Madre del Carmen

a ti quiero ofrecer

este ramo de flores

llévalas junto a él

pónselas Madre...

pónselas en sus pies

pónselas madre...

donde él las pueda ver

dile Madre... que son

de nosotras las tres

de su esposa, madre e hijas también

¡ay!... le queremos tanto

que casi no le podemos ver

hay tantas cosa Madre...

que le queremos ofrecer

¿Por qué no está con nosotras?

no entendemos el porqué

nos hacemos tantas preguntas

y no las podemos resolver

¡ay! si estuviéramos juntos

Madre... qué felices podríamos ser.

 

 

 

 

 

 

GRACIAS PUEBLO GUARDÉS

Hace ya un año que pasó

el pueblo de La Guardia

salió en una manifestación

¡gritad todos, gritad con valor!

¡Rescatad al Velasco II!

que en aguas de Azores se hundió.

Aguantar Prior, aguantar Ramses

aguantar con valentía y honor

que esto es lo que tiene

vuestro corazón.

Gracias pueblo de La Guardia

vosotros sí que tenéis valor

y no temáis nunca,

ya que sois marineros

y tenéis razón.

Habla pueblo marinero

con fuerza, coraje y valor

y no temáis nunca

ante la administración

que ellos no saben

lo que a nosotros nos pasó

no... no calléis nunca

si tenéis razón y dar vuestras

quejas a la administración.

Gracias pueblo marinero,

gracias, gracias de corazón.

 

A intención deste escrito, no libro-programa das Festas da Virxe do Carmen 2015 sobre o naufraxio do pesqueiro Velasco II, fai 25 anos, é en recordo e homenaxe as vítimas dun tremendo suceso que consternou as súas familias e conmocionou a sociedade en xeral. E de solidaridade con as mulleres, fillos, pais, nais, irmáns... de José Bernardo, Generoso, Ignacio, Francisco, Manuel, Joaquín, Agustín, Daniel, Bernardino, Carlos e Francisco (DEP) que permanecen no máis profundo do corazón deses seus achegados. Tamén destacar a solidaridade de muitos colaboradores directos, en especial os 73 mariñeiros que marcharon ao tétrico lugar en plenas Navidades.

Desexando que as medidas tomadas có Plan de Salvamento Marítimo aprobado en 1990 e outras melloras posteriores, sirvan para que NUNCA MÁIS, no mundo marítimo volvan a suceder traxedias con perda de vidas como éstas.

Nota do autor: Por ser éste, un tema mui sensible, consensuei a forma de expoñelo ca Comisión do Carmen e cá maior parte de familiares afectados que me foi posible, omitindo certas imaxenes e textos. Non pretendo facer xuizos de culpabilidades, senón de expor uns feitos e circunstancias, basadas na prensa daquel intre, de documentos oficiales e de testimonios de persoas relacionadas directamente co caso; xa se verteron no seu momento múltipes hipótesis de cousas e causas relacionados cos feitos expostos. Pola limitación de espazo neste libro, extractei muitos contidos, quedando incluso persoas e feitos sin publicar.

Esta publicación está redactada no localismo da nosa zona, que é, a onde vai dirixida, omitindo voluntariamente certas palabras e formas do galego oficial.

27

Cuadro de texto: 27
Victoriano Rodríguez

(anterior)