www.galiciasuroeste.info

XESUITAS (continuación)

por José Antonio Uris Guisantes

.

BACHAREIS

ANO 1882

 

Joaquín Souto Cuero

José Grova Noceda

Ángel Fernández Bofill

Antonio Cuesta Laso de la Vega

Manuel Fernández Bofill

José Ochoa Márquez

Pedro Monsalve Ceballos

Luciano Pita Boado

Salustiano Cobián López

Luís Soler Fuentes

José Barreras Massó

Francisco Sánchez Varela

Cristobal Valdés Meléndez

Camilo Maisonave Gayoso

Matías González García

Saturnino Álvarez Bugallal

Lucas Zúñiga Serrano

Salvador Valdenebro Cisneros

Adrián Morado Veres

Manuel González Álvarez {guardés]

.

D. Antonio Cánovas del Castillo 1828-1897.

 

               En 1884, estando en Baiona, visita o Colexio don Antonio Cánovas del Castillo líder do Partido Conservador en compañía de don Francisco Romero Robledo e don José Elduayen, coincidindo esta visita coa estancia como alumno de don Manuel Portela Valladares [o alcumado “carallo campante” polo secretario da Corporación Guardesa don Adolfo Mosquera Castro cando ámbolos dous estudiaban en Santiago] futuro político e futuro dono do xornal El Pueblo Gallego.

.

Manuel  Portela Valladares

 

              No Curso 1884-85 aparece a peste bubónica no Colexio que volve –fatidicamente- a aparecer no Curso 1890-91.

 

              Neste curso o barrio da mariña na Guarda estaban padecendo unha grande fame, os alumnos do Colexio cooperan segundo don Evaristo Rivera [...] llevándoles durante muchos días pan, comida y aceite... comprado con el dinero que recibían para ellos de sus casas...

 

BACHAREIS

ANO 1883

Ramón Alvarado Borio

Antonio Castro Serrano

Gonzalo Fernández de Córdoba Quesada

Prudencio Fajardo Mosquera

Vicente García Rivera

Ramón Morais Villas

Manuel Pérez  Batallón López

Manuel Reglado Nieto

José Soler Fuentes

Julio Alvarez

 

             En  1887 o Colexio Apóstolo Santiago en O Pasaxe contou coa visita do bispo de Ciudad Rodrigo don José Tomás Mazarrasa, un ano máis tarde o bispo de Lugo don Gregorio Aguirre, seguido dos distintos bispos de Tui, don Juan María Valero, don Fernando Hué e don Valeriano Menéndez Conde, en 1897 chegou o bispo de Ourense don Pascual Carrascosa.

 

BACHAREIS

ANO 1884

 

Alfonso Pita Veiga Morgado

Senén Buenaga González

Eloy Suárez Cobián López

Santiago García Ozores

Juan Márquez Prado

José María Montenegro Soto

Basilio Santalla Gómez González

Manuel Viguri López

Gonzalo Rodríguez Martínez

Juan López García [guardés]

Anselmo Troncoso Vicente [guardés]

Eduardo Martínez López [guardés]

Juan Bagaría Torrens

                 

            En xuño de 1897 don Aureliano Linares Rivas, do Partido Conservador, publicaba unha Disposición na que se recoñecía á Compañía de Xesús como unha Institución habilitada para o ensino.

            A Compañía Xesuíta estableceu tamén, no verán de 1893, a Iª Colonia Escolar de Galicia con 32 alumnos de seis escolas públicas de Santiago.

 

BACHAREIS

ANO 1885

 

Alejandro Buenaga González

José Carsi Rivera

Fernando Castro

Manuel García Maceira Rivera

Emilio Huguet Serracato

Luís Madriñán Abegid

Fernando Morales López

Jesús Pérez López

José del Río Rodríguez

Pedro Rovira Carreró

Joaquín Teixeira Rivero

Rafael Tours Monsalve

Antonio Zayas Beamont

José Torres García

 

            En 1899 o Colexio foi consagrado ao Sagrado Corazón de Xesús sendo bispo de Tui don Valeriano Ménéndez Conde.

 

BACHAREIS

ANO 1886

 

Fernando Viguri López

Evaristo Olleros Navarrete

Gervasio Gamero Domínguez

Francisco Javier Navarrete Arteaga

Joaquín Tafur Funes

Juan Ouviña Iglesias

Eudoro Pardo García

 

ANO 1887

 

Enrique Fernández de la Puente

Gonzalo Losada Pardo

Antonio Suárez Vega

Joaquín Lemos Varela

Apolinar Flórez Suárez

Antonio Díaz Galiano

José Sastres García

Sergio Simia Macía

Tomás Carlos Roa

Agustín Nandín Vicente [guardés]

 

BACHAREIS

ANO 1888

 

Pedro Aznar Bárcena

Diego del Campo López de Arza

José María Campoamor Alvarez

Antonio Fuentes Macarro

José García Rivera

Ricardo Guisado Casillas

Francisco Javier Merino Bordás

Fernando Rico Gómez

Idelfonso Romero Gil de Zúñiga

Marcelino Sanjurjo Aballe

Manuel Tajuz Funes

Fernando del Valle Murillo

Senén Varela Ulloa

Ceferino Gutiérrez García

  

ANO 1889

 

José Alarcón Pérez

José Domínguez Cabezas

Cecilio González R. Torreros

Juan Martín González

José Núñez Secos

Luís Pérez Sánchez

José Rodríguez Pereira

Telmo Rodríguez Vázquez

Vicente Vilanova Picón

José Vizuete Ramírez

 

             Dende 1897 os xesuítas daban clases de catecismo os domingos aos nenos da parroquia de A Guarda nun local cedido polas monxas M.M. Benedictinas [algúns rapaces “apedrexaban” aos alumnos xesuítas dende as escaleiras da rúa Colón, tamén rúa do Medio].

 

BACHAREIS

ANO 1890

 

José Carvajal Rivera

Vicente Gómez Bravo y Gómez Bravo

Emilio González Gayoso Rodríguez

Antonio González Tamayo

Celestino Guisado Casillas

Jesús Lojo Gómez

José María Maceda Cadórniga

Ricardo Sánchez  Varela

Eliseo de la Torre Velver Martínez

Miguel Torresano Alcolado

Pedro Vázquez Puga de la Fuente.

  

ANO 1891

 

Edmundo Blasco Balbuena

Francisco Carbin Burt

Ramón Carbia Burt

Nicanor Durán Albert

Cándido Fariña Sepúlveda

Manuel López Calles

Raimundo Llorente Leida

Paulino Navarrete Varela

Luís Tafur Funes

Fernando Trujillo Campos

Herminio Carrero Vicente  

.

ANO 1892

 

Antonio Bernaldez Cortes

Deogracias Blasco Balbuena

José Caranelo Lestache

Ladislao Fernández Campos

Maximiliano Flores Solís

Victoriano G. Paredes y A. Borbolla

Feliciano Gómez Bravo y M. de la Mata

Mariano Gómez Bravo y M. de la Mata

Francisco González y R. Torreros

José Pío Márquez Cárdenas

Ramón Maseda Cadórniga

Froilán Méndez Vigo y Méndez Vigo

José María Méndez Vigo y Méndez Vigo

Santiago Méndez Vigo y Méndez Vigo

Luís Montero Béjar

José Otero García

José Romero y Gil de Zúñiga

Antonio Sanjurjo Otero

Juan Vargas Vargas

Evaristo Vázquez Lescalles

 

ANO 1893

 

Constancio Aguilar Ecearra

Atilano Areses Vidal [Tui]

Rafael Areses Vidal [Tui]

[enxeñeiro de montes do Distrito Forestal de Tui, é guardés ilustre polas melloras e apoio os montes da Bisbarra, sobre de todo ó Tecla]

Ignacio Belaustegui Iturbe

Raimundo Casas Soto

José Chaves López de Ayala

Manuel Chaves López de Ayala

José Galache Hoyuelos

Mariano Fernández Daza García Bravo

Dositeo Fernández  Gómez

Nicolás Goyri O`Neill de Roure

Benito Losada Amor

Cayetano Pesini Pulido

Amador Ruibal Fariña

Lino Saénz Andrés

Rodrigo Vargas Vargas

 

ANO 1894

 

Ramón María Aller Ulloa

Florencio Benítez Cepeda

Lorenzo Chacón Rodríguez

Manuel A. Domínguez Núñez

Angel Fernández López

Francisco Franco Caballero

José Franco Caballero

Fernando Lias Pequeño

Manuel Lopo Gómez

Leonardo Magro Gómez

Luís Ortega Ramos

Lesmes Pascual del Río

José María Pedrosa Miranda

Luís Pilar López

Antonio Pombo Lobit

Juan Silva Gregorio

Ramón Somoza Albo

Edmundo Suares Arias

Fulgencio Trujillo Campos

Rafael Valcarce Sáenz

Jacobo Varela de la Cerda

José María Vázquez Blanco Povadura

Norberto Velázquez Aznar

            Neste Curso 1894-95 ingresou no Colexio  don Ramón María Aller Ulloa, un dos mellores astrónomos de Galicia, outro alumno de IVº Ano IIª Sección foi don Antón Losada Diéguez. Segundo don Evaristo Rivera Vázquez [....] Los jesuítas llegaron a hacer en La Guardia y Camposancos [1899-90],  19.592 confesiones a particulares con 13.400 comuniones y 113 sermones........ [....] debemos de agradecer a los vecinos de la parroquia de Camposancos su aportación de gallinas, ovejas, huevos etc.

.

D. Ramón María Aller Ulloa, sacerdote, astrónomo e antigo alumno dos P.P. Xesuítas en O Pasaxe dende 1894 ata rematalo Bacharelato e ir para o seminario de Lugo.

 

               D. Ramón María Aller Ulloa naceu no Pazo de Filgueira [casa matriz dos Ulloa en Lalín-Pontevedra] en 1878, estudia bacharelato con 16 anos no Colexio de O Pasaxe, ingresa no Seminario de Lugo e aos 20 anos foi Licenciado en sagrada Teoloxía, cando remata os estudios sacerdotais faise a promesa de non aceptar cargos relixiosos nin aceptar ningunha clase de retribución económica ou en especies.

 

               En 1899-1900 comeza estudia-las Ciencias Exactas na Universidade de Oviedo para seguilas en Madrid, onde remata a carreira por libre no ano 1904.

 

              Comeza a ser coñecido nos medios astronómicos españois polo traballo “Observaciones del cometa de Joanesburgo  1910”.

 

              Constrúe en Lalín un Observatorio Astronómico estable en 1917, nos xardíns da súa casa en dúas casetas onde instala un anteollo e un teodólito.

 

              En 1924 instala un refractor de 120 mm. de abertura e 1800 mm. de distancia focal gracias aos cartos da herdade de seu tío don Saturnino Aller. Publica moitos traballos nas distintas revistas científicas da época, en 1930 publica traballos na revista alemana “Astronomische Nachrichten”, principal revista astronómica de Europa.

 

            Ata 1939 don Ramón Mª Aller Ulloa deu a coñecer mais de 40 traballos en revistas españolas e estranxeiras sobre Astronomía, saíndo o pobo de Lalín relacionado sempre con don Ramón, quen ademais de ser astrónomo proxectaba planos de casas e igrexas, dando  clases de Xeografía e Matemáticas a alumnos de Lalín, GRATIS.

 

             Recén rematada a guerra civil don Ramón foi convencido polo Rector da Universidade de Santiago don Carlos Ruíz del Castillo para que impartira clases de Análisis Matemático e Xeometría Analítica na Facultade de Ciencias.

 

             En 1943 don Ramón traslada o Observatorio de Lalín a Santiago para unhas instalacións novas gracias as xestións que fixo o profesor don Enrique Vidal Abascal no Consello Superior de Investigacións Científicas (C.S.I.C.). E nomeado director do Observatorio e publícase “Introducción a la Astronomía”.

 

             Creación da Cátedra de Astronomía na Facultade de Ciencias en 1944 con don Ramón como catedrático, en 1949 foi nomeado Catedrático Extraordinario de Astronomía, sendo nomeado membro da Comisión Veintiseis Estrellas Dobres da Unión Astronómica Internacional (Zürich 1948). Neste mesmo ano publica o libro “Astronomía a simple vista”.

 

               En 1960  e 1963 dirixe varias Teses de alumnos, recibindo o primeiro homenaxe (que nunca quixera) dos veciños de Lalín en 1960 co motivo de recibir a Gran Cruz da Orden Civil de Alfonso X O Sabio, máis tarde poñen o seu nome a varias rúas de Lalín, A Coruña, Santiago e Vigo.

 

                Enferma en 1964 é decide volver a Lalín onde un 28 de marzo de 1966 falece aos 88 anos de idade. No testamento dona tódolos seus instrumentos para a Universidade de Santiago así cómo os fondos bibliográficos.

 

                 Tódolos estudiosos coinciden en que o mellor legado do sacerdote e astrónomo don Ramón María Aller Ulloa foron a súa bondade, modestia, humildade, rigor científico e dedicación aos demais.

 

                 Hoxe o Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago de Compostela leva o nome de “Observatorio Astronómico Ramón María Aller”, antigo alumno dos P.P. Xesuítas no Colexio Apóstolo Santiago en O Pasaxe- Camposancos.  

ANO 1895

 

Francisco Francisco Caballero

José Barreiro Alvarez

Julio Barreras Massó

Antonio de la Cruz Coronado

César Díaz Rodríguez

Manuel Domínguez Núñez

Rafael Donoso Gómez Bravo

Felipe Esteban Cámara

José Franco Moure

Juan Gil Galán

Ricardo Hernández Moreno

Juan Bautista Mahiques Paris

Manuel Medina Morris

Antonio Montes Pérez

Miguel Moreno Casillas

Juan Moreno Oterino

Javier Ozores Pedrosa

Paulino González Prada

José Rincón Ramos

Cándido Pérez Deza

Carlos Puga Pequeño

Laureano Sarriá Robert

Santiago Sebastián Pérez

Antonio García Venero Pérez de Guzmán

Ramón Vilanova Picón

Jesús  Maceda Cadórniga

Jorge Pascual del Río

 

ANO 1896

 

Manuel María Albarrán M. Tejada

Manuel Barreiro Alvarez

Francisco Chacón Rodríguez

Manuel Fernández González

Jorge Haccart Roussel

Luís Mendoza Bootello

Rafael Pimentel Gil

Manuel Puga Pequeño

Custodio Miguel Romero García Zúñiga

Raimundo Riestra Calderón

José María Rón Delgado

Manuel Tous Soto

Urbano Troncoso Domínguez [guardés]

Esiquio Vacas García

Mario Barredo Saénz

Arturo Elías Secolle

 

 

Orquesta do Colexio Apóstolo Santiago.

 

ANO 1897

 

Jesús Aller Ulloa

Primitivo Alvarez Alvarez

Rafael Alvarez Novoa

Federico Aznar Bárcena

Jaime Bengoechea Azcue

Antonio Bueno Carvajal

Juan Antonio Calles García

Manuel Candeira Suárez

Pedro Lorenzo Delgado Aguilar

José Duque Alvarez

Leoncio Esteban Cámara

Fernando Fernández Pagador

Carlos Fernández López

Pío García Fernández

César A. García Solís

Alvaro Jaraquemada Vargas

Ricardo Lomba Alvarez [guardés]

José Ignacio López García Orduña

José M. Martínez Baselga

Santiago Maseda Cadórniga

Antonio Nogales Márquez Prado

Cándido Rasilla Salgado

Ramiro Rueda Andrés

Damián Sanz Castillejo

Martín Troncoso Domínguez [guardés]

 

ANO 1898

 

Antonio Miguel Romero Gil Zúñiga

Blas González González

Carlos Moreno Oterino

Emilio Freire Rodríguez

Fernando Mendoza Bootello

Francisco de Federico Riestra

Gaspar Barreras Massó

Higinio Martínez Martínez

Jesús García Malvar

José María Azanar Bárcena

Manuel Freire Rodríguez

Pedro Castiñeira Teijeiro

Prudencio García Vinuesa

Víctor Peña Díez

 

             En 1900 os irmáns guardeses Alonso Martínez [Joaquin e  Manuel] doaron a estatua de Santiago Apóstolo ó Colexio sendo eles mesmo bachareis.

 

 

ALUMNOS de IV ano.

 

Alfonso Fuentes Pellicer

Emiliano Gándara Gándara

Eugenio Descalzo Descalzo

Francisco Romero Fernández de Córdoba

Iván Pedrosa Miranda

Jorge Vivero Loño

Juan Vilas Martínez

Julio Reguera Rodríguez

Manuel Areses Vidal [Tui]

Manuel Martínez Rodríguez

Manuel Nogales Márquez Prado

Manuel Pérez Esteso

Ramón Caramés Gómez

 

IV ANO 2ª SECCIÓN

 

Alejandro Pedrosa Neira

Antonio Losada Diéguez

Antonio Oterino Cid

Angel Botana Sieyro

Arturo Martínez Baladrón

Enrique Moreno Fernández

Enrique Paradela Herrero

Francisco Donesteve Pérez Castro

Francisco Maseda Cadórniga

Joaquin Alonso Alonso

[guardés que regalou a imaxe de Santiago Apóstolo traída de Italia]

José Mosquera Amores

José Rodríguez Sobrino [guardés]

Juan Mosquera Asunsolo

Juan Rodríguez Bonin

Manuel Aller Ulloa

Manuel Alonso Alonso

[guardés que regalou-xunto co seu irman, a imaxe de Santiago Apóstolo traída de Italia]

Manuel Fuentes Pecellín

Mariano Pérez Pérez de Castro

Miguel Vidal Salgado

Ovidio Martínez Rodríguez

Roberto Martínez Baladrón

Tomás Mosquera Domínguez  

.

 

Antonio (Antón) Losada Diéguez

 

                  D. Antonio Losada Diéguez [alumno de IV ano] nado en 1884  en San Mamede-Boborás, pazo de Moldes no seno dunha familia fidalga e ultra consevadora [seu pai era notario na Estrada], ingresa no Colexio Apóstolo Santiago en O Pasaxe moi novo, remata o bacharelato no Instituto de Pontevedra en 1899.

 

                 Pasa polas Universidades de Deusto, Salamanca, Madrid e Santiago de Compostela, Doutor en Filosofía e licenciado en Dereito. Obtén o primeiro posto nas oposicións á cátedra de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito en 1911 (Madrid). Chega a Ourense como catedrático de Instituto sendo traladado a Pontevedra en 1919.

 

                 En Pontevedra entra de cheo na confección da ideoloxía nacionalista de Galicia, amigo de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas e os representantes das Irmandades da Fala, na que ingresara en 1917.

 

                Presidía a Iª Asemblea Nacionalista en Lugo en 1918 e dous anos máis tarde atoparíase cos fundadores da revista Nós, ingresando en 1924 no Seminario de Estudos Galegos, publica varios contos na revista Nós e Alborada, pezas teatrais, poemas e sobre todo ensaios que foron publicados en 1985 co título Obra completa de Antón Losada Diéguez. O Día das Letras Galegas de 1985 foi dedicado ao seu nome e súa obra. Falece en Pontevedra en 1929.    

 

III ANO

 

Alejo Diz Jurado (*)

[médico de Tui, fusilado polas tropas de Francisco Franco Baamonde en outubro de 1936, simplemente por ser médico, católico e republicano]

Ángel Donesteve y Pérez de Castro

Fernando Barreras Massó

José Taboada Zúñiga

Julián Pérez Esteso

Vicente Varela Radío

(*) NOTA:

           O médico don Alejo Diz Jurado fora alumno dos P.P. Xesuítas no Colexio Apóstolo Santiago de O Pasaxe en 1898 [alumno de IIIº ano] e forma parte da Xestora da Comisión de Antigos Alumnos en 1920, sendo daquela Alcalde de Tui. Fusilado na Alameda de Tui xunto a outro médico de Tui [alcumado o médico do pobres] don Darío Álvarez Limeses unha excelente persoas segundo puidemos ler nos distintos libros e testemuñas escritas ao longo destes anos.

 

 

 

                            Fotografía de don Guillermo Vicente Santiago, intelectual autodidacta, dono dunha imprenta en Tui e Alcalde republicano de TUI cando as tropas de Franco entraron o día 26 de xullo pola tarde, tivo que fuxir ó monte para non ser detido e fusilado cómo lle pasou ao Alcalde de A Guarda don Brasilino Álvarez Sobrino é aos médicos amigos seus don Alejo e don Darío.  Foi un dos “agochados” nun “zulo” da súa casa da Bisorca en Pintán A Guarda, falecendo de tuberculose creo lembrar en 1940, súa nai faleceu de pena e súa muller dona María Álvarez faleceu en 1975 totalmente trastornada debido as privacións e sufrimentos padecidos.

 

                           Estas dúas SANTAS MULLERES atravesaban o monte para acudir a Farmacia de Sabarís para merca-los medicamentos [que lles receitaba o fillo de don Darío Álvarez Limeses, tamén médico, Darío Álvarez Blázquez, outra persoa Boa e Xenerosa,  que necesitaba Guillermo e así non se informaran os falanxistas de A Guarda que se achegaban  día e noite pola zoa de Pintán co obxecto de poder detelo.

 

                           Tiñan un canciño (León) que cando olfacteaba os falanxistas daba a alerta para que Guillermo se agochara entre os millos ou as paredes das leiras. En 1975 de acordo co abade de Salcidos os seus restos soterrados no piso do cabanón onde estivera agochado, foron postos dentro da caixa onde repousaba para sempre súa compañeira ¡nunca mellor dito tal nome!.

 

 

                           Do matrimonio quedaron Marina, Laureano Guillermo e César Vicente Álvarez quen durante varios anos na escola recibían as burlas e indirectas dos demais alumnos, desprezándoos e chamándolles “roxos” e “comunistas”.......

 

 

ALUMNOS de II ANO

 

Agustin Sobrino Arias

[fillo do Alcalde guardés don Agustin Sobrino Vicente]

Antonio Alonso Cuenca

Antonio María Prada

Carlos Gándara Gándara [guardés]

Celso Fuentes Martínez

Francisco Domínguez Mauleón

Fernando Bárcena de Andrés

Federico Pérez y Pérez de Castro

Germán Fondevila Martínez

José Donesteve y Pérez de Castro

José Bayo Muñoz

José Moreno Oterino

José Ramón Sobrino Arias

 

D.José Ramón Sobrino Arias “Don Pepe”.

 

 [fillo do Alcalde guardés don Agustin Sobrino Vicente, médico e industrial guardés, dono do Hotel Pazo Santa Tecla e de cetarias de lagosta sitas en Laxe do Can]

José Usera Bugallal

Manuel González Pecellin

Marcial Campos García

Martin Barreiros Alvarez

Roman Rodríguez Vicente

Valentin Alvarez  Estilo

 

Iº ANO

 

Alonso Pérez Vázquez

Antonio Conde Castilla

Casiano Troncoso Pérez

Daniel Aler Tárrago

Ernesto Rodríguez Cividanes [guardés]

Francisco Alvarez Conzi [guardés]

Francisco Fuentes Pecellin

Francisco Hermida Franco

Francisco Torres Muñoz

Heliodoro Fernandez Valdivieso

Javier Bugallal y Pérez de Castro

José Conde Cadilla

José González Carrera

José P. Manuel Alonso Villa

Juan Blanco Alvarez

Juan Coura Domínguez

Juan M. Somoza Cortés

León Hulla Elola

Luís Aller Ulloa

Luís Berea Rodrigo

Luís Carnero Martínez

Luís González Novoa

Mauro Alonso Cuenca

Odón Colmenero Sáa

Pedro Bueno Pizarro

Ramiro Arceo Martínez

Ramón Armada Quiroga

Santos Carnero Martínez

Víctor Lago Pastor

 

PREPARATORIA

 

Antonio Aler Tarraga

Antonio Maseda Cardóniga

Antonio Rodríguez Bobillo

Carlos Reguera Rodríguez

Benito Varela Varela

Enrique de Cea-Bermúdez Ziburu

Ignacio Anta Novoa

Iván Valdés Fernández

José María Alonso Francisco

José María Domínguez Alvarez

José Ramón Diéguez Cervela

José Sáez Món

Manuel Fernández Pereira

Paulino Souto Neira

Segundo Trincado Fernández.

 

                            Neste ano 1898 ten lugar o VIXÉSIMO QUINTO ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DO COLEXIO APÓSTOLO SANTIAGO 1872 [ANCEIS A Coruña] – 1898 [O PASAXE – Camposancos-A GUARDA].

 

              O Rector do Colexio era: Padre Vicente Leza.

              O presidente da Comisión Organizadora do XXV Aniversario foi don Santiago Ozores Pedrosa, conde de Priegue. Este Conde de Priegue era fillo de don Francisco Javier Ozores Losada e de dona Jesusa Pedrosa Álvarez Maldonado.

    

              A súa vez don Santiago Ozores Pedrosa casou con dona Elena Miranda Santos, nacendo don Javier Ozores Miranda XI Conde de Priegue. D. Javier Ozores Miranda casou con dona María Marchesi de Oya, nacendo don Javier Ozores Marchesi (8 set/1942 en A Coruña), que dende o ano 1971 é o XII Conde de Priegue, casado con dona María del Carmen Calderón Espinosa de los Monteros, actuais Condes de Priegue. Teñen tres fillas, María Elena, Luisa e Cristina.

              D. Javier Ozores Marchesi é membro fundador da Academia Galega de Gastronomía, membro da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas. Medalla Paul Harris Fellow. Premio Fernando Arenas Quintela en 2001 polo obra “cena de los videntes”. Publicou o libro sobre gastronomía “Cocina Gallega”. xerente da productora “Los Films de El Buho”, etc, etc.

Escudo de Armas dos Condes de PRIEGUE

 

             Secretarios: D. Angel Pedreira Labadíe e don Maximino Blanco Tenreiro.

             Tesoureiros: D. Gumersindo Meirás Hurtado e don Rodrigo Prado Tenreiro.  

 

Xesuítas     Alumnos     Xesuítas-1    Xesuítas-2    Xesuítas-3