|
Nosa
Señora do Carme
Desde os inicios do cristianismo, a
Virxe María foi proclamada como "Estrela do Mar" e o seu
equivalente "Stella Maris", daí que a estrela sexa un elemento
da iconografía mariana.
Desde o século V era frecuente que cando
algunha expedición mariña tiña unha misión difícil ou arriscada, se
puxese baixo a especial protección da Virxe María. Alfonso X El Sabio,
nunha "cantiga" ordena que "as popas dos buques de certa
importancia estean decoradas, formando doselete para garda-la imaxe da
Virxe".
Simón Stock, que se une ós ermitaños
carmelitas de Marsella, peregrina a Xerusalén pasando seis anos no Monte
Carmelo. Cando regresa a súa patria, noméano Superior Xeral da Orde e se
lle aparece a Virxe o 16 de xullo de 1251 en Cambridge (Inglaterra),
entregándolle o escapulario do Carme.
Nun primeiro momento foi o nome da Inmaculada
o que comezou a facerse popular, sobre todo a partir da época dos
descubrimentos. Cristóbal Colón rebautizou a nave capitana "Marigalante",
co nome de "Santa María".
Desde a batalla de Lepanto a Virxe foi
invocada baixo o nome de "Virxe do Rosario" polas xentes do mar.
O cambio por Virxe do Carme atópase no Monte
Carmelo (Carmelo procede do hebreo Karmel que significa Xardín, e así se
chamou pola abundancia de frores e prantas que crecían nas súas
frondosas ladeiras. Ubicado en Israel, entre Samarí e Galilea, xunto ó
mar Mediterráneo, neste monte viviu o profeta Elías. Os carmelitas
habitárono dando culto á Virxe, como xa o fixeran os anacoretas antes.
A devoción pola Virxe do Carmen foi crecendo,
e o Papa Sixto V aprobou a súa festa no ano 1587.
Os mariños españois, na expedición
descubridora por augas do Pacífico, en 1602, puxéronse baixo a
advocación de Nosa Señora do Carme. A expedición organizada en
Cartaxena por Antonio Barceló contra Arxel, en 1784, impulsou a devoción
e a celebración da súa festa entre a mariñeiría.
En 1901, sendo rexente María Cristina, unha
Real Orde do 19 de abril, dispón que "sexa declarada Patrona da
Mariña de Guerra a Santísima Virxe do Carme, que o era de feito de
tódolos navegantes e se verifiquen, o día 16 de xullo, día da súa
festividade, os actos que se mencionan".
Outra Real Orde, do 28 de xuño do mesmo ano,
declara o Día do Carme como festivo para a xente mariñeira.
A II República aboliu a Orde, que sería
restaurada por Francisco Franco antes de rematada a Guerra Civil.
Nos séculos XVIII,
XIX e XX a Virxe do Carme é considerada por todos como a Virxe do Mar,
Estrela do Mar e Raíña do Mar.
SALVE MARIÑEIRA
Ten a súa orixe na zarzuela
"El Molinero de Subiza", de Cristóbal Oudrid, compositor
de Palencia, do século XIX.
A peza foi estreada no Teatro
de la Zarzuela, de Madrid, en 1970, e dela sacáronse os versos da
Salve Mariñeira.
(Bibliografía: "El Monte
Carmelo", María Fernández no xornal Atlántico do 16 xullo 1999,
sobre datos do P. Pablo Pérez, Capellán da ETEA. "El
emblema del Carmen", de Xosé Luís Portela Trigo, no Libro-programa
das Festas da Virxe do Carmen da Guarda, de 1984) ACTOS
NA GUARDA
Ademais das festas populares, amenizadas por
orquestras, que teñen o seu escenario no entorno do Monumento ó
Mariñeiro, o 16 de xullo os nenos participan nas tradicional Regata de
Gameliñas, e, na víspera, celébrase, organizado polo Grupo Folclórico
"Trullada", o "Certame da Muiñeira do Baixo Miño e Val
Miñor".
Pero sen dúbida o acto máis multitudinario é a Procesión da Virxe do
Carme que, saíndo da parroquial da Guarda ás 11.00 h, chega ó Porto
onde se oficiará a Misa Solemne, cantada pola Agrupación Coral
Polifónica da Guarda realizándose, ó seu remate, a Ofrenda Floral ós
Náufragos depositando unha coroa de flores no mar. A Imaxe da Patrona dos
Mariñeiros regresará entón á Igrexa de Santa María acompañada polos
devotos. |
Nuestra
Señora del Carmen

Desde comienzos del cristianismo, la
Virgen María fue proclamada como "Estrella del Mar" y su
equivalente "Stella Maris", de ahí que la estrella sea un elemento
de la iconografía mariana.
Desde el siglo V era frecuente que
cuando alguna expedición marina tenía una misión difícil o arriesgada, se
pusiese bajo la especial protección de la Virgen María. Alfonso X El Sabio,
en una "cantiga" ordena que "las popas de los buques de cierta
importancia se decoren, formando doselete para guardar la imagen de la Virgen".
Simón Stock, que se une a los ermitaños
carmelitas de Marsella, peregrina a Jerusalén pasando seis años en el
Monte Carmelo. Cuando regresa a su patria, lo nombran Superior General de
la Orden y se le aparece la Virgen el 16 de julio de 1251 en Cambridge
(Inglaterra), entregándole el escapulario del Carmen.
En un primer momento fue el nombre de la Inmaculada
el que comenzó a hacerse popular, sobre todo a partir de la época de los
descubrimientos. Cristóbal Colón rebautizó a nave capitana "Marigalante",
con el nombre de "Santa María".
Desde la batalla de Lepanto la Virgen fue
invocada bajo el nombre de "Virgen del Rosario" por las gentes del mar.
El cambio por Virgen del Carmen se encuentra
en el Monte
Carmelo (Carmelo procede del hebreo Karmel que significa Jardín, y así se
llamó por la abundancia de flores y plantas que crecían en sus
frondosas laderas. Ubicado en Israel, entre Samarí y Galilea, junto al mar Mediterráneo,
en este monte vivió el profeta Elías. Los carmelitas lo habitaron dando culto
a la Virgen, como ya lo hicieran los anacoretas antes.
La devoción por la Virgen del Carmen fue creciendo,
y el Papa Sixto V aprobó su fiesta en el año 1587.
Los marinos españoles, en la expedición
descubridora por aguas del Pacífico, en 1602, se pusieron bajo la
advocación de Nuestra Señora del Carmen. La expedición organizada en
Cartagena por Antonio Barceló contra Argel, en 1784, impulsó la devoción
y la celebración de su fiesta entre la marinería.
En 1901, siendo regente María Cristina, una
Real Orden del 19 de abril, dispone que "sea declarada Patrona de la
Marina de Guerra la Santísima Virgen del Carmen, que lo era de hecho de
todos los navegantes y se verifiquen, el día 16 de julio, día de su
festividad, los actos que se mencionan".
Otra Real Orden, del 28 de junio del mismo
año, declara el Día del Carmen como festivo para la gente
marinera.
La II República abolió la Orden, que sería
restaurada por Francisco Franco antes de finalizada la Guerra Civil.
En los siglos XVIII,
XIX e XX la Virgen del Carmen es considerada por todos como la Virgen del Mar,
Estrella del Mar y Reina del Mar.
SALVE MARINERA
Tiene su origen nn la zarzuela
"El Molinero de Subiza", de Cristóbal Oudrid, compositor
de Palencia, del siglo XIX.
La pieza fue estrenada en el Teatro
de la Zarzuela, de Madrid, en 1970, y de ella se sacaron los versos de
la Salve Marinera.
(Bibliografía: "El Monte
Carmelo", María Fernández en el periódico Atlántico del 16 de julio
de 1999, sobre datos del P. Pablo Pérez, Capellán da ETEA. "El
emblema del Carmen", de José Luis Portela Trigo, en el
Libro-programa de las Fiestas de la Virgen del Carmen de A Guarda, de
1984) ACTOS EN A GUARDA
Además de las fiestas populares, amenizadas por
orquestas, que tienen su escenario en el entorno del Monumento al
Marinero, el 16 de julio los niños participan en la tradicional Regata
de Gameliñas, y, en la víspera, se celebra, organizado por el
Grupo Folklórico "Trullada", el "Certamen de la Muiñeira
del Baixo Miño y Val Miñor".
Pero sin duda el acto más multitudinario es la Procesión de la Virgen
del Carme que, saliendo de la parroquial de A Guarda a las 11.00 h, llega
al Puerto donde se oficiará la Misa Solemne, cantada por la Agrupación Coral
Polifónica de A Guarda realizándose, al finalizar, la Ofrenda Floral a
los
Náufragos depositando una corona de flores en el mar. La Imagen de la Patrona
de los Marineros regresará de nuevo a la Iglesia de Santa María acompañada
por los
devotos. |