|
|
Sábado, 30 de xaneiro de 2010 Informa Víctor Lomba Partidos del Sp. Guardés para este fin de semana El partido de este domingo en A Sangriña se presenta muy interesante, ya que el equipo local se enfrenta al segundo clasificado, a siete puntos de diferencia, y puede ser una muy buena ocasión para abrir un hueco entre los perseguidores de cara a las aspiraciones de ascenso de categoría.
BALONMANO AT. GUARDES1ª Nacional Femenina Informa Ignacio Saa El Mecalia At. Guardés se desplaza a Cantabria para el sábado a las 20.00 enfrentarse en el Pabellón Pedro Velarde al Seficosa Camargo en encuentro correspondiente a la jornada 14de la 1ª División Nacional Femenina. El Mecalia que está situado en 4ª posición con 16 puntos, debe ganar para romper la racha negativa y recuperar la confianza en si mismo como equipo y mantener su privilegiada posición. El Seficosa Camargo ocupa el puesto 10 con 8 puntos.
1ª Autonómica Masculina Domingo 31 a las 12.30 se enfrentan La Pizzicata At. Guardés con el Samper Sárdoma en la lucha por la permanencia. El Guardés debe sumar sus dos primeros puntos en esta fase para evitarse complicaciones y prisas de última hora. Clasificación tras Jornada numero 3
División de Honor Juvenil Femenina Sábado 30 a las 17.00 en el pabellón Municipal de Lalín B.M.Lalín- La Pizzicata At. Guardés
División de Honor Cadete Femenina Sábado 30 a las 12.00 en A Sangriña At. Guardés- SAR de Redondela
División de Honor Infantil Femenina At. Guardés – B.M. Cangas ( Sin determinar fecha ni hora)
Sábado, 30 de xaneiro de 2010 O 7 de febreiro visita guiada ao Esteiro do Miño co gallo do Día Internacional dos Humedais ANABAM, asociación conservacionista que traballa no Baixo Miño, incluíndo a marxe portuguesa do Miño, co gallo do Día Internacional dos Humedais, que se celebrará o vindeiro mes de febreiro, organiza unha visita ornitológica guiada pola marxe galega da desembocadura do Miño. Esta visita, de carácter gratuíto, desenvolverase o domingo 7 de febreiro, partindo da Estación Ornitolóxica, na Pasaxe (Camposancos-A Guarda), situada a 100 metros do peirao do ferri A Guarda-Caminha. Garzas, garzotas, mazaricos e patos son algunhas das aves que os participantes poderán ver nesta visita. ANABAM disporá dun certo número de prismáticos e telescopios para poder observar estas aves, en entregará a cada participante un caderno guía de aves así como a publicación Guía para andar por el estuario del Miño e un DVD da Ruta ornitológica desta área. O prazo para inscribirse remata o venres 5 de febreiro. As persoas interesadas en participar nesta actividade terán que inscribirse previamente enviando un correo electrónico a anabam.anabam@terra.es, Teñén máis información na páxina web desta asociación: www.anabam.org
Sábado, 30 de xaneiro de 2010 Entrega do Plan Comercia da Deputación de Pontevedra á asociación ‘ÁBACO’ O pasado 22 de xaneiro, a Asociación ‘Ábaco’ recibiu dos técnicos da Área de Comercio da Deputación de Pontevedra os resultados do estudo realizado a esta asociación de comerciantes enmarcado dentro do “Plan Comercia 2009”. A finalidade do Plan Comercia é elaborar un diagnóstico previo da situación da Asociación no que se basearía a posterior proposta de pautas de actuación a desenvolver pola mesma co fin de mellorar a xestión, a comunicación cos seus asociados e unha proposta de actividades de dinamización concreta. Os obxectivos do mesmo é proporcionar apoio técnico para a realización dun autodiagnóstico e o asesoramento no deseño dun plan de acción que lles permita fixar os obxectivos a curto/medio prazo para lograr as súas capacidades técnicas; identificar as súas fortalezas e debilidades, especialmente aquelas deficiencias e carencias que se puidesen mellorar e os seus correspondentes plans de mellora; fortalecemento do traballo en rede e a busca de sinerxias entre as asociacións e cooperación con outras entidades e contribución á dinamización do sector comercial nos seus respectivos ámbitos de actuación. No diagnóstico realizado na Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios “Ábaco”, en palabras dos técnicos, atopámonos cunha asociación de recente creación, (ano 2005), cuxo obxectivo era mellorar a situación do comercio a través dunha asociación que defendese os seus intereses e, a longo prazo, conseguir a unión dos comerciantes do concello de A Guarda nunha única asociación. Abaco está constituída fundamentalmente por establecementos comerciais minoristas, aínda que tamén hai empresas doutras actividades, actualmente conta arredor de 150 asociados. Dentro da Valoración Global da Entidade, en termos xerais, trátase dunha asociación moi dinámica e profesionalizada obtendo unha valoración positiva naqueles aspectos relacionados cos Bloques Identidade e Instalacións e equipamento, non obstante existen outros susceptibles de mellora, aqueles que fan referencia aos ítems de Comunicación Externa, e como proposta de mellora se lle indica, a elaboración dun “plan estratéxico” a longo prazo (3 ou 5 anos) que recolla as directrices de actuación da asociación; así como tamén no referente á comunicación o deseño dun “plan de comunicación interno” co fin de que todos os asociados coñezan o funcionamento da asociación.
Sábado, 30 de xaneiro de 2010 A demanda de participantes obriga a ampliar o número de prazas para a Peregrinar a Santiago polo Camiño Portugués da Costa Debido ó elevado interese suscitado por esta actividade, que provocou que se completasen en menos de 10 días as 100 prazas dispoñibles, a organización decidiu ampliar éstas ata completar un terceiro autobús, polo que todas aquelas persoas que estén interesadas en realiza-la actividade poden inscribirse no Concello da Guarda ata completar as novas prazas. Para formalizar a inscrición precisase a ficha cumprimentada cos datos persoais, unha fotocopia do DNI e o xustificante bancario do pago da actividade. (Para coñecer as etapas e outras características, premer AQUÍ)
Venres, 29 de xaneiro de 2010 Decepción do alcalde no encontro dos portavoces municipais co conselleiro de Medio Ambiente polo tema das "21 licenzas" Atendendo ao acordo que tomaran todos os portavoces dos distintos grupos municipais da Guarda, e logo de solicitar unha entrevista ao conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández Fernández de Rojas para tratar sobre as 21 licencas concedidas en solo de interese paisaxística, que motivaron xa a demolición de tres construccións, unha delas habitada, onte a tarde acudiron a Santiago José Manuel Domínguez Freitas, alcalde da Guarda; Miguel Español Otero, portavoz do PSdeG-PSOE; Fátima Iglesias Ferreira, portavoz do Partido Popular, e Xan Lois Lomba Alonso, portavoz do BNG, non facéndoo o portavoz de IV-TEGA, Celso Rodríguez Fariñas. Cunha conclusión final “o asunto preséntase mal”, e coa decisión de defender os intereses dos propietarios, pero tamén de todos os guardeses, Domínguez Freitas avanzaba, e así llo manifestou ao conselleiro, que o concello da Guarda “iniciará todas as accións que se poidan levar a cabo tendentes a reclamar responsabilidades á Xunta”, lembrando que hai unha sentencia na que di que podería ter incorrido en inacción “reclamándolle á Xunta as súas responsabilidades”. Domínguez Freitas, que non podía ocultar a decepción desta reunión, explicou que o pasado mércores reuníronse os portavoces dos distintos grupos no concello para enfocar a entrevista con Agustín Hernández na que lle pedirían “que a Xunta se fixese cargo das indemnizacións e dos gastos que conlevan as demolicións, e viñemos como fomos”, en alusión a non haber logrado ningunha destas peticións, malia explicar que tanto as demolicións coma as indemnizacións “suporían un custe que dificilmente é afrontable polo concello, e para os afectados suporá, si finalmente ten que facerse cargo o concello, moita máis demora porque os medios económicos son os que son” Abundando na resposta sobre as indemnizacións, o conselleiro, “manifestounos que cada quen ten que facerse cargo das responsabilidades que lle tocan, e respecto das demolicións dixo que a Xunta só se fai cargo das que lle corresponden e, polo tanto, no se fará cargo dos outros derribos”, o que significa que como os Tribunais números 2 e 3 obrigan ao concello a tirar as demais vivendas, será a institución local quen deberá levar a cabo esta execución. En próximos días o alcalde convocará de novo aos portavoces para valorar a entrevista, e reunirase tamén cos afectados para expoñerlles o resultado do encontro con Agustín Hernández Fernández de Rojas, pero tamén para responder ás preguntas presentadas polos propietarios hai días, e que o alcalde non respondeu á espera da reunión celebrada onte co conselleiro. O alcalde que sinalou que “toda vía de diálogo coa Xunta está rota, pois non cabe ningún tipo de acordo”, considerou, finalmente, “que este asunto irá para longo”.
Venres, 29 de xaneiro de 2010 A rúa Vicente Sobrino compaxinará a circulación de vehículos co paso peonil, pero se retomará a prohibición de aparcar A Concellería de Tráfico, que dirixe Paulino Rodríguez, estuda o futuro da rúa Vicente Sobrino sobre as posibilidades de tráfico da mesma que, segundo explicou, podería pasar por permitir a circulación de vehículos, e a prohibición de aparcamento, agás carga e descarga. Para elo colocaranse, ao longo dun dos laterais, pivotes que delimiten o espazo reservado aos peóns, e se substituirá o mobiliario por outro máis idóneo. Paulino Rodríguez González, sinalou que, a solución definitiva estará resolta antes do vindeiro verán.
Venres, 29 de xaneiro de 2010 Aclaración sobre la información referente al Ciclo Medio de Enfermería publicado ayer Como ampliación, o aclaración de la información publicada ayer, respecto a la posibilidad de solicitar a la Xunta de Galicia que se implante el Ciclo Medio de Enfermería en el IES A Sangriña, destinado a personas mayores de 18 años, o 16 años con contrato de trabajo, hay que señalar que esta es una idea surgida de un colectivo de personas ajenas a la dirección del IES, que está recogiendo firmas para presentar esta solicitud. Las personas interesadas en esta iniciativa pueden ponerse en contacto a través del número de teléfono 654 17 58 39 con Alicia.
Xoves, 28 de xaneiro de 2010 Ciclo medio de auxiliar de enfermería en el I.E.S “A Sangriña” Con motivo de la demanda de mayor formación para adultos, que pueda compaginarse con la vida laboral, y dado el interés de un gran sector de la población de nuestra comarca, existe la posibilidad de solicitar a la Xunta de Galicia el Ciclo Medio de Auxiliar de Enfermería para el instituto I.E.S “A Sangriña”. Desde el colectivo que trata de impulsar esta posibilidad informan que se está elaborando una lista en la que se pueden anotar aquellas personas interesadas en esta titulación y que se imparta en el IES de A Guarda Insisten que es de vital importancia que los interesados se anoten cuanto antes, ya que el plazo para presentar la documentación requerida es muy corto. Los requisitos para poder acceder al ciclo son los de estar en posesión de Graduado en la E.S.O y ser mayor de 18 años o tener 16 años y un contrato de trabajo. Las personas interesadas en esta iniciativa pueden ponerse en contacto a través del número de teléfono 654 17 58 39 con Alicia.
Xoves, 28 de xaneiro de 2010 O Padroado do Monte Santa Trega convoca dúas prazas para este espazo Por resolución do presidente do Padroado Municipal Monte Santa Trega, de data 27 de xaneiro de 2010, aprobáronse as bases para a contratación laboral temporal de de unha praza de limpador do Monte e una praza de cobrador/celador do Monte. O prazo de presentación de solicitudes será dende a publicación do presente anuncio no Faro de Vigo ata o día 4 de febreiro de 2010, no Rexistro do Concello en horario de de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres e de 10.00 a 13.00 horas o sábado nas oficinas municipais, onde están a disposición dos interesados as referidas bases e o modelo de solicitude.
Mércores, 27 de xaneiro de 2010 A Rede presenta os cinco obradorios do programa de formación que terá lugar en febreiro na Guarda A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello da Guarda, anuncia as novas actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de febreiro no CDSI da Guarda, sito no Centro Cultural. Os obradoiros que se van desenvolver iniciaranse o 1 de febreiro, con “Solicitude de cita médica en Internet” co que os usuarios poderán solicitar ou anular citas médicas co SERGAS sen necesidade de desprazarse. Este obradoiro desenvolverase de 10.45 a 12.45 horas. Do 2 ao 12 de febreiro, e nunha segunda quenda, do 15 ao 25 de febreiro, ámbalas dúas quendas de luns a venres, de 10.45 a 12.00 horas, desenvolverase o curso de “Mecanografía”, un adestramento para escribir con todos os dedos sen mirar ao teclado do computador. O terceiro obradoiro, “Alfabetización dixital: Informática e Internet”, desenvolverase do 2 ao 11 de febreiro, de 16 a 17.30 horas. Con esta formación o usuario será capaz de manexar de forma básica un computador, acceder a Interne, e utilizar algúns dos recursos básicos dispoñíbeis. O último dos obradoiros que se impartirán en febreiro será o de “Procesador de textos: Writer”, que posibilitará ao usuario crear ou modificar un documento de texto empregando o OpenOffice Writer. Vaise desenvolver de luns a xoves, do 15 ao 25 de febreiro, entre as 16 e as 17.15 horas. A charla prevista para febreiro será “Redes Sociais ” que se impartirá o 26 de febreiro, ás 11 horas no CDSI da Guarda. Para inscribirse nos obradoiros, ou para solicitar máis información sobre as súas actividades, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Dinamización da Guarda, na Rúa Rosalía de Castro 14, chamar ao teléfono 986.611.850 ou mandar un correo electrónico ao enderezo rubencarlos.aguarda@dinamiza.fundacioncalidade.org.
Mércores, 27 de xaneiro de 2010 Pleno Ordinario da corporación da Guarda A Corporación da Guarda celebrará o vindeiro venres, ás 20.00 horas, sesión ordinaria de Pleno, con cinco puntos na Orde do Día, da que o cuarto son as mocións presentadas polos distintos grupos municipais, segundo a orde de entrada no Rexistro municipal. Abrirase a sesión coa Aprobación das actas das sesións anteriores (ordinaria do 01/12/2009, e extraordinarias do 11/12/09 e 29/12/09). E seguirán os seguintes puntos: 2º. Dar conta decretos; 3º. Proposta Alcaldía sobre Vía Alta Capacidade do Baixo Miño; 4º. Mocións: do PP sobre Necesidade de que o Ministerio de Agricultura preserve a variedade albariño para determinados usos, e Declaración institucional do PP na celebración do Día Internacional para eliminación da violencia contra as mulleres; de EU asumida por TEGA-IV, sobre Reparación do monumento sito na Praza da República e Inclusión no Orzamento 2010 dunha partida parta indemnizacións por anulación das 21 licenzas; do PSdeG-PSE sobre Medidas de protección da Lingua Galega, e do BNG sobre Plan sectorial galego de solo residencial. Pechará a sesión plenria o puntos de Rogos e preguntas.
Mércores, 27 de xaneiro de 2010 Concerto na Casa de cultura da Comunidade de Montes de Camposancos A comunidade de Montes de Camposancos organiza, o venres, 29 de xaneiro, un concerto no que participarán a coral da Agrupación Musical do Rosal, o Coro de Voces Medio Tempo e o Grupo de Pandereteiras Xamaraina. Esta actividade musical que se realizará na Casa da Comunidade de Montes (Subida a San Amaro) ten como hora de comezo as 21.00 horas.
O BNG reclama o pintado de varias rúas da Guarda O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, vén de reclamar ao concello da Guarda o pintado do asfalto de varias rúas do centro urbano do concello. Dende o BNG lembran que hai máis dun mes que se repuxo o firme das rúas Circunvalación, Manuel Álvarez, Rosalía de Castro e Paseo de Portugal na Guarda sen que se pintaran, cos conseguintes problemas que isto pode xerar tanto para os automóbiles como para os peóns. O BNG considera un perigo non ter delimitados os carrís na estrada así como as zonas de aparcamento. Pero é, sen dúbida, a falta de pintado nos pasos de peóns o que está a ocasionar máis problemas na seguridade viaria de todos os guardeses. Dende a formación nacionalista resulta inconcibíbel que un simple asfaltado de rúas non sexan rematadas co seu pintado, e di que non se pode comprender esta deixadez por parte do grupo de goberno que debe velar polas obras que se realizan no seu concello e sobre todo aquelas que teñan que ver coa seguridade dos seus cidadáns.
Mércores, 27 de xaneiro de 2010 Informa Víctor Lomba Resultados de los distintos equipos del Sp. Guardés este pasado fin de semana
Resultados de los distintos equipos del Sp. Guardés este pasado fin de semana, y os adjunto unas fotos del domingo en el campo del Xinzo.
SENIORS: XINZO 0 - SP. GUARDES 5 Buenísimo el resultado obtenido en el campo del Xinzo este domingo. Al descanso el resultado ya era de 0-4. Partido relativamente fácil para el equipo. Los goles han sido: Nico T. (2), Isidro, Manu y Berto. El guardés además se vio favorecido esta semana por los resultados de sus inmediatos perseguidores, ya que el tercero en la tabla perdió y el cuarto y quinto empataron, lo que nos coloca a 13 puntos de diferencia con el tercero (ascienden los dos primeros). Este domingo a las 4 de la tarde recibimos al Chapela, segundo clasificado a 7 puntos. ¡
Así queda la clasificación. Clasificación
Otros resultados de las distintas categorías del guardés: JUVENILES LIGA GALLEGA: SP. GUARDES 2 -- PORTONOVO 2 JUVENIL 2ª PROVINCIAL: SALVATIERRA 2 -- SP. GUARDES 0 CADETE LIGA GALLEGA: ERIZANA 0 -- SP. GUARDES 8 INFANTIL 2ª PROVINCIAL: SP. GUARDES 4 -- C. MERCANTIL 4
Martes, 26 de xaneiro de 2010 Informa Ignacio Saa RESULTADOS BALONMANO AT.GUARDES
1ª Nacional Femenina.
Beti Onak- 32—Mecalia At. Guardés 27 Nueva derrota del Mecalia ante un rival en principio asequible. A veces un rumbo equivocado puede llevar un barco a las piedras; corregir el rumbo es lo que debe hacer cualquier patrón sensato, con anticipación suficiente para evitar una deriva irreversible.
Juvenil Femenina. La Pizzicata At. Guardés 25- S.D. Teucro 23 Trabajada victoria de las guardesas en el encuentro disputado la mañana del domingo en A Sangriña.
Cadete Femenina. Seis do Nadal 16- At. Guardés 28 A la vista del resultado, no encontraron las guardesas demasiada oposición en el pabellón de Coia.
Infantil Femenina Seis do Nadal 20- At. Guardés 20 Aquí, si encontraron un rival a su medida. INFANTIL FEMENINO Clasificación tras la Jornada numero 14
Martes, 26 de xaneiro de 2010 O pósito da Guarda beneficiado polas axudas da Deputación para o ano 2010 A Confraría de Pescadores Santa Tecla, da Guarda, é un dos cinco pósitos que recibirán axudas da Deputación de Pontevedra que aprobou, na comisión informativa de Pesca e Asuntos Mariños do pasado 20 de xaneiro o reparto de axudas económicas ás confrarías, federación provincial e asociacións de confrarías da provincia para o ano 2010, destinando para todas elas preto de 30.000 euros. No caso da Confraría de Pescadores Santa Tecla, con preto de 500 asociados, a achega do organismo provincial irá destinada a adquirir equipamento para a lonxa e a mellorar a seguridade, hixiene e saúde das tripulacións e das embarcacións empregadas para o traballo.
Luns, 25 de xaneiro de 2010 Grupos para un festival A Asociación Cultural Sopadesobre da Guarda, busca grupos para organizar un festival benéfico a favor de Haití, nos dias 5 e 6 de Febreiro, contactar na dirección rock_and_roll_dance_party@hotmail.com
Sábado, 23 de xaneiro de 2010 Curso de Socorrismo e Salvamento Acuático O Concello da Guarda informa que a partires do mes de febreiro se levará a cabo un curso de Socorrismo e Salvamento Acuático. Dito curso realizarase os sábados e domingos na Piscina Municipal e na Aula Municipal. O custe será de 355 euros para os empadroados neste concello e de 395 euros para os non empadroados na Guarda. Para máis información pódese acudir á OMIX do concello da Guarda ou chamar ao teléfono 986 61 45 46.
Sábado, 23 de xaneiro de 2010 Informa Ignacio Saa BALONMANO AT.GUARDES
1ª Nacional Femenina. El Mecalia se desplaza a Pamplona para jugar en Villava (Pabellón Hnos.Indurain) a las 18.00 contra el Beti Onak.
1ª Autonómica Masculina El Pizzicata At. Guardés descansa.
División de Honra Xuvenil Femenina El Pizzicata At. Guardés se enfrenta a la S.D.Teucro en A Sangriña el domingo 24 a las 12.00.
Cadete e Infantil Femenina. El At. Guardés se desplaza a Coia para enfrentarse al Seis do Nadal el sábado a las 11.00 y 12.30 respectivamente.
Sábado, 23 de xaneiro de 2010 Nace a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos “Mercaguarda” Co fin de converter a praza de abastos nun lugar de referencia da vila, e servir como plataforma de empuxe para que as obras de remodelación deste espazo vaian adiante, constituíuse onte na Guarda a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos “Mercaguarda”. A súa formación vén cubrir a necesidade dunha agrupación que englobe aos comerciantes que traballan neste lugar e defenda os seus intereses e necesidades de cara á promoción e mellora dos seus produtos e actividades. Despois de varias reunións mantidas entre os diferentes comerciantes da praza da abastos, a xunta directiva quedou constituída da seguinte maneira: Presidente: Saúl Treinta Baz Vicepresidente: Nicolás Andura Rodríguez Secretario: Mercedes Vaquero Enes Tesoureiro: Emilio Baz Pacheco Vogais: Nahir Begoña Alonso Rodríguez, María Yolanda Leira Ferro, Luis Baz Vicente, José Luis Alonso Pacheco e Juan Manuel Lorenzo Leirós A Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos “Mercaguarda” formouse en colaboración con Upta Galicia e a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Baixo Miño ‘Ábaco’.
Curso de cambios posturales para el cuidado de personas dependientes Desde la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño informan de la primera convocatoria formativa del 2010, con el curso: “Cambios posturales” para el cuidado de personas dependientes, dirigido a personas mayores de 16 años interesadas en adquirir las habilidades y conocimientos necesarios para la movilización y cuidados especiales que requieren las personas dependientes. El objetivo principaldel curso es formar a familiares, cuidadores y trabajadores sobre el modo de realizar los cambios posturales que favorezcan la movilidad de la persona dependiente. Además, se pretende mejorar la calidad de vida de la persona dependiente y del familiar cuidador, potenciando la integración de la persona mayor en su medio habitual mejorando las relaciones intergeneracionales. En la estructura del curso se incluyen los siguientes módulos: Enfermedades físicas relacionadas con la inmovilización: úlceras, EPOC, parálisis, etc; Ayudas técnicas; Técnicas de movilización e inmovilización; y Riesgos y complicaciones de una inadecuada manipulación. Esta formación tiene una duración de 20 horas teórico prácticas, se desarrollará los sábados 20, 27 de Febrero 10.00 a 14.00 horas y de 16.00 a 20.00 horas, y el 6 de marzo de 10.00 a 14.00 horas, teniendo el curso un coste de 60 €. Todas las personas interesadas en obtener más información o en realizar la preinscripción pueden dirigirse a la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, Calle Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. (al lado de la iglesia Parroquial) o llamar al telf: 986 61 46 09 // 606 34 84 71 de lunes a jueves entre las 8.30 a 14.00 horas y de 16.00 a 20.00 horas, y los viernes: 8.00 a 15.00 horas.
Sábado, 23 de xaneiro de 2010 O Cruceiriño xa está na súa ubicación orixinal Os veciños do 2º transversal da Cruz, parroquia de Sacidos, xa volven ter o seu Cruceiriño, como denominan ao cruceiro que se atopa nunha encrucillada de camiños e que accidentalmente, a mediados do pasado ano, fora partido ao golpealo un tractor cando manobraba. As xestións levadas a cabo polo concelleiro de Patrimonio, Javier Crespo, permitiu que este elemento do patrimonio relixioso local fose arranxado na Escola de Canteiros de Pontevedra, e onte mesmo Francisco Castro, traballador da Escola, e Adrián Otero, profesor de escultura na institución mencionada, dependente da Deputación provincial,procederon á súa colocación. Segundo explicaba Adrián Otero, a actuación que se levou a cabo consistiu, basicamente, en facer uns furos interiores, para verter neles resina epóxica e introducir o espigo de carbono que uniría as pezas, engadido na superficie interior, como adherente, tamén resina epóxica. As xuntas que se forman pola rotura foron recheas con resina acrílica, que logo se puliu para darlle un acabado semellante ao do resto do varal, pero sen disimular a restauración, para que quede evidencia histórica de que o cruceiro pasou por este proceso. O conxunto foi limpado manualmente cun cepillo de cerdas naturais.
Sábado, 23 de xaneiro de 2010 O concello da Guarda acometerá oito actuacións por importe de 1.124.749 euros no Fondo Estatal para o Emprego O Concello da Guarda xa ten decididos e ultimados os proxectos de obras que vai solicitar con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e Sostibilidade Local, tamén coñecido como Plan Zapatero II, cun investimento de 1.124.749 euros. Son oito obras distribuídas polas tres parroquias da Guarda que contemplan a 2ª fase da urbanización do Camiño do Couto, en Camposancos, desde o Transformador ata o encontro co remate da 1ª fase, cun acabado en pedra semellante ó da fase anterior; a rexeneración do entorno das docas da Pasaxe, lugar de paseo e mecer; a humanización da Praza da Guía; a dotación de beirarrúas no barrio de Solanas, zona onde está a gardería municipal e os colexios; beirarrúa na estrada que vai de San Roque ao Castro; construcción do Centro Social de Salcidos, na zona do parque da Portela; reforzo da rede WIFI, para que dé cobertura a tódolos usuarios, e instalación de enerxía solar termodinámica na piscina municipal.
A Garda Civil da Guarda descobre unha presunta fraude polo uso indebido de gas-oil tipo B A Patrulla Fiscal da Garda Civil da Guarda, en colaboración coa de Vigo, lograron descubrir unha fraude de impostos especiais polo uso indebido de gasóleo B en, polo menos, catro camións-trailer dunha empresa de transporte do sur da provincia. Os feitos sucederon o pasado día 20 cando se procedeu á inspección, na estrada PO-552 (Vigo-Tui), de dous camións da citada empresa, nos que se descubriu un depósito de aproximadamente 800 litros de capacidade, camuflado no remolque ou gabarra e ocupando a práctica totalidade da parte anterior da mesma, onde portaban o gasóleo B. Destes depósitos salen dous tubos que introducen este carburante no motor do vehículo. Este mesmo sistema de ocultación foi detectado noutros dous vehículos da mesma empresa estacionados no domicilio social da mesma. O uso do gasóleo B (gas-oil bonificado) está destinado para carburante de maquinaria agrícola e barcos e o seu uso noutro tipo de vehículos constitúe unha infracción administrativa grave por fraude de impostos especiais, que pode levar unha sanción de máis de 30.000 euros. As correspondentes actas instruídas foron remitidas ao Administrador de Aduanas e Impostos Especiais de Pontevedra.
Venres, 22 de xaneiro de 2010 Solidariedade da confitería Rogelio con Haití A Confitería Rogelio, ubicada na rúa Joaquín Alonso (Praza Nova) solidarizouse coas vítimas do terremoto de Haití destinado a todalidade das vendas de madalenas despachadas no día de onte a aquel país, o máis pobre de América, asolado polo movemento sísmico rexistrado o pasado mércores, 13 de maio. O donativo será ingresado na conta que a Cruz Vermella ten aberta para aquel país.
Charlas sobre o acoso escolar e os problemas derivados do mal uso de internet no IES A Sangriña O día 28 de xaneiro, xoves, terán lugar as charlas informativas que forman parte do Plan director para a convivencia e mellora da seguridade escolar, proposto pola Consellería de Educación e da Garda Civil de Pontevedra. Abordaranse dous temas que preocupan especialmente na actualidade, por unha parte o problema do acoso escolar e por outra internet e os problemas derivados do seu mal uso. O horario desta actividade será para o alumnado de 1º e 2º da ESO de 09.10 a 11.05 horas, para o alumnado de 3º e 4º da ESO de 11.05 a 13.10 horas. A partir das 19.30 horas trataranse os mesmos temas pero dirixidos a pais, nais e profesorado. Poderán asistir as persoas que o desexen. Desde o IES A Sangriña convidan a participar ás familias do alumnado dos demais centros educativos da vila. Todas estas charlas serán impartidas por persoal especializado da Garda Civil e son organizadas polo Grupo de Dinamización da Convivencia e a Vicedirección do IES A Sangriña.
Venres, 22 de xaneiro de 2010 O Club de Remo Robaleira participará mañá no Campionato Nacional de Remoergómetro Desde o club de Remo Robaleira informan que durante a mañá do sábado vaise celebrar en Tui o Campionato Nacional de Remoergómetro, ao que acudirán deportistas de todo o territorio nacional, e no que tamén o Club de Remo Robaleira terá representación nas categorías xuvenil e senior masculino con claras aspiracións a acadar boas posicións. Este Campionato vai ter lugar no polideportivo de Tui con entrada e gratuíta. Recordan tamén desde o Robaleira a suspensión, a semana pasada, do Campionato Galego de Remoergómetro, por mor da folga dos funcionarios, e tamén lembran que o 6 de febreiro comezará a tempada de bateis modalidade de remo na que, unha vez máis, farase notar o club de remo da Guarda.
Venres, 22 de xaneiro de 2010 O concello da Guarda participa en Fitur na presentación do Camiño Portugués da Costa Hoxe, venres,ás 11.50 horas, terá lugar no stand de Turismo Rías Baixas a presentación do Camiño Portugués da Costa, coa participación dos sete concellos que integran o 9º Camiño a Santiago: A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo e Redondela. Estarán presentes neste acto o alcalde, Jose Manuel Domínguez Freitas, e a concelleira de Turismo, Monsterrat Magallanes. Esta presentación insírese nas iniciativas comúns que están a planificar e a pór en marcha os concellos galegos integrantes do Camiño Portugués da Costa. A presentación correrá a cargo de Manuel Campo Vidal, periodista e presentador vinculado dende hai anos ao concello da Guarda. Actualmente preside a Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión de España.
Serafín Fernández Portela único candidato a secretario da Unión Local do Baixo Miño que hoxe se constitúe Ás sete desta tarde vai ter lugar nun coñecido hostal da Guarda unha Asemblea para a constitución da Unión Local do Baixo Miño e elección do seu primeiro secretario, cargo para o que se presenta un único candidato, Serafín Fernández Portela. Ata agora todo o Baixo Miño dependía da Unión Local de Porriño, a partir da constitución da Unión Local desta comarca, Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño formarán parte deste novo colectivo. A executiva da Unión Local do Baixo Miño estará formada por cinco homes e dúas mulleres, que serán elexidas nunha asemblea representada por 44 membros. Ao acto asistirá Serafín Otero, secretario xeral de Vigo, e posiblemente Suso Seixo, secretario da CIG. A elección da U.L. do Baixo Miño posibilitará que esta comarca estea presente nos organismos de dirección da CIG.
Xoves, 21 de xaneiro de 2010 Cruz Roja Baixo Miño iniciará actividades orientadas a la búsqueda activa de empleo La Asamblea comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, pone en marcha un proyecto dirigido a la población en general de esta comarca basado en una formación encaminda a la búsqueda activa de empleo y un punto de información y Orientación Laboral. El taller de empleo se desarrollará los próximos días 22 y 23 de Febrero en la sede de la Asamblea de Cruz Roja en A Guarda en horario de 09.00 a 14.00 horas. Se trabajarán los siguientes contenidos: habilidades sociales para la búsqueda de empleo; factores que influyen en la búsqueda de empleo, la autoestima; cómo enfrentarse a una entrevista de trabajo y elaboración del curriculum. Las plazas de esta formación de carácter gratuíto serán limitadas, pero en el caso de la existencia de gran demanda se crearía otro taller. Además de este taller la Asamblea contará con un Punto de Información y Orientación Laboral en el cual se continuará desarrollando las habilidades necesarias y ofrecer los recursos necesarios para la búsqueda activa de empleo. El Punto de Información abrirá sus puertas el viernes, 6 de febrero, en horario de 10.00 a 11.30 horas, permanecendo abierto todos los viernes en ese horario. En los últimos meses, debido a la situación de crisis que afecta a nivel mundial, se incrementó el número de personas que perdieron su empleo, a eso se le une el número de personas que salieron de su país tratando de mejorar su situación intentando incorporarse al mundo laboral español. Desde a Cruz Roja, como entidad de carácter social, se realiza una intensa labor con los colectivos más desfavorecidos, entre ellos los desempleados. Por todo esto pondrá en marcha las siguentes lineas de actuación: Facilitar el acceso a las nuevas tecnologías, Ofrecer asesoramento para la búsqueda de empleo, Fomentar hábitos constantes de búsqueda activa de empleo. Para más información las personas interesadas pueden dirigirse a: Cruz Roja Baixo Miño, calle Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo; Teléfono: 986614609/606348471 o a través del correo laguardia@cruzroja.es
Mércores, 20 de xaneiro de 2010 Un sendeiro permitirá o percorrido polo litoral da Guarda valorizando as cetarias como elementos do patrimonio marítimo A Guarda contará, neste mesmo ano, cun novo sendeiro que percorrerá a zona costeira e que co nome de “Ruta das antigas Cetarias” promoverá a Confraría de Pescadores Santa Tecla e o concello guardés. Esta actuación enmárcase dentro do proxecto de promoción sociocultural denominado “Formación de Guías-intérpretes na Confraría da Guarda” que supón a formación alternativa de asociados deste colectivo que actuarán como axentes de promoción desta ruta. Cun investimento de 93.657 euros, a parte que corresponde á Confraría, financiados na súa totalidade pola Consellería do Mar, ademais doutros 3.000 euros para actividades de homologación da ruta e deseño virtual da mesma, este itinerario terá unha lonxitude de 4.115 metros que discorrerá desde a cetaria da Avenida Fernández Albor, na Grelo, seguirá cara ás praias de Fedorento e Area Grande, tras pasar o Paseo Marítimo, e chegará á cetaria de don Pepe Sobrino, pouco antes do límite co municipio do Rosal. Neste tramo sitúanse os restos de catro cetarias, de uso familiar, algunha con máis de cen anos, que se utilizaron como viveiros de lagosta e lubrigante ata os anos setenta, cando caeron en desuso e se sustituíron por tanques construídos nas adegas dos baixos das vivendas. As esixencias do mercado precisaban unha subministración rápida e eficaz, imposible de atender coas cetarias, ás que soamente se podía acceder con marea baixa e co mar en calma. O paso do tempo e o efecto do mar foron actuando negativamente sobre a integridade destas construcións singulares, que xa forman parte do patrimonio marítimo local. A actuación que levará a cabo a Confraría, e que deberá finalizar antes do 30 de novembro, afectará a unha lonxitude de 1.232 metros, entre o final da praia Area Grande e Laxe de Can, mentres que o concello actuará entre os marcos 204 ao 219. Ambas actuacións suporán a recuperación dun carreiro natural que nalgunhas partes desapareceu baixo a vexetación, pola falta de uso e a caída de pedras e bolos arroxados polo mar. Nestes tramos retiraranse os bolos para deixar libre o sendeiro, retiraranse as pedras caídas que se devolverán aos correspondentes muros das leiras, estenderase xabre, para evitar a vexetación, e buscarase o firme, sexa de laxe ou de terra. Ao finalizar estas actuacións, o carreiro terá un ancho cunha media de dous metros e irá dotado de seis postes de sinalización da ruta e catro paneis interpretativos. O financiamento deste proxecto, que conta con todos os informes favorables, entre eles a autorización do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio rural e Mariño, foi solicitado á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, da Consellaría do Mar, o 27 do pasado mes de xullo.
Mércores, 20 de xaneiro de 2010 O Centro San Xerome en agradecemento á Basilio Moreira Carrero Lonxe de ideoloxías políticas, relixiosas ou cuestións empresariais, o que sempre permanecerá será o aspecto humano das persoas, identificado por feitos concretos: a preocupación diaria polos demais, a solidariedade anónima, o apoio aos máis desfavorecidos.... Graciñas Basilio, polo teu tempo, polos teus consellos, pola túa paciencia, amizade e coherencia. Dirección e Xunta Directiva do Centro San Xerome Emiliani, (A Guarda-Pontevedra).
Martes, 19 de xaneiro de 2010 Elías Rebollar Vega leva ao programa Intereconomía o asunto das 21 licenzas O programa “Mucho que decir”, que emite a canle Intereconomía, recibirá o vindeiro xoves, ás 19.00 horas, a Elías Rebollar Vega, portavoz da asociación xurdida a raíz da orde de derrube das vivendas construídas na zona de interese paisaxístico, malia contar coas correspondentes licencias. Está previsto que o programa, que se emite en directo, dedique arredor de 45 minutos a este tema.
Martes, 19 de xaneiro de 2010 Camposancos lembrará os encontros de fútbol a través dos cales se manifestaba a rivalidade entre barrios Co patrocinio da Entidade Local Menor de Camposancos, o Casino de Camposancos e Acigu, o día 23 de xaneiro vaise disputar, no Paruque desta parroquia, o encontro de fútbol que lembrará a rivalidade que existía entre a rapazada do Couto (que comprende os lugares de A Pasaxe e Saa), e os de a Redonda ( que incluía aos barrios de Outeiro e Salgueiró) O partido comezará ás catro da tarde.
Luns, 18 de xaneiro de 2010 Informa Ignacio Saa Resultados del At. Guardés 1ª Nacional femenina El Mecalia da facilidades a un excelente Zuazo: Mecalia At.Guardés 22- Zuazo Barakaldo 28 Un nefasto comienzo del partido del Mecalia At. Guardés le pone en bandeja el triunfo a un excelente Zuazo Barakaldo, que abre rápidamente una importante brecha en el marcador que resultaría insalvable para las guardesas a pesar de una mejoría de su juego en la segunda parte. Sin portería, una fragil defensa y un romo ataque fue lo que el Mecalia pudo oponer a un rápido, fuerte y ambicioso equipo vasco que iba contabilizando sus ataques por goles, mientras las nuestras, sin rapidez se empecinaban una y otra vez en estériles cuerpo a cuerpo con una muy bien armada defensa vasca, renunciando incomprensiblemente al lanzamiento exterior para intentar meter balones a una inoperativa pivote, demasiado floja ante las aguerridas contrarias. La ligera mejoría defensiva de la segunda parte propició algunas contras, que bien aprovechadas hicieron en algún momento vibrar a la grada y soñar con la remontada, pero resultó ser solamente un espejismo, no hubo continuidad, el esquema no funcionaba y se repetían los errores. Nada que objetar por tanto al triunfo vasco, tienen un gran conjunto. El Mecalia, en su sitio, cuartos, y esperemos recomponga un poco su juego ofreciéndonos una mejor imagen. Quizás algún cambio de posición de alguna jugadora podría dar resultado.
1ª Autonómica Masculino Tirso de Molina 30 -la Pizzicata At. Guardés 28 Nuevamente el Guardés nos muestra su inconsistencia, su falta de continuidad y a pesar de que en momentos brilla a gran altura, al final los dos puntos se quedan en Ferrol.
Sábado, 16 de xaneiro de 2010 Érguete Baixo Miño retoma o Programa escola para familias Neste novo ano que comezou Érguete Baixo Miño segue realizando o seu labor e retoma as charlas do programa “Escola para Familias” dirixido a todos aqueles pais e nais interesados en asistir. O próximo martes, día 19 de xaneiro, ás 16.00 horas terá lugar no colexio Pintor Antonio Fernández de Goián a 4ª sesión con tema “Habilidades Sociais”
Sábado, 16 de xaneiro de 2010 Informa Ignacio Saa Balonmano Atlético Guardés 1ª Nacional Femenina Sábado 16 a las 18.30 en A Sangriña el Mecalia At. Guardés recibe al Zuazo Barakaldo, lider de la categoría. Papeleta complicada para las pupilas de Irene Vilaboa, que veremos como responden después del parón navideño ante un Barakaldo que tiene como objetivo retornar a la liga ABF y que vendrá prevenido, a sabiendas de que las guardesas pueden darle un susto, ya que en el partido de ida, las nuestras consiguieron arrancar un empate en Barakaldo. La afición tiene la oportunidad de ver un encuentro al máximo nivel, con ingredientes suficientes para la emoción.
1ª Autonómica masculina El Pizzicata At. Guardés juega en O Ferrol frente al Tirso de Molina el segundo encuentro de esta fase de permanencia. El sábado pasado los guardeses perdieron en su cancha ante un Tecro Seguros Reale por 28-30, demostrando claramente el porqué de estar en el grupo que lucha por eludir el descenso. Empezó dominando con claridad y jugando un balonmano preciosista y de nivel, pero a los 10 minutos vino el ya habitual apagón, volvió el individualismo, la precipitación y los errores, llegando a perder de seis, y aunque en los últimos minutos enmendaron un poco su juego, no fue suficiente para la remontada. Esperemos que en Ferrol empiecen a sumar puntos para no pasar apuros más adelante. Las Cadetes e Infantiles viajan a O Grove para enfrentarse al Rasoeiro el sábado a las 11.00 y 10.00 respectivamente. Clasificación de la 1ª Nacional Femenina tras la Jornada 11
Partidos del Sporting Guardés este fin de semana Informa Víctor Lomba
Venres, 15 de xaneiro de 2010 O concello da Guarda organiza una peregrinación a Santiago por etapas seguindo o Camiño Portugués da Costa O Concello da Guarda organizará, a partir do mes de marzo, unha peregrinación a Santiago de Compostela por etapas polo Camiño Portugués da Costa que recorre os Concellos da Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo e Redondela e continúa por Caldas de Reis e Padrón, concluíndo en Santiago de Compostela. Para dar a coñecer este Camiño aos veciños da Guarda, e a todos aqueles interesados e amantes do Camiño de Santiago, convídase a participar nesta ruta de acordo co seguinte calendarios: etapa prólogo, Viana do Castelo-A Guarda, o 13 de marzo. Cun percorrido de 29 km. Sairase ás sete da mañá en autobús, desde o ferri da Pasaxe cara a Viana. 1ª etapa: A Guarda-Baiona, o 10 de abril, cun percorrido de 32 km. Sairase a pé desde o embarcodiro do ferri ás 7.30 horas. 2ª etapa: Baiona–Chapela (Redondela), que terá lugar o 24 de abril, cun percorrido de 29 km. O autubús dsairá do parking do colexio da Sangriñas ás 7.00 horas para trasladar aos participantes ata Baiona 3ª etapa: Chapela (Redondela)–Pontevedra, de 27 km, o 8 de maio. Saída do autobús con destino a Chapela ás 7.00 horas desde o parking do colexio A Sangriña. 4ª etapa: Pontevedra–Xaldas de Reis, 22 km, a realizar o 29 de maio. Saída do autobús con destino a Pontevedra ás 7.00 horas desde o parking do colexio A Sangriña. 5ª etapa: Caldas de Reis–Padrón, o 12 de xuño, 20 km. Saída do autobús con destino a Caldas de Reis ás 7.00 horas desde o parking do colexio A Sangriña. 6ª etapa: Padrón–Santiago de Compostela, 26 xuño, de 24,5 km. Saída do autobús con destino a Padrón ás 7.00 horas desde o parking do colexio A Sangriña. As inscricións formalizaranse ata o 12 de febreiro. Unha vez inscrito terá 10 días para efectuar o pago da actividade, no número de conta do concello, e entregar o xustificante bancario no Concello ou envialo por fax ou correo electrónico, co que se confirmará a praza. Se transcorridos 10 días dende a inscrición non se efectuase o pago, colocaráselle na lista de espera. As inscricións realizaranse no Concello, cumprimentando a ficha de inscrición e entregando cada participante unha fotocopia do DNI. Prezo da actividade Establecerase un prezo por toda a actividade de 40€, que se abonará en dous pagos, o primeiro, de 20€, no prazo de 10 días despois da inscrición, e o segundo abono, tamén de 20€, realizarase entre o 26 de abril e o 7 de maio. Aquelas persoas que o desexen poderán facer o pago íntegro da actividade. Este prezo corresponderá á actividade completa, non devolvéndose importe algún pola non asistencia a algunha das etapas. O aprazamento dalgunha das etapas será unicamente no caso de forza maior. Prazas limitadas Terán preferencia as persoas inscritas para realizar o percorrido completo. Se unha vez finalizado o prazo houbesen prazas libres, quen o desexe poderá apuntarse a etapas soltas, a un prezo de 10€ por etapa. Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto, os cales deberán asinar un documento facéndose responsables do menor durante a actividade. Recomendacións Para a realización das diferentes etapas necesitarase ter unha preparación física adecuada, recomendando o adestramento previo para poder soportar etapas de máis de 25 km. Recoméndase levar unha mochila con menos de 5 Kg de peso, bastón, calzado cómodo e elástico (recomendable non utilizar un calzado novo), provisión de auga, gafas de sol e crema protectora, impermeable, roupa para cambiarse (que se poderá deixar no autobús, a partir da etapa Baiona-Chapela), bocadillo ou comida. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 986.610.000 ou no correo deporte@aguarda.es
Venres, 15 de xaneiro de 2010 Érguete Baixo Miño impartirá un curso para todas as persoas que desexen “deixar de fumar”, próximamente A Asociación de Prevención das Drogodependencias, Educación e Promoción da Saúde Érguete Baixo Miño comezará proximamente un curso de “Deshabituación Tabáquica”. Este curso está dirixido a todas as persoas que desexen deixar de fumar de forma voluntaria e será impartido por unha psicóloga da A.E.C.C. (Asociación Española Contra o Cancro). Ademáis é de carácter gratuíto e as inscripcións están abertas durante todo o ano.
Venres, 15 de xaneiro de 2010 O temporal azoutou tamén A Guarda Os fortes temporais que azoutaron Galicia na noite do mércores ao xoves tamén se deixaron sentir na Guarda mantendo en alerta ao servizo do Grumir local que tivo que atender distintas incidencias. Ademais dalgúns muros que se viñeron abajo, no monte Santa Trega, por riba do Montiño, o vento foi quen de arrincar varias árbores ou de tronzalos a media altura.
Xoves, 14 de xaneiro de 2010 A edición especial dun libro e unha exposición ilustran a Historia de Galicia que se pode visitar no Centro cultural "Historia de Galicia. A nosa historia" é un libro de Edicións A Nosa Terra, do que a editorial vén de facer unha edición especial para o concello da Guarda. Nas súas 96 páxinas o libro recolle os distintos períodos históricos de Galicia de maneira amena e con ilustracións a dobre páxina, dende a Prehistoria até os nosos días, pasando pola Romanización, a esplendorosa Idade Media, os Séculos Escuros, o Rexurdimento, ou mesmo o Estatuto de Galicia. O libro vai dirixido especialmente a un público xuvenil. Nas últimas páxinas, unha guía convida a visitar os lugares relacionados cos feitos que se narran ao longo do libro, como o castro do Trega na Guarda; as Torres de Oeste en Catoira, construídas para defender Compostela dos ataques viquingos e normandos e a casa de Rosalía en Padrón, entre outras referencias. Como complemento do libro, unha exposición recolle en 25 paneis aqueles fitos históricos capaces de explicar dunha ollada a historia de Galicia. A exposición, que se acompáñase dunha unidade didáctica dirixida a escolares, permanecerá aberta dende hoxe, xoves, ata o día 28 de xaneiro, en horario de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas na sala de exposicións do Centro Cultural.
Exposición sobre a bolboreta Monarca no IES A SangriñaDurante 15 días, no Salón de Actos dos IES A Sangriña, e en horario libre de 11.55 a 12.20 (recreo grande) e restrinxido a grupos acompañados polo seu profesor do Departamento de Bioloxía-Xeoloxía, está aberto a exposición “A bolboreta monarca”. Un dos fenómenos máis abraiantes que nos ofrece a natureza galega é unha visitante de alén do Atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña. A chegada a Galicia desta bolboreta espertou unha interesante iniciativa por parte do seu descubridor, o lepidopterólogo galego Eliseo H. Fernández Vidal, para poder obter máis datos sobre o arribo desta especie ás nosas costas: a Operación Monarca. Este proxecto ten, como obxectivo, que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Ademáis, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo e a súa conservación. Esta exposición consta de 5 paneis, 8 láminas e un DVD. Así mesmo está acompañado dun dossier informativo ao que se pode acceder pinchando en dossier-Operación Monarca. Esta exposición está organizada pola A21EG coa participación do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), con motivo do 2010: Ano Internacional da Biodiversidade. (Ver o blog de Víctor Gómez)
Xoves, 14 de xaneiro de 2010 Curso para obtención Graduado en ESO O OMIX da Guarda informa de que quedan as últimas prazas por cubrir para o curso de preparación para a obtención do título de graduado en ESO que ten o comezo previsto no mes de febreiro. Os requisitos para a inscrición é ser maiores de 18 anos, debendo os interesados presentar unha fotocopia do DNI. As inscricións están abertas na OMIX e no departamento de Desenvolvemento Local do Concello da Guarda.
Cursos preparatorios para CELGA Desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil anuncian o curso de preparación para acudir ao exame e obter o título de galego (CELGA). As persoas interesadas poden pasar pola OMIX ou o departamento de Desenvolvemento Local do Concello coa fotocopia do DNI se desecan formalizar a inscrición. Para máis información poden chamar ao 986 61 45 46 ou 986 61 00 00
Xoves, 14 de xaneiro de 2010 A onomástica guardesa en 2009: os nomes que se impuxeron aos nacidos no ano recén finalizado O Rexistro Civil da Guarda asentou, o pasado ano, sen contar as persoas que procedían doutras provincias ou de países estranxeiros, a un total de 79 nenos e nenas nacidos en 2009. Todos estes nacementos producíronse en Vigo, a meirande parte deles no Hospital Xeral, aínda que cinco nenas e dous rapaces, viñeron ao mundo no Centro Médico Pintado, e un neno naceu en Povisa. O primeiro guardés, do ano 2009, foi una nena que veu ao mundo o 10 de xaneiro, mentres que o último nacemento correspondeu a un varón e, curiosamente, tamén naceu un día 10, pero de decembro. Dos novos guardeses, 36 foron nenas, e 43 varóns. Na onomástica atopamos nomes curiosos, e así hipocorísticos como Pepe, Sindo e Lola, e diminutivos, como Anita, son agora, nomes propios. Desaparecen nomes clásicos como María e Carmen, nas mulleres, e José, nos homes aínda que nos varóns xorde un Manuel e un Antonio. Abundan, entre os femininos, nomes galegos: Antía, Helena, Sabela, Uxía e Ximena; e nos rapaces impuxéronse Antón, Roi, Xacobe, Xan e Xián. Somente se atopan dous compostos nos nomes de rapaces que tampouco son habituais: Mateo-Joaquín e Roberto-Miguel; ningunha rapaza ten un dobre nome. No ano 2009 xorden antropónimos de orixe allea como Ithaisa, Jhullia, Paola, Xilonen e o cada vez máis habitual Zaira; e nos rapaces, Izán, Unai, Yerai e o chino Yuan Zhuo, que conviven cos procedentes doutras autonomías e que contribuíron a popularizar personaxes do deporte ou da música, e así aparecen unha Leire e un Iker. En total, entre os nacidos en 2009 na Guarda, empregáronse 29 nomes diferentes para chamar ás nenas e 35, foron os que se utilizaron para os rapaces, aparecendo, nestes, Pablo, ata tres veces e con dúas: Álex, Iván, Miguel, Roi, Sergio e Unai; e repetíndose Paula, catro veces, Sara, tres veces; e dúas veces aparecen Alba e Antía.
Mércores, 13 de xaneiro de 2010 Informa Víctor Lomba Resultados do Sporting Guardés nos partidos xogados a pasada fin de semana SENIORS 2ª AUTONOMICA: SP. GUARDES 1 - CANDEAN 1 Muy difícil el partido del pasado domingo en A Sangriña para conseguir la victoria. El guardés sale al campo tocando el balón desde el primer minuto, pero se encuentra con un adversario muy centrado que jugaba el balón desde atrás. Aún así, en un buen pase a Manu, éste recibe, regatea la salida del portero y bate a portería vacía. En los siguientes minutos el guardés pudo sentenciar el partido, pero no acierta en los remates y así se llega al descanso. Ya en la segunda mitad, el Candeán sale muy bien plantado en el campo, y el guardés muestra un importante bajón de juego, y el Candeán, a pesar de la expulsión que sufre por una dura entrada a Yuca, comienza a jugar y a presionar la salida del guardés, y consigue el empate tras una buena jugada. Este marcador ya no se movería hasta el final del encuentro. Al final, resultado justo y reparto de puntos. El próximo domingo, el guardés vuelve a jugar en casa, ante el San Miguel.
JUVENIL LIGA GALLEGA: SANTA MARIÑA 1 - SP. GUARDES 2 Por fin llega un buen resultado para los juveniles de la gallega fuera de casa, en un partido muy centrado y serio en el cual se mostraron momentos de muy buen juego. Esperemos que consigan una buena racha de victorias.
JUVENIL 2ª AUTONOMICA : VILARIÑO 1 - SP. GUARDES 3 Los juveniles "B", logran una nueva victoria, esta vez fuera de casa, lo que los mantiene en la parte alta de la tabla.
CADETES LIGA GALLEGA: SP. GUARDES 0 - MOAÑA 4 Partido para olvidar el disputado este sábado en A Sangriña. El mal juego, nerviosismo y precipitación, sumado al buen juego desarrollado por el Moaña hizo posible este resultado. Esperemos que nuestros cadetes se olviden pronto de este partido, sepan analizar los errores y fruto de ello consigan este próximo sábadolos tres puntos ante el Comesaña.
Mismo resultado que el de los cadetes. Los infantiles recibían al líder de la categoría, que ha demostrado en nuestro campo el porqué ocupa la primera plaza. Muy bien colocados en el campo y luchando todos los balones, el Val Miñor desarrolló un buen juego tocando el balón y finalizando las jugadas. Aún así, nuestro equipo supo plantarles cara hasta la mitad de la segunda parte.
Mércores, 13 de xaneiro de 2010 Os comuneiros de Camposancos celebran o tradicional encontro de Sanamaro coa XIII Paletada-Laconada Un ano máis, cumpríndose xa trece edicións, a Comunidade de Montes de Camposancos organiza a tradicional Paletada-Laconada de San Amaro, ubha cita gastronómica na que se reúnen os veciños desta parroquia recordando a tradición de comer os mencionados produtos chegando a festividade de San Amaro, festa importante para os camposinos que supoñía, ademais, unha oportunidade para o encontro familiar arredor da mesa. A cita, que terá como escenario o colexio dos Xesuítas da Pasaxe, celebrarase o sábado, 16 de xaneiro nunha xornada que será recordada a partir das 11.00 da mañá pola Treboada Camposina que percorrerá ás rúas do pobo. A partir das 13.30 horas iniciarase o xantar cun menú a base de pinchos, paleta e lacón, rosca e rosquillas, cafés e licores. Acto seguido para animar a tarde, haberá sesión discoteca e, ás 20.30 horas, comezará o serán amenizado polo grupo Xamaraina, dirixido por Elena Baz.
Martes, 12 de xaneiro de 2010 O monte Santa Trega superou en 2009 as 230.000 visitas destacando o mes de agosto co maior número de visitantes Ao longo do 2009, o Monte Santa Trega foi visitado por un total de 236.272 persoas. Destaca o mes de agosto, con 61.556 visitantes como o mes de maior afluencia e decembro con 3.159 co menor número. A partir do mes de marzo comezaron a realizarse visitas guiadas a grupos polo Castro e no Museo Arqueolóxico Santa Trega (MASAT). Durante estes meses máis de 2.500 persoas coñeceron o Monte Santa Trega e os seus valores acompañados dun guía. Os meses con maior número de visitas guiadas foron maio e xuño que coinciden cos meses das visitas dos escolares. A oficina de turismo do Monte atendeu aos visitantes dende o mes de xuño ata a ponte de decembro, destacar que xullo e agosto foron os meses con maior número de consultas, con máis de 1.200 consultas. As consultas máis habituais son referentes a Portugal e o ferri que comunica A Guarda con Caminha, qué visitar no concello da Guarda e nos arredores (Baiona, bodegas de viño, …) e sobre todo preguntas relacionadas co Monte Santa Trega: situación do poboado castrexo, o museo, a ermida e os petroglifos, entre outras.
Luns, 11 de xaneiro de 2010 Crisdeluz sorteó las tarjetas regalo entre los clientes que eligieron este establecimiento para hacer sus compras de Navidad Crisdeluz, establecimiento de iluminación, regalos y decoración, que se puede visitar en la calle Concepción Arenal, número 57 de A Guarda, sorteó, el pasado 5 de enero, las tres tarjetas regalo por importe, una de ellas, de 100 euros, y otras dos de 50 euros cada una, entre los clientes que realizaron sus compras en Crisdeluz durante las Navidades. “Esta Navidad hazte un regalo” fue el lema elegido en esta ocasión por Crisdeluz que, un año más, quiso premiar a sus clientes en unas fechas tan señaladas como las que acaban de celebrarse.
Luns, 11de xaneiro de 2010 A Galería “Arte Bronce” estará presente na mostra "Arte na Veiga" e na Feira Espazo Atlántico
A Galería Arte Bronce, situada na Rúa Galicia número 18, da Guarda, copatrocina, xunto con Metro Arte Contemporánea, unha mosta artística singular, ao aire libre, que co título “Arte na Veiga”, ofrece o traballo de Fernando Cano. Esta nova proposta que foi inaugurada onte, domingo ás 16.30 horas, e que pode visitarse ata o 30 de xaneiro, non ten un horario preestablecido pois, como reza no folleto divulgativo, trátase dun “espazo aberto.Que cada quen escolla” o mellor horario para achegarse á Carballeira da Ponte, na estrada de Laro PK.-05, desvío a Costoia no Pazo de Transfontao, concello de Silleda. Non remata nesta iniciativa cultural a actividade da galería Arte Bronce para estes días, xa que tamén estará presente na Feira Espazo Atlántico, que se inaugurará no recinto de IFEVI, en Vigo, o día 14 de xaneiro, ás 19.30 horas, estando aberta ata o 17 de xaneiro, de once e media da mañá ás nove da noite. O stand D9, de Arte Bronce presenta obras de Miguel Vázquez, Elena Gómez Dahlgren, Francisco Remiseiro, Cecilio Chaves e Pilar Alonso.
Martes, 11 de xaneiro de 2010 A Praza de San Marcos con nova imaxe logo de rematar as obras de acondicionamento da mesma A Guarda conta cunha plazoleta renovada logo de rematar as obras levadas a cabo na contorna do Xulgado de Paz e do Centro de Información á Muller. A Praza de San Marcos, que se acometeu con fondos municipais, investíndose 23.000 euros, foi realizada no prazo dun mes por unha empresa local. Novo pavimento, iluminaria, mobiliario e xardineiras, ofrecen unha imaxe diferente dun espazo que reclamaba, desde facía anos, a súa mellora, e que foi ben acollido pola veciñanza, como o demostra que ata algúns propietarios das vivendas próximas velan polo mantemento das xardineiras. O proxecto da obra, realizada pola empresa Ramón González, foi redactado polo aparellador municipal, Hermelindo Martínez, dando resposta, como explicou o primeiro tenente alcalde Miguel Español, <a unha vella demandada, ata, reclamada polos grupos políticos municipais para mellorar este espazo que, nos últimos anos, chegou a converterse nun aparcadoiro que dificultaba, en ocasións, o acceso ás dependencias e servizos antes mencionados, pero que tamén posuía un pavimento moi deteriorado>. A Praza de San Marcos, para os que non coñezan a súa localización, sitúase á saída do Monte Real, anexa á Torre do Reloxo, polo tanto moi preto da Praza do Reló.
Sábado, 9 de xaneiro de 2010 O Centro de Dinamización da Guarda remata decembro con 20 novos usuarios A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en decembro co seu traballo a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías na Guarda. No mes que rematou impartiu un total de 5 obradoiros tecnolóxicos, formándose a 35 persoas con 35 horas lectivas. Asemade, 20 persoas inscribíronse como usuarios da Rede para aproveitar, sempre de xeito gratuíto, as instalacións e todas as iniciativas que se ofertan nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 285 ocasións. En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello en xaneiro de 2007, son xa 644 os usuarios que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 94 obradoiros formándose, en total, a 610 participantes.
Sábado, 9 de xaneiro de 2010 La Residencia de Mayores “Monte Tecla” acogió el concierto de la Agrupación Coral Guardesa que puso fin a los actos de la Navidad La Agrupación Coral Polifónica de A Guarda concluyó, ayer, los conciertos de Navidad cantando en la Residencia de Mayores “Monte Tecla” a donde, además de villancicos, llevaron otro tipo de composiciones conocidas por los residentes de este centro que también acompañaron con palmas o poniendo voz a las canciones ‘de toda la vida”, como dijo Marisilda Sánchez Lomba, directora del Coro que cuenta con nuevos miembros que, también en la Residencia, cantaron por vez primera ante un público agradecido, que aplaudió la presencia de los coralistas. A las 18.30 comenzaba el concierto ante un auditorio que, en algún caso, aguardaba desde una hora antes a la masa coral cuyos componentes conversaron con los mayores antes del concierto y una vez finalizado el festival. Las directoras del centro, Raquel Rocha y Carmen María Rocha, agradecieron a la Agrupación Coral Polifónica de A Guarda su presencia en la Residencia, obsequiando a esta formación con rosca, vino dulce y sidra.
Sábado, 9 de xaneiro de 2010 O xefe territorial de Educación felicitou ao xoven da Guarda que recibiu o Premio Extraordinario de Formación Profesional O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, recibiu onte a mañá na Delegación Territorial de Pontevedra, a Javier López Álvarez, quen obtivo o Premio Extraordinario de Formación Profesional Específica de Grado Superior que otorga a Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Pérez Ares destacou “o esforzo persoal deste mozo veciño da Guarda” quen, na actualidade, cursa segundo curso da carreira de Inxenería Técnica Industrial no campus de Ferrol da Universidade da Coruña. “A súa valía profesional permitiulle conseguir o éxito nos seus estudos, xa que logrou chegar a unha formación universitaria sen pasar polo bacharelato a través dos ciclos medio e superior da Formación Profesional”. Javier López Álvarez obtivo o Premio Extraordinario de FP grazas aos seus estudos de Mantemento de Vehículos Autopropulsados no curso 2007-2009. “Dende a xefatura territorial de Educación en Pontevedra quixemos, con esta recepción, felicitar a Javier xa que para nós é un exemplo de esforzo e traballo e tamén unha demostración dunha educación, a de Formación Profesional, que foi gañando en calidade co paso do tempo”. César Pérez destacou o esforzo que está a desenvolver a Consellería de Educación neste eido. “A educación profesional demostrou nos últimos meses estar a vivir un forte impulso que se reflicte no aumento da demanda. Cada vez hai máis alumnos que optan por unha Formación Profesional de calidade”.
Venres, 8 de xaneiro de 2010 A Rede presenta o seu programa para xaneiro na Guarda con 4 obradoiros e unha charla A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello da Guarda, anuncia novas actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de xaneiro no CDSI da Guarda, sito no Centro Cultural. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes: “Creación dunha conta correo electrónico”, que permitirá crear e xestionar unha conta propia de correo electrónico ao usuario. Este obradoiro desenvolverase en dúas quendas: de luns a mércores, do 11 ao 19 de xaneiro, de 10.45 a 12.15 horas, e de luns a mércores, do 11 ao 20 de xaneiro, de 16 a 17.30 horas. “Alfabetización dixital: Informática e Internet”, que capacitará ao usuario no manexo de forma básica dun computador, así como de acceder a Internet e utilizar algúns dos recursos básicos dispoñíbeis. Comezará o 20 (mércores) ata o 28 de xaneiro (xoves da seguinte semana), de 10.45 a 12.15 horas. “Procura de Información en Internet”, Neste obradoiro o usuario coñecerá como manexar o buscador máis popular en Internet e optimizar as procuras para que os resultados sexan mellores.Realizarase de luns a xoves, do 21 ao 28 de xaneiro, de 16 a 17.30 horas. Asemade, está prevista a realización da charla “Comunícate en Internet: A Guarda - Porto do Son” o día 29, ás 11 horas no CDSI da Guarda, no Centro Cultural da Guarda. O Prazo de inscrición para os obradoiros e máis a charla xa esta aberto debendo dirixirse as persoas interesadas ao Centro de Dinamización da Guarda, sito en Rúa Rosalía de Castro 14, chamar ao teléfono 986.611.850 ou mandar un correo electrónico ao enderezo rubencarlos.aguarda@dinamiza.fundacioncalidade.org.
Venres, 8 de xaneiro de 2010 Informa Víctor Lomba Sporting Guardés fin de semana
Xoves, 7 de xaneiro de 2010 O día 8 pecha o prazo de inscrición da Ruta guiada polo Camiño Portugués da Costa no seu traxecto da Guarda O próximo día 10, domingo, o concello da Guarda organiza unha nova marcha guiada polo Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda. A gran demanda de participantes que se inscribiron na primeira convocatoria, superando o centenar, obrigou a pechar a inscrición antes de finalizar o prazo, decidindo organizar esta segunda ruta, de carácter gratuíto, cuxo prazo de inscrición pecharase mañá, día 8. Os interesados poden informarse ou inscribirse chamando ao teléfono 986 61 45 46, enviando un e-mail a turismo@aguarda.es ou achegándose á oficina de turismo municipal. A hora de saída, desde o embarcadoiro do ferri, na Pasaxe (Camposancos-A Guarda), está sinalada para as dez da mañá. A ruta guiada transcorre por Camposancos, monte Santa Trega, centro urbano da Guarda e saída cara a Portocelo, en cuxo lugar os participantes regresarán en autobús ao punto de partida. A distancia a percorrer, sen dificultade algunha, é de pouco máis de nove quilómetros, que coas paradas nalgúns puntos de referencia, terá unha duración aproximada de tres horas.
Martes, 5 de xaneiro de 2010 Ás seis da tarde sairán os Reis Magos desde a Praza de San Bernardo Ás seis da tarde de hoxe sairán desde a Praza de San Bernardo os Reis Magos nunha comitiva na que participan preto de corenta paxes, as carrozas reais e outros colectivos que percorrerán as rúas Puerto Rico e Galicia ata a Alameda, onde as Súas Maxestades recibirán aos nenos aos que obsequiarán con lambetadas. Ao longo de percorrido os Reis, cos seus paxes, obsequiarán con caramelos a cantos se acheguen ás rúas para ver pasar a comitiva real. Os Reis, recordemos, xa estiveron o pasado domingo visitando a Residencia de Maiores Monte Tecla”, en Camposancos, onde entregaron agasallos aos residentes que disfrutaron da sorpresiva presenza dos Magos neste centro.
Luns, 4 de xaneiro de 2010 O BNG reitera a inclusión da Praza de Abastos no Plan E 2.010. O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, presentara xa 10 de decembro unha proposta no rexistro do concello para o incluír a remodelación da Praza de Abastos no Plan E 2010 para o concello da Guarda, pero non obtendo resposta, o BNG presentou unha carta dirixida ao alcalde, Xosé Manuel Domínguez Freitas, solicitando unha entrevista para tratar a proposta presentada polos nacionalistas para o FIL 2010, coñecido como Plan E. Dende o BNG din mostrarse sorprendidos pola falta de interese amosada polo rexedor local e o grupo de goberno pola iniciativa nacionalista de abordar a remodelación da Praza de Abastos da Guarda. Os nacionalistas entenden que este fondo, de 1.124.749 €, é unha boa oportunidade para materializar todas estas declaracións de intencións. Sendo conscientes de que a cantidade pode que sexa insuficiente, entenden desde o BNG que pode ser un inicio de cara a conseguir da praza un edificio moderno e con todas os equipamentos necesarios para a súa actividade. O BNG lembra que todas as formacións políticas expresaron en diferentes ocasións a necesidade de reformar a Praza de Abastos dado que non cumpre os requisitos necesarios para desenvolver unha actividade comercial con criterios de calidade. É unha oportunidade de pasar das promesas aos feitos, ante o cal, insisite Xan Lois Lomba Alonso, parece que o alcalde fai oídos xordos ao non atender ás reiteradas solicitudes dos nacionalistas. A proposta presentada no seu momento polo BNG conta, segundo esta formación, co apoio das asociacións de comerciantes así como de usuarios e comerciantes da praza.
Luns, 4 de xaneiro de 2010 A Lamiña se recuperará durante este mes una vez finalizado el dragado del canal del ferri La playa de A Lamiña, así como la explanada del aparcamiento, volverán a su estado original una vez finalizadas, el 31 de diciembre de 2009, las actuaciones del dragado del canal del ferri para ese año, según confirmaron fuentes autorizadas del Servicio de Costas de Pontevedra al alcalde guardés. A lo largo de este mes de enero se llevarán a cabo os trabajos para retirar el vallado de la obra que se colocó hace algunos meses, así como de los tubos que atraviesan la explanada utilizada como aparcamiento, de modo que el espacio ocupado temporalmente volverá a estar disponible para personas y vehículos. El Servicio de Costas se comprometió así mismo a regenerar la zona de playa que pudiera verse afectado por los trabajos realizados, de tal modo que se puede afirmar que, cuando finalice el mes de enero, el estado de este lugar quedará en las condiciones que estaba antes de iniciarse el dragado del canal. Las mismas fuentes confirmaron también que la campaña de dragado del canal del ferry correspondiente al año 2010 se llevarán a cabo en el último trimestre del año en curso, garantizándose que durante el verano esta actuación necesaria para que pueda circular el ferri, no incidirá en la temporada de playas.
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|