XANEIRO-MARZO

 

Martes, 23 de marzo de 2010

A Agrupación Musical do Rosal estrenará o día 28 de marzo catro novas obras entre elas “Mirabel” e “O Monte Trega”

              A Agrupación Musical do Rosal participa no programa Sons Galegos cun concerto que terá lugar o domingo, 28 de marzo, ás 18.30 horas, no Auditorio Municipal no que se estrenarán as obras “Mirabel”, do compositor Jorge Vicente Egea, co patrocinio da Fundación O Rosal; “O Monte Trega”,  de Juan Lois Diéguez, composición escrita para a Agrupación Musical do Rosal; “A lenda de Montelongo”, de José Luis Represas, e “Pontus Veteris”, da autoría de Ángel A. Montes.

              Os compositores destas obras estarán presentes neste concerto especial.

              As obras “Mirabel” e “O Monte Trega” serán estrenadas para toda Galicia o 31 de marzo, ás 20.30 horas, no Teatro Sala de Concertos do Centro Cultural Caixa Nova, de Vigo. Todas as persoas interesadas en acudir en autobús a este estreno poderán anotarse na oficina da Agrupación Musical do Rosal ou chamando ao teléfono 986 62 63 11.

  

Seminario de motivación emprendedora no Rosal

O venres, 9 de abril ás 16.00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal un Seminario de motivación emprendedora que será impartido por BIC Galicia, e que terá unha duración  aproximada de tres horas.

O obxetivo desta sesión é informar aos asistentes sobre a realidade do mundo da empresa, valorizar a figura do empresario e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, dando a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores galegos.

As persoas interesadas en asistir deben inscribirse previamente na Oficina de Desenvolvemento Local.

 

Luns, 22 de marzo de 2010

O BNG afirma que o PXOM será un fracaso porque se basea en estudos económicos e da evolución da vivenda desfasados

O BNG do Rosal presentará varias alegacións á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que actualmente está a exposición pública, baseándose principalmente en tres cuestións de fondo, os estudos económico e da evolución do mercado inmobiliario no que se basea; a lexislación vixente que será modificada nunha semana e, por último; na estratexia do Plan, na cal se define ao concello como residencial.

Así o fixeron saber aos veciños e veciñas que se deron cita nunha reunión informativa da formación nacionalista celebrada hai unha semana, na que explicaron detalladamente as alegacións que presentarán.

Estudos económico e do mercado inmobiliario obsoletos

O responsábel local do BNG, Alberte Alonso Pereira, explicou que “o Estudo Económico do documento está obsoleto, ao non adaptarse ás circunstancias económicas actuais, por ser elaborado maioritariamente con datos do quinquenio 2000-2004 ou no mellor dos casos, ata o 2007. Non é preciso explicarlle a ninguén que dende o 2008, a situación económica é radicalmente diferente á que no seu día se utilizou para a elaboración do Estudo Económico deste PXOM e que, para desenvolver este é preciso que se basee en datos económicos reais co fin de que o mesmo sexa viable economicamente e non un auténtico fracaso”.

Do mesmo xeito, indicou que os datos dos que se parte para estudar a evolución do mercado inmobiliario e da produción de vivenda, tampouco se adaptan á actual situación de crise xeneralizada, e sobre todo no sector da construción por razóns de todos coñecidas.

Nova Lei do Solo

Así mesmo, engadiu que despois de varios anos de espera para a aprobación inicial do PXOM, e tendo en conta que actualmente o Parlamento Galego está debatendo unha nova Lei do Solo que modifica significativamente a actual, que será aprobada na vindeira semana, “parece pouco aconsellable aprobar o presente documento en base á lexislación actual, cando se sabe que haberá que adaptalo á nova Lei en breve”.

Para o BNG as cuestións antes mencionadas desvirtúan por si soas o documento que se pretende aprobar inicialmente, polo que propoñen a súa total revisión no sentido apuntado.

A estratexia do Plan

Asemade, tamén apuntan que o documento parte da premisa de que o concello do Rosal debe ter vocación residencial pola influencia da Guarda e da Área de Influencia de Vigo, “premisa que nós consideramos errónea -cando menos parcialmente-, pois este concello sempre foi agrícola e, aínda que a política dos diferentes gobernos do PP pretende acabar con esa actividade, nós consideramos que pode e debe ter futuro, pois acreditamos nun sector agrícola que aposte pola produción de alimentos seguros e de calidade”. Isto, xunto coa “posta en valor do propio territorio, dos seus recursos, do medio e da paisaxe para poder 'vendelo' cara a fóra e potenciar o turismo de calidade, respectuoso co medio e co xeito de entender a vida no rural” debería ser a aposta estratéxica do Plan para o BNG.

Alberte Alonso, indica que “non se entende ese afán por darlle carácter residencial ao Rosal, cando na propia documentación do PXOM se afirma, de xeito contraditorio, que o maior crecemento do parque de vivendas na comarca nos últimos anos é en 'vivendas non principais' e non en vivendas para ser  habitadas de xeito continuado, que é o que se debe entender como 'residencial'”.

Solo Urbano sen abastecemento de auga público

Pola súa banda, o concelleiro nacionalista, Eladio Fernández Portela, informou que nunha das zonas delimitadas como Solo Urbano, o servizo de Abastecemento de Auga non é público, senón que depende da concesión a Comunidades de Usuarios que xestionan os veciños, entendendo o edil nacionalista que, cando menos nos núcleos urbanos, “debería ser o concello quen asumira este servizo”.

Indicou tamén, que ese mesmo núcleo urbano, que abarca dende Pías até a zona da Mata, inclúe terreos inundables, co cal debería contar dita zona cunha Ordenanza específica para a concesión de licenzas de construción, que propuxera medidas preventivas e correctoras dos posibles perigos de inundación.

Así mesmo, solicitou que os espazos libres que o concello recibirá nas zonas que se propoñen como urbanizables, deberían estar mellor situados para que non acaben sendo de uso privado. Sinalou tamén, que se botan de menos reservas de espazos para equipamentos e zonas de lecer nos núcleos rurais, concentrando estes espazos só no centro do concello.

Por último, o edil nacionalista, bota de menos que non se habiliten zonas específicas de aparcamento nos núcleos urbanos, cando agora mesmo hai un claro déficit de prazas e que non se contemple a rotonda no cruce de Couselo, que foi unha reivindicación do BNG, finalmente  aprobada en pleno.

 

Venres, 19 de marzo de 2010

A Deputación aproba a construcción do campo de fútbol de herba sintética na Mata (O Rosal)

A Deputación de Pontevedra aprobou xunta de goberno a construcción dun campo de fútbol de herba sintética na Mata (O Rosal), mediante un convenio suscrito co concello no que se especifica que a nova instalación deportiva acadará un custe de 500.000 euros, dos cales 144.000 serán aportados pola entidade municipal e o resto, 356.000 euros, pola Deputación.

Este novo campo do Rosal vén a sumarse aos 47 xa construidos pola Deputación nos concellos da provincia, como parte dun plan que acadará a cifra de 70 novos campos de herba sintética na provincia.

Este plan da institución provincial ten, como finalidade, de fomentar e facilitar o deporte de base mellorando e ampliando as infraestruturas deportivas da provincia na procura dun mellor servizo ós cidadáns, xa que este tipo de superficie deportiva permite un maior uso e aproveitamento, así como un menor custe no mantemento.

As obras no campo da Mata, en O Rosal, suporán a instalación dun xogo de porterías de fútbol once, dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles, un xogo de bandeirola de córner, bancadas para suplentes, un marcador e 200 asentos. O Concello de O Rosal obrígase, no convenio suscrito, a obter os permisos necesarios e a realizar as obras complementarias de accesos e vestiarios.

 

Vandalismo en una carretera de O Rosal con riesgo de accidente    

Un vecino de O Rosal denunció, ante la Guardia Civil,  el acto vandálico que sufrió en una carretera de este municipio al ser objeto de lanzamiento de productos del campo desde el monte cercano, y que, presumiblemente, no fue el único afectado por lo que espera que se localice a los causantes de una actuación que pone en riesgo la vida de los conductores o de peatones por una maniobra inesperada.

El pasado miércoles, día 17, sobre las 20.00 horas, circulando por la carretera de Pías, en las proximidades del colegio y de la guardería,  el afectado sufrió en su coche el impacto de cebollas, naranjas y patatas que procedían del monte colindante a la carretera y que esta a una altura superior a la calzada. Después de detener el vehículo tras el susto provocado por el impacto y comprobar el daño en la defensa, emblema de la marca del vehículo, parrilla de ventilación y radiador, los ocupantes del vehículo pudieron ver como una persona intentaba ocultarse entre la maleza para huir del lugar del suceso.

En ese momento, con la ayuda de un vecino que pasaba por el lugar se intentó dar alcance al sospechoso, realizando al mismo tiempo una llamada al 112 solicitando ayuda, acudiendo al lugar de los hechos la patrulla de la Guardia Civil que realizó las rondas para localizar al sospechoso y también acudió un policía local de O Rosal, que estaba fuera de servicio y que pasaba por la zona, quien con su vehículo particular rastreó el monte en busca de los delincuentes, encontrando abandonadas tres bolsas de basura atadas con cinta aislante negra y llenas de naranjas, cebollas y patatas.

Tal como estaba la carretera con frutas y hortalizas, la víctima de este hecho sospecha que no fue la única víctima de estas acciones vandálicas, y al parecer hay más denuncias al respecto. Según comentarios de los vecinos, días atrás sucedieron casos similares. El impacto fue tan brusco, que hizo que en este caso, la cebolla rompiera la defensa y pasara al interior dañando el radiador del vehículo. Los daños pudieron ser aún más graves si el objeto lanzado  impacta en el parabrisas provocando una salida de la carretera o el choque con otro vehículo.

En la mañana de ayer la víctima presentó denuncia en la Guardia Civil.

 

Xoves, 18 de marzo de 2010

 

BASES

Concurso para a selección do cartel anunciador da XVIII Feira  do Viño do Rosal

 

1.- Poderá participar neste certame calquera persoa, sen límite de idade, tanto residente no noso país como no estranxeiro.

2.- Establécese un premio individual de 400 € para o cartel gañador.

3.- O premio poderá quedar deserto se o xurado así o estimase.

4.- Para optar ó premio, os traballos deben ser orixinais, realizados en cartolina de 44 cms. de ancho por 64 cms. de alto e poderán estar realizados en unha ou varias cores ou fotografía, sen límites en canto a técnicas. Presentaranse en soporte ríxido que permita a súa exposición.

5.- No que atinxe á temática, versará de xeito prioritario sobre o viño, así como a horta e a flor. Deberanse incluir necesariamente os seguintes textos: XVIII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL e 16, 17 e 18 de xullo de 2010. O cartel non poderá levar inserido ningún logotipo.

5.- Os carteis deberán ser presentados con pseudónimo, acompañados dun sobre pechado no que figure escrito o pseudónimo no exterior e contendo no seu interior o nome e apelidos do autor, DNI ou NIF, enderezo e teléfono de contacto.

6.- Os traballos deberán ser presentados no Centro Social Polivalente (Rúa Cabaqueiros nº 4 - 36.770 O Rosal) na instancia facilitada ó efecto coa indicación: “Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XVIII Feira do Viño. Concello do Rosal” onde constarán exclusivamente o pseudónimo, o teléfono e a data de presentación.

7.- O prazo de admisión de carteis pecharase o día 16 de ABRIL de 2010 ás 13:00 horas.

8.- O Xurado darase a coñecer no momento que se estime oportuno.

9.- Unha vez determinado o gañador do Concurso a decisión do xurado será inapelable, e farase pública antes do día 23 de abril. A entrega do premio realizarase  no momento e xeito que se estimara.

10.- O Concello do Rosal poderá difundi-lo traballo premiado do xeito que considere oportuno e dispoñerá de tódolos dereitos sobre o mesmo.

11.- A retirada dos traballos presentados deberá efectuarse durante o mes de xuño de 09:00 a 13:00 perdendo os dereitos sobre os mesmos en caso de non facelo.

12.- A presentación a este concurso implica a aceptación plena das presentes bases.

 

Martes, 16 de marzo de 2010

Abrese o prazo de preinscripción nas escolas infantís

O prazo de preinscrición para novas usuarios das Escolas Infantís dependentes do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar é do 15 de marzo ao 15 de abril.

As instancias recolleranse desde hoxe nas Escolas Infantís en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

 

Sábado, 13 de marzo de 2010

Pías acollerá o 13 e 14 de marzo, a Feira de San Gregorio

            Pías celebrará, os días 13 e 14 de marzo, a tradicional Feira de San Gregorio, santo avogado da cabeza e do estómago, con capela propia neste lugar de San Miguel (O Rosal).

Programa

            O sábado, día 13, o grupo de gaitas A Boalleira percorrerá as rúa de Pías anunciando a chegada das festas.

            Ás cinco da tarde actuación para todos os nenos, e tamén para os maiores, de “O Xou do Paiaso Tururú” e o “Mago Yuri Cardinali”, e se o tempo o permite, haberá unha sorpresa para todos que chegará polo aire.

            Nesta xornada terá lugar a apertura da Cantina con degustación de viños das adegas do Rosal, acompañados de queixo, chourizos, empanadas e a venda da tradicional Rosca de Rexóns na súa XIII edición

            Amenizará esta xornada de feira a charanga “Os da Orde”.

            O domingo, día 14, durante toda a xornada poderá degustarse polbo á feira. A cargo dun polbeiro de Carballiño. Durante a mañá haberá un pasarrúas do grupo A Boalleira.

            A partir das seis da tarde actuará o grupo guardés “Lareira”, e ás sete e media subirá ao escenario o dúo de humoristas rosaleira co “Show dos Campelos”.

Actos culturais

            Entre os actos culturais programados para os mencionados días, figuran exposicións

diversas. Unha delas recollerá “O deporte de equipo no Rosal”, con material fotográfico e documental. Outra das mostras é a exposición de Encaixe de palillos, con palillada incluída; haberá, un ano máis, unha exposición venda de antigüedades, e unha mostra de pintura de Charo Trigo, así como a V Feira de Artesanía.

Actos relixiosos

            A capela de San Gregorio centrará os principais acontecementos relixiosos do patrono. O día 14, domingo, será a principal xornada celebrándose, ás 12 do mediodía, a Misa Solemne con Sermón e Procesión, acompañada polo grupo de gaitas A Boalleira.

 

Vacantes en actividades do Servizo de información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal

Desde a Omix do Rosal recordan que proximamente comezará o cursiño de automaquillaxe, os martes e xoves de 20.00 a 22.00 horas, no Centro Social Polivalente, cunha duración de 10 horas e un prezo de 30 euros.

Outro curso será o de Inglés Iniciación a principios de abril, habendo aínda algunha  vacante. Realizarase os luns e mércores, de 20.00 a 21.30 horas, no Centro Social cunha duración de 24 horas e un prezo de 48 euros o curso completo.

Comezouse a actividade de Internet de Iniciación para desempregados e persoas maiores. Ten unha duración de 10 horas e realízase os martes e xoves de 10.00 a 12.00 horas, no Telecentro situado no Centro Social Polivalente.

Ademais o Servizo de información Xuvenil e Animación Sociocultural segue a recoller instancias para os cursos de flor seca e arte floral perfeccionamento, este último para persoas que xa fixeron máis dun cursiño de arte floral e queren perfeccionar a técnica. O curso de arte florar iniciación comezará a finais de marzo, realizándose os mércores de 20.00 a 22.00 horas, no Salón de Exposicións.

A semana que vai comezar comezará patinaxe para adultos, e o éxito acadado nas inscricións fai pensar á organización en convocar outro curso coas mesmas características: 16 horas de curso, de 20.00 a 21.30 horas, un ou dous días á semana para rematar antes de que comece o verán.  

Finalmente sinalar que o Programa Xanta con Nós continúa en marzo, con cita o día 28. Vai dirixido ás persoas maiores do Rosal e consiste nunha comida composta por tapeo variado, un prato principal, que nesta ocasión será bacallao ao forno, seguido dun baile e ao final da tarde chocolate con rosca ou churros.

As actividades de Internet Iniciación e o Programa Xanta con Nós están dirixidas unicamente á persoas do Rosal. No caso das outras actividades están abertas a cantos queiran participar.

Para maior información ou inscrición, pódese chamar ao teléfono 986 60 94 50 ou pasar polo Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal situado no Centro Social Polivalente.

 

Venres, 12 de marzo de 2010

O concello do Rosal organiza unha peregrinación a Santiago de Compostela polo Camiño Portugués da Costa

O Concello do Rosal organiza unha peregrinación a Santiago de Compostela por etapas polo Camiño Portugués da Costa, que se realizará todos os sábados dende o 8 de maio ata o 12 de xuño. O custe desta actividade será de 35 € en concepto de traslados en autobús ata o punto de saída nas diferentes etapas.

Quen desexe máis información desta iniciativa ou formalizar a inscrición pode achegarse ata o Concello ou chamar ao teléfono 986 62 50 00, e mesmo chamar ao Departamento de Turismo.

 

Martes, 9 de marzo de 2010

Curso de manipulador de alimentos no Rosal

A Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR), que preside José Martínez González, celebrará o vindeiro mércores, 17 de marzo, no seu local (Cruz de Ferro, 64-3) un "Curso de Manipulador de Alimentos". O horario, de 10.30 a 13.30 horas. Quen desexe asistir ao curso deberá presentar o seu DNI. Máis información no teléfono 620 418 635.

 

Martes, 9 de marzo de 2010

O BNG solicita o control do tránsito na pista da parcelaria de 'Pereira' en Pías

O Bloque Nacionalista Galego presentou no concello, unha proposta na que solicita o control do tránsito na pista da parcelaria de 'Pereira', en Pías, polo perigo que supón para os viandantes.

Segundo os nacionalistas, despois de se ter construído as dúas rotondas de Pías, na estrada Tui-A Guarda, prohibíndose xirar cara a Tui na saída da estrada que vai da Mata a Pías, son moitos os vehículos que utilizan a pista da parcelaria de “Pereira” para saír en dirección a Tui.

Así, indican, que esta pista de “Pereira” foi feita para dar servizo ás parcelas da zona con vehículos agrícolas e non para asumir un alto índice de tránsito de turismos, furgonetas e pequenos camións que antes ían pola mencionada estrada A Mata-Pías, e que a mesma  “é moi utilizada polos veciños da zona para pasear, entrañando un perigo real de accidentes para os viandantes, pois é moi estreita e sen beiravías”.

O BNG propón que o concello se dirixa aos organismos competentes ao obxecto de darlle solución aos problemas de tránsito que se están a dar, e que, de xeito transitorio, sexa o concello quen no uso das súas competencias en materia de tránsito no municipio, tome as medidas oportunas para darlle unha solución a esta situación mentres as demais administracións ou organismos adoitan unha solución definitiva.

 

Venres, 5 de marzo de 2010

A Asociación de Persoas Maiores do Rosal dispón de invitacións para a Festa da Deputacion Provincial en Vigo coa orquestra Panorama

O vindeiro día 14 de marzo a Deputación Provincial de Pontevedra organiza unha Festa coa orquestra Panorama no Recinto ferial IFEVI de Vigo ás 18.00 horas.

A Asociación de Persoas Maiores do Rosal dispón de 50 invitacións para dita festa e ninguén será admitido na mesma sen a presentación desta invitación.

Calquera persoa do Rosal que esté interesada en acudir deberá pagar 6 euros en concepto de gastos de ida e volta en autobús. A saída realizarase cunha única parada dende a Praza do Calvario ás 17.00 horas.

As invitacións entregaranse segundo se vaian anotando as persoas no Centro Social Polivalente do Rosal ata esgotalas.

 

Xoves, 4 de marzo de 2010

Torneo da Cachiza en Pías co gallo das Festas de San Gregorio

O sábado, 6 de marzo, vaise celebrar na Alameda de Pías o IV Torneo da Cachiza. A partir das 10 da mañá comezarán os adestramentos e poderanse formalizar as inscricións. Ás 15.00 horas comezará o Campionato, que este ano terá os seguintes premios: 1º, unha cea para dúas persoas; 2º, dúas tapas de polbo á feira; 3º, unha rosca de roxóns.

O prezo da inscrición será de 10 € por parella. Os participantes serán obsequiados cunha camiseta. A cantina estará aberta todo o día, poidéndose degustar cafés e chupitos.

ste ano o público que se achegue ata Pías tamén poderá xogar á rá. Para máis información os interesados poden contactar coa organización no teléfono 606 417 814 e tamén no 639 884 645.

 

O Rosal celebra o Día Internacional Da Muller Traballadora

Informa Juan Ramón Martínez Barbosa.- Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora que se conmemora o 8 de marzo, un día antes, o domingo 7, ás 19 horas terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a lectura dun manifesto por Mª Jesús Videira, traballadora do concello, así como unha exhibición de baile moderno a cargo do grupo Xamaraina, baixo a dirección de Elena Baz.

Este será o primeiro dos actos que organizan conxuntamente a concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo e a concellaría de Muller, que dirixe Mª Carmen Alonso, para celebrar esta efeméride, xa que “queremos lembrar especialmente ás mulleres do noso concello que durante moitos anos foron o motor de moitos fogares nos que estiveron soas educando aos seus fillos e mantendo as súas casas”.

Así mesmo afirman que “hai que recoñecerlles tamén ese traballo de quedar ao cargo de todas as tarefas dunha familia, dado que os homes tiveron que emigrar a outros países, ir ao mar ou máis antigamente traballar nas cabaqueiras”.

As concellarías de Cultura e de Muller únense nesta ocasión para loitar “na busca da igualdade entre homes e mulleres, para que –sen caer no feminismo- sexa real e efectiva”.

 

Martes, 2 de marzo de 2010

A Asociación de Comerciantes do Rosal sortea 500 euros e un estupendo xamón

A Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR), que preside José Martínez González (Pepe Berdeal), sorteará durante este mes de marzo 500 euros en vales de compra e un estupendo xamón.

Os vales compra teñen un valor de 150 euros, o primeiro premio; 100 euros, para o segundo e terceiro premios; 50 euros, do cuarto ao sexto premios, incluídos, e o sétimo premio será un xamón.

            O sorteo realizarase no local da Fundación O Rosal o día 31 de marzo ás 13.30 horas. Lembran dende ACOR que estes vales de compra só se dispensarán nos comercios colaboradores que aparecen no cartel anunciador do sorteo e poderán fraccionarse como os agraciados desexen.

 

Do 15 de marzo ao 16 de abril preinscripción para novos usuarios das Escolas Infantís

A partir do día 15 de marzo, e ata o 16 de abril, poderá realizarse a preinscripción para novos usuarios nas Escolas Infantís dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

No caso do Rosal as persoas interesadas poden achegarse ata a Escola Infantil do Rosal para recoller os impresos de solicitude.

 

Venres, 26 de febreiro de 2010

Excursión comercial ás termas de Monçao

            A Asociación de Persoas Maiores do Rosal organiza una excursión comercial ás termas de Monçao o venres, 12 de marzo, cun circuíto termal de dúas horas e media aproximadas e comida incluída.

Poderán anotarse todas as persoas maiores de 35 anos que o desexen, aboando 18 euros. O prazo de inscrición remata cando se completen as prazas dispoñibles.

Máis información pode obterse chamando ao teléfono 986 60 94 50, no que tamén se poderá formalizar a inscrición

 

Xoves, 25 de febreiro de 2010

Prazas vacantes no Curso de inglés

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal informa que quedan prazas vacantes no curso de Ingles nivel iniciación. O curso terá lugar os luns e mércores, de 20.00 a 21.30 horas, cun total de 24 horas de duración e comezará en canto se cubran estas vacantes. O prezo é de 48 euros o curso completo. Rematado o cal entregarase certificado do asistencia.

 

Mércores, 24 de febreiro de 2010

Pías acollerá o 13 e 14 de marzo, a Feira de San Gregorio

            Pías celebrará, os días 13 e 14 de marzo, a tradicional Feira de San Gregorio, santo avogado da cabeza e do estómago, con capela propia neste lugar de San Miguel (O Rosal).

Programa

            O sábado, día 13, o grupo de gaitas A Boalleira percorrerá as rúa de Pías anunciando a chegada das festas.

            Ás cinco da tarde actuación para todos os nenos, e tamén para os maiores, de “O Xou do Paiaso Tururú” e o “Mago Yuri Cardinali”, e se o tempo o permite, haberá unha sorpresa para todos que chegará polo aire.

            Nesta xornada terá lugar a apertura da Cantina con degustación de viños das adegas do Rosal, acompañados de queixo, chourizos, empanadas e a venda da tradicional Rosca de Rexóns na súa XIII edición

            Amenizará esta xornada de feira a charanga “Os da Orde”.

            O domingo, día 14, durante toda a xornada poderá degustarse polbo á feira. A cargo dun polbeiro de Carballiño. Durante a mañá haberá un pasarrúas do grupo A Boalleira.

            A partir das seis da tarde actuará o grupo guardés “Lareira”, e ás sete e media subirá ao escenario o dúo de humoristas rosaleira co “Show dos Campelos”.

Actos culturais

            Entre os actos culturais programados para os mencionados días, figuran exposicións

diversas. Unha delas recollerá “O deporte de equipo no Rosal”, con material fotográfico e documental. Outra das mostras é a exposición de Encaixe de palillos, con palillada incluída; haberá, un ano máis, unha exposición venda de antigüedades, e unha mostra de pintura de Charo Trigo, así como a V Feira de Artesanía.

Actos relixiosos

            A capela de San Gregorio centrará os principais acontecementos relixiosos do patrono. O día 14, domingo, será a principal xornada celebrándose, ás 12 do mediodía, a Misa Solemne con Sermón e Procesión, acompañada polo grupo de gaitas A Boalleira.

 

Martes, 23 de febreiro de 2010

Cruz Vermella agradece a ampla colaboración no festival benéfico a prol de Haití celebrado no Rosal

Cruz Vermella e a Agrupación Musical do Rosal desexan agradecer a colaboración de todos cantos fixeron posible o acto benéfico que tivo lugar o pasado domingo, día 21, no auditorio do Rosal. Grazas á colaboración dos compoñentes da Agrupación Musical do Rosal, empresa patrocinadora, concello, voluntarios de Cruz Vermella, e a todos aqueles que non dubidaron en achegarse o domingo  e asistir as actuacións, logrouse recadar, entre donativos e entradas, 1.158,62 € que xa están depositados na conta de Cruz Vermella habilitada para recaudar fondos para o traballo que esta organización está realizando en Haití, afectado polo tremor.

 

Actividades para a mocidade promovidas desde o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal informa das actividades que se van realizar en abril, dirixidas á mocidade, con rafting, rappel e tirolina.

            A actividade de rafting no río Miño terá lugar na Barcela (Arbo), iniciándose cunha primeira actividade de orientación, distribuíndose en grupos aos que se lles entregará un mapa e un compás, tendo esta actividade unha duración de unha hora, aproximadamente.

            A continuación, tralo xantar no prado das instalacións, terá lugar a actividade de rafting, con monitores que repartirán o material, explicarán a súa colocación, e desprazamento dos participantes en autobús ata o punto de embarque. Formaranse grupos e daranse as necesarias explicacións de como colocarse na balsa, como remar e as imprescindibles normas de seguridade. Esta actividade ten unha duración de unha hora e media, aproximadamente.

Aventura en Cantabria dirixida á mocidade

Outra das alternativas ten como destino Potes (Cantabria), con guía acompañante e xantar en ruta, chegándose a media tarde ao albergue.

            Ao día seguinte terá lugar, pola mañá, unha marcha de sendeirismo, seguindo con rappel e tirolina (1/2 día), de novo xantar no albergue, e pola tarde, ruta a cabalo e visita a Potes, rematando a xornada coa cea no albergue.

O terceiro día de estadía en Potes, contempla a visita a Santander, Neocueva de Altamira e Santillana del Mar, comida tipo picnic e cea e aloxamento no albergue.

A cuarta xornada levará aos participantes a unha ruta de sendeirismo, baixada en Teleférico, comida tipo picni, e, pola tarde, visita ao Mosteiro Santo Toribio, Orujera, Pisa, Potes, finalizando a xornada coa cea no aloxamento.

O prezo aproximado por persoa é de 235 € (inclúe guía e comida en ruta).

Para información e inscricións debe a cudirse ao Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural, do Rosal, ou chamar ao telefóno 986 609 450.

 

Venres, 19 de febreiro de 2010

2 prazas vacantes en inglés nivel medio no Rosal

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal informa que quedan dúas prazas vacantes no curso de Inglés Nivel Medio. O curso terá lugar os martes e xoves de 20.00 a 21.30 horas cun total de 24 horas de duración e comezará en canto se cubran estas dúas vacantes. O prezo é de 48 euros o curso completo. Rematado o cal entregarase certificado do asistencia.

 

Programa “Xanta con Nós” para persoas maiores do Rosal

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultutal do Concello do Rosal pon en marcha un novo programa denominado “Xanta con Nós”. Este programa dirixido ás persoas maiores do Rosal consiste na realización de:

1º.- unha comida (1º tapeo variado, 2º prato principal, sobremesa, bebida e café),

2º.- seguidamente terán un baile amenizado con discos ou DJ

3º.- ó final da tarde servirase un chocolate ou café con leite acompañado por roscón ou churros.

Realizarase o último domingo de cada mes dende febreiro ata xuño e o prato principal variará cada mes.

As datas concretas do Programa Xanta con Nós serán as seguintes:

28 de febreiro (carne guisada)

28 de marzo ( bacalao ó forno)

25 de abril (arroz de marisco)

30 de maio (por confirmar)

27 de xuño (por confirmar)

Prezo por persoa : 18€

As persoas interesadas deben anotarse no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal situado no Centro Social Polivalente. 986 609450

 

Actividades do Servizo de Informacion Xuvenil e Animacion Sociocultural do concello do Rosal

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, está levando a cabo actualmente os cursos de Cociña, os martes ata o día 9 de marzo; Repostería, os mércores ata o día 3 de marzo; Automaquillaxe, os martes e xoves ata o día 25 de febreiro, e Arte floral de iniciación, os mércores ata o 17 de marzo.

Todos estes cursos realízanse dende as 20.00 ata as 22.00 horas no Centro Social Polivalente, Salón de Pintura e cociña do concello. Unha vez rematados estes cursos infórmase a tódolos os posibles interesados, que seguirán realizándose nos mesmos días e mesmos horarios.

Por outra banda está previsto o inicio de Inglés Nivel Iniciación e Medio para o que aínda existen 2 prazas vacantes. De igual xeito, os martes e xoves de 10.00 a 12.00 horas, a partir do 2 de marzo, comezarán os cursos de Iniciación a internet para persoas maiores ou desempregados (gratuíto). 

Os interesados en calquera dos cursos que se mencionan, ou noutros como autopeiteado, patinaxe para adultos, PNB,  francés iniciación, aromaterapia, relaxación, reflexoterapia, fitoterapia ou nutrición, poden anotarse no Servizo de Información Xuvenil do Concello do Rosal situado no Centro Social Polivalente, chamar ó 986 609 450 ou achegar  tódolos seus datos (Nome, apelidos, enderezo completo, DNI, teléfono e nome do curso) a informacionxuvenil@concellodorosal.es

 

Mércores, 10 de febreiro de 2010

Curso de Inxerto en San Miguel de Tabagón

A Asociación Galega de Vitucultura (AGV) e a Federación Rural Galega (FRUGA), organizan na Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de tabagón, un Curso de Inxerto que comezará o vindeiro 1 de marzo.

O curso, que se impartirá os días 1, 3, 4, 6, 8, 11, 13 e 20 de marzo, contempla unha parte teórica, que terá lugar no local da Sociedade de San Miguel, e dous días de prácticas de campo nun viñedo do Rosal, será impartido por Xosé Manuel González Vilas (Enxeñeiro Agrónomo da Asociación Galega de Viticultura), e Francisco Rego Martínez (Enxeñeiro Agrícola da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia).

            Para participar no curso hai que ser autónomo agrario, comerciante, parado ou mariñeiro (de mar ou de río). O máximo de persoas admitidas será de 25.

As persoas interesadas en inscribirse ou contactar co coordinador do  curso, Jorge Cardoso Mariño, poden chamar ao telefono 672085534

 

Venres, 5 de febreiro de 2010

Canarvais na Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel

            O luns, 15 de febreiro ás 16.30 h, organizado pola Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel, celebrarase un festival de Carnaval no que, ademais de xogos e agasallos, haberá chocolate para os nenos que vaian disfrazados e lambetadas para os fillos e netos de asociados.

            E o 27 de febreiro, sábado, a partir das 22.00 horas, celebrarase un baile de piñata.

 

Luns, 1 de febreiro de 2010

San Blas y la Virgen de la Salud volverán a ser honrados en Tabagón

San Xoán de Tabagón honrará, del 2 al 7 de febrero, a la Virgen de la Salud y San Blas.

           - El martes, día 2, tendrá lugar la bendición de Candelas, celebrándose la Misa Solemne en honor a la Virgen de la Salud a las 11.30 horas.

           - El miércoles, día 3, dedicado a San Blas, tendrá lugar la Bendición del Pan, con Misa Solemne a las 11.30 horas.

           - El viernes, día 5, a las una de la tarde, una gran tirada de fuego anunciará estos festejos, y a las 6 de la tarde se procederá a la tradicional Subida del Artístico Arco, que congrega a una gran cantidad de curiosos creando un animado ambiente en el lugar.

           - El sábado, día 6, a las 11 de la mañana hará su entrada en el recinto de fiestas el Grupo de Baile Do Lusco ó Fusco, con sus características treboadas. A las doce del mediodía se celebrarán los actos religiosos en honor a San Blas, obispo y mártir, con Misa solemne, Sermón y Procesión.

             A las 22.00 horas presentación de las orquestas “Suavecito” y “Samba” que animarán la posterior verbena.

           - El domingo, día 7, se honra a la Virgen de la Salud. A las 11 de la mañana hará su entrada la Agrupación Musical de O Rosal. A las 12 del mediodía se oficiará la Misa Solemne con Sermón y Procesión. Por la tarde habrá hinchables para los niños y chocolate gratis, para todos. Hasta las 23 horas amenizará la fiesta el grupo musical T.B.M. y como remate, una gran tirada de bombas pondrá broche final a estos festejos.

 

Venres, 29 de xaneiro de 2010

Excursións da Asociacion Sociocultural de Persoas Maiores do Rosal

Convocada pola Asociación Sociocultural de Persoas Maiores do Rosal, este colectivo organiza diferentes excursións comerciais para os vindeiros meses, tendo lugar a primeira o xoves, 11 de febreiro, a Lalín con cocido, aproveitando que é a semana anterior ao Entroido.

O venres 12 de marzo a excursión achegará aos participantes ás Termas de Monçao cun circuíto de 3 horas de duración polo balneario.

O martes 6 de abril excursión a Santiago de Compostela visitando a fábrica das tartas de S. Marcos na que cada partiicpante recibirá un agasallo.

O luns 10 de maio os excursionistas estará en Ponte de Lima con visita á feira desta cidade.

O mércores 9 de xuño excursión a Malpica, Corme e Bruño.

O prazo de inscrición comezará o 2 de febreiro para a excursión a Lalín. Para o resto das viaxes será a partir de cinco días despois a anterior excursión que se realice. Os interesados poden ampliar este contido no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, ou chamar ao teléfono 986 60 94 50 a partir do 2 de febreiro.

 

Mércores, 27 de xaneiro de 2010

A Delegación Territorial de Pontevedra comprométese a executar o proxecto de ampliación do CRA do Rosal

A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra comprometeuse, onte, a través da Xefatura Territorial de Educación, á redactar o proxecto técnico da ampliación do CRA María Zambrano do Rosal.

César Pérez Arez, xefe territorial de Educación, confirmoulle esta decisión ao alcalde, Jesús María Fernández Portela, quen levaba anos demandando esta ampliación. “Estamos moi satisfeitos de que, tras moito tempo de silencio ao respecto, agora teñamos unha resposta que permitirá resolver o grave problema de escolarización que sufre o noso concello”, asegurou o rexedor.

A ampliación do CRA María Zambrano, situado no lugar de Pías, na parroquia de San Miguel, permitirá que se poidan recuperar dúas aulas que, na actualidade, están a ser utilizadas na gardería municipal para escolarizar a un bo número de nenos en Educación Infantil.

 “Sabemos a necesidade que ten o municipio de recuperar estas dúas aulas para ampliar o número de matrículas na gardería”, aseverou Pérez Ares. “Agora a Delegación Territorial comprométese a redactar o proxecto técnico para crear dúas novas unidades no CRA María Zambrano e, en canto teñamos disponibilidade económica, ao longo deste ano, afrontaremos as obras”.

Con esta ampliación “completaremos o ciclo de 0 a 5 anos nun mesmo espazo, mellorando o servizo aos veciños de O Rosal”, concluíu o xefe territorial.

 

O concello do Rosal acollerá un curso de formación de voluntariado en coidados paliativos

            Os días 24 e 25 de febreiro celebrarase no Centro Social Polivalente o “Curso de Formación de Voluntariado en Cuidados Paliativos”, que está organizado pola Asociación Española contra el Cáncer (AECC) e conta coa colaboración da Fundación “La Caixa” e o Concello do Rosal.

            Baixo o lema “Todos contra el cáncer. Hazte voluntario. Necesitamos tu ayuda”, este curso impartirase co seguinte programa:

Mércores 24 de febreiro

10.00 a 10.30 horas: Presentación da Asociación Española contra el Cáncer.

10.30 a 11.30 horas: Coñecementos xerais sobre o cancro.

11.30 a 12.00 horas: Café.

12.00 a 13.30 horas: Habilidades sociais e de comunicación.

 

16.30 a 18.00 horas: Sintomatoloxía do enfermo oncolóxico en fase terminal.

18.00 a 18.30 horas: Café.

18.30 a 19.30 horas: Sintomatoloxía psicolóxica.

 

Xoves 25 de febreiro

10.00 a 11.30 horas: Aspecto Social.

11.30 a 12.00 horas: Café.

12.00 a 13.30 horas: Dimensión espiritual e duelo.

 

16.30 a 18.30 horas: Obradoiro práctico de voluntariado en coidados paliativos.

 

            A data límite de inscricións será o luns 23 de febreiro e poden realizarse nos teléfonos 986 865 520 ou no 647 670 121. Así mesmo mediante fax: 986 852 597 e tamén no e-mail: pontevedra@aecc.es.

 

Acto pola Paz convocado pola ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier no Calvario

A directiva da ANPA do CPI  Manuel Suarez Marquier invita a toda a comunidade educativa (alumnos, pais, profesores) así como a toda persoa que desexe, a participar nunha velada na véspera do Día Internacional da Paz, a que acuda o venres, 29 de xaneiro a partir das 20.30 horas á Praza do Calvario.

Cada persoa deberá levar unha vela (aproximadamente de 5 centímetros de base e outros tantos de altura) para dispoñela no chan sobre o debuxo a gran tamaño dunha Pomba da Paz.

Durante este acto Leranse textos escritos polos alumnos do CPIque aludirán a esta xornada de Paz, r gardarase un minuto de silencio por todas a vítimas de conflictos armados, e outro minuto en homenaxe  ás vítimas do terremoto de Haití.

En caso de chuvia quedará anulado este acto.

 

Martes, 26 de xaneiro de 2010

Porta do Río Miño e a Cooperativa do Pilar beneficiadas das axudas da Deputación

A comisión informativa de Desenvolvemento Agrogandeiro da Deputación de Pontevedra acordou resolver favorablemente, o pasado 20 de xaneiro, o reparto das axudas económicas ás cooperativas da provincia que teñen como obxcectivo a financiación de diferentes melloras nos servizos que as cooperativas prestan aos seus socios.

Na comarca do Baixo Miño as entidades beneficiadas son o Complexo Cooperativo Agrario Porta do Río Miño, do Rosal, que investirá a axuda recibida na compra de material informático, e a Sociedade Cooperativa do Pilar, tamén do Rosal, que empregará o investimento provincial na mellora da instalación eléctrica e dos equipos informáticos e na adquisición de mobiliario de cerraxería.

A Deputación de Pontevedra, que investirá un total 270.000 euros para fomentar o desenvolvemento do sector agropecuario da provincia de Pontevedra, sinala que foron 16 as cooperativas beneficiadas destas axudas pertencentes aos concellos de Cambados, A Estrada, Forcarei, Lalín, As Neves, Portas , O Rosal e Silleda.

 

Sábado, 23 de xaneiro de 2010

Prazas vacantes no Curso de autopeiteado no Rosal que comeza en febreiro

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do concello do Rosal convoca un Curso de autopeiteado do que anuncian que aínda quedan dúas prazas vacantes.

Este curso dará comezo antes do Entroido, sendo a súa duración de 6 horas repartidas en sesións de dúas horas os luns e os mércors de 20.00 a 22.00 horas no Centro Social Polivalente do Rosal.

As alumnas recibirán unhas nocións básica sobre distintas técnicas para coñecer os seus rasgos, faccións, descubrir os peiteados, e a cor e corte de cabelo que máis nos favorecen, entre outras actividades.

Requisitos

Pode anotarse calquera persoa maior de 18 anos neste cursiño ata que se cubran as dúas prazas que faltan, unha vez realizada esta inscrición, pecharanse o prazo de facelo.

Pódese conseguir máis información, coñecer o prezo do curso e formalizar as inscricións no Centro Social Polivalente de Rosal e no 986 609450

 

Venres, 22 de xaneiro de 2010

Festa na honra de San Vicente en Marzán   

Marzán, xuradía do concello do Rosal, celebrará do 22 ao 24 de xaneiro as festas en honor a San Vicente no entorno do santuario posto baixo a mencionado advocación, que estará cuberto cunha carpa para evitar posibles incomodidades do tempo.

            Hoxe, venres, ás 11.30 horas oficiarase a misa na honra de San Vicente e, a partir das seis da tarde, haberá unha gran zorzada e chourizada acompañada polo son musical de Electrosil.

           O sábado, a partir das cinco da tarde terá lugar unha nova cita gastronómica, neste caso dedicada a “callada caseira”. E de seguido, en torno ás oito da tarde, verbena cos grupos “Lareira”, da Guarda, e “Deixandar”, do Rosal.

            As festas de San Vicente concluirá o domingo, día 24. Para esta xornada prográmase, ás 11.30 horas a Misa Solemne, en honor ao titular, cantada pola Coral do Rosal, con Sermón e Procesión.

            Tralos actos religiosos procederase a subhasta dos produtos típicos ofrecidos ao santo. Rematarán os actos deste día cunha gran tirada de fogos.

 

Xoves, 21 de xaneiro de 2010

 

Ciclo de Cine Harry Potter

A concellaría de Cultura do Rosal, que dirixe Charo Tabales Perozo, organizará todos os sábados, a partir do 23 de xaneiro e ata o 20 de febreiro, un ciclo de cine dedicado a Harry Potter, o famoso aprendiz de mago do “Colexio Hogwarts” que creou a escritora británica J. K. Rowling. As proxeccións terán lugar ás 19.00 horas no Auditorio Municipal de acordo coa seguinte programación: 23 de xaneiro, Harry Potter y la Piedra Filosofal; 30 de xaneiro, Harry Potter y la Cámara Secreta; 6 de febreiro, Harry Potter y el Prisionero de Azkaban; 13 de febreiro, Harry Potter y el Cáliz de Fuego, e 20 de febreiro, Harry Potter y la Orden del Fénix.

 

Xoves, 14 de xaneiro de 2010

“El hijo de Rambow” proxéctase hoxe no Programa  Cinensino

Hoxe, xove, continúa na Comarca do Baixo Miño o Programa Cinensino, Prevención de Drogodependencias, dirixido aos alumnos da ESO.

 A Asociación Érguete Baixo Miño organiza este Programa, xunto coa colaboración do concello do Rosal e a Consellería de Sanidade, a través da Dirección.Xeral de Saúde Pública e Planificación, Subdirección.Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables, Servizo de Drogodependencias.e Trastornos Adictivos.

A proxección do 2º filme deste curso escolar 2.009/10 “El hijo de Rambow”” terá lugar no Auditorio Municipal de O Rosal ás 10.00 horas de hoxe. Asistirán alumnos e mestres de 2º curso da ESO do I.E.S. A Sangriña da Guarda e 1º curso da ESO do C.P.I. Manuel Suárez Marquier do Rosal. En total participan nesta actividade u de 107 persoas, da Comarca do Baixo Miño.

 

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

O concello do Rosal convoca o concurso de entroido con 1.895 euros en premios

O concello do Rosal vén de convocar o tradicional concurso de carrozas, comparsas e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2010, o domingo 14 de febreiro, ás 11.30 horas, na Praza do Calvario.

            A inscrición dos participantes farase no Rexistro do concello, en impreso normalizado para este fin, ata ás 13.00 horas do día 13 de febreiro. Xunto coas solicitudes de inscrición, deberán achegar un breve comentario dos traballos que se presentan a concurso, facendo constar tamén o número de acompañantes e nome do grupo.

Modalidades

            Carrozas: consideraranse carrozas un grupo de alomenos seis persoas representando algún tema sobre un móvil (carrro, tractor, motocultor). O condutor poderá ir ou non incluído.

            Comparsas: Participarán no grupo un mínimo de dez persoas.

            Grupo: Cando o número de participantes esté comprendido entre tres e nove persoas.

            Individual: Inclúese nesta categoría a parella de disfraces que pola súa condición requieran participar de forma conxunta. Nesta categoría existen as modalidades infantil e xuvenil-adulto. Os participantes farán constar o nome do disfraz e da persoa que se presenta ao concurso.

Premios

            En Carrozas os premios serán: 1º, 250 euros; 2º, 175 euros, e 3º, 150 euros. Comparsas: 1º, 200 euros; 2º, 175 euros, e 3º, 150 euros. Grupos: 1º, 150 euros; 2º, 100 euros, e 3º, 75 euros. Individuais infantil: 1º, 100 euros; 2º, 75 euros, e 3º, 60 euros. Individuais Xuvenil-Adulto: 1º, 100 euros; 2º, 75 euros, e 3º, 60 euros.

            As bases completas do concurso poden solicitarse no concello ou obterse vía e-mail.

 

Xoves, 7 de xaneiro de 2010

Tres ciclistas do Club Ciclista O Rosal estarán esta fin de semana nos Campionatos de España de ciclo-cros

Os ciclistas do Club Ciclista O Rosal, Manuel González Lomba, Iván Morais Bouzas e Antonio Portela Rodríguez participarán os días 8, 9 e 10 do mes no que andamos, representando a Galicia no Campionato de España de ciclo-cros, categoría cadetes, que se disputarà en Laredo (Cantabria), ao seren convocados polo seleccionador galego Moisés Leboso.

Estes ciclistas da comarca formarán equipo co noutros tres covocados doutros clubs galegos.

            A este campionato acode tamén, pero na categoría Sub-23, Aser Cividanes, do Club Ciclista Spol.