www.galiciasuroeste.info

XESUITAS (continuación)

por José Antonio Uris Guisantes

 

            O día 13 de abril comezan os actos con una misa de comunión xeral, oficiando o bispo da diócesis don Valeriano Mendez Conde, facendo a Iª Comunión os alumnos don Paulino Souto Neira e don José María Alonso Francisco. O bispo foi axudado polo Mestre de Escola do bispado de Ourense don Anastasio Flórez, don Santiago Ozores Pedrosa, capitán de artillería e don Heliodoro Santos Cuero, Axudante de Mariña do porto de Vigo.  

 

             Asistentes invitados: D. Manuel Rivas, Alcalde de A Guarda; D. Fernando Fernández Mustelier, Axudante de Mariña de A Guarda; D. Juan  Sánchez, Arcipestre; D. Higinio Troncoso González; D. César Troncoso Gonzalez; D. Ricardo González; D. Mauro Fernández; D. Ricardo Lomba; D. Leonardo Alvarez (médico do Colexio); D. Francisco Novoa; D. Rafael Alvarez, é un montón de ex alumnos........

 

             O patio e cobertizo superior foi construido baixo a dirección do padre Alcolado que era inxeñeiro e ex profesor en Madrid da Escuela de Caminos, Canales y Puertos. O patio e cobertizo tiñan 58 metros de longo por trece de ancho. Os comesais neste primeiro dia do XXV Aniversario foron 300.

 

             A orquesta e coro do Colexio foron reforzados con don Ramón Salazar, don José Basadre e don Evaristo Bargiela que era “sochantre”, organista e tenor segundo da Catedral de Tui, os cales interpretaron a Misa de Sochantres do mestre García.

 

              Como as comunicacións por estrada seguían pésimas ainda neste ano 1898 a “barcas” do Colexio recibiron no peirao de Caminha [ ata Caminha chegaban no tren] as distintas Comisións de A Coruña, Pontevedra, Ferrol, Betanzos, Pontedeume, Vilagarcía, Tui e A Cañiza, todos recibidos pola banda de música do colexio dirixida polo mestre don José Iglesias Sánchez.    

              O Padre Modesto Fernández foi o primeiro profesor no Colexio de ANCEIS é o derradeiro Rector no Colexio Apóstoo Santiago en O Pasaxe-Camposancos.

 

              Este acto o que nos referimos foi “amenizado” pola Banda de Música de Caminha,a noite lanzáronse fogos de lucería da Piroctenia Hijos de Alonso de Palencia.

 

              Os actos deste XXV Aniversario do Colexio Apóstoo Santiago remataron o 14 de abril de 1898 sendo o fotógrafo “oficial” o Sr. Bugarín de Tui, os ex alumnos e familiares de fóra da Guarda saíron en dirección Caminha para poder colle-lo tren, outros montaron en carruaxes para seguir a viaxe por estrada, que repito, non reunía as condicións mínimas para poder circular axeitadamene..........

             Ata 1902 non se normalizou a legalización do Colexio Apóstolo Santiago en Camposancos, pasando a ser  Sociedade Anómima La Enseñanza Católica.

 

Ano Mariano 1904. Escapulario da Virxe

 

             No ano 1904 foi AÑO MARIANO [Cincuenta aniversario do dogma da Virxe Inmaculada] e toda a congregación do Colexio foi en peregrinación [camiñando] ata o mosteiro de OIA para honrar á Virxe do Mar, imaxe que aparecera flotando no mar, fronte a Oia no século XVI.

 

             En 1909 había unha liña de autobuses entre A Guarda e Vigo por 6 pesetas a viaxe, pero a estrada seguía sendo moi deficiente, chea de “baches” e pedras soltas.

 

             No ano 1912 existe o precedente de que varios indianos quixeron fundar un Colexio na Guarda para  pobres que logo non saíu adiante. Neste ano xorde un litixio entre a Xunta Administrativa de Camposancos e os xesuítas do Colexio [....] El Ayuntamiento (Alcalde don Agustín Sobrino Vicente) dice que no ha concedido el terreno del jardín exterior del Colegio por la sencilla razón de que no era suyo.....Os P.P. Xesuítas quéixanse ao Concello por inxurias do pobo...(Voz del Tecla nº 83).

 

             No nº 81 de La Voz del Tecla [....] El Colegio realizó durante el año en curso (1913) artículos en La Guardia por 30.832 pesetas, paga al Ayuntamiento 2.500 ptas por el capítulo de impuestos; en su portería se reparte diariamente más de una arroba de pan.......¡que mucho les importa el bien público a ciertas gentes!, les han calificado de ladrones.... O conflicto de reclamación deses terreos dos xardíns durou ata fai poucos anos.

 

             En xullo de 1914 o Colexio dos P.P. Xesuítas  recibe a visita da Infanta María Isabel de Borbón “La Chata”(Madrid 1851-Paris 1931), filla da reina Isabel II, daquela tiña a infanta uns 63 anos. Tamén visitou o Colexio das H.H. Carmelitas, igrexa parroquial e as obras do Porto xunto o Alcalde don Agustin Sobrino Vicente e demais autoridades. A Infanta tiña oficialmente a ocupación de: Señora de la Orden de María Luísa. En 1991 seus restos foron soterrados no Palacio de San Ildefonso (Segovia).

   

             Un ano despois estivo tamén no Colexio Monseñor Francisco Ragonessi, Nuncio do Papa en España. En 1915 toma posesión como bispo de TUI don Leopoldo Eijo Garay (Vigo 1878-Vigo 1963) foi nomeado bispo de Vitoria en  1917, en 1923 arcebispo de Madrid-Alcalá, mais tarde o Papa Pío XII o nomea Patriarca das Indias Occidentais, foi Académico da Lingua e Ciencias Morais e Políticas, procurador nas Cortes de Francisco  Franco Baamonde, e membro do Consello do Reino, finou  .......sendo amigo dos Padres  Xesuítas.

 

             No Curso 1914-15 o Colexio Apóstolo Santiago quedou na cota mais baixa que nunca tivo o Colexio – en número de alumnos -, debido ás graves dificultades para poder desprazarse dende calquera punto de España ata Camposancos e a que existía unha grave situación económico – social [....] incluso con la desaparición de la sardina – que se juzga temporal – muchas fábricas de salazón están paralizadas.... era Alcalde de Vigo nesas datas don Fernando Conde Domínguez [segundo os datos accedera en 1895, fillo e socio da naviera Antonio Conde e Hijos con líneas a Montevideo, Bos Aires e Santiago de Cuba], logo no Curso 1915-16 xa estaban matriculados 104 alumnos e 35 externos.

 

             A don José María Sobrino Vicente e súa esposa dona Trinidad Pérez Melón lle faleceron dous fillos cando estudiaban  neste Colexio de “tifus”, tiñan 17 e 18 anos de idade. Unha filla deste matrimonio casara con don Adolfo Buhilla, xefe da oficina de correos de A Guarda, anos mais tarde fixarían novo domicilio en Madrid de onde era procedente do Adolfo.  

 

             No ano de 1916 había no Pasaxe os serradoiros de don Constante Candeira González (1851-1933), serradoiros de Candeira Hermanos [Constante e Matías naturais de Ponteareas],  fornos de cal e almacén de cal de don Valentín Domínguez Pérez, serraría na Armona, comezaba a traballar o estaleiro Castro.

 

Porto de O Pasaxe con barcos de ferro fondeados a espera da carga dos serradoiros.

Postal editada polo fotógrafo Mariano Jiménez Huete.

 

             Don  Valentin Domínguez Pérez [tío de don Eloy e don Manuel Domínguez Veiga]  tamén tiña un serradoiro e un forno de cal fundados en 1899 co nome de Manuel Domínguez y Cia. que mercaran a don Teodoro Sabaris Pérez. Os socios da empresa eran don Valentín Domínguez Pérez que aportou á sociedade 23.000 duros; don Manuel Domínguez Veiga 10.000 duros; don Eloy Domínguez Veiga 1.000 duros [doados por seu tío Valentín] e don Basilio Santiago 6.000 duros. Total 40.000 duros de capital.

 

             Ós cinco anos crearon outra sociedade co nome de Domínguez, Hermano y Trigo con un capital de 100.000 duros: don Manuel Domínguez Veiga 33.334 duros; don Eloy Domínguez Veiga 33.333 duros e don Celestino Trigo 33.333. Total 100.000 duros.

 

              Esta fábrica-serradoiro era coñecida cómo La Camposina [este nome o levara antes unha fábrica de embutidos La Camposina], nesta fábrica, en febreiro de 1915, aconteceu a explosión, antes da entrada ó traballo, dunha caldeira de vapor cando entraban os obreiros pola maña, accidente no que morreron dez obreiros e máis dunha ducia de feridos  graves. Tamén en O Pasaxe –preto do Colexio- había dúas pensións e dúas tendas.    

 

      

Panorámica do serradoiro La Camposina en O Pasaxe comezo do século XX. Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso.

 

             Neste Curso 1916-17 os P.P. Xesuítas Portugueses expulsados de Portugal en 1910, pasaron a Holanda e Bélxica para logo chegar  a España en San Martinho de Trebejo ca Escola Apostólica (Cáceres); Juniorado e Filosofado en Santa María de Oya (Pontevedra), redación das revistas “Brotéria e Mensageiro do Coraçao de Jesus” en Pontevedra capital,  arrendando logo A GUARDA, mercando os bens dos xesuítas españois sitos en O Pasaxe (Camposancos) que foron valorados no ano 1914 en 561.500 pesetas, o colexio con tódalas dependencias, seguindo unha traxectoria que durou ata 1932 cando don Manuel Azaña Díaz [presidente da IIª República Española] publicou o Decreto de Disolución de las Ordenes Religiosas [entre elas a Orden  da Compañía de Jesús].  

 

              En 1932 pasan a Portugal abrindo varias residencias acolléndose á Constitución portuguesa de 1933, a que abolíu as leis de excepeción por motivos relixiosos de 1910 e 1941, recoñocendo á Compañía de Xesús como unha Corporación Misioneira, normalizándose a situación xurídica dos xesuítas da Provincia de Portugal.

 

             Os xesuítas españois pasaron a Vigo, primeiro no edificio de La Molinera e logo no complexo de Bellavista en Guixar.

.

Edificio de La Molinera en VIGO  1916-1928, antiga fábrica de fariña. Fotografía propiedade dos P.P. Xesuítas da Provincia de Portugal

 

             La Molinera era un edificio de recente construcción [1898] de cinco plantas onde estivera instalada unha fábrica de fariñas que fracasara, dispuña de grandes almacéns sendo algúns dos donos de La Molinera Gallega S.A. don Gaspar Massó, don Francisco Tapias, don Luís Suárez Llanes e don Ceferino Maestú Novoa que foi alcalde de Vigo en 1920.

 

             E o dono da finca Bellavista era don Angel Elduayen Mathet, capitán de navío, fillo de don José Elduayen Gorriti [marqués de Pazo de la Merced, membro do Partido Conservador, chegou a ser ministro ata nove veces, sendo tamén deputado a Cortes, enxeñeiro de camiños, finou en 1897], don Ángel tiña o título de marqués herdado da súa defunta muller dona María Ximénez Sandoval Saavedra.

.

Esta finca de Bellavista en Guixar-Vigo pasa a ser propiedade dos xesuítas españois o 13 de novembro de 1916, legalizada a venta diante do notario de Madrid don Toribio Gimeno Bayón por un importe de 400.000 pesetas mais 16.000 pesetas de Dereitos Reais.

 

             Co fin de evitar “líos” legais os xesuítas fundan a Sociedad La Enseñanza Católica que entre outros negocios revende outra vez as posesións do Colexio de O Pasaxe en 1917 cancelando anteriores hipotecas.

 

             A Condesa de Vigo [Conde de Vigo foi un título dado en 1810 a don Joaquín Tenreiro Montenegro pola súa actuación diante das tropas francesas na Guerra de Independencia e na defensa e liberación de Vigo], era dona Josefa Tenreiro Montenegro García que axudou economicamente aos xesuítas de Vigo.  

.

D. Miguel Primo de Rivera y Orbaneja Marqués de Estella e Xefe do Goberno Español

     

             En agosto de 1928 o presidente do goberno don Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, segundo marqués de Estella,  visita Vigo é o novo Colexio dos P.P. Xesuítas en Bellavista, así como A GUARDA, o monte Tecla e outros lugares da comarca.

 

             No Curso 1937-38 os P.P. Xesuítas de Vigo aproban a creación dun grupo de alumnos chamados Exploradores Hispanos baixo o mando directo da Falanxe Local de Vigo, organizaban campamentos de verán ata a Illa de Arousa, Limens, A Lanzada, Vilanova....

Cartel de propaganda militar do Bando Nacional.

 

                   Uniformados e ordenados os alumnos e profesores percorrían as rúas mais importantes de Vigo cada vez que era conquistada unha cidade aos “rojos”. Non digamos cando en 1939 se celebrou o Desfile de la Victoria, acto polo que foron felicitados polo propio Alcalde de Vigo quen enviou ao Colexio varias botellas de xerez e galletas...

 

 

Paredón onde está a Fosa Común dos republicanos presos no Campo de Concentración de O pasaxe e fusilados diante da propia fosa. Hoxe o espacio está ocupado polo monumento “in memorian” construído por subscrición popular. Fotografía e José A. Uris Guisantes de 1978.

 

                   Os xesuítas adiantáronse ao Fronte de Xuventudes que naceu en decembro de 1940. [....] todos los alumnos de los Centros de 1ª y 2ª Enseñanza Oficial y Privada forman parte del Frente de Juventudes..

 

                   A propia filla do Dictador Francisco Franco Baamonde en 1942, fixo doazón dunha Bandeira Nacional ao Colexio [....] Al Frente de Juventudes del Colegio Apóstol Santiago. Carmencita Franco Polo. 8-XII-1942.

 

                   No Curso 1941-42 comezou a estudiar en O Pasaxe o futuro Prefecto da Orden Xesuítica, era o Padre Juan Bautista Llorens nado na ARMONA – Camposancos. Fillo de don Evaristo Llorens Ferrando administrador da empresa “París Hermanos y Cia” que era un serradoiro-fábrica de madeira na Armona.  Nestas instalacións estivera unha fábrica de xabón ata 1849, logo mercadas as instalacións por don Domingo Español Cividades en 1875, mercado por don Vicente París Morla de Gandía e en 1940 vendido a Serrarías del Miño S.A. na que tiñan accións a familia Candeira.

 

Estaleiro de Joaquin Castro en O Pasaxe. Construcción do buque de carga Bernavé ou Chacartegui Iº en 1953. Fotografía propiedade de Joaquín Castro Barcia

 

 

                   No ano 1942 foi arranxada a Capela pública e inaugurada unha Escola Pública no Pasaxe [sita no antigo edificio onde estivera a Estufa de Desinfección, e hoxe Estación Ornitolóxica de Anabam], estiveron presentes os Alcaldes de A Guarda e de Vigo.

 

                   Os P.P. Xesuítas Portugueses estiveron no Pasaxe -como dixen- dende 1916 [data na que o Colexio Apóstolo Santiago se traslada a La Molinera de Vigo], no Mosteiro de OIA tiveron o Noviciado e a Casa de Formación, en Marín e logo en Pontevedra tiveron a Casa de Escritores na que se editaba a revista científica BROTERÍA de sona mundial.

.

Colexio Nun`Alvres dos PP. Xesuítas da Provincia de Portugal en 1925. Fotografía da súa propiedade.

 

                   Na etapa dos Xesuítas da Provincia Portuguesa, o Colexio de O Pasaxe tiña un gran nivel científico nos  profesores. O xesuíta Eugenio Jalhay  descubriu unha Estación Prehistórica no Castro da Forca no monte Tegra [preto do parque de O Cancelón] e o padre Alfonso Luisier foi un dos grandes botánicos de tódolos tempos.

.

Aspecto do embarcadoiro de O Pasaxe. Conxunto do Colexio dos PP. Xesuítas. Á esquerda “finca” del Tombo, hoxe Urbanización Río Miño e m,áis á esquerda, serradoiros de Serrarías del Miño S.A.

.

                   No Curso 1928-29 o Goberno Español obrigou aos PP. Xesuítas portugueses a eliminar o nome de Colexio Nun´ Alvres [o portugués NUN´ ALVRES participara na batalla de Alxubarrota onde as tropas portuguesas derrotaran ás tropas castelás en pro da independencia], tendo que poñer o nome de Colexio de María Inmaculada, logo en 1932 o decreto de don Manuel Azaña Díaz obriga aos portugueses [é a tódalas Ordenes Relixiosas] deixa-lo Colexio nun prazo de sete días.

D. Manuel Azaña Díaz presidente da IIª República Española.

(continuará)


Xesuítas     Alumnos     Xesuítas-1    Xesuítas-2     Xesuítas-3