www.galiciasuroeste.info

Segundo a prensa diaria nestes días ven de venderse o antigo Colexio da Compañía de Xesús “Apóstolo Santiago” sito no barrio de O Pasaxe-Camposancos, e nada mellor que lembrar o acontecido con este Colexio dende que foi inaugurado no século XIX.

  

COLEXIO APÓSTOLO SANTIAGO – COLEXIO NUN´ ALVRES – CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE PRESOS E PRESENTADOS – ESCOLA VOCACIONAL OU SEMINARIO MENOR SAN FRANCISCO JAVIER – CASA DE EXERCICIOS DA COMPAÑÍA DE JESÚS  – OBSERVATORIO METEOROLÓXICO DOS P.P. XESUÍTAS -  O PASAXE – CAMPOSANCOS.

José Antonio Uris Guisantes

Fachada principal do Colexio Apóstolo Santiago en O Pasaxe-Camposancos. Fotografía propiedade de José A. Uris Guisantes

.

                A Orden da Compañía de Jesús ou dos  P.P. Xesuítas en España foi expulsada en 1767 reinando Carlos III, sete anos mais tarde (1773) foi extinguida a Orden en todo o mundo por decisión do Papa Clemente XIV, logo restaurada polo Papa Pío VII en 1814 é en 1815 Fernando VII tamén a restablece en España.

             

                Os P.P. da Compañía de Jesús eran chamados LOS CABALLEROS DE CRISTO, polo propio fundador, Ignacio de Loyola dicía [.....] “Los nuestros son como caballos ligeros, que han de estar siempre a punto para acudir a los rebatos de los enemigos para acometer y retirarse y andar siempre escaramuceando de una parte a otra. Y  para esto es necesario que seamos libres y desocupados de cargos y oficios que obliguen a estar siempre quedos”.  

.

 O Rei Carlos III

.

                O 18 de setembro de 1868 estala a Revolución en Cádiz que se vai estendendo por toda España, foi coñecida cómo La Gloriosa, é un 12 de outubro de 1868 o Ministro de Gracia e Xustiza don Antonio Romero Ortiz ordena a supresión da Orden na Península e illas adxacentes....

                Os terreos e parte dos edificios que ocupa o Colexio Apóstolo Santiago eran propiedade de don Domingo Español Cividades, fillo de don Juan Español López [finado en 1854], vendido aos P.P. Xesuítas en 1875  por 60.000 pesetas, mediando nesta compra o párroco de Salcidos don Diego Antonio González Rodríguez.  

.

                D. Juan Español López a mediados do século XIX dispuña dunha grande fortuna provinte dos almacéns de importación-exportación que tiña no Pasaxe,  onde constatamos que no ano 1840 viñan atracando grandes barcos de carga procedentes de Vigo e A Coruña, fretados por este comerciante natural de Salcidos. Foi deputado provincial, facendo as xestións necesarias para que a dilixencia e sobre de todo os grandes carromatos de carga puideran pasar pola ponte de O Tamuxe [ata aquela de madeira], xestionando unha nova construcción [que aínda permanece] en pedra [1844-45].

.

Panorámica das instalacións do antigo edificio e almacéns de don Juan Español López no século XIX, nesta panorámica xa estaban os P.P. Xesuítas engrandecendo, arranxando, e adaptando as distintas naves do edificio, ano de 1879. Faltaban os tres torreóns da fachada principal. Fotografía propiedade do P.P. Xesuítas da Provincia de Portugal

.

Paso da dilixencia pola nova ponte Tamuxe, recén inaugurada.

Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso

..

               Finado don Juan Español López, segue cos negocios o fillo, don Domingo Español Cividanes, quen chegou a ser o Alcalde mais mozo de A Guarda [1850], ano no que se arranxou a Alameda, lugar cheo de barrocas, augas podres etc.. Segundo o xesuíta don Evaristo Rivera Vázquez [...] figura descollante de la burguesía de la comarca...  construyó la carretera de comunicación con El Pasaxe [hoxe estrada C-550], persoas mal intencionadas criticaron al Alcalde porque –segundo eles – era la persona más beneficiada, debido a los negocios en El Pasaxe.[La Voz del Tecla nº 133 de decembro de 1913].

.

                Inaugúrase o ferrocarril en Galicia no ano 1873 coa posta en funcionamento da liña entre Carril (Vigo) e Santiago. En 1881 Vigo-Ourense que logo enlazaría con Pontevedra dende Redondela. En 1899 empalmaría coa capital, Pontevedra. En 1895 A Coruña – Lugo. En 1883 empalma con Ponferrada. No ano 1878 Vigo a Tui, para empalmar con Portugal pola Ponte Internacional, en 1886.

 

               A ponte foi inaugurada  un 25 de marzo de 1886 cando as “locomotoras”  Alfonso XII e Valença atopáronse no medio do ponte que tiña- e ten- 400 metros lineais, construída polo enxeñeiro don Pelayo Mancebo y Ágreda. Ponte con dobre uso, estrada e ferrocarril con técnicas modernas na construcción metálica inspirada na obra de Gustave Eiffel [o igual que a Torre Eiffel de París].

 

              A primeira pedra foi colocada no inverno de 1881, rematándose as obras en outubro de 1884, onde foron invertidas 1.540 toneladas de ferro e mais de 700 quilos de chumbo. A pedra chegou das canteiras de Lanhelas e de Guillarei, a cal e cemento de Zumaia (Euskadi), ás probas de resistencia acudiron máis de 20.000 persoas de ámbolos países.............

 

             Segundo o historiador local don Juan Domínguez Fontenla o ferrocarril puido chegar á Guarda porque en principio o ponte internacional de Tui ía a construírse  no Esteiro do Miño preto da Armona pero foi descartado debido a que ía custar 9 millóns máis, cuestión esta que sumiu á vila Guardesa no atraso de sempre por falta de comunicacións e de transporte viable para poder implantar empresas...

.

Rematando as obras da  Ponte Internacional Tui-Valença, ponte que puido estar entre a Armona (Camposancos) e O Camarido (Caminha) no século XIX

.

                Coincidindo coa Restauración Monárquica na persoa do Rei Alfonso XII, un  7 de decembro de 1875 foi asinada a compravenda das propiedades de don Domingo Español Cividades diante do Notario D. M. De Porto por parte do vendedor, e do párroco don Diego Antonio González Rodríguez como comprador en nome de  Pedro Irube Crucelegui [simple “hermano coadxutor” xesuíta] por orden do Padre Superior Xesuíta  Antonio Zarandona.  

.-

                En 1875 chega a Vila de A GUARDA (O Pasaxe) o padre Tomás Gómez Carral (1837-1898), nado en Cabezón de La Sal (Santander), ingresara na Compañía de Xesús no ano 1856.

P. Tomás Gómez Carral, rector do Colexio Apóstolo Santiago em O Pasaxe-Camposancos-A Guarda

         Os xesuítas e alumnos viñan do Colexio de ANCEIS, o Colexio Apostólico ou Seminario, tivo orixe en O Pasaxe para logo ser trasladado a Comillas.

          Por motivos de comunicación con Vigo os P.P. Xesuítas deixan A Guarda no outono de 1916 para instalarse no edificio de La Molinera, o novo Colexio de Vigo levaría o nome de Colegio del Sagrado Corazón.   

         Todo elo levado con sixilo debido a que a Orden Xesuíta fora suprimida [...] en la Península é islas adyacentes...cerrándose en el término de tres días todos los colegios e instituciones...

O Colexio en 1876. A esquerda aserradoiro La Camposina. Fotografía propiedade dos P.P. Xesuítas da  Provincia de Portugal

..

               Nestes anos a Universidade de Santiago fervía pola chamada segunda cuestión universitaria que culmina coa aprobación, en agosto de 1876, da Institución Libre de Enseñanza (ILE) de Francisco Ginés de los Ríos [xunto a outros profesores universitarios como Eugenio Montero Ríos, Nicolás Salmerón e outros],  que contrastaba totalmente coa ensinanza que nas mesmas datas levaban a cabo os distintos Colexios dos P.P. Xesuítas.

 

                Esta Institución Libre de Enseñanza [foi ademais inspiradora do programa educativo da IIª República Española], levou acabo un importante labor de renovación cultural e pedagóxico sen precedentes nos séculos XIX e XX. [...] La Institución será ajena a todo interés religioso, ideología o partido politico, proclamando el derecho a la libertad de cátedra, la inviolabilidad de la ciencia y el respeto a la conciencia individual...

 

                Nembargantes a Orden da Compañía de Jesús (xesuítas para entendernos), tiña xa catro colexios en España [Camposancos, Sevilla, Porto de Santa María e Orduña en Vizcaia] con preto de 230 alumnos segundo escribe  don Evaristo Rivera Vázquez.

 

Xesuítas     Alumnos     Xesuítas-1    Xesuítas-2    Xesuítas-3