|
Xentes de Ribadavila Tío Isidoro e tía Erundina por Agustín Ferreira Lorenzo ESTA
SECCIÓN VAI DEDICADA A
TÓDAS AQUELAS PERSOAS QUE
RESIDEN OU RESIDIRON NO BARRIO DE RIBADAVILA CAPÍTULO
I
Xentes
de Ribadavila é unha sección
que pretende achegarnos ó barrio de Ribadavila e, sobre todo, ás xentes que
viven ou viviron nel. A primeira parte incluirá aos veciños deste barrio ata
finais da década dos sesenta.
Habitualmente,
na historia dun pobo somentes quedan lembranzas daquelas persoas que, por algún
motivo destacado, permanecen na memoria, nas publicacións ou nos documentos de
certa importancia. Mais, aquelas que viviron e co seu traballo, alegrías e anécdotas
cotidiás, foron facendo realidade a vida dun pobo ou dun barrio, acaban por
desaparecer da memoria dos seus veciños. Os últimos recordos delas consérvanos
as súas familias, amizades e coñecidos, e cando estes desaparecen, desaparece
tamén a memoria dos que nos precederon, en consecuencia, ninguén sabe se
fulano ou citano existiu algunha vez, qué aportou ó barrio, como era a súa
vida ou o discurrir diario. Como nativo do barrio da Guía, hai anos que tiña
gañas de facer algo para que, na medida do posible, se coñeceran as xentes que
viviron (ou viven) neste barrio. Xentes que non sobresaíron, que non fixeron
nada extraordinario, que non destacaron por riba dos seus veciños, pero que
contribuíron a darlle vida a cada rúa, a cada praza, en definitiva, ó barrio.
A maior parte dos veciños deste barrio, e que hoxe non están con nós (porque
morreron, porque cambiaron de lugar de residencia ou porque emigraron) están no
esquecimento dos que hoxe residen nesta parte da Guarda, quizais nin siquera
souberon nunca deles; esoutros, antes que nós, contribuiron a facer o barrio de
Ribadavila e a eles lles debemos o moito ou o pouco que ten este barrio, o noso
barrio, o meu barrio. A
IMPORTANCIA DAS FOTOGRAFÍAS
A
idea básica desta sección terá como centro de interese as fotografías, agás
excepcións que, polas razóns que sexa, non dispoñamos delas. As fotografías
axudarannos a recordar a moitas das persoas hoxe esquecidas. A lembrar que houbo
un día que elas tamén camiñaron polas mesmas rúas que hoxe nós andamos. Xentes
de Ribadavila será, en certo modo, unha volta atrás no tempo, e á
nostalxia do pasado co desexo de recordar; pero tamén é o presente dun barrio
que nestes últimos anos cambiou moito e, como estamos a ver, vai cambiar moito
máis en pouco tempo. A
IDEA FEITA REALIDADE
Con
motivo da celebración das pasadas festas da Virxe da Guía, (setembro 2005), fíxose
realidade aquilo que viña matinando dende tempo atrás pero que non atopaba a
forma de facer realidade. Copiando un pouco do Casino de Camposancos, outro
pouco do libro das festas de San Caetano, xurdín a primeira idea e, deste xeito,
levouse a cabo a primeira exposición de fotografías que titulei Xentes
de Ribadavila, logo de barallar outros posibles títulos: Xentes do
barrio da Guía; Xentes do meu barrio; etc. O éxito acadado por esa
exposición, e a desinteresada colaboración de varios veciños cedendo fotografías,
creou no meu maxín unha nova necesidade: divulgar aquela primeira idea a través
de internet, cousa que tamén algúns dos que cederon fotografías o pediron por
non poder estar presentes durante os días nos que estivo aberta a citada
exposición. O motivo de crear esta sección en galicia-suroeste,
obedece, ademais do anteriormente exposto, a non deixar que a idea de Xentes
de Ribadavila fose algo pasaxeiro, un acontecemento puntual, así que,
consideramos que a divulgación da idea aproveitando as novas tecnoloxías podía
ser interesante e positivo. NECESIDADE
DE COLABORACIÓN
Para
seguir facendo realidade esta sección, é necesario seguir contando coa
colaboración de todos os que, directa ou indirectamente, están ou estiveron
relacionados co barrio da Guía, co barrio de Ribadavila, coas súas xentes, por
iso, desde xa, pedimos esa colaboración, solicitando fotografías (que se son
orixinais devolveremos despois do seu escaneado), enviando colaboracións,
contando anécdotas, historias, etc, dos seus veciños. Finalmente, sinalar que pretendemos, a partir do próximo ano, sacar anualmente unha publicación impresa que levará tamén o mesmo título que utilizamos para a exposición e para esta sección. Dita publicación verá a luz nos primeiros días de setembro, coincidindo coas Festas da Guía e coa segunda exposición fotográfica de Xentes de Ribadavila. O BARRIO DE RIBADAVILA Este barrio, alomenos para o traballo que estamos a facer, queda limitado polas seguintes rúas: Rúa Puerto Rico, dende o entronque coa rúa República Dominicana (Esquina do antigo Colexio das HH Carmelitas) ata os Casás (Avda. Donantes de Sangre); rúa dos Irmáns Noia (baixada á Fedorento), ata o entronque coa rúa Rosal; Rúa Rosal, continuando pola rúa Calvario, Plazoleta de Ignacio Sobrino; Praza do Reló, subindo pola rúa Bernardo Alonso, para coller por detrás da Igrexa (Rúa de Agustín Nandín), e finalizar na rúa José Mª Andreini no seu entronque coa rúa Puerto Rico, na esquina do establecimento "O Galo". No interior deste espazo, atopamos tres prazas: A Guía, San Bernardo e Santo Tomás ademais da Laxe Grande; entre outras, as seguintes rúas: Calvario, Vicenta R. Cachada, Méndez Núñez; San Bernardo, Rodríguez Sinde ademais do Muño da Guía (Muño de Arriba)* e o Muño de Solanas (Muño de Abaixo)*. Moi relacionado co barrio de Ribadavila, atópabanse os de Fedorento e Mazaracos, o primeiro deles formado prácticamente polas denominadas "Casas Baratas", mentres que ao segundo se accedía por estreitos camiños e calellas, como a de "Maravillas", tendo a mellor comunicación pola denominada "Calle do Medio", isto é, Hernán Cortés. *Utilizamos o vocablo Muño en vez do de muíño, por ser a forma local co que se denominaban nesta zona os antigos muíños de vento.
CAPÍTULO II O Tío Isidoro e a Tía Erundina
Un nove de novembro do ano 1862, nacía en Salcidos o tío Silverio Sobrino e,
catro anos máis tarde, o 31 de outubro de 1866, vería a luz a que sería súa
muller, a tía Concepción Rodríguez Portela. Deste matrimonio nacerían sete
fillos: Juanito (que morreu moi novo),Olimpio, Serafina, María, Erundina,
Palmira e Emilia. Olimpio emigrou a Puerto Rico desempeñando un papel moi
destacado xa que foi un dos pioneiros do nacemento do fútbol naquel país, alí
era coñecido como Chearoni Sobrino. A tía Erundina nacería case que co
remate do século XIX, un 14 de setembro de 1899, na Praza da Guía, na casiña
que tiñan os seus pais, á dereita da capela. Alí, xunto ós seus outros irmáns,
pasaría a su nenez ata que casou co tío Isidoro Álvarez Cividanes, quen veo o
mundo co inicio do ano . Tío Silverio e tía Concepción, pais da tía Erundina fotografos por Jiménez . O tío Isidoro era mestre de obras, tendo unha pequena empresa con varios traballadores ás súas ordes. Como tantos e tantos homes da súa época, antes de poñerse a traballar por conta propria, foi varios anos a Castela acompañando ó seu pai, Generoso, quen tiña unha empresa dedicada á construcción: Ao finar o pai, continuou, Isidoro, ó fronte da mesma e seguiu indo a Castela, levando con el varios traballadores, entre eles, algúns portugueses. Logo de se casar, deixou de ir a aquela rexión, preferindo quedar na Guarda e traballar nos arredores. Problemas de saúde, padecía silicosis, obrigárono a abandoar a súa profesión desempre. As necesidades de entón, anos difíciles, ademais de ter que manter sete fillos, levárono a ocupar o posto de Conserxe no Casino da Guarda, ocupando daquela un edificio fronte ó Colexio das HH. Carmelitas, actualmente establecemento de venda de antiguedades. Mais, Isidoro, era unha persoa cun xenio as veces endiablado, polo que este destino non debía ser moi apropiado para el, de xeito que, pasado máis ou menos un ano como conserxe e vendo que o desempeño de tal función non lle era o máis axeitado, abandonou ese cargo, pasando a colaborar na tenda que rexentaba a súa muller Erundina. A súa capacidade de traballo e o seu bo facer debían estar plenamente recoñecidos pola veciñanza porque, a pesares da súa enfermidade, de estar retirado da construcción e logo daquel ano de Conserxe, foi chamado en máis dunha ocasión para dirixir diferentes obras, as tres últimas serían: un arranxo importante na que fora casa de Julián López Ríos. Esta casa é a que está xustamente no comezo da rúa República Dominicana, a carón do antigo Colexio das HH. Carmelitas; outra obra que dirixiu foi o arranxo do chalé de Florentino Carrera, en San Miguel de Tabagón, situado logo de pasar a ponte do Tamuxe, unha fermosa casa indiana que se atopa á esquerda da estrada, e, finalmente, outra das obras que dirixiu foi a construcción da casa de Ignacio Español, fronte á Alameda da Guarda. .
Un barril deste viño podía durar tres ou catro meses, mentres que os outros, o de alta ou o de baixa, apenas duraba dúas ou tres semanas, no peor dos casos. CAPÍTULO III Os outros fillos da
tía Concepción e do tío
Silverio
Pero o seu destino non estaba no Brasil, así que, despois de catro anos, decide
probar fortuna na illa onde chegaban outros moitos guardeses: Puerto Rico, sería
o 11 de maio de 1918. Alí, xunto con outros foráneos procedentes de España,
introduce o fúltbol, fundando o Club España, a maior parte dos xogadores
deste equipo eran galegos e se enfrentaban a outros clubes recén constituídos
tamén, como o eterno rival, o Real San Juan, formado por asturianos,
madrileños... Olimpio Sobrino xogaba de defensa. A súa carreira deportiva
quedaría truncada cando nun partido, que comezara arbitrando e rematou como
xogador, cmalia súa lesión, lle romperon a tibia e o peroné por tres partes.
Tiña 24 anos.
As súas inquedanzas deportivas non se deteñen e no ano 1939 funda a
Asociación de Fútbol Aficionado de Puerto Rico
ocupando o posto de tesoureiro. No ano 1937 casa
cunha puertorriqueña, Carmen Sara Negroni coa que ten
dous fillos, Olimpio e Carmen Milagros. Olimpio –fillo– trasládase
no ano 1971 ós Estados Unidos, a Nueva Jersey, casado
cunha puertorriqueña, Myrna, ten
dous fillos Eduardo e Maureen. Carmen Milagros, que continúa a residir
na illa, ten cinco fillos: Gretchen, Osvaldo, Manuel, Alberto e Enrique1.
peldaño a peldaño, e cando estaba chegando arriba espetou cunha voz imperiosa,
nítida e ben clara 40, 41, 42 e ¡43!. Todos os que estaban presentes na casa
sabían a que se refería: era o nome do licor que probara o día anterior "Licor
43". Como dice o seu sobriño Juan, Olimpio saltaba así, con esa chispa que lle
caracterizaba, con esa retranca de galego.
Finou Olimpio xa centenario, o ano 2001, un 8 de setembro ¡casualidades da vida,
ou da morte! xustamente o día que se celebra a festividade da patrona do seu
barrio de Ribadavila: o Día de Virxe da Guía. Contaba 100 anos.
Emilia, solteira, era a máis nova de tódolos irmáns. Sempre viviu na
plazoleta da Guía, na casiña dos seus pais, mentres a idade e a saúde llo
permitiron. Dedicouse ós labores do campo, tamén cosía, encargos que lle
facían veciños e coñecidos; facía palmitos, para o día de Ramos, frores de
papel, e vendía verduras na plaza de Abastos. Na plazoleta da Guía, terrea
como tantas e tantas da Guarda, xogaban ó fúltbol os rapaces do barrio e,
cando se xoga ó fútbol, xorden os conflictos entre a rapazada e os adultos
que teñen as súas casas a carón do "campo de fútbol", así que, ás veces,
algunha pelota escapaba e ía bater contra os cristais das fiestras próximas.
As ventás da casa de Emilia non eran excepción e esta mullerciña saía con
noxo e deixaba ben claro a súa protesta, así que, entre os rapaces, como non
podía ser doutro xeito, tiña sona de ser mala pois, naquela, tempos de
carestía, romper un cristal era algo serio. Logo, pasaría a vivir coa
súa sobriña,
Emilia, tamén, filla da tía Erundina e do tío Isidoro.
Permanecería con esta sobriña, na Plazoleta de San Bernardo, ata que finou, un
13 de maio de 1996.
.
CAPÍTULO IV Os fillos da tía
Erundina e do tío Isidoro
Os
sete fillos da tía Erundina e do tío Isidoro, de esquerda á
dereita: Isidoro, Juan, Silverio, Serafín,
Concepción, Gumersindo e Emilia, nunha das xuntanzas que teñen anualmente no mes
de agosto . Do matrimonio formado
por Isidoro e Erundina, naceron sete fillos: Serafín (22-11-1921), que
casou con Catalina, reside na Coruña, cidade onde desempeñou a súa profesión
como oficinista de Moreira e Cía, ten cinco fillos. Concepción
(22-12-1923), vive en Vigo, viúva, casara cun militar –Benjamín– e dese
matrimonio naceron cinco fillos. Gumersindo, coñecido por Sindo
(15-11-1926), con residencia na Guarda onde rexentou unha tenda-tasca-estanco,
enviudou en dúas ocasións, primeiro de Hortensia e despois de Teresa, do
primeiro matrimonio tivo catro fillos que, agás un deles –José Manuel que reside
na República Dominicana– os demais viven na Guarda, no barrio de Ribadavila.
Isidoro (23-08-28) con residencia en Ourense, onde traballou como oficinista
de Moreira e Cia. Casado con Mª Victoria, deste matrimonio naceron tres fillas.
Emilia (27-09-1929), solteira, persoa de grande corazón, adica parte do
seu tempo libre a actividades relacionadas coa Igrexa, o catecismo, e visitas ós
enfermos. Juan (17-02-1931), casado con Antonia, empresario guardés,
copropietario da centenaria Confitería Estévez, do seu matrimonio naceron catro
fillos, e Silverio (10-11-1935), casado con Milagros, copropietario,
xunto co seu irmán Juan, da Confitería Estévez, do seu matrimonio naceron catro
fillos.
. Aínda que, como se
sinala máis arriba, parte dos irmáns non viven na Guarda, tódolos anos, polo
verán, manteñen unha xuntanza reuníndose os sete nun fraternal -e nunca mellor
dita- xantar. CAPÍTULO V Juan e Silverio,
os da Confitería Estévez
Ós sete anos, Juan empeza na escola co mestre D. Braulio, tendo que abandoar
esta, dous anos despois, obrigado por unha longa enfermidade, continua e
dolorosa, que lle afectaba ás extremidades e que o mantería en precarias
condicións ata os 18 anos, en que empezou a mellorar, gracias á intervención do
médico D. Pepe Sobrino e, sobre todo, ó uso da penicilina que, por aquel entón,
iniciaba a súa andaina por estes lares. Foi un rapaz de débil saúde. A
enfermidade, que calificaron como osteomielitis, aínda que Juan considera que
non era tal xa que esta afecta aos ósos e, en cambio, o seu problema non era de
ósos senón da masa muscular, fixo que moitos días os pasara postrado na cama,
con grandes dores e nunha situación tal que a piques estiveron de amputarlle
unha perna por prescrición médica. Así que, esa enfermidade lle impediu ir á
escola, xogar na rúa, incluso traballar. A debilidade apoderouse del, de tal
xeito que non lle permitía realizar esforzo algún, tendo que permanecer longas
tempadas na cama. Os seus irmáns foron os mestres que lle ensinaron as catro
regras. Pero, como di o refrán, non hai ben que por mal non veña, eses anos que
pasou en "inferioridade de condicións" reportáronlle, co paso do tempo,
interesantes habilidades e aficións. En primeiro lugar, Juan tivo un mestre
especial, adicado exclusivamente a el: D. Cándido, sacerdote, capellán do
Colexio das HH. Carmelitas e, despois, párroco da Guarda. Vivía o crego a poucos
metros da tenda, na mesma rúa, nunha casa alugada a Ermelindo Portela, pai do
médico de grato recordo.
Juan e Silverio na
escola
Don Cándido ensinoulle a escribir a máquina, a redactar, motivouno a que
escribise canto escoitaba na tenda da súa nai, decíndolle que ía escribir unha
novela "que nin a de Troya". Deste xeito, Juan foi adquirindo habilidades
e converteuse nun especialista en debuxos, realizando artísticas copas de cartón
que logo disputaba a rapazada do barrio, cando ía xogar ó fútbol á Plaza dos
Porcos, como se lle chamaba, popularmente, á Praza de San Bernardo. Juan,
debido a súa débil saúde, tiña que se conformar en participar deste xeito. Don
Cándido chegou suxerir ao pai de Juan de meter a este no Seminario, xa que vía
nel un rapaz intelixente e de proveito. Pero, lembra o propio Juan, o seu pai
respondeu "...pero a onde vai ir esta calamidade" facendo alusión á
enfermidade que durante tantos anos acompañou á infancia e adolescencia do
fillo.
Mentres isto sucedía, Silverio, o irmán máis xove -na casa era "Verito"– con dez
anos acompañaba ao seu pai, Isidoro, ao Casino, onde era conserxe e Silverio era
o coime, ou sexa o "botones", o que se encargaba dos recados. Naquela era
obrigatorio que as sociedades deste tipo tivesen conserxe e coime. No
curso 1941-42, empezou na escola de D. Braulio, pasando directamente ao terceiro
curso. Lembra Silverio que el estaba na mesma mesa de D. Braulio e que non tivo
que pasar polos mestres que daban primeiro e segundo curso. Aos 13 anos, xa D.
Braulio marchara destinado a Pontevedra, ía ás clases que impartía Dona Aurora
González Neira, que a sazón substituíra a aquel. Lembra Silverio que as clases
eran moi numerosas, cincuenta-sesenta rapaces e rapazas, unha clase mixta xa
entón. Como el non podía acudir ás clases na xornada de horario nornal, pois
tiña que estar no Casino, víase obrigado a ter que asistir ás clases despois da
xornada laboral, ou sexa, entre as cinco e as sete da tarde. Unha vez a súa
instrucción básica deu por finalizada "non había moito que estudiar: a
Aritmética Razonada, a Historia de España e pouco máis, cando se acababa o libro
non había máis que enseñar" preparouse en Contabilidade con Marcelino,
alcumado Déjate querer, sobriño de Dona Aurora, que rexentaba unha
ferretería fronte ao Hostal Marti Rey. A estas clases, un par de horas ao día e
unha duración duns seis meses, asistían unhas seis persoas, "aprendíamos o
básico: Debe, Haber; Entradas-Salidas... Cando Marcelino non podía
impartir as clases entón era o seu irmán Darío quen o substituía. Non eran
mestres, pero dominaban esta materia. Cando se requerían maiores coñecementos de
Contabilidade, os interesados acudían a D. Benedicto, no Coruto.
A centenaria Confetería Estévez, na rúa Vicente Sobrino
Silverio, aínda sendo un rapaz, xa tiña unha grande
resposabilidade, disto deuse conta enseguida Eduardo Pantaleón Saúl, que era,
xunto coa súa dona, propietario da Confitería Estévez. Eduardo animou a Silverio
a estudar Contabilidade "de verdade" e foi cando empezou con Don
Benedicto.
Cando contaba quince anos, e xa o tío Isidoro deixara a Conserxería do Casino,
foi chamado por Eduardo para traballar na Confitería, pasando, ós 18 anos, a ser
socio da mesma e, pouco despois da morte de Eduardo, Silverio, con 23 anos,
convérsese en copropietario do negocio, xunto con Teresa.
Aos 18 anos, Juan, que ata entón traballaba coa súa nai na tenda, atopándose
moito mellor da súa doenza, foi chamado polo seu irmán Silverio, pasando tamén a
traballar na Confitería. Juan casaría con Antonia, sobriña de Teresa*, filla dos
fundadores da confitería e que vive, dende os anos oitenta do século pasado, co
matrimonio. Antonia recibiu da súa tía a parte que lle correspondía a esta do
negocio, pasando Juan, deste xeito, no ano 1971, a ser copropietario, xunto ó
seu irmán Silverio, da Confitería Estévez. Xubilados os dous irmáns, dende o ano
2000 este emblemático establecemento guardés pasou a mans dun dos fillos de
Silverio, Juan José Álvarez Franco.
Unha das grandes afeccións, diriamos que paixóns, de Juan é a Filatelia. Forma
parte da Sociedade Filatélica Guardesa, da que é o seu Presidente, e ten
participado en multitude de exposicións colectivas e individuais, e merecido o
recoñecemento dos fililatelistas con premios premios e distincións diversas.
Parte da colección filatélica que posúe está adornada con debuxos que o propio
Juan facía nos seus ratos de ocio.
Continuará... Agustín FERREIRA 1. Os datos referidos
a Olimpio Sobrino foron sacados da revista deportiva puertorriqueña El Vocero,
do 9 de agosto de 1997. NOTA:
para envío de información fotografías, etc, agfelo@terra.es ou directamente na Academia Ferreira |
|
|