www.galiciasuroeste.info

XANEIRO

 

 

Luns, 31 de xaneiro de 2011

A Xunta investirá 24 millóns de euros no parque de Tomiño

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou o pasado 28 de xaneiro, a autorización do “gasto para urbanizar un novo parque empresarial no Baixo Miño, no concello de Tomiño”, cunha superficie de 500.000 metros cadrados, alcanzando no futuro un investimento total de 24 millóns de euros.

“Seguimos cumprindo en tempo e forma o compromiso de poñer a disposición solo  industrial para calquera iniciativa estratéxica que queira instalarse na comunidade autónoma con distintas alternativas de emprazamentos”, subliñou Feijóo.

Neste contexto, explicou o presidente galego, “en canto haxa confirmación de calquera decisión estratéxica de ubicación na comunidade autónoma, temos a disposición de forma inmediata, chan para facela efectiva, fai dúas semanas na PLISAN, agora no Baixo Miño”.

Núñez Feijóo sinalou que a Xunta tratará de “axilizar o proceso expropiatorio” das 447 fincas, das que se teñen “adquirido por mutuo acordo o 20%”, autorizándose pasado venres  “un gasto para urbanizar o parque” e “dar máis alternativas a todos aqueles que queiran iniciar emprendementos na comunidade autónoma”.

 

As comparsas que desexen participar no Venres de Foliada xa poden realizar a súa inscrición en Tomiño

            Desde hoxe e ata o 28 de febreiro poderase formalizar a inscrición das comparsas que desexen participar no XIV Venres de Foliada, organizado polo concello de Tomiño, e que terá lugar ás 22 horas do 4 de marzo, durante o entroido 2011. En caso de choiva, o desfile realizarase o venres seguinte.

            Segundo recollen as bases, as comparsas, que deberán ter un mínimo de 15 compoñentes, inscribiranse na oficina do departamento de Cultura, na rúa Colón s/n, ou chamando ao teléfono 986 622 988.

O número máximo de comparsas inscritas, que non poderán levar cabalos, será de 20, e terán preferencia de inscrición as comparsas do Concello.

A compensación económica para as comparsas sen carroza será a seguinte: cun mínimo de 15 compoñentes, 150 €; desde 30 compoñentes, 250 €, e se acadan un mínimo de 45 compoñentes,  350 €.

No caso de levar carroza as contías establecidas son, para as que teñan 15 compoñentes, 250, €; as que teñan un mínimo de 30 compoñentes, 350 €; no caso de desfilar cun mínimo de 45 compoñentes, 500 €, e se teñan o número mínimo de 70 compoñentes, percibirán 800 €.

 

Teixugos logra, en Covas (Vila Nova de Cerveira), a medalla de Bronce na Taça Ibérica de Slalom

Informa Rosa Fernández.- Onte, domingo, os Teixugos participaron na súa primeira competición da tempada 2011. O evento foi organizado polo concello de Tomiño, a Cámara de Vilanova de Cerveira e o Club Deportivo Miño-Teixugos, en Covas, Vilanova de Cerveira, coa participación de clubs galegos e portugueses.

A xornada non saíu segundo os plans iniciais, pois recén comezada cortouse o subministro de auga. Despois de falar cos responsables o fluxo de auga normalizouse pero a competición reduciuse a unha soa manga das tres previstas. Ao remate, dous clubs portugueses acadaron a 1º e 2º praza, quedando os Teixugos no 3º lugar por equipos.

Individualmente os Teixugos regresaron a Tomiño cunha medalla de ouro en C2, lograda por Iago Patiño e Santiago Oliveira; cinco de prata para Andrea González, Adrián Rodríguez, Guillermo Martínez, Víctor González e Emilio Carrera; e tres de bronce para Andrea González e Miguel Valcárcel que se fixo con dúas. Para ver reportaxe premer AQUÍ.

A vindeira cita será no Entroido, en Francia, onde terá lugar a 1º Competición do campionato de España de Slalom Olímpico para os Teixugos de categorías superiores. Os máis pequenos estrearanse no río da Pedra o 13 de marzo coa primeira competición da Liga Galega de Promoción, na que se renderá unha homenaxe a David Castro.

 

La Asociación polo Saneamento de Tomiño anuncia una concentración el sábado, 12 de febrero

El sábado 12 de febrero, a las 12 del mediodía, organizada por la Asociación polo Saneamento de Tomiño, se realizará una concentración ante el ayuntamiento de Tomiño, para reclamar  la realización, por parte de la Xunta de Galicia, del tramo III del colector general (Carregal-Torrón), ya que de este colector dependen 5.000 personas; el vaciado gratuito de las fosas sépticas por parte del Ayuntamiento; la realización del saneamiento en Carregal y Taborda, cuyos colectores generales están ya construidos; más inversión municipal, pues la que se hizo hasta ahora, es tan sólo de 600.000 euros en 4 años, y un mayor control de los vaciados ilegales de fosas sépticas, puesto que contaminan las aguas subterráneas en una zona densamente poblada, poniendo en peligro la salud de los ciudadanos.

 

Sábado, 29 de xaneiro de 2011

César Pérez Ares non será o candidato a Alcaldía de Tomiño polo Partido Popular

Pérez Ares renuncia a esta posibilidade para facilitar a chegada dun acordo de integración entre o PP e Centristas de Tomiño antes dos comicios municipais.  Indicaba en declaracións á Radio Municipal de Tui que existe unha posibilidade para esa integración e que el non quere ser un obstáculo, deixando paso a un candidato de consenso.

Explicaba César Pérez que é moi posible chegar a un acordo entre o PP e CDT o que suporía buscar un candidato de consenso.       

Para el indicaba que esta renuncia supón persoalmente un gran sacrificio xa lle quere moito a Tomiño e tiña ilusión en levar adiante distintos proxectos.

De chegar a un acordo entre o PP e CDT considera Pérez Ares que teñen opcións reais de recuperar a alcaldía, baseándose na suma de concelleiros destas dúas formacións e dos de Alternativa Tomiñesa integrado xa no PP.

A decisión tomada non ten marcha atrás, ao marxe de que non puidesen frutificar as negociacións con CDT. Sí continúa Pérez Ares como presidente do Comité Local do PP e coma coordinador da próxima campaña electoral, e traballará para sacar o mellor resultado posible.

 

Centristas de Tomiño niega que exista un proceso abierto de negociación para su integración en el PP

Centristas de Tomiño (CdT) sale al paso de las declaraciones realizadas, a un medio de comunicación, por el presidente de la Directiva Local del PP en Tomiño, para desmentir con rotundidad que actualmente haya un proceso de negociación abierto para la integración de la formación independiente en el Partido Popular.

Los centristas se muestran abiertos al diálogo con todas las formaciones, incluido el Partido Popular, pero manifiestan no tener inquietud alguna, al menos a  día de hoy, para integrarse en otra fuerza política.

Según Pablo Baquero “en estos momentos tenemos que afirmar que no hay una propuesta oficial e institucional para abrir un diálogo en este sentido y esta por ver que desde nuestra formación se quiera “sentarse a negociar” para este fin”.

 “Si ha habido algún contacto puedo decir que ha sido a título personal y como portavoz desconozco cualquier otro planteamiento. Los primeros en saberlo serían nuestros órganos de gobierno y nuestros afiliados y sería a ellos a quienes le correspondería tomar cualquier decisión”.

En cuanto a la afirmación de Pérez Ares de excluirse como candidato a la Alcaldía dicen respetar la decisión e incluso la consideran lógica después de haber estado en el gobierno municipal durante 16 años,  “pero lo que tenemos claro es que no ha sido a petición de Centristas de Tomiño”.

Con respecto a los posibles candidatos del PP, Baquero considera que es una decisión interna que sólo a esta formación compete  y, por tanto, se abstiene de hacer cualquier valoración al respecto.

Desde la formación independiente aseguran estar centrados, en estos momentos, en preparar la campaña electoral, con la elaboración de un programa serio, real y adaptado a las circunstancias actuales de Tomiño, en donde tratan de primar la atención social y el saneamiento por encima de otras prioridades.

CdT también anuncia que abrirá la próxima semana su nueva sede en la céntrica calle de  A Guarda, próxima al consistorio municipal, con cerca de 150 m2 que servirá, según manifiestan, para cubrir las demandas de una formación que cada vez crece más en número de afiliados y simpatizantes.

 

Este domingo as catro da tarde no campo do Alivio Tomiño FC Femenino-Matamá

Informa Rubén Casaleiro Pintos.- O domingo pasado disputouse a duodécima xornada na segunda autonómica grupo 2 entre os equipos do Gondomar e o Tomiño FC femenino. O partido xogado no campo das Cercas, en horario de tarde contou con gran afluencia de público propio du derbi, cunha tarde soleada e un campo en boas condicións para a practica do fútbol.

O encontro estivo moi disputado calquera podía haber levado o tres puntos pero de novo un penalti máis que riguroso e unha actuación nefasta por parte do colexiado, rematou co partido nun empate que de nada lle sirve as tomiñesas nas suas aspiracións.

O partido comezou moi igualado ningun dos conxuntos collía o mando, pero serían as locais as que se adiantarían no marcador mediante un balón bombeado que sorprendeu a Carlota adiantada (1-0), as tomiñesas reaccionaron moi ben creando as primeiras ocasións e tomando o mando do encontro e froito delo nunha falta o borde da media lúa da area grande chegaría o empate, falta executada de forma maxistral por Jesi o que nada pudo facer a porteira do Gondomar (1-1), as locais viñeronse abaixo eas tomiñesas seguían chegando con moito perigo en nun contrataque marca da casa internada de Miry polo centro que esta bate a porteira por baixo (1-2), o fútbol estaba sendo xusto por unha vez, as visitantes remontaron con bo fútbol e traballando como un equipo, asi rematou a primeira parte. A segunda metade iniciouse co Gondomar na busca do empate e creando moito perigo, pero este chegaría nun penalti máis que riguroso de Nuria, tiraron as locais e a pesar de que Carlota adiviñou a traxectoria non foi quen tirarse a tempo (2-2), daqui o final gozarían ambos conxuntos de algunha que outra ocasión para cambiar o signo do partido. Rematou asi o encontro no que as tomiñesas tiñan posto moitas esperanzas de poder recurtar distancias na clasificación xa que foron superiores o Gondomar.

O vindeiro domingo o Tomiño FC Femenino recibe o Matamá no campo do Alivio as 16:00 Horas, gran duelo entre o cuarto e o quinto clasificado con igualdade de puntos.

 

Tomiño recupera a ponte do río Cereixo entre Hospital e Taborda

As obras de mellora ambiental realizadas recentemente polo concello de Tomiño  no entorno do rio Cereixo, permitiu o redescubrimento da  vella ponte situada entre o Hospital e Taborda, xa que ata agora a densa vexetación acumulada durante décadas ocultaba e facía imposible a visualización deste elemento arquitectónico.

Esta actuación está incluida no proxecto "Auga e Territorio na conca do rio Cereixo"  que ten como obxetivo principal o desenvolvemento do saneamento de Tebra  así como outras intervencións de recuperación e posta en valor no riío Cereixo, do Lago da Pedra e dos espazos adxacentes.

Ademais da súa dimensión paisaxística, este monumento posúe un importante valor histórico. Situada en pleno Camiño Real esta ponte constituiu ao longo dos séculos unha infraestructura viaria fundamental non só para o tránsito dos veciños da comarca senón tamén para os moitos peregrinos con destino a Santiago, que pasaban por terras tomiñesas e que encontraban un lugar de descanso no antigo hospital que existía no barrio próximo que conserva aínda este nome.

A tradición oral tamén identifica esta antiga ponte e as beiras do río Cereixo con algúns ritos de fertilidade.

Santiago Vergara, concelleiro de Medio Ambiente destaca "o compromiso demostrado polo Concello de Tomiño na recuperación dos espazos naturais e na restauración e divulgación do noso rico e diverso patrimonio histórico".

Pola súa banda a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, mostraba a súa satisfacción "por recuperar un elemento moi valioso do patrimonio de Tomiño para que poida ser coñecido tanto pola nosa veciñanza como polos nosos visitantes".

 

Martes, 25 de xaneiro de 2011

O concello de Tomiño aprobou un orzamento de máis de 6 millóns de euros 

O Concello de Tomiño aprobou no pleno municipal que se celebrou o pasado venres, dia 21, os orzamentos para o ano 2011 por un importe de 6,160.000 €.

Destes orzamentos cabe destacar unha considerable contención do gasto no capitulo 1 de Persoal,  reducíndoo nun 10%, o que significa pasar dos 2.387.777 do ano pasado aos 2.166.417€ actuais. Neste mesmo sentido o goberno municipal optou por reducir os salarios das dedicacións exclusivas nun 5% e, sendo conscientes das dificultades económicas actuais, decidiu prescindir dunha das dedicacións exclusivas existentes.

Todo este reaxuste nas contas municipais é causado pola reducción de case 700.000€ na participación nos ingresos do estado (PIE) para este ano de 2011.

Neste contexto de crise e diminución xeral de gasto hai que destacar, dentro do capítulo de investimentos reais, os 500.000€ procedentes do Ministerio de Fomento e destinados á remodelación dos edificios municipais do mercado e a antiga casa do médico no Seixo, co fin de reordenar algúns usos municipais e de crear unha biblioteca.

Así mesmo, é moi significativo que os servizos sociais sexan a única partida que non só non se reduce senón que se incrementa, pasando dos 378.000€ de 2010 aos 480.000 deste ano.

Ademáis da presentación dos orzamentos de 2011 o equipo de goberno presentou e aprobou no pasado pleno municipal dúas mocións referidas a temas de interese xeral para Tomiño.

Nunha delas instouse á Xunta de Galicia a que se comprometese a construír a escola infantil de Goián. No caso de que decida non facela, os grupos do goberno esixen ás autoridades autonómicas que expliquen por escrito aos veciños e veciñas de Tomiño cales son os motivos reais de non continuar cunha xestión iniciada hai 3 anos e que conta xa cun proxecto realizado, a cesión dos terreos e co 50% do financiamento por parte do goberno central.

Na outra moción, o equipo de goberno solicitou á Xunta de Galicia que modifique o Plan Auga no que se contempla unha serie de actuacións no Baixo Miño, solicitándolle que se revisen as necesidades reais de abastecemento e que sobre todo se teñan en conta as carencias en materia de saneamento e se asuma a necesidade urxente de mellorar e extender este servizo polas diferentes parroquias tomiñesas.

 

Santiago Vergara encabezará a candidatura socialista en Tomiño

            O pasado venres, a asemblea local do PS deG-PSOE deu o seu apoio unánime ao actual portavoz e concelleiro, Santiago Vergara, para liderar a lista que os socialistas presentarán nas próximas eleccións municipais. O xa candidato, Santiago Vergara, manifestou o seu agradecemento aos compañeiros polo apoio recibido e considera que a próxima lexislatura vai esixir un grande esforzo para manter, con menos recursos, o servizo aos veciños, o que supón un reto ilusionante. Benestar social, educación e servizos especialmente o saneamento, serán as prioridades dos socialistas na próxima lexislatura.

          Santiago Vergara foi elexido por aclamación dos militantes que mostraron a “súa satisfacción polo labor realizado na presente lexislatura, ó fronte das Concellerías de Medio Ambiente e Persoal”, destacando a seriedade, rigor e compromiso cos que está desempeñando este traballo, que se traduce na excepcional valoración que os tomiñeses  teñen do Concelleiro Socialista.

         Vergara declara estar moi satisfeito de poder encabezar este proxecto político tan importante para Tomiño, representado por moitas persoas que están comprometidas con axudar a seguir mellorando o noso Concello a tódolos niveis.

          A Executiva Local, a través da Secretaría de Política Municipal, amosa o seu recoñecemento á maneira de facer política “útil e cercana” de Santiago Vergara, quen con convicción e determinación, dará continuidade ao proxecto dos  Socialistas de Tomiño, que é a mellor vía para garantir os avances e progreso que demanda a veciñanza.

 

Venres, 21 de xaneiro de 2011

Festas en honor a San Sebastián en Estás

O Mes Cultural de San Sebastián, que se celebra en Estás, dedica a xornada d ehoxe, sábado, a honrar ao santo que dá nome a esta cital coa cultura: S. Sebastián.

Unha salva de bombas dará inicio, en Estás a xornada festiva na que estarán, amenizando a verbena, as orquestras Abanixo e Magos de España. O recinto estará cuberto por unha gran carpa.

Mañá, domingo, fará a súa entrada no pobo a banda de música de Bembrive. Ás doce do mediodía oficiarase a misa solemne na honra a S. Sebastián. Á unha da tarde iniciaranse as tradicionais poxas e ao seu remate a banda de música de Bembrive dará un concerto e porá o final a estas festas, organizadas pola comisión de festas de S. Sebastián coa colaboración do concello de Tomiño e a Deputación de Pontevedra.

 

Venres, 21 de xaneiro de 2011

Este domingo Gondomar-Fomiño F.C. feminino as seis e media no campo das Cercas

Informa Rubén Casaleiro Pintos.- O pasado domingo disputouse a undécima xornada na segunda autonómica grupo 2 entre os equipos do Tomiño FC femenino e o Independiente CF.

O partido xogado no Campo do Alivio, en horario de tarde contou con boa afluencia de público, a pesar das condicións climatolóxicas adversas, con choivas intermitentes.

O partido tivo pouca historia ante un rival novato na categoría que en ningún momento puxo en apuros o conxunto das tomiñesas que dominaron todo o encontro a pracer.

O pouco de comezar o encontro primeira chegada das tomiñesas pola banda esquerda, xogada que culmina Eva no primeiro tanto da tarde (1-0) non se faría esperar o segundo nun centro que chega pola banda dereita que remata Miry en gol (2-0), co dous cero o árbitro pitou un penalti dubidoso a prol das visitantes, penalti fallado o longeiro, a seguir chegaría o terceiro a cargo de Marga que remata moi ben unha falta no primeiro pau sorprendendo a porteira (3-0), o cuarto sería outra vez para Miry tras un disparo que a porteira visitante non e quen de atallar (4-0), chegamos asi o remate dos primeiros corenta e cinco minutos, un monólogo por parte do conxunto local que puña o fútbol e os goles. Xa na segunda metade unha explendida Jessi marcaría por partida doble, nunha internada pola banda dereita chega ata a portería elevandoa porriba da porteira que ha consigue tocar, pero non evitar o que sería o quinto da tarde (5-0), o gol da honra para as visitantes chegaría nun saque de esquina que Tania introduce en propia porta (5-1), e o festival goleador remataría co sexto tanto, outra vez a cargo de Jessi nunha internada pola dereita que culmina cun remate cruzado (6-1). Remata así un partido fácil para as tomiñesas, agora esperaas o Gondomar segundo clasificado.

Proximo domingo  23/01/2011 o Tomiño FC Femenino enfrentase o Gondomar no campo municipal As Cercas en Gondomar as 18:30 horas.

O Tomiño necesita todo o  apoyo da súa afición, xa que vai a ser un gran encontro entre o 4º e o 2º clasificado.

 

Sábado, 15 de xaneiro de 2011

O concello de Tomiño inaugurará as obras de mellora na praza de Barrantes

            Mañá, domingo, ás 13.00 horas terá lugar a inauguración das obras de mellora paisaxística e ambiental no entorno da Praza de Barrantes.

            Esta actuación, que contou cun orzamento de execución de 162 mil euros e que se estende por máis de 900 m2 de superficie, ten como obxectivo a protección e conservación do patrimonio histórico no contorno da igrexa, así coma a renovación dun espazo importante para a parroquia e a potenciación do seu uso público.

            Neste proxecto tamén se levou a cabo a instalación de elementos de mobiliario urbano, creando unha área de estar arredor do cruceiro, procedendo asemade á renovación do alumeado público, utilizando luminarias de elevado rendemento e soterrando os tendidos aéreos existentes, tanto de telecomunicacións como de electricidade.

 

Educación asegura que non consta na Delegación da Xunta en Pontevedra ningunha solicitude para a construcción dun muro na escola infantil de Amorín

O xefe territorial de Educación na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, César Pérez Ares, insistiu onte no feito de que non consta na institución ningunha solicitude por parte do concello de Tomiño para a realización dun muro no patio da Escola Infantil de Amorín.

Recorda César Pérez que a obra do muro denunciada polo concelleiro de Educación de Tomiño estase a realizar nunha escola unitaria situada sobre terreos municipais, “e polo tanto, o lóxico sería que a propia alcaldesa ou o concelleiro de Urbanismo sexan os responsables de dar as explicacións pertinentes ao respecto”.

 “Non entendemos por que este grupo que forma parte do equipo municipal non pide explicacións pola construción dese muro ao seu compañeiro responsable da concellería de Urbanismo que é quen debe responder a este tipo de obras”, engadiu Pérez Ares.

“Ademais”, continúa o xefe territorial de Educación, “o concelleiro de Educación debería saber que estas obras necesitan a autorización do Consello Escolar do CRA Mestre Manel Garcés e a día de hoxe non consta na Xefatura Territorial nin a solicitude do Consello nin a do propio municipio”.

Pérez Ares insiste en que este tema “está relacionado co enfrontamento político existente entre unha asociación de veciños e un grupo político, situación que nós non queremos entrar a valorar”.

“Dende a Xefatura Territorial de Educación esperamos que a alcaldesa emita o informe pertinente para que os nosos técnicos poidan avaliar a magnitude das obras e saber deste xeito se son gravosas ou non para a comunidade educativa do centro afectado”, engadiu.

Neste senso, Pérez Ares lamentou que dende Centristas de Tomiño, grupo que cogoberna neste municipio, se estea a confundir “interesadamente” a representación do seu cargo de xefe territorial de Educación coa súa representación política local en Tomiño.

 

Venres, 14 de xaneiro de 2011

Nadis Terápias: unha alternativa saudable en Goián

Nadis Terápias, é un centro que se pode visitar na Avenida Ordóñez, 53 baixo (teléfono 619 372 692), en Goián, que ofrece altenativas para atoparse ben mediante masaxes terapéuticos e deportivos, osteopatía, acupuntura, biomagnetismo e tratamento de esguinces.

  

Centristas de Tomiño pide explicaciones a Educación por un muro ilegal que se construyó en la escuela unitaria de Amorín

El concejal de Educación de Centristas de Tomiño, pidió explicaciones al Jefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, por un muro ilegal que se construyó durante las vacaciones navideñas en la Escuela Unitaria de Amorín.

La actuación, sin licencia municipal y sin conocimiento por parte de la Concejalía de Educación, supuso el derribo del muro anterior, que se hallaba en perfectas condiciones, y la construcción de un nuevo muro, con un retranqueo mayor y, por tanto,  en la práctica, ha supuesto una merma considerable del patio del colegio.

No consta en el Concello que el muro haya tenido supervisión técnica de tipo alguno y según  los centristas fue hecho “con alevosía y nocturnidad” pudiendo poner en peligro la seguridad de los usuarios y viandantes.

Tras las primeras indagaciones el muro, según parece, fue construido por una empresa de la propia parroquia por mandato de un concejal del Partido Popular, que también presidente de la Comunidad de Montes, por lo que se deduce que el Jefe Territorial de Educación y presidente del Partido Popular de Tomiño también podría tener conocimiento del mismo.

Por sus características el muro necesita de proyecto técnico, por lo que, en caso de carecer del mismo, se trataría de una imprudencia manifiesta.

CdT pide a la Consellería que proceda a la inmediata subsanación de las deficiencias legales y aclare si es responsable del mismo o, en caso contrario, se actúe contra quién resulte serlo.

Finalmente, CdT exigirá  al Concello de Tomiño, a través de su Grupo Municipal, que aplique con rigor la legislación urbanística vigente, entre otras razones “porque la actuación sienta un precedente intolerable”.

 

Este domingo ás catro da tarde no Alivio enfróntanse o Tomiño FC feminino e o Independiente CF

Informa Rubén Casaleiro Pintos.- O domingo pasado xogouse a décima xornada na segunda autonómica grupo 2 entre os equipos do SR Casablanca e o Tomiño FC feminino.O partido xogado en Samil, en horario de mañá, contou con boa afluencia de público, nunha mañá soleada e un campo en boas condicións para a práctica do fútbol.

O encontro tivo unha primeira parte na que o conxunto visitante controlou o partido tendo as mellores ocasións e póndose en clara vantaxe, pero unha decision arbitral máis que discutida e sendos erros castiagarían ás tomiñesas xa na segunda parte a unha derrota inmerecida.

O partido tivo un inicio no que as locais pretendían mandar no encontro desde o primeiro minuto ante un equipo o das tomiñesas que ben plantado no terreo de xogo, foise crecendo mercede á intensa presión que estaban exercendo, as mellores ocasións caeron do bando visitante pero os goles non chegarían ata o final da primeira parte, cando un erro da defensa local é aproveitado por Eva que bate por baixo á porteira do Casablanca (0-1). As tomiñesas seguían dominando e non se vía reacción nas locais, e froito deste dominio, nun contrataque ben levado pola capitana das tomiñesas Marga, remata nun pase maxistral a Miry que só ten que cruzar ante a saída da porteira visitante (0-2), e xa case no pitido do árbitro recortaría distancias o SR Casablanca nunha indecisión da defensa visitante que acaba nun remate o que nada pode facer Carlota, chegándose así ao descanso.

Na segunda metade o Casablanca viuse arriba e nun saque de esquina chegaría o empate nun balón morto na área pequena que é rematado por unha das xogadoras locais facendo o 2-2, intres despois prodúcese a xogada polémica na que nun probable fóra de xogo as locais adiantaríanse no marcador (3-2), este tanto supuxo un mazazo para as visitantes que viron votadas por terra todas as súas esperanzas de traer algo positivo do campo do líder, así rematou o encontro con este marcador que conforme os méritos expostos no campo as tomiñesas merecían algo máis, pero como se soe decir nisto do fútbol quen perdoa acaba perdendo.

 

Hoxe X Estás Rock en Estás

A Semana Cultural de San Sebastián, de Estás, continúa hoxe, día 14, coa décima edición do Estás Rock que terá como marco o Centro Social Cultural e Deportivo de Estás, (na estrada Tui-A Guarda).

A esta cita acudirán os grupos “Skakeo”, “Som do Galpom” e “Salida de emergencia”.

Esta cita está organizada pola Asociación Xuvenil Buraco do Frade Estás.

 

Xoves, 13 de xaneiro de 2011

Sorpresa en Amorín por unha obra que invade o recinto escolar

            A Asociación Veciños de Amorín, presentou diante do  Concello de Tomiño, un escrito para que se aclare a inexplicable obra, que se está a realizar, nunha via pública de Amorín, a carón da Escola Infantil.

            Os veciños quedaron asombrados, cando viron que una excavadora se metia no terreo da escola e tiraba co muro e cerramento metálico do patio dos nenos, quitaba a terra do recinto, e se apropiaba do terreno.

            Continuaron asombrados de que, sen ningún tipo de cartel explicativo, sen sinalización algunha e, sen ningún tipo de protección para os nenos que salen a xogar, se fixera pola calada, unha obra tan incomprensible.

            A Asociación pediu á Señora alcaldesa, explicacións, presentándolle o escrito seguinte no dia 11 de xaneiro de 2011:

“ A Asociación Veciños de Amorín, pide unha  explicación acerca da obra que se está facendo na Escola Infantil de Amorín. Quitouse unha parte de terreno do patio da escola, para convertilo nun pseudo aparcadeiro de coches. Inaudito.

Queremos saber quen deu permiso á Comunidade de Montes para levar a cabo esta obra. Queremos ver a licencia municipal e o proxecto firmado polo técnico correspondente do Concello.

A obra efectuose sen ningún tipo de seguridade, deixando un terraplén sen protección, a carón dunha estrada con bastante tráfico.

Queremos que se nos explique e que, no futuro, antes de facer unha obra que afecte á integridade das persoas, se mostre públicamente o proxecto, se poña un cartel explicativo dos promotores, investimento e prazo de execución das obras.
Ao tempo, pedimos que se sinalicen adecuadamente.

Tamén queremos saber se a Consellería de Educación tiña coñecemento de tal obra en pleno período de curso escolar, xa que quedaron os nenos desprotexidos.

Non entendemos a necesidade de facer/autorizar  con tanta urxencia esta obra, innecesaria a todas luces.

Esperando a súa resposta, reciba un saúdo cordial.                 

Na  Asociación Veciños de Amorin,  non temos ningún tipo de resposta oficial por parte do Concello de Tomiño.  Dubidamos da legalidade desta obra. Se o Concello non soluciona este problema,  repoñéndose  o terreno como estaba,  tomaremos outro tipo de medidas.

 

Mércores, 11 de xaneiro de 2011

Two Lovers, un drama romántico, no Cineclub Poleiro, o xoves ás 21.30 horas

O Cineclub Poleiro proxecta, o vindeiro xoves, día 13, a cuarta entrega do ciclo de cine, cuxa undécima tempada se iniciou o pasado mes de outubro. Nesta ocasión proxéctase “Two Lovers”, película dirixida por  James Gray (EE.UU).

En Brooklyn, Leonard (Joaquin Phoenix), un mozo con problemas emocionais, segue a súa vida despois da última recaída. Mentres trata de recuperarse baixo a atenta mirada dos seus preocupados pais, dúas mulleres entran de súpeto na súa vida. Por unha banda a encantadora e sinxela Sandra (Vinessa Shaw), filla do novo socio do pai e por outroMichelle (Gwyneth Paltrow), unha beleza sensual misteriosa que parece que non encaixa no aborrecido barrio no que vive Leonard. O amor de Leonard vaise debatir entre a complicada e emotiva Michelle e Sabdra, a moza perfecta a ollos da familia.

Os críticos destacan o guión e as interpretacións, tan realistas que non parecen unha interpretación.

Os pases, poden retirarse no auditorio de Goián ás 21.30 horas.

            O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e a Federación de Cineclubes de Galicia.

 

Sábado, 8 de xaneiro de 2011

Mes Cultural de San Sebastián 2011 en Estás

Día 8 de Xaneiro

-Sábado día oito de xaneiro a partir das oito da noite terá lugar a tradicional debullada, no baixo do Centro Social Cultural e Deportivo de Estás. Este ano acompañando a debullada haberá un “Serán Tradicional”. Durante a festa haberá chourizo pan e viño para todos ademais de chocolate e rosca como de costume.

Organiza a comisión de festas de S. Sebastián e Pandereteiras do Maragozo.

Día 14 de Xaneiro

-Venres día catorce de xaneiro a partir das once e media da noite terá lugar a décima edición do Estás Rock no baixo do Centro Social Cultural e Deportivo de Estás, (estrada Tui-A Guarda) cos seguintes grupos:

→SKAKEO.

→SOM DO GALPOM.

→SALIDA DE EMERGENCIA.

Organiza a Asociación Xuvenil Buraco do Frade Estás-Tomiño.

Día 21 de Xaneiro

-Venres vinteún de xaneiro a partir das doce da noite, segunda edición do Estás Djs. Teremos en cabina a:

→Dani Moreno o galo da máxima fm.

→Chimo Cabreira desde Malizzia-Radio Municipal de Tui.

→Mary Amado desde Maracaibo-Venezuela.

→Diego_González desde Wasabi A Guarda e Rafa Morales desde a Karpa-Tomiño.

O recinto estará cuberto por unha gran carpa con aforo limitado. A entrada terá un custo de cinco euros e o sorteo dun vale de compra de 100€ en roupa e calzado deportivo donado por Atmósfera Sport Ponteareas. Puntos de venda anticipada Lito sport e Woody pool en Tomiño (outros puntos de venda, Verssus en Tomiño , Pool Chaos na Guarda e Centro Cultural de Estás)

Organiza a Asociación Xuvenil Buraco do Frade Estás-Tomiño.

Día 22 de Xaneiro

-Día 22 de xaneiro grandes festas na honra a S. Sebastián Estás-Tomiño, unha salva de bombas dará inicio a estas festas. A verbena estará amenizada polas orquestas ABANICO e MAGOS de ESPAÑA. O recinto estará cuberto por unha gran carpa.

Día 23 de Xaneiro

-O día 23 de xaneiro dará entrada no pobo a banda de música de Bembrive.

-As doce do mediodía comezará a misa solemne na honra a S. Sebastián.

-A unha iniciaranse as tradicionais poxas. Ao remate a citada banda dará un concerto e porá o final a estas grandes festas.

Organiza a comisión de festas de S. Sebastián e Colabora Concello de Tomiño e Deputación de Pontevedra.

 

Xoves, 6 de xaneiro de 2011

As asociacións de Sobrada reclaman melloras no CEIP para os alumnos de 3, 4 e 5 anos

O conxunto das asociacións da parroquia de Sobrada (Tomiño), veñen de presentar na Delegación Provincial de Educación de Pontevedra, máis de 800 sinaturas de veciños e veciñas, en apoio ás demandas de ampliación e mellora do CEIP de Sobrada, que tanto a ANPA como a dirección do centro, veñen solicitando, dende o ano 2007.

Son en total sete entidades as asinantes: a Asociación de Veciños de Sobrada, a Comunidade de Montes, a Asociación Cultural Lanzo da Crus, a Asociación Treboeiros de Muimenta, o Club Deportivo Monte Ferreiros, a Asociación de Nais e Pais “A Mimosa” e a Asociación Amigos de S.Salvador.

Previamente, en xaneiro de 2010, estas asociacións uníranse ás demandas de ampliación e mellora solicitadas dende a dirección do CEIP de Sobrada, e pola propia ANPA, en relación ás aulas de 3,4 e 5 anos, e remitirán un escrito ao Xefe Territorial, D, César Pérez Ares, solicitando unha cita para tratar o asunto.

Non obtendo resposta do Xefe Territorial, e tendo transcorrido xa máis de 8 meses, as asociacións reúnense novamente o pasado 18 de decembro, e acordan facer chegar á Delegación as sinaturas recollidas, e solicitar cita novamente.

No escrito presentado, convídase tamén ao Xefe Territorial a visitar o CEIP de Sobrada, e comprobar in situ, as problemáticas expostas no informe da Dirección do Centro.

Demandas sen resposta

En novembro de 2009, a ANPA fora recibida polo actual Xefe Territorial de Educación, Cesar A. Pérez Ares, quen manifestou ter constancia do asunto únicamente a través da última Inspección Técnica feita en febreiro 2009. O seu compromiso entón foi o de enviar unha Inspección para valorar as necesidades do CEIP de Sobrada, non máis alá de febreiro 2010.

En febreiro de 2010, a Dirección do CEIP de Sobrada envía un completísimo informe de necesidades (nº 2087 saída: 19 febreiro 2010), pois a Inspección Técnica comprometida non chega a facerse por parte da Delegación.

Colaboración en tempos de crise

Os tempos de crise fan máis necesaria que nunca a colaboración de todos, por iso os representantes das asociacións manifestan a súa plena disposición de colaborar no que faga falta para poder resolver o problema; neste sentido, propoñen solucións concretas, como son o traslado das aulas de infantil ao CEIP. “Cremos que é posible habilitar espazos para os cativos sen grandes investimentos”. Como exemplo, uns antigos vestiarios, que agora non se utilizan, e que funcionan como “almacén” ou a planta baixa do edificio que se construiu na última “ampliación”, que agora funciona como patio cuberto. “Existe o compromiso do Concello de Tomiño, de asumir o custe que suporía ampliar o patio cuberto, e da Comunidade de Montes de Sobrada, de ceder unha parcela anexa para ampliar a superficie do recinto escolar. Só pedimos que, por parte do Servizo de Inspección Técnica da Consellaría de Educación, se valore a situación, as posibles solucións e o seu custe “. O que teñen claro é que, “se non se aborda o problema, nunca se vai resolver, por iso queremos falar e buscar solucións”. Anque son moitas as demandas, tamén son conscientes de que “a situación non é a mellor, e non se pode arranxar todo ao mesmo tempo, por iso incidimos no que consideramos de máis urxencia, o traslado das aulas de infantil ao CEIP, xa que actualmente se atopan nas antigas “unitarias”, a onde ían á escola, hai xa máis de 40 anos, os avós e avóas do alumnos e alumnas que asisten hoxe.

 

Mércores, 5 de xaneiro de 2011

La lluvia no impedirá la llegada de los Reyes a Tomiño según el programa previsto

Los Reyes Magos llegarán a Tomiño a pesar de la lluvia y siguiendo el Plan previsto: a las 17.00 horas de hoy saldrá del campo del Alivio, la comitiva Real formada por sis carrozas, escoltadas por la policía local, protección civil y los bomberos de Vilanova de Cerveira, también está previsto que les acompañe la Rondalla de Vilameán, la Treboada de Sobrada y Charangas.

Los tres reyes llegarán puntuales de Oriente al Torreiro del Alivio en una limusina y allí será donde se suban a las carrozas reales, preparadas por los Vecinos de Amorín, el Grupo de Danza y Gaitas Virxen do Alivio y la Asociación de Vecinos de Pinzás, la carroza de porteadores reales ha sido preparada por la comparsa Revolución Show, la corroza del Belén por la Comparsa de Paredes y la de Carteros Reales por la Asociación Seixo.

En la plaza de O Seixo tendrá lugar, bajo carpa, como ya es tradicional, la representación del Belén, la entrega de regalos al niño Jesús y a todos los niños y niñas presentes.

Asimismo el día 6 de enero, a partir de las 20.00 horas, tendrá lugar en el Auditorio de Goián el Concierto de Reyes a cargo de la Orquesta Clásica de Vigo.

 

As asociacións de Sobrada reclaman melloras no CEIP para os alumnos de 3, 4 e 5 anos

O conxunto das asociacións da parroquia de Sobrada, en Tomiño, veñen de presentar na Delegación Provincial de Educación de Pontevedra, máis de 800 sinaturas de veciños e veciñas, en apoio ás demandas de ampliación e mellora do CEIP de Sobrada, que tanto a ANPA como a dirección do centro, veñen solicitando, dende o ano 2007.

Son en total 7, as entidades asinantes: a Asociación de Veciños de Sobrada, a Comunidade de Montes, a Asociación Cultural Lanzo da Crus, a Asociación Treboeiros de Muimenta, o Club Deportivo Monte Ferreiros, a Asociación de Nais e Pais “A Mimosa” e a Asociación Amigos de S.Salvador.

Estes colectivos ao non ter resposta as súas demandas decidiron enviar as sinaturas que apoia as súas solicitudes. 

Previamente, en xaneiro do ano pasado, estas asociacións uníranse ás demandas de ampliación e mellora solicitadas dende a dirección do CEIP de Sobrada, e pola propia ANPA, en relación ás aulas de 3,4 e 5 anos, e remitirán un escrito ao Xefe Territorial, César Pérez Ares, solicitando unha cita para tratar o asunto. Non tendo resposta do Xefe Territorial as asociacións reuníronse de novo o pasado 18 de decembro, e acordaron facer chegar á Delegación as sinaturas recollidas, e solicitar cita novamente. Nese escrito presentado, convidaban tamén ao Xefe Territorial a visitar o CEIP de Sobrada, e comprobar in situ, as problemáticas expostas no informe da Dirección do Centro.

Os representantes das asociacións manifestan a súa plena disposición de colaborar no que faga falta para poder resolver o problema; neste sentido, propoñen solucións concretas, como son o traslado das aulas de infantil ao CEIP.  Nese senso sinalan que  “existe o compromiso do Concello de Tomiño, de asumir o custe que suporía ampliar o patio cuberto, e da Comunidade de Montes de Sobrada, de ceder unha parcela anexa para ampliar a superficie do recinto escolar.

Por iso sinalan que só piden que, por parte do Servizo de Inspección Técnica da Consellaría de Educación, se valore a situación, as posibles solucións e o seu custe “.

Indican por último que aínda que son moitas as demandas, son conscientes da actual situación, polo que inciden no que consideran máis urxente, coma é o traslado das aulas de infantil ao CEIP.