Sábado, 23 de xaneiro de 2010 Tui aposta por recuperar o Entroido máis tradicional con “parodias” O Desfile de Entroido de Tui traerá este ano dúas importantes novidades con respecto a anteriores edicións. Segundo se recolle nas bases de participación por unha parte recupérase a participación de grupos que deberán ter entre 15 e 25 compoñentes, e que se suman ás comparsas que tradicionalmente veñen tomando parte no desfile. Por outra parte a Concellería de Cultura, organizadora do evento, busca recuperar o espírito do Entroido tudense que recreaba distintas parodias nas que sátira e o humor estaban sempre presentes. Por iso este ano créase en premios a categoría de “Parodia” con tres premios de 200€, 100€ e 50€. O prazo de inscrición para o Desfile-Concurso ábrese o próximo luns, 25 de xaneiro, e poderase facer ao longo só de cinco días, até o venres, 29 de xaneiro. Os interesados débense inscribir no Departamento de Cultura do Concello de Tui, de 10 a 14 de luns a venres. É preciso cubrir impreso normalizado establecido para este fin e presentar fotocopia do CIF da Asociación ou NIF do particular, copia do DNI do representante da comparsa ou grupo, e certificado da conta bancaria. Establécese un máximo de 15 comparsas e de 10 grupos, que se inscribirán por orde de inscrición coa salvidade de que nunca unha comparsa ou grupo de Tui quedarán fóra da concurso. Comparsas – con máis de 25 compoñentes- e grupos – con entre 15 e 25 integrantes – competirán conxuntamente nas distintas categorías optando na clasificación xeral a un primeiro premio de 800€, un segundo de 600€ e un terceiro de 400€. En carrozas establécense tres premios de 600€, 400€ e 200€, e para acompañamento musical a dotación dos premios de é de 400€, 200€ e 100€. Coma antes se sinalaba tamén se establece esta ano tres premio á Parodia que oscila entre os 200€ e os 50€. Este ano establécense unha cantidade de 450€ que se repartirán, ou non, segundo o criterio do xurado en forma de accésits. Amais dos premios establecidos as comparsas e grupos participarán recibirán pola súa presenza unha compensación económica que oscila entre os 75 e os 600€ en función de se son grupos ou comparsas, se levan ou no carroza, e se son de Tui ou foráneas. O desfile celebrarase o martes 16 de febreiro, festivo local en Tui, ás 17.30h cun percorrido polo circuíto pechado establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. As comparsas e grupos para recibir tanto a asignación económica como os premios deben estar presentes na súa totalidade no Enterro do Bacallau que se celebrará o domingo 21 de febreiro dende ás 19.30h con saída da Praza de San Fernando. As bases completas de participación pódense consultar nas web www.culturatui.info e www.concellotui.org así coma no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e no Departamento de Cultura do Concello de Tui.
Venres, 22 de xaneiro de 2010 Tui acolle esta fin de semana dúas probas de remo con récord de participación Tui acolle esta fin de semana dúas importantes competicións do mundo do remo de tal xeito que as miradas deste deporte van estar tanto o sábado coma o domingo na cidade. O sábado, dende ás 15.30h, vaise disputar no novo Pavillón de Deportes o Campionato de España de Remoergómetro no que van participar 224 remeiros. Este campionato ten a particulariedade de que por vez primeira haberá seis participantes de remo adaptado ou paralímpico. Desta proba sairán os deportistas que integren a selección española de remo. Mentres o domingo dende ás 11.30h da mañá terá lugar a Regata Miño Internacional, Campionato de España de longa distancia e VI Copa Presidente da Deputación. Na mesma daranse cita 65 embarcacións con máis de 360 deportistas nas distintas categorías. Disputarase en dúas modalidades Oito con e Catro Scull. Cómpre salientar que por vez primeira participarán embarcacións de 8 con Absoluto Feminino. O remeiros sairán ás 11.30h da mañá dende Amorín, cunha diferencia dun minuto entre cada embarcación, e terán que chegar á liña de meta situada fronte ao Centro Interfederado de Remo e Piragüísmo. Percorrerán un total de seis quilómetros nunha proba moi espectacular. Estas dúas competicións foron presentadas onte á mañá na Casa do Concello de Tui polo Alcalde, Antonio Fernández Rocha, o Presidente da Federación Gallega de Remo, José Prada, e o Presidente do Club Remo do Miño, Manuel Landeira. O Presidente do Club Remo do Miño, Manuel Landeira, explicou que estas dúas competicións teñen un orzamento de 28 mil euros. Ao tempo agradecía o apoio total que dende o primeiro momento tiveron por parte do Concello de Tui, xa que dende a Alcaldía apostouse dende o primeiro momento por conseguila. Landeira destacaba tamén o incremento na participación na Regata Miño Internacional polo atractivo dos trofeos entregados xa na edición do ano pasado e que son maquetas das embarcacións de remo feitas en China. José Prada, presidente da Federación Galega de Remo, fixo fincapé tamén no record de participación da regata do domingo, que segundo dicía fai historia. Apuntaba que nunca na historia deste deporte conseguiuse reunir tantos participantes de 8 con nunha regata de fondo no río Miño. Engadía que tanto no Campionato de España de Remoergómetro coma na Miño Internacional o espectáculo está garantido. Por último o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, agradeceu ao Club Remo do Miño o seu esforzo por pelexar por que estas dúas probas se poidan celebrar na cidade. Destacou tamén o apoio económico da Xunta e da Deputación xa que ao Concello en solitario lle sería difícil asumir o montante total do orzamento da competición. Fernández Rocha salientaba que estas dúas probas pódense celebrar en Tui porque conta coas instalacións axeitadas dedicadas ao remo e tamén co novo pavillón de deportes. Explicaba o rexedor tudense que “o Miño é unha autopista real de auga que afortunadamente pasa por Tui” sinalando que se debe aproveitar e seguir apostando polo deporte de río.
O alcalde de Tui reúnese a próxima Semana co Secretario Xeral para o Deporte O alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, vaise reunir o próximo mércores, 27 de xaneiro, co Secretario Xeral para o Deportes, Jose Ramón Lete Lasa. O obxectivo do encontro segundo explicaba o rexedor, é por unha parte asinar un convenio sobre o Centro Interfederado de Remo e Piragüísmo do que polo momento non adiantou os seus termos. Nese encontro Fernández Rocha solicitará a colaboración da Secretaría Xeral para ampliar as instalacións do Centro Interfederado, xa que segundo expuña quedouse pequeno. Deste xeito preténdese que o edificio creza na parte posterior sobre os hangares. O obxectivo é ampliar a zona de ximnasio e construír máis estancias para os deportistas. Amais solicitará tamén a Lete Lasa obras no Campo de Fútbol de Caldelas consistentes en facer novos vestiarios e mellorar o alumeado público, precisas para dotalo de herba artificial. Noutra orde de cousas o alcalde de Tui adiantou que no borrador dos orzamentos municipais deste ano incrementarase a contía económica en partidas coma a de Deportes, Servizos Sociais e Turismo e Cultura. Deixou clara tamén a “aposta decidida polo deporte” polo que manifestaba que hai que seguir mellorando as instalacións.
Tui acolle a exposición “España século XX: escenas do traballo”, viaxe pola historia do traballo a través dos seus protagonistas A exposición é a Historia en imaxes de homes e mulleres que traballan nas fábricas, no campo, no mar, e mirando atentamente podemos observa-los avances na tecnoloxía, os cambios na relación entre as persoas e as máquinas e a tendencia ao predominio destas en detrimento das primeiras. Os rostros anónimos amosan os verdadeiros construtores da Historia e da súa evolución. A Exposición poderá ser visitada no anexo da sala municipal de exposicións da Biblioteca Municipal, rúa Colón nº 2, ata o vindeiro mes de febreiro. "España século XX: escenas do traballo” é unha exposición fotográfica organizada pola Fundación 10 de Marzo, do sindicato Comisións Obreiras, que persigue dar a coñecer un aspecto da realidade como é o do traballo. Esta exposición chega a Tui coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui. A exposición consta dunha colección de 65 fotografías en branco e negro. Cronoloxicamente, cobren un período comprendido entre 1900 e 1997; é dicir, ilustran o século XX galego e español case na súa totalidade e a temática xeral é o traballo. As fotografías organízanse en tres grupos: O primeiro grupo, Os “traballos tradicionais”, reúne imaxes dos traballos máis antigos como son a agricultura, a construción, a minería e o propio servizo doméstico. Un segundo grupo, en cambio, reúne fotografías do traballo nos talleres industriais, desde os comezos do século ata a actualidade. Este grupo de fotografías está reunido baixo o título de “o taller”. O terceiro grupo, “Mulleres e homes”, é un contrapeso do anterior. Desaparece a maquinaria da escena, e homes e mulleres regresan ó primeiro plano de maneira individual e colectivamente. Contén retratos de tipos populares e, polo tanto, anónimos. Reflíctense igualmente aspectos do traballo como a propia emigración española, momentos como a entrada nos vestiarios, a hora do xantar no lugar de traballo e o tempo de lecer. Por fin, inclúense unha serie de actividades e ritos que forman parte da cultura do traballo, como a celebración de asembleas e manifestacións ou a folga. Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, esta exposición abrangue varios obxectivos de carácter cultural. Primeiro, ao dar a coñecer un aspecto da realidade cotiá, como é o traballo. Pero esta realidade amósase dende unha dobre perspectiva: o seu aspecto histórico e artístico, pois a fotografía é testemuña da vida pero tamén ábrese á creatividade. Por outra banda, esta mostra reflicte o traballo da Fundación 10 de marzo de divulgación dun valioso patrimonio documental e gráfico procedente de diversos arquivos sindicais, de empresa (como a Empresa Nacional Bazán de Ferrol) e de particulares.
Xoves, 21 de xaneiro de 2010 Hoxe concerto na Viñoteca de García A Viñoteca de García acolle hoxe xoves ás 21.30h un novo concerto. Correrá a cargo do grupo Mr Cool & Hamsters formado por Ramón Orencio, guitarra e voz, Pablo Seoane, piano, e Alfonso Calvo, contrabaixo
O servizo de discapacitados e dependentes será prestado dende o 1 de marzo polo 065 O Concello de Tui en colaboración con COGAMI leva prestando dende hai tres anos un servizo de transporte para discapacitados e dependentes no marco do programa ANTA. O próximo 1 de marzo este transporte cambiará ao ser realizados os traslados polo 065 . Patricia Ricón, Concelleira de Servizos Sociais, e Miguel Pazo, coordinador no Baixo Miño de COGAMI, falaban no programa Día a Día da RMT deste servizos e dos cambios que se aveciñan. O obxectivo do programa ANTA, en marcha dende hai tres anos, é facilitar a vida ás persoas con discapacidade ou grande dependentes pondo ao seu dispor un transporte adaptado para que se poidan desprazar na súa vida diaria. É un servizo que se presta a través da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui subvencionado pola Secretaría Xeral da Familia e Benestar e polo propio Concello de Tui. O programa conta nestes momentos con dous furgóns adaptados, buscando optimizar o servizo, tentando que as rutas de recollida e entrega permitan recoller varios usuarios. Pero o 1 de marzo deste ano vai haber un cambio importante neste servizo xa que deixará de prestalo a Concellería de Servizos Sociais e pasará a depender do 065 que realiza o servizo a toda Galicia. As persoas que necesiten deste transporte deben pasar polo Servizos Sociais de Tui co DNI, Tarxeta Sanitaria e Certificado de Discapacidade ou a valoración de grao e nivel de dependencia. Miguel Pazo indicaba que na posta en marcha do programa ANTA levou varios meses a optimización do servizo no senso de compartir rutas. Por isto opinaba que ao 065 tamén lle vai levar traballo optimizar o servizo ao estar a centraliña en Santiago. Nos tres anos nos que funcionou o programa ANTA fixeron un total de 7.998 servizos dando aos usuarios máis 4.050 viaxes para facer eses servizos, e 303.094 quilómetros realizados. Miguel Pazo indicaba que teñen optimizando o servizo ao máximo e agardan poder compartir a súa experiencia co 065. Os interesados poden pedir cita previa no Servizos Sociais do Concello de Tui 986 60 36 25 ext. 54 para solicitar o servizo do 065.
A Concellería de Cultura convoca o concurso para a elección do Cartel das Festas de San Telmo 2010 A Concellería de Cultura do Concello de Tui, coa colaboración da Comisión de Festas, convoca o concurso para a elección do cartel anunciador das festas patronais de San Telmo 2010. Esta segunda convocatoria do certame realízase logo da positiva experiencia do pasado ano, en que por primeira vez foi realizado este concurso. O cartel gañador de 2009 foi o presentado por Silvia Villaverde Míguez. As persoas interesadas en participar neste certame teñen de prazo ata o día 26 de febreiro de 2010 para enviar ou entregar os traballos nun soporte ríxido, coa finalidade de organizar unha exposición pública dos mesmos. Nas bases establécese un único premio de 500 euros. O contido das obras presentadas deberá referirse ás Festas de San Telmo da cidade de Tui. O autor tentarán plasmar referencias desta Festa e desta cidade na súa proposta, destinada a ser utilizada como imaxe oficial deste evento. No cartel deberá figurar o seguinte texto: “Tui, festas de San Telmo 2010, 3 - 12 de abril. Festas de Interese Turístico Galego”. O Concelleiro de Cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, sinala que con este certame pretendese dotar dunha imaxe artística e atractiva ao cartel anunciador das festas patronais tudenses, ao tempo que promove e valoriza a creatividade de artistas e deseñadores tanto tudenses como foráneos. As bases poden consultarse na páxina web do Concello de Tui: www.concellotui.org.
Mércores, 20 de xaneiro de 2010 Fernández Rocha levará ao Comité Local a unificación de AT no PP de cara ás municipais de 2011 e Acción Tudense estuda a proposta O Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, coma presidente do Comité local do PP confirma que existe a posibilidade de que nas eleccións municipais de 2011 o centro dereita se presente coma único partido unido. Para conseguir ese obxectivo está a traballar xa que explicaba que esa é a súa pretensión dende que preside o PP tudense. Neste momento están en disposición de iniciar a negociación segundo manifestaba en declaracións á RMT. Engadía Fernández Rocha que Tui necesita un goberno forte de centrodereita, sinalando que están en disposición de negociar. Polo momento sinalaba que o único que houbo foi un achegamento entre os dous partidos, PP e AT. Hai, engadía, esa disposición por ambas parte para que Acción Tudense se integre no PP, aínda que puntualizaba que rematará a lexislatura coma partido indepentende. Confirmaba amais Fernández Rocha que o presidente Provincial do PP, Rafael Louzán, está ao tanto destes contactos, xa que indicaba que sen a súa aprobación non pode tomar ningunha decisión coma presidente do Comité Local. Tamén precisa o apoio do Comité Local e será consultada igualmente a militancia. Polo momento non hai un calendario enriba da mesa cos pasos a seguir e prazos a cumprir. Están a dar os primeiros pasos dos que informou xa ao Comité Local o pasado venres, e o tema volverá tratarse o día 12, onde agarda o apoio unánime. Por último Fernández Rocha precisaba que a súa misión é unificar o centro-dereita en Tui formado por tres partidos, PP, AT e TUI, aínda que de momento os contactos céntranse en Acción Tudense. Acción Tudense vai estudar a proposta feita polo Partido Popular de cara á reunificación da dereita. Así o afirmaba o voceiro de Acción Tudense, Miguel Capón Rey, en declaracións á Radio Municipal de Tui, confirmando que houbo un contacto co PP, no que estivo Rafael Louzán con este obxectivo. Por parte de Acción Tudense non existe ningunha condición previa, xa que non foi o grupo independente quen buscou un posible acordo, senón que lembra que esta situación naceu tralo tento de presentar unha moción de censura hai un ano por parte de Juan Miguel Diz Guedes. Dende Acción Tudense tampouco fixan ningunha condición con respecto á persoa que ocuparía o primeiro posto da lista popular en caso de acordo nas eleccións municipais de 2011, aínda que si recoñece Miguel Capón a existencia dunha proposta por parte do PP que se está a estudar. Con acordo o sen el Acción Tudense continuará coma grupo independente na corporación até o final da lexislatura cumprindo o compromiso cos seus electores. Unha vez rematado este tempo AT podería continuar ou non.
Comezaron as obras para solucionar os problemas de anegamento na Ponte de Magnolia Onte comezaron as obras na coñecida coma Ponte de Magnolia ao final da Avenida da Concordia para solucionar os problemas de anegamento que ten sufrido este vial de xeito repetido este inverno. Estes traballos, cun prazo de execución de dous meses, supoñen un investimento de 50 mil euros con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra, segundo explicaba o alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha. Nas obras que comezaron onte vaise realizar unha recollida de augas de Pazos de Reis xa que esta canalización estaba en mal estado. Amais vaise arranxar un tramo de 80 metros de tubaxe que era o que estaba a dificultar o paso das augas pluviais e provocaba os embolsamentos de auga na estrada. Fernández Rocha explicaba que parte do problema debíase a que se saíron do seu sitio as tubaxes de campá de cemento. O rexedor tudense confía en que as obras poidan estar rematadas canto antes, pero a execución dependerá moito do tempo xa que parte dos traballos se realizan a catro metros de profundidade, e con choivas a execución da obra ralentízase.
Remataron as obras no Parque do Penedo Remataron no Parque do Penedo as obras que se estiveron executando para instalar dous parques de biosaudables e un parque infantil, e o remate do pavimento en adoquín dando continuidade ao que se fixo dende o Centro Interefederado. En total o investimento rondou os 70 mil euros. O alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, explicaba na emisora municipal que a pavimentación é unha obra que se comprometera a facer a Confederación Hidrográfica, pero que ao non executala asumiuna o Concello con fondos propios.
A reunión coa mesa de negociación próximo paso na elaboración dos orzamentos A elaboración do orzamentos municipais para este 2010 segue a súa tramitación no Concello. As redacción das contas municipais deste ano estiveron parada entanto non se coñeceu a cantidade concreta que se recibirá de Tributos do Estado, e que será inferior a de 2009. Isto suporá que o montante total do orzamento municipal tudense deste exercicio sexa algo inferior que no anterior. A próxima semana prevese que se celebren as reunións previas na Mesa de Negociación dos Sindicatos para abordar todo aquilo que compete a materia laboral. O mandatario municipal, Antonio Fernández Rocha, explicaba que en primeiro lugar é preciso ter os gastos fixos e de persoal, para logo establecer os investimentos e cadrar deste xeito os ingresos previstos cos gastos. Unha vez conten co borrador de orzamentos o documento será tamén levado a comisións informativos para ser estudado polas outras forzas políticas.
La Asociación Vontade organiza un festival para recaudar fondos La Asociación de discapacitados del Baixo Miño Vontade, prepara un festival de playbacks con el fin de recaudar fondos para ayudar a financiar sus actividades en el 2010. El evento consistirá en un festival de playbacks en el que además de los usuarios de la asociación, participarán otras entidades culturales del ayuntamiento de Tui: Asociación Sociocultural O Mosteiro de Pexegueiro, Asociación Santa Columba de Ribadelouro, Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe, Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis. El festival tendrá lugar en la Casa Cultural de Ribadelouro este domingo, día 24, a las 17.00 horas. La entrada costará 1.50 eros y se puede conseguir en la Asociación hasta este viernes y en taquilla el domingo. Vontade La Asociación Vontade fue creada por un grupo de personas con discapacidad de la zona del Baixo Miño el 8 de octubre de 2003. Contó en su Asemblea Constituyente con el aval de 79 socios fundadores, basando las actuaciones de estos años en los siguientes puntos: Transporte adaptado. Formación específica. Integración en el mundo laboral. Eliminación de las barreras arquitectónicas. En estos momentos la asociación está formada por más de 173 socios con discapacidad, con un servicio ocupacional donde realizan actividades de formación, ocio y tiempo libre. Presta además servicios de psicología, terapia ocupacional y trabajo social.
Presentación de diferentes pruebas deportivas de remo en Tui Mañana, jueves a las 12.00 del mediodía, será presentado en la Sala de concejales del ayuntamiento de Tui el IX Campeonato de España de Remoergómetro y el Campeonato de España de larga distancia de remo olímpico En este mismo acto será presentada la Regata Miño Internacional-Xacobeo 2010 y el IV Trofeo Presidente Diputación Provincial. Participarán en la presentación Antonio Fernández Rocha, alcalde de Tui; José Prada Álvarez, presidente de la Federación Gallega de Remo, y Manuel Landeira Troitiño, presidente del Club Remo do Miño.
Martes, 19 de xaneiro de 2010 Esta fin de semana celébranse dúas competicións de remo en Tui Esta fin de semana celébranse en Tui dúas competicións de remo. A primeira delas terá lugar o sábado dende ás catro da tarde no novo pavillón municipal de Deportes. Trátase do Campionato de España de Remoergómetro. O domingo en augas do Miño dispútase o Campionato de España de Longa Distancia – VI Copa Presidente da Deputación de Pontevedra. A saída será ás doce do mediodía dende a ribeira do Parador de Turismo. Organiza o Club Remo do Miño.
Atraco a punta de pistola nun establecemento comercial de Tui Polo momento non hai novidades, segundo informaban onte á mañá dende a Oficina de Prensa da Garda Civil en Pontevedra, sobre os autores do atraco perpetrado o pasado sábado en Tui nun establecemento na Avenida da Concordia. Catro homes e unha muller armados entraron no interior dun supermercado levándose a recadación da caixa. Os feitos acontecían ás oito e media tarde cando no interior do establecemento estaban a propietaria e os seus dous fillos. Os atracadores entraron no inmoble e pecharon a verxa. Nun descoido a muller aproveitou para saír por unha porta traseira e pedir axuda. No exterior informou do que estaba a acontecer a un Garda Civil de paisano que deu aviso ao cuartel de Tui antes de entrar no establecemento. Un dos atracadores encañonouos e tanto estas dúas persoas coma os fillos da propietaria foron atados. A un deles sooulle o teléfono móbil. A chamada parece ser que era dunha sexta persoa que estaba no exterior alertando da chegada de efectivo da Garda Civil, polo que precipitaron a súa saída. Todo parece indicar que fuxiron nun todo terreo de cor escuro pola antiga estrada nacional en dirección a Salvaterra. Os atracadores segundo os primeiros indicios tiña acento colombiano. A Garda Civil mantén aberta a investigación. Logo deste importante susto, o establecemento abriu o domingo normalmente a súas portas.
A Deputación concede dúas subvencións ao Concello de Tui por 265 mil euros A Deputación de Pontevedra, reunida onte en Xunta de Goberno, aprobou a concesión de dúas subvencións ao concello de Tui correspondentes ó Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011. O obxectivo é realizar as obras de “Peche exterior das instalacións deportivas da Macoca” cun orzamento de 197.865€ e o “Saneamento, abastecemento e mellora de viais en Pazos de Reis” por importe de 64.906€. O abono da subvención para a primeira actuación, o pechamento da exterior das instalacións deportivas da Macoca, distribuíuse en dúas anualidades: 98.932 euros cada ano. O saneamento, abastecemento e mellora de viais en Pazos de Reis sufragase con 32.453 euros na primeira anualidade e outro tanto na segunda. Estas subvencións súmanse ás concedidas noutros concellos, que só no día de hoxe acadaron o millón de euros, se ben Louzán recordou que “as actuacións que non chegan aos 50.000 euros apróbanse directamente, non pasan por Xunta de Goberno, adxudícanse segundo os convenios correspondentes cos concellos”. Louzán recordou tamén que este Plan de Investimentos da Deputación axudará aos concellos, cun total de 70 millóns de euros destinados a acometer máis de 520 obras en toda a provincia e que posibilitará máis de 3.000 postos de traballo.
Ciclo de conferencias sobre Calidade na Alimentación no Museo Municipal de Tui Organizadas pola Asociación Arcebispo Lago, e tendo como lugar de celebración unha sala do Museo Municipal, no antigo convento de San Domingos, Tui celebrará os días 22 e 29 de xaneiro, e 5 e 12 de febreiro, ás 20.00 horas, un ciclo de conferencias que tratarán da calidade na alimentación. O día 22, César Lema, doutor en Bioloxía, abrirá este ciclo falando da “Información sobre Transxénicos”; o día 29 de xaneiro e o 5 de febreiro, Cruz Sánchez F. Del Hierro, dietista, pronunciará unha conferencia que leva por título “Alimentación sana”; e o 12 de febrero pechará este ciclo Agatha Broeskamp, hortelá, que tratará sobre “Producción de alimentos sanos”.
Sábado, 16 de xaneiro de 2010 Nueva edición del “Mercadiño de Antiguidades” La Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, en colaboración con el ayuntamiento, organiza hoy, sábado, en el Paseo de la Corredera el “VI Mercadiño de Antiguidades” a partir de las 10.00 y hasta las 20.00 horas. Los objetos antiguos cobrarán, una vez más, protagonismo en este mercadillo, donde además de estar expuestos se podrá comprar gran variedad de antigüedades llegadas de distintos puntos de toda Europa. Acitui anima a todos a visitar este fin de semana Tui, a y curiosear por el mercadiño, y a disfrutar de la ciudad.
Segunda concentración do Campionato Galego de Seleccións Zonais de Minibasket en Tui Tui acolle este domingo unha parte dos encontros da segunda concentración do Campionato Galego de Seleccións Zonais de Minibasket. A cita será no novo Pavillón Municipal grazas á colaboración do Concello de Tui e do CB Tui coa Federación Galega de Baloncesto. Vanse enfrontar os combinados vigueses coas seleccións de Ourense, Arouse e A Coruña. A outra parte da concentración ten lugar mañá sábado en Ares e Narón.
Venres, 15 de xaneiro de 2010 Ciclo de cine ambiental e solidario “Butaca verde” en Tui do 25 ao 27 de xaneiro O Concello de Tui, a través da Biblioteca Municipal, promove o ciclo de cine ambiental e solidario "Butaca Verde", organizado polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), a través do seu Centro de Documentación Ambiental. Esta actividade oferta tres filmes diferentes de cine ambiental, que os interesados poderán contemplar no Telecentro de Tui os vindeiros días 25, 26 e 27 de xaneiro a partires das 19:30 horas. Os documentais incluídos no ciclo de cine ambiental e solidario "Butaca Verde", e que tentan abordar as principais problemáticas ambientais dos nosos días, son "Home", de Yann Arthus-Bertran (2009), unha oda á beleza do planeta e á súa delicada harmonía. A través de diferentes paisaxes captados desde o aire, e das consecuencias das accións do home nos seus ecosistemas, o documental pretende espertar en todos nós a conciencia necesaria para cambiar o noso modo de ver a Terra. Duración: 120 minutos; "Oro negro", de Mark Francis e Nick Francis (2006). As multinacionais do café dominan os centros comerciais e os supermercados, controlando unha industria que move máis de oitenta billóns de dólares anuais, convertíndose na mercadoría comercializada máis valiosa do mundo despois do petróleo. Pero o prezo real que se paga aos campesiños que cultivan o café é moi baixo. Un convite a un consumo responsable para os demais, para nós Duración: 78 minutos, e "El viaje del emperador", de Luc Jacquet (2005). Cada ano na Antártida dá comezo unha emocionante e fermosa viaxe. Centos de miles de pingüíns emperador abandonan a seguridade do océano para adentrarse na desértica terra xeada conducidos pola súa necesidade de reproducirse. Cada vez esta travesía vital é mais complicada Duración: 85 minutos. O Concello de Tui anima a todos os interesados a participar nesta actividade de divulgación ambiental e que tenta provocar na cidadanía a reflexión necesaria sobre o noso estilo de vida e a adopción de condutas diarias máis sostibles e responsables con nós e co planeta. Ademais, "Butaca Verde" é unha actividade de carácter gratuíto e de acceso libre ata completar o aforo do local.
Noite de temporal en Tui con numerosas árbores caídas A noite do mércores ao xoves entre a unha e ás cinco da mañá rexistrouse un forte temporal en toda Galicia que deixou numerosas incidencias nas catro provincias. Na comarca do Baixo Miño a caída de árbores, contedores movidos, tellas caídas, son as incidencias que se repiten dun a outro concello. Polo miúdo repasamos o acontecido en Tui onde tanto Protección Civil coma a Policía Local non pararon en toda a noite para atender as incidencias rexistradas. Así caeron árbores na estrada cara Gondomar a altura do Restaurante Sombra Boa, na estrada cara Guillarei na nave do concello, no Tanatorio do Baixo Miño, no Bar Rodas en Paramos, e na Torre en Guillarei. Amais unha árbores caída nos dous carrís da estrada dificultaba antonte a mañá a circulación en Frinxo pouco despois do cemiterio. E onte a mañá estaba a ser cortada unha árbore no CEIP nº2 logo de que quedase inclinada pola forza do vento. A todo isto hai que engadir a caída do cableado de telefónica na Avenida da Concordia a altura do Conservatorio, e tamén do tendido eléctrico tanto na Avenida da Concordia coma na Praza de Manuel Caramés. No Arrabal movéronse tres chamas de uralitas, na rúa Ordóñez caeu o cartel do Bar Museo, en Caldelas desprazouse unha marquesiña da parada do autobús. A todo isto hai que engadir numerosos contedores movidos e tellas caídas.
Cursos preparatorios para o Celga 3 e Celga 4 en Tui O Centro de Formación Ocupacional do Concello de Tui en Guillarei informa que ata o 22 de febreiro está aberto o prazo para inscribirse nos cursos preparatorios das probas de nivel de Galego do Celga 3 e Celga 4 As persoas interesadas deben achegarse ao Centro co seu DNI de luns a venres de 8 a 15h.
Xoves, 14 de xaneiro de 2010 O SERGAS estuda dotar dun novo pediatra ao Centro de Saúde de Tui A Xerencia do SERGAS en Pontevedra fixa coma máxima prioridade para este ano incorporar un terceiro pediatra ao Centro de Saúde de Tui. Así o confirmaron dende o departamento de Prensa do Servizo Galego de Saúde en Vigo á RMT explicando que para iso hai que ter en conta as limitacións espaciais do actual centro de saúde e por outra parte a escaseza de pediatras titulados, xa que é un sector no que non existe paro. Aínda que en principio non estaba previsto que o SERGAS incorporase novos facultativos ata que entre en funcionamento o novo Centro de Saúde a Xerencia de Atención Primaria considera que a situación puntual que se vive en Tui cunha ratio elevada de pacientes por pediatra aconsellan a incorporación dun novo facultativo. Un tema que está a ser estudado agora por Sanidade. En relación coa situación da atención en pediatría no Centro de Saúde de Tui cómpre salientar que onte pola mañá pasou xa consulta un pediatra substituto, en tanto que outro pediatra o fai xa dende antonte en horario de tarde. Deste xeito palíase a situación xerada o pasado luns cando o ambulatorio tudense quedou sen pediatras ao estar unha de baixa e outra de vacacións. Así garántase a atención aos nenos que o precisen ben en horario de mañá ou de tarde. As nais deben pedir cita normalmente.
Tui podería ter o PXOM aprobado en tres meses dende a recepción do informe de Patrimonio Nun prazo de tres meses, contados dende a recepción do informe da Dirección Xeral de Patrimonio, a Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pronunciarase sobre a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui. Ese foi o compromiso adquirido polo Conselleiro Agustín Hernández na reunión que mantivo co Alcalde de Tui e cos voceiros de AT, PSOE, BNG e Tui en Santiago, á que tamén asistiu a Directora Xeral de Urbanismo. Agustín Hernández espuxo aos políticos tudenses que o PXOM conta xa coa meirande parte dos informes sectoriais que precisa a excepción do da Dirección Xeral de Patrimonio que é o que está pendente. Unha vez sexa recibido este, algo que podería suceder este mesmo mes, o Conselleiro comprometeuse a que no prazo de tres meses ou a ser posible dous o seu departamento se pronunciarán sobre o planeamento tudense. Así o explicaba o alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, en declaración á Radio Municipal de Tui sinalando que foron entregados xa os informes sectoriais de Costas e Estadas da Xunta, do Ministerio de Defensa e de Telecomunicacións. Para avanzar no informe de Patrimonio o equipo redactor do PXOM tudense reunirase mañá con técnicos deste departamento da Xunta. Fernández Rocha confía na resolución favorable da Consellería con respecto ao PXOM ao contar este cos informes sectoriais favorables. Aínda así recoñece que pode haber algo que non lles guste pero que terán que acatar no informe definitivo do Plan. Adiantaba que se hai algo que modificar haberá unha aprobación e será incorporada a modificación que poida propor a Xunta. Unha vez aprobado o PXOM explicaba o rexedor tudense que quedaría pendente a aprobación do Plan Especial do Conxunto Histórico de Tui, un documento no que o Concello se compromete a incorporar unha ordenanza distinta na zona que antes se recollían nos denominados PEMCU’s. Por último Fernández Rocha valoraba a reunión co Conselleiro coma positiva e necesaria porque así os voceiros municipais tiveron a información sobre o PXOM de primeira man.
AT e TUI valoran positivamente a reunión e BNG e PSOE cualifícana de decepciónante Entre os voceiros do grupos políticos da oposición hai dous posicionamentos ben distintos. Por unha banda tanto AT coma TUI valoran positivamente a reunión e ambos son optimistas ante a aprobación do PXOM. Mentres o BNG e o PSOE están decepcionados polo encontro que non aportou nada novo. E denuncian que o plan está atascado, polo que vén improbable que reciba o visto bo. Miguel Capón, voceiro de AT, fixo unha valoración moi positiva da reunión de onte porque lles permitiu coñecer con claridade cal é a situación do PXOM, pendente arestora do informe de Patrimonio. Explicaba que o seu grupo transmitiu ao Conselleiro que a súa presenza no encontro era para transmitir o seu desexo de que o Plan se aprobe na forma en que a Xunta crea conveniente, e deste xeito permitir aos particulares poder construír vivendas unifamiliares porque non cren que se vaian facer nestes momentos grandes edificios, e poder así manter o emprego nos pequenos construtores. Con respecto á posible aprobación do Plan Miguel Capón amósase optimista aínda que matizando que cree que non será aprobado do mesmo xeito que o remitiu o Concello, senón introducindo cambios, co que haberá un texto refundido coas modificacións impostas pola Xunta. Para Juan Miguel Diz Guedes de TUI na reunión de onte clarificouse o escenario real do proceso de aprobación do PXOM, que está pendente do informe da Dirección Xeral de Patrimonio. Por iso dicía é preciso a resposta de Patrimonio no menor tempo posible. Diz Guedes manifestouse optimista sobre a posible aprobación do Plan pola boa disposición tanto do Conselleiro coma da Directora Xeral de Urbanismo. Agarda que nun prazo prudencial poida chegar esa resposta en abril ou maio. Dende o BNG Laureano Alonso manifestaba que o resultado da entrevista é bastante decepcionante porque non se avanzou case nada no PXOM, e despois de ano e medio séguese pendente dun informe de Patrimonio. Sen ese documento non se comezará a valorar o Plan polo que o voceiro nacionalista expuña que estamos nunha primeira fase que sería a administrativa, algo que engadía “con oito anos de retraso é moi grave”. Para Laureano Alonso quedou claro que se o concello aceptase as 84 alegacións da Xunta o Plan estaría aprobado, pero coma non é así dubida que poida saír adiante. Por este motivo maniféstase pesimista sobre a aprobación do PXOM porque xa o eran na aprobación do Plan en Pleno en 2008. Sinalaba que lle decepcionou a resposta obtida onte en Santiago, de que non se analizará o Plan entanto non teñan toda a documentación. Por último Manuel Freiría o voceiro do Partido Socialista indicaba que o compromiso adquirido polo Conselleiro de responder en tres meses unha vez conten co informe de Patrimonio non é máis que o prazo que marca a lei.
Engadía que na reunión non se fixo
ningún adianto de posturas nin temas técnicos xa que até que conten con
todos os informes a Dirección Xeral de Urbanismo non comprobará o Plan
remitido. Para o PSOE non hai avances e opinan que o proceso está
bastante atascado. Carme Adán urxe á consellería de sanidade que contrate un novo pediatra A deputada do grupo parlamentario do BNG Carme Adán urxe á Consellería de Sanidade que dea resposta á sobrecarga de traballo do Centro de Saúde de Tui, que estes días volve estar de actualidade ante a falta de pediatras sustitutos. Carme Adán insiste, a través dunha pregunta parlamentar á que aínda non obtivo resposta, en que a Consellería debe comprometerse firmemente, con prazos concretos que realmente se cumpran, a contratar un novo pediatra para o mencionado centro, pois é o servizo que máis está baixo mínimos, ao atender o dobre de nenos e nenas que noutros sitios. Neste sentido, a deputada nacionalista lembra que o número recomendado pola Organización Mundial da Saúde para cada pediatra é de 800 nenos, cando a media que se atende en Tui é de 1.400 crianzas. Para a parlamentar, cómpre unha solución áxil por parte da Consellería, non só porque é unha situación que se vén rexistrando dende hai bastantes anos senón para evitar que se repitan casos como o desta semana, o pasado luns, que os pacientes infantís do centro non tiveron asistencia de pediatras por estar un de vacacións e outro de baixa. Carme Adán considera, e así o fai constar na súa pregunta, que nestes supostos hai que ter a previsión de substituir o persoal sanitario de forma inmediata pero insiste en que a contratación dun novo pediatra para o centro axudaría a desconxestionar a situación. A deputada súmase así ás demandas de usuarios e profesionais, que dende hai moito tempo vén con forte preocupación o que acontece no centro e piden solucións.
Mércores, 13 de xaneiro de 2010 Últimos días para participar na iniciativa “Mobilízate coa selva” para a reciclaxe de móbiles Os veciños que queiran participar nesta iniciativa aínda poden depositar o seu móbil en desuso (en funcionamento ou non) no punto de recollida habilitado polo concello e que está situado na Biblioteca Pública Municipal (Edificio Área Panorámica) Colón, 2. Este punto de recollida estará habilitado ata o 15 de xaneiro. O teléfono deberase entregar coa batería pero sen o cargador, a tarxeta SIM ou calquera outro elemento. Na actualidade, a taxa de reciclaxe de móbiles é inferior ao 5% e, por outra banda, tan só en España existen máis de 52 millóns de liñas telefónicas. A este número hai que engadir todos aqueles aparatos que se cambian e que os cidadáns gardan ou tiran ao lixo. Toda esta cantidade de teléfonos, xunto con outras tecnoloxías como os ordenadores ou as consolas, fabrícanse con coltán. Este é un mineral que se extrae na República Democrática do Congo con man de obra semiescravizada onde, ademais, se destrúen os hábitats de moitas especies africanas tales como os chimpancés e os gorilas. A reciclaxe de móbiles axuda a reducir a demanda dos seus compoñentes, entre eles o coltán, e a tratar adecuadamente os materiais tóxicos evitando así a degradación do medio ambiente. Fonebank, a entidade que trata a reciclaxe dos móbiles, aportara unha parte do valor dos terminais ao Instituto Jane Goodall; polo que esta iniciativa axuda a recadar fondos para os programas de educación e de conservación no Congo, como o que esta levando a cabo o Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga. A iniciativa do Instituto Jane Goodall (IJG), conta en Galicia coa colaboración do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e a Obra Social Caixa Galicia. Mobilízate pola selva é unha campaña que se está a desenvolver por distintos puntos de toda Galicia (concellos, centros educativos, entidades bancarias,...) e que se puxo en marcha tras a sinatura dun convenio de colaboración entre CEIDA e o Instituto Jane Goodall. O IJG fundouse en 1977 pola afamada primatóloga e naturista inglesa Jane Goodall, que visitou Galicia o pasado mes de maio. O IJG, implantado en trinta países do mundo, leva a cabo diferentes programas de investigación e conservación en África, destacando o Parque Nacional de Gombe en Tanzania, o Centro de Recuperación e Reserva de Tchimpounga (República do Congo), o santuario de Ngamba Island (Uganda) e outros en Guinea, Senegal, Gabón e Sudáfrica. O IJG implica á poboación local para desenvolver os seus proxectos. Con esta iniciativa da Biblioteca Municipal tudense súmase á campaña “Mobilízate pola selva” e contribúe a promoción de actitudes medioambientais e sostibles entre a poboación. Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez, a participación da Biblioteca nesta campaña forma parte do seu traballo de promocionar a información entre os nosos veciños, promovendo valores, como neste caso, o respecto ao medio ambiente e a sustentabilidade., baseados na reciclaxe e na reutilización.
O Concello de Tui recorreu ante o Constitucional a sentenza do Beira do Miño O Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, en declaracións á Radio Municipal de Tui, explicou que o Concello recorreu ante o Tribunal Constitucional a sentenzaa sobre o Caso Beira do Miño do TSXG. Engadía que a sanción xa prescribiu. Fernández Rocha comparecerá ás dez desta mañá no programa “Día a Día” da RMT para falar deste tema e tamén da reunión mantida onte á tarde co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sobre o PXOM.
Hoxe debería normalizarase o servizo de pediatría no Centro de Saúde Onte, de novo, non houbo servizo de pediatría pola mañá no Centro de Saúde de Tui ao estar unha das pediatras de baixa e a outra de vacacións. Sen embargo pola tarde estaba previsto que pasase consulta unha pediatra substituta. Para hoxe coma tamén para mañá xoves e o venres, está previsto o restablecemento do servizo pola mañá cunha nova substituta e outra pola tarde. As nais que precisen levar aos seus fillos ao médico deben pedir cita normalmente.
Martes, 12 de xaneiro de 2010 O Concello de Tui debe pagar unha multa de 105 mil euros pola concesión da licenza no Beira do Miño e “restituír as cousas ao seu estado anterior” O xoncello de Tui deberá pagar unha multa de 105 mil pola concesión de licencia ao edifico Beira do Miño na rúa Martínez Padín de Tui, sen contar coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio. Amais debe restituír as cousas ao seu estado anterior. Así o recolle unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que desestima o recurso contencioso-administrativo interposto polo concello de Tui ao considerar que non prescribiu a infracción e a non inclusión da rúa Martínez Padín e Piñeiro na zona de respeto do Conxunto Histórico de Tui contra resolución do Secretario Xeral da Consellería de Cultura e Deporte na que se acordaba impor unha sanción de 105.100 euros. Xosé María Lores Pérez voceiro dos cidadáns que no seu día denunciaron a ilegalidade do edificio do Beira do Miño así o expón en nota de prensa. Na mesma indica que salienta a contundencia do TSXG en relación coa última alegación cando sinala “que es especialmente exigible a una administración el debido respeto a la normativa de patrimonio cultural, sin que sea aceptable como elemento exculpatorio la existencia de presuntas dudas o imprecisiones, cuando precisamente tratándose de la administración municipal pueden ser plenamente superados por la misma con los medios de los que dispone”. Lores manifesta a súa sorpresa por que o concello de Tui non recorreu a restauración da legalidade urbanística, “limitándose a recorrer a sanción”, engadindo que posteriormente o Concello solicitou “a nulidade de actuacións , que foi desestimada de plano polo TSXG cualificando dito incidente de inaceptable”. O pasado 9 de decembro éralles comunicada unha dilixencia de ordenación na que se declaraba a firmeza da sentenza, a devolución do expediente á Xunta, a fin de que se leve a efecto, adoptando o que esixe o cumprimento das declaracións contidas no fallo da sentenza. Sinala Xosé María Lores que “coa resolución do pasado decembro, que declara a firmeza da sentenza do TSXG, ponse fin a un dos asuntos que ocupou boa parte da vida pública en Tui ao longo dos últimos nove anos”. Engade que “o TSXG non fixo máis que confirmar o que opinabamos moitos veciños de Tui: a manifesta ilegalidade e inxustiza da licenza do edificio Beira do Miño“. Explica o voceiro que “agora son a Consellería de Cultura e o propio Concello os encargados de cumprir co que o alto tribunal Galego dictou” sinalando que a actuación da Consellería para a reposición da legalidade urbanística debe ser inminente. Neste senso os denunciantes van esixir que “as autoridades e funcionarios responsables da concesión da licenza obxecto de litis satisfagan á corporación local os danos e prexuízos que orixinen á mesma con independencia da responsabilidade disciplinaria que lles puidese corresponder”. Por último Xosé María Lores considera “lamentabilísima a situación creada, e facemos responsable da mesma ao Sr. Alcalde, porque endexamais debeu outorgarse a licenza, cando xa existían con carácter previo 3 ordes de paralización emitidas pola Dirección Xeral de Patrimonio”.
O Centro de Saúde de Tui estivo onte sen pediatras, hoxe haberá dous substitutos O Centro de Saúde de Tui estivo onte sen de pediatras ante a baixa por enfermidade dunha delas e as vacacións da outra facultativa. Isto fai que os nenos que onte estiveron enfermos tiveran que ser derivados aos médicos de familia de adultos ou tiveran que acudir ao servizo de urxencias. Esta non é unha situación illada xa que se repite cada vez que un dos pediatras está de baixa ou de vacacións e que vén agravar a situación de saturación na que se atopa o servizo de pediatría. Cada grupo de pediatría integrado por un médico e un enfermeiro ten unha ratio de 1.400 pacientes cando na provincia oscila entre os 600 e os 700 nenos. Así o explicaba Xosé González, enfermeiro de pediatría e voceiro da CIGA. Dada a poboación infantil que hai en Tui o Centro de Saúde debería contar cando menos cun grupo de pediatría máis. O pasado mes de decembro a corporación municipal de Tui por unanimidade acordou solicitar ao SERGAS un pediatra máis. A esa reivindicación sumarase este mediodía un grupo de pais e nais que entregará un escrito con sinaturas onde expoñen que é preciso un equipo máis. A situación de pediatría vense sumar a outras deficiencias que ten o ambulatorio tudense Xosé González explicaba que o Centro de Saúde está completamente desbordado, os corredores son empregados coma salas de espera, e non hai espazos libres polo que é preciso cando antes un novo edificio. Engadía que o ambulatorio tudense é un dos peores de Galicia. Un grupo de nais e pais concentráronse onte á unha do mediodía no Centro de Saúde para entregar 388 sinaturas que levan recollido no último mes demandando un novo pediatra e máis espazo para as consultas. Ante a carencia de espazo para engadir unha nova consulta de pediatría polas mañás as nais estarían dispostas a que o servizo se prestase en horario de tarde, xa que o que demandan é que os seus fillos e fillas poidan estar atendidos.
Dende o SERGAS informaban a última
hora da mañá que hoxe, martes,
restablecerase o servizo de pediatría do Centro de Saúde de Tui con dúas
substitutas. Explicaban a situación de hoxe non era agardada xa que unha
das facultativas estaba de días e a outra foi unha baixa imprevisible.
Hoxe inaugúrase a mostra Aquí estamos nós de catro estudantes de Belas Artes Ás oito e media desta tarde será inaugurada na Sala de Exposicións Municipal de Tui, na Área Panorámica, a mostra “Aquí estamos nós”. Trátase dunha exposición colectiva de catro alumnos de cuarto da Facultade de Belas Artes de Pontevedra: a tudense Ángela Mª Ramos, a tomiñesa Verónica Vicente, o viveirense David Catá e a arzuá Inés Piñeiro. Estes catro mozos únense por vez primeira nesta exposición froito de catro anos de traballo e investigación persoal, empregando os coñecementos recén adquiridos na súa formación artística. A exposición está formada por obras pictóricas, videográficas e, sobre todo, fotográficas que permiten coñecer a personalidade de cada artista. Trátase dunha mostra heteroxénea que pon de manifesto as distintas maneiras de entender o mundo máis próximo. A temática xira en torno ao cotiá, os autores reclaman un espectador activo e curioso disposto a poñer en dúbida o que se coñece. A exposición permanecerá aberta até o 29 deste mes de 9 a 14h e de 16:30 a 20:30 e os sábados en horario de mañá de 9 a 13h. Para o Concelleiro de Cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez, esta exposición evidencia o compromiso que o seu departamento mantén coa promoción de novos valores no ámbito artístico, apoiando as iniciativas destes novos artistas locais, como é agora o caso de Ángela Mª Ramos e os seus compañeiros.
Sábado, 9 de xaneiro de 2010 Aprazada até o martes a reunión co Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas sobre o PXOM Foi aprazada até o martes ás sete da tarde a reunión prevista para esta mañá en Santiago entre o alcalde de Tui e os voceiros dos distintos grupos políticos presentes na corporación co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O obxecto do encontro é coñecer a situación de tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui. O aprazamento debeuse a celebración hoxe do Consello da Xunta.
A Deputación concede ao concello de Tui 135.354 euros para acometer a mellora de vías nas parroquias de Pexegueiro, Caldelas e Areas A Deputación de Pontevedra concedeu onte, na súa Xunta de Goberno, un total de 135.354 euros ao concello de Tui para acometer distintas obras de mellora nos vías das parroquias de Pexegueiro, Caldelas e Areas. As mencionadas obras están incluídas no Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra para o período 2010-2011 que implicará o investimento de 70 millóns de euros en 523 obras propostas polos concellos da provincia. A finalidade do devandito plan é contribuír á reactivación económica da provincia e colaborar cos concellos en investimentos produtivos.
Gran éxito da Cabalgata Internacional de Reis que supón tamén a primeira das iniciativas de promoción do Camiño Portugués na que colaboran Tui e Valença do Minho A Cabalgata Internacional de Reis entre Tui e Valença celebrada na tarde do pasado martes de Tui foi todo un éxito. Esta iniciativa da Concellería de Cultura de Tui co apoio da Cámara Municipal de Valença buscaba promocionar o Camiño Portugués a Santiago e pór de relevo a importancia que os dous municipios teñen nesta rota xacobea. Por vez primeira os Reis Magos chegaron dende Valença onde eran agardados por centos de persoas nas rúas que conducen á vella Ponte Internacional. Melchor, Gaspar e Baltasar nas súas carrozas estiveron acompañados no seu percorrido por outras tres carrozas e polos membros dos equipos de goberno tanto de Tui coma de Valença do Minho. O paso pola vella Ponte de ferro foi un dos momentos máis fermosos do percorrido que coincidiu amais co paso dun tren pola plataforma superior da infraestrutura. Xa nas rúas de Tui miles de persoas ateigaron o centro da cidade para presenciar o paso desta Cabalgata Internacional que rematou no Paseo da Corredoira que quedou pequeno para acoller a todos os que non se quixeron perder esta cita cos Magos de Oriente. Trala ofrenda ao neno Xesús e a mensaxe Real centos de nenos fixeron cola para lembrar a Melchor, Gaspar e Baltasar as súas peticións que fixeron realidade pola noite. O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, valora moi positivamente esta iniciativa, a primeira das que o seu departamento vai pór en marcha neste ano 2010 que no municipio terá o lema “Tui, porta de entrada do Camiño Portugués”. Esta foi tamén a primeira dunha serie de actividades que se van realizar en colaboración coa Cámara Municipal de Valença ante o interese dos dous municipios de pór en valor a rota xacobea que pasa polo seu término municipal neste ano Santo. Moisés Rodríguez salienta a importancia que este Xacobeo ten para Tui, sendo unha oportunidade única para ponteciar a cidade, o seu patrimonio e reforzar o seu atractivo turístico.
Venres, 8 de xaneiro de 2010 Accidente Laboral en Tui Onte á mañá produciuse un accidente laboral no Factory Outlet no Parque Empresarial de Areas. Trátase dun traballador que caía dunha escaleira segundo o 061 alertando ao 112 quen a súa vez daba aviso á Garda Civil.
Reunión co Conselleiro de Medio Ambiente e Territorio sobre o PXOM Ás once desta mañá está previsto que en Santiago se reúna o alcalde de Tui e os voceiros dos distintos grupos políticos presentes na corporación co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O obxecto do encontro é coñecer a situación de tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui. O PXOM de Tui foi remitido á Xunta logo da súa aprobación provisional en Pleno o 22 de agosto de 2008. En novembro dese ano a Consellería de Política Territorial presidida daquela por María Xosé Caride reclamou ao concello que completase a documentación precisa indicando daquela que faltaba o informe de Telecomunicacións do Ministerio de Industria, de Patrimonio da Consellería de Cultura, do Ministerio de Defensa e en materia de costas e estradas. O PXOM de Tui foi aprobado no 1994, sendo suspendida a súa vixencia en febreiro de 2006 rexendo dende aquela na cidade unha ordenación provisional de carácter transitorio até que entre en vigor o novo plan. Dende a corporación agárdase agora a información que hoxe pode facilitar en Santiago o Conselleiro de Territorio, Agustín Hernández, sobre a aprobación do PXOM ben de forma parcial ou total. Deste xeito poríase fin a parálise urbanística que vén sufrindo Tui nos últimos anos debido a carencia dun Plan Xeral.
Concerto no Chiringo Os Choróns O Chiringo Os Choróns de Caldelas acolle ás once desta noite a actuación do grupo Woden de Vigo . A entrada é gratuíta.
O BNG de Tui denuncia o abandono por parte do concello do mantemento do Camiño de Santiago e da Vía Romana O BNG, que reiterou repetidamente o estado de abandono no que se atopa o Camiño de Santiago e a Vía romana ao seu paso por Tui, lembrando tamén no Pleno a situación no que se atopan eses itinerarios, recurre agora aos medios de comunicación para que, difundido o estado no que se atopa o Camiño, se faga ver “ao Sr. Rocha e aos seus compañeiros que xa estamos no Ano Santo e que non basta coas boas palabras, hai que actuar”. Mencionan os nacionalistas a presenza dun can morto e de restos de lixo á beira da Ponte Romana, do que xa advertiron “hai case 15 días e aínda nada fixeron”, polo que desde o BNG esixen “a sús inmediata retirada pola boa salubridade dos veciños e viandantes, en primeiro lugar, e pola defensa do nosa imaxe e do noso Patrimonio”.
Martes, 5 de xaneiro de 2010 A Cabalgata de Reis sairá ás 17.30 dende o Albergue de Peregrinos de Valença amplianbdo o seu percorrido A Cabalgata de Reis de Tui amplía o seu percorrido por terras portuguesas de tal xeito que a saída terá lugar dende o Albergue de Peregrinos de San Teotonio en Valença, a carón da sede dos Bombeiros Voluntarios, e non dende a Antiga Alfándega Portuguesa coma estaba previsto. Deste xeito a Concellería de Cultura de Tui satisface a petición expresa feita pola Cámara Municipal valenciana nese senso para reforzar o vínculo do Camiño Portugués. O concello de Tui e a Cámara de Valença queren pór así de relevo a importancia destes dous municipios no Camiño Portugués a Santiago neste ano Xacobeo. As carrozas que levarán aos Reis Magos Melchor, Gaspar e Baltasar e aos seus paxes anticipan a súa hora de saída ás 17.30h para poder estar no Paseo da Corredoira en Tui arredor das 19h. Dende o Albergue irán pola Avenida dos Bombeiros, a Avenida de España ata a vella Ponte Internacional, xa en Tui subirán pola Avda de Portugal, Martínez Padín, Augusto González Besada, até o Cantón de Diómedes onde farán a ofrenda ao neno Xesús. No seu percorrido os Magos de Oriente repartirán máis de 1.500 quilos de caramelos, dos que 300 son aportados pola Cámara Municipal de Valença, e os restantes polo Concello de Tui. No seu percorrido inicial serán agardados polos nenos dos centros escolares valencianos que hoxe sairán antes de clase para presenciar o paso da Cabalgata. Xa nas rúas tudenses maiores e pequenos agardarán aos Reis Magos con moita ilusión. Melchor, Gaspar e Baltasar irán acompañados por unha comitiva de máis de 150 persoas, xunto a Rondalla do Centro Cultural “O Mosteiro” de Pexegueiro, sendo escoltados pola Policía Local e os Bombeiros Voluntarios de Valença, unha ambulancia, e Protección Civil. A Cabalgata de Reis está organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, o grupo scouts “Alhoia”, URE Baixo Miño, Ambulancias “Baixo Miño”, os Bombeiros Voluntarios de Valença do Minho, os diferentes departamentos do Concello de Tui, e as Asociacións Culturais de “Aloia” de Pazos de Reis, “Seixos Albos” de Areas, da Asociación de Veciños de Guillarei e da Asociación Cultural “O Mosteiro” de Pexegueiro, así coma dúas carrozas de particulares. Este ano tamén cómpre salientar a colaboración da GNR, do Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro, e da Cámara Municipal de Valença. Do mesmo xeito é importante a colaboración dos cidadáns de Tui e a comarca para o bo desenvolvemento desta actividade. Previamente a súa presencia na Cabalgata de Reis, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán pola mañá ás Residencias “Paz e Ben”, e “San Telmo”, para entregar tamén aos maiores que nelas viven os seus agasallos. Irán acompañados pola Rondalla do Centro Cultural “O Mosteiro” de Pexegueiro. Neste caso os Reis chegarán a cabalo da mán da Peña Cabalar “Val do Louro” de Ribadelouro.
O Teatro Municipal tivo 22.300 usuarios en 2009 sendo a venda de entradas por internet foi unha das novidades destacadas O Teatro Municipal de Tui tivo ao longo de 2009 un total de 22.300 usuarios que asistiron ás oitenta actividades celebradas en 60 días de apertura. Deste xeito dende a súa inauguración, hai 6 anos e 8 meses, o Teatro abriu un total 425 días e albergou a 150 mil usuarios. Unha das grandes novidades de 2009 foi a posta en marcha da venda de entradas ao través de internet na web www.culturatui.info. Este servizo tivo unha excelente acollida e o ano pechou coa venda do 40% das entradas para os espectáculos por este medio, de tal xeito que 4 de cada 10 entradas para cada función foron compradas ao través da web. Nos últimos doce meses o concello de Tui organizou directamente, a través da Concellería de Cultura, un total de 20 funcións que supuxeron un investimento que non chegou aos 36.500 euros. Estes espectáculos reuniron a case 5.700 espectadores cunha media de 285 persoas por función, unha cifra que supera xa a do ano pasado, e que é o dobre da media da Rede Galega de Teatro e Auditorios. Entre as citas destacadas do ano cómpre salientar espectáculos coma “Unha primavera para Aldara” gañadora dos Premios María Casares, ou en función dobre a representación de “Aeroplanos”, así coma o éxito dos Yllana con “Brokers” que segundo as súas propias palabras “sentíronse coma en casa” grazas ao calor do público. É de destacar tamén que este ano de novo Tui foi un dos dez espazos escollidos polas unidades de produción da Xunta, o CDG e o CCG. O teatro foi amais o escenario elixido polos Phantom Club para gravar o seu traballo discográfico en directo “Muchas Noches, Buenas Gracias”. Os nenos coma sempre tiveron o seu oco nesta programación con obras que de seguro lembran aínda os cativos coma Babiliglub ou Momentari. Amais o Teatro acolleu neste ano outras actividades. Algunhas centráronse no eido educativo coma os concertos do Conservatorio de Música de Grao Medio, actividades do colexios, o programa Cinensino ou unhas Xornadas de Educación Vial para os máis pequenos. A isto hai que engadir outras citas coma un certame de corais organizado polo Centro Sociocomunitario, o Certame de Bandas promovido pola Deputación, a estrea da Curtametraxe “Sueño Cumplido”, os concertos ofrecidos polas Bandas de Xinzo ou O Rosal, unha noite de playbacks a cargo das Asociacións Culturais de Tui, ou un certame de Nadal de Corais do Centro Sociocomunitario. Durante a semana de San Telmo a actividade foi variada dende a solemnidade da coroación das raíñas e a lectura do pregón, ao festival folclórico, a semana do teatro afecionado que tivo gran éxito cunha media de 285 persoas diarias, ou o Concerto de Guerra da Escola Militar de Marín. Por suposto merece tamén unha mención especial a quinta edición de Play-Doc organizada pola Asociación Cultural Enfoques. Este evento tense consolidado en moi curto prazo de tempo, e ten acadado unha gran transcendencia non só a nivel nacional senón tamén a nivel internacional. Play-Doc fíxose un oco propio na programación cultural tudense, sendo un gran embaixador do nome de Tui en toda España e no estranxeiro. De cara 2010 os obxectivos da Concellería de Cultura son manter a liña de traballo iniciada cunha programa estable e de calidade, así coma captar o público portugués, e poder contar na cidade con algunhas das actividades organizadas co gallo do Xacobeo 2010, tendo en conta que Tui é a porta de entrada do Camiño Portugués a Santiago. Amais buscará dotar de máis contidos a web www.culturatui.info que arestora funciona case exclusivamente para a venda telemática das entradas.
Cabalgata de Reis en Caldelas A Asociación “A Insúa” de Caldelas organiza a tradicional Cabalgata de Reis na parroquia como veñen facendo dende hai vinte anos. Será hoxe martes, 5 de xaneiro, cando ás 16.30h os Reis Magos entrarán no adro da igrexa en maxestosas carrozas elaboradas polos veciños de Caldelas. Os Reis farán a súa ofrenda ante o Belén Vivinte no transcurso da misa que comezará ás 17h. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán cargados de agasallos e caramelos.
Cabalgata de Reis en Rebordáns O Centro Cultural San Fins informa que os Reis Magos chegarán a Rebordáns mañá mércores días 6 a partir das 16.30h. Farán un percorrido pola parroquia acompañados polo grupo de gaitas, e volverán ao Centro Cultural para facer a ofrenda ao neno Xesús. Logo cantaranse os Reis.
Luns, 4 de xaneiro de 2010 Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tres maxestuosas carrozas desde Valença A Cabalgata de Reis de Tui terá este ano carácter internacional xa que por vez primeira a súa saída será dende a antiga Anfándega de Valença do Minho. Co gallo do Xacobeo 2010 dende a Concellería de Cultura quérese pór de relevo o papel da cidade coma porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia, por este motivo decidiu que a Cabalgata atravese a vella Ponte Internacional, do mesmo xeito que adoitan facer os peregrinos camiño de Santiago. A saída será ás seis da tarde dende Valença, onde os Reis Magos Melchor, Gaspar e Baltasar, este ano por vez primeira chegarán en tres maxestuosas carrozas reais acompañados doutras cinco cos seus paxes xunto cunha ampla comitiva integrada por máis de 150 persoas. Dende a Antiga Alfándega de Valença irán até a vella Ponte Internacional de Tui, para continuar o seu percorrido xa en Tui pola Avenida de Portugal, a rúa Martínez Padín, e Augusto González Besada e Paseo da Corredoira os Reis de Oriente repartirán máis de 1.200 quilos de caramelos sen gluten, así coma un millar de globos. Irán escoltados pola Policía Local e participarán tamén os Bombeiros Voluntarios de Valença, unha ambulancia, e Protección Civil. A nota musical correrá a cargo da Rondalla do Centro Cultural “O Mosteiro” de Pexegueiro. Ao final do percorrido, no Cantón de Diómedes, onde se instalará o Portal de Belén, darase lectura á Mensaxe Real, mentres Melchor, Gaspar e Baltasar farán a ofrenda ao Neno en forma de Ouro, Incenso e Mirra. Unha vez rematada a ofrenda os nenos poderán subir a saudar aos Reis Magos A Cabalgata de Reis está organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, o grupo scouts “Alhoia”, URE Baixo Miño, Ambulancias “Baixo Miño”, os Bombeiros Voluntarios de Valença do Minho, os diferentes departamentos do Concello de Tui, e as Asociacións Culturais de “Aloia” de Pazos de Reis, “Seixos Albos” de Areas, da Asociación de Veciños de Guillarei e da Asociación Cultural “O Mosteiro” de Pexegueiro, así coma dúas carrozas de particulares. Este ano tamén cómpre salientar a colaboración da GNR, do Centro de Cooperación Policial e Aduaneiro, e da Cámara Municipal de Valença. Do mesmo xeito é importante a colaboración dos cidadáns de Tui e a comarca para o bo desenvolvemento desta actividade. Un ano máis a Concellería de Cultura agarda que milleiros de persoas ateiguen as rúas tudenses para presenciar a Cabalgata de Reis. Previamente a súa presencia na Cabalgata de Reis, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán pola mañá ás Residencias “Paz e Ben”, e “San Telmo”, para entregar aos maiores que nelas viven os seus agasallos. Irán acompañados pola Rondalla do Centro Cultural “O Mosteiro” de Pexegueiro. Neste caso os Reis chegarán a cabalo da man da Peña Cabalar “Val do Louro” de Ribadelouro. |
|
|