www.galiciasuroeste.info

Víctor Vicente Rodríguez

Por José A. Uris Guisantes

 

Victor Vicente Rodríguez no servicio militar obrigatorio na marina de guerra española ca gorra do cañoneiro Cabo Fradera con base en Tui. Fotografía cedida pola familia

--------------

 

Víctor Vicente Rodríguez, naceu no barrio de Ribadavila o 24 de xuño de 1924 na rúa Vicenta Rodríguez Cachada, fillo de Victor Vicente Rolán e Adelina Rodríguez Castro, irmá de Ignacio, Antonio, Carmen e Eduardo Nené Vicente Rodríguez.

 

Casou  un 14 de febreiro de 1952 na parroquia de Sta María de A Guarda ca moza, Consuelo Rodríguez Lomba, filla da popular Xebella, fruito do matrimonio foron, Carmen María, Chelo e Begoña Vicente Rodríguez.

 

Aprendeu o oficio de carpinteiro co seu pai e dous irmáns no local familiar da rúa Vicenta R. Cachada. En 1955 emigra a Venezuela (Caracas) onde estivo ata 1957, ano no que volta á súa vila natal para irmigrar a Valladolid cando o boum dos galiñeiros e construccions de vivendas sociais.

 

Paralelo a seu oficio de carpinteiro cando chegaba o tempo das matanzas de porcos criados para a mantención familiar dedicábase a facer de matanchín polas casas dos amigos e coñecidos, entre eles a casa da tía Antonia da Guía (miña avoa) por ser amigo de meu tío Eduardo Guisantes Rodríguez empregado municipal na Praza de Abastos moitos anos e de José Benito Guisantes Rodríguez meu tío, carpinteiro e que estivera igoal que Victor na emigración en Venezuela.

A esquerda Victor e seu irmán Antonio Pitusa en Caracas en 1956. Fotografía cedida pola familia.

------------------

Como é sabido a matanza do porco era un acto anual social-familiar onde se xuntaban fillos, noras e os máis pequenos para pasar un día xuntos, axudando na matanza e xantando ben o fígado, os boches ou uns bistés, logo os máis pequenos xogaban ca vixiga do porco que previamente un maior inchara cunha palla para que deran patadas. As mulleres amasando o sangue para facer bolas e outras baixaban a zona da Pedra dos Corvos en Sucampo para lavar as tripas no mar. Lembro que detrás da pedra dos porcos no verán viñan bañarse as monxas carmelitas vestidas con túnicas negras ata os pés.

 

 

Agochado Victor Vicente, de pé podemos ver á dereita a Francisco Adrover Colea, José Vicente Martínez Verdello, Antonio Vicente Pitusa e o outro amigo que descoñezo en Caracas (Venezuela) ano de 1956. Fotografía cedida por Loli Vicente Alfonso.

 

Victor era un home amable e sempre co sorriso pronto, cando estaba grave no Hospital Xeral o visitei dúas veces porque coincidía que o meu tío Faustino Álvarez Álvarez Marro tamén estaba ingresado grave. Victor faleceu o 15 de abril de 1993.

José A. Uris Guisantes